- 1 -
- 2 -
Índice
Páxs.
1. Presentación 3
2. O proxecto “Fontiñas: somos tod@s!” 4
3. E co proxecto pretendíase acadar os seguintes obxectivos 12
4. O desenvolvemento do proxecto 14
4.1.- Aspectos metodolóxicos 15
4.2.- Profesionais que participaron no proxecto 19
5. Seguimento e avaliación 21
5.1.- COmo se fixo a avaliación 22
5.2.- Avaliación cuantitativa 23
5.3.- Avaliación cualitativa 24
6. Conclusións da xornada 30
7. Suxestións para vindeiras edicións 34
8. Anexos 36
8.1.- Cartel divulgativo 37
8.2.- Programa da xornada 38
8.3.- Folla de avaliación 39
8.4.- A xornada en imaxes 39
- 3 -
Presentación
Dando un paso mais nas intervencións comunitarias, o IES Antonio Fraguas, o programa
municipal socioeducativo e a UTS Fontiñas (pertencentes estes dous últimos dispositivos aos
Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela), decidimos aunar esforzos
para deseñar e implementar o proxecto “Fontiñas: somos tod@s!”. Unha experiencia á que se
incorporan, por primeira vez, os dous centros educativos de Primaria do barrio (CEIP Fontiñas e
CEP Monte dos Postes), enriquecendo as accións comunitarias, cun aproveitamento óptimo das
mesmas. Despois de proxectos dirixidos a activar procesos de solidariedade ou de prevención de
condutas asociais, dáse un paso mais alá, recollendo as características do barrio (a diversidade
social e a xuventude dos seus moradores), para traballar cos mais novos aspectos tan importantes
como son as discapacidades, as dificultades que teñen as persoas que se atopan en tal situación,
desmontar tamén falsos mitos e crenzas, e valorar as potencialidades, que tamén existen e que, a
miúdo, nos esquecemos.
Consideramos que a información é a ferramenta básica para as persoas, que as pode orientar na
toma de decisións, e isto é o que se pretende:
- Que as rapazas e rapaces saiban que non é a discapacidade o que fai difícil a vida, senon
os pensamentos e as accións dos demais.
- Que hai que valorar ás persoas polas súas capacidades e non polas súas “non
capacidades”.
- A peor discapacidade é a de non darnos conta que todas e todos somos iguais e, á vez,
diferentes.
Vexamos nas vindeiras páxinas o desenvolvemento do proxecto…
- 4 -
2. O proxecto “FONTIÑAS: SOMOS TOD@S! “ estaba fundamentado en...
- 5 -
Fontiñas: un barrio novo, pero que xa ten máis que cumprida a súa maioría de idade, que vai
medrando día a día, que avanza na súa consolidación, que pouco a pouco vai reforzando o seu
sentimento de pertenza. Xuventude, que é sinónimo de forza; diversidade, que é sinónimo de
enriquecemento persoal e social; en definitiva, dificultades, si; potencialidades, tamén...
Pero Fontiñas ten xa unha importante traxectoria vital... Movementos da súa poboación, autonomía
das familias condicionada polos diferentes plans de vivendas, unidade dos servizos que traballan na
zona, importante labor desempeñada nos últimos anos, etc., aspectos que esixiron que vinte e dous
anos despois da constitución do barrio se fixera unha “parada no camiño” a reflexionar1, novamente,
cal é a realidade social do barrio, cales
son as súas necesidades actuais, cales
son as súas potencialidades (que tamén
as hai) e cales son as liñas de
intervención que deben marcar a
actuación dos distintos servizos
públicos e entidades sociais nos
vindeiros anos. Traballar con
obxectivos reais é sinónimo de rigor
técnico e profesional, de eficacia e de
eficiencia.
A actuación profesional non debe obviar o nivel “asistencial”; hoxe mais que nunca, cobra
importancia a cobertura das necesidades básicas da poboación. Por elo, a labor coordinada de todos
nós cobra, cada vez mais, unha especial importancia e amosa un novo “punto de encontro”: todos
traballamos cun mesmo fin, o benestar do veciñanza. Pero non debemos esquecer que hai outros
niveis aos que debemos prestar atención: a prevención das situacións de vulnerabilidade social e o
esforzo para reforzar o sentimento de “vida comunitaria”; unha firme aposta pola “convivencia”;
convivencia “positiva”, fomentando a autonomía e a igualdade social, dende o respecto á diferenza
de cada quen, pero tamén dende o exhaustivo cumprimento da lexislación vixente e dos dereitos
constitucionais que asisten a cada cidadán.
1 Proxecto de intervención comunitaria no barrio de Fontiñas (1998) e II Diagnóstico Comunitario do Barrio de Fontiñas
(2012). Fonte: www.compostelaintegra.org
- 6 -
Fonte: Servizos Sociais Comunitarios-UTS Fontiñas e Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas. Elaboración propia. Santiago de Compostela, 2012
A gráfica precedente debuxa perfectamente cal é a realidade social do barrio. Unha zona que se
aproximada aos 10.000 habitantes de dereito, na que a súa pirámide poboacional segue sendo nova
(aínda que cada vez mais vai estreitando a súa base) e na que a palabra “diversidade” se converte na
súa mellor característica e, incluso, na súa sinal de identidade.
Despois dos proxectos comunitarios
implementados nos últimos anos e que tiñan
como fin activar canles de solidariedade,
fomentar a convivencia intercultural ou previr
situacións de risco social, apostando polos
“máis novos” como os protagonistas da
comunidade, nesta ocasión considérase
procedente dar un paso adiante e abordar
outras realidades: cal é a vida daquelas persoas afectadas por algunha situación de discapacidade e
como é o seu día a día no barrio; porque elas e eles tamén son os nosos veciños, os nosos
Breve descripción da realidade social do barrio de Fontiñas
DISTRIBUCIÓN POBOACIONAL•Menores de idade: 17,5 %
•Xoves : 14,2 %• Persoas adultas: 57,3 %•Persoas maiores: 11 %
CONFIGURACIÓN URBANISTICA ����CONFIGURACIÓN SOCIAL•Distinta tipoloxía de familias: nucleares/extensas.•Distinto nivel formativo, cultural, socioeconómico.
