ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE ESPAÑA
OS DESEQUILIBRIOS REXIONAIS
O homo antecessorThe big family
Nada limpio a que jugar, ni objetivosque cumplir; tus ilusiones morirán...días grises hasta el fin y en tus ojos
una luz se apaga. Ojos tristes al mirar los mapas...
Quimi Portet e Manolo García (El último de la fila)Dulces sueños
Organización territorial de EspañaOs desequilibrios rexionais
Tema 10. 386-411 (399-416 NE)
► Introdución. Primeiros datos. (División político administrativa: Comunidades Autónomas e provincias. Extensión e habitantes anexo libro) (VER E ESTUDAR MAPA PÁX. 391)
► Algunhas consideracións previas: (Esta presentación)► Evolución histórica da organización político
administrativa (páx. 387-389) A época antiga. (páx. 387) A época medieval. (páx. 388) A época moderna (páx. 388-389): O legado dos Reis Católicos e os
Austrias: XVI-XVII. O reformismo borbónico: O Estado Centralizado. XVIII.
► A construción de España na Idade Contemporánea: uniformidade ou pluralidade? (páx. 389-394)
O século XIX: A división provincial contemporánea. (páx.389) O século XX: De rexión á comunidade autónoma. (páx. 390-394)
Organización territorial de España Os desequilibrios territoriais
Tema 10. 386-411 (399-416 NE)
► Os desequilibrios territoriais (páx. 395-398)
► Diferenzas espaciais (páx. 395): causas, evolución e indicadores.
► Os eixes dinámicos (páx. 397)► Os eixes en declive (páx. 398)► Os espazos menos dinámicos (páx. 398)► Os desequilibrios en Galicia (presentación) ► As políticas rexionais de cohesión territorial (páx. 399-406)► A política rexional do Estado (páx. 402-404)► Obxectivos (páx. 402)► Instrumentos (páx. 402-404): os Fondos de Compensación Territorial.► A política rexional e de cohesión da UE (páx. 399-402)► Obxectivos (2007-2013) (páx. 399-400)► Instrumentos: fondos estruturais e fondos de cohesión. (páx. 401)► Repercusións da política rexional europea. (páx. 402)
Preguntas:► Que é unha Nación?► É o mesmo Nación que Estado?► Que é un Estado?► Existen Nacións sen Estado► Que é un Estado unitario?► Que é un Estado unitario centralizado?► Que é un Estado unitario descentralizado?► Que é un Estado federal? e unha confederación?► Que é unha Rexión?► Como consideras a España no ordenamento
xurídico actual?► Que é unha rexión xeográfica?
Nación►Nación, en sentido estrito, ten dúas
acepcións: a nación política, identificada co Estado e a nación cultural identificada como comunidade histórica cuxos habitantes se senten unidos por aspectos comúns, como a historia, a cultura, a lingua, os costumes...
Estado►O concepto de Estado difire
segundo os autores, pero algúns deles definen o Estado como o conxunto de institucións que posúen a autoridade e potestade para establecer as normas que regulan unha sociedade, tendo soberanía sobre un territorio determinado.
Estado Unitario► Un Estado Unitario é aquel onde existe un só centro
de poder político que estende o seu accionar ao longo de todo o territorio do respectivo Estado, mediante os seus axentes e autoridades locais, delegadas dese mesmo poder central
► O estado francés caracterízase por este modelo. ► O estado unitario descentralizado: o núcleo
constitutivo deste é único pero descentraliza algunhas competencias en administracións territorias menores. A España das Autonomías por exemplo.
Estado Federal► Unha federación (do latín foedus, pacto) é un
Estado conformado pola reunión de varias entidades territoriais. Tamén adoita denominarse estado federal ou república federal e, xeralmente, ten un sistema político republicano e excepcionalmente monárquico. O modelo de EE.UU. é un exempo.
► O estado confederal seméllase ao modelo federal pero aínda son máis autónomas as entidades territoriais constitutivas dun estado. Suiza é un exemplo.
Rexión► Espazo dotado dunhas características comúns físicas,
naturais, históricas, culturais ou económicas.► Unha rexión xeográfica é unha división territorial dun
Estado ou conxunto de Estados determinada por caracteres étnicos ou circunstancias especiais de clima, economía, topografía, administración, goberno, etc.
► O concepto de rexión está indisolublemente vencellado ao de escala, polo que podemos considerar a existencia de rexións de moi diverso tamaño, desde rexións supranacionais (por exemplo, Comunidade Europea, Rexión Andina, etc.) ata pequenas comarcas ou un reducido val de montaña. Constitúe o obxecto de estudo da Xeografía rexional.
A conquista de Roma: 2ª. Guerra púnica
Ata a conquista romana, o territorio peninsular estivo habitado porDiversos pobos indíxenas, coas súas propias institucións e costumes.
Fases da conquista romana
División administrativa romanaevolución
Cos romanos (s. III a.C.-V) creouse a primeira organiza-ción administrativa que evo-lucionou de dúas a sete pro-vincias.No ano 197 a. C. os romanosDividiron o territorio endúas provincias: Hispania Ulterior e Hispania Citerior.
División administrativa romana evolución
Octavio Augusto estableceutres provincias: Bética, Lusi-Tania e Tarraconense.
División administrativa romana evolución
Ano 298
División en conventus da provincia Gallaecia
Invasións xermánicas V-VIII
As parroquiasa capitalestableceuseen Braga.
Os visigodosmantiveron
administrativa-mente a divisiónRomana pero na
práctica a unidadeterritorial básicafoi o territorium
ou ducado.A capital estable-ceuse en Toledo.
Idade Media Península Ibérica cara o ano 800
AL-ANDALUS
Idade Media
►Os musulmáns organizaron o seu territorio en provincias (coras) e alternaron etapas de unidade e fragmentación territorial (reinos taifas) nas que as provincias se coverteron en reinos independentes.
►Os cristiáns, no seu avance reconquistador crearon os seus propios sistemas político-administrativos, que son orixe da diferenciación rexional.
Idade Media
► Na cordilleira Cantábrica creouse o reino de Asturias, que posteriormente deu lugar ao reino de León (910).
