1
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA BACHARELATO
CURSO 2009/2010
DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA
GALEGAS
2
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LINGUA E LITERATURA (1º e 2º
BACHARELATO)
ÍNDICE PÁXINA
1. INTRODUCIÓN 4
2. OBXECTIVOS XERAIS 4,5
3. SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS. 6-10
4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.PROBAS DE
11-17
RECUPERACIÓN E REFORZO.PENDENTES…
5. TEMPORALIZACIÓN.MATERIAIS E RECURSOS 18,19
DIDÁCTICOS.
6. RELACIÓN DOS CONTIDOS COS TEMAS
TRANSVERSAIS
19,20
7. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS.
ATENCIÓNÁ DIVERSIDADE. 21-23
8. CONTIDOS MÍNIMOS. 24-26
LIBROS DE LECTURA 2º 26,27
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LITERATURA GALEGA DO
SÉCULO XX( 2º BACHARELATO)
ÍNDICE PÁXINA
1. INTRODUCIÓN 29
2. OBXECTIVOS XERAIS 30
3. METODOLOXÍA 30,31
4. BLOQUES DE CONTIDOS.TEMPORALIZACIÓN 31-34
5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.CONTIDOS MÍNIMOS 35
6. LIBROS DE LECTURA RECOMENDADOS 36
3
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LINGUA ITALIANA (1º e 2º
BACHARELATO)
ÍNDICE PÁXINA
INTRODUCIÓN 38
OBXECTIVOS XERAIS 39
METODOLOXÍA 39
BLOQUES DE CONTIDOS 40-42
CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 42,43
CONTIDOS MÍNIMOS
RECURSOS DIDÁCTICOS 44
PUBLICIDADE DA PROGRAMACIÓN 44
ORGANIZACIÓN DO DEPARTAMENTO 45
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E
EXTRAESCOLARES 46
4
1. Introdución.
A área de lingua galega e literatura ten como obxectivo fundamental na etapa do ensino
postobrigatorio o enriquecemento da capacidade comunicativa do alumnado,
competencia que xa se vén traballando desde a ESO. Neste sentido, non se produce un
salto cualitativo considerable entre ambas as dúas etapas en canto que o obxectivo
fundamental é o mesmo: a adquisición e mellora da competencia comunicativa,
entendida esta como unha competencia
ampla que abrangue saberes lingüísticos, sociolingüísticos e discursivos e que lle debe
reportar ao alumnado a capacidade para usar a lingua (tanto no nivel produtivo coma
receptivo e interaccional) nas diversas esferas da actividade social e individual.
A diferenza deste currículo con respecto ao da etapa anterior radica fundamentalmente
na maior sistematización de coñecementos lingüísticos e literarios e na abordaxe de
situacións comunicativas e textos (nomeadamente dos ámbitos científico, académico e
dos medios de comunicación) cada vez máis complexos e acordes coa idade e a
madureza intelectual do noso alumnado, que debe entender esta etapa como unha
continuación dos seus estudos obrigatorios que o axudará a prepararse para retos
futuros, estean estes no mundo laboral ou no mundo académico.
Daquela, existe un enfoque pedagóxico e didáctico común aos dous currículos, ben que
é evidente que no de bacharelato debe haber unha progresión de contidos con respecto
ao da ESO, co fin de non convertelo en algo sinxelamente repetitivo. O criterio que se
segue, polo tanto, na confección deste currículo é o de atender a aqueles aspectos que na
etapa de ensino obrigatorio puidesen ter un menor tratamento e, ao tempo, afondar
noutros contidos que, por idade e madureza intelectual das alumnas e dos alumnos, se
visen dun xeito máis superficial daquela.
O nivel de coñecementos de lingua galega e literatura que se adquire ao rematar o
bacharelato corresponde ao dunha persoa capaz de comprender unha ampla variedade
de textos orais e escritos extensos e cun alto nivel de dificultade, expresarse de forma
fluída e espontánea en distintos contextos comunicativos, producir textos ben
estruturados sobre temas de certa complexidade e para distintos fins e mostrar un uso
correcto da norma ortográfica e morfosintáctica.
O currículo desta materia preséntase dividido en tres bloques de contidos: Lingua e
texto, A literatura e A situación sociolingüística. Esta división atende, por un lado, ao
criterio de ter en conta tanto o carácter sistemático da lingua coma a rendibilidade
comunicativa que as persoas usuarias deben extraer dela, e por outro á consecución
dunha formación literaria e dunha reflexión sobre a situación das linguas no mundo,
sobre todo na Europa occidental.
Preténdese, xa que logo, a adquisición dunha bagaxe tanto instrumental coma
sociocultural que lle permita ao alumnado participar en todas as funcións sociais da
lingua galega.
O bloque Lingua e texto está pensado para o tratamento de todos aqueles aspectos
relacionados co uso lingüístico en contextos diversificados. Recóllense aquí, polo tanto,
5
todos aqueles contidos de análise de texto, tipoloxía textual, variedades da lingua e
funcionalidade lingüística necesarios para reverter nunha mellor comprensión e
produción de textos orais e escritos, así como nun aumento da capacidade e calidade da
interacción. Neste bloque de Lingua e texto aténdese igualmente á lingua na súa
dimensión de código ou sistema.
O bloque A literatura está pensado para o tratamento desta en dúas dimensións: unha
máis centradano coñecemento da historia da literatura galega e outra que xira ao redor
do coñecemento, análise e valoración de obras significativas. Así pois, atenderase
non só a que o alumnado teña un coñecemento das principais etapas, autoras e autores,
xéneros e obras da nosa historia da literatura, senón tamén a mellorar o seu
coñecemento dos textos literarios a través da lectura e comentario. Non se debe perder
de vista, polo tanto, a concepción do texto literario como un modelo de texto
formalizado cunhas características moi definidas que contribúe, ademais, polo seu status
especial, non só á reflexión sobre o uso estético da lingua no seu aspecto creativo, senón
á creación dun imaxinario colectivo que nos define como pobo.
Por último, o bloque A situación sociolingüística está pensado para que o alumnado se
achegue, co rigor desexable neste nivel educativo, á nosa situación sociolingüística, coa
finalidade de ser quen de interpretala con perspectiva histórica e suficientes criterios
valorativos.
2. Obxectivos xerais
Os obxectivos fundamentais do ensino da materia de lingua galega e literatura son o
desenvolvemento das seguintes actividades e competencias comunicativas:
1. Comprender o contido global e particular, así como a intención e propósito dos
discursos orais, escritos e audiovisuais procedentes de diversos contextos comunicativos
da vida social e cultural; nomeadamente, dos ámbitos público, educativo, profesional
e dos medios de comunicación.
2. Expresar por escrito e oralmente o contido dunha mensaxe axustando o discurso a
diferentes situacións comunicativas (especialmente ás do ámbito académico) e
mantendo a coherencia, a corrección gramatical, a adecuada presentación e a utilización
dos principais elementos cohesivos.
3. Desenvolver as principais técnicas de comunicación e aprendizaxe relativas á
comprensión e á produción que se empregan durante a interacción oral, para lograr os
fins pretendidos e atendendo aos distintos contextos.
4. Identificar os diversos tipos de textos orais, escritos e audiovisuais e reflexionar sobre
a súa estrutura, así como recoñecer o seu tema e a organización da información.
5. Interpretar e valorar criticamente a información e as mensaxes que emanan dos
distintos discursos e utilizar con autonomía e espírito crítico as novas tecnoloxías
da información e da comunicación.
6
6. Planificar, realizar e corrixir as propias producións de xeito que a persoa usuaria da
lingua sexa axente social no seu ámbito, contribuíndo a consolidar as distintas funcións
sociais da lingua (de identidade, familiar, laboral, local, institucional, cultural
e internacional).
7. Coñecer a realidade multilingüe do mundo, de Europa e do estado español valorando
positivamente a riqueza que representa e fomentar o desenvolvemento da competencia
pluricultural e, en especial, o da plurilingüe.
8. Coñecer, analizar e reflexionar sobre a situación social da nosa lingua e factores e
procesos que ao longo da súa historia a levaron á situación actual.
9. Analizar os diferentes usos sociais da lingua, valorar as súas variedades, superar
estereotipos lingüísticos que supoñen xuízos de valor e prexuízos, en especial os
referidos ás mulleres, para evitalos.
10. Recoñecer e analizar as distintas unidades da lingua e o seu funcionamento a partir
dos distintos tipos de textos que se producen en contextos diferentes e cun achegamento
analítico que observe a lingua partindo da globalidade para chegar ás partes mínimas.
11. Apreciar e valorar a corrección e precisión formal como una condición para que a
comunicación funcione de maneira óptima.
12. Adquirir un corpus léxico importante, adecuado á intención e á situación
comunicativa, almacenable a longo prazo, de fácil acceso e formalmente correcto.
13. Coñecer as características das principais etapas da literatura galega así como as
correntes, xéneros, autoras e autores e obras máis representativas utilizando fontes
bibliográficas axeitadas para o seu estudo.
14. Ler, comprender, analizar e xulgar con criterio obras e fragmentos representativos
das diferentes épocas da literatura galega en tanto que expresión de determinas
circunstancias sociohistóricas.
15. Concienciarse de que unha lectura crítica e de calidade mellora a competencia
comunicativa, xa que posibilita a formación, a información e o pracer.
3. Contidos.
Primeiro curso
-Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de natureza diversa e cun nivel de
dificultade adaptado aos obxectivos propios da etapa postobrigatoria.
-Produción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión,
adecuación, presentación e corrección ortográfica que facilitan a comunicación
lingüística.
7
-Elaboración de exposicións orais e composicións escritas realizadas de xeito
documentado e cun vocabulario rigoroso que lle proporcionen ao alumnado os
rudimentos do discurso científico.
-Aplicación e respecto polas normas básicas que rexen o intercambio e a interacción
comunicativa.
-Busca, obtención, selección e integración de información procedente de fontes
bibliográficas e audiovisuais proporcionadas polas bibliotecas e polas tecnoloxías da
información.
-Valoración da nosa lingua como elemento de identidade colectiva e consideración
positiva do esforzo e o compromiso individual a prol da normalización lingüística.
