CIFP Rodolfo Ucha PiñeiroAvda. de Castelao, 6415406 – Ferrol981321565 – (fax) [email protected]
PRESENTACIÓN
Estamos a rematar un ciclo formativo e unha opción que podemos plantexarnos é a da busca de emprego. A busca de emprego constitue un dos momentos máis importantes na vida dunha persoa, pois en moitas ocasións significa a posibilidade de sentirse útil, de aportar algo á sociedade ou a posibilidade de ser economicamente independente.
Cando rematamos uns estudos e nos encontramos en disposición de traballar podemos encontrarnos en situación “de estar no paro” ou en situación “de buscar traballo”. As dúas situacións son opostas, a primeira é pasiva e negativa, a segunda é dinámica e positiva. Dificilmente chegarán oportunidades de emprego se permanecemos na casa en “situación de paro”.
O traballo de atopar emprego esixe unha disciplina, establecer un horario, un método e desplegar todas as nosas habilidades, enerxía e coñecementos dispoñibles.
Nesta guía, que foi elaborada coa colaboración dos alumnos do centro, podes encontrar ideas, consellos e axudas que pretenden facilitarche o traballo de buscar emprego
1
ELABORA O TEU PROXECTO PROFESIONAL
Unha cuestión importante que debemos conseguir é saber cal é o noso obxetivo profesional, é dicir, ter unha idea clara do que nos propoñemos, cales son os traballos que máis nos gustan e aos que podemos optar polas nosas aptitudes e coñecementos e cales son os traballos que estamos dispostos a aceptar e cales non. Plantexarse un obxectivo profesional significa analizarse a un mesmo, buscar alternativas e tomar decisións.
Deberemos plantexarnos unha serie de preguntas:
Que quero facer? Que podo facer? En que condicións? Que é “o que hai”?
As respostas a estas preguntas facilitarán establecer os nosos obxetivos.
Que quero facer?
Saber que busco, saber cales son os meus intereses (traballar en..., dirixirme a determinados campos ou especialidades da profesión) e descartar aqueles que non nos interesan.
Saber que é o que nos motiva: beneficios concretos, contactos sociais, cartos, viaxar, poder realizar un traballo que nos recoñezan.
Deberemos plantexarnos se queremos traballar por conta allea na empresa privada ou na administración ou pola contra queremos montar a nosa propia empresa.
Que podo facer?
Non sempre se pode facer todo o que a un lle gustaría. É importante coñecer as nosas posiblidades e as nosas limitacións:
- A formación: estudos, cursos... incluíndo colaboracións, voluntariado..- A experiencia profesional que podamos ter: práctcas en empresa, outros traballos...
Temos que coñecer cales son os postos de traballo apropiados á nosa experiencia, formación e maneira de ser tanto neste momento como no futuro.
2
Dirías de ti que es unha persoa...Aberta, activa, segura, decidida, persuasiva, puntual, inquieta, mañosa, con carácter, con don de xentes...?Páxinas que me permiten facer cuestionarios
http://todofp.es/todofp/orientacion-profesional/mejora-tus-oportunidades.html. -
http://www.oficinadetreball.cat/socweb/export/sites/default/socweb_es/ciutadans/orientacioTrobarFeina/cloe.htmlhttp://www.educastur.princast.es/fp/hola/orienta_empleo/autoanalisis.php
Se necesitas información sobre as distintas ocupacións podes consultar estas direccións:
En que condicións?
Temos que tomar conciencia dos límites e condicións que teremos que asumir para facer un traballo:
- Decidir de forma realista cales son as metas profesionais respecto ao salario, á categoria e a responsabilidade.
- Ser conscientes dos esforzos e sacrificios que estamos dispostos a asumir para lograr o obxectivo que nos plantexamos: desprazamentos, horarios, tempo que lle temos que dedicar á formación, empregos temporais ou de menos categoria...
- Cal é o tipo de empresa na que nos gostaría traballar.- Ter claro o tempo que lle queremos dedicar a buscar emprego, se temos recursos
económicos para afrontar ese periodo de tempo ou se necesitaremos algún traballo ocasional... Temos que plantexarnos unha serie de ocupacións en consonancia coas nosas posibilidades.
- En que lugar estaríamos dispostos a traballar (Ferrol, Coruña, Galicia, España, Unión Europea...)
- Determinar se estamos en condicións de poder empezar a traballar de forma inmediata ou se ben necesitamos formación específica antes de empezar a busca de traballo.
Que é “o que hai”? O mercado laboral
Hai que saber como se encontra o mercado laboral:
- Que ofertas ou oportunidades de emprego hai nas zonas que elixiches.- Que posibilidades tes de mellorar a túa formación a través de estudos, cursos de formación
ocupacional, formación en empresas...
3
Recursos para coñecer as distintas ocupacións e como se atopa o mercado laboral:
http://emprego.xunta.es/cualificacions/index.jsphttp://www.juntadeandalucia.es/servicioandaluzdeempleo/web/websae/portal/es/empleo/buscarTrabajo/eligeProfesi
on
: 150 ocupacións por sectores
Todo sobre tu profesiónhttp://www.lanbide.net/plsql/tp_menu?idioma=C
Informacións relacionadas coas distintas profesións. Servicio Vasco de empleo
http://www.educastur.princast.es/fp/hola/pil_col/perfiles/index.php. Píldoras ocupacionais. Descripción de
profesións.
http://www.oficinadetreball.cat/socweb/opencms/socweb_es/ciutadans/orientacioTrobarFeina/coneixer_feines.html.
ocupacións por sectores
http://todofp.es/todofp/Elige-tu-ocupaci-n/Administraci-n-y-gesti-n.html
- http://pop.jccm.es/elige/elige
Traballo individual Traballo en equipo
Contacto co público Sen contacto con público
Traballo sedentario Traballo con desplazamento
Cerca da casa Lonxe da casa
Xornada completa Media xornada
Traballo con responsabilidade Traballo sen responsabilidade
Tareas fixas e claras Tareas con iniciativa
Salario mínimo Outro salario
- Analizar que requisitos esixen as distintas convocatorias de emprego e que ofertan; requisitos, salario, posibilidades de desenvolvemento profesional...
Para saber como se encontra o mercado laboral:
EMPREGOS QUE ME INTERESAN
REQUISITOS QUE PIDEN O QUE PODO APORTAR
Especifíca o teu obxetivo profesional. O que queres conseguir
Exemplo: OCUPACIÓN-PROFESIÓN: exemp; administrativo no sector privadoTITULACIÓN: FP grao superior Administración e FinanzasESPECIALIZACIÓN PRINCIPAL: xestión contableESPECIALIZACIÓN COMPLEMENTARIA: xestión fiscal, laboralCONDICIÓNS; (lugar, salario e horario) na miña localidade ou provincia, cun salario de 1000 € en horario a tempo completo.
Qué che falta para poder conseguilo?
- No ámbito da formación:
- No ámbito da experiencia:
- Outros aspectos:
4
ORGANÍZATE: ELABORA UN PLAN
Cales son os primeiros pasos que vas dar para alcanzar o teu obxetivo?
E despois?
Que alternativas tes por si falla algo?
http://emprego.xunta.es/cualificacions/
Servicio público de empleo estatal. http://www.sepe.es/Evolucón do mercado de traballo por ocupacións e por
titulados de Formación Profesional
http://todofp.es/todofp/Elige-tu-ocupaci-n/Administraci-n-y-gesti-n.html
Forem Información e analise do mercado de traballo por províncias e localidades
5
COMO PODO ACCEDER A ESE TRABALLO? QUE FORMAS DE EMPREGO EXISTEN?
PARA QUEN QUERO
TRABALLAR?
PARA QUEN QUERO
TRABALLAR?ONDE?ONDE?
PARA OUTROS
TRABALLO POR CONTA ALLEA
PARA OUTROS
TRABALLO POR CONTA ALLEA
PARA MIN MESMO
AUTOEMPREGO
PARA MIN MESMO
AUTOEMPREGO
PARA A ADMINISTRACIÓ
N PRIVADA
PARA A ADMINISTRACIÓ
N PRIVADA
PARA A ADMINISTRACIÓ
N PÚBLICA
PARA A ADMINISTRACIÓ
N PÚBLICA
AQUÍ(sen cambiar de domicilio)
AQUÍ(sen cambiar de domicilio)
FÓRAFÓRA
ESTRANXEIROESTRANXEIROESPAÑAESPAÑA
6
TRABALLAR POR CONTA ALLEA NA EMPRESA PRIVADA
1. VÍAS PARA ATOPAR EMPREGO
2. FERRAMENTAS PARA A BUSCA DE EMPREGO
A elaboración do teu curriculum vitae A elaboración da carta de presentación
3. O PROCESO DE SELECCIÓN. A ENTREVISTA
1- VÍAS PARA BUSCAR EMPREGO
As empresas poden buscar candidatos a través de:
Vías internas: pode buscar candidatos dentro da súa organización
Vías externas buscan candidatos fóra da empresa a través de :
- Solicitudes e ofrecementos: candidatos que achegaron a súa solicitude enviando o seu curriculum, ofrecéndose por teléfono...
- Oficinas de emprego.- Acudindo as bolsas de emprego de centros de formación, institucións...- Utilizando os seus tablóns de anuncios.- Publicando en prensa.- Recurrindo a asociacións empresariais, colexios profesionais...- A través de entidades intermediarias: ETT, empresas de selección, portais de internet...