► Tamén se creou o reino de Galicia, cuns períodos curtos de independencia e outros máis longos de integración no reino asturiano e posteriormente leonés.
► De León separáronse o condado de Castela (s. X), que posteriormente transformarase en reino e Portugal no s. XII.
Idade Media
►Na zona pirenaica xurdiron Navarra, Aragón e os Condados Cataláns.
►Os dous últimos uníronse no século XII (1137) e formaron a Coroa de Aragón, que se ampliou no século XIII ao reino de Valencia e Baleares.
Idade Media s.XI
Idade Media
► No século XIII temos individualizados cinco grandes conxuntos político-administrativos na Península:
► O reino de Portugal.► O reino de Castela e de León unidos
definitvamente en 1230: coroa de Castela.► O reino de Navarra.► A coroa de Aragón.► O reino musulmán de Granada incorporado á
coroa de Castela en 1492.
División política 1300-1492
O escudo actual de España desde 1981
Que representa?
O escudo republicano
O escudo franquista
QueCoincide?
Quevaría?
Bandeira e escudo español republicano
Bandeira e escudo españoldurante o franquismo.
Bandeira española actual
A lingua e os símbolosna constitución de 1978
Artigo 31. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españoisteñen o deber de coñecela e o dereito a usala.2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivascomunidades autónomas de acordo cos seus estatutos.3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é unpatrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
Artigo 41. A bandeira de España está formada por tres franxas horizontais,vermella, marela e vermella; a marela é dobre de larga do que cada unhadas vermellas.2. Os estatutos poderán recoñecer bandeiras e mais emblemas propiosdas comunidades autónomas. Estes utilizaranse xunto á bandeira deEspaña nos seus edificios públicos e nos seus actos oficiais.
Cando naceu?Que representa?Identifica as bandeiras doutras comunidadesAutonómicas e di cando naceron e que significan
Idade Media
► No século XIII temos individualizados cinco grandes conxuntos político-administrativos na Península:
► O reino de Portugal.► O reino de Castela e de León unidos
definitvamente en 1230: coroa de Castela.► O reino de Navarra.► A coroa de Aragón.► O reino musulmán de Granada incorporado á
coroa de Castela en 1492.
Idade ModernaOs Reis Católicos (páx. 388)
► A unión dinástica de Sabela de Castela e Fernando de Aragón, a finais do século XV, foi unha unión matrimonial non unha unión territorial. O único elemento de unidade será a figura dos reis, pois cada reino mantivo as súas propias estruturas político-administrativas e fiscais.
► Durante este período incorporouse Granada á coroa de Castela (1492) e anexionouse Navarra (tamén a Castela) en 1512 mantendo os seus fueros e privilexios dentro de Castela.
Idade ModernaOs Austrias (XVI-XVII) (páx. 388)
►Cos Austrias continuou esta situación. ►A unidade da monarquía hispánica
baseábase na diversidade de dereitos, administracións, idiomas, constumes e moedas...
Idade ModernaXVIII (páx. 389)
► Trala guerra de Sucesión de principios do s. XVIII que supuxo o cambio dinástico da monarquía española en beneficio da dinastía dos borbóns.
► Prodúcese o primeiro intento de centralización e uniformizador do Estado.
► O motivo aducido por Felipe V (primeiro monarca da dinastía borbónica de España) foi a postura que tiveron os territorios da Coroa de Aragón apoiando a causa do seu rival o Archiduque Carlos de Austria.
► Co triunfo de Felipe V implantaranse nos reinos da Coroa de Aragón os Decretos de Nueva Planta que suporán a supresión da organizacion político administrativa desa Coroa (Cortes, lexislación, institucións e uso do idioma en Catalunya) introducindo o modelo administrativo centralizador e uniformizador de castela.
Reformismo borbónicoIntendencias de provincia
O territorio dividiuseen capitanías xerais para o goberno e enintendencias para aFacenda e para o de-senvolvemento econó-mico provincial, queA súa vez mantiñanAs subdivisións Internas dos antigosReinos.Só Navarra e as Provincias vascongadasMantiveron os seus privilexios territoriais por apoiar a Felipe V
XIX: división provincial
► A división provincial nace cun criterio de racionalizar a administración do estado e aplicar os criterios políticos do liberalismo (principios de igualdade xurídica dos cidadáns).
► Nace cun criterio centralizador (que a administración estatal teña os mesmos elementos de xestión en tódalas partes do territorio.
► Será coa invasión Napoleónica e co proceso de transformación política das Cortes de Cádiz, cando se establezan estes principios.
► A administración pretende non ter só unha finalidade (que tamén) recaudatoria e militar senon tamén asistencial e de promoción económica.
Antecedentes á división provincial actual: osproxectos de Xosé I de Bonaparte
► Creación das prefecturas (en Francia capital dun departamento) (38 prefecturas aplicando criterios físicos ou naturais: hidrográficos e orográficos pero non históricos.
► O nome das prefecturas eran fundamentalmente nomes de ríos e cabos non de localidades: (así por exemplo en Galicia creábanse catro prefecturas: Tambre (capital A Coruña), Miño Alto (Lugo), Miño Baixo (Vigo) e Sil (Ourense).
► O proxecto non entrou en vigor. ► En 1812 anexionouse Cataluña a Francia dividida en► catro departamentos.
Antecedentes á división provincial: osproxectos de Xosé I de Bonaparte
Fte. wikipedia
Antecedentes á división provincial actual: as Cortes de Cádiz
►Deseñouse un mapa da división provincial (44 provincias) administradas por unha Deputación.
►Pretendeuse aplicar criterios históricos.
Antecedentes á división provincial: oproxectos das Cortes de Cádiz
Fte. wikipedia
Antecedentes á división provincial actual: o reinado de Fernando VII
► Fernando VII (1814-1833) retornou ao Absolutismo e non quixo nada de novidades liberais, polo tanto volveu ao vello modelo administrativo do antigo réxime.
► Pero en 1820 os liberais tomaron o poder (Trienio liberal) e deseñaron un novo mapa provincial.