-Interese pola literatura como manifestación artística do ser humano, como fonte de
formación permanente e de satisfacción persoal. Reflexión e análise de obras e
fragmentos de diversos períodos literarios.
Lingua e texto.
-Reflexión e comprensión dos principais conceptos de lingüística xeral que teñen que
ver coa comunicación e a linguaxe: comunicación, linguaxe, lingua, unidades
lingüísticas, signo lingüístico, funcionalidade lingüística e disciplinas lingüísticas.
-Reflexión sobre o concepto de rexistro lingüístico, os seus tipos e as súas
manifestacións lingüísticas. Aplicación ás producións propias dos coñecementos
adquiridos. Análise do rexistro en producións alleas.
-Recoñecemento da presentación e corrección ortográfica como dúas propiedades
textuais que deben aplicar ás producións propias. Repaso de casos de ortografía
dubidosa.
-Texto descritivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características
lingüísticas.
Substantivo e adxectivo: xénero e número, o grao do adxectivo, as conxuncións
comparativas.
-Texto expositivo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e
características lingüísticas.
Outras palabras adnominais (artigo, demostrativo, posesivo, cuantificadores e
identificadores). Caracterización e tipoloxía.
-Texto narrativo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e características
lingüísticas
O verbo: a conxugación verbal regular e irregular.
As perífrases verbais. O infinitivo conxugado. Descrición
8
e usos.
-Texto argumentativo: intención comunicativa, estrutura formal e de contido e
características lingüísticas.
Os conectores: preposicións e conxuncións.
Caracterización e tipoloxía. As locucións prepositivas.
O adverbio: caracterización e tipoloxía. As locucións adverbiais.
-Texto dialogado: intención comunicativa, estrutura formal e de contido, características
lingüísticas.
Os pronomes: caracterización e tipos. Funcións e usos.
A sociolingüística.
-A formación da lingua galega: substrato e superestrato. O estrato latino: principais
evolucións fonéticas do latín ao galego. Cultismos, semicultismos e
palabras patrimoniais. Familias léxicas irregulares.
-A lingua galega na Idade Media: características lingüísticas fundamentais. Contexto
histórico e situación sociolingüística.
-A lingua galega nos Séculos Escuros: características lingüísticas fundamentais.
Contexto histórico e situación sociolingüística.
-A lingua galega no Rexurdimento: características lingüísticas fundamentais. Contexto
histórico e situación sociolingüística.
-A diversidade lingüística no mundo e en Europa: unidade e diversidade lingüística.
Multilingüismo e plurilingüismo.
-A diversidade lingüística na Península Ibérica: linguas faladas na Península Ibérica.
Territorios, usos e situación legal. O caso galego.
A literatura.
-A literatura e o texto literario. Xéneros e recursos formais. Introdución á cronoloxía
xeral da historia da literatura galega.
-A literatura medieval: a lírica profana (cantiga de amor, de amigo e de escarnio) e a
lírica relixiosa (as cantigas de Santa María). Caracterización, lectura e comentario. A
prosa medieval.
-A literatura nos Séculos Escuros e na Ilustración: literatura popular e culta.
Caracterización, lectura e comentario.
9
-A literatura no século XIX: o Prerrexurdimento. O Rexurdimento. Rosalía de Castro,
Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Outros autores coetáneos.
Segundo curso
-Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de natureza diversa e cun nivel de
dificultade adaptado aos obxectivos propios da etapa postobrigatoria.
-Produción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión,
adecuación, presentación e corrección ortográfica que facilitan a comunicación
lingüística.
-Elaboración de exposicións orais e composicións escritas realizadas de xeito
documentado e cun vocabulario rigoroso que lle proporcionen ao alumnado
os rudimentos do discurso científico.
-Aplicación e respecto polas normas básicas que rexen o intercambio e a interacción
comunicativa.
-Busca, obtención, selección e integración de información procedente de fontes
bibliográficas e audiovisuais proporcionadas polas bibliotecas e polas tecnoloxías da
información.
-Valoración da nosa lingua como elemento de identidade colectiva e consideración
positiva do esforzo e o compromiso individual a prol da normalización lingüística.
-Interese pola literatura como manifestación artística do ser humano, como fonte de
formación permanente e de satisfacción persoal. Reflexión e análise de obras e
fragmentos de diversos períodos literarios.
Lingua e texto.
-Propiedades do texto: a coherencia e a cohesión. Análise de procedementos lingüísticos
básicos e aplicación ás propias producións. A progresión temática.
-A fonética e a fonoloxía. Descrición de fonemas.
-As variedades dialectais. Bloques e áreas dialectais. Principais trazos fonéticos,
morfolóxicos e sintácticos. O texto dialectal.
-Estrutura e formación de palabras. Tipos de morfemas e análise morfolóxica.
-Sintaxe: unidades e funcións sintácticas. Análise sintáctica.
10
-Semántica: campos semánticos. As relacións e os cambios semánticos. Definición de
palabras.
A sociolingüística.
-As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos:
a súa repercusión nos usos.
-Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e
desviacións da norma.
-Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.
-O galego no 1º terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto
histórico e situación sociolingüística.
-O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico
e situación sociolingüística.
-O galego de finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas
fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
A literatura.
-A literatura do primeiro terzo do século XX:
* A poesía das Irmandades e a poesía de vangarda.
* A prosa: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).
* O teatro: Irmandades, Vangardas e o Grupo Nós.
-A literatura entre 1936 e 1976:
* A poesía: a Xeración de 1936, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas
Minervais. A poesía do exilio.
* A prosa: os renovadores da prosa: Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira
Vilas. A Nova Narrativa Galega. A prosa do exilio.
* O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.
O teatro do exilio.
-A literatura de fins do século XX e comezos do XXI:
* Poesía: temas e autoras e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais
máis relevantes.
* Prosa: temas e autoras e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais
máis relevantes.
11
* Teatro: o teatro dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais
máis relevantes.
-Lectura, análise e comentario de textos significativos, polo menos dunha obra completa
de cada un dos períodos literarios referidos.
4. Criterios de avaliación
1. Interpretar diferentes tipos de discursos orais,escritos e audiovisuais e a situación en
que se desenvolven, captando o sentido global e a intención do discurso, a mensaxe e as
súas ideas principais e secundarias.
Con este criterio preténdese avaliar a capacidade do alumnado para comprender
e valorar na súa integridade textos de distinta natureza, recollendo as ideas
fundamentais en resumos, esquemas ou mapas conceptuais tras aplicar distintas
estratexias e coñecementos de carácter lingüístico, sociolingüístico e pragmático.
Ademais deben ser capaces de identificar a intención comunicativa dun texto
(información, opinión ou persuasión) sendo quen de emitir xuízos críticos sobre el.
2. Participar en interaccións orais de acordo coas normas establecidas e realizar
producións orais planificadas, relacionadas con algún contido do currículo ou tema de
actualidade e usando recursos audiovisuais, bibliográficos e das tecnoloxías da
información e comunicación.
Avaliarase a capacidade do alumnado para participar de forma activa, autónoma
e con eficacia comunicativa en interaccións orais. Así mesmo, comprobarase a
capacidade do alumnado para planificar e realizar exposicións orais sobre os temas
mencionados integrando a información obtida da consulta e selección de diversas fontes
de documentación e da utilización de diferentes recursos e estratexias. Valorarase a
pronuncia e a entoación axeitada, a corrección gramatical, a fluidez, a presentación, a
estrutura e o emprego do léxico adecuado á situación comunicativa, así como o uso dos
elementos paralingüísticos oportunos.
3. Compoñer producións escritas planificadas sobre temas de actualidade ou
curriculares, adecuadas á situación e á intención comunicativa desexada, con
coherencia, cohesión, corrección ortográfica amais dunha coidada presentación.
Trátase de verificar a capacidade do alumnado para comunicarse por escrito de
forma planificada, ben sobre papel ben en soporte dixital; valorarase a presentación
clara e ordenada, a corrección gramatical e o uso dun rexistro adecuado á situación
comunicativa, a selección e presentación do tema e das ideas de xeito lóxico, así como a
axeitada utilización de mecanismos de cohesión lingüística que doten estas producións
de certa entidade.
4. Caracterizar e identificar diferentes tipos de textos orais, escritos e audiovisuais
procedentes de diversos contextos comunicativos da vida social e cultural, sobre todo,
dos ámbitos científico e académico e dos medios de comunicación.
Este criterio refírese á valoración da capacidade para identificar o tema, estrutura
formal e informativa e nivel de adecuación de diversos tipos de textos pertencentes a
diferentes ámbitos de uso. Igualmente preténdese comprobar se o alumnado é quen de
manexar o tipo de texto máis oportuno para cada situación comunicativa que se lle
presente na súa vida cotiá.
12
5. Coñecer os conceptos teóricos, as normas de uso e os procedementos lingüísticos
(flexión, clasificación, análise, etc.) propios da gramática galega.
Trátase de verificar o coñecemento formal e a capacidade de reflexión sobre a
lingua que posúe o alumnado, a cal se observará a partir da súa capacidade de indución
sobre textos de distinta natureza.
6. Utilizar sistematicamente os coñecementos lingüísticos para comprender e analizar
textos alleos de distintos ámbitos sociais e para producir, compoñer e revisar textos
propios e de temáticas diversas.
Con este criterio trátase de comprobar se o alumnado é quen de transferir e
aplicar de xeito reflexivo os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico
co fin de mellorar a recepción de textos e a revisión e composición das propias
producións.
7. Coñecer e utilizar un caudal léxico (palabras, frases feitas, combinacións, fórmulas
sociais ou elementos discursivos) apropiado e amplo que incremente non só o
vocabulario receptivo, senón, e sobre todo, o de tipo produtivo.
Este criterio servirá, por unha banda, para comprobar a adquisición dun léxico
receptivo que permita mellorar e ampliar a comprensión de textos de distinto tipo e grao
de complexidade; por outra, trátase de verificar se o novo caudal léxico que se vaia
adquirindo é comprendido, retido e reutilizado adecuadamente en producións propias
cada vez máis elaboradas.
8. Diferenciar as variedades internas da lingua e identificar as interferencias lingüísticas
e desviacións da norma.