O tr
abal
lo p
or c
onta
alle
a
7
As vías de acceso ao emprego maís interesantes para ti dependerán do teu perfil profesional e do posto de traballo que busques. Cantos maís medios empreges, máis posibilidades terás de atopar o traballo que buscas
REDE DE CONTACTOSA nosa rede de contactos podemos construila a partir de:
- Personas coas que nos relacionamos habitualmente (familiares, amigos, persoas coas que compartimos afeccións...)
- Persoas do ámbito profesional que podemos coñecer (profesores, profesionais que coñecimos no noso periodo de prácticas en empresa...)
Podemos utilizar como vías o teléfono, o correo electrónico ou podemos elaborar unha tarxeta persoal na que non só apareza o nome, os apelidos e o teléfono senón tamén a profesión e o perfil.
Exemplo de tarxeta: Francisco Rodríguez Lameira - Técnico en comercio e marketing e no dorso podemos describir en cinco líneas o que sabemos facer mellor.
Tamén é imprecindible unha axenda coa información mais importante das persoas que forman a nosa rede de contactos.
É unha das estratexias para buscar emprego mais utilizadas e que mellor resultados dá (o 70% das persoas encontraron o seu emprego a través desta vía).
Cando buscamos traballo é importante que o digamos ao maior número posible de persoas. Non abonda comentar que buscas emprego senón explicarlles de que e en que queres traballar.
SERVICIO PÚBLICO DE EMPREGO
PARA INSCRIBIRTE:
- Acude ao lugar que che corresponda segundo a zoa na que esteas empadroado.
- Leva o DNI.- Leva o curriculum e os títulos que xustifiquen
a túa formación.- http://emprego.xunta.es/cmspro/contido
AFD (Accións formativas para desempregados) http://traballo.xunta.es/
http://www.sepe.es/
É o primeiro sitio que debes visitar cando te propoñas buscar emprego.
Qué ofrece?
- Colocación: ofertas empresa pública/privada.
- Mellora da ocupabilidade- Formación a través dos cursos para
desempregados.
A inscrición é obrigatoria se se perciben prestacións por Desemprego.
8
BOLSAS DE EMPREGO MUNICIPAIS E PARTICULARES centro CIFP Rodolfo Ucha
www.cimo.org http://xuventude.xunta.es/201102222356/informe-
semanal-do-21-de-febreiro-de-2011.html http://www.coruna.es/cmij/mundo/laboral.html Cámara de Comercio
http://www.camaraferrol.org/formacion.asp Centro de emprego de ferrol
http://www.ferrol.es/puntodeemprego/cursos.asp Confederación de empresarios de Galicia
http://www.ceg.es/ Concello de Narón: http://www.naron.es/ Concello de fene:
http://www.fenecidadan.net/servizos/servizo.php?txt=servizos33
Concello de Pontedeume: http://pontedeume.es/servicios/foremdes/foremdes.html
Concello de Ares http://www.agrela.com/ sobre as empresas do
polígono da Grela da Coruña www.poligonosabon.org/ sobre as empresas do
Polígono de Sabón da Coruña.
Concello deNarón poligonos de Rio do Pozo e a Gándara http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/industria/empresas/
Bolsa de emprego de Briante http://www.briante.org/?id=6f302&s=rounders Bolsa de traballo por sectores na zona de ferrolterra e a Coruña
http://traballa.maiscompostela.com/xeral.php? txt=traballa15&lg=gal
Centrais Sindicais CCOO:
http://wiki.foremgalicia.eu/oferta-formativa/cursos/4 UXT: http://mca.ugt.org/contenido.php?cp=834, CIG: http://forga.info/USTG: http://www.ustg.es/down/serv/serv-forma.php
Procedemento polo que nos podemos inscribir en espera dunha oferta ou dun novo proceso de selección. Podemos facelo:
- Directamente na páxina web das empresas que nos interesan.
- Mandando o noso CV ás empresas de selección de persoal
Localizando blosas de emprego en Centros de Ensinanza, Administracións Públicas ou asociacións privadas
9
EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORALFerrol
- MANPOWER.: www.manpower.es.- NORTEMPO.: www.nortempo.com- LABORMAN.: www.vedior.es.
Narón- Abside Recursos Humanos - WORKANDPEOPLE: A Coruña- ABSIDE.- ADECCO: www.adecco.es - ADER. - ALTA GESTION: www.altagestion.es- BICOLAN.: www.bicolan.com- CENPLA.: www.cenpla.es- EUROFIRMS.- FASTER IBÉRICA.: www.faster.es - GALICIA EMPLEO.: www.legariaett.com- MANPOWER.: www.manpower.es- NORTEMPO.- RANDSTAND. www.randstand.es- SELECT.: www.select.es
- SOLUCIONES EN GESTION TEMPORAL.
Son empresas privadas que teñen por obxectivo prover de traballadores ás empresas por razóns de urxencia ou necesidade. O contrato o formaliza a ETT e acostuma a ser de duración breve.
EMPRESAS DE SELECCIÓN DE PERSOAL
- AVANZA; A Coruña 981122079- GALICIA EMPLEO A Coruña 902 200 500- GES CONSULTORES Y ANALISTAS. A
Coruña 981 122625
- LABORTK; A Coruña 622 505 2656
Son empresas que son contratadas por outras para realizar o reclutamento e selección de profesionais.Acostuman a publicar anuncios onde se convocan os postos a van a seleccionar, pero noutras ocasións resurren as súas bases de datos polo que pode ser interesante que mandes o teu CV
10
INTERNET E REDES SOCIAISOS PORTAIS DE EMPREGONun portal de emprego podemos encontrar as seguinte información:- As últimas ofertas de emprego e un buscador para tódalas ofertas do portal.- Posibilidade de facer a inscrición e contestar ás ofertas directamente.- Colgar o CV ( en formato electrónico) e en algúns casos posibilidade de realizar unha páxina
web do mesmo.- Suscribirme a un boletín para recibir as ofertas por e-mail ou SMS.- Información de carácter laboral ou formativo.
En tódolos portais de emprego é preciso que te inscribas previamente para poder utilizar os seus servizos.Terás que introducir o teu nome de usuario e unha clave que podes crear ti. A partir de aquí podes empezar a introducir os datos do teu CV.AS REDES SOCIAIS E PROFESIONAIS
As redes sociais, tipo Facebook, Myspace, Tuenti, Twitter, etc. creáronse para as relacións personais e a posibilidade de compartir información en comunidades virtuais. As oportunidades profesionais que xorden nesas comunidades son por tanto equiparables ás que tradicionalmente existiron en círculos de amigos.As redes profesionais restrínxese sen embargo a un entorno profesional e de negocios.Exemplo:Linkedin, Infoempleo, etc.
RECOMENDACIÓNS
Mantén un perfil actualizado. Discrimina entre relacións ‘sociais’ e ‘profesionais’, as redes sociais e as redes profesionais
teñen distinta fin e regras. Calquera información colgada na rede é en principio pública e pode ser accedida por calquera, incluso polo teu futuro xefe.
Se queres colgar as túas fotos persoais e cres que o seu contido pode non favorecerche moito fronte á túa futura empresa, non as mestures co teu currículum no mesmo portal. Utiliza, por exemplo, un dos servizos para contactos profesionais e, en outro, colga as túas experiencias persoais máis extravagantes.
Todos os excesos tenden a ser malos e iso é certo tamén nas redes online. Os psicólogos alertan que este uso excesivo está desenvolvendo persoas máis cerradas e con dificultades para establecer vínculos emocionais basados na proximidade e no contacto persoal. Isto, ademáis do que pode implicar a nivel persoal, perxudicarache seguro na túa carreira laboral. Así que non te pases.
