Traballo realizado polos
alumnos de 2º B
Curso 2010/11
Os mamíferos Son animais vertebrados, teñen
ósos.
Son vivíparos, nacen da barriga da súa nai.
Cando son pequenos maman.
Teñen o corpo cuberto de pelo e catro patas.
Poden ser carnívoros, herbívoros ouomnívoros.
Hainos salvaxes e domésticos.
Respiran aire polos pulmóns.
A maioría vive na terra.O gorila é un animal mamífero.
As aves Son animais vertebrados,
teñen ósos. Nacen de ovos, son ovíparos. O seu corpo está cuberto de
plumas. A súa boca é un peteiro. Teñen
dúas patas e dúas ás para voar.
Constrúen niños para poñer os ovos.
Hai aves domésticas e aves silvestres que son as que viven en liberdade.
As cegoñas son aves silvestres.No inverno migran en bandadas buscando lugares máis cálidos.
Os peixes Son animais vertebrados,
teñen ósos. As crías dos peixes nacen
de ovos que pon súa nai, son ovíparos.
Respiran por branquias. Desprázanse nadando
grazas as súas aletas e a cola.
Hai peixes de mar e peixes de río.A temible quenlla e o simpático
cabalo de mar son peixes.
Os réptiles Son animais vertebrados.
Son ovíparos, poñen ovos.
Teñen o corpo cuberto de escamas ou unha cunchadura coma a tartaruga.
Para moverse, arrástranse polo chan ou reptan, por iso se chaman réptiles.
Viven no mar ou na terra e teñen o sangue frío.
A lagarta é un réptil. Gústalle moito tomar o sol nas pedras.
Os anfibios A píntega é un anfibio.
Son animais vertebrados, teñen ósos.
Teñen a pel húmida e lisa.
Son ovíparos porque nacen de ovos.
Respiran pola pel e polas branquias cando son novos e pola pel e os pulmóns cando son adultos.
Os anfibios cambian de aspecto dende que nacen ata que son adultos, esta transformación chámase metamorfose.
Os insectos Son animais invertebrados,
non teñen ósos. Teñen seis patas e dúas
antenas. Son ovíparos porque nacen
de ovos. Case todos teñen ás para
poder voar, pero algúns como a formiga desprázanse por terra grazas as súas patas.
A formiga é un insecto.
Pode levar cousas moi grandes.
O tigre O tigre é un animal
mamífero. É moi grande e ten os
dentes cairos moi afiados. Aliméntase de carne. É
carnívoro. Ten raias negras que lle
permiten pasar polas herbas altas sen que o vexan.
Vive na xungla de Asia.
O tigre é moi bo cazador. Parece un gato moi grande.
O coala O coala é un mamífero
vertebrado, ten ósos. Ten a cabeza grande,
nariz negro e súa pel é de cor gris.
A cría pesa ao nacer 6 g. A súa nai protéxeo de todos
os perigos levándoo dentro da bolsa (marsupio) que ten na barriga, mentres é pequeno.
Vive nos bosques de Australia.
O coala come follas de eucalipto, é herbívoro.Durme moitas horas ao día.
O peixe pallaso Este é o peixe pallaso. Vive
no mar. Caracterízase polas
intensas cores vermella, rosa ou laranxa e branca.
É omnívoro. Vive nos arrecifes de coral
e escóndese entre as anémonas que son velenosas, pero a el no lle afecta este veleno.
O peixe pallaso séntese protexido entre as anémonas.
A gaLÁPAGO A galápago é a tartaruga de
terra máis grande do mundo, pode chegar a pesar 200 quilos.
Pon entre 2 e 16 ovos que enterra na area.
Nos días calorosos gústalle meterse nas charcas.
É herbívora, come follas, froitos e cactos sen picarse coas súas espiñas.
Poden vivir ata 150 anos.
A tartaruga ten unha cunchaque lle serve para protexerse dos seus inimigos.
O loro O loro é unha ave. É vertebrado, ten ósos. Teñen plumas de cores moi
vistosas. Viven en parellas, e duran 50 ou
60 anos.
É omnívoro. Vive nos bosques ecuatoriais de
África. Os loros poden aprender a falar.
Algúns chegan a aprender ata 500 palabras.
A ra fresa A ra é un anfibio, pode
vivir dentro e fóra da auga.
Só mide 15 milímetros e é unha das ras máis velenosas do planeta.
Só con tocala pode ser perigoso polo veleno que a envolve.
Vive en rexións tropicais de América do Sur.
A pesar do seu pequeno tamaño e das súas bonitas cores, é un animal moi perigoso.
O canguro O canguro é mamífero. Ten unha bolsa chamada
marsupio na barriga para levar ao seu fillo.
As patas dianteiras son pequenas e as traseiras e a cola son grandes e fortes para axudarlle a saltar.
Os seus saltos son moi grandes. É herbívoro, come herba, froitas
e raíces. Vive nos bosques de Australia. A cría non sae da bolsa
ata os seis meses.
O colibrí O colibrí é a ave máis
pequena, mide uns 5 cm. A maioría dos colibrís
teñen as plumas de cores brillantes.
O peteiro é moi longo e delgado.
Alimentase do néctar das flores.
Vive nos bosques de América.
Cando está comendo pode manterse parado no aire sen caer.
0 ESQUÍO O esquío é mamífero. É pequeno con pelo marrón,
ten catro patas, ollos brillantes, dentes afiados e unha gran cola peluda.
O esquío é herbívoro. Come sementes, froitos secos, landras, cascas e brotes tenros.
Viven no bosque, nos ocos das árbores ou nos niños desocupados das aves.
