OS AROMAS
DO NOSO PATIO
OBRADOIROS AROMÁTICOS
CEIP RICARDO GASSETO INCIO - PRIMAVERA 2014
OBRADOIROS DE AROMAS
O ano pasado prantamos no noso xardín distintas
prantas aromáticas e este ano como xa medraron,
decidimos facer algo con elas, así que puxémonos
en marcha cun obradoiro de aromas.
Queremos descubrir o uso das prantas aromáticas,
e para iso imos investigar sobre unhas cantas que
temos na nosa escola: lavanda, tomelo, romeu,
perexil… pero tamén sobre o uso dalgunhas flores
ben olorosas como as rosas e o azahar.
A PLANTACIÓN DO ANO PASADO
Ao longo deste tempo puidemos traballar:
As distintas sensacións que nos producen: olfativas, visuais, táctiles…
Coñecer os seus usos na menciña, na cociña, na cosmética, na decoración, etc.
Secamos algunhas para ver se conservan as súas propiedades. E vimos os seus usos.
Elaboramos tónicos artesanais como a auga de rosas.
Observámolas e debuxámolas e mesmo pintamos coas súas flores.
Aprendemos algunhas adiviñas e poemas tradicionais nos que se mencionan e logo fixemos con eles unlibriño primaveral.
INVESTIGANDO Para poder empezar
fixemos unha visita
aos macizos de
aromáticas que temos
no noso patio.
VER E ULIR Tras miralas e ulilas,
empezamos pola
lavanda pois é a que
xa ten flor.
TOCALAS E DISTINGUILAS
Empezamos por desfacer as ramas pois so nos serven as follas e as flores, postoque son as que teñeno olor.
Deixamos a secar unsdías na nosa clase e así tamén desfrutamos do seu aroma.
Mesturamos as follas e usámolas.
OS SEUS USOS Soubemos dos seus usos
na menciña, no mundo dos perfumes e mesmo naaromaterapia.
E tamén como ambientadores para os armarios para dar bo olor á roupa e tamén para previras pragas da couza, e preparamos uns saquiñosperfumados para os seuscuartos e armarios con estas herbas e flores. Parécenos unha boa maneira de respectar a vida e o noso planeta senter que utilizar os prexudiciais aerosoles.
AS TARXETAS Escribimos unha
tarxeta para que as
nosas familias tamén
coñezan as súas
propiedades
OLEATOS
E mesmo preparamos
uns cantos “oleatos”ou
aceites aromáticos
que teñen propiedades
relaxantes e nutritivos
para a pel.
TRES AROMAS Fixéronse tres
diferentes, un rosas
usando flores, outro de
lavanda usando
prantas e outro de
froitos usando pel de
laranxas e
mandarinas.
Ummm… que ben
ulen!
A RECEITA Escribimos a receita
para poder repetilo na
casa coas nosas
familias se lle apetece.
AUGA DE ROSAS Utilizamos variedades
de rosa que si teñenolor, e con elaslevouse a cabo este obradoiro no que se preparou un tónico que logo levaron de regalo para as familias e que tamén se obsequiou aos avósda residencia da 3ª idade do Incio o día que tivemos a convivencia con eles
ONDE ESTÁ O OLOR Sabiamos o que
tiñamos que facer pero faltaba por saber ondeestaba o seu olor se nos pétalos ou no resto.
Unha vez descubertoque eran os pétalos, puxémonos a traballar: pétalos, auga e deixarmacerar nun lugar oscuro durante 24 horas.
O ETIQUETADO Preparamos as etiquetas
dos frasquiños co nomedo contido e os seususos e propiedades.
E escribimos no ordenador a receita cosingredientes e os pasos a seguir.
Soubemos dos usos das esencias en productos de uso cotiácoma os xabróns e os perfumes.
AUGA DE AZAHAR Esta é unha flor nova
para eles que non
coñecen e que lle
chama a atención polo
seu intenso aroma.
Chamoulles
especialmente a
atención que se utilice
tamén para uso
culinario.
PINTAR CON FLORES No noso patio hai
tamén flores de moitas
cores e por iso
aproveitamos para
pintar cos seus pétalos
e logo aproveitamos
para facer con eles a
portada do noso libriño
primaveral ao cal
engadimos esencia de
violetas para
aromatizalo.
Un dos poemiñas
“Paxariños que voades
polas ramas dos loureiros
deixade durmir ao neno
que está no sono primeiro.”
ALGUNHAS ADIVIÑAS
Para rematar xa,
ti queres xogar con
nós?Pois adiviña
entón:
“Cun velo de tul
e un anaquiño de pan
formaremos unha flor,
sabes ti dicirme cal?”
“ Cando chega o botempo
encho todos os campos
coa miña cara amarela
e o meu babeiro branco”
“ Coa miña cara vermella
e o meu ollo negro
co meu vestido verde
o campo aledo”
Cal é a flor
que é a máis fermosa,
de máis cor
e a máis preciosa?
“Xira e xira e xira
sempre mirando ao sol”
CÁNTO XOGO NOS DEU
O NOSO PATIO ESTA
PRIMAVERA!
E para o ano seguiremos
aprendendo, xogando e gozando do noso fermoso patio