► Este mapa, antecedente previo ao de Javier de Burgos (1833), varía deste en que contemplaba 52 provincias, é decir, as 49 de 1833 máis as de Calatayud, Xátiva e Vilafranca do Bierzo. (Vigo capital por Pontevedra e Chinchilla por Albacete)
Antecedentes á división provincial actual: división do Trienio Liberal (1822)
División provincial Javier de Burgos. 1833
► En 1833, durante a rexencia de Mª Cristina, o ministro de Fomento Javier de Burgos realizou unha nova división provincial, que coincide practicamente coa actual. Contando con 49 provincias.
► O obxectivo era rematar coa caótica organización borbónica e coa tendencia a autonomía dos antigos reinos borrando os seus límites territoriais (Galicia é dividida en catro provincias e Cataluña en Catro).
► Tratou que cada división provincial contase, na medida do posible, con solos de veiga, chairas para a produción agraria, montes para o aproveitamento gandeiro e forestal e un sector litoral para a pesca ou de apertura a un río ou a unha importante vía de comunicación.
División Provincial Javier de Burgos. 1833
División provincial Javier de Burgos. 1833
► Cada provincia tiña unha cidade como capital provincial e nela ubicaríanse as delegacións ministeriais da administración central (criterio unitario-centralizador).
► En 1927: divídese as Canarias nas dúas provincias actuais quedando o mapa provincial idéntico ata hoxe en día.
► Este modelo completouse coa supresión en parte (non na totalidade) das peculiaridades institucionais de Navarra e as Provincias Vascongadas como represalia pola súa participación nas guerras carlistas.
► As rexións convertéronse en simples referencias de certos trazos paisaxísticos, económicos ou folclóricos.
División provincialJavier de Burgos. 1833.
As rexiónsson un mero
elementofolclórico.
ACTIVIDADE
Que parecidose diferenzasatopas entreesta división
rexional ea división
autonómicaactual?
Provincia►Entidade local formada por unha agrupación
de municipios. O órgano de goberno é a Deputación, que ten como misión fomentar os intereses provinciais, asegurar a prestación dos servicios de competencia provincial, coordinar e cooperar cos municipios.
►O modelo provincial de España foi creado basicamente en 1833 por Javier de Burgos.
A cuestión rexional e nacional en España (Páx. 390)
► O sentimento de pertenza rexional perviviu ao longo do s. XIX.► Durante a Primeira República (1873-1874) proxectouse un modelo de
Estado federal organizado en rexións con competencias de goberno que non se manifestou na práctica.
► A Restauración monárquica (1876-1923) abriu un período de forte centralización.
► Aínda así, como reacción, nacen fortes movementos rexionalistas que reivindican a rexións e a promoción da cultural rexional. (en Galicia destacarán figuras como Alfredo Brañas e Manuel Murguía).
► Estes movementos transfórmanse en movementos nacionalistas, ao xurdir organizacións culturais e partidos políticos que pediron o recoñecemento xurídico das diferenzas rexionais.
► O movemento rexionalista e posteriormente nacionalista terá, en maior ou menor medida, unha importante presenza en Cataluña, País Vasco e Galicia. (Representantes fundamentais no nacionalismo galeg serán Vicente Risco ou Castelao).
Rexionalismos, Movementos nacionalistas
►Rexionalismo: doutrina política e social baseada en favorecer as rexións naturais ou históricas existentes no seo dun mesmo estado, mediante a divulgación e promoción da cultura rexional.
►Movementos nacionalistas: organizacións ou partidos políticos que reivindican o recoñecemento xurídico da nación.
A cuestión das nacionalidadesen España durante a 2ª República e o franquismo (Páx. 390)
► A 2ª República (1931-1936/39) declarou que España era un estado integral (unitario) compatible coa autonomía dos concellos e rexións (descentralizado).
► Durante este período Cataluña, País Vasco e Galicia plebiscitaron favorablemente os seus proxectos de estatuto de autonomía.
► A instauración do réxime franquista restableceu o estado unitario centralizado, abolindo os estatus de autonomía e reprimindo o nacionalismo identificándoo con separatismo.
► Na transición democrática, retomouse a cuestión das nacionalidades e rexións. Coa formación do estado unitario descentralizado a chamada España das Autonomías.
Como é o modelo do estado español segundo a Constitución de 1978?
Artigo 2A Constitución fundaméntase na indisoluble
unidade da Nación española, patria común e indivisible de todos os españois,
e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas.
A organización político administrativa actual (Páx. 390)
► A Constitución de 1978, no seu título VIII: Da organización territorial do Estado, establece as tres divisións territoriais con capacidade de autogoberno nos asuntos da súa competencia:
► Concellos. (non é unha novidade)► Provincias. (non é unha novidade)► Comunidades Autónomas (GRAN NOVIDADE)► O título VIII ten 21 artigos (137-158) moi extensos
(dedícalle tres artigos breves as entidades locais (140-142) e o resto á regulación das Comunidades Autónomas?: Cales cres que son os motivos?
División administrativa actual Provincial e autonómica
A organización político administrativa actual Concellos (Páx. 390)
► O concello é a entidade territorial básica, préstalle servizos aos veciños, máis variados cando maior é a súa poboación. O goberno e a administración municipal correspóndelle ao concello integrado polo alcalde e os seus concelleiros. Os concelleiros elíxense polos veciños por sufraxio universal e o alcalde é elixido polos concelleiros. Será escollido polos veciños directamente no caso de concello aberto (véxase entidades locais menores).
► Poderán crearse agrupación de concellos diferentes das provincias: mancomunidades, áreas metropolitanas, comarcas, etc.
► Nas illas terán unha administración propia (Cabidos en Canarias e Consells Insulars en Baleares).
Concellos► Artigo 137 O Estado organízase territorialmente
en municipios, en provincias e nas Comunidades Autónomas que se constitúan. (…)
► En España existían 8.113 municipios no 2010► Os municipios son as entidades territoriais
básicas, onde se asenta a poboación e os que teñen as competencias máis xenuinamente locais.
