1
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
Memoria das actuacións levadas a cabo para a posta en marcha do proxecto de
innovación educativa “A relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e da
comunicación”.
IES CHAPELA
Avenida de Redondela s/n
36320 Chapela
986453330
Coordinador: José Luis Grande Grande
2
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
ÍNDICE
Preliminares
Datos do profesorado
Xustificación do proxecto a partir da situación sociolingüística do IES Chapela
1.-Grao de cumprimento dos obxectivos propostos.
2.- Actividades desenvoltas.
3.- Grao de implicación do centro e da comunidade educativa
4.-Actividades de formación.
5.- A produción de materiais.
6.- A avaliación realizada
7.- As previsións de futuro.
8.- Anexo: enderezos de Intenet cos materiais producidos
3
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
Memoria das actuacións levadas a cabo para a posta en marcha do proxecto de
innovación educativa A relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e da comunicación. Propostas metodolóxicas e de actividades e contidos que se van a desenvolver. A incluír na memoria final do curso que se lle remite á Inspección Educativa
Datos do profesorado: (Voltar ao índice)
José Luis Grande Grande
(Coordinador)
NIF: 034901506
NRP: A48EC000030174
Marcelino José Veiguela Fuentes NIF: 09372366G
NRP: 0937236635A0590
Lourdes Vila Amarelle
NIF: 33227619W
NRP: A33EC3322761957
Xosé Iglesias Muíños
76993927R
Esther Mato Méndez
15947506L 1594750613A0590
Miguel Pérez Lorenzo
36100783Y 3610078357A0590
Mª José Vilar Magán
76858779R 7685877946A0591
Chapela, a 19 de xuño de 2008
Vº e Pr.
O Director
Eugenio Ferrín Mata
4
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
Preliminares (Voltar ao índice)
En virtude da Resolución conxunta do 1 de outubro de 2007, da Dirección Xeral de
Ordenación e Innovación Educativa e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que
se resolven os premios a proxectos de innovación en normalización lingüística para centros
de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver
no curso 2007-2008 convocados pola Resolución do 28 de maio de 2007, no seu primeiro
punto di que se acorda conceder os premios convocados aos proxectos de innovación en
normalización lingüística que se indican a continuación:
15026546 EOI de Ferrol Ferrol A Coruña
15027848 CRA Nosa Señora do Faro Ponteceso A Coruña
15026807 IES Félix Muriel Rianxo A Coruña
27013934 IES Perdouro Burela Lugo
27010945 IES Porta da Auga Ribadeo Lugo
32001725 IES Lauro Olmo O Barco de Valdeorras Ourense
36007199 CEIP Isidora Riestra Poio Pontevedra
36006730 IES Frei Martín Sarmiento Pontevedra Pontevedra
36019268 IES Gonzalo Torrente Ballester Pontevedra Pontevedra
36019566 IES Chapela Redondela Pontevedra
No artigo 11º-Memoria de realización dos proxectos, a Resolución di que antes do 30 de
xuño de 2008, a persoa coordinadora do proxecto elaborará unha memoria das actuacións
levadas a cabo para a posta en marcha do proxecto que se enviará no prazo arriba
indicado co visto e prace da dirección do centro e se incluirá, ademais, na memoria final do
curso que se lle remite á Inspección Educativa. Para a súa elaboración, cumprirá aterse
aos requisitos establecidos no manual de publicación web que se atopa no Portal Galego
de Contidos Educativos, no enderezo:
http://www.edu.xunta.es/contidos/guia_boas_practicas/
5
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
Esta memoria deberá observar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos, as
actividades desenvoltas, o grao de implicación do centro e da comunidade educativa, as
actividades de formación, a produción de materiais, a avaliación realizada e as previsións
de futuro.
Pola outra banda, no Artigo 14º.-Recoñecemento da participación di que a participación do
profesorado implicado no proxecto acreditarase a través da certificación en calidade de
coordinador/a ou membro, segundo corresponda, no proxecto de innovación educativa
cunha duración de 50 horas. Así mesmo, expediráselle unha certificación de participación
ao centro.
Xustificación do proxecto a partir da situación sociolingüística do IES Chapela
(Voltar ao índice)
O alumnado de ESO e Bacharelato do noso instituto é, case na súa totalidade, das
parroquias de Chapela (8.000 habitantes) e Trasmañó (1.200 habitantes), pertencentes ao
Concello de Redondela. Aínda que en parte son rurais, na actualidade, pola súa
proximidade a Vigo, son case barrios desta cidade.
Precisamos una elevada potenciación do uso do galego fóra das aulas e, cada vez máis,
no traballo coas novas tecnoloxías, se non queremos ficar descolgados frente ao castelán
ou mesmo o inglés.
O podcasting debería ser un medio para espertar entre o noso alumnado o interese por
descubrir novos aspectos da Internet, dando a coñecer, ao mesmo tempo, cos seus
proxectos os lugares e o entorno no que viven.
A relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e da comunicación. Propostas metodolóxicas e de actividades e contidos que se van a desenvolver
1.-Grao de cumprimento dos obxectivos propostos. (Voltar ao índice)
A continuación preséntanse os obxectivos inicialmente propostos, para o curso académico
2007/08:
• Elaboración regular de posts ou artigos, por parte do alumnado do Centro para o
weblog da Biblioteca do IES Chapela http://bibliochapela.blogspot.com
6
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
• Elaboración regular de posts ou artigos, por parte do alumnado do Centro para o
weblog de Tecnoloxías das clases de 4º ESO
o http://ieschapela-4esoa.blogspot.com
o http://ieschapela-4esob.blogspot.com
• Elaboración regular, por parte do profesorado do Centro de Webquest, miniquest e
buscas do tesouro.
