'~~.~_.. --.". ,,-_.. _ .. ..--------- _. ._-_.. -
MOCiÓN SOBRE PROXECTO DE ORZAMENTOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE
GALlZA PARA O ANO 2016
Hipólito Pérez Novo e Xosé Vales Fernández, concellei"ros do GRUPO MUNICIPAL DE
BETANZOS I\JOVO no Concello de Betanzos, ao abeiro do disposto no artigo 97.3 do
Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais,
presentamos ante o Pleno da Corporación a seguinte MOCiÓN:
.----... Exposición de motivos:
O Parlamento de Galicia está a tramitar o proxecto de Orzamentos da Comunidade
Autónoma para o ano 2016 no que deberían incorporarse as previsións económicas
necesarias para dar cumprimento aos compromisos adquiridos co noso municipio.
Dunha banda, no Plan Auga de Galiza, aprobado polo Consello da Xunta en maio do
2010, sinalanse as deficiencias do servizo público de abastecemento de auga potable en
Betanzos, a saber, o mal estado do sistema de bombeo existente, a insuficiente
capacidade de regulación dos depósitos existentes e a insuficiente capacidade da
estación de tratamento de auga potable (ETAP). As actuacións previstas con carácter
prioritario para resolver estas deficiencias son:
Mellorar o bombeo
Construir un novo depósito de auga con capacidade para 2.000m3
Ampliar a ETAP
O custe estimado das actuacións previstas ascende a 1.603.755 euros.
Por outra parte, no ano 2010 o entón conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas asinou un convenio coa alcaldesa de Betanzos polo que a Xunta se
comprometeu a adquirir varias edificacións no casco histórico da nosa cidade para a súa
rehabilitación con destino a vivendas de promoción pública. En cumprimento deste
convenio o IGVS adquiriu 10 vivendas e consignou distintas cantidades nos seguintes
orzamentos da Comunidade Autónoma sen que se inciasen as obras de rehabilitación.
Hoxe, o Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020,
prevé entre outras medidas, acometer a rehabilitación das edificacións de titularidade do
IGVS principalmente en núcleos históricos. Este é o caso de Betanzos.
A vixente Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no seu
artigo 189, establece que o prazo para cumprir o deber?e rehabilitar será fixado polo
planeamento urbanístico e no seu defecto o prazo será de dous anos, prorrogable por
outro ano máis. O prazo legal fo~amplamente excedido pola Xunta de Galicia.
Recentemente ven de anunciarse por enésima vez que se vai convocar o concurso para
redactar o proxecto de rehabilitación de 3 vivendas propiedad e da Xunta no Casco
Histórico de Betanzos.
Por todo isto, o Grupo lVIunicipal de BETANZOS NOVO fo.rmula esta moción a fin de que o
Pleno se pronuncie sobre a mesma e adopte os seguintes
Acordos:
1Q.- Instar á Xunta de Galicia a executar as previsións contidas no Plan Auga para resolver
os problemas do servizo público de abastecemento de auga do concello de Betanzos, en
concreto, a mellora do bombeo, a construción do novo depósito e a ampliación da
capacidade da ETAP.
2Q.- Instar á Xunta de Galicia a executar a rehabilitación de todas as edificacións de
titularidade do IGVS no Casco Histórico de Betanzos, dando cumprimento á Lei de
ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e aos compromisos
asumidos no convenio asinado co Concello de 8etanzos.
3º.- Pedir aos Grupos Parlamentarios do Parlamento de Galiza que presenten emenda ao
proxecto de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 para
incluír as previsións orzamentarias necesarias para executar as obras e actuacións no
termo municipal de Betanzos a que se fai referencia neste acordo .
Betanzos, 20 de ou"tubro de 2015.
ipólito Pérez Novo Xosé Vales Fernández
AO PLENO DA CORPORACiÓN MUNICIPAL DE BETANZOS DE OUTUBRO DE 2015.