Biblioteca LIBRUXA
Como están
organizados os libros
na biblioteca?
Formación de usuarias/os
Equipo de Biblioteca Ceip Plurilingüe Vista Alegre
Para atopar fácilmente un libro na biblioteca é
necesario que saibas como están organizados.
Nunha biblioteca os documentos
clasifícanse en dez grupos,
representados nun esquema con forma
de margarida que verás pegado na
porta da nosa biblioteca. A cada
número e cor correspóndenlle unhas
materias.
E como sabes a que materia pertence un
libro e en que andel está?
Empezaremos polos libros informativos que
son aqueles que utilizamos para buscar
información e aprender moitas cousas.
Na nosa biblioteca verás etiquetas de
córes con un número e o nome das materias
colocadas nos andeis e os libros teñen no
lombo un tellolo branco no que aparecen os
datos do libro e tamén unha pegatina coa
mesma cor da etiqueta do andel.
O tellolo facilítanos tres datos do libro:
Materia da CDU
3 1ª letras apelido do autor
3 1ª letras do título (sen artigos)
Para buscar un libro tes que ter en conta o número e así
localizarás o andel desa materia.
Imos ver que materias podes atopar
en cada cor
51
BAL
alu
Son os libros que falan de
Sentimentos Solucionar
os nosos
problemas
Coñecernos mellor
1 Filosofía, Psicoloxía e Ética.
0 Dicionarios, Enciclopedias
Para aprender:
Aquí atoparás:
Relixións Mitoloxía Lendas
2 Relixión
3 Ciencias Sociais
Nestes andeis están os libros de:
Mediciña
Saúde Hixiene
Pesca Agricultura Gandería
Hai libros de
Como se
fan as
cousas Como
funcionan
as cousas
5 Ciencias Naturais
6 Ciencias Aplicadas
Libros para coñecer cousas do pasado e os lugares do mundo.
Historia Xeografía
Aquí tamén están as Biografías e os libros que
falan de Inventos e de Descubrimentos
Pintura Fotografía
Escultura Deportes Manualidades
Música
Cine
7 Arte e Deportes
9 Xeografía, Historia
3º ciclo
2º ciclo
1º ciclo
Infantil
Agora toca falar dos libros de fición,
dos de lectura. Na margarida son os do
pétalo amarelo e correspóndelles o nº
8. Na nosa biblioteca están
clasificados por idades. En cada andel
están ordenados por orde alfabética
tendo en conta o apelido do autor,
agás os de 1º ciclo e infantil que están
agrupados por editoriais.
Os cómic (82-C), os libros de poesía
(82-P) e os de teatro (82-T) están en
andeis específicos para que os atopes
facilmente.
Despois destas explicacións
desenvolveraste na biblioteca como
unha gran experta e un gran experto.
82
FER
flo
82
VAL
gra
82
MCK
elm
82
NUÑ
car