• Familiarizarse cos sistemas de participación individual e colectiva de Internet (weblogs,
webquest, videoconferencias, falangullos (podcast)…)
• Un dos obxectivos máis relevantes neste proxecto é o uso de TIC e a súa relación coa
nosa lingua, de tal forma que o ordenador se converta nunha ferramenta indispensable.
O Proxecto de aprendizaxe colabotativo con TIC denominado Proxecto Podcast
(Falangullo), para o fomento do uso do galego no noso centro dentro e fóra das aulas,
xorde da necesidade de traballar as destrezas de comunicación oral en Lingua Galega
cos nosos alumnos da ESO e Bacharelato. O noso principal obxectivo é que melloren a
súa competencia comunicativa sacando o máximo proveito que Internet lle pon ao seu
alcance. Buscamos que se impliquen na creación dos seus propios falangullos de forma
que contribúan coas súas achegas á promoción e uso do galego en diferentes ámbitos..
Os obxectivos específicos foron:
o Coñecer a técnica de podcasting, como medio para aprender a aprender facendo
uso dos podcasts gratuítos en galego dispoñibles na rede.
o Mellorar e atender á pronunciación correcta, ou ritmo e a ton en lingua galega,
atendendo a diferentes situacións comunicativas.
o Contribuír con achegas propias a Internet sobre Chapela e o seu ámbito en
galego, e, en colaboración co Departamento de Música do Instituto, con música
e son de elaboración propia.
o Espertar a curiosidade por outros usos de Internet: motores de busca galego,
galipedia, software libre, licenzas creative commons, interese polas creadoras e
creadores galegas que difunden as súas obras a través da rede.
o Publicación periódica no sitio web do IES Chapela, por parte do alumnado, de
falangullos, durante polo menos os dous últimos trimestres, sobre diversos
7
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
temas de debate ou de actualidade e sobre Chapela e o seu ámbito. Cada
podcast, ademais de arquivo de audio básico, conterá un guión e exercicios de
comprensión. Os exercicios serán obra do profesor.
• Proxecto de aprendizaxe colabotativo con TIC (II): Videoconferencias Día das Letras
Galegas 2008:
o Mellorar as competencias lectoras e escritas na nosa lingua dos alumnos e
alumnas dos dous Centros.
o Emprego dos recursos TIC dos centros.
Con respecto aos obxectivos, acadáronse o 60% aproximadamente: a desviación máis
significativa foi a imposibilidade, por falta de tempo, de xeneralizar o uso dos podcast
educativos, así como do emprego de webquest e de buscas do tesouro como recurso para
a Biblioteca ou como introdución a un tema. Non obstante, coa implantación no noso
centro das ferramentas web 2 Drupal, entre elas a denominada phpwebquest, pensamos
que o uso destes buscadores na rede guiados se fará máis habitual entre o profesorado do
centro. Polo que respecta á elaboración de podcast, non se conseguiu o obxectivo da
publicación periódica de posts con temas de actualidade, tan só chegamos a publicar tres
podcast na nova páxina Drupal do centro: podcast "Historia dun accidente", do
Departamento de Orientación, coa voces do alumnado de 4º ESO de Diversificación;
"Construción dunha instalación eléctrica básica no fogar", do Departamento de
Tecnoloxía coas voces do alumnado de 4º ESO A e o admirable "Poesia de Xosé Mª Álvarez Blazquez", do Departamento de Música e de Tecnoloxía, coas voces das nosas
alumnas e alumnos de 3º da ESO
2.- Actividades desenvoltas. (Voltar ao índice)
A continuación preséntanse os contidos inicialmente propostos e as actividades tanto as
propostas no proxecto inicial como as que non estaban propostas e non obstante se
realizaron ao longo do curso.
8
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
1.-Weblog da Biblioteca do IES Chapela
Os alumnos/ás colgarán os seus posts ou comentarios sobre libros e literatura en galego.
Elaboración dos posts:
1. - Sinopse do contido do libro.
2. - Personaxes principais.
3. - Opinión persoal, ¿recomendas este libro?. Idear algún sistema de clasificación.
Actividades:
1. - Elaboración do post ou comentario no caderno. Presentalo ao profesor/a de Galego.
2. - A continuación o alumno/a pasará os comentarios a ordenador na aula de informática
ou nos ordenadores da biblioteca e gardaraos nunha carpeta do escritorio.
3. - O Coordinador TIC gravará os comentarios nun dispositivo de memoria extraíble e
poraos a disposición do Coordinador do ENL para a súa corrección ortográfica.
4. - Finalmente, o coordinador de proxectos TIC colgará os posts no weblog.
2.-Weblog de Tecnoloxías das clases de 4º ESO
Os alumnos/as elaborarán e colgarán os seus posts ou comentarios sobre temas de novas
tecnoloxías da comunicación e da información.
Actividades:
1. - Os alumnos/as traballarán en grupos de dous buscando información sobre o tema
escollido no libro de texto, na rede e nas revistas de informática. Tomarán notas nos seus
cadernos, indicando as referencias bibliográficas e os enderezos de Internet interesantes.
As imaxes que atopen na rede ou que obteñan por escaneado poderanas gravar nun
cartafol do seu ordenador.