11
PORTAIS DE EMPREGOhttp://www.quierounbuentrabajo.com/ http://emprego.xunta.es/cmspro/contido
www.anuntis.com www.EmpleoGalicia.com
www.aquihayempleo.com www.bolsatrabajo.com www.empleo.com
www.empleo.net www.empleoglobale.com www.igsap.map.es
www.inem.es www.infoempleo.com www.infojobs.netwww.laboris.net www.oficinaempleo.comwww.todotrabajo.com www.trabajar.com www.trabajo.orgwww.trabajos.com www.trabajofacil.com www.traballo.xunta.es
www.virtuempleo.com
ESPECÍFICOSINFORMÁTICAwww.freelance.com/ : rede de profesionais freelance en novas tecnoloxías que conecta a expertos independentes con proxectos e empresas en distintos países. www.novanotio.es/ : bolsa de emprego para programadores e informáticos. www.tecnoempleo.com/ : especializado en informática e telecomunicacións. www.tecnovitae.com/ : bolsa de emprego para programadores e informáticoswww.infosfera.com Dedicado ó sector da informática e a programación.http://www.tecnocom.es/http://www.fic.udc.es/mancomun.org Ofertas de emprego relacionadas co Software LibreCentro de Novas tecnoloxías de Galicia Formación en relación a novas tecnoloxías e a sociedade da información. Formación ofrecida por empresas como CISCO, IBM. Microsoft,RRedhat, Citrix, Oracle, ITIL... http://www.eganet.org/bolsa-de-emprego.html empresas galegas adicadas a internet e as novas tecnoloxíashttp://es.informaticos.trabajar.com/
ADMINISTRACIÓNhttp://www.administrativos.com/http://www.comerciales.es/http://www.secretarias.com/http://www.vendedores.com/
TURISMOhttp://www.empleoenturismo.com/http://www.turiempleo.com/www.opcion empleo .com/ www.tur galicia .es/ www.iet galicia .com/ www. turismocoruna .com/ www. ferrol .es/ turismo .aspx www.tur ferrol .com/ www. ferrol ortegal.com/ www.iet.tourspain.es/http://es.trabajoturismo.trabajar.com/www. turismo activo.com/ http://turismoo.com/turismo-galicia/www.trabajosyempleo.comwww.miltrabajos.comhttp://www.poraqui.net/directorio/empleo-webs-de-empleo.php
RELACIONADOS CON CONSTRUCCIÓN E OBRA CIVILFundación laboral de la construción de Galicia: http://galicia.fundacionlaboral.org/web/esp/contenidogeneral.asp?id=592988&selec=296589&padre=Menu2http://www.construyendoempleo.com/web/home.aspFormega.Fundacion Galega do metal:http://www.fundaciontripartita.org/index.asp?MP=7&MS=20&MN=2&TR=C&IDR=311
12
http://www.agrela.com/ sobre as empresas do polígono da Grela da Coruñawww.poligonosabon.org/ sobre as empresas do Polígono de Sabón da Coruña.Poligono do Río do Pozo:http://www.fomento.es/mfom/lang_castellano/http://www.galicia-construccion.com/ http://www.construred.com/servicios/info_infojobs.phphttp://enobras.com/foro/categorias.htmlhttp://delineantescoru.webcindario.com/indice.htmlhttp://www.construnario.com/diccionario_de_la_construccion/http://www.delineantesvigo.com/http://www.delineacion.org/enlaces.phphttp://delineanteshastaloscojones.blogspot.com/p/por-que.htmlhttp://www.construmatica.com/buscador/
RELACIONADOS CON COMERCIOhttp://www.marinedacity.es/informacion/locales-comerciales-oficinas-marineda-city.php. Mandar curriculum a :[email protected]://www.comerciales.es/http://www.vendedores.com/http://www.elcorteinglescorporativo.es/elcorteinglescorporativo/elcorteinglescorporativo/portal.do?IDM=136&NM=3http://www.alcampo.es/WebPortal/Alcampo/Paginas/EmpresaEmpleo/Ofrecemos.pagehttp://www.carrefour.es/grupo_carrefour/rrhh/empleo/
https://www.mercadona.es/trabajo/jsp/pemindex.jsp?P_idioma=esphttp://www.ikea.com/ms/es_ES/jobs/index.htmlRELACIONADOS CON DEPORTES
http://www.empleoydeporte.com/ http://www.sportjc.com/http://www.yumping.com/aventura/acoruna/ferrolhttp://deportegalego.es/index.php?idMenu=55&idIdioma=2#Informaci%C3%B3ns+de+interesehttp://compania.monster.es/decathlones/ Convocatoria para traballar en Disneyland París. http://www.publicjobsdirect.com/search/search.aspEmprego en Europa http://www.abertal.org/europaapunto/index.php?option=com_content&view=article&id=275&Itemid=54http://www.turijobs.com/ofertas-resultados.aspx
PRENSA
Podes buscar principalmente na prensa dominical dos principais periódicos tanto de ámbito nacional como local. Tamén podes encontrar periódicos especializados (periocidade semanal ou quincenal).
Ademáis dispoñen de web onde podes ver as ofertas publicadas e en algúns casos teñen portal de emprego.
La voz de GaliciaDiario de FerrolEl PaisABCEl Mundo http://www.expansionyempleo.com/http://www.prensaescrita.com/galicia.phpEl Correo Gallego
FALSOS AUNCIOS
Traballos que son cursos: Prometen un posto de traballo, pero para acceder hai que realizar un curso que o candidato ten que costear.
Traballos nos que hai que comprar algo: prometen ingresos elevados e unha vez seleccionado o candidato se lle propón que adquira un producto que logo ten que revender a un precio máis elevado.
Traballos “nos que se busca persoas de ambos sexos que queiran gañar moitos cartos en traballos con futuro” Buscan candidatos para vender a comisión.
www.angelfire.com/co2/teletrabajo Amplísima
13
TELETRABALLOoferta de traballo divido por sectores.
www.telecat.org/sinergy A revista do teletraballo con ofertas de última hora.
www.telework.net Magazine, en inglés, que ofrece traballo para persoas con discapacidade
www.discapnet.es Portal de atención ás persoas con discapacidade, con bolsa de emprego, traballo en prácticas, formación e teletraballo.
14
AUTOCANDIDATURA
Trátase dun método de busca moi eficaz, pero tamén moi agotador xa que require interese pola túa parte e ás veces esforzo físico ao ter que ir aos lugares que che interesan.
Que obtés?: Eliminas competencia e figuras no ficheiro potencial da empresa.
Deberás recopilar información sobre direccións, empresas, métodos de admisión...
Confecciona un listado de empresas interesantes para iniciar a túa busca.Existen tres formas de autocandidatura.
Autocandidatura por correo: Trátase de que envíes o teu CV xunto coa carta de aucandidatura ou presentación por correo, fax ou e-mail.
Autocandidatura presencial: Pode ser un método moi efectivo.Trátase de ir ás empresas que che interesan aínda que non exista oferta de emprego.Deberás preguntar polo/a responsable. Se non consigues falar co responsable pide permiso para deixar o teu CV e intenta conseguir o teléfono para chamar dentro dalgúns días.
Autocandidatura por teléfono: Chama á empresa e pide que che poñan con algunha persoa encargada do persoal. Tanto se falas con ela como se non deberás presentarte e preguntar con quen estás a falar e onde podes envíar o teu CV.
DIRECTORIO DE EMPRESAS- Base de datos empresas
http://www.camerdata.es/php/Productos/fichero_empresas.php
- http://www.agrela.com/ sobre as empresas do polígono da Grela da Coruña
- www.poligonosabon.org/ sobre as empresas do Polígono de Sabón da Coruña.
- Concello deNarón poligonos de Rio do Pozo e a Gándara http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/industria/empresas/
- www.ardan.es/ : guía de empresas ARDÁN. - Directorio Buscador Webs Galegas
http://www.websgalicia.com/- Guía NAN
SERVICIOS ESPECIAIS
Son bolsas de emprego e asociacións que se encargan da inclusión laboral de eterminados colectivos específicos. Podes encontrar direccións en asociacións que traballen con ese colectivo ou nos Servicios sociais do teu concello.
- Cogami
- Fundosa-ONCE
- http://www.mercadis.com
15
2- FERRAMENTAS PARA A BUSCA DE EMPREGO
CURRICULUM VITAE
O curriculum vitae é un documento no que recolles a túa traxectoria persoal e profesional.
A través do CV debes intentar convencer de que ti es a persoa máis adecuada(Formación, experiencia laboral..) para ocupar un determinado posto de traballo. Servirá para proporcionar os nosos datos persoais e profesionais e conseguir unha posible entrevista de traballo.
Un 75% das candidaturas son descartadas polo curriculum antes de chegar á fase de entrevista, polo tanto, é un documento que se debe coidar especialmente.
ESTRUCTURA DO CURRICULUM VITAE
QUE TIPOS DE CURRICULUM HAI?
Non hai un modelo único de curriculum. Deberás adaptalo á túa traxectoria formativa e profesional e aos detalles da oferta concreta que se che presente.
Hai catro modelos de currículum.
Currículum cronolóxico directo : Empezas a redactar os datos do teu curriculum desde a data máis afastada ata a máis recente. É un modelo claro, sinxelo e moi utilizado. Se tes pouca experiencia, ordea as datas por orde cronolóxica, de forma que destaque a evolución positiva.
Curriculum inverso: Ao contrario que o anterior, empézase describindo a formación ou experiencia mais recente ata chegar ao inicio da vosa traxectoria profesional ou académica. Utiliza este tipo de curriculum se a túa experiencia é longa ou se queres encontrar traballo naquelo que ten que ver co último traballo realizado.
Curriculum funcional: Trataríase de ordear os datos do curriculum en función das actividades ou funcións desenvolvidas por bloques independentes. É útil se traballaches en dous sectores ou máis diferentes. Permíteche omitir os periodos de paro ou inactividade, a permanencia en postos de traballo non relevante... É recomendable para persoas que teñan unha gran experiencia profesional e carecen de formación académica suficiente.
Curriculum europeo: Especialmente indicado se deseades solicitar un traballo no ámbito da Unión Europea ou na Administración.
A estructura básica do curriculum vitae é común a tódolos formatos. As diferencias normalmente se encontran no ordenamento dos elementos que o compoñen.
REGRAS DE OURO
Un bo currículum escríbese nunha páxina, como máximo en dúas.
Utilizar papel de cor branca ou de cores claras.
Escribir cunha fonte lexible e cunha presentación espaciada que facilite a lectura.
Non o escribir a man, a menos que así o esixa a empresa.
Evita os adornos e filigranas, e non abusar das cores
Respectar as marxes, deixar espazo entre os parágrafos e escribir por unha soa cara do folio.
