PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO
KAILA E A ZORRA
Kaila e Sedna sempre foran bos amigos desde pequechos. Encantáballe xogar xuntos,
facer pequenos iglús para os seus bonecos e, cando celebraban o Sinck Tuck, a festa con
que os esquimós celebran o Nadal, sempre ían xuntos a escoitar as lendas que lles
explicaban os contacontos.
Kaila aprendeu que o seu nome proviña do deus do ceo que lle devolvera aos homes os
animais que poboaban a Terra, incluido o fermoso caribú.
Tamén lle regalara o lobo, que cazaba os exemplares
máis débiles, para que o home puidese cazar os
animais máis sans, comer a súa carne e protexerse
coas súas peles.
Sedna tamén descubriu grazas ao contacontos que o
seu nome proviña da deusa da auga, de cuxos dedos
naceran os peixes, de cuxas mans brotaran as focas e
as morsas, que aínda vivía baixo a auga, e cuxos cabelos axitados se convertían na
escuma das ondas cando se enfadaba.
O día Sinck Tuck, mentres os máis vellos bailaban e se intercambiaban regalos, Kaila
quixo tomar prestada a zorra que era de Sedna, pero ésta negouse, porque estaba moi
cansa e quería volver a casa. Era a primeira vez que a súa amiga lle negaba algo, polo
que Kaila guindou a zorra ao mar.
-Non es a deusa da auga? Pois colle a zorra!- E botou a correr cara a casa. Sedna
quedouse observando a zorra mentres afundía lentamente.
Pasaron os anos, e Sedna e Kaila non se dirixiron máis a palabra.
Cando coincidían na cabana onde se celebraba o Sinck Tuck, nen
se ollaban e moito menos bailaban xuntos, e nuncha ninguén lle
regalaba nada a el nin a Sedna. Cando preguntou aos seus amigos
que por que ocorría aquelo, contestáronlle que, como de pequenos
sempre xogaban xuntos, os seus amigos pensaban que eran
noivos. Ése era o motivo para non regalarlle nada. Kaila quedouse
cavilando, foi correndo ao seu iglú e tallou en madeira unha
pequena zorra. Non era grande de abondo para montar nela, pero
nunha data de celebración como aquela, non quería que Sedna
volvera a casa sen ningún regalo.
-Sedna -díxolle, dirixíndolle a palabra por primeira vez en anos-,
este regalo é para ti, para celebrar o Sinck Tuck, e para pedirche perdón.
Sedna perdoou a Kaila polo que fixera anos atrás, e doulle un bico ao xeito dos esquimós:
frotándose o nariz.
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO
TRADICIÓNS DE CANADÁ
Kuvianak Inovia!
Joyeux Noël!
Merry Christmas!
En Canadá encántalles comer rosquillas nas festas do
Nadal, pero sobre todo se están cubertas de xarabe de
arce, a súa árbore nacional, unha especie de mel moi
doce.
Os nenos cúbrense con máscaras e fan ruído polo vecindario con
campaíñas e outros instrumentos. Se o veciño descobre que neno
se agocha trala máscara, éste ten que deixar de facer ruído.