2. – O profesor/a supervisará os cadernos e guiará en todo momento o proceso,
subministrando un guión de elaboración de traballos tipo mapa conceptual que poderá ser
en formato de webquest. Para que os proxectos non se limiten a un “recorta” e “pega”, só
se admitirán os traballos elaborados nos cadernos de acordo ao guión establecido.
9
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
3. – Unha vez que os cadernos sexan revisados, os alumnos/as poden pasar a escribir os
artigos nun procesador de textos e o gardarán nun cartafol do escritorio. As imaxes
deberán gardarse a parte.
4.- Para a tradución de páxinas web ou textos en castelán, poderase empregar o tradutor
recentemente subministrado por la Secretaría Xeral de Política Lingüística, ou ben solicitar
a axuda do Coodinador/a do ENL do Centro.
5. – Unha vez que os comentarios sexan revisados e corrixidos de erros ortográficos,
colgaranse no weblog da clase. O profesor de tecnoloxía/Coordinador de proxectos TIC,
explicará aos alumnos como se fai paso a paso, empregando a ferramenta en liña Blogger,
facendo constar que as imaxes teñen que ser subidas a parte.
3.-Webquest, miniquest e buscas do tesouro.
Basicamente son exploracións dirixida, que culmina coa produción dunha páxina web ou
unha presentación.
A nosa proposta consiste en propoñer aos alumnos temas atractivos e relevantes, en
forma de varias webquest, miniwebquests ou buscas do tesouro en lingua galega, que
teñan que ver co currículo dalgunha materia, para que sexan desenvolvidos nos
ordenadores da Aula de Informática o una Biblioteca.
4. -Proxecto de aprendizaxe colabotativo con TIC: Proxecto Podcast (Falangullo) para o fomento do uso do galego no noso centro dentro e fóra das aulas.
Actividades:
a. -Selección apropiada dunha temática curricular. Os grupos de traballo formaranse por
iniciativa dos alumnos cun agrupamento libre con restricións: o profesor aconsellará que
polo menos un dos membros do grupo domine ou teña facilidade as técnicas informáticas
básicas que se necesiten.
b. -Traballo previo de busca e interpretación da información que se vai empregar na
elaboración do podcast ou falangullo. Busca de información a través de diversas fontes:
Internet, Biblioteca do Instituto e Biblioteca Pública de Chapela, entrevistas a persoas
relacionadas…
10
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
c. - Redacción do guión en galego cun procesador de textos. O guión poderá ter a forma
de ensaio ou entrevista e terá unha duración ao ser lido de polo menos 5 minutos sen
incluír música nin efectos sonoros. O aspecto da accesibilidade sería publicando, xunto ao
arquivo de voz, unha transcrición do que dicimos na gravación ou, polo menos, un resumo.
Desta forma as persoas xordas ou con problemas de oído non quedan excluídas. O guión
literario, que recollerá o discurso oral e conterá obrigatoriamente unha introdución e unha
conclusión, será corrixido por parte do profesorado de galego.O guión considerará:
• Presentación.
• Introdución.
• Requisitos previos.
• Desenvolvemento.
• Repaso.
• Síntese.
• Despedida
d. -Busca da vocalización e pronunciación correcta dos termos en que se teña dubida.
Ensaio do ton e velocidade de lectura. Corrección por parte do profesorado de galego e
coordinadores ENL.
e. -Primeira gravación de audio. Inclusión de música ou efectos sonoros similares aos dos
programas radiofónicos. Evitar no posible o son ou ruído de ambiente.
f. -Gravación definitiva e conversión ao formato MP3. Corrección.
g.- Sons ou fondo musical acorde co tema.
h. -Creación da páxina web na que se inserirá o arquivo de audio e o guión.
5.-Proxecto de aprendizaxe colabotativo con TIC (II): Videoconferencias Día das Letras Galegas 2008
• Resolución conxunta, a través dunha videoconferencia, das actividades propostas
nas Unidades Didácticas sobre a vida e obra da autora ou autor seleccionado no
Día das Letras Galegas 2008. Cursos: Primeiro da ESO do Instituto de Chapela e
6º de primaria do CEIPs Alexandre Bóveda.
• Lectura de poemas e establecemento dun debate.
11
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
• O material producido polos alumnos e alumnas será porteriormente colgado nas
páxinas web do IES Chapela e dos centros adscritos.
Contidos
• Utilización dos recursos TIC dos Centros para a confección, desenvolvemento,
publicación e difusión dun proxecto.
• Creación e elaboraración de novas mensaxes visuais, orais e escritos.
Actividades
• En primeiro lugar, o Coordinador de Proxectos TIC do IES Chapela porá a punto,
nos Centros, os recursos de hardware e de software necesarios para o correcto
funcionamento da actividade.
• O alumnado utilizará os recursos TIC dos centros para a resolución das
actividades. Escribirán as resolucións en formato electrónico (procesador de
textos ou software de presentacións). Temporalización: dúas clases para a
resolución das actividades.
• Deberase elaborar en clase, antes da conexión, un guión da videoconferencia, o
que vai expoñer cada un e cando o fará. Pode ser necesario realizar uns ensaios
previos.
• A continuación establecerase unha videoconferencia entre os dous Centros.
Comentarán unha a unha as actividades. As profesoras e profesores actuarán
como moderadores. Temporalización: unha hora de clase para a
videoconferencia.
• O material producido polos alumnos e alumnas será porteriormente colgado nas
páxinas web do IES Chapela e dos CEIPs, así como unha memoria gráfica da
actividade.
6.-Máis actuacións previstas para o curso 2007/08 no eido das TIC e a súa relación co fomento do uso do galego.
• Instalación interfaz de Windows XP e de Microsoft Office en Galego nos
ordenadores e aulas de informática do Centro.
• Instalación tradutor CAS_GAL da Secretaría Xeral nos departamentos e aulas de
informática do centro e da Biblioteca.
12
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
• Promoción do emprego da suite OpenOffice.org en galego
De novo a falta de tempo e, sobre todo o esforzo que levamos a cabo para familiarizarnos
coas novas ferramentas Drupal implantadas no noso centro para deseñar o portal web do
Instituto, impediunos dar a coñecer ao Claustro o potencial innovador dos xeradores de
webquest en galego. Polo que respecta ás actividades de elaboración de posts para os
blogs, chegamos a publicar sete artigos en galego de novas tecnoloxías e cinco artigos
sobre libros, todos eles elaborados polo alumnado do noso centro nun procesador de
textos e posteriormente corrixidos polo profesorado de galego e publicados polo
Coordinador de proxectos TIC.
Contamos coa grata sorpresa da publicación de dúas presentacións en powerpoint
deseñadas por alumnas e alumnos de bacharelato dirixidos polo noso compañeiro Xosé
del Seminario de Gallego. Os traballos, dunha gran calidade, están publicados tanto na
nosa web dinámica coma no espazo Slideshare (como YouTube, pero con presentacións).
Finalmente, só se puido levar a cabo a videoconferencia co CEIP de Angoren, pero algún
ano cumpriremos o noso sono de elaborar a actividade a 5 bandas, con todos os CEIP
adscritos.
Polo que respecta á implantación das interfaces dos programas en galego e do tradutor
cas-gal, non se puido conseguir, salvo en determinados equipos de uso do profesorado e
do persoal administrativo. Non obstante o noso responsable informático terá o encargo a
principio do próximo curso, cando teña que formatar os equipos dos alumnos, de implantar,
na medida en que sexa posible, interfaces en galego para MS Office, Openoffice e
Windows, especialmente nas aulas de informáticas do centro.
A continuación preséntase o grao de realización das actividades propostas. Identifícanse
cunha marca (√ ) as actividades realizadas efectívamente; cunha equis (X) as actividades
que non chegamos a realizar completamente ou as que non se realizaron. Pola outra
banda, anótanse en cor vermella as novas actividades inicialmente non propostas, pero
que se realizaron ao longo do proxecto de innovación.
13
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
Elaboración regular de posts ou artigos, por parte do alumnado do Centro para o weblog da Biblioteca do IES
Chapela √
Elaboración regular de posts ou artigos, por parte do alumnado do Centro para o weblog de Tecnoloxías das
clases de 4º ESO √
Elaboración regular, por parte do profesorado do Centro de Webquest, miniquest e buscas do tesouro. X
Uso significativo das TICs no eido da Normalización Lingüística, de xeito que os integrantes do proxecto de
innovación aprenderon, para o seu emprego en Drupal, a:
• Procesar fotografías e presentacións en PowerPoint
• Realizar gravacións dixitais de música en formato web (mp3)m para publicar podcasts.
• Empregar recursos web 2 tales como Slideshare.
• Realizar montaxes audiovisuais. Converter diferentes formatos de vídeo a FLV (permite o
streaming de vídeo: podemos empezar a ver a película antes da descarga completa do arquivo, sempre que
dispoñamos dunha conexión de banda ancha a Internet.
• Establecer videoconferencias coa tecnoloxía Skype
√
Elaboración de contidos en galego para a nova páxina web do Instituto: √
Mensaxe de benvida do Director. Vídeo promocional en galego en formato FLV. √
Publicación periódica no sitio web do IES Chapela, por parte do alumnado, de falangullos, durante polo menos
os dous últimos trimestres, sobre diversos temas de debate ou de actualidade e sobre Chapela e o seu ámbito.
Cada podcast, ademais de arquivo de audio básico, conterá un guión e exercicios de comprensión. Os exercicios
serán obra do profesor.
X
Aloxamento na web do Instituto de traballos colaborativos de galego dos alumnos. √
Resolución conxunta, a través dunha videoconferencia, das actividades propostas nas Unidades Didácticas sobre
a vida e obra da autora ou autor seleccionado no Día das Letras Galegas 2008. Cursos: Primeiro da ESO do
Instituto de Chapela e 6º de primaria do CEIPs Alexandre Bóveda.
√
Instalación interfaz de Windows XP e de Microsoft Office en Galego nos ordenadores e aulas de informática do
Centro.
Instalación tradutor CAS_GAL da Secretaría Xeral nos departamentos e aulas de informática do centro e da
Biblioteca.
Promoción do emprego da suite OpenOffice.org en galego
x
O noso centro foi seleccionado para o programa Audiovisual nas Aulas 2008. Audiovisual nas Aulas é un proxecto
que a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Comunicación e do Consorcio Audiovisual de Galicia,
xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, afrontan no presente curso escolar a súa cuarta
edición, centrada na Iniciación ás Novas Tecnoloxías para a elaboración de curtometraxes en galego
√
14
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
Tics e Normalización Lingüística: Instalación dun canón de vídeo no laboratorio de Física
A Física e a Química son ciencias experimentais, nas que o emprego das novas tecnoloxías resulta de moita axuda para conseguir os obxectivos propostos en cada nivel e acadar unha aprendizaxe realmente significativa.
No IES Chapela, as materias de Física e Química veñen sendo impartidas en galego tanto na ESO como no Bacharelato desde que empezou a funcionar o Instituto no ano 1992.