Os esquíos hibernan. No outono recollen moita comida que esconden para poder pasar o inverno.
O tero O tero é unha ave. As súas plumas son de cor
gris con branco, negro e pardo.
As súas patas son longas e delgadas.
O seu peteiro e os seus ollos son de cor vermello.
É insectívoro. Vive nos campos, preto de
lagos e ríos, de Arxentina e Uruguai.
Ten un grito característico que soa coma o seu nome (teru, teru).
A xirafa A xirafa e un animal
mamífero. É o animal máis alto do
mundo, ten manchas marróns e uns pequenos cornos.
É un animal herbívoro, come follas, herbas, froitos e flores.
Vive na sabana de África. Dorme moi pouco. Para poder beber ou comer a
herba do chan ten que separar moito as patas dianteiras.
Vive nas sabanasde África.
A balea azul A balea azul é un mamífero
mariño. Pode medir 25 metros, é o
animal máis grande do mundo.
O seu ventre ten unha cor agrisado e o lombo é azul ou gris azulado.
A súa cabeza é moi longa e fina.
Non ten dentes, ten unhas barbas que saen da mandíbula superior.
Aliméntase de krill, plácton e peixes moi pequerrechos.
O perezoso É un mamífero.
Ten pelo, e catro patas rematadas en garras, que lle serven para agarrarse.
Es herbívoro. Aliméntase de follas das árbores.
É o animal máis lento. Para camiñar un só metro tarda 2 minutos.
Durme unhas18 horas ao día.
Vive nas selvas de América.
Sempre está colgado das ramas das árbores e os pelos médranlle desde o ventre ata ao lombo.
O pavo real O pavo real é unha ave. O macho ten un fabuloso
abanico na cola que usa para namorar á pava.
A femia é máis fea, de cor marrón.
É omnívora. Ten vista e oído excelente
que lle permite escapar dos perigos.
Vive nos bosques.
A cola do pavo real é moi grande e cando a abre ten unhas pintas redondas que semellan ollos.
O raposo É un animal mamífero. Ten pelo abundante de cor
gris e vermello, ten o morro branco ,as orellas grandes, e a cola larga e moi peluda.
Omnívoro, come roedores, paxaros, ovos, peixes e sementes.
Habita nos bosques. Cando se acerca as casas
come as galiñas e ovos.
O raposo aparece nas fábulas como un animal moi astuto que trata de enganar aos demais.
O golfiño O golfiño e un mamífero
mariño. Ten aletas, unha cola e a
súa boca ten forma de peteiro de parrulo.
Da a impresión de que o golfiño sorrí, iso débese á forma do seu fociño.
Vive no mar en grupos. O golfiño e carnívoro,
aliméntase de peixes pequenos.
Gústalle saltar e sempre se acerca aos barcos.
O gato O gato é un mamífero
doméstico. E un animal pequeno e
ten un pelo moi suave. E carnívoro. Bo cazador,
come ratos e paxaros. Vive co home na casa. É bo animal de compañía,
porque é moi cariñoso. Vive uns quince anos.
A gata pode ter ata seis crías nunha soa camada
O pingüín Este e o pingüín
emperador. É una ave que non voa,
pero nada moi ben As súas plumas cortas e
grosas son impermeables, así non pasa frío.
Aliméntase de peixes, e carnívoro.
A femia pon o ovo e o macho incúbao levándoo sobre os seus pes e cubríndoo coa súa pel.
Vive nos mares fríos do sur.
A foca A foca e un mamífero
mariño . Ten catro patas en forma
de aletas para nadar. Non ten orellas. E carnívoro come peixes. Vive en case todas as
zonas costeiras frías. Baixo a pel ten unha capa
de graxa que a protexe do frío.
Debido á forma das súas patas, é moi torpe en terra pero é unha gran nadadora.
O xaguar O xaguar e un animal
mamífero salvaxe moi parecido a o leopardo.
O seu pelo é de cor amarelo dourado con manchas negras recheas de marrón.
E un animal carnívoro.caza sempre ao anoitecer.
Vive nos bosques húmidos de América do Sur .
O xaguar nada moi ben.
O Xaguar parece pesado pero é moi áxil. Pode trepar ás árbores.
A ORCA A orca é un mamífero
mariño. Vive uns setenta anos. Poden medir ata 10 metros e
pesar ata 5.000 quilos. E carnívoro, come peixes,
calamares, aves mariñas… Vive nos mares fríos. Comunícase con uns sons
característicos. É un animal moi intelixente.
As orcas acostuman a ir en grupo.
Oso polar É o mamífero carnívoro
mais grande. Ten unhas poderosas
garras que lle serven para cazar.
É omnívoro, aliméntase de focas, peixes e pequenas aves, ovos, algas…
É moi bo nadador. Vive nos lugares máis
fríos do Norte.
O seu pelo branco sérvelle para camuflarse na neve e protexerse do frío.
O coello O coello e un animal
mamífero. Ten as orellas grandes e
teñen as patas traseiras máis longas cas de diante.
E herbívoro. Vive en bosques, en
coelleiras, que escavan baixo terra.
O coello pode vivir na granxa.
Pesa entre 2 e 3 quilos.
A femia ten seis ou máis crías por camada.
Tiburón branco O tiburón e un peixe
xigante, pero moi flexible. A súa pel é áspera, se a tocas
parece papel de lixa. O tiburón branco e
carnívoro. Detecta os golfiños, baleas e os peixes a distancia, grazas ao seu gran olfacto.
Despois atácaos por debaixo, tratando de morderlle no ventre.
Os dentes do tiburón son moi afiados e cada vez que un dente lle cae, nace outro no seu lugar.