Preténdese que o alumnado sexa quen de recoñecer nos textos a información que
determinadas marcas lingüísticas proporcionan sobre a súa cronoloxía, a procedencia
xeográfica do emisor, o grupo social a que pertence ou o contexto en que se producen.
Así mesmo, terase en conta a capacidade do alumnado para aplicar estes coñecementos
ás propias producións evitando, sobre todo, a utilización de interferencias de sistemas
lingüísticos alleos.
9. Valorar a lingua galega e ser quen de identificar os prexuízos e estereotipos que están
ligados a ela.
Con este criterio trátase de verificar se o alumnado é consciente da situación
lingüística actual e da súa problemática, así como se ten capacidade para manifestarse
de forma crítica e razoada sobre o tema. Valorarase se o alumnado é capaz de recoñecer
prexuízos e valoracións pexorativas presentes nos usos lingüísticos, así como a súa
capacidade para reflexionar sobre eles e evitalos de forma consciente nas súas propias
producións.
10. Coñecer as causas históricas da situación actual dos usos lingüísticos en Galicia e
valorala con espírito crítico e reflexivo, manexando de xeito preciso a terminoloxía
sociolingüística.
Este criterio pretende comprobar se o alumnado entende a lingua como un
fenómeno social e diacrónico que explica a problemática actual do galego.
11. Coñecer a historia da literatura galega: as principais etapas, movementos, autoras e
autores e obras.
13
Trátase de comprobar se o alumnado coñece as claves da nosa historia literaria e
se comprende a produción literaria como un produto cultural situado nun contexto
sociohistórico determinado.
12. Ler, analizar e comentar obras e fragmentos significativos da historia da literatura
galega, utilizando os coñecementos sobre as formas literarias (xéneros, recursos
literarios, versificación) e os distintos períodos, movementos e autores.
Preténdese que o alumnado sexa quen de ler, interpretar, analizar e valorar con
espírito crítico textos e obras literarias utilizando coñecementos históricos e de análise
de texto literario (xénero, estrutura, temática, recursos formais). Tamén se valorará a súa
capacidade para consultar e manexar de forma autónoma distintas fontes de información
que lle permitan interpretar textos e obras literarias.
1º BACHARELATO
O Departamento de Lingua e Literatura galegas acordou establecer as seguintes
porcentaxes na avaliación desta materia:
1. UN 10% : EXPRESIÓN ORAL :
- Actitude e uso da nosa lingua no contexto da aula.
- Terase en conta o grao de participación e evolución na expresión oral.
- Sintetizar oralmente o sentido global de textos escritos diversos, identificando as
ideas principais e secundarias.
- Exposicións e exames orais ( libro de lectura, etc…) así como a participación nos
debates feitos na clase.
NOTA: serán consideradas faltas graves na avaliación da lingua oral a utilización de
castelanismos e tempos compostos, ademais da mala colocación dos pronomes.
SERÁ AVALIADO NEGATIVAMENTE NON UTILIZAR A LINGUA GALEGA
NO CONTEXTO DA AULA.
LIBRO DE LECTURA, COMPORTAMENTO E ESFORZO COTIÁNS
- O exame do libro de lectura obrigatoria será oral polo menos nunha das avaliacións,
co cal neste apartado será valorada a correcta interpretación da obra literaria
escollida, quedando encadrada no apartado anterior a valoración do nivel de
corrección da lingua galega.
NOTA: será considerado requisito imprescindible para aprobar esta materia, a
lectura dunha obra por avaliación.
Por último, e en relación co listado de obras, dicir que este é aberto e poderá ser
ampliado segundo considere este seminario, tendo sempre presente as necesidades
educativas do alumnado
14
2. UN 90%.Realización de probas escritas, teóricas e prácticas.Na corrección das
probas terase en conta a expresión escrita (ortografía e redacción)
Realizaranse dúas probas teórico-prácticas en cada avaliación. O alumnado que
non acade o aprobado (5) realizará un exame final de toda a materia.
LIBROS DE LECTURA 1º BACHARELATO Curso 2009-10
(Lingua e Literatura)
Marina Mayoral: Querida amiga. Edicións. Xerais
Tristes armas
Suso de Toro: Conta saldada . Editorial Alfaguara
Xabier Queipo: Malaria sentimental. Sotelo Blanco
VVAA: Relato contemporáneo 1. Edicións.Xerais.
Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36. Edicións Xerais
Carlos Casares: O sol de verán. Edicións. Xerais
Xosé Miranda: Morning star. Edicións Xerais
Agustín Fernández Paz: Aire negro. Edicións Xerais
Fina Casalderrey: Sobrevives?. Edicións Xerais
Darío Xohán Cabana: Galván en Saor. Edicións Xerais
Mª Victoria Moreno: Anagnórise. Editorial Galaxia
Teresa Moure: A xeira das árbores. Editorial Sotelo Blanco
Gonzalo Navaza: Erros e Tánatos. Edicións Xerais
Rosa Aneiros: Resistencia. Edicións Xerais
Anna Gavanna: Xuntos e máis nada. Editorial Galaxia
Marica Campo: Confusión e morte de María Balteira
Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro
Riveiro Coello: As rulas de Bakunin
D. Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte
Román Raña: O crime da rúa da moeda vella
Domingo Villar: Ollos de auga. Editorial Galaxia e
A praia dos afogados
X.A. Neira Cruz: O armiño dorme
Anxos Sumai: Anxos de garda
Xelís de Toro: Non hai misericordia
Méndez Ferrín: O crepúsculo e as formigas
Séchu Sende: Made in Galicia. Editorial Galaxia
Alfredo Conde: María das Batallas.Editorial Galaxia
Marina Mayoral: Case perfecto. Ed. Xerais
Sergie Pamies: Se comes un limón sen facer xestos. Ed. Xerais
Inma López Silva: Memoria das cidades sen luz
15
2º BACHARELATO
O Departamento de Lingua e Literatura galegas acordou establecer as seguintes
porcentaxes na avaliación desta materia:
1. UN 10%:
EXPRESIÓN ORAL
Actitude e uso da nosa lingua no contexto da aula.
Terase en conta o grao de participación e evolución na expresión oral.
Sintetizar oralmente o sentido global de textos escritos diversos, identificando as
ideas principais e secundarias.
Exposicións e exames orais ( libro de lectura, etc…) así como a participación
nos debates feitos na clase.
NOTA: serán consideradas faltas graves na avaliación da lingua oral a utilización
de castelanismos e tempos compostos, ademais da mala colocación dos pronomes.
NOTA:
En canto á listaxe de obras para a lectura é aberta e poderá ser ampliada segundo
considere este seminario, tendo sempre presente as necesidades educativas do
alumnado.
2. UN 90%
- Realización de probas escritas, teóricas e prácticas.
En canto ao programa de contidos MÍNIMOS , están sinalados nos apartados anteriores,
pero seguindo as pautas dadas polo Grupo de Traballo de Lingua e Literatura Galegas
das PAAU- LOXSE, sendo algunhas das probas escritas feitas ó longo das avaliacións,
similares ás probas de acceso á Universidade.
As probas constarán dun texto sobre o que se efectuarán breves preguntas referidas aos
tipos de textos: título, tema, resumo, estrutura textual, comentario crítico; contidos
gramaticais, léxico-semánticos, fonéticos e ortográficos, unha pregunta para o
16
desenvolvemento dun tema de Sociolingüística e outra sobre a parte de Literatura
explicados na avaliación.
As preguntas sobre sociolingüística e literatura formularanse tendo en conta a relación
de temas, e os seus contidos, enviados a este seminario polo Grupo de Traballo
anteriormente mencionado.
Valorarase a corrección lingüística, polo que a expresión deficiente, así como as faltas
de ortografía e puntuación, poderán supoñer na nota unha redución na mesma de ata
DOUS puntos, agás a pregunta 3 na que se valorará negativamente a incorrección
ortográfica e normativa seguindo este Departamento de Lingua Galega e Literatura o
inventario das faltas establecido polo Grupo de Traballo de Lingua Galega e Literatura
das PAAU- LOXSE, catalogándoas como faltas moi graves aquelas que atenten contra
o sistema lingüístico ( penalizadas con 0.2 puntos) , faltas graves, que serían as
solucións contrarias ás convencións ortográficas e á norma lingüística ( penalizadas
con 0.1 puntos) e as faltas leves , aquelas solucións discordantes co estándar vixente (
penalizadas con 0.05 puntos).
Sobre a cualificación do exame poderanse descontar ata un máximo de DOUS
PUNTOS pola acumulación de erros moi graves, graves e leves, agás a pregunta 3
como xa se indicou.
NOTA: os alumnos/as que obteñan como cualificación global unha nota igual ou
superior a cinco, poderán subir até un punto a súa nota coa lectura voluntaria de obras
incluídas na lista de lecturas, máximo 0,45 en cada avaliación, dependendo da
complexidade da obra escollida e da interpretación da mesma por parte da alumna/o.
IMPORTANTE: a avaliación será continua , valorándose o traballo diario do
alumnado. Nos exames de cada avaliación realizaranse unhas preguntas sobre
contidos dados anteriormente, de xeito que acaden os obxectivos previstos aqueles
alumnos/as que non o lograron. Ao final do curso realizarase unha proba de
recuperación de todo o programa para o alumnado que non supere a materia.
FALTAS MOI GRAVES
- Escribir en castelán.
- Non distinguir entre s/x, b/v, una/unha…
- Acento diacrítico.
- Usar formas compostas co verbo haber *he dito.
- Antepoñer o pronome átono nas oracións simples ou nas principais das compostas
*o vin, *se nos dixo.
- Non respectar as normas que impoñen os signos ortográficos ( uso de maiúsculas
despois de punto, separación incorrecta de sílabas…).
FALTAS GRAVES
- Confundir o xénero de certos substantivos.
- Usar as formas do demostrativo popular *estos *esos.
- Non usar os posesivos co artigo diante *nosas cousas.
- Empregar o plural *quenes.
17
- Usar as formas apocopadas *primer , *primeir.
- Escribir os numerais *cuarenta *ochenta , *quinientos.
- Vacilar no uso dos cardinais *deceseis, *dazaseis.