Andalucía
Asturias
Madrid
Navarra
Canarias
769731
786788102
2248919946
542385
315179
45272251
17411
0 500 1000 1500 2000 2500
Andalucía
Aragón
Asturias
Baleares
Canarias
Cantabria
Castilla y León
Castilla- La Mancha
Cataluña
C. Valenciana
Extremadura
Galicia
Madrid
Murcia
Navarra
País Vasco
Rioja (La)
Ceuta
Melilla
Nº Concellos
En España hai 8.113 concellos dos que 315 pertencen a Galicia Cal é a Comunidade Autónoma con máis concellos de España?
Concello da Coruña
CONCELLOS DE ESPAÑA
Habitantes >50.000 49.999-10.000 9.999-5.000 4.999-500 <500 TOTALTotal España (2010) 131 1,61% 547 6,74% 519 6,40% 2.870 35,38% 3.778 46,57% 8.113Andalucía 29 3,77% 122 15,86% 111 14,43% 411 53,45% 96 12,48% 769
Aragón 2 0,27% 11 1,50% 11 1,50% 182 24,90% 525 71,82% 731
Asturias 4 5,13% 17 21,79% 10 12,82% 41 52,56% 6 7,69% 78
Baleares 2 2,99% 20 29,85% 18 26,87% 25 37,31% 2 2,99% 67
Canarias 8 9,09% 34 38,64% 25 28,41% 21 23,86% 0 0,00% 88
Cantabria 2 1,96% 9 8,82% 9 8,82% 66 64,71% 16 15,69% 102
Castilla y León 9 0,40% 16 0,71% 34 1,51% 475 21,13% 1.714 76,25% 2.248
Castilla- La Mancha 7 0,76% 31 3,37% 37 4,03% 347 37,76% 497 54,08% 919
Cataluña 23 2,43% 98 10,36% 87 9,20% 411 43,45% 327 34,57% 946
C. Valenciana 15 2,77% 87 16,05% 56 10,33% 246 45,39% 138 25,46% 542
Extremadura 3 0,78% 11 2,86% 26 6,75% 239 62,08% 106 27,53% 385
Galicia 7 2,22% 51 16,19% 58 18,41% 197 62,54% 2 0,63% 315
Madrid 20 11,17% 27 15,08% 31 17,32% 72 40,22% 29 16,20% 179
Murcia 4 8,89% 26 57,78% 6 13,33% 9 20,00% 0 45
Navarra 1 0,37% 9 3,31% 11 4,04% 101 37,13% 150 55,15% 272
País Vasco 6 2,39% 35 13,94% 28 11,16% 119 47,41% 63 25,10% 251
Rioja (La) 1 0,57% 3 1,72% 5 2,87% 36 20,69% 129 74,14% 174
Ceuta 1 100% 1
Melilla 1 100% 1
Mapa dos 315 concellos de Galicia
94
92
67
62
Fusión Oza dos Rios-Cesuras
Cesuras
Oza
A outra Oza
Entidades supramunicipais e infraprovinciais
► Área metropolitana: é unha rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome ao área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e servizos, todo iso organizado dun xeito centralizado. Tamén lla coñece como rede urbana. Para xestionar servizos en común pode constituírse en administración con personalidade xurídica plena. Por exemplo: área metropolitana de Barcelona.
Área metropolitana de Barcelona
Área metropolitanade Madrid
Área metropolitanade Valencia.
Croquis das súasliñas de metro
O metro de Bilbaocomo modelo de
transporte públicoIntegrador da súa área metropolitana
Compara istocoa situación
da Coruña
Entidades supramunicipais Mancomunidades
► Fai referencia á asociación libre de municipios, dentro do marco xurídico nacional, nas que estes delegan parte das súas funcións ou competencias co fin de xestionar servizos de interese común.
► Son formas asociativas de municipios non territoriais e polo tanto non requiren que os municipios que as compón sexan lindeiros.
► Requiren, iso sí, que se fixe con claridade o obxectivo, que exista un orzamento propio e uns órganos de xestión igualmente propios e diferenciados dos participantes.
Entidades supramunicipais Bisbarra ou comarca
► Territorio cunha clara unidade xeográfica ou histórica e cuns límites bastante precisos, que comprende un bo número de entidades de poboación e, en xeral cunha extensión máis reducida que a dunha rexión.
► Entidades territoriais que agrupan a varios concellos (bisbarras galegas, cataláns e aragonesas); merindades navarras e castellano-leonesas e comunidades de villa e terra castellano-manchegas.
► Á comarca pódeselle recoñecer xuridicamente (como o caso galego) para administrar unha serie de servizos en común.
Concellos da comarca da Coruña
División supramunicipalMapa comarcal de Galicia
Comarcas da provincia da Coruña
18 Comarcas
Comarcas da provincia de Lugo
13 comarcas
Comarcas da provincia de Ourense
12 comarcas
Comarcas da provincia de Pontevedra
10 comarcas
Veguerías catalanasalternativa ao modelo provincial
Entidades submunicipaisA parroquia
► A parroquia é unha institución que apareceu na época sueva e que se mantén actualmente.
► As primeiras parroquias eran moito máis extensas (comprendían máis territorio) que as actuais e incluían varias igrexas (freguesías) que se encargaban de atender a un número variable de aldeas.
► Posteriormente esas igrexas (freguesías) foron adquirindo relevancia e, a partir de fins do XII, asumiron a función parroquial converténdose nas parroquias de territorio máis reducido que chegaron ata os nosos días. No norte de Portugal conservaron o antigo nome de freguesías que corresponden, por tanto, ó que en Galicia chamamos parroquias.
► As parroquias, ademais da súa función relixiosa, foron para as comunidades campesiñas o marco de convivencia fundamental.
► No adro da igrexa parroquial comentábanse as novas, mercábase a cera, organizábanse as festas, facíanse os negocios e tamén recibían sepultura os mortos. A igrexa parroquial constituíu o centro da organización social; a parroquia pasou a ser a principal referencia para os veciños que se sentían moi vinculados a ela.
Concello de Arteixocroquis das súas parroquias
1. SUEVOS2. PASTORIZA3. OSEIRO4. MORÁS5. LOUREDA6. ARTEIXO7. LAÑAS8. LARÍN9. ARMENTÓN10. MONTEAGUDO11. CHAMÍN12. SORRIZO13. BARRAÑÁN
Concello da Coruñacroquis das súas parroquias
Entidades supramunicipais e inframunicipais en Galicia
► O Estatuto de Autonomía de Galicia establece a posibilidade de:
1. Recoñecer a comarca como entidade local con personalidade xurídica e demarcación de seu. A comarca non suporá, necesariamente, a supresión dos municipios que a integren.
2. Crear, tamén, agrupacións baseadas en feitos urbanísticos e outros de carácter funcional (áreas metropolitanas) con fins específicos.
3. Recoñecer personalidade xurídica á parroquia rural.
A organización político administrativa actual AS PROVINCIAS (Páx. 390)
►A provincia é unha entidade formada por unha agrupación de concellos. Ten como función proporcionar servizos no seu ámbito territorial, coordinar os servizos dos concellos e cooperar con eles. O goberno e administración provincial correspóndelle á deputación integrada por un presidente e deputados. Os deputados escóllense entre os concelleiros electos e estes, á súa vez, elixen o presidente.
Deputación provincialde A Coruña
As provincias
A organización político administrativa actual Provincias Forais
► En España existen provincias forais. A Deputación Foral é o nome co que se coñece desde mediados do s. XIX ás Deputacións provinciais de Álava, Guipúscoa, Navarra e Biscaia, en razón dos seus réximes forais ou réximes especiais de autonomía administrativa que conservaron despois da Primeira Guerra Carlista como excepción ao sistema centralista propio do Estado liberal establecido desde 1836 en España.
► As tres deputacións vascas (e anteriormente tamén á Deputación de Navarra) coñécense co nome de Deputación Foral, xa que estes catro territorios aínda conservan os seus foros.
► As deputacións vascas e Navarras gozan de alta autonomía e poder de acción, xa que entre as súas competencias encóntrase a recadación de impostos, todas as infraestruturas de estradas, benestar social...
► Estes excepcionalidades quedan contempladas na actual Constitución.
División autonómica actual
Proceso autonómico► Período preautonómico: no inicio da transición
democrática. Autonomía provisional para Cataluña e posteriormente para 13 Comunidades (excepción de Cantabria, A Rioxa e Madrid).
► Período autonómico: iníciase coa promulgación da Constitución actual.
► A Constitución non crea un mapa de comunidades autónomas senón que lles deixou ás preautonomías o dereito a constituírse como Comunidades Autónomas indicando as condicións necesarias:
Proceso autonómico (páx. 392)► Condicións: provincias limítrofes con características
históricas, culturais e económicas comúns; aos territorios insulares, e as provincias con entidade rexional histórica.
► Proceso: dúas vías. Vía do artigo 151 permitía adquirir de forma inmediata o maior teito de competencias. Vía do artigo 143 só traspasaba de forma inmediata certas competencias e esixía un período de cinco anos para amplialas progresivamente.
► Cataluña, País Vasco e Galicia accederon á autonomía pola vía do artigo 151, pero acolléronse á disposición transitoria segunda establecida pola Constitución. Que establece que as rexións que no pasado plebiscitasen afirmativamente estatutos de autonomía e que tivesen no momento de aprobarse a Constitución un réxime provisional de autonomía, acceder a ésta só mediante o acordo da maioría absoluta dos seus órganos preautonómicos (asemblea de deputados e senadores desa comunidade no parlamento español)
Proceso autonómico (páx. 392)
► Andalucía tamén accede pola vía do artigo 151. Acordo de tódalas deputacións provinciais e tres cuartas partes dos concellos que representen polo menos ao 50% da poboación do seu territorio. Máis referendo.
► Navarra optou polo “Melloramento do Fuero” polo que se engadía ás atribucións únicas que xa posuía as autonomías da vía do artigo 151.
► O resto das comunidades (12 en total) accederon á autonomía pola vía do artigo 143. A iniciativa autonómica parte das Deputacións provinciais ou órganos insulares e de dous terzos dos concellos representativos polo menos do 50% da poboación, sen necesidade de referendo. É a chamada vía lenta e con menos teito competencial.
► Ceuta e Melilla reguláronse polo artigo 144. Referente ao dereito á autonomía de territorios inferiores a unha provincia. Os seus concellos son cosiderados cidades autonómicas, carentes de capacidade lexislativa.
Proceso autonómicoElaboración do mapa das autonomías
Rexións españolas anteriores á elaboración do mapa autónomico actual Mapa autonómico actual
Semellanzas e diferenzas. Por que os cambios?
León CastillaLa Vieja
CastillaLa Nueva
Murcia
Organización do Estado Autonómico(páx. 392-393) (404-405 NE)
► Organización: Estatuto de Autonomía: son leis orgánicas: denominación da comunidade, delimitación territorial, nomes e organización dos seus organismos autónomos, as competencias asumidas e as bases para o traspaso doutras.
► Competencias: as establece o artigo 148 da Constitución. As competencias poden ser exclusivas das comunidades autónomas (traspasadas totalmente a cada autonomía) e compartidas (executan as comunidades autónomas e lexislan (parcial ou totalmente o Estado).
► O artigo 149 establece as competencias exclusivas do Estado (execución e lexislación dependen do Estado): relacións internacionais, defensa, emigración inmigración, comercio exterior, débeda pública, correos e telégrafos... (algunhas as transferiu a institucións supranacionais (véxase UE) como é a política monetaria.
Organización do Estado Autonómico(páx. 393) (404 NE)
► As competencias que pode asumir as CC.AA. son moi amplas:
► Políticas: organizar as institucións de autogoberno.► Económicas: agricultura, gandaría, pesca, caza, feiras
interiores, artesanía, fomento do desenvolvemento...► Infraestruturas e transporte: sempre que non sexan de
interés xeral do Estado e que discurran integramente dentro da CC.AA. (estradas, ferrocarrís, aeroportos, portos...).
► Ordenación territorial: urbanismo, vivenda, medioambiente.
► Sociais e sanitarias.► Educativas.► Culturais, deportivas e de ocio.
Organización do Estado Autonómico(páx. 393) (404 NE)
► Institucións► Asemblea Lexislativa: potestade lexislativa dentro da CC.AA.,
aproba o orzamento autonómico e controla ao goberno autonómico. O parlamento galego ten a súa sé en Santiago. Consta de 75 deputados elixidos cada catro anos por sufraxio universal. Na actualidade o Partido Popular ten a maioría absoluta (41 representantes), o PSdeG-PSOE (18), Alternativa Galega de Esquerdas (9) e o BNG (7).
► Goberno Autonómico: (Xunta de Galicia) con sé en Santiago. O presidente da Xunta é actualmente Alberto Núñez Feijoo.
► Tribunal Superior de Xustiza da CC.AA. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ten a súa sé en A Coruña. As súas sentenzas só se poden recorrer ao Tribunal Supremo (máximo tribunal xerarquicamente do Estado) ou Tribunal Constitucional.
► En cada comunidade autónoma existe un delegado do goberno encargado de dirixir a administración xeral do Estado na comunidade e de coordinar con ela.
Parlamento galego
Xunta de Galicia
SAN CAETANO PAZO DE RAXOI
Delegación do Goberno
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Financiamento autonómico (páx. 394) (404-405 NE)
► Financiamento: réxime común e réxime foral (País Vasco e Navarra).► Rexime común: a) Tributos cedidos polo estado 50% do IRPF e 50% do IVE.
58% dos tributos especiais (alcohol, matriculación de vehículos, hidrocarburos...). Outros especiais: transmisións patrimoniais (100%). Tamén reciben fondos se os tributos non cubren os servizos básicos (Fondo de Garantía de Servizos Públicos Fundamentais) ou de competencias transferidas (Fondo de Suficiencia Global), tamén fondos para vencer o desequilibrio entre comunidades (Fondo de Converxencia Autonómica) e (Fondo de Compensación Interterritorial).
► Canarias (dentro do réxime común) ten un réxime especial así como Ceuta e Melilla. Non aplican o IVE senon un Imposto sobre a Produción, Servizos e Importación (IPSI).
► Réxime foral: aféctalle a País Vasco e Navarra, recauda integramente os impostos e non cede nada ao Estado salvo o gasto dos servizos que o Estado ten nestas comunidades autónomas concerto económico.
► O Estado autonómico baséase na igualdade territorial e na solidariedade..Os estatutos non poden ter privlilexios discrimintaroios en cuestións fiscais, salarais, de seguridade social e non poden afondarse desequilibrios entre comunidades.
Outros órganos administrativosCabidos e consellos insulares
► Órganos de goberno e administración no ámbito insular.► En Canarias, cada illa ten o seu propio cabido con
competencias de goberno sobre os asuntos transferidos pola comunidade ou delegados por esta ou polos municipios. Foron creados en 1912 e reformada a súa organización e competencia posteriormente.
► En Baleares existen os consells insulars en todas as illas. Foron creados en 1979. O último está contemplado para Formentera, segregado de Eivissa. (estatuto de autonomía de 2007).
Curiosidades administrativas municipais ou comercais Condado de Treviño
ÁLAVA
CONDADODE TREVIÑO
PROVINCIADE BURGOS
Curiosidades administratias provinciais Rincón de Ademuz
Petilla de Aragón
Zaragoza
Navarra
Outro concello queSe chama Molina de Aragón
Pertence á provincia de Guadalajara
Curiosidades administrativasRincón de Anchuras
Concellos de Ciudad Real
Curiosidades administrativas: un municipio catalán dentro de Francia
Llivia
Provinciade Girona
Curiosidades administrativasOs Peares
OS PEARES
Dúas provincias: Lugo e Ourense.Catro concellos: Carballedo, Pantón, A Peroxa eNogueira de Ramuín
Andorra
Xibraltar
Euskadi-Euskalerría► A palabra 'EUSKAL HERRIA' ten un significado literal moi concreto:
'pobo que fala o eusquera. Abarca a todos os territorios cuxa lingua matriz é este idioma. E falamos de 'lingua matriz' para, desde o principio, evitar toda discusión política. Desde tempos inmemoriais deuse a presenza doutras linguas no país dos euskaldunes, pero ningunha delas, excepto o eusquera, ten a categoría de 'matriz cultural' do pobo.
► A palabra 'EUSKADI', creada por Sabino Arana, viría significar algo así como 'un conxunto de vascos', como 'harizti': é un conxunto de carballos. Hoxe esta palabra adoita ser referida ao que politicamente denomínase 'Comunidade Autónoma Vasca': Gipuzkoa, Araba e Bizkaia que veñen ser diferentes conxuntos de euskaldunes.
EUSKADI-EUSKALERRIA
Euskadi-Euskalerría► Nafarroa, o pobo dos nafar, foi o berce de EUSKALERRIA e,
historicamente, a única realidade política que existiu aglutinando a toda EUSKALERRIA, (unidade cultural). Neste sentido todos reivindican a Iruña como capital de EUSKALERRIA, feito ao que outros denominan NAFARROA OSOA.
► As sete provincias de EUSKALERRIA teñen 2.856.150 habitantes e a súa extensión territorial é de 20.864 km2. Territorialmente está situado entre a vertente occidental dos Pireneos e o mar Cantábrico e entre o río Adur e o río Ebro: Nafarroa OSOA = Navarra, Lapurdi, Zuberoa, Gipuzkoa, Bizkaia e Araba.
► Se os romanos distinguen entre o 'saltus vasconum' e o 'ager vasconum', segundo que se tratase de montañas ou chairas, é común hoxe denominar 'Iparralde', lado norte, (Lapurdi, Benafarroa e Zuberoa), aos territorios vascos do norte dos montes Pireneos, e 'Hegoalde' á parte sur dos mesmos: Nafarroa, Bizkaia, Araba e Gipuzkoa.
Territorio españolno continente africano
As relacións supraestatais:eurorrexións
•Aínda que dependentes da excesiva centralización política estatal, pode que estean nas eurorrexións e non nas estruturas burocráticas de Bruxelas as chaves máis clarificadoras sobre o tipo de integración que Europa pretende construír. •No gráfico se observa un mapa da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, un dos principais espazos territoriais transfronteirizos europeos).
Desequilibrios territoriaisDiferenzas espaciais (páx. 395) (406-409 NE)
► Causas: condicións naturais, desigual distribución dos recursos, diferencia na localización das actividades económicas máis dinámicas, política do Estado, causas históricas...
