O TEXTO ARGUMENTATIVO
DEFINICIÓN
Son textos nos cales o emisor expón as súas
ideas ou opinións para demostrar a veracidade
dunha tese que defende como certa ou para
rebater a que ten como falsa. Inténtase
convencer ou persuadir ao interlocutor.
Clases de textos argumentativos
A.- Segundo o ámbito da comunicación:
Coloquiais: comunicacións familiares e con amigos, por ex. cando intentamos convencer un amigo para que saia.
Formais: actos máis portocolarios, como cando un avogado realiza a defensa dun cliente.
B.- Segundo a canle utilizada:
Orais: debates, mesas redondas, publicidade da radio e TV
Escritos: editorial dun xornal ou folleto publicitario.
A estrutura máis frecuente:
Estrutura dos textos argumentativos
Introdución +
Tese + Argumentos +
Conclusión
Introdución: Preséntase o tema intentando unha recepción favorable no interlocutor.
Tese: Idea fundamental que se quere defender ou rebater.
Argumentos: Razoamentos que se empregan para convencer o receptor de que a tese é certa.
Conclusión: Reafirma a tese da que se parte.
Tipos de argumentos segundo o contido
1. Argumentos lóxico-racionais: son os siloxismos
Argumentos por analoxía: Conparando dúas situacións, seres ou cousas diferentes.
Razoamentos por causa: Establécese unha conexión causal entre dous feitos que fundamentan e a tese.
Razoamento sintomático: os indicios ou sinais son os que nos din se existe un fenómeno.
Argumentos de feito: Os que se basean en datos estatísticos.
Razoamento por exemplos: a partir de varios casos similares, constrúese unha tese común, que se aplica a un novo caso do mesmo tipo.
2. Argumentos subxectivos: menos exactos e dependentes da opinión xeral.
Argumentos de autoridade: citando o testemuño dunha persoa con prestixio.
Argumentos emotivo-afectivo: apelan aos sentimentos dos receptores provocando unha reacción de simpatía ou rexeitamento.
Arguemtos legais: os baseados nas leis.
Argumentos persoais: Apélase á confianza que inspira o emisor.
O “Fetichismo de masas”: a maioría ten a razón e elixe o correcto.
Argumentos ad hominen: Rexéitase a opinión allea atacando á persoa que a mantén, sen entrar no tema da disputa.
As ideas aparecen ordenadas e claras. Preguntas retóricas para atraer a atención do receptor. Abundan os conetores causais, consecutivos, condicionais,
etc. que permiten unir argumentos e tese. Oracións subordinadas que fan depender unhas ideas
doutras. Complexidade sintáctica. Apoio dos argumentos con exemplos, citas, enumeracións,
etc. Uso de fórmulas que implican ao interlocutor, como o
emprego da 1ª e 2ª persoa de plural no canto do singular. Uso de verbos con significado neutro: ter, ser, crer, etc. Moitas expresións impersoais e obxectivas en terceira
persoa. O tempo máis usual é o presente, xa que a argumentación
ten un aspecto de verdade por enriba do tempo. Proliferación de metáforas, antíteses, sinonimia,
paralelismos que facilitan a comprensión. Acada grande importancia o significado connotativo das
palabras.
Características lingüísticas dos textos argumentativos
De seguido poderedes ver un exemplo de
texto argumentativo oral no cal se explica
cal é a situación económica actual no
mundo, en palabras de Miguel Ángel Revill,
para o programa La Sexta Noche.