CIENCIAS DA NATUREZA – 2º ESO – CURSO ACADÉMICO 2014-2015
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROBA ESCRITA 2ª AVALIACIÓN (1)
APELIDOS/NOME:--------------------------------------------------------------DATA:--------
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
VALORACIÓN DOS SEGUINTES ASPECTOS FORMAIS
1. Presentación.
2. Ortografía e puntuación.
3. Lexibilidade.
4. Corrección gramatical.
5. Orde e coherencia das exposicións.
1. a- Que é unha onda? b- Como variará a frecuencia cando aumente a lonxitude dunha
onda? c- Cantas oscilacións por segundo dá unha onda cunha frecuencia de 10 Hz? d-
Á parte da sensación que producen, que diferenza fundamental existe entre o son e a
luz?
Valoración: 1 punto
2. Clasifica as seguintes fontes luminosas en naturais ou artificiais. Valoración: 0,6 puntos
Fontes luminosas Naturais Artificiais
Lucecú
Lanterna
Estrela
Lume de misto
Candea
Sol
3. Escribe ao pé de cada fotografía que comportamento teñen os corpos fronte á luz.
Valoración: 0,6 puntos
4. Explica por que é imposible que ocorra o que se observa nos seguintes debuxos.
Valoración: 0,8 puntos
5. Explica ao pé do debuxo a que corresponde e que está acontecendo. Valor. 0,8 puntos
6. Sabendo que a distancia Terra-Sol é de 150 millóns de quilómetros, calcula o tempo
que tarda a luz do Sol en chegar á Terra. Valoración: 1 punto
7. Que é a reflexión da luz? Á saída dos garaxes ou entre os cruzamentos de dúas rúas
adóitanse colocar espellos. De que tipo son? Razoa a resposta. Valoración: 1 punto
8. Que é a refracción da luz? Un peixe está nun estanque con auga e no exterior hai unha
lámpada acesa. Debuxa nesta figura a traxectoria dun raio de luz que vaia da lámpada
ao peixe. Valoración: 1 punto
9. Define miopía. Que tipo de lentes permiten corrixir dito defecto? Realiza os debuxos.
Valoración: 1 punto
10. Nun cuarto hai un anaco de carbón e un folio. Cando acendemos a luz vémolos de cor,
respectivamente, negra e branca. Cal é a explicación? Valoración: 0,6 puntos
11. Por que vemos o ceo de cor azul cando é de día? Valoración: 0,6 puntos
12. Achégate á mesa de Marga e realiza as seguintes tarefas: Valoración: 1 punto
a) Colle o mirascopio. Describe que observas e explica por que se produce ese efecto
óptico.
b) Colle o espectroscopio. Diríxeo cara unha das lámpadas acendidas da aula. Que
observas? Dá unha explicación científica do que acontece.