Non mintas nin falsees datos. Non quere decir que digas toda a verdade
Se buscas o primeiro emprego non olvides poñer en experiencia as prácticas e as colaboración que fixeches
Recordar que non fai falla incluír os documentos e títulos acreditativos, a non ser que o soliciten.
Non escribir o título. Sempre en orixinal Imprimir un orixinal
para cada solicitude. Coidar non só a presentación senón o deseño.
É conveniente datar o curriculum Outorga unha referencia no tempo, podendo loxicamente variar.
NUNCA firmar o Curriculum, xa que a firma queda xa incluída na carta de presentación que se achega. Só en caso de entregar o Currículum en man e sen carta, se pode optar por asinalo.
Destacar as cualidades, pero nunca mentir.
Utilizar unha dirección de correo electrónico que transmita idea de seriedade.
16
ESTRUCTURA DO CURRICULUM VITAE
ENCABEZADO
DATOS PERSOAIS Nome e Apelidos
Dirección: Rúa, número, piso, cidade e código postal.
Teléfono: Preferiblemente dous, o particular e outro de contacto. Algúns
consultores prefiren chamar ao teléfono profesional. En calquera caso
especificar, claramente, cal é cal.
Permiso de conducir e tipo
DNI
Enderezo de correo electrónico (e-mail): En caso de dispoñer
ESTUDOS REALIZADOS OU FORMACIÓN ACADÉMICA
Indica as titulacións oficiais que posúes. Debe conter as datas nas que se
realizaron os estudos, a titulación obtida e o centro no que se cursou.
Debes especificar as especialidades de Formación Profesional cursadas. Este
apartado é moi importante para as persoas que buscan o seu primeiro traballo;
neste caso se a media das notas obtida é relevante é necesario facelo constar.
OUTROS ESTUDOS OU FORMACIÓN COMPLEMENTARIA
Reflectir aqueles cursos que teñan unha especial relevancia con respecto ao
posto de traballo polo que se interesa o candidato, ou ben que teñan un
prestixio recoñecido, ou que sexan de longa duración. Non esquecer indicar as
horas de duración: 100h ...
Tamén se pode engadir participación en seminarios ou xornadas, sempre e
cando teñan unha relación moi directa co posto solicitado.
CONSELLO: Non inundar o currículum de cursos breves e pouco recentes.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Indica as experiencias de tipo profesional; prácticas en empresas realizadas durantes os estudos, traballos académicos que supuxeron un acercamento á empresa, traballos de voluntariado relacionados cos estudos realizados…
No caso de ter traballado: Empresas e sectores nos que se traballou anteriormente
Tarefas e responsabilidades desempeñadas
Periodo de tempo no que se traballou en cada unha delas
IDIOMAS O que importa son os idiomas que se coñecen e en que grado se dominan, baixo, medio, ou alto. Con respecto ao grado de dominio, ser realista.Realización de prácticas ou becas no estranxeiro
INFORMÁTICA Indica os programas, aplicacións( procesadores de texto, folla de cálculo, bases de datos, manexo de internet, programas específico….) que coñeces, o nivel destes coñecementos e cursos realizados
OUTROS DATOS DE INTERESE
Este apartado é opcional. Nel pódense incluír datos interesantes a destacar, pero dificilmente encadrables nos apartados anteriores, tales como: Mobilidade xeográfica e laboral Carné de conducir, carnés especiais (manipulador de alimentos...) Disposición de incorporación inmediata...
Publicacións, premios, pertenza a determinadas asociacións...
17
OUTRAS FORMAS DE PRESENTAR O CV: A WEB 2.0
Caracterizase polo poder dos usuarios para intervir na web. As ferramentas que podemos utilizar son: blogs e páxinas web, videocurriculum e redes sociais principalmente
Blogs e páxinas web:
O blog é unha especie de caderno de bitácora onde meto os meus datos e comentarios sobre diferentes temas.
Pódelo abrir de forma gratuita en Blogia, wordpress, Blogpost..O deseño é bastante fácil xa que dispós de diferentes plantillas prediseñadas. Podes incluir fotos e abrilo, ou non, a comentarios.
Ao igual que o blog, podes deseñar a túa propio web nalgúns portais que ofertan servizo gratuito. A estructura, aspecto e contido e similar ao do blog pero coa diferenza de que non se inclúen comentarios.
VIDEOCURRICULUM
Consiste en grabar con webcam imaxes nas que explicas a información que inclúes no teu CV tradicional. Este video podes incluilo no teu blog, web ou páxina de rede social con só insertar o código que aparece na páxina onde tes colgado o video.
A web máis popular é youtube onde tes que abrir unha conta e darte de alta. A duración non pode superar os 2-3 minutos e necesitas algunha ferramenta básica como webcam, un guión previo, sistema de audio, etc. Non olvides ter en conta o cuidado do aspecto físico dado que vas a transmitir unha imaxe túa que poden ver moitas persoas.
O video tamén o podes mandar por e-mail a quen queiras.
http://www.videocurriculum.es/
18
DATOS PERSOAIS
Nome e Apelidos: María Gómez Gómez
Data de nacemento: 09-10-1989
DNI: 78.458.634
Dirección: Rúa Ponte, nº 11, 3º esq. 15300 - A Coruña
Carné de conducir: B
Correo electrónico: [email protected]
Teléfonos: 981 25 43 78/ 624 14 15 18
FORMACIÓN
- Técnico Superior en Comercio e Marketing no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, Ferrol, 2009.
- Seminario “Protocolo Empresarial” e “Escaparatismo” organizado polo CIFP Rodolfo Ucha Piñeriro e impartido pola Cämara de Comercio de Ferrol.
INFORMACIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO
- Prácticas durante tres meses na Oficina de atención ao cliente do Corte Inglés da Coruña. Funcións: Información e atención ao público, resolución de dúbidas e devolucións.
OUTROS COÑECIMENTOS
- Dominio de galego e español, oral e escrito.
- Coñecimentos de inglés, lido e escrito. Estadía en Irlanda tres meses cunha beca de Caixa Madrid.
- Coñecimentos de informática: Programas Word, Excel, Power Point, …
OUTROS DATOS DE INTERESE
- Teño total dispoñibilidade e posibilidade de mobilidade xeográfica
- Membro da sección de fotografía e vídeo da Asociación Cultural “Albatros”, de Ferrol
- Interese por traballar en equipo
A Coruña, 12 de decembro de 2020
EXEM
PLO
DE
CURR
ICU
LUM
FU
NCI
ON
AL
19
DATOS PERSOAIS
Nome e Apelidos: María Gómez Gómez
Data de nacemento: 09-10-1989
DNI: 78.458.634
Dirección: Rúa Ponte, nº 11, 3º esq. 15300 - A Coruña
Carné de conducir: B
Correo electrónico: [email protected]
Teléfonos: 981 25 43 78/ 624 14 15 18
FORMACIÓN ACADÉMICA
- Estudos de Bacharelato, modalidade de Ciencias Sociais, no I.E.S. “Ricardo Carballo Calero”, de Ferrol. Título de Bacharelato, no ano 2006.
- Estudos do Ciclo Superior Administración e Finanzas no CIFP. “Rodolfo Ucha Piñeiro”, de Ferrol. Título de Técnico Superior en Administración e Finanzas, no ano 2008.
EXPERIENCIA LABORAL
- Prácticas na empresa “Floral”, correspondentes ao Módulo de Formación en Centros de Traballo do Ciclo de Superior de Administración e Finanzas, durante os meses de abril, maio e xuño de 2008.
- Oficial 1ª Administrativa na empresa “CITRO, S.A.”, de Vigo, de agosto de 2008 a xullo de 2010.
OUTROS COÑECEMENTOS
- Dominio de galego e español, oral e escrito.
- Coñecimentos de inglés, lido e escrito.
- Coñecimentos de informática: Programas Word, Excel, Power Point, …
OUTROS ASPECTOS
- Membro da sección de fotografía e vídeo da Asociación Cultural “Albatros”, de Ferrol
A Coruña, 12 de decembro de 2020
EXEM
PLO
DE
CURR
ICU
LUM
CRO
NO
LÓXI
CO
20
A CARTA DE PRESENTACIÓN
Cando un curriculum vitae se manda a unha empresa, debe ir acompañado dunha carta de presentación. É fundamental para captar a atención do entrevistador. Sempre debe reflectir o noso interese pola empresa e especialmente por concretar unha entrevista de traballo.
QUE TIPOS DE CARTA HAI?
Carta de resposta a un anuncio de emprego concreto.
Carta de presentación espóntanea ou autocandidatura
Acompaña un curriculum que se envía para responder a un anuncio de emprego concreto. Debe aludir necesariamente ao anuncio en cuestión, sinalando a súa referencia.
Acompaña un curriculum que se envía a unha empresa de xeito espontáneo para ser tido en conta en futuras seleccións. Debe constar que é o que motiva dirixirse a ela e que se lle pode aportar.
Non é outro curriculum senón un complemento deste É a tarxeta de presentación ante a persoa á que
enviamos o noso CV
Os seus obxetivos son: Espertar o interese de quen vai ler o CV Expoñer brevemente a túa capacidade profesional e
persoal para ocupar ese posto de emprego Diferenciarte doutros candidatos Demostrar o teu interese por ese posto de traballo
21
1.
2.
3.