- Deformación de formas dos indefinidos *alguién , *ninguién.
- Apocopar a forma calquera *calquer, *calqueira.
- Usar algún/algunha nas frases negativas *non me produciu satisfacción algunha.
- Empregar indiscriminadamente os pronomes persoais te/che, le,lles/o,os *xa te
fixen o recado, *chameille por teléfono.
- Usar as formas do pronome suxeito como segundo termo da comparación *traballa
máis ca eu.
- Conxugar con erros *anduven/andiven, *podría, *estuvo, *iba, *salgo, *traigo,
*creer, *supen.
- Manter o grupo –zc- na 1ª persoa do presente de indicativo e no presente de
subxuntivo *conduzco, *obedezco, *conduzca, *obedezca.
- Escribir a preposición a na per´frase IR + INFINITIVO * vou a ir ó cine.
- Empregar verbos da 2ª conxugación como pertencentes á 3ª *batir, *ocurrir.
- Castelanizar certos adverbios e preposicións *ahora, * hasta , *sin, *según.
FALTAS LEVES
- Acentuación.
RECUPERACIÓNS E REFORZO PENDENTES
Realizaranse dúas probas teórico-prácticas en cada avaliación, agás na última que
pode ser unha, dependendo da materia e do tempo . O alumnado que non acade o
aprobado (5) realizará un exame final de toda a materia.
Ao alumnado que non supere a materia nunha avaliación ou a finais
de curso entregaráselle material didáctico complementario
(exercicios gramaticais, libros de lectura, páxinas web como
xente.mundo-r.com/anvi…) e durante o curso a xefa de departamento
fará un seguimento do alumnado con problemas.
Ao alumnado de 2º curso coa materia pendente entregaráselle material
de reforzo e faránselle dúas probas unha en novembro e outra en marzo.
Se non supera a materia terá dereito a unha proba final no mes de abril.
18
5. Temporalización. Materiais e recursos didácticos.
Primeiro curso
1ª AVALIACIÓN
Impartiranse seguindo o libro de texto de Lingua galega e literatura de
Edicións Xerais as 7 primeiras unidades de sociolingüística e lingua
(morfoloxía). Intentarase realizar dúas probas escritas.
2ª AVALIACIÓN
Impartiranse seguindo o libro de texto as unidades 8,9,10,11,13,14.
Intentarase realizar dúas probas escritas.
3ª. AVALIACIÓN
Impartiranse seguindo o libro de texto as 6 últimas unidades. Intentarase
realizar dúas probas escritas.
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Ademais do libro de texto Lingua e Literatura Galegas. 1º
Bacharelato , Xerais; empregaranse os recursos en rede de Lingua
Galega así coma outros materiais audiovisuais como películas de
cine, visualización de representacións teatrais…
Segundo curso.
1ª AVALIACIÓN
CONTIDOS: seguindo o libro de Lingua e literatura 2º Bacharelato de Xerais,
impartiranse as 10 primeiras unidades de reflexión sobre o texto, lingua e
sociedade, estudo da lingua e gramática do texto.
EXAMES: Intentarase realizar dúas probas escritas teóricas e prácticas.
19
2ª AVALIACIÓN
CONTIDOS: As unidades 11,12, 13 e 14 de Literatura, e Textos para comentar.
EXAMES: Intentarase realizar dúas probas escritas de teoría e práctica.
3ª AVALIACIÓN
CONTIDOS: As unidades 15,16,17, e 18 de Literatura e Textos para comentar
EXAMES: Intentarase realizar dúas probas escritas teóricas e prácticas.
6. Relación dos contidos cos temas transversais
Educación moral e cívica
A tipoloxía textual, sobre todo a argumentación e a exposición: propiciarán a
receptividade, o interese e o respecto polas opinións alleas expresadas a través
da lingua oral e escrita. Tomar conciencia da importancia da arte de convencer
para facilitar a convivencia.
Lingua e sociedade: estes contidos axudarán a valorar a lingua galega como a
propia de Galicia e valorar as linguas como produto das circunstancias
históricas, políticas e culturais. Preténdese unha valoración xusta e equilibrada
dos diversos pobos e culturas, evitando tópicos que atentan contra a dignidade
humana. Mediante o respecto e unha actitude positiva ante a diversidade
lingüística da Península acadaremos unha actitude de comprensión e tolerancia
cara ás opcións lingüísticas non coincidentes coa propia.
Bilingüismo: o dominio de varias linguas axuda a romper as barreiras sociais;
o seu descoñecemento empobrece a nosa vida e a relación cos demais.
A diglosia: unha actitude crítica fronte á identificación dunha lingua con
prexuízos sociais ou xuízos de valor.
As interferencias lingüísticas: unha conciencia e valoración crítica das
interferencias lingüísticas do castelán na lingua galega.
A normalización lingüística: a comprensión da situación lingüística de
Galicia e a valoración dos esforzos –individuais, colectivos e institucionais- a
favor da normalización lingüística.
Educación para a paz
A comunicación humana: a importancia fundamental que ten nas nosas vidas
poder comunicarnos cos demais e romper todo tipo de barreiras a través da
20
lingua.
A lírica medieval galego-portuguesa, pola convivencia lingüística entre
ambos territorios e porque neste período de progreso, riqueza e paz, os señores
feudais puideron esquecer a guerra e dedicarse a outros mesteres máis
relacionados co lecer e coa cultura.
Afonso X: permite tratar o tema da tolerancia, a convivencia pacífica e o
respecto ás ideas dos demais.
Educación para a igualdade entre os sexos
A poesía lírica, aquela que expresa os sentimentos e emocións do poeta,
ensínanos a valorar a dignidade persoal, a propia e a dos demais.
A Rosalía “feminista”: os artigos xornalísticos, o Conto gallego, o prólogo de
Follas Novas (e o apartado “As viudas dos vivos e as viudas dos mortos”)
serven para propiciar unha reflexión sobre a discriminación sexual.
Pondal: a análise da imaxe da muller nos poemas de Queixumes dos pinos.
Educación ambiental
A literatura de Rosalía, Pondal, Cabanillas... fainos amar e respectar a natureza
como un dos bens máis prezados da humanidade.
Educación sexual
Interpretando o compoñente erótico das cantigas ou doutros poemas de
temática amorosa.
Educación do consumidor/a
O estudo dos medios de comunicación dan pé para espertar o espírito crítico
ante as mensaxes que a publicidade emite.
Educación para o lecer
O apartado da lectura, e todos os temas de literatura, en xeral, propiciarán o
hábito da lectura como fonte de pracer e como actividade gratificante e
enriquecedora.
21
7. Principios metodolóxicos e atención á diversidade.
A sociedade actual, en que se insire o noso alumnado, require das súas cidadás e dos
seus cidadáns a capacidade de enfrontarse a unha gran cantidade de información. Por
este motivo o seu tratamento é un dos obxectivos do sistema educativo. Este reto
concrétase na necesidade de integrar o manexo de diversos soportes e fontes, utilizando
tanto medios audiovisuais coma informáticos, enfrontando o alumnado coa tarefa de
busca, selección, análise e interpretación da información, así como no desenvolvemento
da capacidade crítica con respecto a ela.
A biblioteca do centro móstrase así como un recurso cun alto valor dentro da
comunidade educativa que deberemos ter en conta á hora de programar as nosas
actividades docentes.
Débese ter en conta igualmente a necesidade de traballar coas catro destrezas básicas
dun xeito integrado, ben que é aconsellable nesta etapa darlles prioridade a aquelas que
se detecten como as máis deficitarias para o noso alumnado dependendo do
contexto.
As materias lingüísticas, en xeral, contribúen de forma importante ao desenvolvemento
e aprendizaxe do currículo por canto que son instrumentos de comunicación, soporte
básico do coñecemento, vehículo para as relacións sociais e para a expresión emocional.
Neste sentido, para desenvolver o currículo da materia de lingua galega e literatura,
propóñense as seguintes orientacións metodolóxicas:
-Adoptar un enfoque comunicativo no ensino e aprendizaxe da lingua, que faga do texto
a unidade comunicativa fundamental e que favoreza o emprego do idioma en distintas
funcións e contextos de uso.
Por tanto, as habilidades e estratexias lingüísticas deben ser obxecto de especial
atención sen por iso desdeñar a reflexión e o coñecemento do código lingüístico.
-Proporcionar e traballar con textos de distinta natureza, especialmente expositivos e
argumentantivos.
-Promover a utilización da diversidade de fontes e recursos para a obtención da
información. A busca guiada desta tanto na biblioteca coma na internet ou noutros
medios, así como a composición de textos utilizando distintos soportes.
-Propiciar, non só actividades individuais, senón tamén grupais, que favorezan o
intercambio respectuoso de ideas, o discurso argumentativo e o espírito
crítico e cooperativo.
-Lectura, interpretación e valoración de obras literarias.
-Creación de dinámicas que impliquen o alumnado e o leven á participación na
planificación e avaliación das súas actividades.
-Ofrecer actividades abertas que impliquen a busca, selección e tratamento da
información, a posibilidade de tomar decisións e emitir opinións sobre diferentes
cuestións de forma crítica.
22
¿Como aprenden as persoas?
A concepción da aprendizaxe como un proceso de transvase de coñecementos
do profesor aos estudantes, que serían considerados como recipientes baleiros,
é hoxe en día inaceptábel. De acordo con esa concepción, a tarefa do profesor/a
limitaríase a expoñer con detalle e claridade os coñecementos que desexa que
aprenda o seu alumnado, mentres que a deste sería atender as súas
explicacións.
Este modelo “estático” entra en contradición cos obxectivos do novo
Bacharelato, no que procedementos e actitudes teñen un importante papel.
Debemos, polo tanto, buscar un novo modelo de aprendizaxe, baseado nos
seguintes principios:
A memoria do alumno/a e as súas estratexias de procesamento interaccionan
cos estímulos que recibe do contorno, e fano seleccionando uns datos e
ignorando outros, deste modo, o alumnado entende aquilo que selecciona
cando atende determinados aspectos do que ve e oe.
O dato seleccionado polo alumno/a non posúe, por si mesmo, significado. O
significado que o profesor/a lle atribúe non se transfire ao alumno/a porque
escoite as súas palabras.
