XUNTA DE GALICIAI. E. S. Aquis Celenis36650 Caldas de Reis
986 54 03 58 - Fax 986 5410 [email protected]
.es
O Claustro do IES Aquis Celenis, en reunión celebrada o día 16 de setembro de 2011 quere
mostrar a súa oposición e malestar polo desprezo que se percibe desde a Administración de cara á
comunidade educativa deste centro e tamén ó equipo directivo, encargado de solicitar as prazas do
profesorado e as materias que lles corresponde impartir atendendo ás necesidades do centro.
O feito é que neste curso se solicitaron, entre outros, un profesor/a de Lingua Española e outro/a
de Ciencias Sociais, pero a Administración, facendo caso omiso á solicitude adxudicou para a praza de
Lingua Española un profesor de Filosofía, e para a de Ciencias Sociais unha profesora de Lingua Galega.
A situación repítese, xa que o curso pasado sucedeu o mesmo, ó asignar un profesor de Debuxo para unha
praza de Bioloxía e Xeoloxía.
Aínda con esta situación irregular, o centro reelaborou os horarios en tempo para comezar o
curso, pero o claustro de profesores/as considera que é inaceptable empezar o curso nestas condicións.
Tendo en conta que esta situación prexudica gravemente o alumnado, e como consecuencia a calidade do
ensino público, e na esperanza de que haxa unha solución inmediata por parte da Administración
educativa, decidiuse informar hoxe ó alumnado presente e ás familias desta situación, e pospoñer o acto
de presentación de alumnos/as para o vindeiro luns.