O mito de Prometeo
O mito de Prometeo
Os mitos son “historias da tribo” e viven “no país da memoria”
Mito é un relato tradicional, trasmitido de xeración en xeración, que refire a actuación memorable e exemplar dunhas personaxes extraordinarias nun tempo prestixioso e distante
O mito de Prometeo
Prometeo permanece indisolublemente unido á humanidade, pois del recibiu os seus coñecementos e técnicas
O mito de Prometeo
Explica os aspectos básicos da cultura e da
civilización occidental, dado que contribúe a
catro grandes momentos para a humanidade:
O pacto relixioso cos deuses, o sacrificio
A posesión do lume
A invención do traballo
A fabricación da primeira muller
O mito de Prometeo
Zeus anoxouse terriblemente cando se decatou da burla e decidiu como castigo quitarlles o lume aos homes
O mito de Prometeo
O valente fillo de Xápeto burlouno cando roubou o fulgor, que se ve desde lonxe, do lume incansable nunha cana oca
“Prendín a miña antorcha no sagrado lume e trouxello aos homes”
O mito de Prometeo
O mito de Prometeo
De novo se enfureceu Zeus cando descubriu o roubo do lume celeste, e entón preparou un castigo dobre: condenou a Prometeo a ser encadeado nos cumes solitarios do Cáucaso
O mito de Prometeo
O Titán encadeado non pode nin fuxir nin defenderse, mentres a aguia crava as súas garras negras no seu corpo e co peteiro abre o costado dereito
O mito de Prometeo
Zeus encargou a Hefesto, o divino artífice, que fabricara o ser máis encantador da creación, a muller, e con el obsequiou aos homes
A creación de Pandora
O mito de PrometeoCada un dos deuses colocara nela un don: Atenea ensinoulle as mañas femininas do tear, e tamén Afrodita verteu a graza sobre a súa cabeza e o cruel desexo e as penas do amor que devoran o corpo
O mito de Prometeo
Dise que Prometeo advertira a seu irmán Epimeteo que desconfiara dos regalos de Zeus, anoxado como estaba coa raza humana polos asuntos do lume e do sacrificio. Mais Epimeteo desatendeu os consellos de seu irmán e non soubo resistirse aos encantos de Pandora.
Aceptouna Epimeteo e logo de chegar Pandora provocou unha desgraza terrible entre o xénero humano.
O mito de Prometeo
O mito de Prometeo
Había unha caixa ou unha xerra que contiña todos os males do mundo, pero como non se podía abrir, estaba prohibido, os homes non sabían que había dentro. E Pandora, a moi curiosa, abriuna e encheu a terra de calamidades.
O mito de Prometeo
Din que unha única cousa quedou dentro cando conseguiu tapar o recipiente: a esperanza
O mito de PrometeoPrometeo recibe tamén o seu castigo merecido: permanece encadeado nun penedo no Cáucaso, mentres que cada día unha aguia lle roe o fígado, que se reproduce cada noite
Ata que Heracles o liberará só cando aprenda a lección e non queira reincidir
O mito de Prometeo
Nos versos de Esquilo vemos a un Prometeo orgulloso da súa fazaña, que significou o comezo da civilización e da cultura, pois todas as artes e técnicas xurdiron entre os homes grazas ao seu don
Platón ofrécenos unha versión na que Prometeo é o introdutor do progreso técnico pero non da convivencia política, base dunha civilización asentada na moral e na xustiza, que son dons de Zeus. Así pois, cóntasenos a través do mito de Prometeo as orixes da civilización
O mito de Prometeo
O mito de Prometeo
A primeira versión que dá testemuña de Prometeo como un deus que modela a partir do barro o primeiro ser humano atópase nun fragmento de Filemón, un autor cómico do século IV aC.
O mito de Prometeo
Como un heroe por salvar a humanidadeComo un home libre, que loitou por conseguir o progreso da humanidade a través do control do lume, que simbolizou sempre a orixe da civilización e, ao mesmo tempo, a busca da liberdade
Co paso do tempo a interpretación sobre a figura de Prometeo foi dobre: