A CÉLULA
Todos os seres vivos están formados por estructuras chamadas células.As células realizan as funcións de:
● Nutrición: Obteñen nutrientes e enerxía do medio e eliminan as substancias de refugallo.
● Relación: Perciben os cambios que se producen no contorno e reacionan ante eles.
● Reprodución: Forman células novas con características moi parecidas ás proxenitoras.
Célula vexetal
Célula animal
Ilustrador: José Alberto Bermúdez
A CELULA ANIMAL
Consta dos seguintes elementos:
● Membrana: capa que rodea a célula, a protexe do medio externo e deixa entrar os nutrintes e saír as substancias de refugallo.
● Citoplasma:Está entre a membrana e o núcleo, nel hai diferentes orgánulos.
● Núcleo: Controla e dirixe o funcionamento da célula.
www.kalipedia.com
A CÉLULA VEXETALConsta dos seguintes elementos:
Membrana: Está recuberta pola parede celular que é ríxida e fai que a planta estea dereita.
Citoplasma: Está entre a membrana e o núcleo, nel hai diferentes orgánulos, entre eles os cloroplastos que conteñen a clorofila, que da a cor verde á planta e premite a fotosíntese.
Núcleo: Controla e dirixe o funcionamento da célula.
Núcleo
Membrana
CitoplasmaCloroplastos
ORGANISMOS UNICELULARES E PLURICELULARES
Organismos unicelulares: Formados por unha célula, poden vivir independentemente. Son seres microscópicos.
Bacterias Protozoos Fungos unicelulares Algas Unicelulares
Rocky Mountain Laboratories, NIAID, NIH
Imaxe: Barfooz Fotógrafo: Rubén Duro Pérez Fotógrafo: Antonio Guillén
Organismos pluricelulares: Formados por máis dunha célula, case todos vense a simple vista. Traballan de xeito organizado para que o organismo realice as funcións vitais.
Fotógrafo: Félix Romera Fotógrafo: José Antonio Pérez Roque
ORGANIZACIÓN DOS SERES PLURICELULARES
Célula TecidoMúsculo
Sistema muscular
Ilustrador: José Alberto Bermúdez
CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS
REINOS
ANIMAIS
FUNGOS
PROTISTAS
MONERAS
PLANTAS
VERTEBRADOS
INVERTEBRADOS
CON FLORES
INVERTEBRADOS
SEN FLORES
ALGAS
SEN FLORES
PROTOZOOS
MICROORGANISMOS E ENFERMIDADES
As enfermidades infecciosas están causadas por microorganismos: bacterias, virus, protozoos e fungos que invaden o corpo e fan que enferme.
Hai bacterias beneficiosas, outras causan enfermidades como: Bronquite ou salmonelose.
Os virus provocan enfermidades como gripe, rubeola ou sarampelo. Non son verdadeiros seres vivos xa que só se poden reproducir facendo copias de si mesmos cando entran nun ser vivo. Non se nutren nin relacionan.
Hai fungos que provocan enfermidades como o pe de atleta.
Imaxe:Rocky Mountain Laboratories, NIAID, NIH
Bacteria da salmonelose Virus da gripeImaxe: Cynthia Goldsmith
TRANSMISIÓN DE ENFERMIDADESPodemos infectarnos por diferentes vías:
● Por contacto con outros enfermos.
● A través de insectos e outros animais.
● Por beber auga contaminada ou comer alimentos en mal estado.
Fotógrafo: Jorge Martínez Huelves
Ilustrador:Pearson Scott Foresman
PREVENCIÓN E TRATAMENTODebemos:
● Acudir ó médico a poñer as vacinas.
● Adoptar hábitos saudables.
● Acudir ó médico se non funcionaron as medidas de prevención para que nos dea medicamentos para curarnos