•Persoas afectadas por elevadas porcentaxes de discapacidade: reserva legal de vivendas.
Importante número de persoas en situación de dependencia.•Diversidade étnica: familias do pobo xitano, estranxeiras.. .
Diversidade étnica e cultural :Pluralidade
Diversidadesocial
Dotación de recursos
Diversidade derecursos e de
profesionais queestán a trabal lar
en rede
Xuventude dos seus
moradores
Fin permanente: CONVIVENCIA POSITIVA
Obxectivo inmediato:
NON DUPLICIDADE
- 7 -
compañeiros, os nosos amigos...; porque a súa realidade tamén nos importa, porque as súas
necesidades tamén son as nosas, porque as súas potencialidades tamén deben estar presentes,
porque a súa voz tamén debe ser escoitada.
Non debemos esquecer que Fontiñas é unha das zonas do municipio na que residen un maior
número de persoas en situación de dependencia. Así, se temos como referencia o Diagnóstico
Comunitario do barrio, realizado no ano 2012, podemos constatar como 114 persoas se atopaban
nesta situación. Hoxe este listado, de por si dinámico, é xa superior2. A configuración urbanística do
barrio contribúe a que moitos cidadáns opten por fixar a súa residencia nesta zona.
2 Na actualidade, só dende a UTS Fontiñas xa se está mantendo o seguimento de 114 persoas en situación de
dependencia que teñen fixado o seu domicilio no barrio. Descoñécese o número de persoas que están a seguimento no Centro de Saúde de Fontiñas.
- 8 -
Despois dunha análise exhaustiva da realidade social, realizada durante os anos 2011 – 2012, fíxose
unha detección de necesidades3, que deu lugar ao establecemento de 22 liñas de actuación que
deben inspirar o quefacer profesional4 das distintas entidades sociais, educativas e sanitarias da
zona. Inspirándonos na liña 6 (Difusión do tecido asociativo), na liña 7 (Actividades Comunitarias, que
integrasen e implicasen a todo o barrio), comezamos a desenvolver esta proposta que a súa vez
abrangue outras liñas de acción, coma son: liña 14 (Impulso de actividades para a xuventude) e liña
20: Propiciar a dinamización social. É evidente que “a unión fai a forza”; así o amosa día a día o
traballo coordinado de tódolos servizos públicos e entidades do barrio. Un traballo comunitario que
se albiscaba alá polo ano 1998 e que se evidencia como unha realidade, amplamente consolidada na
actualidade. Un traballo coordinado, en rede, que pretende incidir no benestar do veciñanza, no
fomento da igualdade social e da autonomía persoal.
Fonte: Servizos Sociais Comunitarios-UTS Fontiñas e Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas. Elaboración propia. Santiago de Compostela, 2012
Cada un dos servizos ou entidades do barrio, cunhas características específicas e cuns obxectivos
propios, buscan estratexias e sinerxías para acadar fins comúns. Todos nós pretendemos realizar
accións que fomenten a…
3 Mais información, no apartado de “documentación: Diagnóstico comunitario do barrio de Fontiñas”, da web
www.compostelaintegra.org 4 Para construir un proxecto colectivo é preciso construir una “mirada” capaz de sinalar as potencialidades e
non só as carencias e aproveitando as experiencias xa existosas.
- 9 -
Fonte: Servizos Sociais Comunitarios-UTS Fontiñas e Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas. Elaboración propia. Santiago de Compostela, 2014.
A realidade social do barrio tamén se converte, en consecuencia, na realidade do alumnado dos
centros educativos, de aí que comunidade-escola deba ser un binomio perfectamente relacionados.
Tendo en conta que os principais actores da xornada son as rapazas e rapaces que viven na zona e os
centros educativos aos que asisten (CEIP Fontiñas, CEIP Monte dos Postes, IES Antonio Fraguas),
cómpre ter presente dende a perspectiva educativa, a importancia de que eles tomen conciencia das
necesidades sociais que existen no contorno e do que poden aportar para solventalas. Trátase da
concreción dun proxecto baseado na “aprendizaxe-servizo” (as reportaxes feitas polo alumnado do
taller de TV póñense ao servizo doutros colectivos para facilitar unha aprendizaxe posterior).
Pártese da idea de que os centros educativos e as restantes institucións sociais teñen unha
concepción “aberta á comunidade”: trabállase dende cada ámbito, pero somos capaces de
desenvolver unha actividade conxunta, con fins compartidos, e levala a cabo no propio contexto
social.
Para a elaboración do presente proxecto se tivo en conta as aportacións dos propios menores (tanto
pola súa participación na elaboración dos vídeos “Fraguando a diversidade I e II”, baixo a
coordinación de AGARESO5, como na avaliación doutros proxectos comunitarios (“A nosa vida en
5 AGARESO: Asociación Galega de Reporteiros Solidarios
- 10 -
positivo”, ano 2013; nos cuestionarios de avaliación resaltaban como un dos temas de interese a
situación das persoas en situación de discapacidade), nun contexto dunha programación.
A historia da colaboración establecida entre AGARESO e o IES Antonio Fraguas ven da man de
Asamblea de Cooperación pola Paz (a partir de aquí, no documento aparece como ACPP) como froito
dunha longa traxectoria de traballo conxunto na educación en valores a través do proxecto “Escolas
sen racismo, Escolas para Paz e o Desenvolvemento”. Do repertorio de actividades desenvolvidas:
teatroforum, cinefórum, exposicións, etc, cómpre destacar o irmandamento con escolas de El
Salvador, porque nese momento inícianse os primeiros contactos con AGARESO que propiciaron a
posterior implementación do taller de TV no IES nos cursos 2011/2012 e 2013/2014, no marco do
proxecto “Escolas sen racismo” de ACPP, cofinanciado pola Xunta de Galicia.
O mundo audiovisual está cada vez máis presente na vida cotiá da nosa mocidade, tanto a través dos
impactos mediáticos que reciben como das ferramentas que empregan para comunicarse. O
obradoiro de televisión impartido por AGARESO sérvese deste contexto para contribuír á
transformación social a través dunha educación en valores participativa e empoderadora.
