Transcript
Page 1: Pola igualdade real, polos avances en dereitos e fronte a ...galicia.fespugt.es/images/pdfs/Manifesto8Marzo_2019_UGT.pdf · día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora

8 DE MARZO DE 2019 – DÍA INTERNACIONAL DA MULLER–

Coa recuperación da democracia no noso país e o recoñecemento expreso da igualdade como dereito fundamental na nosa Cons�tución, na norma�va comunitaria europea e na lexislación internacional, iniciamos unha senda cara a equiparación de dereitos das mulleres, cuxo desenvolvemento, aínda que lento e defectuoso, supuxo o logro de significa�vos avances e o obxec�vo irrenunciable de alcanzar a plena igualdade entre mulleres e homes.

Catro décadas despois, a pesar dos avances, persisten as desigualdades históricas que deron lugar á discriminación das mulleres en todos os ámbitos da vida. Ademais, asis�mos a un período no que a igualdade de dereitos das mulleres sufría unha regresión durante a crise económica e como, tras a mesma, xorden movementos reaccionarios cuxo obxec�vo prioritario é eliminar os importantes avances alcanzados.

Ante esta conxuntura, e conscientes de que existen importantes intereses e resistencias en contra da plena equiparación de dereitos das mulleres na nosa sociedade, que con argumentos intolerables pretenden destruír os logros que con tan�simo esforzo fóronse conquistando, consideramos que nos atopamos nun momento decisivo para o avance dos dereitos das mulleres. A nosa loita histórica pola igualdade débese poñer en pé con forza renovada para pelexar e esixir con máis afán, contundencia e firmeza os nosos dereitos. Loita na que todas as mulleres, conscientes da desigualdade que soportamos, debemos unirnos agora máis que nunca.

Para o logro da igualdade efec�va entre mulleres e homes é un compromiso que forma parte do noso ideario UGT , sindical e o seu logro e mantemento un obxec�vo prioritario irrenunciable.

Condenamos todas as formas de violencia machista, cuxa expresión máis brutal, repulsiva e intolerable son os asasinatos das mulleres polo feito de ser mulleres; as agresións sexuais; o acoso sexual e o acoso por razón de sexo, que de forma co�á sofren mulleres e nenas; así como todas aqueloutras formas de violencia contra as mulleres en todos os ámbitos, no fogar, na rúa e no traballo.

A invisibilidade da violencia machista, a normalización social da mesma e as manifestacións e estratexias de apoio, reforzo e perpetuación desta violencia deben ser comba�das a todos os niveis e en todos os ámbitos e escenarios.

Condenamos así mesmo todas as formas de desigualdade e discriminación que padecen as mulleres no ámbito familiar, social, polí�co e económico. Destacamos as que teñen lugar no mundo do traballo: no acceso ao emprego, na segregación ocupacional, nas condicións de traballo, na desigualdade salarial que padecen, na maior precariedade, na ausencia de medidas eficaces que garantan a conciliación e a corresponsabilidade da vida persoal, laboral e familiar, na falta de recoñecemento do traballo remunerado e o non remunerado, na ausencia dun sistema de protección social igualitario.

Pola igualdade real, polos avances en dereitose fronte a calquera risco e ameaza

Page 2: Pola igualdade real, polos avances en dereitos e fronte a ...galicia.fespugt.es/images/pdfs/Manifesto8Marzo_2019_UGT.pdf · día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora

fai un chamamento ao conxunto da sociedade á par�cipación ac�va de todas e todos nas mobilizacións que se UGT van a levar a cabo en prol da consecución do pleno e efec�vo dereito á igualdade de todas as mulleres, para denunciar calquera vulneración dos dereitos cons�tucionais, para poñer fin ao retroceso experimentado na úl�ma década e ás ameazas do máis anquilosado e arcaico sector do patriarcado.

Así mesmo, esiximos ao Goberno, ás formacións polí�cas e ás empresas a adopción de medidas eficaces e efec�vas para combater a discriminación e a desigualdade que aínda seguen soportando as mulleres.

É urxente e necesario:

Ù Avanzar na eliminación das violencias machistas, garan�ndo o estrito cumprimento das medidas acordadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero e garan�r o seu impacto para mellorar a situación destas mulleres.

Ù Facer efec�vo o diálogo social e impulsar a negociación colec�va, incrementar as polí�cas ac�vas de emprego, esixir plans de igualdade en todas as empresas ampliando o seu ámbito de aplicación legal a empresas de menos de 250 traballadores/ as, así como a adopción de medidas de acción posi�va dirixidas a eliminar a discriminación e a desigualdade no emprego e na protección social.

Ù Reforzar e garan�r os instrumentos e recursos de vixilancia, control e sanción da Autoridade Laboral para o cumprimento efec�vo do principio de igualdade no ámbito laboral.

Ù Adoptar medidas e polí�cas que garantan a efec�va corresponsabilidade entre mulleres e homes para o reparto equita�vo das responsabilidades familiares, que fagan posible a compa�bilización do traballo e os coidados sen efectos nega�vos para as mulleres, como a equiparación do permiso de paternidade ao de maternidade, entre outras.

Ù Aprobar unha lei de igualdade salarial que contribúa de forma eficaz a combater a brecha salarial, eliminando a discriminación retribu�va entre homes e mulleres

Ù Adoptar medidas e polí�cas dirixidas a lograr a representación paritaria nos órganos de representación e decisión do conxunto das estruturas sociais, económicas e polí�cas da sociedade española.

Ù Poñer en marcha un modelo educa�vo igualitario e fortalecer os servizos públicos, especialmente en Educación, Sanidade e Servizos Sociais, así como garan�r a existencia e viabilidade de infraestruturas públicas para a atención e coidados de calidade, accesibles e adecuados, de nenos e nenas, especialmente menores de 0 a 3 anos e de persoas maiores e/ou en situación de dependencia.

Ù Levar a cabo a ra�ficación do Convenio 189 da OIT sobre traballo digno das traballadoras do fogar e garan�r que España aprobe o Convenio Internacional sobre a eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo.

Desde reiteramos a nosa permanente denuncia pola inacción ins�tucional e gobernamental de Europa ante o UGT drama das persoas que fuxiron dos seus países en conflito, buscando refuxio ou asilo e o especial impacto que sofren as mulleres e nenas, que en moitos casos son ví�mas de abusos e violacións.

UGT chama a traballadoras e traballadores, tanto á súa par�cipación ac�va nos dis�ntos actos, mobilizacións e manifestacións que terán lugar en datas sucesivas, como a secundar a convocatoria de paros laborais para o próximo día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.


Recommended