► Indicadores► Desequilibrios económicos: PIB per cápita, infraestruturas,
I+Di.► Desequilibrios demográficos: tamaño, densidade e estrutura
da poboación (por idade e por actividade).► Desequilibrios sociais: acceso da poboación ao benestar non
só co consumo senón coa dotación de servicios sanitarios, educativos, culturais, de lecer, asistenciais, calidade ambiental.
► Desequilibrios na capacidade decisoria: espazos centrais, espacios periféricos.
► Converxencia/diverxencia entre rexións. Mídese calculando a diferenza do indicador da comunidade co valor máis alto e máis baixo; ou co valor medio de España.
Desequilibrios territoriaisNovos factores e xerarquía espacial actual
► Desde 1985 novos factores: a industria perde peso. Terciarización da actividade económica: servizos avanzados innovación e alta tecnoloxía. Desenvolvemento nas áreas onde teñen unha economía máis diversificada.
► Modelo xerárquico actual► Eixes dinámicos: rexións favorecidas polos novos
factores de desenvolvemento. Madrid, o Y constituído polo País Vasco (incluíndo Navarra e La Rioja), val do Ebro, litoral mediterráneo e arquipélago balear e canario. Os indicadores o manifestan: incremento do PIB, grande concentración dos sectores punta, incremento demográfico, estrutura de poboación máis xove que a media, forte crecemento da inmigración, taxa de actividade superior a media, forte demanda do consumo.
Desequilibrios territoriais Novos factores e xerarquía espacial actual
► Eixes en declive: cornixa Cantábrica (Asturias e Cantabria) impacto da reconversión industrial sobre un sector maduro (extracción do carbón e industria de base) monoprodutivo e pouco especializado. PIB por debaixo da. Renda do PIB per cápita inferior a media. Perda de poboación e envellecemento. Disparidades nas rendas.
► Espazos menos dinámicos:dúas Castelas, Estremadura, Galicia e interior andaluz e murciano. Peso económico da actividade do sector primario, escaso desenvolvemento industrial e predominio de servizos pouco especializados. PIB por debaixo da media, renda per cápita por debaixo da media, envellecemento e perda de peso demográfico. Pouca presenza da poboación inmigrante. As prestacións e equipamentos sociais por debaixo da media española.
Áreas industriais de España
O mapa coincide engran parte (non to-talmente cos desequi-librios rexionaisAnteriormente descritos.
Crecemento PIB e Poboación (1986-2007)
1,89% 1,80% 1,51% 1,49% 1,48% 1,42% 1,39% 1,37% 1,37% 1,36% 1,31% 1,14% 1,11% 1,05% 1,03% 1,02% 0,99% 0,96%
54,85%
43,10%
26,44%
39,61%
17,21%
30,43%
20,76%17,85%
20,11%
7,90%
18,65%
-0,49%
18,78%
1,33%
-4,43%-1,07%
9,39%
-2,66%
-10%
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
C. PIB C. Poboación
Desequilibrios territoriais Incidencia da crise de 2008 ata actualidade
► Crise: disparou o paro e reduciu a demanda interna. A súa repercusión nas CC.AA. Variou segundo a súa estrutura económica e a súa apertura cara o exterior.
► Incidiu máis: CC.AA. relacionadas coa construción: C. Valenciana, Canarias, C-La Mancha, Andalucía. Elevado emprego público (recortes): Andalucía, Extremadura, C-La Mancha. CC.AA. dependentes da demanda interna: Andalucía e Canarías.
► Incidiu menos: CC.AA. con menor peso inmobiliario (Euskadi e Navarra); outras actividades (C_León); servizos avanzados (Madrid); distribución sectorial equilibrada (Navarra, La Rioja); apertura cara o exterior (Euskadi) ou o turismo (Baleares)
► Indicadores do decrecemento: PIB menor, retroceso demográfico (tanto no inmigratorio como nos nacementos), incremento das persoas por debaixo do umbral de pobreza.
► Converxencia: detívose ou diminuíu en todos os indicadores: económico, demográfico e social.
Crecemento PIB e Poboación (2007-2014)
-0,42% -0,52% -0,58% -0,75% -0,80% -0,80% -0,98% -0,98% -1,02% -1,05% -1,09% -1,11% -1,15% -1,22% -1,28% -1,35% -1,50% -1,74%
2,82% 2,70% 1,25% 3,22%
-0,68%
0,00%
-2,53%
1,47% 1,23% 2,81% 2,02% -0,16% 0,39% 1,62%
-1,31%
2,32% 1,10%
-1,75%
-10%
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
C. PIB C. Poboación
Solidariedade entre CC.AA.Fondo de Compensanción Interterritorial
(páx. 404) (414 NE)
► Art. 158.2. da Constitución española:
► Co fin de corrixir desequilibrios económicos interterritoriais e facer efectivo o principio de solidariedade constituirase un Fondo de Compensación Interterritorial con destino a gastos de investimento, cuxos recursos serán distirbuídos polas Cortes Xerais entre as comunidades autónomas e as provincias, no seu caso.
Solidariedade entre CC.AA.Fondo de Compensación Interterritorial
(páx. 404) (414 NE)
► O Fondo de Compensación Interterritorial funciona desde 1980.
► Ata 1990 beneficiáronse tódalas comunidades.► Fixéronse varias reformas e desde o ano 2001
dividiuse en dous fondos: Compensación e Complementario.
► Aplícase ás comunidades que teñen unha renda per cápita inferior a media do Estado.
► Os criterios son: demográficos (87,5%), saldo migratorio (1,5%), taxa de paro (1%), superficie (3%) e densidade municipal (6,9%).
► O fondo complementario é unha cantidade equivalente ao 33,33% do fondo de compensación.