O obxectivo dos obradoiros educomunicativos é espertar unha conciencia crítica e solidaria no
alumnado sobre as causas da pobreza e da exclusión para que, a partir do coñecemento das
situacións de desvantaxe, se sintan capaces de participar en procesos de cambio. Ao mesmo tempo,
búscase contribuír á construción dunha cidadanía global poñendo en valor a interculturalidade, a
diversidade e a igualdade, traballando en rede para impulsar alternativas.
As tecnoloxías da información e da comunicación revélanse como un instrumento diferente e
atractivo para traballar a formación en valores que nos permite alcanzar a alumnado ao que, doutro
xeito, non chegaríamos ou o fariamos de xeito menos eficaz. Trátase ademais dunha actividade moi
experiencial e, polo tanto, ligada ao vivencial e afectivo. Establecendo vínculos e compartindo
vivencias xérase unha aprendizaxe baseada no descubrimento e na riqueza da diversidade.
Contribúese así a desterrar prexuízos e estereotipos, acotío difundidos polos medios, propiciando
unha concienciación persoal e colectiva a partir do contacto directo.
A amplificar o potencial sensibilizador do proxecto contribúe a difusión a través de canles como as
redes sociais ou o propio blog do obradoiro de televisión, dispoñible en www.agareso.org/esr. Os
distintos programas resultantes, dos que tamén se fixeron presentacións públicas, editáronse
asemade en DVD para distribuír a institucións, organizacións e centros educativos, que á súa vez
poden empregar os materiais.
Cómpre apuntar ademais que a actividade vén avalada por diferentes galardóns. O programa
‘Fraguando a diversidade’ foi finalista en catro categorías dos premios Olloboi 2014 que organiza a
Asociación Marearte, mentres que ‘Fraguando a diversidade 2’ acadou unha mención especial nos
premios de Alfabetización Audiovisual que concede o Instituto da Cinematografía e das Artes
- 11 -
Audiovisuais (ICAA) e resultou nominado aos premios OUFF Escola do Festival de Cinema
Internacional de Ourense.
Todo este traballo previo, complexo pero frutífero, non debe quedar aí, senón que se converte nun
instrumento mais para traballar cos escolares aspectos da realidade social (como é o caso, nestes
intres, das dificultades e das potencialidades das persoas con discapacidade), dende o respecto á
diferenza de cada quen, pero tamén tendo presentes aspectos tan importantes como a igualdade, a
pluralidade e a convivencia.
As entidades socioeducativas do barrio de Fontiñas consideramos a “información” como a
ferramenta básica para garantir o adecuado desenvolvemento persoal e fomentar a convivencia. De
aí, que cun enfoque preventivo, partamos desa ferramenta, para que dende unha óptica
comunitaria, se traballe cos mais novos sobre “a discapacidade e o día o día das persoas que se
atopan nesta situación”.
Apostando pois polo colectivo infanto-xuvenil, considerouse como destinatarios e como
“protagonistas” do proxecto a menores, de 11-13 anos, escolarizados en 6º de Educación Primaria
no CEIP Fontiñas e no CEIP Monte dos Postes, así como en 1º de Educación Secundaria, no IES
Antonio Fraguas.
A actividade levouse a cabo o luns, 23 de febreiro de 2015, en horario de 11.30 a 13 h, nas
instalacións do Centro Sociocultural das Fontiñas.
- 12 -
3. E co proxecto pretendíase acadar os seguintes obxectivos
- 13 -
Contribuír á sensibilización dos colectivo escolar de cara a normalizar situacións de
diversidade e favorecer situacións de inclusión neste eido.
Difundir o material realizado no taller de TV tanto polo valor que intrinsecamente posúe
como polo seu potencial formativo e de sensibilización.
Impulsar actividades nas que nenos, nenas, mozos e mozas sexan os protagonistas.
Promover espazos de convivencia entre menores pertencentes ao colectivo “infantil” e os
pertencentes xa a “adolescencia”6, procedentes dos tres centros educativos de Primaria e
Secundaria existentes no barrio de Fontiñas: CEIP Fontiñas, CEIP Monte dos Postes e IES
Antonio Fraguas.
Reforzar “espazos de encontro” nos que estean presentes os valores de autonomía,
igualdade e solidariedade social.
Concienciar aos menores sobre a realidade social e comunitaria na que viven as persoas en
situación de discapacidade.
Implicar e integrar a tódolos axentes sociais do barrio nunha mesma actividade.
Dar resposta ás demandas formuladas polo colectivo infanto-xuvenil detectadas na
avaliación de proxectos comunitarios previos.
Ofertar aos mais novos a posibilidade de que “sexan a voz” que transmita novas iniciativas
comunitarias.
6 Sinalar que o artigo 37 da Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, define a “infancia”
como o período de vida das persoas comprendido dende o seu nacemento ata os 12 anos de idade, e o de “adolescencia”, os menores de mais de 12 anos pero menos de 18.
- 14 -
4. O desenvolvemento do proxecto
- 15 -
4.1.- Aspectos metodolóxicos:
a).- Implementación do Taller de Televisión no IES Antonio Fraguas e os documentais “Fraguando a
diversidade”. Podemos falar das seguintes etapas:
Unha primeira de planificación na que se toman decisións sobre cuestións organizativas:
información á Dirección do centro, coordinación coa orientadora, xuntanzas cos titores,
establecemento de nexos cos programas do centro (proxecto educativo, plan de acción
titorial, plans de convivencia…)
Na seguinte fase, lévase a cabo a difusión, a través de charlas informativas polas aulas de
ESO. Nestas charlas preséntanse as ONGs que desenvolven estes programas, o proxecto
do taller de TV e mostras doutros países onde os menores fan programas de radio e TV
cun enfoque social e solidario.
Na etapa de captación, o alumnado interesado recibe información complementaria e
contáctase coas familias para que autoricen a súa participación.
No desenvolvemento das sesións extraescolares capacítase ao alumnado no eido
audiovisual, para rematar gravando un programa baseado en valores. O temario aborda
os xéneros xornalísticos, o guión ou a montaxe, sempre con exemplos de temática social
e solidaria, pero tamén pautas respecto da linguaxe inclusiva, o tratamento de colectivos
en risco de exclusión ou a análise do discurso mediático, nun nivel básico. Os audiovisuais
‘Fraguando a diversidade’ e ‘Fraguando a diversidade 2’ son o resultado desta actividade,
realizada baixo o enfoque da comunicación para o cambio social.