4. Tipos de cartas de presentación
5. Como a redactaremos
APARTADOS E ESTRUCTURA DA CARTA DE PRESENTACIÓN
Encabezamento: Datos da empresa. Datos do candidato. Lugar e data. Un saúdo de cortesia (“Moi Sr. Meu”) e non esquezas indicar a referencia do posto ao que optas.
Primeiro parágrafo: Introduce o obxectivo da carta e acompáñao con algo que poida captar a súa atención. Se se trata da resposta a un anuncio de emprego, indicar a referencia ou o posto ao que se opta e mencionar a fonte pola que se obtivo a información da oferta de traballo.
Exemplo:
Póñome en contacto con vostede para facerlle chegar o meu curriculum vitae por se necesita cubrir, agora ou no futuro, un posto no departamento de administración da súa empresa.
SEGUNDO PRAGRÁFO: Preséntate como alguén idóneo para o posto de traballo. Podes facer un resume dos puntos clave do curriculum que se adapten á oferta. Se se presenta a candidatura de forma espontánea, resaltar o forte interese polo sector, a actividade ou a empresa á que se dirixe e o motivo polo cal interesa traballar nela. Convén demostrar que se coñece a empresa, poñendo énfase na afinidade que existe entre as túas capacidades e o tipo de profesional requirido.
Exemplos:
- No seu anuncio fan fincapé nos coñecementos de Java. Como poderán ver no meu curriculum vitae, realicei un curso de programación nesta linguaxe e durante a fase de prácticas en empresa utilicei os coñecementos adquiridos no mesmo.
TERCEIRO PARAGRÁFO; Insiste no teu interese pola oferta e menciona a túa dispoñibilidade para participar na selección e concertar unha entrevista
Exemplo:
Por todo iso, agradaríame manter unha entrevista con vostede á súa mellor conveniencia e poderlle ampliar persoalmente a información que lle remito. Para iso poderá localizarme no número de teléfono 678 123 456 ou por correo electrónico [email protected].
Polas razóns citadas, desexaría que tomasen en conta esta solicitude para participar nas probas de selección no posto de Secretaria. A forma máis fácil de contactar comigo é por teléfono móbil (678 123 456).
FINAL: Despídete de forma cortés. É necesario facer constar a poboación desde onde se escribe, o día, o mes (en letras) e o ano. Rematamos con firma manuscrita facendo constar debaixo, o nome e apelidos do candidato.
- Na confianza de recibir a súa pronta resposta, envíolle un cordial saúdo.
- Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.
22
Exemplo de Carta de presentación
María Gómez GómezC/ Costa, 5, 3º I15300 – FerrolTfno: 678 123 [email protected]
INDUSTRIAS GARCÍA, S.A. Rúa Grande, 240, 2º B
Att. Dpto. Personal Ref: OFAD
15300 - FERROL
Ferrol, a 12 de decembro de 2010
Estimados señores:
Tras ver a súa oferta de emprego o pasado día .............. do presente mes no periódico "Diario de Ferrol", diríxome a vostedes co fin de remitirlles o meu Curriculum Vitae e poder aspirar ao posto de Oficial Administrativo que solicitan. Como poderán comprobar no mesmo teño experiencia neste campo, xa que estiven desempeñando un traballo similar por un período de 2 anos nunha coñecida empresa de Vigo. Esperando estuden a miña solicitude e en espera das súas noticias, saúdaos atentamente
María Gómez Gómez
Adxunto “currículum vitae”
23
O PROCESO DE SELECCIÓN
As Probas de selección
O primeiro obstáculo que temos que pasar en todo proceso de selección é conseguir a posibilidade de que teñan en conta a nosa candidatura. Para iso tratamos a elaboración da carta de presentación e a elaboración do noso CV. Unha vez e que nos citen para realizar unha selección, debemos prepararnos para superar unha serie de probas.A nosa idoneidade para o posto poderá ser medida con distintos tipos de probas
PROBAS PSICOTÉCNICAS(Avalían o potencial
dun candidato)
- Intelixencia xeral- Razoamento abstacto- Numérico- Capacidade verbal- Personalidade
PROBAS PSICOTÉCNICAS(Avalían o potencial
dun candidato)
- Intelixencia xeral- Razoamento abstacto- Numérico- Capacidade verbal- Personalidade
PROBAS PROFESIONAIS(Avalían coñecementos
propios dunha profesión)
- Probas e exames profesionais
- Cuestionarios técnicos- Exercícios de simulación
PROBAS PROFESIONAIS(Avalían coñecementos
propios dunha profesión)
- Probas e exames profesionais
- Cuestionarios técnicos- Exercícios de simulación
DINÁMICA DE GRUPOS(Avalían o comportamento
dun candidato dentro dun grupo)
- Simulacións- Reais- Situación dual- Situación en grupo
DINÁMICA DE GRUPOS(Avalían o comportamento
dun candidato dentro dun grupo)
- Simulacións- Reais- Situación dual- Situación en grupo
ENTREVISTA DE SELECCIÓN
ALGÚNS CONSELLOS SOBRE AS PROBAS DE SELECCIÓN
Probas Profesionais Pensa antes de empezar e organiza o tempo
para realizar a proba. Ten claro o que che piden. Pregunta se non entendes e lembra que tan
importante é o resultado como a maneira de facelo.
Probas Psicotécnicas Escoita atentamente as instrucións antes de
empezar. Se non sabes a pregunta ou non estás
seguro/a continúa. Moitas probas están pensadas para que non
che dea tempo a rematar. Non mintas. Algunhas preguntas están
pensadas para saber se dis a verdade. Intenta non seleccionar respostas moi
extremas.
Dinámicas de Grupo O resto de candidatos están nas mesmas
condicións ca ti, non os consideres inimigos. Tes que resolver o problema, non loitar
contra os demais. Mantén firme a túa postura.
QUE É UN PROCESO DE SELECCIÓN?
É un proceso polo que se elixe unha persoa entre varias que se presentan. Por iso, normalmente, terás que pasar por unha serie de probas que servirán ao empresario para seleccionar aquela persoa que se adecúe mellor ás necesidades do traballo.
PARA QUE SE UTILIZA A ENTREVISTA DE SELECCIÓN?
Adoita ser determinante no proceso de selección. Utilízase para contrastar a información que se ten do candidato.É o momento no que unha persoa da empresa vai estar presente para coñecer o candidato e tomar unha decisión sobre a súa posible contratación.
ÓNDE PODO ENCONTRAR TESTS PARA PRACTICAR?Test en InternetPsicoactiva. Bríndache unha ampla mostra dos distintos tipos de tests.Test para opositores de TEA.Comunae. Tests de Empleo y Test de idiomas.Test de inteligencia (Universidad de Valencia).Test psicológicos on-line (J. C. Vicente Casado). Gran variedade de tests clasificados por temas.Virtualcom. Tests de diversos temas.Programa Test 1.3 versión evaluación con varios test gratuitos. Más información en Softonic.
24
ENTREVISTA DE SELECCIÓN
A entrevista é un proceso de comunicación entre dúas ou máis persoas coa finalidade de determinar a adecuación do candidato/a a un determinado posto de traballo. Durante o transcurso da entrevista non só se avalían as respostas, tamén se ten en conta o comportamento.
OBXETIVOS DA ENTREVISTA:
Para o entrevistador:
- Avaliar ata que punto é válido para o posto de traballo.
- Se podes realizar as tarefas do posto.
- Se sabes. Se tes os coñecementos requiridos.
- Se estás motivado para traballar nese posto de traballo.
Que procuraremos nós?
- Predicir o teu rendemento nese posto de traballo
- Ampliar a información que expuxemos no CV. - Hai que saber venderse.
- Reunir información referente ao posto de traballo e a empresa para poder decidir se aceptamos o traballo.
TIPOS DE ENTREVISTA
Individual
Colectiva
Dirixida: O entrevistador fai preguntas concretas e moi específicas.
Semidirixida: O entrevistador fai preguntas concretas pero deixando algunhas abertas onde poidamos expoñer o tema de maneira libre e espontánea. Pode servir para saber como nos organizamos mentalmente.
Grupal: Convócanse entre 6 e 10 candidatos. Faise unha simulación na que se debate un tema para chegar a unhas conclusións. O seu obxectivo é coñecer como nos relacionamos e cal é o noso comportamento.
25
FASES NUNHA ENTREVISTA
Saúdo e Acollida Por parte da empresa nos reciben e nos indican onde teremos que pasar, quen nos vai entrevistar e cal é a súa relación coa empresa
Charla Introdución: poden ser uns comentarios sobre temas xerais co fin de que deixes de estar á defensiva. Debes estar moi pendente ao longo da entrevista pois moitos entrevistadores poden mostrarse demasiado naturais e amigables co fin de obter determinada información que en principio non querías dar.
Obtención de información sobre:
- Datos persoais. Pode que ademais dos datos persoais pregunten sobre a túa familia, estado civil, se estás casado/a, se tes fillos.
- Datos sobre a túa formación. Preguntas acerca dos estudos realizados, datas de inicio e remate, motivos para a súa elección, materias que máis che gustaron, cualificacións.
- Datos da túa experiencia profesional. Empresas nas que traballaches, tarefas e funcións que realizabas, motivos de cambio de traballo, satisfacción nese posto de traballo, relacións laborais e profesionais con compañeiros
- Datos para comprobar se estás realmente interesado nese posto de traballo. O salario, o horario, as condicións de traballo, o que pretendes. Poden facer preguntas acerca de afeccións, dispoñibilidade horaria, etc.