País Vasco, Navarra, La Rioja, Aragón, Catalunya, Baleares e Madrid quedan fóra do fondo. FTE. Mº ECONOMÍA E FACENDA E ADMON. PÚBLICAS. ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO
Repartición do Fondo de Compensación e Complementario 2016 (miles €)
CC.AA. F. Compensación F. Complementario Total %
Andalucía 119.550,47 € 39.846,17 € 159.396,64 € 36,3%
C.Valenciana 42.036,18 € 14.010,66 € 56.046,84 € 12,8%
Canarias 35.133,45 € 11.709,98 € 46.843,43 € 10,7%
Galicia 33.773,77 € 11.256,80 € 45.030,57 € 10,3%
C.Mancha 24.859,97 € 8.285,83 € 33.145,80 € 7,6%
Extremadura 6.309,74 € 25.240,88 € 31.550,62 € 7,2%
Murcia 16.619,69 € 5.539,34 € 22.159,03 € 5,1%
C.León 14.640,25 € 4.879,60 € 19.519,85 € 4,4%
Asturias 10.080,59 € 3.359,85 € 13.440,44 € 3,1%
Cantabria 3.740,70 € 1.246,78 € 4.987,48 € 1,1%
Ceuta 2.482,20 € 827,32 € 3.309,52 € 0,8%
Melilla 2.482,20 € 827,32 € 3.309,52 € 0,8%
Total 311.709,21 € 127.030,53 € 438.739,74 €
Solidariedade entre CC.AA.Fondos de Converxencia Autonómicos (páx. 404) (414 NE)
►Ademais do fondo de compensación existe este fondo de converxencia.
►Obxectivo: reducir as diferenzas de financiamento e equilibrar o desenvolvemento rexional (Fondo de Competitividade para as que teñen renda per cápita inferior ao 90% da media e unha dinámica demográfica especialmente negativa.
Política rexional e de cohesión da UE 2014-2020(páx. 399) (410-412 NE)
► En 1986, España integrouse na política rexional europea.
► Desde entón comparte os seus obxectivos e as rexións reciben fondos comunitarios tras a aprobación da súa política rexional pola UE.
► Obxectivos tradicionais, iniciados en 1975, apoiar economicamente ás rexións máis desfavorecidas e aumentar a cohesión territorial.
► Nova política rexional, comeza 2014-2020:► Investir no crecemento e emprego.► Fomentar a cooperación territorial europea.
Política rexional e de cohesión da UE 2014-2020 FEDER, FSE, Fondo de Cohesión
►Execútase a través de tres fondos:►FEDER (Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional)►FSE (Fondo Social Europeo)►FC (Fondo de Cohesión)►Suporá un gasto de 351.354,2 millóns
de €, dos que España recibirá algo máis de 28.500 millóns de €.
Política rexional e de cohesión da UE 2014-2020 Os fondos europeos: FEDER
► FEDER e FSE benefician a todas as rexións europeas.
► FEDER ten como obxectivo fortalecer a cohesión económica, social e territorial da UE. Dirixe os seus investimentos aos 11 obxectivos temáticos da política de cohesión, pero concentrando unha parte signficativa nos catro primeiros: innovación e investigación, TIC, apoio a pemes e economía hipocarbónica.
► O FEDER financia tamén a Cooperación Territorial Europea; a redución dos problemas urbanos; e as achegas ás rexións setentrionais pouco poboadas e ás rexións ultraperiféricas.
Política rexional e de cohesión da UE 2014-2020 Os fondos europeos: FSE e Fondo de Cohesión
► FSE: Ten como obxectivo investir nas persoas para mellorar as oportunidades de emprego, educación e o risco de pobreza.
► Obxectivos prioritarios son: promoción de emprego, inclusión social, loita contra a pobreza e educación e aprendizaxe permanente, mellora da eficacia na administración pública.
► Este fondo tamén financia a metade da Iniciativa de Emprego Xuvenil, dotada cun total de 6.000 millóns e destinadas ás rexións con taxa de desemprego xuvenil superior ao 25%.
► Fondo de Cohesión: carácter estatal non rexional. Percíbeno os estados cun PIB per cápita inferior ao 90% da media comunitaria. España non o percibe.
Obxectivos xerais Fondos Zonas Receptoras Criterio
FEDERFSE
Rexións menos dinámicas
PIB per cápita <75% do PIB medio da UE
Rexións en transición PIB per cápita 75%-90% do PIB medio da UE
Investimento en crecemento e en
emprego
Rexións máis dinámicas
PIB per cápita >90% do PIB medio da UE
Fondo de Cohesión**España non percibe deste fondo no 2014-
2020
Países PIB per cápita <90% do PIB medio da UE
Cooperación Territorial Europea
FEDER Todas as rexións
Política rexional e de cohesión da UE 2014-2020
Política rexional e de cohesión da UE 2014-2020
Distribución dos fondos da política rexional e de cohesión territorial (2014-2020) (millóns de €)
Fondos de Cohesión
Feder e FSE FEDER FSE TOTAL
Rexións menos
dinámicas
Rexións en
transición
Rexións máis
dinámicas
Rexións ultraperiféricas
Cooperación territorial europea
transfronteiriza e
transnacional
Iniciativa emprego xuvenil
€ %
España 2.040,4 € 13.399,5 € 11.074,0 € 484,1 € 617,6 € 943,5 € 28.559,1 € 8,2%
UE-28 63.399,7 € 182.171,8 € 35.381,1 € 54.350,5 € 1.555,4 € 9.623,4 € 3.211,2 €
Política rexional UE2014-2020
Rexións desenvolvidas>90% media PIB UE
Rexións de transición75-90% media PIB UE
Rexións menos desenvolvidas
<75% media PIB UE
Política Rexional da UE (2014-2020)
Rexións desenvolvidas
>90% media PIB UE
Rexións de transición
75-90% media PIB
UE
Rexións menos
desenvolvidas<75% media
PIB UE
Balance da política rexional europea
► Supuxo certa cesión de soberanía. A UE debe ser informada das políticas rexionais e pode autorizalas, modificalas ou prohibilas segundo a súa compatibilidade coa política comunitaria.
► Proporcionou axudas que favoreceron a converxencia española con Europa. Desde 1986 as rexións españolas melloraron a súa converxencia coa media comunitaria e en 2010 case todas elas se situaban por enriba do 75% desta media. Aínda así existen diferencias como podemos observar no mapa anterior.
► Redución os desequilibrios interterritoriais ao concentrar as axudas nas rexións menos dinámicas.