Por que é o 30 de xaneiro o Día da Paz ?
• Celebramos o Día Escolar da Paz e Non Violencia o 30 de xaneiro de cada ano en recordo de Gandhi, un dos grandes defensores da Paz no mundo, que morreu asasinado o 30 de xaneiro de 1948.
A PAZ É …
• A paz é esa sensación tan agradable que
temos cando estamos ben cos nosos amigos e
amigas, coa nosa familia, na escola…
Cando se valora máis a Paz ?
A paz bótase moito de menos cando non está.
Cando hai guerra, cando se ten medo de que ocorra algo ou tememos a alguén.
Que nos dá a Paz ?
• A Paz dá un montón de cousas que non se ven, nin se tocan.
• Dá felicidade, tranquilidade, seguridade...
• Por iso temos que traballar para que exista.
A Paz tamén é...
A Paz tamén significa xusticia social,igual-dade,cooperación…
É afrontar e resolver os conflitos dunha maneira non violenta.
.
Unha nena, Premio Nobel da Paz
No ano 2014 Malalarecibeu o premio Nobel
da Paz. Malala estivo a punto
de morrer dun disparo por defender a Paz e o dereito de todos os nenos e nenas do mundo a recibir educación.
Unha frase de Malala
• "Se se quere acabar a guerra con outra guerra nunca se alcanzará a Paz. O diñeiro gastado en tanques, en armas e soldados débese gastar en libros, lápices, escolas e profesores".
Que pasa se non hai Paz ?
• Hai países nos que os nenos e nenas non poden ir á escola
• Hai países nos que as persoas non poden conseguir alimentos para elas nin para os seus fill@s cada día.