O que aprende:
Xera vínculos entre esa información e aquelas partes da súa memoria que son
consideradas relevantes para el.
Extrae información da súa memoria e úsaa para construír activamente
significados a partir dos datos.
Pode contrastar os significados construídos coa memoria e a experiencia
sensorial e gravar as súas construcións na memoria.
É importante que os alumnos e as alumnas sexan capaces de relacionar as ideas
que elaboran coas que teñen, coas experiencias e situacións que viven no
mundo que os arrodea e coas persoas que teñen unhas ideas que valoran.
O estudo da Lingua Galega e Literatura permite profundar e reestruturar os
coñecementos que sobre a materia posúe xa o alumnado.
A aprendizaxe é algo dinámico: os estudantes pasan do seu estado actual de
coñecemento a outro máis amplo, coherente e profundo dos coñecementos
lingüísticos e literarios. Para conseguilo, a figura do profesor/a é de especial
relevancia.
O papel do profesorado é o dun verdadeiro condutor e dinamizador do traballo
23
e da investigación do alumnado. Debe deseñar e propoñer as actividades coas
que o alumno/a poderá superar os obstáculos que se lle presenten na
adquisición dos seus coñecementos.
O currículo é unha proposta educativa que debe elaborar o profesorado tendo
en conta as diferenzas entre os centros escolares e as condicións persoais,
materiais e técnicas que apoian a súa realización. Polo tanto, é un recurso para
tratar asuntos, enfocar problemas prácticos e actuar con criterio na solución
destes.
Atención á diversidade
O currículo que se propón neste proxecto é un currículo aberto, e como tal
permite responder á diversidade. Esta diversidade maniféstase nos centros
educativos en tres ámbitos interrelacionados: capacidade para aprender,
motivación e intereses.
A capacidade para aprender non pode considerarse como sinónimo de
capacidade intelectual: tamén a motivación e os intereses son aspectos
fundamentais para que a axuda pedagóxica que o profesorado debe ofrecer
sexa o máis axustada posíbel, de modo que incida positivamente no
desenvolvemento das persoas.
Isto non supón negar a existencia de estudantes que manifesten dificultades e,
ás veces, limitacións da súa capacidade para aprender, e doutros que progresan
con maior rapidez que os seus compañeiros/as e que, de igual maneira,
necesitan unha resposta educativa que lles permita progresar segundo as súas
posibilidades. Nestes casos, as axudas pedagóxicas e as adaptacións
curriculares constitúen as medidas adecuadas para garantir a atención educativa
en cada caso.
A atención á diversidade abórdase a través de:
Exercicios complementarios de gramática. Son exercicios, na súa
maioría relacionados coa morfoloxía, que inciden nas habituais
carencias que presenta o alumnado nesta etapa educativa e axudan a
reforzar os coñecementos xa adquiridos en cursos anteriores. O
profesor/a poderá elixir entre eles os máis adecuados aos seus
alumnos/as e o número que haberán de realizar. A partir dos exercicios
o profesorado poderá analizar tamén os usos e expresións máis
frecuentes do seu alumnado na súa lingua oral.
Exercicios de acentuación, léxico, morfosintaxe e semántica para que o
alumno/a puntúe correctamente os seus exercicios; analice elementos
lingüísticos tales como lexemas, prefixos, sufixos, etc. ; atope erros
léxicos e semánticos; busque significados no dicionario, etc. O
profesorado terá que decidir os máis convenientes para eles en función
do grao de dificultade que estes presentan.
Lecturas significativas da obra dos autores máis salientábeis, coas
24
anotacións oportunas.
Son un complemento da teoría literaria e axudan a comprender ao
autor, a súa obra e a época na que escribe. Estas lecturas poden
utilizarse tamén para que o alumno ou a alumna lea en voz alta, recite
ou dramatice textos, ou para que estableza relacións, faga resumos,
sínteses, argumente a súa opinión sobre os temas expostos, etc. Tamén
poden servir como pretexto para que o profesor/a lle pida que complete
esta información a través doutros libros da biblioteca e expoña despois,
oralmente, na clase, o resultado da súa investigación.
Comentarios de texto guiados mediante unha serie de preguntas que
inciden nos aspectos e características máis relevantes destes.
Propostas para debates, mesas redondas, etc.
Invitación a manexar Internet como axuda complementaria ao exposto
en determinadas unidades.
Non debemos esquecer que a finalidade do Bacharelato, como a de toda
educación en xeral, é axudar a formar persoas capaces de desenvolverse con
total autonomía, tanto no ámbito público como no privado e facilitarlles o
camiño cara á vida profesional ou cara estudos superiores moito máis
complexos. Isto supón contribuír ao desenvolvemento integral da persoa para,
desde o seu equilibrio persoal e afectivo, fomentar a integración social dunha
maneira crítica e creativa. Esta gran meta require unha intervención
planificada.
8. Contidos mínimos
1º. Bacharelato
Tipoloxía textual. Formas elocutivas básicas. Tipos de textos.
Fonética.
Análise morfolóxica.
Ortografía
Sociolingüística: Evolución da lingua galega desde as orixes ao século
XX.
Literatura: Idade Media. Xéneros. Recursos. Cronoloxía Séculos
Escuros. Características xerais. Rexurdimento: autores/as e obras máis
representativas.
2º. Bacharelato
Tipos de textos. Comentario textual: análise do contido, estrutura,
léxico e gramática.
Fonética.
Análise morfolóxica.
25
Ortografía
Análise sintáctica. Oración simple e composta.
Sociolingüística: Evolución da lingua galega desde principios do século
XX á actualidade.
Literatura: Século XX: Preguerra: tendencias, autores/as e obras máis
relevantes. A literatura no exilio. A posguerra: tendencias, autoras e
autores e obra. A literatura actual: tendencias e xeracións.
Expresión oral e escrita axeitadas.
Actitudes, valores e normas.
Respecto polas normas básicas de conduta que rexen o
intercambio comunicativo.
Respecto polas regras de coherencia, propiedade e corrección
que facilitan a comunicación lingüística.
Respecto pola lingua do interlocutor e rexeitamento crítico de
expresións que supoñan prexuízos lingüísticos.
Valoración da lingua galega como manifestación cultural
colectiva e consideración positiva dos esforzos individuais,
colectivos e institucionais a favor da normalización
lingüística.
Valoración crítica dos factores políticos, económicos e
sociolingüísticos que condicionaron a evolución da lingua e
da literatura galegas.
Valoración dos medios de comunicación de masas na
sociedade actual a partir do coñecemento progresivo das súas
linguaxes específicas.
Interese pola propiedade expresiva, oral e escrita, e polo
emprego de locucións, léxico e frases características da lingua
galega.
Interese pola lectura de obras literarias de diferentes xéneros e
épocas, utilizando criterios fundamentados de selección.
Interese por expresar as propias ideas, sentimentos e fantasías
mediante as distintas formas literarias.
26
LIBROS DE LECTURA: 2º BACHARELATO LITERATURA
GALEGA DO SÉCULO XX E LINGUA E LITERATURA.Curso 2008-09
1ª AVALIACIÓN
NARRATIVA
Otero Pedrayo, Os camiños da vida/ O mesón dos ermos/ O fidalgo e outras narracións/
Entre a vendima e a castañeira/
POESÍA
Cabanillas, R. Da terra asoballada/ Vento mareiro/ Na noite estrelecida.
2ª AVALIACIÓN
NARRATIVA
Blanco-Amor, A esmorga/ Xente ao lonxe
Cunqueiro, A. Xente de aquí e acolá/ Escola de menciñeiros
Fole, A. Terra brava
De Valenzuela, Ramón, Era tempo de apandar
Méndez Ferrín. O crepúsculo e as formigas/ Percival e outras historias/ Crónica de nós.
POESÍA
Seoane, Luís, Fardel de eisilado
Ferreiro, Celso Emilio, O soño sulagado/ Longa noite de pedra/Onde o mundo se chama
Celanova.
3ª AVALIACIÓN
NARRATIVA
Casares, Carlos, O sol do verán
Fernández Ferreiro, Morrer en Castrelo de Miño
Murado, Miguel Anxo, Mércores de cinza
De Toro, Suso, Tic-tac/ Non volvas
Alonso,Fran, Males de cabeza
Seixas, Manuel, Bailarina
Queipo, Xavier, Papaventos
Rivas, Manuel, ¿ Que me queres, amor?
Aneiros, Rosa, Resistencia
Marina Mayoral: Querida amiga. Tristes armas Edicións. Xerais
Suso de Toro: Conta saldada . Editorial Alfaguara
Xabier Queipo: Malaria sentimental. Sotelo Blanco
VVAA: Relato contemporáneo 1. Edicións.Xerais.
Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36. Edicións Xerais
Carlos Casares: O sol de verán. Edicións. Xerais
27
Xosé Miranda: Morning star. Edicións Xerais
Agustín Fernández Paz: Aire negro. Edicións Xerais
Fina Casalderrey: Sobrevives?. Edicións Xerais
Darío Xohán Cabana: Galván en Saor. Edicións Xerais
Mª Victoria Moreno: Anagnórise. Editorial Galaxia
Teresa Moure: A xeira das árbores. Editorial Sotelo Blanco
Gonzalo Navaza: Erros e Tánatos. Edicións Xerais
Rosa Aneiros: Resistencia. Edicións Xerais
Anna Gavanna: Xuntos e máis nada. Editorial Galaxia
Marica Campo: Confusión e morte de María Balteira
Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro
Riveiro Coello: As rulas de Bakunin
D. Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte
Román Raña: O crime da rúa da moeda vella
Domingo Villar: Ollos de auga. Editorial Galaxia
X.A. Neira Cruz: O armiño dorme
Anxos Sumai: Anxos de garda
Xelís de Toro: Non hai misericordia
Méndez Ferrín: O crepúsculo e as formigas
Séchu Sende: Made in Galicia. Editorial Galaxia
Alfredo Conde: María das Batallas.Editorial Galaxia
Marina Mayoral: Case perfecto. Ed. Xerais
Sergie Pamies: Se comes un limón sen facer xestos. Ed. Xerais
POESÍA
Méndez Ferrín, Con pólvora e magnolias
López Casanova, A. Mesteres
García Bodaño, Salvador, Antoloxía poética
Graña, Bernardino, Profecía do mar
Avilés de Taramancos, Antón, As moradías do vento / Cantos caucanos
Pereiro. Lois, Poesía última de amor e enfermidade
Pallarés, Pilar, Livro das devoracións
Romaní, Ana, Das últimas mareas
De Carlos, Helena, Alta casa
Villar, Miro, Equinoccio de primavera
Dacosta, Marta, Setembro
Alonso, Fran, Subversións
Castaño, Yolanda, Edénica ( antoloxía )
González, Helena, A tribo das baleas ( antoloxía da poesía dos 90)
Letras de Cal, Defecto 2000 ( antoloxía dos 90)
Rivas, Manuel, O pobo da noite
ENSAIO
1. Gondar , Marcial, Romeiros do alén
2. Pennac, Daniel, Como unha novela
3. Rivas, Manuel, Unha espía no reino de Galicia
TEATRO
Salgueiro, Roberto, Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado
Vidal Bolaño, Roberto, Rastros
Dans, Raúl, Lugar
28
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA OPTATIVA
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX
2º curso de bacharelato
29
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX
1. INTRODUCIÓN
A literatura constitúe un feito cultural e social que debe impregnar todos os
ámbitos da vida do alumnado, e facilitar a súa inserción na tradición cultural.
Esta materia optativa, Literatura Galega do Século XX, servirá como
complemento á Lingua Galega e Literatura, materia común nas tres
modalidades de Bacharelato, e axudaralle ao alumnado a sentirse membro da
comunidade cultural da que forma parte, a aumentar o seu coñecemento do
mundo e a analizar de forma crítica a realidade, así como a ampliar as súas
posibilidades comunicativas e estéticas.
Preséntanse contidos referentes á Literatura Galega do XX por estaren
próximos á sensibilidade da xuventude, proximidade que facilitará a relación
coa obra literaria a nivel contextual, textual e estético.
Será necesario ter en conta a materia común, de forma que non se produza
unha redundancia de contidos e se favoreza o afondamento na formación
literaria do alumnado.Así mesmo, a relación con outras materias do currículo,
a interdisciplinariedade, pode favorecer a funcionalidade dos contidos.
Nesta materia tratarase de mellorar a utilización de procedementos, técnicas,
habilidades e estratexias que lles axuden ao alumnado na análise, na
investigación, no desenvolvemento do xuízo crítico, na reutilización da
información...
Un procedemento fundamental en literatura é a lectura, entendida como
actividade complexa que implica comprender, explicar, analizar, interpretar e
valorar a obra literaria, de forma que se perciba como algo vivo,creativo e
lúdico. Así mesmo, a lectura permite achegarse á realidade cunha actitude
aberta a múltiples puntos de vista.
O desenvolvemento da materia será enfocado desde distintos puntos de vista (
monográfico, historicista, comparado...), e articularanse actividades nas que se
estimule a lectura, comprensión de textos,e a creatividade escritora.
Será fundamental, tamén, desenvolver na aula actitudes que consigan que o
alumnado afonde nos seus coñecementos literarios e ademais que completen a
súa personalidade, como individuos responsábeis, críticos e tolerantes, e que
sexan quen de expoñer as súas opinións de forma argumentada e de captar e
aceptar as opinións dos/as demais.
30
2. OBXECTIVOS XERAIS
A través desta materia, como resultado do proceso de ensinanza-aprendizaxe, o
alumnado desenvolverá as seguintes capacidades:
Coñecer a creación literaria do século XX e utilizar de forma crítica as fontes
bibliográficas e documentais adecuadas para o seu estudo, apreciando a obra
literaria como fonte de enriquecemento cultural e de pracer persoal.
Ler obras literarias, identificar nelas os aspectos formais e temáticos que as
individualizan e valoralas como expresión da sensibilidade do ser humano e
da identidade cultural de Galicia.
Comprender a relación entre a obra literaria e o contexto sociocultural no que
foi creada e recoñecer nela as influencias literarias e non literarias.
Valorar a riqueza temática da creación literaria do s. XX a través da análise
do seu tratamento por diversos autores/as e mostrar interese pola actividade
cultural desenvolvida polos mesmos/as.
Establecer relacións entre textos da Literatura Galega do XX e textos doutras
literaturas, explicando as conexións formais e temáticas existentes entre eles.
Elaborar sinxelos traballos de investigación sobre algunha obra ou aspecto
salientábel da mesma, utilizando as fontes de documentación necesarias, e
emitir unha opinión persoal argumentada.
3. METODOLOXÍA
A metodoloxía procede do concepto e dos obxectivos do propio proceso de
ensino-aprendizaxe. Nós buscamos acadar unha aprendizaxe significativa, para
iso cómpre partir dos conceptos e coñecementos previos do alumnado, así
como das súas experiencias e relacionalos axeitadamente coas novas
aprendizaxes.
Temos que ter sempre presente que alumnado aprende antes aquilo ao que ven
finalidade práctica que os conceptos puramente abstractos.
Con respecto ao método, Freinet opinaba: " A esencia do método consiste en
partir, non do desexo, do pensamento ou da orde dos adultos, senón dos
verdadeiros intereses dos rapaces."
Os métodos dependen dos obxectivos, e xa dixemos que o noso é aumentar a
capacidade comunicativa do alumnado, tanto a nivel escrito como falado, e a
súa capacidade de análise e comparación.
31
Para acadar estes obxectivos tentaremos facer:
Diálogos para desenvolver a comunicación oral.
Debates sobre lecturas de distintos/as autores/as para aprender a
escoitar opinións alleas e rebatelas expresando a propia opinión de xeito
coherente e intelixíbel.
Redacción ou imitación de textos con posterior comentario colectivo.
Traballos colectivos e individuais sobre distintos autores/as ou
correntes literarias
4. BLOQUES DE CONTIDOS
Os contidos desta materia aparecen distribuídos ao longo de tres bloques
referentes á literatura galega do S. XX cos que se pretende que o alumnado
afonde no coñecemento e na análise da creación literaria.
En cada bloque preséntanse os tres tipos de contidos, de tipo conceptual,
procedemental e actitudinal, cos que se pretende analizar a complexidade
temática, técnica e contextual da creación literaria, na que se contemple a
relación intertextual entre os distintos autores/as, entre formas literarias
diversas e entre literatura e ciencia e outras artes.
1. A prosa
Neste bloque preséntanse contidos referentes á riqueza que ofrece a narrativa
ao longo do S. XX a nivel temático e técnico. A orixinalidade, as innovacións
procedentes da literatura universal, oral e escrita, e as influencias non literarias
tanto do contexto histórico como doutras artes serán aspectos a tratar a partir de
exemplos significativos.
A lectura de textos representativos será o procedemento adecuado para analizar
estes distintos aspectos e para que o alumnado poida emitir unha opinión
persoal crítica.
1.1. Contidos conceptuais
- A prosa de ficción:
1. Relato curto e novela. A súa presenza ao longo do S. XX.
2. Estrutura e técnica narrativa.
3. Temática.
- A prosa de non ficción.
1. Compromiso cultural.
2. A crítica literaria.
32
3. Artigo de opinión.
1.2. Contidos procedementais
Lectura de obras representativas da prosa do S. XX.
Reflexión sobre o significado e a importancia de determinadas formas
literarias na actividade cultural do S. XX.
Análise, en textos diversos, da temática e das estruturas formais máis
representativas, establecendo relacións entre o tratamento dado por
distintos autores/as.
Utilización de textos de crítica literaria coa finalidade de observar as
diferentes interpretacións que pode ofrecer un mesmo texto.
Análise crítica dalgún artigo de opinión tendo en conta a canle de
transmisión.
Elaboración dunha exposición oral ou escrita sobre algunha obra ou
aspecto significativo da mesma emitindo unha opinión persoal
argumentada e documentada.
1.3. Contidos actitudinais.
Valoración da lectura como medio para o coñecemento da realidade e
como fonte de pracer.
Respecto pola obra literaria como transmisora dos trazos característicos
da cultura galega.
Interese por compartir as opinións persoais sobre as lecturas e respecto
e valoración das opinións dos/as demais.
2. O mundo poético
Os contidos deste bloque fan referencia ás transformacións que sofre a creación
poética no S.XX, que abranguen desde un novo enfoque dos temas ata a
incorporación de novos obxectos poéticos, así como aos cambios que afectan á
linguaxe e á estrutura poéticas.
A través dos contidos procedementais aténdese á preparación de lectoras/es
atentas/os, críticas/os e cómplices, capaces de compartir os referentes da
creación poética do século pasado.
33
2.1. Contidos conceptuais
- A creación poética. A súa importancia ao longo do S. XX.
1. A temática.
2. paisaxismo.
3. A poesía existencial.
4. A poesía social.
5. A poesía amorosa.
- Forma e linguaxe poética.
- Relacións intertextuais.
2.2. Contidos procedementais.
Lectura de textos representativos da poesía do século XX.
Análise da temática e do seu tratamento en autoras/es diferentes.
Observación das características formais e temáticas comúns a distintos
autores/as que permiten consideralos/as membros dun mesmo grupo.
Análise da estrutura e da linguaxe poética en textos significativos.
Busca de información sobre as influencias literarias na creación poética.
2.3. Contidos actitudinais
Sensibilidade para comprender o contido da obra literaria e para
apreciar as innovacións formais da mesma.
Valoración da lectura como medio para o coñecemento da realidade e
como fonte de enriquecemento cultural.
Respecto polos sentimentos transmitidos na creación.
3. A literatura e outras artes.
Nos contidos deste bloque tratarase a interrelación entre o texto literario e
outras manifestacións culturais, entre a arte literaria e as outras artes, posto que
a comunicación non se establece unicamente a través do texto escrito senón
que a imaxe, o debuxo, a música, a expresión corporal, é dicir, os referentes
contextuais son elementos imprescindíbeis para a súa comprensión.
34
3.1. Contidos conceptuais.
Texto literario e espectáculo teatral. A súa presenza no S. XX.
Temática e técnica teatral.
