Román Cerqueiro Landín Dpto. de Lingua Galega IES de Porto do Son - Curso 2010/2011
O único que queda é o amor
Agustín Fernández Paz (autor/a) e Pablo Auladell (Ilustrador/a) Colección: INFANTIL E XUVENIL>EDICIÓNS SINGULARES Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007 - 5ª Edición Premio Literario Frei Martín Sarmiento (3º ESO a Bacharelato) - Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 - Lista de Honra do IBBY, 2010
GUIÓN DE TRABALLO
1. Cal é o fío común (ou fíos) dos relatos que compoñen este libro?
2. Como é a vivencia do amor nos personaxes que protagonizan estas historias?
Podemos falar de relacións satisfactorias ou frustrantes? Que motivacións,
condicionamentos, etc. hai detrás desas vivencias?
3. Escolle tres contos e describe os personaxes centrándote nas súas reaccións,
reflexións e actitudes ante o amor.
4. A lectura e os libros son elementos predominantes en todos os relatos. Que
papel xogan?
5. Tamén a saudade, o sentimento de tristura motivado pola ausencia e o
afastamento de alguén ou da terra, está presente nalgúns contos. En cales?
Como?
6. A morte é unha presenza que paira sobre algúns relatos, sendo nalgúns unha
clave fundamental que lles dá sentido. En cales está presente? Por que?
7. Comenta as impresións que che causan as ilustracións de Pablo Auladell que
acompañan o texto e a relación que gardan coa trama dos relatos?
8. Que valoración che merece o libro?
Recommended