- Preguntas sobre as túas características persoais. Os teus puntos fortes e débiles, para analizar aspectos como a túa seguridade, autoestima e confianza en ti mesmo. Contesta con sinceridade pero destacando aspectos como facilidade para aprender, planificación ,organización, responsabilidade…
- Preguntas sobre remuneración. Canto estarías disposto a cobrar.
Final da entrevista É o momento no que poderás facer preguntas sobre os aspectos que non quedaron suficientemente claros. Se non fas ningunha pregunta poden pensar que non estás moi motivado.
Despedida Ademais de despedirte é o momento no que saberás o tempo aproximado no que terás noticias da empresa acerca da túa candidatura.O entrevistador é o que debe tomar a iniciativa.
26
CONSELLOS PARA AFRONTAR UNHA ENTREVISTA
ANTES DA ENTREVISTA
A empresa normalmente cita por teléfono, é o teu primeiro contacto. Debes dar unha idea profesional e seria.
Antes da entrevista é importante buscar información sobre a empresa, utiliza internet, coñecidos... Datos que poderás recoller:
o Sector e actividade da empresa.o Departamento que conforman a empresa.o Produtos que fabrica ou servizos que oferta.o Volume de negocio.o Implantación: local, nacional...
Analiza a túa candidatura:o Repasa o teu curriculum.o Prepara argumentos convincentes para defender os puntos débiles e estratexias para
resaltar os aspectos positivos.
Sé puntual, intenta chegar 10 minutos antes.
Coida o aspecto persoal en función do posto, non descoides nada; vestiario (aparencia seria), hixiene persoal... Non leves piercing ou símbolos ostentosos.
DURANTE A ENTREVISTA
A primeira impresión é moi importante e establécese en gran medida en base á imaxe que deas:
o Coida o teu aspecto e compórtate de forma cordial.o Non interrompas ao entrevistador mentres fala. o Non se debe saudar con un suave apertón de mans: un bo apertón de mans ao saudar é o
primeiro paso para deixar una boa impresión na entrevista. o Non tomes asento antes de que cho indiquen. o Unha vez sentado debe facerse dereito, nin no extremo da cadeira nin botado para atrás.
É importante non só o qué dis senón cómo o dis, polo que debes prestarlle atención aos teus xestos, postura corporal, etc.:o Mira aos ollos do entrevistador e mantén unha expresión agradable .o Reflexa con xestos que estás atento e comprendes o que che din.o Non xesticules demasiado, podería dar impresión de inseguridade.o Senta dun xeito natural pero gardando as normas de cortesía.
Tamén debes ter en conta unha serie de aspectos sobre como responder
o Sé claro/a, non te estendas con informacións superfluas.o Non mintas.o Fala dos teus méritos e éxitos (académicos, profesionais, persoais...). En
definitiva, saca partido dos teus puntos fortes.o Utiliza sempre unha linguaxe positiva.o Tenta espertar o interese do teu interlocutor, fala con persuasión e seguridade.o Se che ofrecen a posibilidade de aclarar as dúbidas que teñas non desaproveitesa ocasión, fai ver o teu interese polo posto e pola empresa.
27
Á hora de despedirte estreita de novo a man do entrevistador agradecéndolle otempo que che dedicou.
28
DESPOIS DA ENTREVISTA
Reflexiona acerca da entrevista e como te sentiches nela. Axudará a corrixir posibles erros en próximas entrevistas.
Para iso pódese utilizar un modelo de control de entrevista como este:
- Levaba preparada a entrevista? Sorprendéronme as preguntas?- Qué cousas me puxeron nervioso/a? Qué me tranquilizou?- Qué debo evitar? Qué debo mellorar?
POSIBLES PREGUNTAS NA ENTREVISTA DE TRABALLO
Aspectos como respostas concretas, coidar a linguaxe ou dicir a verdade son indispensables para saír airoso dunha entrevista.
Preguntas sobre a formación
• Por qué elixiches estes estudos? Que materias che resultaron máis difíciles?• Fuches un bo estudante? Cal é a nota media do teu expediente académico?• En que medida as túas cualificacións se deben ao teu esforzo ou á túa intelixencia? • Colaboraches nalgunha actividade extra-académica como: voluntariado, actividades culturais, etc?• Qué idiomas coñeces e que nivel tes? Podes contestarme en inglés?
Preguntas sobre características persoais e o estilo de vida
• Poderías dicirme algunha característica persoal positiva e algunha negativa que te definan?• Considéraste unha persoa intelixente?• Cales son as túas afeccións? Que fas no teu tempo libre?• Se ti foses o encargado de realizar esta selección Que calidades che gustaría que reunise o candidato?• Que fas na actualidade?• Cal é a película que máis che gustou?• Podes incorporarte de imediato?
Preguntas sobre experiencia e prácticas profesionais
• Cal foi o teu último posto de traballo?• Por que deixaches o último traballo?• Desempeñaches algún tipo de traballo ou práctica profesional mentres estudabas? Cómo valorarías esa experiencia? Qué tarefas encontraches máis difíciles?• Cóntame algunha situación problemática pola que teñas pasado nesta empresa? Cómo a resolviches?
Preguntas sobre a empresa e o posto de traballo• Por que te presentaches a esta oferta?• Por qué che gustaría traballar con nós? Coñeces a nosa empresa?• Por qué pensas que es o candidato adecuado para o posto? Que esperas deste traballo?• Qué soldo queres gañar? Importaríache ter que trasladarte a outra cidade? Poderías incorporarte inmediatamente?• Describe a túa empresa ideal. Qué valoras máis nun traballo?
29
POSIBLES RESPOSTAS A 10 PREGUNTAS DÍFICILES DE CONTESTAR “educaweb”
Ante a falta de formación Transmite que sempre te preocupas por estar informado e ao día, ademais de insistir en que non paraches de formarte. Ao mesmo tempo, podes defender que tamén tes coñecementos adquiridos grazas á túa experiencia.
Ante una experiencia curta Destaca o teu desexo de poder aplicar o que sabes á súa empresa.
Si levas tempo no paro Estar no paro non quere dicir estar inactivo. Fixeches cursos e traballiños sen contrato... Resalta o feito de que queres trr un lugar de traballo estable e que a súa empresa é a que máis che interesa.
Idade Se es máis ben maior, destaca a madurez, responsabilidade, experiencia... Se es unha persoa nova, destaca o empuxe, as ganas de traballar, o feito de non ter hábitos aprendidos noutras empresas...
Muller casada e con fillos Destacar responsabilidade extra. O teu rendemento, dedicación, dispoñibilidade,... non se verán afectados; telo todo organizado.
Se es solteiro o solteira Destacar a plena dispoñibilidade e dedicación ao traballo. Autonomía.
Por que te presentaches a esta oferta?
Coñeces a empresa e o sector e sempre foi o teu obxectivo. Buscas unha mellora profesional.
Por que desexas traballar nesta empresa?
É necesario que coñezas a empresa, Os servizos ou os produtos que ofrece... e relacionalo cos teus intereses profesionais...
Que soldo quererías ganar? O máis importante é o posto de traballo e as persoas que traballan. Debes informarte do soldo medio para o teu posto de traballo. Non debes ofrecerte nunca polo soldo que sexa.
Saberás facer fronte a situacións de urxencia ou tensión?
Destaca que te cres capaz, pero insiste en que valoras a planificación e a organización do traballo para evitalas.
Por que deixaches o teu último traballo?
Queres aprender máis. Non había posibilidades de promoción. Desprazamentos excesivamente longos. O salario era demasiado baixo en relación as miñas tarefas e responsabilidade. Non me ofrecían estabilidade laboral. Prestixio desta nova empresa.
Que che gusta facer no teu tempo libre?
Mostrar que eres una persona activa. Sí: deportes de resistencia, actividades de ayuda a los demás, actividades creativas,.... No: algunas actividades "sedentarias", por ejemplo mirar la televisión.
Cal é o teu punto más débil? Dar unha resposta xeral que se relacione con algún aspecto positivo ou que sexa facilmente superable en relación ao traballo, como por exemplo ser perfeccionista.
Cal é o teu punto máis forte? Seguridade e confianza en ti mesmo, capacidade de adaptación e para tratar con temas o persoas difíciles, facilidade para aprender e adaptarse as novas responsabilidades.
MODELO DE CONTROL DE ENTREVISTAS
30
Tiña preparada a entrevista? Cales foron as preguntas? Sorprendeume algunha?
Qué fixen mal? Qué cousas foron as que me puxeron máis nervioso?
Qué cousas me tranquilizaron máis? Cómo foi a miña actitude?
Qué cousas lle puideron gustar máis ao entrevistador? e menos?
Que aprendín nesta entrevista?
Que debo evitar? Que podo mellorar?
31
ATOPAR EMPREGO NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Pode definirse como aquela relación laboral na que o Estado é o empresario. Estes postos de traballo son ofrecidos a través de convocatorias polas Administracións Públicas, en Ofertas de Emprego Público (OPE), publicadas nos Boletíns Oficiais do Estado, Autonómicos e Provinciais
TIPOS DE POSTOS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Modalidades de contratación
TIPOS DE ADMINISTRACIÓNS ADMINISTRACIÓN XERAL DO
ESTADO: Se organiza en Ministerios con sede en Madrid e dotados de servizos periféricos no resto do territorio nacional
ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA. A través das consellerías
ADMINISTRACIÓN LOCAL; Os Concellos, as provincias a través das deputacións e nas illas os cabildo e Consellos insulares
UNIÓN EUROPEA
- ADMINISTRACIÓNS INSTITUCIONAIS. Servizos públicos de Saúde, Correos, AENA, Forzas Armadas, Forzas e corpos de Seguridade do Estado
REQUISITOS Ser español/a. Ser nacional dalgún dos estados
membros da Unión Europea. Independente da súa
nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos países da Unión Europea.
