A contornaTraballo realizado polo alumnado de 1º de ESO con fotos propias e do profesorado feitas nas diferentes saídas.
IES FRANCISCO ASOREY, XUÑO 2009
Monte da Pastora
INSTITUTO
Ruínas de Santa Mariña
INSTITUTO
Situado no concello de Cambados a 800 m do Instituto. Desde o cume vese a Ría de Arousa, o esteiro do Umia e parte de Cambados e o val do Salnés.
ALTITUDE: 58 m
PROPIEDADE: municipal e particular
USOS: a maioría é parque público e está axardinado, a zona particular está cultivada. Ten un pequeno parque infantil, un miradoiro, unha capela dedicada á Virxe Pastora e un centro da terceira idade. É lugar tradicional de romería e paseo para a xente de Cambados.
HISTORIA: Hai restos de valados castrexos e documentación que indica que estivo poboado no neolítico. Consérvanse lendas e contos.Antigamente chamábase castro de Santa Mariña.
Vista da zona da capela
Zona do castro
Penedos no cume do monte
O Calvario (miradoiro)
LENDAS-Contan que no monte da Pastora viviron os mouros e desde alí dirixían as manobras que se facían na Torre de San Sadurniño.
-Din que hai unha cova que vai desde o Monte da Pastora ata a Toxa pasando por debaixo da Torre, pero que rompeu o túnel e agora está anegado.
-Hai un túnel que chega ata América, pero non se pode pasar por el porque nas covas que hai viven os mouros.
-Contan que cando o Demo tentou a Xesús subeuno ó Calvario (parte alta da Pastora, cuns cons moi grandes) e ao ver a riqueza da zona díxolle: "Todo esto te daré, menos Fefiñans, Cambados e San Tomé".
Mencer cara ao val do Salnés co Castrove ao fondo.
Vista da Ría de Arousa, co Grove ao fondo.
Vista do Instituto coa Toxa e o istmo da Lanzada ao fondo.
Vista do Instituto.
Cambados e o porto de Tragove.
ERMIDA DA PASTORAConstruída a finais do século XVI por María d’Alegría. Foi adicada ao Bo Pastor e á Virxe das Neves, ata que no século XVIII o ermitán Sr Luaces cambiouna pola Virxe Pastora.
Imaxes de comezosdo século XX
Virxe das Neves. Imaxe gótica en pedra policromada Santos Xusto e Pastor
A Virxe Pastora o día da festa.
Romería da Pastora, o terceiro domingo de agosto.
plátanos
Robinias e carballos
carballos
carballo americano
sabina
sobreira
piñeiros bravos
piñeiros bravos
Piñeiros mansos
cedro
Tuias, alcipreste e sabinas
Bidueiros
Herba da Pampa
codeso
abelia
agrostis
breixo
chuchameles
romulea
tollemerendas
tolpis
mexacán
Fento dos valos
brións
cogomelos
Recommended