OS BOLECHAS VISITAN O COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA EN CERCEDA
Estou seguro de que moitos de vós tedes oído falar de Sogama e que incluso sabedes cal é a súa actividade en Galicia, que non éoutra que a de dar tratamento ao lixo que xeramos nos nosos fogares. Agora ben, cántos coñecedes o Complexo Medioambientalde Cerceda? Vístelo algunha vez? Sabedes que se fai cos residuos que chegan alí?
O máis probable é que nunca visitárades estas instalacións, xa que, por cuestións de seguridade, só poden acceder ás mesmas osescolares maiores de 9 anos, pero a través dos nosos amigos “Os Bolechas” teredes a oportunidade de realizar unha viaxe, casereal, ao lugar no que acaban os desperdicios que producimos nas nosas casas para ser aproveitados de novo. Con este obxectivo,en Sogama separamos, por un lado, os materiais que poden ser transformados en novos produtos, remitíndoos aos centrosrecicladores, e, por outro, a parte non reciclable (por exemplo, restos de alimentos, pañais, roupa vella en mal estado, etc), queconvertemos en enerxía eléctrica. Por certo, sabiades que coa enerxía producida neste Complexo Medioambiental se podesubministrar electricidade a aproximadamente 100.000 vivendas? Ademais, a produción desta enerxía faise dunha forma limpa,sen que afecte ao medio ambiente. E como logra isto Sogama? Pois a través duns sistemas que depuran os gases que se emiten áatmosfera, evitando que estes contaminen o aire que respiramos. Así, o tratamento do lixo non carrexa problemas para o contornono que vivimos.
Pero, a pesar do labor que leva a cabo Sogama, a colaboración de todos nós resulta esencial para que ao Complexo chegue amenor cantidade de residuos posible. E como podemos axudar? Pois poñendo en marcha os tres erres, isto é, reducindo o lixo queproducimos a cotío, reutilizando os materiales o maior número de veces posible antes de convertelos en residuos e clasificando enorixe os distintos materiais a fin de depositar cada tipoloxía no contedor correspondente. Recordade, no amarelo, os envases deplástico, as latas e os briks; no azul, o papel e cartón; no iglú verde, as botellas, tarros e frascos de vidro; e no xenérico, o que xanon se pode reciclar.
Coidar hoxe o medio ambiente é protexer o noso futuro. Os Bolechas enséñannos cómo facelo.
Luis Lamas NovoPresidente SOGAMA
Carlos Loli Pili Braulio Sonia Tatá Chispa
Edicións A NOSA TERRA
que se fai co lixo que chega ao Complexo Medioambiental de Sogama
4
Os Bolechas queren saber onde vai o lixo que producimos nas nosascasas. Diariamente botamos nos contedores da rúa toneladas de lixo:espiñas, ósos, latas, bolsas, envases, trapos, cartóns... Onde vai todo isto?
CONTEDORXENÉRICO
5Unha grande parte do lixo queproducimos en Galicia vai aoComplexo Medioambiental de
Sogama, que está no concello deCerceda, entre Santiago e
A Coruña, onderecibe o
tratamentoque
veremosnas páxinas
seguintes.
PLANTATERMOELÉCTRICA
ALMACÉNDE CDR
PLANTA DE CLASIFICACIÓNDE ENVASES LIXEIROS
PLANTA DEELABORACIÓN DE CDR
PLANTA DESECADO
6 Os concellos que están lonxe do Complexo Medioambiental deSogama levan o seu lixo á planta de transferencia máispróxima. En Galicia hai 37. As plantas de transferenciason instalacións pechadas nas que os camiónsmunicipais descargan o lixo que recollen narúa. Desde estas plantas étransportado a Cerceda.
Este lixo vai xa separado: oprocedente do contedoramarelo por un lado e oprocedente do contedorxenérico por outro.O contedor de lixo xenérico énormalmente de cor verde.
7
PLANTA DE TRANSFERENCIA
8 O lixo que os camións municipaislevan ás plantas de
transferencia deposítaseen contedores
grandes etransportábeis.