Traballouse entón desde a dobre perspectiva de produción dun proxecto en equipo e de recepción
de información a través dos medios. Reflexiónase sobre a súa influencia na nosa visión da realidade
ao tempo que se adestra un receptor activo, capaz de discernir entre os contidos e mesmo identificar
aqueles que están silenciados, para logo ser quen de xerar as súas propias mensaxes, converténdose
no que se deu en chamar prosumidor. Téntase que o alumnado se apropie de ferramentas e
discursos para achegar a súa propia visión da realidade a través do audiovisual.
A metodoloxía participativa sitúase na cerna dos procesos, xa que o alumnado intervén na toma de
decisións en todas as fases ata a creación do programa televisivo, que ademais se adapta ao contexto
local aínda que desde unha mirada global. Neste senso, cómpre analizar a contorna e as súas
necesidades, tanto dentro como fóra do centro educativo, para crear reportaxes en sintonía coa
comunidade e en colaboración cos colectivos que comparten unha filosofía semellante, traballando
en rede para aproveitar sinerxías. Deste xeito, teñen xurdido pezas como as que se presentan nesta
xornada, en defensa da inclusión e a non discriminación:
- 16 -
- Reportaxe síndrome de Down: Un estudante do IES Antonio Fraguas con Síndrome de
Down, protagoniza a reportaxe co que arrinca o programa ‘Fraguando a diversidade?. O
alumnado do taller entrevístao,
dando a coñecer as súas
afeccións e os seus soños,
similares aos das súas
compañeiras e compañeiros.
Fanlle ademais un seguimento
para amosar o seu día a día no
centro, situándoo en
actividades tan comúns como
xogar ao baloncesto ou tocar o piano. As amizades do protagonista interveñen tamén na
peza, demostrando que é un membro máis do grupo. De igual modo, o profesorado destaca
as súas capacidades, sinalando así mesmo a repercusión positiva da súa presenza na aula,
que fomenta a comprensión da diversidade e as actitudes colaborativas.
- Reportaxe discapacidade física: As e os participantes no obradoiro de televisión
acompañan a unha
veciña usuaria de cadeira de
rodas, a dar unha volta polo
barrio de Fontiñas. Trátase de
coñecer a súa discapacidade,
pero tamén de mostrar como a
progresiva eliminación
das barreiras arquitectónicas
facilita a súa autonomía.
Descobren mesmo que á
beira do seu instituto hai un edificio totalmente adaptado e até como as persoas
parapléxicas poden conducir un coche. A conversa fai fincapé ademais en que poden
estudar e traballar como calquera, sobre todo se a contorna está preparada para a
diversidade. Á hora de elaborar a reportaxe, traballáronse tamén perspectivas como a
dignidade das persoas ou a igualdade de oportunidades. Incidiuse así mesmo na necesidade
de substituír termos como “minusválido” ou “paralítico” por “persoa con discapacidade”.
- 17 -
- Reportaxe sobre o autismo: O
alumnado entrevista a un compañeiro e á
súa nai, irmán e nai á súa vez dun
neno con autismo. Trátase de coñecer
mellor este trastorno que afecta á
comunicación e desterrar falsos mitos
sobre as persoas que o teñen. O resultado
é unha peza moi humana, que favorece
a convivencia e fomenta a empatía e a
tolerancia.
Presentación dos documentais. En primeiro lugar, no centro educativo, aos propios compañeiros
e despois no ámbito comunitario, no centro sociocultural, ó barrio e ós medios de comunicación.
Difusión a través das canles de TV de AGARESO e nas webs e redes sociais do centro e do barrio.
Difusión tamén mediante a participación en diversos certámenes e concursos.
b).- FONTIÑAS: SOMOS TODOS!. Xornada de sensibilización sobre a discapacidade e a inclusión
social. Para implementar esta actividade, cun enfoque comunitario, foi preciso desenvolver, con
carácter previo, as seguintes accións:
Na xuntanza de barrio de Fontiñas do día 28 de xaneiro de 2015, valorouse procedente
optimizar o traballo desenvolto no taller de TV do IES Antonio Fraguas, para levar a cabo
unha xornada de sensibilización co alumnado de 6º de Educación Primaria dos centros
educativos Monte dos Postes e Fontiñas e co de 1º ESO do IES Antonio Fraguas. Acórdase
que se adoptará un formato de “mesa redonda” e priorízase na participación das
seguintes entidades: Asociación de Pais e Nais de Persoas con Trastorno do Espectro
Autista e Asociación Down Compostela
A orientadora do IES Antonio Fraguas encargarase de contactar coa Asociación Galega de
Reporteiros Solidarios (en adiante AGARESSO) e coas entidades anteriormente citadas.
Dende os Servizos Sociais Comunitarios procédese á reserva de espazo no Centro
Sociocultural das Fontiñas.
As orientadoras do CEIP Fontiñas, CEIP Monte dos Postes e IES Antonio Fraguas
presentaron esta iniciativa nos seus respectivos centros, para valorar a súa participación
e determinar que grupo de alumnado participará na mesma.
As traballadoras sociais da UTS Fontiñas e a educadora do Programa municipal
socioeducativo (ambos dispositivos pertencentes aos Servizos Sociais Comunitarios do
Concello de Santiago de Compostela) e a orientadora do IES Antonio Fraguas procederon
á redacción do proxecto.
- 18 -
Agareso e o Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas encargáronse do
deseño e elaboración do cartel divulgativo da xornada.
Tríptico e programa da actividade: elaborado pola orientadora do IES Antonio Fraguas,
contando coas aportacións das traballadoras sociais da UTS Fontiñas e da educadora
social do Programa municipal socioeducativo.
Deseño da folla de avaliación a cargo da orientadora do IES Antonio Fraguas, das
traballadoras sociais da UTS Fontiñas e da educadora social do Programa municipal
socioeducativo.
Impresión da folla de avaliación a cargo da educadora social do Programa municipal
socioeducativo.
A organización e distribución dos espazos correu a cargo das profesionais dos Servizos
Sociais Comunitarios, en coordinación cos profesionais do Centro Sociocultural das
Fontiñas.
