Democracia, EA, LNL
Unión Europa: cambios económicos
Urbanización da poboación : abandono do
sector primario polo sector servizos: admón,
turismo, comercio…
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Normas ortográficas
Galego na escola
CRTVG
Publicacións periódicas en galego. Revistas
literarias e de poesía (Nordés, Dorna, Festa
da palabra silenciada…)
Expansión do mundo editorial
Premios, certames, encontros
Proceso de substitución da lingua galega
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Abandono da poesía social e volta ao intimismo
OBRAS DETERMINANTES:
Mesteres – Arcadio López Casanova
Con pólvora e magnolias- Ferrín
As claves da renovación están en:
- Lecturas foráneas: lit. portuguesa, hispanoamericana, europea, americana. Que vaiconxugar coa:
- Tradición poética galega: (intertextualidade, versos coñecidos dos autores anteriores)
- Militancia política
- Música
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Autores da xeración anterior: Ferrín, Manuel
María, Novoneyra, Xohana Torres, Luz Pozo
Garza, A. Tovar, Bernardino Graña, Avilés de
Taramancos...
Promoción dos 80
Promoción dos 90
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
1977: libro colectivo Silabario da turbina, proposta tremendamente rupturista onde se combina imaxe, debuxo, grafismo, cómic, collage...
1979 Tres tristes tigres incluía aportaciónspoéticas de carácter individual con “Galletas Kokoschka non” de M. Romón, “As ladillas do travesti” de A. Reixa e “Facer pulgarcitos tres” de A. Avendaño.
En “Rompente” conxúgase unha ruptura estética e formal cun inconformismo social e unha clara opción nacionalista galega de esquerdas. Con todo, este grupo foi un revulsivo necesario, pero non callou nunha obra poética de suficiente entidade
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Madrid (1977)
publicación colectiva mostra das inquietudes
dun grupo de mozos galegos na capital.
procedementos comúns con Rompente
(collage, cómic, debuxo, grafismo,
viñetas..),
Manolo Rivas, Lois Pereiro (pintores)
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Marihuana
A miña irmá botou na horta unha semente de maría.
Saíu adiante vizosa e fidalga
entre honrados legumes,
e meu pai saudouna con orgullo.
-Non sei que carallo de planta é
pero mirade como medra -dicía á vecindade.
A maría resultou ser macho
e morreu sen gloria,
o día en que casan de branco as patacas.
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
1977 pública o libro colectivo que leva o seumesmo nome
Propostas de renovación para a poesía galega, tentando escapar á poesía oportunista política e centrándose na investigación idiomática e no achado de novas temáticas.
Aínda que nos presupostos do grupo se respira un aire social, nos textos incluídos no libro, non hainingún poema social.
Predominio da posía intimista, de corte amoroso, moi afastada do que se facía na época. Forman parte do grupo: Ramiro Fonte, Valcárcel, RábadeParedes e Helena Villar Janeiro.
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
1977 publicación: Alén, en Santiago
Aposta pola renovación e reivindica certo
espíritu da vangarda histórica,
principalmente a Manuel Antonio
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Culturalismo
Preocupación polos aspectos formais.
Preocupación polo idioma
Conxugan tradición e modernidade. “Ser
moderno supón saber aproveita-las
ensinanzas da tradición”.
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
É unha constante, entendido desde o esteticismo, o desprazamento do “eu” poético para personaxes míticos ou históricos ou a ostentación cultural como evocación dun ideal perdido.
Os elementos máis recorrentes son as alusións a poetas doutras épocas (Pondal, Rosalía, Villón), referencias á música (Brassens, Bach, Leonard Cohe, o blues e o jazz), a recreación de mitos celtas, xermanos, gregos, tamén na poesía erótica e amatoria, a reivindicación de mitos revolucionarios (Ulrike Meinhoff, Reboiras) e a constante tradición de nomes estraños, que desde Pondal foi seguida por escritores como Ferrín.
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Intimismo
Amor
Morte
Dor existencial
Paso do tempo
Infancia perdida
Ramiro Fonte
Recital poético Ramiro Fonte
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Está en todos os autores
A expresión erótica como amor concreto e
tamén como permanencia fronte ó tempo e á
morte, a relación gozosa e libre, a
sensualidade do corpo desexado...
M. A. Fernán-Vello é un dos autores que
destaca neste ámbito con obras como Do
desexo en corpo e sombra, Seivas de amor e
tránsito (os dous do 84), ou Poemas de amor
sen morte de Claudio Rodríguez Fer (79).
