Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
Contén
Nas redondezas do solsticio, Antom Labranha
Carta apócrifa ao Apalpador,Antom Labranha
DocumentaciónO outro Nadal: Tió, Olentzero, Apalpador
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 1
Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
Nas redondezas do solsticioAntom Labranha
Enleados no calendárioJaneiro, Março, Maio, Julho, Agosto, Outubro, Dezembro... 31 diasAbril, Junho, Setembro, Novembro... 30 diasFevereiro... 28 dias (ou 29)
O céu que nos contémDois astros regem a vida na Terra: o Sol e a Lua.
Sol-pôr em Cedeira
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 2
Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
Plenilúnio em Compostela
Ele tem dois ciclos: um diário, e outro anual duns trezentos sessenta e cincodias. Ela tem um ciclo, de case trinta dias.
Como conjugar a Lua com o Sol?Chega o solstício de Inverno (21-22 de Dezembro): remata um ano solar,começa o novo. Porem, até o 1 de Janeiro temos 10-11 dias.Os antigos egípcios raciocinaram de maneira muito simples: Doze ciclos -meses- de trinta dias: Cinco dias “epagômenos” -por indução lógica-, fora de qualquer mês.12 · 30 = 360+ 5365
Nos primeiros calendários romanos havia 60 dias epagômenos nos que osexércitos ficavam aquartelados. Sempre era que começavam em Março-preparando as legiões, mês de Marte, deus da guerra- e terminavam em
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 3
Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
Dezembro (o décimo).
Foi despois que decidiram incorporar dois novos meses (Janeiro e Fevereiro)e assim, com idas e vindas, até tempos de Júlio César (calendário Juliano,49 A.C.), que dá a base do posterior Gregoriano.
Os nossos 11 dias epagômenos
Se um ano são 365´2425... dias, e um ciclo lunar 29´53..., doce cicloslunares fazem, aproximadamente 354´36 dias. Por tanto:Num ano sobram 10´8825 dias –case 11-.
Que fazer com eles? ..................... FESTA!!!
De aí que sejam dias feriados, de lazer, de oferendas, de celebrações.Rigorosamente seriam desde o 21 de Dezembro até o 1 de Janeiro; porem,por um desloque no calendário, fazemos que sejam do 25 ao 6.
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 4
Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
Carta apócrifa ao ApalpadorAntom Labranha
Esvarando polas fendas ceibaba o frío un asubío. Intenso e desolador, vento nordés.Mesmo por osmose, atravesaba os vidros lampos das xanelas.
Contra o fin do ano viñas ti, agochado na noite. Adormecida, apenas podía adiviñar a túasombra co enorme saco de carbón ao lombo. Imaxinábate rufo, cara tisnada, tabardohúmido e poeirento, achegándote á lareira acesa que non era quen de tornar tépedo oxélido ar. A pé dela aniñaba eu. Apalpábasme a barriga, simulabas preguntar se tiña famee metíasme na faldriqueira unha ducia de castañas asadas.
Á mañá, cando acordaba, avivado o lume coa fogaxe do carbón novo, a cociña de ferrotiña xa morneado o ambiente. Entón, nun ritual sempre inocente por máis que cada anose repetise, sorprendíame ao encontrarme coas castañas. Pelábaas e botábaas na cuncado leite acabado de muxir. Esperaba que amolecesen e aos poucos ía sorbendo, unha aunha, as doce bagas da vida... as doce lúas do ceo.
Hoxe os nenos non saben de ti. Reis e Papá-Noel, viaxeiros doutros mundos, atéiganosde presentes. Demos en pensar que eran de balde, porén, ao írense levan consigo unanaquiño da alma do noso país.
Volve onda nós, co teu agasallo ventureiro que ha acalmar as soidades. Enche o saco depalabras sobranceiras, fermosas coma o luar, melancólicas coma saudades, tenras comaagarimos de nai, apaixonadas coma aloumiños de namorados... Con elas habemos facera panxoliña enxebre que abale o berce dos nosos meniños.
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 5
Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
O Apalpador no concerto universal
O personaxe do Apalpador, tal como se sinala máis abaixo, é doadamente identificablecon outros moitos, espallados polo mundo adiante:
• Ourense: Pandigueiro
• País Vasco e Navarra: Olentzero
• Cantabria: Esteru
• Cataluña: Tió de Nadal
• Finlandia : Joulupukki
• Hungría : Télapó.
• Noruega : Julenissen
• Bizancio : San Basilio (Tirada dasite da Gentalha do Pichel. Leandro)
As antigas civilizacións festexaban o nacemento do Sol (solsticio de inverno, 21-22 dedecembro), e en todas se ofrecían presentes: invocacións á boa sorte, á protección divina.
Os evanxeos non din cando acontece o natalicio de Xesús. Foi moito despois, en temposde Constantino I (S. IV), que se decide incluílo dentro dos festexos do nacemento do Sol.
Tampouco din os evanxeos cando é que chegaran os "reis magos". Nin din que fosen tresnin reis, senón sabios -os evanxeos apócrifos contan que eran discípulos do astrólogoZoroastro-.
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 6
Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
O que si din é que levaran ouro, incenso e mirra:
OURO: metal apreciado, de valor simbólico (nobreza) e material.
INCENSO: obtido de árbores africanas e asiáticas do xénero Boswellia, conténirihodrocannabonila, unha droga lixeiramente aditiva: o aroma fai máis profunda arespiración, relaxando a mente e, por tanto, axuda á meditación.
MIRRA: resina obtida do espiño, árbore de orixe africana, é usada na preparación demedicamentos. Os exipcios empregábana no culto ao Sol e como ingrediente na momificación.