Impresión do cartel, tríptico e cartel; distribución e difusión: a cargo de cada unha das
entidades pertencentes á rede comunitaria do barrio de Fontiñas. Os carteis para o día
da xornada serán a cargo das traballadoras sociais e da educadora social do Programa
municipal Socioeducativo.
Difusión da actividade entre os profesionais pertencentes á rede comunitaria do barrio e
incorporada a información nas web de cada entidade.
Para levar a cabo a actividade foi preciso utilizar os seguintes recursos materiais ou tecnolóxicos:
Mesas para poñentes (Centro sociocultural das Fontiñas): 2.
Cadeiras (Centro sociocultural das Fontiñas): 140.
Carteis divulgativos da actividade (IES Antonio Fraguas, Servizos Sociais Comunitarios):
o 6 carteis tamaño A3.
o 10 carteis tamaño A4.
Trípticos e programa da actividade (IES Antonio Fraguas, CEIP Fontiñas, CEIP Monte dos
Postes, Servizos Sociais Comunitarios).
o 10 programas.
Cámara de fotos e video (Servizos Sociais Comunitarios, IES Antonio Fraguas, AGARESSO).
Portátil (Servizos Sociais Comunitarios).
Proxector (Servizos Sociais Comunitarios, Centro Sociocultural das Fontiñas).
Pantalla de proxección (Centro Sociocultural das Fontiñas).
Equipo de son e megafonía (Centro Sociocultural das Fontiñas).
Cuestionarios de avaliación (Servizos Sociais Comunitarios): 140.
- 19 -
O coste da impresión dos carteis, dos programas e de pequenos agasallos, que ascendeu
a un total de 30 €, foi sufragado a nivel particular polas traballadoras sociais da UTS
Fontiñas, pola educadora social do Programa municipal Socioeducativo e pola
orientadora do CEIP Fontiñas.
Tívose a colaboración de profesorado que non puido asistir, como é o caso, dos centros
florais para o acto, elaborados por unha profesora do IES.
A xornada quedou estruturada do seguinte xeito:
1.- Presenta a xornada e modera a mesa redonda a orientadora
do IES Antonio Fraguas.
2.- Participación dunha representante de Agareso (responsable
do Taller de Televisión no IES Antonio Fraguas); explicará o fin e o
proceso de elaboración dos “Fraguando a Diversidade I e II”.
3.- Visionado parcial dos documentais “Fraguando a diversidade I
e II”:
* Vivir con autismo.
* Vivir con Síndrome de Down.
4.- Participación dun representante de ASPANAES, que explicou en que consistía o trastorno de
espectro autista, presentando ao mesmo tempo a súa entidade e o contido da mesma.
5.- Participación dunha persoa con síndrome de Down, que dou testemuña das súas vivencias. Ven
acompañada dun técnico de Down Compostela.
6.- Quenda de preguntas.
7.- Peche da xornada a cargo da orientadora do IES Antonio Fraguas.
4.2.- Profesionais que participaron no proxecto:
A elaboración do proxecto correu a cargo das seguintes profesionais:
Traballadoras sociais da UTS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios do Concello de
Santiago de Compostela).
- 20 -
Educadora social do Programa municipal socioeducativo (Servizos Sociais Comunitarios
do Concello de Santiago de Compostela).
Orientadoras do IES Antonio Fraguas, CEIP Fontiñas e CEIP Montes dos Postes.
Técnico de AGARESO.
Na actividade, participaron ademais os seguintes profesionais:
Representantes da asociación Down Compostela.
Representante da asociación ASPANAES.
Profesorado do IES Antonio Fraguas, CEIP Fontiñas e CEIP Montes dos Postes.
Dado o enfoque comunitario que presentaba, á xornada acudiron profesionais pertencentes a outras
entidades da rede comunitaria de Fontiñas: Centro de Día Arela, Programa de atención a familias
Abeiro, Asemblea de Cooperación pola Paz e Cruz Vermella. Igualmente presentes, profesionais do
Centro Sociocultural das Fontiñas.
- 21 -
5. Seguimento e avaliación
- 22 -
5.1.- Como se fixo a avaliación? A avaliación foi participativa e aberta. Neste sentido, os diferentes participantes (tanto o alumnado
como os docentes) puideron cumprimentar un pequeno cuestionario e entregalo, de forma anónima,
nas instalacións do centro sociocultural, onde se celebrou a actividade. No cuestionario abordáronse
as seguintes cuestións:
1. Valoración do interese do proxecto: responde á pregunta “…gustouche a actividade?”.
2. Valoración directa da actividade: dos vídeos, o contido exposto polos poñentes, o contido
das preguntas realizadas polo alumnado.
3. Pregunta aberta: conclusións que se extraen ao remate da xornada.
4. Suxestións cara a realización doutras actividades comunitarias.
Igualmente recolleuse unha reflexión sobre o propio proceso da actividade dende a súa xénese ata a
súa finalización, reflectindo as dificultades e os logros atopados.
- 23 -
5.2 Avaliación cuantitativa:
ASPECTOS A
AVALIAR INDICADORES Nº OBSERVACIÓNS
Nº de profesionais
encargados da
elaboración e
organización do
Proxecto
4
* Orientadora do IES Antonio Fraguas
* Traballadoras sociais da UTS Fontiñas.
* Educadora social do Programa municipal Socioeducativo
Nº de profesionais
colaboradores: 5
* CEIP Fontiñas: 3 (orientadora e mestres).
* CEIP Monte dos Postes: 4 (orientadora e mestres).
* IES Antonio Fraguas: 6 (orientadora e mestres).
Org
aniz
ació
n e
imp
lem
enta
ció
n
Nº de profesionais que
participan na Mesa
Redonda
5
* Orientadora do IES Antonio Fraguas.
* Asociación Down Compostela: 2
* Aspanaes: 1
* Agareso: 1
Outros profesionais que
asistiron á xornada: 17
* Servizos Sociais: 5.
* Centro de Día Arela: 5.
* Cruz Vermella: 1.
* Programa familias Abeiro: 2.
* Asemblea de Cooperación pola Paz: 3.
* Down Compostela: 1.