Tamén e coas mesmas características que os cónxuxes, os descendentes menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade que vivan ás súas expensas.
Ter 16 anos e non alcanzar a idade de xubilación (65 anos).
Deberá ter a Titulación esixida en cada unha das convocatorias (condicionada polo Corpo ou Escala)
Non padecer enfermidade nin ter limitación por afección física ou psíquica incompatible co
O tr
abal
lo n
a Ad
min
istr
ació
nO
trab
allo
na
Adm
inis
trac
ión
32
Funcionario Regulados por dereito administrativo. Poden ser: De carreira. Persoal de plantilla da Administración Pública que
presata os seus servizos con carácter permanente Interino: Persoal que conta con dereitos e deberes parecidos aos
funcionarios de carreira pero a duración do seu contrato non ten un carácter permanente. Ocupan pr azas de prantilla, por razoóns de urxencia ou necesidade en tanto non se ocupan por funcionarios de carreira
Persoal laboral Regulados por dereito Laboral. Acóllense a convenios e categorías laborais en función da titulación esixida. Poden ser:
Fixos Fixos discontinuos Temporais
GRUPOS DE FUNCIONARIOS SEGUNDO O EBEP
Titulación requirida para acceder aos distintos grupos de funcionarios:
GRUPO A Titulación universitaria DE GRAO
GRUPO B Titulación de Técnico Superior de FP
GRUPO C - C1: Titulo de Bacharel ou Técnico de FP- C2: Titulo de Graduado en ESO
COMO ACCEDER. PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN
Os procedementos máis habituais para acceder ao funcionariado son:
Oposición: Consiste na realización dunha ou máis probas para determinar a capacidade e
aptitude dos aspirantes fixando a súa orde en función da puntuación obtida
Concurso: Avalíase os méritos dos aspirantes en función dunha baremación establecida
que fixa a súa orde de puntuación
Concurso-oposición: É un sistema mixto nos que se combinan os dous anteriores.
Normalmente para cubrir postos de funcionarios de carreira utilizase a oposición ou concurso
oposición e só excepcionalmente o concurso. Na selección de persoal laboral fixo o sistema
que se utilizará será o de oposición, concurso-oposición ou concurso de méritos.
33
Para acceder a postos de persoal laboral:
Bolsas de traballo:
Xerais: Pode apuntarse calquera persoa que cumpra os requisitos. A selección
faise a través de curriculum e méritos alegados cos que conseguirá unha determinada
puntuación.
Específicas: Fórmanas as persoas que aprobaron unha oposición ou algunha
parte dela pero non conseguiron praza.
Os tipos de acceso.
A convocatoria dun concurso ou oposición pode ser:
- Libre: pode presentarse calquera persoa que cumpra cos requisitos da
convocatoria
- Promoción interna: Só se poden presentar os que xa son funcionarios.O se
obxetivo é a prmoción profesional
CONVOCATORIA E FASES DUNHA OPOSICIÓN
A oferta de emprego público. O proceso comeza coa publicación no BOE ou no Diarío Oficial
correspondente da oferta de emprego público de cada Administración onde se detallan o nº de prazas
e a tipoloxía das prazas que se precisa cubrir e que serán convocadas.
As bases da convocatoria. Unha vez existe presuposto asignado para elo, se publica a convocatoria
completa, detallando so sistema de selección a utilizar e as súas bases; nº e características das
prazas, requisitos dos aspirantes, probas e temario sobre que versarán, méritos avaliables e sistema
de baremación, composición do tribunal…
Outros aspectos. Ao longo do proceso tamén se publicarán a relación de aspirantes admitidos ou
rexeitados, os lugares e datas de realización de exames, resultados das probas…
Os prazos: Todas as actuacións deben realizarse dentro duns prazos fixados.Deberás ter en conta:
Días ; se contarán segundo sexan días hábiles ou días naturais. En xeral se non se específica, serán
días hábiles onde se exclúen os domingos e días declarados festivos. Se pola contra son días
naturais se contabilizarán tódolos días.
O prazo empeza a contar a partir do día seguinte a súa publicación; caso de que o último día sexa
inhábil o prazo se prorrogará ata o día hábil seguinte.
O tr
abal
lo n
a Ad
min
istr
ació
n
34
CUESTIÓNS FUNDAMENTAIS CANDO DECIDO OPOSITAR
DEBES TER EN CONTA:
- Cumpres os requisitos académicos?
- Que relación hai entre as prazas convocadas e o número de persoas que se presentan?
- Serve o temario para o futuro profesional caso de non superala oposición?
- Ten o temario partes en común con outyros temarios de outras oposicións?
- Podes compatibilizar o estudo da oposición con outro tipo de busca de emprego?
- Tes tempo e motivación para preparala oposición?
A MOTIVACIÓN: Un dos requisitos fundamentais para decidirnos por unha oposición é estar
motivados. Se non existe o convencemento de que esa é a mellor opción e que podo poñer tódolos
medios necesarios para preparala de pouco serven as elevadas aptitudes intelectuais ou as boas
cualificacións obtidas nos estudos.
COMO PODEMOS PREPARAR UNHA OPOSICIÓN?
Nas bases da convocatoria aparece polo xeral unha referencia ao boletín onde están publicados os
temas. Polo xeral os temas divídense en
-Xerais: Temas sobre Constitución, Administración Pública e a Unión Europea
- Específicos: temas relacionados co posto de traballo
ESTRATEXIAS PARA PREPARAR UNHA OPOSICIÓN
Unha oposición podemos preparala:
- Por libre: Os temas os preparamos pola nosa conta. Deberás estar pendente
de todo o proceso( convocatoria, prazos, publicación de listas..)
- A través dunha academias de oposicións:Teñen a vantaxe de que eles
preparan os materiais e nos manteñen informados de todo o proceso.
Algunhas están especializadas en determinadas oposicións.
En todo caso ten en conta:
Crea hábitos de estudo. Procura dedicar un horario tódolos días, sempre á mesma hora
Traballa na procura de obxectivos concretos. Fai unha programación na que se reparta o
tempo nas tarefas de:
- Elaborar os temas: Unha boa idea pode ser traballar con outros opositores
- Estudar: Ocupa a maior parte do tempo de preparación
O tr
abal
lo n
a Ad
min
istr
ació
n
35
- Repasar: Ao inicio se repasa pouco pero segundo avanzamos na preparación o
número de temas é maior polo que o número de horas que teremos que dedicar ao
repaso tamén será maior.
Fai unha programación onde poñas prazos concretos e tarefas concretas e o que farás se non os
cumpres. A programación debe ser
Mensual
Semanal
Diaria
Emprega técnicas activas de subliñado, esquematización e elaboración de temas
Non utilices unha memoria mecánica, procura agrupar os temas pola súa afinidade
ONDE BUSCAR UN TRABALLO NA ADMINISTRACIÓN?
Recursos:
http://www.060.es/ Páxinas de emprego público da Administración Xeral do Estado
http://www.eidolocal.es/portal/serv_concellos/empr_local.html Emprego local é unha base de datos
onde se pode consultar a oferta de emprego na Administración Local das 4 provincias galegas. Estas
ofertas publícanse nalgún dos boletíns oficiais da comunidade autónoma como o BOP ou o DOG e
no BOE
http://funcionpublica.xunta.es/ Portal da Xunta de Galicia
http://www.dicoruna.es/emprego/ListasEmpleo Deputación da Coruña Concello da Coruña http://www.coruna.es/servlet/Satellite?argIdioma=es&c=Page&cid=1131011285127&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-ListadoSinBusquedaConcello de Ferrol: http://www.ferrol.es/Concello de Narón: http://www.naronconcello.org/Concello de fene: http://www.fenecidadan.net/servizos/servizo.php?txt=servizos33 Concello de Pontedeume: http://pontedeume.es/servicios/foremdes/foremdes.html Instituto Nacional da Seguridade Social / Tesourería Seg.Social (www.seg-social.es ) Emprego Deputación da Coruña http://www.dicoruna.es/emprego/Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.eshttp://www.empleopublico.net/enews6.php?var=7Oposiciones.Buscador do cmijCorreos; http://www.correos.es/comun/informacionCorporativa/1200.asp SergasForzas armadasMinisterio do Interior: http://www.mir.es/servicio_empleo.html Axencia Estatal de Administración tributaria. Agencia Tributaria -- Empleo público
Emprego en Europa: http://www.abertal.org/europaapunto/index.php?option=com_content&view=article&id=4&Itemid=7&lang=gl
Sepe. Servicio Público de Empleo Estatal ( SEPE )
Rede Eures: http://ec.europa.eu/eures/home.jsp?lang=es
BUSCA DE OPOSICION
Oposiciones. Temarios y convocatorias. Empleo Público
O tr
abal
lo n
a Ad
min
istr
ació
n
36
EL BLOG DEL OPOSITOREXAMENES E TEST Pax.con exames e test de especialidades: administrativo, ordenanza, informatica, policia, arquivos e bibliotecas. Requisitos, retribucións...GUIA DEL OPOSITOR Información sobre quen pode presentarse ás oposicións , clases de postos na Administración pública, sistemas de selección e consellos.