CONTEDORTRANSPORTÁBEL
9
Os contedores transportábeis van en camión ou en tren desde as plantasde transferencia a Cerceda. O tren é moito máis respectuoso co medioambiente, mais non pasa por todos os concellos.
UN TREN EQUIVALE A30 CAMIÓNS
10 O tren e oscamiónsdescargan oscontedores enSogama. O lixoprocedente doscontedoresamarelos vai áPlanta deClasificación deEnvases Lixeiros.Nesta plantaselecciónanseautomaticamentesegundo o tipode envase.
OS ENVASES LIXEIROSSON OS ENVASES DE
PLÁSTICO, AS LATAS E OSBRIKS.
11AÍNDA QUE OS ENVASES SON SELECCIONADOSPOR MÁQUINAS, HAI QUE REVISALOS
MANUALMENTE, PORQUE PODE ESCAPAR ALGÚNMAL SELECCIONADO.
12 Unha vez clasificados os envases procedentes docontedor amarelo, pasan por unha máquina queos empaqueta para envialos a reciclar.
ENVASESEMPAQUETADOS
13
Cos envases reciclados fanse outras cousas que volvemos utilizar: bolsas,roupa, mobiliario urbano, sinais de tránsito, bancos para parques,caldeiros, etc. A reciclaxe é unha boa maneira de aproveitarmos o lixo.
14
Para poder reciclar o lixo, é imprescindíbel separalo antes na casa,porque, se botamos os envases lixeiros mesturados cos outros residuos,non se poderán reciclar.
VIDRO
PAPEL E CARTÓN XENÉRICOENVASESLIXEIROS
15
Na rúa, debemos botar cada cousa no seu contedor. A Sogama sóchega o lixo dos contedores xenéricos e amarelos. O vidro, o papel e ocartón recólleos o concello ou empresas que os envían a reciclar.
VIDRO
ENVASESLIXEIROS
PAPEL E CARTÓN
XENÉRICO
16
17O lixo xenérico quechega a Sogamadescárgase na Plantade Elaboración deCombustíbel.En total, chega cadadía ás instalacións deSogama o lixoprocedente de 294concellos galegos, oque producimos máisde dous millóns dehabitantes.
18
O lixo xenérico que chega á Planta de Elaboración de Combustíbel,xeralmente non se pode reciclar, por iso é moi importante que, candomerquemos algo nunha tenda, escollamos produtos reciclabéis.
DO LIXO XENÉRICO QUE CHEGA AESTA PLANTA, SÓ O FERRO E O
ALUMINIO PODEN SER RECICLADOS.
19
Un guindastre recolle o lixo do foso cunha pinza xigante e bótao nunhatobeira. A parte grosa do lixo tritúrase e a parte máis fina transpórtase áplanta de secado.
TOBEIRA
20 A parte grosa triturada ea parte fina, xa seca,mestúranse e obtensecon elas un combustíbelque se chama CDR(Combustíbel Derivadode Residuos). O CDRpasa despois á PlantaTermoeléctrica, onde sequeima de maneiracontrolada paraproducir electricidade.Esta electricidade vai áscasas e tamén a consumea propia Sogama.
A CANTIDADE DEELECTRICIDADE PRODUCIDA
DARÍA PARA ABASTECER100.000 VIVENDAS.
Sogama emprega unha tecnoloxíaque permite reducir en grandemedida as emisións de gasescontaminantes que saen ao aire.
21
22
A Planta Termoeléctrica tamén produce cinzas e escouras. As cinzasalmacénanse en sacos nun depósito de seguridade, porque, de momento, nonse poden reutilizar. As escouras van noutro recinto e poden ser reutilizadas.
SACOS DE CINZAS
As escouras son restosde pedras, cerámica eanacos de ladrillo queveñen mesturados co
lixo. As escouras podenreutilizarse no firme das
estradas.
Tratar o lixo que producimos costa moito diñeiro e deteriora o medioambiente. Por iso é importantísimo reducilo. Canto menos lixoproduzamos, mellor. Todos podemos axudar, como Carlos, Pili e Braulio.
USANDO PANOSDE TEA, NON DE
PAPEL..
