Manual de usuario Plug-ins navegadores
Versión en galego Equipo de desenvolvemento
MU
CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN
NOME DO
DOCUMENTO: Manual plug-ins navegadores
VERSIÓ
N: 1.0
COD. DO
DOCUMENTO:
ELABORADO POR: Equipo de desenvolvemento DATA: 16/05/2013
VALIDADO POR: Amtega DATA:
APROBADO POR: Amtega DATA:
REXISTRO DE CAMBIOS
Versión Causa da nova versión Data de
aprobación 1.0 Versión inicial 16/05/2013
Datos básicos do proxecto
Nome do proxecto
Tradutor Gaio
Código do proxecto
TGaio
CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE Este documento é propiedade da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar este material exclusivamente para os servizos que foron acordados coa AMTEGA e que requiren necesariamente da súa utilización. Está prohibida a reprodución parcial ou total, por calquera medio ou método, dos contidos deste documento para calquera outro uso non acordado coa AMTEGA .
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 3 de 17
PT_v.03.00
Índice
1. INTRODUCIÓN ........................................................................................................... 4
2. PRESENTACIÓN DO SISTEMA ................................................................................. 5
2.1. Requisitos de hardware e software .................................................................. 5
2.2. Perfís de usuario .............................................................................................. 5
3. FUNCIONALIDADES DO SISTEMA ........................................................................... 6
3.1. Plug-in navegador Firefox ................................................................................ 6
3.1.1. Instalación do plug-in de Firefox ........................................................ 6 3.1.2. Activar o botón do plug-in de Gaio na barra de Firefox ..................... 7
3.1.3. Traducir.............................................................................................. 9
3.1.4. Desinstalar o plug-in .........................................................................10 3.2. Plug-in navegador Chrome .............................................................................11
3.2.1. Instalación do plug-in para Chrome ..................................................11
3.2.2. Desinstalar o plug-in .........................................................................13
4. PREGUNTAS FRECUENTES DO SISTEMA ............................................................15
5. LISTA DE MENSAXES DE ERRO .............................................................................16
6. ANEXO I: GLOSARIO DE TERMOS ..........................................................................17
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 4 de 17
PT_v.03.00
1. INTRODUCIÓN
Este documento ten por obxectivo explicar o procedemento de instalación dos plug-ins para os navegadores Firefox e Chrome. Estes plug-ins permiten aos usuarios levar a cabo a tradución de URL sen a necesidade de acceder ao frontal de tradución (http://gaio.xunta.es). Para poder levar a cabo a tradución é necesario que o equipo utilizado estea conectado á rede da Xunta de Galicia.
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 5 de 17
PT_v.03.00
2. PRESENTACIÓN DO SISTEMA
Os plug-ins permiten levar a cabo a tradución de URL sen necesidade de acceder ao frontal de tradución.
2.1. Requisitos de hardware e software
Ter instalado o navegador Firefox (versións 13.x a 21.0) ou Google Chrome (versións 21.x a 26).
2.2. Perfís de usuario
Usuario con acceso á rede da Xunta de Galicia.
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 6 de 17
PT_v.03.00
3. FUNCIONALIDADES DO SISTEMA
3.1. Plug-in navegador Firefox
O presente plug-in está desenvolvido para funcionar nas últimas versións do navegador Firefox (13.x a 21.0).
3.1.1. Instalación do plug-in de Firefox
O proceso de instalación do plug-in de Firefox é tan simple como arrastrar o ficheiro gaio_firefox.xpi sobre o navegador. Unha vez realizada esta acción apareceranos unha pantalla como a que vemos a continuación:
Unha vez lanzado o proceso de instalación, o navegador indicaranos que debemos reiniciar para que os cambios realizados sexan operativos.
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 7 de 17
PT_v.03.00
Unha vez reiniciado o equipo, poderemos ver na pestana de complementos o compoñente Opentrad instalado.
3.1.2. Activar o botón do plug-in de Gaio na barra de Firefox
Cando teñamos instalado o plug-in deberemos proceder á activación do botón de
chamada na barra de Firefox. Para facelo, deberemos activar a barra de menús de
Firefox, premendo no botón de Firefox → Opciones → Disposición de las barras de
herramientas.
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 8 de 17
PT_v.03.00
Apareceranos entón unha xanela como a da figura seguinte na que poderemos
“arrastrar” o logo de Opentrad até a barra de menús de Firefox.
Na seguinte figura podemos ver como queda finalmente o botón para lanzar o plug-in,
destacado en vermello.
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 9 de 17
PT_v.03.00
Figura i: detalle da icona do plug-in de Gaio para o navegador Firefox.
3.1.3. Traducir
Cando prememos o botón do plug-in aparece unha xanela que nos permite seleccionar
a dirección de tradución.
Seleccionamos a dirección e ao premermos o botón Traducir, lanzaremos a tradución da
web que estea activa nese momento no navegador.
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 10 de 17
PT_v.03.00
3.1.4. Desinstalar o plug-in
O proceso de desinstalación é simple, abonda con acceder aos complementos de Firefox e premer o botón de eliminar asociado ao plug-in. Firefox indicará a necesidade de reiniciar o navegador para completar o proceso de desinstalación.
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 11 de 17
PT_v.03.00
3.2. Plug-in navegador Chrome
O presente plug-in está desenvolvido para funcionar nas últimas versións do navegador Chrome (21.x a 26).
3.2.1. Instalación do plug-in para chrome
O proceso de instalación é semellante ao descrito para Firefox. Neste caso deberemos abrir a pestana das extensións de Chrome e “arrastrar” o ficheiro gaio_chrome.crx ao navegador.
Unha vez “arrastrado” o compoñente, Chrome mostraranos un cadro de diálogo como o
seguinte:
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 12 de 17
PT_v.03.00
Confirmamos que queremos engadir e procederase á instalación do compoñente.
Chrome indicaranos que se levou a cabo a instalación e a forma de activar o
compoñente.
Unha vez instalado, podemos levar a cabo a tradución de URL entre os sentidos de
tradución que teñamos no noso sistema de tradución automática.
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 13 de 17
PT_v.03.00
3.2.2. Desinstalar o plug-in
Para levar a cabo a desinstalación do plug-in abonda con acceder ao apartado de extensións e proceder ao borrado do plug-in.
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 14 de 17
PT_v.03.00
Se prememos a icona do lixo aparecerá o seguinte cadro de confirmación:
Ao premer o botón Eliminar, borramos o plug-in do noso navegador.
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 15 de 17
PT_v.03.00
4. FAQ´S DO SISTEMA
(Dúbidas frecuentes no uso do sistema e a súa resolución.)
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 16 de 17
PT_v.03.00
5. LISTA DE MENSAXES DE ERRO
Código Descrición Gravidade Solución
Páxina non atopada ou de acceso restrinxido Media Comprobar que o servizo web
de tradución de URL está
activo. Comprobar que a
base de datos (para
almacenamento das
estatísticas) está operativa.
O navegador indica que non puido atopar a páxina
gaio.xunta.es
Baixa O usuario está accedendo
desde un equipo que non
está conectado á rede da
Xunta. Non ten acceso ao
dominio gaio.xunta.es
Manual_instalacion_plug-ins Páxina 17 de 17
PT_v.03.00
6. ANEXO I: GLOSARIO DE TERMOS
(Conceptos e termos que se empregan no documento e que son importantes para comprender a funcionalidade do mesmo)