Na programación do Seminario de Física e Química expoñemos o uso das Tics que pretendemos realizar. En xeral, as actividades previstas concrétanse en:
Busca de información en web
Uso de web para realizar actividades interactivas ( formulación,..)
Experimentos virtuais ( dinámica, fluídos, leis dos gases,...)
Observación de simulacións de elaboración propia ou seleccionadas na rede, realizadas con distintos programas: Interactif Physics, Modellus, Java, Flash...,
Tratamento de datos en experimentos de laboratorio ( Excel,..)
Uso de recursos incorporados na web do departamento
Presentacións en Power Point
Neste curso, pretendemos deseñar e empregar algunha webquest
Explicación das distintas unidades integrando o uso das Tics: presentacións en power point, e visualización de simulacións en appelts, conxuntamente con experimentos de cátedra
Explicación con diaposivas do traballo experimental
Realización de experimentos virtuais de cátedra
Busca rápida de información na aula para o desenvolvemento de actividades
Traballo in situ de datos experimentais de laboratorio coa folla de cálculo Excel
Visualización da colección “ O universo Mecánico”
Visualización de DVD da colección “ A Videoenciclopedia de Demostracións de Física”
√
3.- Grao de implicación do centro e da comunidade educativa (Voltar ao índice)
O uso das TIC ofrecía unha oportunidade única para desenvolver a competencia oral en
galego dos nosos alumnos e alumnas, ao tratarse dun xeito novidoso de impartir as clases.
Neste proxecto pretendiamos combinar as ganas que os nosos alumnos e alumnas teñen
por coñecer as novas tecnoloxías e a creación de novos ámbitos de uso do galego oral que
favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas, co fin de que investiguen sobre a
zona na que viven e a dean a coñecer outros mozos. Tratarase en resumidas contas de
facilitar un achegamento interdisciplinar á aprendizaxe da lingua. Esperabamos que esta
actividade contribuíse á eliminación dos prexuízos lingüísticos ou trabas que impiden ou
15
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
uso habitual do galego por parte do profesorado e alumnado tanto dentro como fóra das
aulas.
Cada un dos pasos dos pasos de elaboración, por parte do alumnado, de guións para
podcasts e videoconferencia, de artigos para os blogs e de presentacións en powerpoint foi
supervisada e corrixida por parte do profesorado de galego e do coordinador/a do Equipo
de Normalización Lingüística do Centro, así como por parte do coordinador de proxectos
TIC e de profesorado do Departamento de Música do IES Chapela.
Dado o alto nivel de motivación dos alumnos e as súas dificultades coas novas
tecnoloxías, os profesores implicados no proxecto atenderon ás alumnas e alumnos nos
recreos e en horario extraescolar mediante correo electrónico.
4.-Actividades de formación. (Voltar ao índice)
Para a realización deste proxecto de innovación de uso e emprego de TIC para conseguir
os obxectivos de normalización lingüística contouse cos seguintes asesoramentos
externos:
- Para o Seminario Permanente Webs Dinámicas, contamos coa axuda dun asesor SIEGA
para a implantación do sistema Drupal, así como dun asesor do CFR de Vigo para
emprender os primeiros pasos no deseño de páxinas web dinámicas.
- Para o inicio do proxecto de centro Au2008, contamos con 6 horas de asesoría por parte
dunha monitora do Consorcio Audiovisual Galego. O contido das charlas versou
fundamentalmente sobre a elaboración de guións en galego para curtametraxes.
Posteriormente as alumnas e alumnos seleccionados para realizar os curtos o próximo
curso acudiron a unha proxección dunha película en versión galega nun multicinema de
Vigo.
Finalmente, o Coordinador de proxectos TIC do IES Chapela emprendeu as seguintes
actividades de formación internas:
- Obradoiros de introdución á informática dirixidos a nais e pais do ANPA, en horario de
tarde.
- Obradoiros de aproveitamento de recursos TIC do centro, dirixidos ao profesorado do
Instituto.
16
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
- Obradoiros de introdución de contidos e de imaxes en Drupal, dirixidos así mesmo ao
profesorado do centro, durante os recreos.
- Charlas sobre o establecemento de videoconferencias en ámbito Skype, dirixido a
profesorado de galego do IES Chapela e do CEIP Alexandre Bóveda.
5.- A produción de materiais. (Voltar ao índice)
Nunha grande parte dos casos, os materiais didácticos elaborados foron colgados no noso
espazo Drupal. Na relación que segue, especifícase o nome da actividade e a páxina web
coa inclusión dos devanditos materiais.
www.slideshare.net/mveiguela/proxecto-innovacin-normalizacin-lingstica-ies-chapela
Presentación do proxecto de innovación
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/taxonomy/term/66
Certame literario Letras Galegas 2008. Traballos premiados.
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/124
Podcast "Historia dun accidente".
A actividade consiste na gravación da descrición oral da "historia dun accidente" feita polo
alumnado.
1.David sitúanos no tempo: "O Sábado. día doce de xaneiro de 2008, ás 00:30 h da
madrugada produciuse un accidente de circulación na cidade de Vigo. Este sinistro foi moi
grave, xa que nel faleceron dúas persoas."