Literatura e cine. Influencias.
Debuxo e simbolismo. O texto, a imaxe e o contexto.
3.2. Contidos procedementais.
Interpretación de obras nas que se integre texto e imaxe dentro dun
determinado contexto.
Análise, en exemplos concretos, dos elementos que converten o texto
literario en espectáculo teatral.
Identificación , a través da comparación de textos, da diversa temática e
da técnica teatral ao longo da creación do S. XX.
Creación de textos nos que se conxugue o texto literario con outros
elementos non literarios.
Observación das influencias da técnica cinematográfica na obra
literaria.
Análise do texto e do contexto para comprender a crítica social presente
en textos icónico-verbais.
3.3. Contidos actitudinais.
Respecto e valoración das opinións dos demais.
Interese por coñecer a actividade literaria e cultural.
Sensibilidade para comprender o contido da obra literaria e para
apreciar as innovacións da mesma.
35
5.CRITERIOS DE AVALIACIÓN. CONTIDOS MÍNIMOS
Lectura de textos representativos da creación literaria do S. XX e
interpretación dentro do contexto sociocultural.
Con este criterio trátase de comprobar se o alumnado é quen de comprender e
interpretar un texto literario como un feito cultural situado nun determinado
marco histórico, social e ideolóxico.
Análise de textos, reflexionando sobre a súa técnica, sobre os recursos
estilísticos e técnicos, e sobre a interrelación do contido coa forma.
Avaliarase a capacidade do alumnado para facer un comentario comprensivo
dun texto, captando aqueles aspectos máis innovadores, os recursos estilísticos
e os distintos elementos da mensaxe literaria.
Elaboración de traballos individuais e en grupo sobre obras de creación,
explicando as características principais, aportando unha opinión e
utilizando de forma crítica as fontes bibliográficas e documentais
adecuadas.
Este criterio pretende avaliar a capacidade do alumnado para elaborar sinxelos
traballos nos que amosen a súa competencia para a utilización das fontes
bibliográficas; para planificar, con certo rigor científico, os seus traballos, e
para expresar, a través dunha estrutura correcta e dunha linguaxe adecuada e
rica, as súas ideas e xuízos.
Valoración da creación literaria en lingua galega como expresión dos
sentimentos, ideas e ideoloxía.
Avaliarase a actitude crítica do alumnado, de interese e respecto cara á
creación literaria. Esta actitude poderase observar a través de determinados
indicadores: o seu hábito lector, o interese pola creación literaria, as súas
opinións e xuízos, o respecto polas opinións alleas...
36
LIBROS DE LECTURA RECOMENDADOS PARA A
MATERIA DE LITERATURA GALEGA DO XX ademais dos
incluídos na listaxe de Lingua e Literatura (2º curso)
1ª. AVALIACIÓN
BLANCO AMOR: A esmorga. Ed. Galaxia.
CASTELAO: Daniel: Obra completa.Os dous de sempre.Ed. arealonga
CASTELAO: Daniel: Os vellos non deben namorarse. Ed. arealonga
RIVAS, Manolo: O lapis do carpinteiro. Ed. Xerais
2ª. AVALIACIÓN
ALONSO, Fran: Territorio ocupado. Ed.Xerais
FERNÁNDEZ FERREIRO,Xosé: O atentado. Ed.Galaxia
MORENO, Victoria: Anagnórise .Ed. Galaxia
MANUEL DE PEDROLO: Traxecto final. Ed. Galaxia
3ª. AVALIACIÓN
ANEIROS, Rosa: Resistencia. Ed. Xerais
CASALDERREY, Fina: ¿Sobrevives?. Ed. Xerais
MAYORAL, Marina: Ao pé do magnolio. Ed. Galaxia
MORTEIRO, Roque: Seis cordas e un corazón, Ed. Xerais
TORO, Suso de: Ambulancia. Ed. Xerais
37
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE LINGUA ITALIANA
1º e 2º curso de bacharelato
Profesora: Montserrat Fernández Castro
38
INTRODUCIÓN
As linguas son un instrumento de comunicación intimamente relacionadas coas
estruturas e valores das sociedades que as utilizan como medio de expresión. Polo
tanto, o estudo de Lingua Italiana permitirá tanto a aproximación a novas realidades
culturais coma as relacións entre diferentes culturas en ámbitos académicos, científicos,
humanísticos e da vida cotiá. A aprendizaxe dunha nova lingua ha de proporcionar ao
alumnado un instrumento de comunicación útil para participar en situacións cotiás, e ha
de facilitarlle o achegamento a distintos contidos informativos.
O alumnado deberá desenvolver unha competencia comunicativa básica que lle permita
participar en situacións de comunicación, orais e escritas, propias da vida cotiá e
acordes coa súa idade, necesidades e intereses. O seu desenvolvemento supón
facilitarlles o progreso en todas as competencias que a integran: a competencia
lingüística permitirá o recoñecemento e emprego do léxico, da fonética e das regras
gramaticais, valorando a súa importancia na comunicación; a competencia
sociolingüística axudará a utilizar aqueles hábitos e condutas propios da lingua
estranxeira para participar con adecuación e idoneidade nas distintas situacións de
comunicación; a competencia discursiva contribuirá a unha mellor utilización dos
elementos que dan cohesión ao discurso; e por último, a competencia estratéxica
axudará a resolver os problemas de comunicación de maneira cada vez máis espontánea.
1. Obxectivos xerais
A Lingua Italiana ha de contribuír a que as alumnas e os alumnos desenvolvan as
seguintes capacidades:
Comprender a información global e aquelas específicas previamente
requiridas en textos orais, relativos ás situacións habituais de comunicación
ou relacionados cos ámbitos específicos de estudo, procedentes dos medios
de comunicación audiovisual ou emitidos cara a cara, apoiándose en claves
lingüísticas e non lingüísticas.
Comprender as informacións de textos escritos que presenten distintas
estruturas organizativas.
Participar en situacións habituais de comunicación utilizando, de forma oral
e escrita, a lingua italiana co fin de satisfacer necesidades básicas, atendendo
ás normas de comunicación interpersoal e mostrando interese por
comprender e facerse comprender.
Ler de maneira autónoma e extensiva libros curtos e sinxelos que traten
temas próximos ás súas necesidades e nos que se reflictan temas transversais
(educación para a paz, coeducación...).
39
Recoñecer o valor das convencións socioculturais, lingüísticas e non
lingüísticas, propias da lingua italiana para a comprensión das mensaxes e
utilizalas para facer que a comunicación sexa máis eficaz.
Utilizar estratexias que axuden a mellorar a comunicación e controlar a
propia aprendizaxe, aplicando á aprendizaxe do italiano as estratexias
adquiridas nas outras linguas do currículo.
2. Metodoloxía
A experiencia didáctica na aprendizaxe das linguas estranxeiras mostra que as
actividades de clase deben formar un continuo que ha de ir desde aquelas que serven
para facilitar a toma de contacto con novos contidos ata as que permiten o emprego
máis creativo da linguaxe.
Para conseguir isto deseñaranse actividades variadas que sirvan á diversidade de estilos
de aprendizaxe do alumnado e que faciliten a progresión na aprendizaxe de todos eles
segundo os seus ritmos e capacidades e que aumentaran a súa dificultade no 2º curso,
tendo en conta que na selección de actividades será o grao de complexidade da tarefa e
non a complexidade da lingua o que haberá de adecuarse ao nivel do alumnado.
A duración das actividades, a organización da clase en canto a agrupamentos e
distribución de espazo serán variábeis, dinámicas e flexíbeis de acordo co tipo de
contido e coas características do alumnado.
Das catro horas semanais, dúas impartiranse na aula de idiomas co fin de que as
alumnas e alumnos teñan acceso a outros campos de información (películas, música,
cultura italiana e métodos de aprendizaxe participativos).
3. Bloques de contidos
Os contidos xerais da materia preséntanse en catro bloques nos que se relacionan os tres
tipos de contidos: conceptuais, procedementais e actitudinais. Terán un tratamento
integrado xa que existe unha evidente interrelación entre eles que deberá manifestarse
no desenvolvemento curricular da materia.
Os dous primeiros bloques tratan aspectos relacionados coa comprensión e o uso da
lingua oral e escrita e comparten contidos que se deben abordar conxuntamente. O
terceiro está relacionado co estudio da lingua como sistema e o seu valor na produción e
comprensión de discursos así como coa regulación do propio proceso de aprendizaxe. O
último bloque trata os contidos relacionados coa realidade transmitida pola lingua
estranxeira.
Os contidos serán repartidos ao longo dos dous cursos, seguindo o libro de texto: para o
1º curso Luciana Ziglio. Giovanna Rizzo: Espresso. Corso di italiano 1. Libro dello
studente ed esercizi. Ed. Alma Edizioni. Firenze
Para 2º Bacharelato: Luciana Ziglio. Giovanna Rizzo: Espresso. Corso di italiano 1.
Libro dello studente ed esercizi. Ed. Alma Edizioni. Firenze.
40
Lectura do libro Favole al telefono de Rodari e método empregado no laboratorio de
idiomas.
3.1. Comunicación oral
Os contidos presentados neste bloque pretenden que o alumnado alcance unha
certa fluidez no uso da lingua oral que lle permita manter intercambios comunicativos
en situacións habituais; igualmente pretenden fomentar a capacidade de aplicar os
coñecementos e habilidades adquiridas a novas situacións sendo capaces de facer fronte
ao imprevisto.
3.1.1. Contidos conceptuais
Situacións de comunicación oral propias da vida cotiá e académica e as
derivadas das actividades de aprendizaxe.
Léxico, activo e pasivo, relativo a situacións básicas de comunicación e a
temas relacionados con outras áreas do currículo.
Aspectos funcionais (intención comunicativa): interacción social cotiá,
informar, describir, narrar, explicar, etc.
Intercambios orais planificados e non planificados. Características.
Normas que rexen a comprensión de textos orais de carácter narrativo,
descritivo, instrucional e expositivo.
3.1.2. Contidos procedementais.
Comprensión global e específica de textos orais procedentes de diversas
fontes ( profesor/a, compañeiros/as, radio, televisión,etc.).