LEVANDO ABOLSA DA CASA,PARA NON USAR
BOLSAS DEPLÁSTICO.
APROVEITANDOAS SOBRAS DACOMIDA, NON
TIRÁNDOAS.
23Consellos para producir menos lixo:
24
Nas casas con terreo e nos concellos do rural, pódense aproveitar osresiduos orgánicos para facer compost doméstico, que é un fertilizantenatural para plantas e cultivos.
RESIDUOSORGÁNICOS:FOLLAS, PAUS,
RESTOS DECOMIDA...
25
O compost faise mesturando nun composteiro residuos vexetais e residuosda cociña. Despois reméxese esta mestura durante varias semanas,humedécese, e, cando estiver pronta, quítase pola parte de abaixo.
NOCOMPOSTEIRO OSRESTOS CHEGAN
A 60 ° DETEMPERATURA
COMPOST
Os fabricantes e comerciantes producirían moito menos lixo, eliminandoenvases e envoltorios innecesarios. Nós tamén podemos colaborar adquirindoprodutos con pouca embalaxe e escollendo materiais reciclábeis e reciclados.
26 Temos que mudar os hábitos de consumo, para producirmos menos lixo.Mais o mellor é non producilo: lixo cero.
27O máis importante é pór en práctica os tres R:
Reducindo.Por exemplo,mercando produtosque non veñanenvasados.
Reutilizando.Por exemplo, debuxandopolas dúas caras dopapel ou en papeisvellos.
Separando paraReciclar.Botando o lixo nocaldeiro e contedorque corresponda.
Lembra:
No Complexo Medioambiental de Sogama, en Cerceda,trátase a maior parte do lixo que producimos en Galicia.
Os envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks)pódense reciclar.
Para poder reciclar os residuos, é imprescindíbelseparalos antes na casa.
A Sogama chega o lixo que producen máis de dousmillóns de habitantes de 294 concellos galegos.
28
Temos que mudar os hábitos de consumo para producirmenos lixo. Mais o mellor é non producilo: lixo CERO é ameta que debemos conseguir.
Nas casas con terreo e nos concellos do rural, pódenseaproveitar os residuos orgánicos para facer compostdoméstico.
Para protexer o medio ambiente, lembra sempre os tresR: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
29
Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS:Os Bolechas lavan o canOs Bolechas xogan ás escondidasOs Bolechas van ao cineOs Bolechas fan maxiaOs Bolechas van ao médicoOs Bolechas van ao supermercadoOs Bolechas van de excursiónOs Bolechas van á praiaOs Bolechas van pola rúaOs Bolechas teñen medoOs Bolechas xogan co ordenadorOs Bolechas van mercar roupaOs Bolechas cortan o peloOs Bolechas van ao circoOs Bolechas van á aldeaOs Bolechas van á piscinaOs Bolechas van de acampadaOs Bolechas van a un cumpreanosOs Bolechas van de pescaOs Bolechas teñen gatoOs Bolechas fan pisOs Bolechas fan un carroOs Bolechas están namoradosOs Bolechas perderon o canOs Bolechas van ao parque de atracciónsOs Bolechas vaná hamburgueseríaOs Bolechas xogan ao baloncesto
Os Bolechas pelexan cunha avespaOs Bolechas van a un festivalOs Bolechas van en caravanaOs Bolechas rifan no cuarto de bañoOs Bolechas teñen unha curmá
Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS van de viaxe:Buscan a Linda en PontevedraA moeda de LugoPrimeiro amor en FerrolA vaca da AmaíaO castelo encantado d’O PorriñoCarreiras en PoioO tesouro de Baiona
Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS queren saber...:que é o aireque é a enerxíaque é a augaque é o lixoque é o solocómo é un parque de bombeiroscómo é a policía localcómo é unha bibliotecacómo é un acuarioCómo é un castro
© PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, S.A.
Deseño da colección, texto e debuxosde Pepe Carreiro
ISBN: 000000D.L.: VG-000000Impresión e encadernación:Comercial Gráfica Nós, S.A.Rúa do Príncipe, 22. 36202 Vigo