É un lago de orixe glaciar, de costas con abundantes cantís. O clima e frío e moi ventoso.
-Superficie: 1.850 km2.
-Profundidade: 590 m
A Catedral, a Capela e a Caverna de Mármore son unhas curiosas formacións calcárias situadas nuns pequenos illotes achegados á costa do lago.
A erosión das augas do lago nas rochas das beira, formadas por carbonato cálcico, creou curiosas covas de paredes lisas con bandas de cores nas que os arcos e columnas forman ocos con aspecto de capelas.
Cando o nivel das augas está baixo pódense percorrer en pequenas embarcacións desde a localidade de Puerto Río Tranquilo (Aisén-Chile).