2.Graciela sitúanos no espazo: "O accidente tivo lugar na rúa Jenaro de la Fuente, no
barrio vigués do Calvario. Esta é unha avenida recta e ancha, con dous carrís de
circulación e un aparcamento en cada sentido. Nesta vía de circulación de máis de medio
quilómetro de lonxitude hai cinco semáforos e non resulta extraño ver probas de
aceleración, como sucedeu nesta ocasión, en todo o seu recorrido, segundo dín os
veciños"
3.Cristina cóntanos como foi o accidente: "Unha carreira ilegal de coches, ao parecer, que
mantiñan dous conductores. Un pilotaba o seu BMW e o outro un AUDI que circulaban en
17
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
paralelo, cada un polo seu carril. En certo momento o AUDI, que circulaba polo carril
dereito, encontra o seu espazo ocupado por outro vehículo aparcado en dobre fila, polo
que invadiu o carril do BMW, esta, á súa vez, ocupou o carril de circulación do sentido
contrario, polo que viña un turismo citroën AX ocupado por un matrimonio, co cal chocou
frontalmente. No pavimento non quedaron pegadas de freada, o cal nos permite deducir
que o impacto tivo que ser brutal".
4.Sandra fálanos das persoas implicadas no sinistro:"O matrimonio falecido, ocupantes do
turismo e veciños da parroquia viguesa de Candeán, estaba composto por Manuel de 55
anos e Dolores de 53.Os outros implicados no accidente foron dous mozos de 20 e 21
anos. O que conducía o AUDI, apodado Makelele, tiña antecedentes penais por roubos e
outro tipo de delictos. Este accidente tivo un grande impacto nos medios de comunicación:
prensa, radio, televisión e mesmo en foros de Internet".
5.Desireé preséntanos algunhas conclusións sobre o feito: "As opinións expresadas polos
participantes nos foros de Intenet sobre o accidente ocorrido en Vigo reflectiron a
tendencia a usarnos a violencia para resover a maioria dos problemas. A violencia
apréndese na rúa e; en ocasións, na propia casa, cando existen maltratos; nos medios de
comunicación; nos xogos, etc. Unha minoría apenas lle dá importancia ao sucedido. Moitos
vén como solución matar os que provocaron a morte do matrimonio, outros cren que
deberían ficar presos toda a vida, etc. Aínda que a mellor forma de resolver o problema á
aplicando a lei".
O titor do grupo 4º diversificación, José Luis Grande, fai un resumo do que narra
cadaquén: "Esra é a historia dun accidente, en Vigo, contada polos alumnos de 4º de
diversificación do IES Chapela. Na 1ª parte David sitúanos no tempo. A 2ª parte é Graciela
quen nos sitúa no espazo. Na 3ª parte Cristina cóntanos como foi o accidente. A 4ª,
narrada por Sandra, fálanos das persoas implicadas no sinistro; e na 5ª, que fai Desireé,
preséntanos algunhas conclusións sobre os feitos".
Esta actividade que se realiza co alumnado de 4º ESO de diversificación está xustificada
por varias razóns:
1. Porque a circulación e o tráfico é algo que nos afecta a todas as persoas, sexa
como conductores, sexa como peóns. é algo co que convivimos todos os días xa
que os accidentes son frecuentes.
18
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
2. Porque os alumnos e alumnas de 4º ESO realizan en este curso, na titoría, un
amplo trabalo sobre a utilización do vehículo e os accidentes de circulación. Este é
un dos apartados dese traballo.
3. O accidente que aquí narramos tivo, no noso entorno, unha elavada difusión en
todos os medios de comunicación, incluso na rede.
4. Debido á proximidade na que sucedeu algún dos implicados é coñecido por
alumnado do noso Instituto.
Materiais
Por parte do alumnado bloc e bolígrafo para escribir o diálogo no seu caderno e a busca de
música de fondo. Por parte do Coordinador TIC: equipamento TIC do centro: PC portátil e
micrófono. Procesadores de texto. Software de edición de audio: Audacity (freeware)
Espazo Drupal do Centro.
Metodoloxía
As alumnas e o alumno buscan e recopilan información na prensa e na Internet sobre o
accidente e o que se opina del, visitan o lugar do sinistro e elaboran a narración. No centro,
nas aulas de titoría: reconstrúen a narración, ordénana adecuadamente e practican a
dicción. O coordinador TIC realiza as gravacións, a montaxe en Audacity, engadíndolle
música de fondo.
Difusión
Entre a comunidade educativa do Instituto. En distintos foros educativos. No espazo Drupal
do IES Chapela.
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/120
A arquitectura eco-responsable. Tecnoloxía 4º ESO. Curso 2007/08. Traballo elaborado
polo alumnado de Tecnoloxías de 4º da ESO, curso 2007/08. Ligazón:
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/files/arquitectura_eco.pdf
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/97
Audiovisual nas aulas.Consorcio Audiovisual de Galicia. O noso centro foi seleccionado
para o programa Audiovisual nas Aulas 2008. Audiovisual nas Aulas é un proxecto que a
19
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Comunicación e do Consorcio
Audiovisual de Galicia, xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,
afrontan no presente curso escolar a súa cuarta edición, centrada na Iniciación ás Novas
Tecnoloxías, novamente con carácter experimental en once centros de ensino espallados
pola nosa xeografía, aos que se engaden os 69 restantes que asumen as fases anteriores,
Iniciación ao Audiovisual, Iniciación á Animación e Iniciación á Televisión.