AV
ALI
AC
IÓN
CU
AN
TIT
ATI
VA
Nº de alumnado que
participan na
actividade / nº de
alumnado previsto
CEIP Fontiñas: 31/31= 100 %
CEIP Monte dos Postes: 48/50= 96 %
IES Antonio Fraguas: 32/30= 106,7 %
Impacto e
participación Outras persoas que
se incorporaron á
xornada (ex-alumnos,
usuarios do centro,
etc.)
8
Fonte: Datos extraidos do cómputo de alumnado e profesionais participantes. Departamento de Orientación do IES Antonio Fraguas, Programa municipal
socioeducativo e UTS Fontiñas (estes dous últimos dispositivos pertencentes aos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela).
- 24 -
Analizando a táboa anterior, constátase que á actividade acudiron un total de 146 persoas7 (entre
alumnado, profesorado, técnicos e outras, non previstas inicialmente, que se incorporaron á mesma;
lembrar que a xornada estaba dirixida a alumnado dos centros educativos de Fontiñas, incorporando
aos profesionais pertencentes á rede comunitaria do barrio, pero que non se prohibiu a entrada a
aqueles usuarios do centro que nese momento amosaron interese pola mesma).
5.3 Avaliación cualitativa:
O día da actividade pasáronse cuestionarios de avaliación anónimos; do total de 146 persoas
asistentes, cumprimentaron o cuestionario de avaliación 106 (72,6 %).
A experiencia foi ben acollida por tódolos asistentes á mesma. Sinalar a implicación dos profesionais
que participaron gratuitamente na mesma.
5.3.1.- Valoración xeral da actividade.
Puntuación Nº %
1 0 0 %
2 5 4,7 %
3 7 6,6 %
4 39 36,8 %
5 55 51,9 %
Total 106 100,0 %
Fonte: Datos analizados a partir dos cuestionarios de avaliación; tratamento estatístico realizado pola UTS Fontiñas (Servizos Sociais
Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela).
Media acadada: 4,36
En xeral, as puntuacións obtidas foron elevadas; mais do 88 % dos asistentes fixeron constar unha
puntuación de 4 ou 5 (lembrar que o 1 era o valor mínimo e o 5, o máximo); a cualificación media
acadada ascende a 4,36. É a primeira vez que se organiza unha actividade, cun enfoque comunitario,
7 Superouse lixeiramente a cifra prevista inicialmente, estando colocadas un total de 140 sillas.
- 25 -
onde están presentes os tres centros educativos do barrio (CEIP Fontiñas, CEIP Monte dos Postes e
IES Antonio Fraguas).
De tódolos xeitos debemos lembrar que este proxecto ten un enfoque puramente participativo.
Neste sentido, hai que voltar a vista atrás e recoller o contido da memoria avaliativa do proxecto “A
nosa vida en positivo I” (deseñado e implementado no ano 2013), onde o alumnado participante
fixeron constar nos cuestionarios o seu interese por accións formativas que versaran sobre a
discapacidade. Unha temática moi ampla, que debe ser abordada parcialmente, motivo polo cal se
deseña este proxecto, aproveitando os documentais que previamente se traballaran e se gravaran no
marco doutro proxecto formativo (“Escolas sen racismo”, de Asemblea de Cooperación pola Paz e
AGARESO).
5.3.2.- Valoración dos documentais.
Puntuación Nº %
1 0 0 %
2 2 1,9 %
3 12 11,3 %
4 44 41,5 %
5 48 45,3 %
Total 106 100,0 %
Fonte: Datos analizados a partir dos cuestionarios de avaliación; tratamento estatístico realizado pola UTS Fontiñas (Servizos Sociais
Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela).
Media acadada: 4,30
O alumnado (mais do 86 %) da cualificacións moi altas aos documentais proxectados (puntuacións de
4 ou 5). O que se lle amosa non lle é alleo; foi traballado nos centros educativos da zona, forma parte
do seu día a día, e precisan un espazo onde verbalizar as súas dúbidas ao respecto. Estase
traballando pois coas capacidades, sabendo que “todas e todos somos diferentes, pero temos os
mesmos dereitos” e que a axuda que todas e todos podemos precisar, pode estar ao noso carón.
Traballemos con potencialidades e non con atrancos.
- 26 -
5.3.3.- Valoración do contido traballado.
Puntuación Nº %
1 0 0 %
2 2 1,9 %
3 16 15,1 %
4 22 20,1 %
5 66 62,3 %
Total 106 100,0 %
Fonte: Datos analizados a partir dos cuestionarios de avaliación; tratamento estatístico realizado pola UTS Fontiñas (Servizos Sociais
Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela).
Media acadada: 4,43
O contido traballado polas persoas que participaron na acción formativa foi de sumo interese para o
alumnado. Mais do 82 % puntúan a temática abordada cun 4 ou cun 5.
A explicación facilitada polo profesional pertencente a ASPANAES suscitou o seu interese e un
número importante de preguntas; a empatía e a forma de transmitir as mensaxes foron de capital
importancia para captar o interese dos mais novos.
No caso da Asociación Down deuse un enfoque distinto; unha persoa que presenta este síndrome e
que pertence a esta entidade, quixo explicar ás rapazas e rapaces cal é o seu día a día, que lle gusta,
cales son as súas inquedanzas, etc.; algo que serviu para que entenderan que comparten estilos de
vida, que todos son iguais e á vez,
diferentes.
- 27 -
5.3.4.- Valoración das preguntas realizadas.
Puntuación Nº %
1 3 2,8 %
2 8 7,5 %
3 29 27,3 %
4 45 42,4 %
5 21 19,8 %
Total 106 100,0 %
Fonte: Datos analizados a partir dos cuestionarios de avaliación; tratamento estatístico realizado pola UTS Fontiñas (Servizos Sociais
Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela).
Media acadada: 3,69
Si ben o interese polas preguntas realizadas tamén tivo unha puntuación media elevada (3,69), foi a
mais baixa de tódolos ítems analizados. Pódese ser posible que esta temática, novidosa para o
alumnado, deba ser traballada, a posteriori, nas aulas, con fin de aclarar conceptos e resaltar outros
que, dalgunha medida, pasaran inadvertidos.