Até que en fin, así é que é a vida: Unha doutrina que precisa imporse redefine un ritualprecedente agochando a identidade deste. Porén, a máis universal de todas as doutrinas,o Mercado, virá por súa vez a se instalar sobre dela, converténdoa na gran festa doconsumismo.
GratidãoÀ Gentalha do Pichel pela sua site de divulgação e ás pessoas que fizeram achegas noscomentários; a mesma coisa posso dizer a respeito da AGAL; ao José André Lôpez Gonçâlez peloseu estudo primordial; aos Taboada Chivite, Cuevilhas, Leite de Vasconcelos... pelos seustrabalhos precursores; a todas as pessoas que colaboram na enciclopédia on-line Wikipedia(Galipedia, Wikipédia).
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 7
Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
Documentación
O outro Nadal: Tió, Olentzero, Apalpador
Ademais dos Reis e antes co Santa Claus se importara doutras tradicións de solsticio deinverno, hai outras figuras míticas do Nadal cun nivel diferente de recuperación e deintegración.
Como é común nas tradicións agrícolas, estes tres seres máxicos que vos presentamos aseguir, están relacionados coa comida, coa acción de procurar alimento e coa naturezabenéfica da madeira e do lume, das cinzas e do carbón, que representan o fornecimentode alimentos e a fartura asegurada para a estación fria que é cando a terra se volvepreguiceira.
A igrexa cristianizadora vai introducir os Reis Magos e vaise producir unha cousa bencuriosa : ás crianza díselles que han recibir agasallos se son bos e senón, carbón (comana moralizadora e insolidária fábula de La Fontaine, a formiga e o saltón, sanciónase ohedonismo e a quen non vive segundo a "ética do traballo"). Aquí detúrpase arepresentación porque os carboeiros traian carbón, leña e mantenta (as castañas quesimbolizan a abundancia de alimento). O carbón é na nosa tradición un atributo positivo.A noite do apalpadoiro tal e como recolleu Taboada Chivite forma parte da nosa tradicióndo Nadal conservada na zona do Courel. Unha noite de fartura e compango.
No solsticio de inverno, o máis difícil do ano, O Tió, o Olentzero e o noso Apalpador sonportadores do desexo de que se pase con alimento e ao calor da lareira. Noutraspalabras, que na casa vele a estrela da fartura. Ao contrario da industria de lecer madein USA e made in Spain, estes personaxes non foron máquinas tradicionais de traerenagasallos ... Pola contra, móstranse como tres símbolos da resistencia cultural diante doconsumismo e da homoxeneización de costumes da globalización.
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 8
Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
En Cataluña: EL TIÓ
Un tronco que se queimaba na casa devén un ben personificado con rostro e sombreiro("barretina") e simbolizado por pequenos agasallos como doces, torróns e outraslambetadas. Hoxe en día facer cagar o Tió na véspera de Nadal é todo un ritualdoméstico.Tradicions nadalenques(Gencat)El tió de Nadal / Ricard Pascual i Guasch Viquipedia Edu365.Conte del TióCançons per fer cagar el tió
Libros:1. Ja ha arribat el tió! Editorial Nadal.ISBN: 9788479974582. EL meu tió (lletra de PAL)Editorial Nadal.-ISBN97884788751913. El meu tió (lletra lligada) /Editorial Nadal.-ISBN: 97884788752074. Caga, tió! / Mercè Anguera ; il·lustracions de Mikel Valverde. La Galera, 2002.
ISBN10 84246208285. El tió dormilega. Editorial Nadal ISBN: 97884788734146. Carolina i el tió (Un mar de contes); vídeo. 7. Carolina i el tió (Un mar de contes); tex
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 9
Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
En Euscadi: OLENTZERO
Coma o Apalpador, trátase dun carboeiro mitolóxico que trae os agasallos o dia de Nadal.1. Gure Olentzero!
Parc temàtic sobre l'olentzero Izenaduba, a Mungia, BiscaïaOlentzeroaren bordaWikipedia Libro:
1. Olentzero: Izena duan guztia omen da / Angel Benito Gastañaga (trad.)*En Cantabria e en lugares de Asturias hai un personaxe que se chama Esteru, unleñador que trae os agasallos
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 10
Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
En Galiza: O APALPADOR (ou Pandigueiro)
Un carboeiro que vive nas fragas do Courel e o Cebreiro, fuma pipa, se alimenta dosfroitos da fraga e porco bravo e que se representa decote coma un xigante. A noite do 24de decembro baixa da montaña para dar agarimo e mantenza ás crianzas cando estasconsiguen, por fin, quedaren durmidas. É entón cando... O ApalpadorA Gentalha do PichelAí vén o apalpador!/ VieirosVieiros da escola,num.8,2009Apalpador.es ; Apalpador.netO Apalpador, personagem mítico do Natal galego a resgate/ José André LôpezGonçâlez (Vagalume)Galicia EncantadaGalipediaWikipediaViquipèdiaLibros:
1. A teoría do inverno. Os presentes do Apalpador . A gentalha do Pichel2. O Apalpador e a castaña máxica / Xoán G. Biblos,2011.3. O Apalpador / Xoán G. Biblos,2009.ISBN: 978-84-937323-5-64. O conto do Apalpador/Lua Sende, A.Figueroa; ilustraçons Leandro Lamas.Contos
para miudos5. Antón e o Apalpador / Manuel Castro e Mar Ameixeiras; ilustrada por Francisco
Ameixeiras.Barafunda.2009
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 11
Especial Solsticio de Inverno19/12/2011
No Youtube
Olláparo - Especial Solsticio de Inverno 12