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/96
Toponimia do Concello de Redondela, por Miguel Martínez Cabaleiro, de 1º Bacharelato B
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/113
Blog de Tecnoloxías da Información e da Comunicación elaborado por alumnas e alumnos
de Tecnoloxia de 4º da ESO. Curso 2007/08. Ligazón:
http://ieschapela-4esob.blogspot.com/
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/112
Webquest de Educación Afectivo e Sexual. Primeiro Premio na categoría de ensino
secundario para a webquest elaborada no IES Chapela: Amar na diversidade, vivir na
igualdade. Nivel: Educacíón Secundaria. Tema: Educación afectivo-sexual. (Resolución
conxunta do 31 de maio do 2007 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Dirección Xeral de Saúde
Pública da Consellería de Sanidade pola que se establecen as bases e se convocan
premios para o profesorado que realice webquest sobre educación afectivo-sexual para
alumnado de educación infantil e primaria e para alumnado de educación secundaria).
Ligazón:
http://www.edu.xunta.es/contidos/educacion_afectivo_sexual/concursowq/webquest/soport
e_mondrian_w.php?id_actividad=49&id_pagina=1
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/111
Webquest de Física deseñada pola nosa compañeira Lourdes Vila, do Departamento de
Física e Química. Ligazón:
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/files/webquest_dimitri/index.htm
20
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/105
O Ciclo Bretón, por Juan Abal, Yolanda Castro, Noelia Mtz. e Brais Louzao
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/104
Blog da Biblioteca do IES Chapela. Un pequeno oco no cyberespacio para que nos
escribas os teus comentarios sobre os libros que liches e que máis che gustaron. Non
dubides en falar coas túas profesoras e profesores do tema, móstralles os comentarios ou
traballos elaborados no teu caderno de clase e logo colgarémolos neste blog. ¡ É moi
sinxelo!. Ligazón:
http://bibliochapela.blogspot.com/
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/93
Presentación do Proxecto 2007/08Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística
Premio ao IES Chapela. Premio ao noso proxecto de innovación en normalización
lingüística para desenvolver no curso 2007-2008. Resolución conxunta do 1 de outubro de
2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Secretaría Xeral de
Política Lingüística, pola que se resolven os premios a proxectos de innovación en
normalización lingüística para centros de titularidade da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria para desenvolver no curso 2007-2008 convocados pola
Resolución do 28 de maio de 2007. Título do proxecto: “A relación da lingua galega coas
tecnoloxías da información e da comunicación”:
· Weblog da Biblioteca do IES Chapela.
· Weblogs de Tecnoloxía do IES Chapela
· Elaboración de Webquests
· Proxecto Podcast
· Videoconferencias Día das Letras Galegas
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/40
Benvida e localización do noso Instituto. Vídeo promocional en galego en formato Flash
Video.
21
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/99
Área restrinxida ao profesorado do IES Chapela. Póñase en contacto, por favor, co
administrador da páxina: [email protected]
Comezamos hoxe unha nova sección referida á xestión económica do centro. Nela
podedes atopar o estado de contas do centro e sobre todo de seminarios e departamentos,
ademais das diferentes actuacións do noso centro: fondos para o equipo de normalización
lingüística, para o Plan Mora, Programa de Garantía Social Modalidade B varios perfís,
proxectos de innovación, proxecto Comenius, premios de centro...
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/34
Área restrinxida ao profesorado do IES Chapela. Póñase en contacto, por favor, co
administrador da páxina: [email protected]
Documentos e formularios da Administración do IES Chapela. Selección de lexislación. Os
documentos marcados con asterisco son formularios interactivos en formato PDF. Pódense
visualizar, modificar (encher) e imprimir se se ten instalado o programa Adobe Reader 7.0
ou superior, pero non se poden gravar as modificacións. Para poder gravar as
modificacións é necesario o programa Adobe Acrobat 7.0 Professional, instalado nos
ordenadores da Sala de Profesores. Ao longo do curso 2007/08, instalarase o devandito
programa nos ordenadores dos Seminarios e Departamentos.
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/89
LEXISLACIÓN DOCENTE BÁSICA
NORMAS XERAIS
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
BACHARELATO
PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL
PROFESORADO
EQUIPOS DIRECTIVOS
NORMAS XERAIS SOBRE FORMACIÓN PROFESIONAL INICIAL
22
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
CICLOS FORMATIVOS. Organización docente.
CICLOS FORMATIVOS. Alumnado.
CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/144
Unidade Didáctica Letras Galegas 2008. Xosé Mª Álvarez Blázquez. Proxecto de
Innovación en Normalización Lingüística
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/145
Páxina conxunta IES Chapela-CEIP Alexandre Bóveda sobre a Videoconferencia “Letras
Galegas 2008. Xosé Mª Álvarez Blázquez”
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/146
Podcast "Instalacións eléctricas básicas". Tecnoloxía 4º ESO A do IES Chapela
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/140
Elementos dun ordenador. Tecnoloxías 3º ESO. Por David Comeselle, 4º ESO A. Curso
2007/08
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/147
Podcast de poesía de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Alumnado de 3º ESO de Música do IES
Chapela da clase de Miguel Pérez Lorenzo.
6.- A avaliación realizada (Voltar ao índice)
Criterios e procesos de avaliación empregados.
• Para a avaliación do proceso de traballo tívose en conta:
1. O nivel de participación.
2. A superación dos obxectivos.
3. O nivel de satisfacción co traballo realizado.
E os instrumentos de avaliación dos que dispuxemos foron:
• Proxectos ou actividades presentados por cada persoa integrante do proxecto de
innovación.
23
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
• Posta en común, unha vez por mes, no que se aproveitou para colga-las páxinas
no servidor e observa-lo seu funcionamento. Anotáronse tódalas suxerencias
que poideron xurdir e aproveitouse as postas en práctica para favorecer ó
máximo de intervencións dos participantes no proxecto.