En síntese, as puntuacións medias acadadas nos diferentes ítems analizados, son as seguintes:
Fonte: Datos analizados a partir dos cuestionarios de avaliación; tratamento estatístico realizado pola UTS Fontiñas (Servizos Sociais
Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela).
4,36 4,3 4,43
3,69
0
0,5
1
1,5
2
2,5
3
3,5
4
4,5
5
Pu
ntu
ació
n m
ed
ia a
cad
ada
(De
1 a
o 5
)
Valoración xeral da
actividade
Valoración dos
documentais
Valoración do
contido traballado
Valoración das
preguntas realizadas
items analizados
- 28 -
Pero centrémonos agora en reproducir unha síntese das preguntas realizadas polo alumnado e das
respostas ofrecidas polos diferentes poñentes. É preciso subliñar que a maioría das preguntas son
sobre o autismo; estimamos que isto pode deberse a diferentes causas, como por exemplo, que é un
trastorno menos evidente e coñecido que outros, que lles suscita máis curiosidade ou a capacidade
de comunicar e de conectar do poñente co alumnado… De feito, a pesar de tratar de dinamizar
dende a mesa outras cuestións cara a relatora con Síndrome de Down ou o os detalles sobre o taller
de TV, todo se focaliza no autismo.
As preguntas fóronse alternando entre o alumnado dos diferentes centros, participando todos eles.
Relación de preguntas
1. Os nenos autistas triúnfan nos estudios?
Esta pregunta foi rapidamente rectificada na súa enunciación, polo ponente de ASPANAES,
Alberto Silva, dado que na súa explicación indicaba que as persoas non son autistas senón que
presentan ese trastorno, que teñen autismo. Queda reformulada como “Os nenos con autismo
triúnfan?”. A resposta foi lóxica: hai moitas diferenzas entre unhas persoas e outras, hainos moi
capaces para determinadas cuestións e pouco para outras como o resto da xente. Alberto Silva
devolve a cuestión ó auditorio e plantexa: “E os rubios..., triúnfan nos estudos? Que é triunfar?
Ser pintor porque a un lle gusta ou ser médico porque llo impoñen?”.
2. O autismo ademais de ser de nacemento, xenético, pode ser ocasionado por un accidente
ou por un “asunto tóxico”?
O poñente comenta que claramente non se produce por algunha causa devenida ao longo da
vida. Que é claramente xenético, o que si que pode haber é algunha causa que produza
comportamentos relacionados coa falta de comunicación e interacción similares aos do trastorno
autista.
3. Quen é máis feliz Ronaldo ou unha persoa que utilice cadeira de rodas?
Esta cuestión de novo é proposta polo representante de ASPANAES. Os rapaces reflexionan
guiados por Alberto e a pesar de contestar inicialmente que Ronaldo pola fama e os cartos,
danse conta que isto pode no ser así.
4. A persoa que ten autismo é consciente de que o ten?
De novo a resposta non é taxante, pois depende das características da súa enfermidade, do grao
de aceptación que teña e que lle permita captar as súas diferenzas.
Esta pregunta faise extensiva a Carlota Rodríguez. Ela di que si, que é consciente, pero que está
ben e o traballador social que a acompaña manifesta que en xeral si o saben.
- 29 -
5. En que consiste o Síndrome de Down?
O traballador social de Down Compostela toma a palabra para explicar que é unha anomalía
xenética, no cromosoma 23. E que ten ademais unha serie de trazos visibles, dificultades de
saúde…
6. Unha alumna do Colexio Monte dos Postes, prantexa unha cuestión persoal. Como podo
axudar a un familiar que ten autismo e que está moi triste pola morte da súa nai?
A rapaza manifesta a súa impotencia para consolalo e pide axuda. Alberto comenta que é unha
situación difícil, pero que como é algo persoal debe gardar a confidencialidade e que falarán logo
en privado se a nena quere e o profesorado dispón duns minutos ó rematar a sesión. A pregunta
da menor deixa en silencio á sala, con numerosas dúbidas...
7. Hai tratamento?
A resposta é que de momento non. Alberto aporta datos de prevalencia, indicando que hai un
aumento grande, probablemente provocado porque agora se coñece e se diagnostica. Fala, en
concreto, de 1 caso cada 120 nacementos en Europa e 1 de cada 100 en EEUU, onde se fala de
pandemia.
- 30 -
6.- CONCLUSIÓNS DA XORNADA.
- 31 -
As aportacións dos representantes de ASPANAES e Down Compostela na xornada de prevención
serviu para traballar co alumnado e, en xeral cos asistentes, que na actualidade debemos ter unha
nova forma de pensar sobre a discapacidade, na que a persoa que a presenta está, como todos, en
permanente interacción co contorno físico e social no que vive. Unha visión transformada do que
constitúen as posibilidades de vida das persoas con discapacidades, poñendo especial énfase na súa
autonomía, na integración, na igualdade e, por suposto, nas capacidades. Nesta liña, coa súa
linguaxe, realizan aportacións o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Fontiñas e do CEIP
Monte dos Postes, así como de 1º da ESO do IES Antonio Fraguas:
Que todos somos iguais e, ao mesmo tempo, diferentes.
Que todos somos iguais e que temos os mesmos dereitos.
Que a diversidade é importante para aprender a ser tolerante e así convivir en paz e en
harmonía.
Que hai que pensar sempre en positivo e nunca en negativo.
Que hai que axudar ás persoas mais desfavorecidas.
Que sexamos como sexamos, somos todos
diferentes pero todos persoas.
Visualicemos algunha das súas
respostas:
- 32 -
A moderadora da mesa invita a tódolos asistentes a elaborar unhas breves conclusións para clausurar
o acto. As aportacións son as seguintes:
1. Aínda que todos sexamos diferentes todos somos iguais en dereitos e todos temos un lugar
na nosa escola, no noso barrio…
2. Esta actividade axudounos a saber como tratar a estas persoas con discapacidade
3. A diversidade é preciso vela de forma positiva, porque a realidade é que son máis as cousas
que nos unen que as que nos separan.
Down Compostela, para pechar, propón visionar unha curtametraxe de animación, que reforza os
contidos traballados na xornada relativos á inclusión social, a ser igual e diferente e á aceptación
social.
