Download docx - Himno galego

Transcript
Page 1: Himno galego

Os Pinos.

Que din os rumorososna costa verdecenteao raio transparente

do prácido luar?Que din as altas copas

de escuro arume arpadoco seu ben compasado

monótono fungar?

Do teu verdor cinguidoe de benignos astros

confín dos verdes castrose valeroso chan,

non des a esquecemento da inxuria o rudo encono;

desperta do teu sonofogar de Breogán.

Os bos e xenerososa nosa voz entenden

e con arroubo atendeno noso ronco son,

mais sóo os iñorantese féridos e duros,

imbéciles e escurosnon nos entenden, non.

Os tempos son chegados dos bardos das edades

que as vosas vaguedadescumprido fin terán;

pois, donde quer, xigantea nosa voz pregoaa redenzón da boanazón de Breogán.

Nazón de Breogán

Nazón de Breogán

EDUARDO PONDAL

Eduardo María González-Pondal Abente

No centenario do seu pasamento

1917-2017