Sobre a avaliación interna realizada, podemos dicir:
1. Avaliación da calidade técnica dos materiais presentados e relevancia dos contidos:
En xeral a calidade dos materiais é bo, aínda que mellorable.
2. Os contidos escollidos nas páxinas dinámicas elaboradas aportan en xeral
información de interés e favorecen o uso e emprego da nosa lingua noutros ámbitos
a parte das clases de galego.
3. Nivel de participación: En xeral, entendido o nivel como o grao de actividades
realizadas, é considerado alto e todos se esforzaron en facer as cousas o mellor
que poideron.
4. Superación dos obxectivos: Tódolos partipantes (alumnado e profesorado) na
actividade foron quen de acadar os obxectivos básicos á hora de crear páxinas
sinxelas coa tecnoloxía Web 2, para os blogs da Biblioteca e de Tecnoloxías, de
adxuntar arquivos, de subir imaxes co módulo IMCE de Drupal e de editar os
contidos. Fomos capaces de acceder vía FTP a determinados contidos relevantes
da páxina antiga en relación ao fomento do uso e emprego da lingua, para copialos
ou movelos á carpeta /files/ creada polos administradores do Proxecto Webs
Dinámicas: por exemplo, a webquest de Física deseñada pola nosa compañeira
Lourdes. Dous de nós especializámonos en determinados recursos Web 2 para
fomentar o uso da lingua, á hora de realizar traballos e presentacións:
a. Slideshare, para subir presentacións das nosas alumnas e alumnos en
formato Flash, para o seu emprego como materiais multimedia de apoio para
ás nosas clases
b. Vídeo streaming en Drupal co programa SUPER (conversión de videos
educativos de calquera formato en FLV.
c. Técnicas de podcasting.
d. Conversión de presentacións PowerPoint en arquivos de vídeo AVI para o
seu emprego como materiais multimedia de apoio para as clases.
24
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
5. Nivel de satisfacción co traballo realizado: Aínda sendo todo mellorable, o grao de
satisfacción é bastante alto, sobre todo tendo en conta a gran cantidade de
información xerada.
6. A calidade do materiais entregados polos asesores César Fernández (Asesor
SIEGA), Juan Antonio Graña Rodríguez (Asesor CEFORE), e a monitora do
Consorcio Audiovisual Galego, en xeral considéranse claros, sinxelos e moi
prácticos.
7.- As previsións de futuro. (Voltar ao índice)
Por outra banda, o Claustro do IES Chapela aprobou por unanimidade a implantación do
espazo Drupal do proxecto Webs Dinámicas da Consellería, para a elaboración de páxinas
webs na nosa lingua, espazo aberto á participación de toda a Comunidade Educativa: as
nosas alumnas e alumnos poderán mediante unha clave de acceso enviar determinados
traballos deste proxecto de innovación (artigos para blogs, guións para falangullos, para
videoconferencias, presentacións informáticas, ...), traballos que, gardados nunha carpeta
"borrador", poderán ser visualizados e corrixido na súa ortografía, se é necesario, por parte
dos profesores de galego, dos coordinadores ENL e de proxectos TIC, para a súa
publicación final na web do Instituto.
Ademais, logo de aprobación, tamén por unanimidade en Claustro e de presentación dun
proxecto, o noso centro foi escollido para o programa Audiovisual nas aulas 2008, a
culminación do cal será a elaboración, ao longo do curso 2008/2009, baixo a dirección do
noso compañeiro Tito, de curtametraxes en galego de ficción ou didácticas, utilizando
móbiles 3 G subministrados polo Consorcio Audiovisual Galego. Entre as actividades
programadas de elaboración de curtametraxes atópanse: sesións de cuentacuentos
(alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil), prácticas de Física (alumnado de
bacharelato), curto sobre dietas sas e saudables (alumnado do Ciclo Superior de
Dietética)...
Pensamos que con estes dous novos proxectos: a potenciación do espazo Drupal do
centro e o programa Au2008, ademais de poder contar co maior número posible de
profesorado implicado, poderemos continuar traballando no noso obxectivo común do
promoción do uso e emprego do galego dentro e fóra das aulas.
25
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
ANEXO: ENDEREZOS DE INTERNET COS MATERIAIS PRODUCIDOS (Voltar ao índice)
www.slideshare.net/mveiguela/proxecto-innovacin-normalizacin-lingstica-ies-chapela
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/taxonomy/term/66
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/124
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/120
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/files/arquitectura_eco.pdf
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/97
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/96
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/113
http://ieschapela-4esob.blogspot.com/
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/112
http://www.edu.xunta.es/contidos/educacion_afectivo_sexual/concursowq/webquest/soport
e_mondrian_w.php?id_actividad=49&id_pagina=1
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/111
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/files/webquest_dimitri/index.htm
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/105
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/104
http://bibliochapela.blogspot.com/
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/93
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/40
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/99
Área restrinxida ao profesorado do IES Chapela. Póñase en contacto, por favor, co
administrador da páxina: [email protected]
26
Memoria de realización do Proxecto “A relación da lingua galega coas TIC”. IES Chapela. Avda. de Redondela s/n 36320 Chapela. 986453330. Coordinador: José Luis Grande Grande. Curso 2007/08
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/34
Área restrinxida ao profesorado do IES Chapela. Póñase en contacto, por favor, co
administrador da páxina: [email protected]
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/89
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/144
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/145
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/146
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/140
http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/?q=gl/node/147