Identificación da información relevante en mensaxes orais procedentes dos
medios de comunicación como forma de acceder a unha mellor comprensión
e interpretación.
Participación activa en intercambios de comunicación producindo mensaxes
comprensibles e adecuadas á situación.
Utilización de estratexias lingüísticas e non lingüísticas que facilitan a
interacción e que axudan a participar na conversación e a manter a
comunicación.
Emprego de estratexias que axudan á comprensión dos textos.
41
3.1.3. Contidos actitudinais
Valoración da capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira para
satisfacer necesidades de comunicación e como medio de entendemento
entre as persoas.
Interese polo enriquecemento persoal e profesional que supón o acceso á
información na lingua estranxeira.
Valoración da capacidade de comprender un texto oral sen ter que
comprender todos os seus elementos.
3.2.Comunicación escrita
Neste bloque abórdanse contidos relacionados coa comprensión e o uso da lingua
escrita. Os contidos deste bloque tratan de potenciar o desenvolvemento da capacidade
lectora do alumnado. Con respecto á expresión, trátase de que o alumnado se familiarice
coa elaboración de textos sinxelos que lle permitan participar en situacións cotiás;
deberase prestar atención ao aprecio e rigor na corrección formal como maneira de
mellorar a comprensibilidade dos textos.
3.2.1. Contidos conceptuais
Situacións da comunicación escrita máis habituais na lingua estranxeira e
outras relacionadas con actividades de aprendizaxe.
Léxico activo e pasivo relativo ás diversas situacións de comunicación e a
estudios específicos.
Aspectos funcionais (intención comunicativa): describir, narrar, resumir,
comentar, explicar etc.
Principios e características máis relevantes do discurso escrito. Elementos de
cohesión e coherencia.
Normas que facilitan a comprensión de textos escritos de distinto tipo.
3.2.2. Contidos procedementais.
Comprensión global de textos escritos de utilidade na vida cotiá (cartas,
folletos, notas etc.) ou relacionados coas actividades de clase.
Comprensión global de textos dos medios de comunicación de carácter xeral
ou relacionados cos estudos específicos, coa axuda do dicionario.
Produción de mensaxes escritas sinxelas e comprensíbeis co fin de satisfacer
necesidades persoais de comunicación.
42
Lectura extensiva de textos de carácter xeral ou específico distinguindo entre
datos e opinións.
3.2.3. Contidos actitudinais.
Interese por coñecer o funcionamento da lingua estranxeira na comunicación
valorando a súa utilidade en todos os aspectos.
Valoración da utilidade de aplicar instrumentos de control e autocorrección
para mellorar a comunicación propia.
Interese por coñecer e mellorar as técnicas que favorecen a autonomía na
aprendizaxe da lingua.
Actitude positiva cara á superación dos problemas que poidan xurdir no
proceso de aprendizaxe.
3.4. Aspectos socioculturais.
As regras e hábitos que interveñen nas relacións entre falantes da lingua italiana
e outros elementos de civilización necesarios para unha mellor interpretación da
realidade do país constitúen os contidos deste bloque. Preténdese que o coñecemento
das convencións socioculturais permita que o alumnado se adecúe con maior eficacia a
outros contextos comunicativos e que a comprensión de aspectos propios da cultura lle
permita analizar outras manifestacións socioculturais e ampliar e mellorar a súa
formación.
3.4.1. Contidos conceptuais.
Aspectos socioculturais de Italia relacionándoos coa nosa cultura e con
outras próximas.
Elementos culturais relevantes presentes nos textos.
3.4.2. Contidos procedementais.
Emprego contextualizado das convencións socioculturais propias de Italia.
Procura e localización dos elementos de civilización e culturais, presentes
nos textos, que contribúen a estruturar o mundo de referencias.
3.4.3. Contidos actitudinais.
Interese, respecto e valoración crítica das formas de vida, e doutros aspectos
da vida social e cultural de Italia.
43
Valoración da importancia da lingua italiana como vehículo de
comunicación nas relacións internacionais e como medio de relación e
entendemento entre as persoas e as culturas.
4. Criterios de avaliación. Contidos mínimos
1. Extraer a información global e específica en textos orais, emitidos en situacións
de comunicación cara a cara sobre temas relacionados coa vida cotiá dos
alumnos e das alumnas, sobre aspectos socioculturais e sobre temas de carácter
xeral referidos aos seus intereses e estudos.
Con este criterio preténdese avaliar a capacidade do alumnado para comprender as
informacións dos interlocutores nas condicións máis idóneas no transcurso de
intercambios comunicativos.
2. Extraer informacións globais e específicas en textos orais que presenten apoio
visual, procedentes dos medios de comunicación sobre temas de carácter xeral
ou relacionados cos seus estudos específicos.
Con isto preténdese avaliar a capacidade para comprender o esencial, aínda que non se
comprenda a totalidade das mensaxes, en textos gravados nos medios de comunicación
audiovisual, así como comprobar a comprensión de informacións específicas relevantes
sinaladas previamente.
3. Participar en intercambios comunicativos orais que respondan a situacións
habituais producindo un discurso comprensíbel e adecuado á situación e
utilizando as estratexias necesarias para iniciar, manter e facer progresar a
comunicación.
Con este criterio avaliarase a capacidade do alumnado para desenvolverse en
interaccións onde satisfagan necesidades habituais de comunicación facendo uso das
estratexias necesarias para asegurar a comprensión e a realización das mensaxes.
4. Extraer a información contida en textos escritos de diferente tipo (narrativos,
descritivos e expositivos) e procedentes de diversas fontes (xornais, revistas,
libros, etc.) con axuda do dicionario e outros recursos.
Avaliarase a capacidade do alumnado para acceder ao contido de textos de carácter
xeral e específico utilizando aquelas estratexias persoais que lle axude na comprensión.
5. Ler de maneira autónoma textos sinxelos con sentido completo sobre temas
relacionados cos seus intereses facendo uso do dicionario e doutros materiais de
consulta e demostrar a comprensión por medio da realización dunha tarefa.
Trátase de avaliar a comprensión e non a expresión para o que servirá a realización da
tarefa.
6. Redactar textos escritos sinxelos e comprensíbeis atendendo a diferentes
situacións habituais, respectando as convencións da lingua escrita e utilizando os
recursos necesarios para facelos cohesivos e coherentes.
44
Preténdese avaliar a capacidade para elaborar textos, así coma a capacidade para
manexar os materiais de consulta necesarios ( dicionarios, gramáticas,internet...) que
lles axuden a producir textos ordenados e coherentes.
7. Recoñecer os factores socioculturais de Italia e analizalos desde unha
perspectiva máis ampla, enriquecida polo contacto do alumnado con outras
linguas e culturas.
Avaliarase con este criterio a capacidade para identificar e analizar con rigor aqueles
trazos que pertencen ao contexto sociocultural italiano relacionándoos coas outras
culturas que xa coñecen.
Os contidos mínimos correspóndense cos sete apartados da materia obxecto de
avaliación (baseados na comprensión oral e escrita e tamén de recoñecemento
dalgúns trazos culturais). Realizaranse tres probas escritas individuais e tres
probas orais, como mínimo, e outras que serán en grupo, nas que se valorará a
evolución da alumna/o ao longo do curso.
5. Recursos didácticos
LIBROS DE TEXTO:
1º Bacharelato: Luciana Ziglio. Giovanna Rizzo: Espresso. Corso di italiano 1. Libro
dello studente ed esercizi. Ed. Alma Edizioni. Firenze
2º Bacharelato: Luciana Ziglio. Giovanna Rizzo: Espresso. Corso di italiano 1. Libro
dello studente ed esercizi. Ed. Alma Edizioni. Firenze
LIBRO DE LECTURA para 2º curso de bacharelato:
Neste curso traballarase na aula co libro FAVOLE AL TELEFONO de Rodari.
Editorial Enaudi.
MÉTODO DIDÁCTICO NO LABORATORIO:
Idiomas sin fronteras (gramática,vocabulario, cultura italiana...),Digital Publish e
Dialang
Esta programación estará exposta na páxina web do instituto e os
criterios de avaliación nos taboleiros das aulas do alumnado. No
departamento haberá unha copia impresa á que terá acceso aquel pai ou
nai que a solicite.
45
ORGANIZACIÓN DO DEPARTAMENTO
O Departamento de Lingua e Literatura Galega está integrado polo seguinte
profesorado:
Xefa do Departamento: Montserrat Fernández Castro
Profesora: Ana Castro Pardo
O reparto de grupos deste curso 2009/10 é o seguinte:
Ana Castro Pardo: grupos de 1º de bacharelato, o grupo 2º B e a
optativa Literatura Galega do S.XX.
Montserrat Fernández Castro: grupos de 2º A e C de bacharelato e as
optativas Lingua italiana I e II.
Compostela, 17 de setembro de 2009
SINATURAS:
Montserrat Fernández Ana Castro
46
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES LINGUA E LITERATURA
Participarase en actividades programadas polo concello (teatro, recitais
poéticos) ou por outros organismos que consideremos de relevancia para o
noso alumnado.
Colaboraremos tamén en actividades para a normalización da lingua ou que
fagan referencia a algún aspecto transversal, desenvolvidas polo Departamento
de Normalización Lingüística ou outros departamentos ( Departamento de
Inglés: conta contos Inglés-Galego; Departamento de Lingua e Literatura
Española: asistencia a representacións teatrais que consideremos de interese
etc.
Para o alumnado de 1º de bacharelato está programada a asistencia ao centro
de autoras e autores para falar da súa obra, asistir á representación dalgunha
obra teatral e en colaboración cos Departamento de Lingua e Literatura
Española , Economía… realizarase unha viaxe a Vigo á Casa das Palabras.
Este departamento continuará colaborando cos Departamentos de Francés e
Inglés no programa europeo Eurocatering ou outros programas que
consideremos de interese para o alumnado ou para o centro.
Para o alumnado de 1º e 2º de Lingua Italiana e en colaboración cos anteriores
departamentos e co Bureau des Echanges Linguistiques (Sion), que se encarga
de contactar con Institutos e familias, está previsto participar en intercambios
(individuais ou grupais) do alumnado con Italia.
47
48