Asemade, dicir, que neste mesmo día, a Asemblea de Cooperación pola Paz realiza a exposición
fotográfica sobre “o sentimento de pertenza aos barrios de Fontiñas e San Pedro, a igualdade e a
integración social”; actividade que foi levada a cabo no proxecto “Barrios Abertos”, implementado
nestas zonas ao longo do ano 2014.
- 33 -
Ademais, debemos engadir outros aspectos positivos que animan a continuar con este tipo de
proxectos:
- Os parabéns e agradecementos manifestados por participantes como Down
Compostela, posteriormente e por correo electrónico.
- As felicitacións de varias ex-alumnas do IES Antonio Fraguas asistentes ó acto,
expresando un alto grao de satisfacción, o interese da actividade e a petición de
recibir información de actividades coma esta.
- A continuidade que tivo nas aulas, non quedando reducida a unha actividade
puntual (que por si mesma xa ten un valor indubidable) superando así as
expectativas. Comentaron as orientadoras dos centros de Primaria que o
alumnado ademais de ter preparada previamente a sesión, elaborando posibles
cuestións de interese para a rolda de preguntas, traballou a posteriori nas aulas e
falaron polo miúdo cos seus profesores da actividade.
- 34 -
7.- SUXESTIÓNS PARA VINDEIRAS EDICIÓNS.
- 35 -
Nos propios cuestionarios de avaliación, se solicitaba que realizaran suxestións para vindeiras accións
formativas. Trátase, unha vez mais, de realizar proxectos participativos e colaborativos, e en ningún
caso impositivos, carentes de interese para os seus
Recollemos as propostas para seguir organizando actividades comunitarias, cun enfoque
interinstitucional, de acordo a obxectivos técnicos pero contemplando sempre o interese dos seus
destinariarios.
- 36 -
8. Anexos
- 37 -
8.1.- Cartel divulgativo.
- 38 -
8.2.- Programa da xornada.
- 39 -
8.3.- Folla de avaliación.
8.4.- A xornada, tamén en imaxes.
- 40 -
a).- A preparación da xornada.
- 41 -
b).- A presentación realizada pola orientadora do IES Antonio Fraguas.
Saúdos e benvida. O primeiro de todo é darvos a benvida a tódolos participantes neste acto de hoxe.
Agradecer especialmente aos compañeiros e ás compañeiras da mesa por aceptar de forma tan
agarimosa a nosa invitación para participar:
• CARMEN NOVAS, de AGARESO
• ALBERTO SILVA LÓPEZ, de ASPANAES (Asociación de padres de persoas con trastorno del
espectro autista).
• CARLOTA RODRÍGUEZ LÓPEZ, de Down Compostela.
E por suposto tamén a todos vós:
- Alumnado e profesorado do CEIP de Fontiñas e do CEIP Monte dos Postes.
- Alumnado e Profesorado do IES Antonio Fraguas.
- Compañeiros e compañeiras das diferentes entidades do barrio e moi
especialmente ás compañeiras dos Servizos Sociais que tanto traballaron para
facer posible esta actividade.
Unha vez feitas as presentacións, gustaríame falarvos moi brevemente de POR QUE e PARA QUE
estamos aquí
1. As entidades socioeducativas de Fontiñas veñen desenvolvendo un traballo en rede sólido e
estable dende o curso 1998-99, que medra de ano en ano. Esta actividade é un eslavón máis
da cadea, un escalón máis da esqueira do conxunto de proxectos que facemos. Por exemplo
“A nosa vida en positivo” sobre a vulnerabilidade dos adolescentes ou o “Mercadillo
Trocame-Roque” nos que moitos de vós participades.
2. Fontiñas, que é un barrio novo, é tamén un barrio con moita diversidade. De feito, os
documentais “Fraguando a diversidade I e II” (do taller de TV do IES coordinado por
AGARESO e do que vos falará Carmen) e dos que ides ver unha parte, plasman moi ben esta
diversidade que se reflicte no barrio, nos centros educativos, na vida… A discapacidade é un
tipo de diversidade sobre o que hoxe queremos invitarvos a reflexionar. Todos nós somos
diferentes, pero cada un de nós ten un espazo no colexio, no barrio, etc. Por iso, o título
desta mesa redonda FONTIÑAS SOMOS TODOS.
3. É ademais unha xornada de convivencia, outro dos obxectivos do traballo das entidades do
barrio. Este é un momento e un espazo de encontro no que compartir xuntos pensamentos,
dúbidas, reflexións, inquedanzas, emocións. E sen máis, paso a palabra á primeira relatora.
- 42 -
c).- Os poñentes:
- 43 -
d).- A xornada: os asistentes.
- 44 -
e).- O fin da xornada.
Dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela (UTS Fontiñas e
Programa municipal socioeducativo) e o IES Antonio Fraguas (Departamento de Orientación)
desexamos trasladar os nosos agradecementos a ASPANAES, DOWN COMPOSTELA e AGARESO, pola
súa participación desinteresada na xornada; sen vós, isto non sería posible....+
E, por suposto, a ti, Carlota, por ser un exemplo de superación. Grazas pola túa participación e polo
teu esforzo, por amosar que discapacidade debe ser sinónimo de “persoa capacitada de forma
diferente”.
- 45 -
f).- O impacto nos medios de comunicación. Houbo varias mencións na prensa local das que
destacamos as seguintes:
Xoves 19 de Febreiro de 2015. El Correo Gallego.
- 46 -
Martes 24 de Febreiro de 2015. El Correo Gallego.
- 47 -
Proxecto comunitario elaborado por:
EVA MARIA GONZÁLEZ SANTIAGO, traballadora social da UTS Fontiñas (Servizos
Sociais Comunitarios).
MARIA JESUS VIQUEIRA PÉREZ, traballadora social da UTS Fontiñas (Servizos
Sociais Comunitarios).
MARGARITA VAZQUEZ TEO, educadora social do Programa municipal
Socioeducativo (Servizos Sociais Comunitarios).
MARIA DOLORES SANZ LOBO, orientadora do IES Antonio Fraguas.
En estreita coordinación coas orientadoras do CEIP Fontiñas e CEIP Monte dos Postes.
Coa colaboración das restantes entidades pertencentes á rede comunitaria do Barrio de Fontiñas.
A todas e todos, moitas grazas.