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
O desexo é un peixe que morre silencioso
entre golpes de água e latexos de espallo
nunha caixa de luces levitada na sombra
dunha paixón mariña
De Do desexo en corpo e sombra (1984)
Miguel Anxo Fernán Vello
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
a casa que nos queima, sen sabelo, a
esperanza
a casa que nos deixa a dor inmóbil
do recordo,
a mordedura do vento nas tempas,
un sepelio de camiños baleiros
e a alma fría e desolada
como un país sen memoria
que xa non existe no futuro
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
A túa causa é tan nosa como o fervor dos días/ que se propaga enteiro arredor do teu nome,/ e todas as bandeiras do mencer liberado/ estánaquí arredor do teu soño./ Non poderán os bárbaros cruzar a transparencia/ que respirabaen ti e que hoxe sentimos renacer como un río/ aberto e comunal,/ medrando como os campos sementados de luz, / porque somos os fillos da túa estrela e levamos no sangue/ o rumor acendido dunha chama, o cerne dun cantar./ E aquí estamos os teus termando forte contra o vento fatal,/ no corazón da casa, no centro da esperanza,/ na palabra que eleva a lucidez do ser
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
- Novos premios literarios (Espiral Maior,
Martín Códax, Caixanova…)
- Novas coleccións de poesía (Espiral Maior) e
novas publicacións
- Recuperación de festivais e recitais poéticos
propiciados pola proliferación de colectivos:
Batallón literario da Costa da morte,
Dolmen, Arre Sentelha, Blas Espín…
- Escritores con formación literaria en galego e
competencia lingüística alta
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Temas eternos: amor, dor existencial,
erotismo… desmitificados a través dun ton
vivencial
Temas sociais: antimilitarismo, feminismo,
ecoloxía
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
MIRO OS MEUS DEDOS ORFOS, AS VEAS IMPREGNADASde esperanzas molladas nos húmidos latexosdos teus beizos ás veces cóncavos e convexose de froitas zumentas nos teus seos arrincadas.
Miro nos meus dedos mudos, as unllas pinceladascoas últimas palabras, habitados desexos,de acariñar os corpos, de confundir os sexose de sermos amantes en horas xa pasadas.
Todo é agora silencio violento, que me fire,impide sorber aire, non deixe que respire,comido pola fame de non reter memoria.
Todo agora é silencio seco, que me torturae sinto estar ben preto dos lindes da loucura,de non ter noción ou idea da miña vella historia.
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
A casa antiga e nobre deste amor, desta ardencia,
podrece pouco a pouco, despaciosas as trabes
senten os anunciados picores do abandono
e a comechume deixa revelación da febra
desprendida, seremos edificio en ruínas
na cidade da noite, clarísima desorde
na arquitectura dúctil do tacto, nas paredes
morre a cor da frescura que os anos acreditan
perecedoira, beixos de vento baten feros
nas portas desgonzadas e vidros esmiuzados
avanzan lentamente no rostro que endurece,
agochado nas fiestras, e nos ollos, opacos
e brillantes a un tempo, penduran arañeiras
que ornamentan bagullas como fiaños de seda,
carunchadas madeiras informan do silencio
que entrou na casa, roto por moscas de recordos
no excremento da inútil evocación. a casa
do noso amor desflora sen ter sido habitada,
cuberta dun po mesto que os dedos non mimaron.
e cando miro tanto, tanto e tan grande caos
sinto que tamén todo, todo absolutamente
rompe dentro, con trabes que a penas conexionan
a armazón na fraqueza do ánimo, mentres penso
que restaurar acaso sexa angueira imposible.
seremos, finalmente, desolación do corpo.
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
NEGACIÓN DE ULISES E TESEO
Se algunha vez tiveses que agardar entre fío
e tecidos, non sexas Penélope que tece
e destece os bordados axiña que anoitece.
Ulises non existe, foi verso fuxidío.
Se algunha vez tiveses que agardar entre fío
e tecidos, non sexas Ariadna que ofrece
saír do labirinto mortal a quen a esquece.
Teseo non existe, só queda o desafío.
Se algunha vez eu debo partir como Odiseo
prefiro voltar sempre vencido a Compostela.
Non me importa a derrota se ti me identificas.
Se algunha vez eu debo marchar como Teseo
non ha ser Artemisa fluxo do meu Sarela.
Non me importa ser lama se ti me purificas.
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Entrevista a Yolanda Castaño (escrita) / Entrevista a Yolanda en vídeo (1) /entrevista vídeo 2ª parte
Yolanda recita poesía
Yolanda castaño no noso IES (2) / charla Yolanda no IES (1
Poema de Luísa Castro recitado por Yolanda
Filla, ¿sabes de onde vés? Vés dun viveiro de mexillóns en lata. Detrás da fábrica, onde podrecen as cunchas e as caixas de peixe. Un fedor imposible, un azul que non vale. De alí vés.
Ah! Dixen eu, entón son a filla do mar. Non. Eres a filla dun día de descanso.
Ah! Dixen eu, son a filla da hora do bocadillo. Sí, detrás, entre as cousas que non valen.
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Érase unha vez
...e ao final do conto
a carapuchiña era unha loba,
a avoíña un leñador,
a devoradora unha asceta,
a libérrima un completo compendio de dependencias,
a mística unha frívola tinguida de temores,
o incomprendido un anxo,
a princesa un monstro,
a frívola unha mística tinguida de temores,
o monstro unha princesa,
o outro incomprendido un demo,
a suposta loba unha absoluta carapuchiña
e o camino entre o bosque
un leñador.
Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo