Festas deSan Roque e Caneiros
COMPROMISOPBETANZOS
OR GALICIA
BETANZOSRECUPERANDO A TRADICIÓN E CULTURA
PROPOSTAS DE DEBATE PARA AS FESTAS
www.compromiso.gal Páxina 1 de 5
As festas de San Roque e Os Caneiros
Esta é unha das nosas propostas de debate, o igual que fixemos coa Feira Franca no
pasado mes de xullo, estimamos necesario darlle unha volta importante as festas
patronais de agosto, estas baixaron a súa calidade e en consecuencia a súa capacidade
de atracción.
Entendemos que ademais de ser un elemento de tradición e lecer para os veciños e
veciñas, estas son un activo de cara o turismo e comercio e polo tanto e mais que
entendible a súa potenciación e a inversión nas mesmas.
O ambiente festivo debe respirase en todos e cada un dos barrios de Betanzos, a
alborada debe de desprazarse durante os días de festa polos diferentes barrios,
animando o inicio do dia e anunciando a todos os veciños e veciñas de Betanzos e os
nosos visitantes que Betanzos está en festas, e vital contar cos diferentes grupos
folclóricos betanceiros para que amenicen cada recuncho de Betanzos, mais aló dos días
centrais das festas.
Comisión de Festas
Propoñemos a creación de unha Comisión de Festas que estea constituída por,
Representantes de Asociacións veciñais, da 3ª idade, xuvenís, culturais ,
deportivas, musicais, A.N.P.A., e unha representación da corporación.
www.compromiso.gal Páxina 2 de 5
Esta encargarase de transmitir, ideas, propostas, debater sobre as diferentes
posibilidades de cara as diferentes festas que temos na nosa cidade.
Esta a maiores de contar coa aportación económica do Concello, podería buscar
outras fontes de finaciación como, hostalaría, comercios, empresas e os propios
veciños e veciñas de Betanzos, que poderían aportar as mesmas.
Apertura das festas
Voltar a facer os pasa rúas por todos os barrios de Betanzos, levando os momaros e
cabezudos, os grupos folclóricos, etc… a cada punta de Betanzos, para que pouco a
pouco se xuntaran na praza do campo formando unha comitiva que subiría ata a praza
do Concello.
www.compromiso.gal Páxina 3 de 5
Creemos importantísimo potenciar na apertura das festas o compoñente de tradición,
recuperando as 4 danzas gremiais que actuarían na praza do Concello antes do pregón
de apertura das festas, este e un punto esencial pois a maiores de mostrarlles os nosos
visitantes a nosa cultura, estas son o noso orgullo e tense demostrado na que se mantén
o longo do tempo como e a dos Mareantes, que emociona tanto os seus compoñentes
como os betanceiros e visitantes que a contemplan.
A súa Localización
As festas de Betanzos como tal deben de deslocalizarse e poder facer participes os
veciños delas, polo tanto en diferentes días deberían de facerse as actuacións polos
barrios de Betanzos onde exista sitio suficiente para elo.
As orquestras ou actuacións deberían ser uns dias na praza do Campo cando ou polo
dia que é como o caso do dia do globo, como pola posibilidade de unha asistencia
masiva de xente, o 18 e 25 dias da xira os Caneiros creemos que sería axeitado que
estas se fixeran un dia na Eira Vella e outra no barrio da Ribeira por estar este os lados
do Rio, foco de atención das xiras a Os Caneiros, en outros días, sería axeitado que
houbera actuacións en barrios como o das Cascas- A Condesa, na praza do antigo
ambulatorio, no casco histórico.
Mesmo se ten demostrado este mesmo ano grazas a iniciativa de hostaleiros que
habendo 2 focos de festa o mesmo día estas non se restaron unha a outra senón que se
complementaron, contado ámbalas dúas con un cuantioso numero de veciños e veciñas
que encheron 2 prazas do noso concello.
Recinto Feiral.
Durante as festas deberíase aumentar o numero de atraccións que a esta acoden, e
localizar estas na Zona do Carregal, sitio onde pode esixir un recinto feiral similar o
existente en festas como o San Froilán.
Coa mellora da oferta podería aumentarse o número de familias que acudan a Betanzos
pola oferta lúdica de cara os mais cativos e adultos, ademais de polas actuacións que
nelas hai.
www.compromiso.gal Páxina 4 de 5
Os Caneiros
Os Caneiros teñen dúas compoñentes, a fluvial e a do propio campo, si ben a fluvial
nestes últimos anos foi encouzándose con embarcacións en regra e sen problemas, si e
de salientar o feito de que no propio campo se ten dado unha visión desta romaría que
causa controversia e polémica entre os betanceiros e betanceiras, creemos que este ano
se escomezou a encauzar dito problema en parte polo dia en que se celebraron, martes,
que fixo que non houbera as masificacións que se dan cando esta é en fin de semana, e
como non, tamén polo debate que se deu perante as semanas anteriores de cara onde
ían ou deberían ir os Caneiros.
Creemos que esta romaría debería de mostrarse como é, e dar recomendacións perante
os meses anteriores, fomentando o civismo, o respeto, e o disfrute do que Os Caneiros
son, un lugar de encontro entre os veciños e veciñas para compartir intres de festa, con
respeto e en harmonía.
A liberdade individual de cada un de nos, e tal cando se encontra co respeto os demais.
Recuperación do Dia do Emigrante
Betanzos é unha cidade que lle debe moito a emigración xa non só polo que social e
economicamente lle aportou, senón polo grande cantidade de betanceiros e
betanceiras que tiveron que marchar da nosa cidade para buscarse un mellor futuro ou
por causa da guerra, proba de elo e o importante centro dentro da comunidade galega
no exterior que temos en Bos Aires, este feito trae como consecuencia que ano tras ano
estes emigrantes, así como os seus fillos e netos volten a visitarnos, mais concretamente
nas datas das nosas festas patronais.
www.compromiso.gal Páxina 5 de 5
Entendemos polo tanto que adicarlle un dia a estes no que espoñamos e disfrutemos os
betanceiros de aquí e os do exterior, así como os nosos visitantes, exaltando tanto a
nosa cultura local como a galega en xeral, e o mínimo que se debe facer.
Potenciar a Romaría de San Paio
Creemos que esta debe potenciarse, darse a coñecer para os nosos visitantes e animar
os betanceiros e betanceiras a participar dela.
Variedade musical
A maiores das xa clásicas orquestras e evidente que debemos de facer unha oferta
moito mais plural, con días adicados o Folk, Pop, rock ou Jazz, con actuacións que sen
aumentar os custes das festas, si poden ofrecer unha grande calidade musical e ter
grande poder de convocatoria, e nestas actuacións incluír os grupos musicais de
Betanzos coa variedade de estilos que estes teñen.
Estas son algunhas das cousas que creemos que se poderían facer, evidentemente hai
moitas outras, e a nosa so pretende ser un punto de partida para abrir o debate e que
se empecen a facer cambios pouco a pouco, para que as festas de San Roque e Os
Caneiros mostren a nosa tradición e volten a ser o eixo central das celebracións de
verán da nosa cidade.