A través deste boletín mensual intentare-
mos ofrecer información ás familias do
noso alumnado acerca da adolescencia e
as súas características, dar pautas e orienta-
cións para a educación en valores, preven-
ción de conductas de risco, motivación
para o estudio e outros aspectos relaciona-
dos coa adolescencia.
Contido:
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
MAIO 2012
“ESCOLA DE PAIS DO I.E.S. POETA AÑÓN”
ALTERNATIVAS Ó REMATAR 4º DE ESO
Xa estamos no terceiro trimestre e, pouco a pouco, ímonos acercando ó remate do curso. No Bo-
letín deste mes imos a analizar as diferentes posibilidades que ten o alumnado de 4º de ESO ó
rematar o curso, centrándonos especialmente en aqueles que non acaden o Título de Graduado en
Educación Secundaria Obrigatoria.
Veremos que existen diferentes opcións en función dos cursos que repetiran durante a Etapa, a
idade, o número de materias suspensas…
Esperemos que a información que vos aportamos sexa do voso interese.
Alternativas ó rematar 4º da ESO 1
Se rematan 4ºESO sen todo aprobado Se rematan 4º ESO con todo aprobado
2
3
Se tras presentarse ós exames de setembro algún alumno:
ten pendente 1 ou 2 materias: o equipo docente decide se titula ou non.
Ten pendente 3 materias ou máis: non acada o Título da ESO,
Podería optar polas seguintes opcións:
•Repetir 4º ESO se non está repetindo 4º, ou excepcionalmente se está repetindo 4º pero non hai ningunha repetición previa en toda a Etapa de Secundaria.
•Programas de Cualificación Profesional Inicial. Con 16 anos cumpri-dos) e por proposta do equipo educativo.
•Proba de acceso a ciclos formativos de grado medio. Con 17 anos cumpridos. Salen anualmente as convocatorias sobre o mes de xanei-ro.
•Educación de Adultos. Con 18 anos ou 16 anos e contrato de traballo.
•Probas libres para obtención do Título da ESO. Convócanse anual-mente sobre o mes de marzo.
•Formación ocupacional. Debe estar inscrito no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).
•Escolas Taller. Ofértanse nos Concellos.
•Mundo Laboral
SE REMATAN 4º DA ESO SEN TODO APROBADO:
Página 2 “ESCOLA DE PAIS DO I.E.S. POETA AÑÓN”
OBTEÑEN O TÍTULO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, e poden acceder ás seguintes op-
cións:
•Bacharelato
•CF de Grado Medio
•Mundo laboral
•Outras opcións:
Forzas e corpos de seguridade do Estado ( Policía nacional, Garda civil, protección civil)
Forzas armadas
Bombeiros (comunidades autonómicos, nacionais, AENA)
Oposicións á Administración (Grupo D)
Piloto civil,
Auxiliar de voo
Socorrista,
Monitor de tempo libre, etc..
oposicións á administración pública (grupo D)
SE REMATAN 4º DA ESO CON TODO APROBADO:
Página 3
Podes atopar máis información sobre as diferentes opcións no
blogue do Departamento de Orientación do IES Poeta Añón ou
pedindo información directamente no instituto.
http://orientacioniespoeta.wordpress.com
ESCOLA DE PAIS DO IES POETA AÑÓN
¡Estamos na web!
Páxina do IES: www.edu.xunta.es/centros/
iespoetaanon
Blogue do Departamento de Orientación:
http://orientacioniespoeta.wordpress.com/
En conclusión, as familias debemos estar informadas sobre cales son as alternativas que poden elexir os rapaces/as ó rematar a educación
obrigatoria, para poder axudalos nas decisións que afectan á súa vi-
da formativa.
CONCLUSIÓNS
IES POETA AÑÓN
Rúa/ Poeta Añón, s/n
15230 Outes
Telf: 981 850 637