O ENTROIDO NA POESÍA POPULAR GALEGA CEIP V. da LUZ de PORTOMARÍN
CURSO 2010-2011
De luns a mércores
xogaremos a disfrazar,
o xoves traemos todo
vén listo para disfrutar.
Venres é día de festa
e vés como ti queiras
nos recreos a parodiar
á tarde festival para rematar.
Ai vén o Entroido
polo teu corredoiro
vestida cuns farrapos
e un papadoiro.
Adiós martes de Entroido
adiós meu queridiño
ata Domingo de Pascua
non che como máis touciño.
Non hai mércores de cinza
sen lúa chea.
Non o tomes a mal
que estamos en Carnaval.
Entroido larafuzán,
comíchesme a carne
e deixachesme o pan.
O San Matías
anda co Entroido ás pofías.
Entroido seco, pascua mollada.
O Entroido coas súas artes
botou a San Matías fora do martes.
Chegan como divertimento
típicos Carnavais
con comparsas e parranda
comparsas e os xenerais.
Ándate cara lavada
cara de facho candil,
ollos da miña cadela e
barriga do tamboril.
A súa maxestade estame a falar
con palabras tan groseiras
senon cala a sua boca
voulle romper as orellas. 6º Curso