PalabrPalabra dea deVidaVida
PalabrPalabra dea deVidaVidaNovembroNovembro 20082008NovembroNovembro 20082008
«Se alguén me quere seguir, que renuncie a si mesmo, que cargue coa cruz de cada día, e que me siga» (Lc 9, 23) .
Non creas que, porque estás no mundo, podes mergullarte nel como peixe na
auga.
Non creas que, porque o mundo entre na túa casa a
través da radio e a televisión, estás autorizado a escoitar ou a ver calquera
programa.
Non creas que, porque camiñas polas rúas do mundo, podes mirar impunemente todos os carteis e podes mercar no quiosco ou na libraría calquera
publicación sen discriminación algunha.
Non creas que, porque estás no mundo, podes
asumir calquera modo de vivir do
mundo: as experiencias
fáciles, a inmoralidade, o
aborto, o divorcio, o odio, a
violencia, o roubo.
Non, non. Ti estás no mundo. Que dúbida cabe?
Pero ti non es do mundo .E isto supón unha gran
diferencia.
Isto clasifícate entre os que non se nutren das cousas que son do mundo, senón daquelas que
che expresa a voz de Deus dentro de ti.
Esta voz atópase no corazón de cada home
e faite entrar -se a escoitas- nun reino que
non é deste mundo, onde se vive o amor
verdadeiro, a xustiza, a pureza, a mansedume, a pobreza, onde rexe o dominio de si mesmo.
Por que se marchan moita mocidade a
Oriente, por exemplo á India, para atopar un pouco de silencio e captar o segredo dalgúns grandes
mestres espirituais que pola longa
mortificación do propio eu inferior,
deixan translucir un amor (...) que
impresiona a todos os que se lles
achegan?
É a reacción natural contra o barullo do mundo, contra o ruído que hai fóra e dentro de nós, que non deixa sitio ao
silencio para escoitar a Deus.
Ai de min! Pero fai falta realmente ir á India, cando desde hai dous mil anos Cristo díxoche: «renuncia a ti mesmo, renuncia a ti mesmo»?
O mundo empúxate como un río desbordado e ti
tes que nadar contra corrente.
A vida cómoda e tranquila non é propia do cristián; e Cristo non pediu e non che pide menos, se o queres
seguir.
O mundo, para o cristián, é unha selva densa na que hai que ver onde se poñen os
pés.
E onde hai que polos? Nesas pegadas que Cristo mesmo che
marcou ao pasar sobre esta terra: son as súas
palabras. Hoxe El vólveche dicir:
«Se alguén me quere seguir, que renuncie a si mesmo...». …”.
Isto quizais te exporá ao desprezo, á incomprensión, ás burlas, á calumnia;
deixarate illado, terás que aceptar
perder a túa sona e deixar un
cristianismo que está de moda.
Pero aínda máis:
«Se alguén me quere seguir, que renuncie a si mesmo, que cargue coa cruz de cada día, e que me
siga»
Quéiralo ou non, a dor amárganos a existencia a todos. Tamén a ti. E todos os días contamos con pequenas ou
grandes mágoas. Queres esquivalas? Rebélaste? Véñenche ganas de
maldicir? Entón non es cristián.
O cristián ama a cruz que chega, ama a dor que chega, aínda no
medio das bágoas, porque sabe que teñen valor. Non por nada entre os innumerables medios que Deus tiña
á súa disposición para salvar á humanidade, elixiu a dor feito amor, mellor, o amor levado ao extremo.
Pero El -recórdao- logo de levar a cruz e ser cravado nela, resucitou.
A resurrección é tamén o teu destino, se no canto de desprezar a dor que che procura a túa coherencia cristiá e todo o que a vida che manda, sabes aceptalo con amor,
sabes transformalo en amor. Mentres poidas facer algo por superalo, faino. Onde no
chegues: acepta, ofrece, ama.
E xa non envexarás a ninguén. Entón poderaste chamar seguidor de
Cristo:
Entón experimentarás que a cruz, expresión máxima do amor e do amor levado ata o extremo, é o camiño, xa
desde esta terra, cara a unha alegría endexamais experimentada; a vida da túa alma comezará a crecer: o reino de Deus en ti adquirirá consistencia e fóra o mundo desaparecerá pouco a pouco dos teus ollos e parecerache
de cartón.
«Se alguén me quere seguir, que renuncie a si mesmo, que cargue coa cruz de cada día, e que
me siga»
E como Cristo, ao que seguiches, serás luz e
amor para as innumerables chagas que desgarran á humanidade
de hoxe
Plan Pastoral Diocesano 2008-09
Diocese deSantiago de Compostela