O principio da educación é predicar co exemplo
Turgot
É importante ler estas
indicacións antes de usar a
Mochila viaxeira.
2 1
As mochilas viaxarán de familia en familia durante quince días e seguindo un
calendario que se establecerá en cada clase.
Debedes coidar estes materiais para que todos e todas podamos gozar das
obras.
OBXECTIVO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS: Trátase de
compartir as lecturas, intercambiar opinións, expresar
comentarios e emocións, ler xuntos polo puro lecer de
comunicar intereses, temores e soños.
MATERIAL DAS MOCHILAS VIAXEIRAS:
Conto infantil e literatura xuvenil: con temas atractivos para vivir
experiencias do máis imaxinativas.
Contos e lecturas infantís ou xuvenís: en galego, castelán e
inglés.
Lectura para adultos: con temas interesantes e actuais.
Poesía: para ler en voz alta ou para ti mesmo.
Banda deseñada: unha forma de expresión moi
interesante.
Música: para escoitar moitas e moi variadas aventuras.
Película: outra forma de “ler” con toda a familia.
Caderno viaxeiro: para expresar as túas opinións,
suxerencias e reflexións.
2 2
CONSELLOS:
Achegarse a algunha librería e coñecer as
novidades editorias.
Agasallar libros nas ocasións especiais e nas
celebracións.
Crear unha biblioteca familiar con lecturas
interesantes para toda a familia.
Amosar o voso gusto pola lectura.
INSTRUCCIÓN DE XOGO:
Colocar todos os materiais nun lugar axeitado coa axuda de
toda a familia.
Cada membro da familia escollerá un libro e buscará o seu
rincón favorito: a cama, unha hamaca, o sofá, a rúa…
Ao rematar, podemos recomendarlle o libro a alguén para
que, despois de lelo, podamos intercambiar opinións.
Para ver as películas, xuntarémonos ao redor da televisión. Ao
finalizar podemos falar e opinar sobre o que acabamos de
ver.
A música pódese escoitar sós ou acompañados, pero tamén é
importante intercambiar opinións entre todos e todas.
No caderno viaxeiro incluido na mochila, convidámosvos a
escribir os vosos comentarios sobre as lecturas, as actividades
que fixéchedes ou as vosas impresións e suxestións para o
resto do alumnado. Podedes facer cun texto, un debuxo, etc.
É moi importante que cada familia comprobe que a
mochila regresa con todo o material dentro da mesma e
en boas condicións.