37
OUTRA FORMA DE TRABALLAR : O AUTOEMPREGO
Tamén o noso futuro laboral pode depender de nós. Desde un proxecto empresarial (ben como empresario individual ou autónomo, ou creando algún tipo de sociedade civil ou mercantil) podemos buscar unha saída a unha situación de desemprego e incluso xerar novos postos de traballo.
É unha saída difícil , pero non imposible. As súas desvantaxes son:
a) O risco: A principal desvantaxe é o risco de que non vaian ben as cousas e se perda o capital e o
tempo investido.
b) Capital inicial: Tamén que nalgúns casos se necesita un investimento importante da que non
dispoñemos.
c) Inexperiencia: É necesario ademais coñecer o mercado ao que diriximos a nosa actividade, e para
iso en xeral hai que ter unha experiencia da que non se adoita dispoñer ao acabar a FP.
d) Traballo: Se se traballa para un mesmo, non hai horario, un problema que hai que resolver como
sexa.
Pero tamén pode ter as súas recompensas. Se se acerta e hai sorte, pódese gañar bastante ou
moito diñeiro e vivir mellor que un asalariado.
Antes de optar por este tipo de traballo debemos reflexionar sobre:
AS NOSAS CARACTERÍSTICAS PERSOAIS
Somos independentes ou dependentes?
Preferimos tomar decisións ou executar as que toman outros?
Soportamos ben o risco ou nos gusta máis a estabilidade?
Gústanos tomar a iniciativa,organizar, emprender...?
Acomodámonos mellor a horarios fixos e tarefas repetitivas ou a traballar de
forma variable?
Traballamos mellor sós ou en equipo?
QUE PODEMOS EMPRENDER
O principal é a idea e logo saber como levala a cabo
As ideas para montar un negocio podemos obtelas de:
- Novos filóns de emprego
- Montar un negocio coñecido que xa teñan outras persoas do noso entorno.
- Importar unha idea; unha idea que trunfa noutros lugares e pensas que pode
trunfar tamén no teu lugar.
- Montar un negocio de toda a vida.
O A
utoe
mpr
ego
38
CÓMO ANALIZAR AS SÚAS POSIBILIDADES
Recorda que, en todos os casos é mellor realizar antes un estudo de mercado. Para facelo
podes obter información preguntando a expertos, asociacións empresariais, servizo de
autoemprego do concello, Cámara de Comercio ... Coordinador de emprendemento do
CIFP Rodolfo Ucha.
QUE EMPRESA QUEREMOS MONTAR
ESTABLECERSE COMO AUTÓNOMO
É unha solución moi usada para negocios que non requiren dun gran investimento e nos que é
importante o traballo e a capacitación do empresario autónomo.
a) Ten poucas complicacións burocráticas, son máis sinxelos os trámites que para unha
sociedade. Unha vez en funcionamento, as obrigacións contables e fiscais son moito máis
sinxelas que nunha sociedade.
b) Non hai unha cantidade mínima para investir, pódese empezar con moi pouco diñeiro.
c) Non hai que discutir nin repartir con outros socios . Dicía Cervantes “Quen sexa libre non se
ate”
O principal inconveniente é a responsabilidade ilimitada. No caso de débedas do negocio,
ademais de perder o que investimos, se as débedas son moi grandes poden utilizar o patrimonio
persoal (casa, coche etc.) para pagalas.
ESTABLECERSE COMO SOCIEDADE
As sociedades máis usuais (Sociedade Limitada e Sociedade Anónima) teñen responsabilidade
limitada para as débedas sociais. Quere dicir isto que en caso de débedas moi elevadas do
negocio, os socios só responden do capital que aportaron á sociedade. Nunca
poden embargarlles os seus bens privados.
Outra vantaxe é a posibilidade de axuntar esforzos con outras persoas que aporten
coñecementos que non temos. Por exemplo un socio é un bo informático e asóciase cun gran
vendedor.
Do mesmo xeito pódense conseguir capitais máis grandes entre varios socios cando o
investimento inicial do negocio así o esixa.
Entre os seus inconvenientes están os trámites burocráticos, tanto para crealas como cando xa
están funcionando.
O A
utoe
mpr
ego
39
COMO POÑELA EN MARCHA
LIGAZÓNS DE INTERESE
[email protected] [email protected] Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (http://www.bicgalicia.es) CÁMARA DE COMERCIO CONCELLO DEFERROL. CENTRO DE EMPREGO ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS SINDICATOS (http://www.tecnicosempregogalicia.xunta.es/RedTecnicosEmprego/portal.aspx) Xunta de Galicia. Consellaría de Traballo. Medidas activas de emprego
(http://www.xunta.es/emprego) Emprendendia (http://www.emprendia.es) Instituto Galego de Promoción Económica (http://www.igape.es) Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (http://agader.xunta.es/index1.jsp) Secretaría de Estado da Seguridade Social (http://www.seg-social.es) Axencia Estatal de Administración Tributaria (http://www.aeat.es) Rexistro Mercantil Central (http://www.rmc.es) http://www.crear-empresas.com/
FP EMPRENDE, CIFP Rodolfo Ucha
Responsable: Julio Lage
Se queres crear unha empresa, como non é unha tarefa fácil, a sociedade axúdate .
En concreto para os estudantes do último curso dun ciclo de FP ou ex-alumnos que
acabasen nos dous últimos anos, o centro pon á túa disposición os seguintes medios:
1) Unha oficina para a túa
empresa perfectamente equipada ( mobiliario, equipamiento informático, tfno. e
fax, Internet ,sala de xuntas, etc.) e dispoñible de forma gratuíta.
2) Un titor de FP Emprende que te axudará a crear o teu plan de negocio e asesorarate na
creación da túa empresa.
3) A posibilidade de utilizar no período de lanzamento da empresa (non máis de 2 anos)
talleres ou equipos do centro, sempre que sexa factible.
4) Hai axudas de todo tipo : subvencións a fondo perdido, préstamos con xuros baixos nos
que pode encaixar o teu proxecto sempre que sexa viable desde o punto de vista técnico,
O A
utoe
mpr
ego
40
TRABALLAR EN EUROPA
Se ademais do galego e o castelán dominas un idioma doutro país membro da UE, amplíase a oferta de opcións para traballar.
1. É moi importante que o coñecemento do idioma estranxeiro estea certificado e acreditado conforme ao “Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER)” que mide o nivel de comprensión e expresión orais e escritas nunha lingua.
http://es.wikipedia.org/wiki/Marco_com%C3%BAn_europeo_de_referencia_para_las_lenguas 2. No Portal da Unión Europea: http://europa.eu/about-eu/basic-information/index_es.htm
atoparedes toda a información referida a UE, e pinchando no enlace “Trabajar para la UE”: http://europa.eu/about-eu/working-eu-institutions/index_es.htm a UE ofrece unha gran variedade de empregos nun entorno multinacional e multilingüe.
3. Unha forma rápida e sinxela de atopar información sobre as oportunidades de emprego e aprendizaxe en Europa, é a rede EURES : http://ec.europa.eu/eures/home.jsp?lang=es
4. No portal oficial da Unión Europea é: http://europa.eu/index_es.htm , ou mesmo optar por facer prácticas (non remuneradas ou remuneradas) no Parlamento Europeo: http://www.europarl.europa.eu/parliament/public/staticDisplay.do?id=147&language=es
5. Debes empezar por facer o Europass; consta de cinco documentos e permitiravos desprazarvos profesionalmente por Europa, este documento contén a vosa experiencia laboral nos países membros, http://europass.cedefop.europa.eu/europass/home/hornav/Introduction.csp?loc=es_ES
O noso centro ten concedida a “Carta Universitaria Extendida Erasmus” o que nos permite participar nos programas da Unión Europea que contemplan a realización da Formación en Centros de Traballo (FCT) no estranxeiro, ben sexa a través do Erasmus (Ciclos Grao Superior) ou Leonardo (Ciclos Grao Medio), así como a participación en proxectos educativos cos alumnos de Bacharelato dentro do programa Comenius.
Toda a información está na web do centro www.cifprodolfoucha.es , pincha no blog “Programas Europeos”: http://blog.cifprodolfoucha.es/programaseuropeos/
Trab
alla
r en
Euro
pa
41
ÍNDICE
PRESENTACIÓN .............................................................................................. 1
ELABORA O OTEU PROXECTO PROFESIONAL .................................................... 2
ATOPAR EMPREGO NA EMPRESA PRIVADA ........................................................ 6
VÍAS PARA ATOPAR EMPREGO ...................................................... 7
FERRAMENTAS PARA A BUSCA DE EMPREGO ............................... 14
O PROCESO DE SELECCIÓN. A ENTREVISTA ................................. 22
ATOPAR EMPREGO NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA ........................................... 29
OUTRA FORMA DE TRABALLAR: O AUTOEMPREGO ........................................... 34
TRABALLAR EN EUROPA ............................................................................... 37
ANEXO ............................................. AXENDA PARA A BUSCA DE EMPREGO
42
43