3
Presentación
Nos tempos que corren, atopar emprego tórnase nunha tarefa cada vez máis difícil, o
número de ofertas de traballo diminúe e a competencia entre profesionais faise máis
evidente. Por iso é fundamental planificar a procura de emprego e coidar cada detalle dos
procesos de selección.
A través destes artigos, intentaremos dar certas claves para conseguilo.
Mª Carmen Pérez Sande Educadora Social e Psicopedagoga.
Experta en Orientación Laboral.
Colexiada do Ceesg nº 3946
Micro-leccións de orientación laboral é unha serie de artigos publicados no Boletín do
Ceesg durante os anos 2013-2014 por Mª Carmen Pérez Sande, elaborados durante o seu
período de prácticas como Experta en Orientación Laboral.
Sobre a autora:
4
Índice O proceso de busca de emprego
Memoria profesional
Erros frecuentes no CV
Consellos para realizar unha carta de presentación
A entrevista de traballo
Certificados de profesionalidade
Networking
Emprego 2.0: as redes sociais
Rede social profesional: LinkedIn
Curriculum Vitae online
Curriculum Vitae online: vizify.com
Curriculum Vitae funcional
Curriculum Vitae Europeo ou Europass
Outra alternativa: o eutoemprego
Crenzas erróneas na busca de emprgo
Motivación e autocoñecemento
Micro-leccións de orientación laboral
5
O proceso de busca de emprego
O proceso de busca de emprego é unha tarefa que
require tempo, dedicación e esforzo. Entón... pode-
mos dicir que unha persoa que busca traballo está pa-
rada, sen facer ningunha actividade? Non! Unha per-
soa que busca activamente emprego está facendo un
traballo que é duro e constante co fin de conseguir un
posto remunerado.
Pero...como organizamos o noso proceso de busca de
Fases Descrición
1. Definición do obxecti-
vo profesional.
Para a súa definición debemos autocoñecernos e analizar os nosos puntos fortes e débiles, aínda
que temos que pensar que todo se pode conseguir e mellorar. A través desta información e do pos-
to de traballo que desexamos conseguir definimos o noso obxectivo profesional.
2. Elaboración do CV e
memoria profesional.
Creamos un documento onde agrupar toda a nosa información profesional e capacidades persoais
(formación, experiencia, competencias persoais,...). Este documento vai ser o referente para, logo,
adaptalo a cada oferta ou entidade de traballo; tanto pode ser un curriculum vitae como a memoria
profesional (falaremos dela en artigos posteriores).
3. Informarnos dos servi-
zos que nos poden
axudar no proceso e
inscribirnos no Servi-
zo Público de Empre-
go.
É recomendable que esteamos informadas/os dos recursos que existen na nosa contorna e que nos
poidan axudar no proceso; un deles é o Servizo Público de Emprego no cal nos temos que inscribir
como demandantes de emprego para que nos avisen se xorde algunha oferta.
4. Busca de ofertas de
emprego.
A busca pódese realizar a través de portais de emprego, xornais, boletíns,... Seleccionamos as que
consideremos importantes e interesantes, informándonos das características das entidades.
5. Adaptación do CV,
realización de cartas
de presentación e
envío dos mesmos.
Unha vez seleccionadas ás ofertas, debemos adaptar o CV a estas; ademais, é recomendable a ela-
boración de cartas de presentación para achegalas xunto co curriculum. Procederase ó seu envío a
través da canle que se especifica na oferta de emprego. Pero, se por casualidade é dunha empresa
que nos queda cerca, é interesante que nos acheguemos ata ela para entregarlle o CV persoalmen-
te.
emprego? Para empezar debemos planificar e estrutu-
rar as actividades que imos realizar. Para isto podemos
elaborar un cronograma no cal vaiamos especificando
as tarefas que temos que desenvolver día a día; desta
maneira crearíamos unha rutina constante.
Podemos estruturar o proceso en diferentes fases; un
exemplo delas son as que se establecen no cadro se-
guinte.
6
6. Autocandidatura. Nos tempos que corren é difícil atopar ofertas de emprego; por iso outra opción é optar pola auto-
candidatura para que as empresas nos coñezan. Esta conleva diferentes pasos a desenvolver:
1. Busca de entidades que son do noso interese e informarnos do seu servizo.
2. Adaptar o CV ás diferentes entidades para o seu envío.
3. Elaborar cartas de presentación para explicar a nosa autocandidatura e o que podemos ofre-
cer.
4. Envío dos documentos.
Lembra! Debemos ter rexistradas todas as entidades á cal enviamos o CV, sinalando se foi por autocandidatura ou oferta, a
data, os servizos que ofrecen, se contestaron e se nos citaron para unha entrevista.
Durante as fases podemos realizar o noso CV online,
participar en foros, blogs,… e entrar en redes sociais
profesionais xa que tamén son unha vía para informar-
nos sobre oportunidades de emprego. Ademais, como
analizamos as nosas fortalezas e debilidades é acon-
sellable mellorar os punto débiles acudindo a cursos,
obradoiros,... Ollo! Témonos que acordar de actualizar
o CV cada vez que asistamos a algún destes.
A procura de emprego nun momento coma este no
que o traballo escasea, pode producirnos gran desgas-
te e afectarnos emocionalmente, o que pode chegar a
afectar a nosa saúde e as nosas relacións cos demais.
Algo tan sinxelo como establecer un horario e levar
unha axenda ou rexistro dos contactos realizados, fa-
ranos manter certa sensación do control do proceso
de busca, o que pode axudarnos a non obsesionarnos.
Recorda que é moi importante disfrutar do noso tem-
po de lecer e manter o optimismo.
7
Memoria profesional
A memoria profesional é un documento que nos facili-
ta a elaboración do CV e a preparación das entrevistas
de traballo. Neste artigo comentaremos brevemente a
súa estrutura e contido.
Que é?
A memoria profesional é un documento que recolle a
nosa vida académica e profesional. É semellante a un
curriculum vitae pero esta é mais extensa porque, ade-
mais de enumerar as nosas experiencias profesionais,
comentamos cada unha delas sinalando aspectos de
interese. Non se trata dun documento que vaiamos
compartir (como sería o CV), senón dunha ferramenta
de uso persoal que nos axudará a autocoñecernos e
analizar os nosos puntos débiles e fortes.
Que contidos recolle?
Na memoria recollemos a nosa formación académica e
APARTADOS CONTIDOS
1. OBXECTIVO PROFESIONAL E
AUTOANÁLISE (opcional)
Autoanálise de factores persoais e profesionais para definir o obxectivo profesional:
Factores persoais: actitudes, aptitudes, puntos fortes e limitacións.
Factores profesionais: formación, experiencia, potencialidades e carencias.
De utilidade para coñecer as nosas limitacións e centrar o noso esforzo e motivación
en solventalas.
2. FORMACIÓN ACADÉMICA Titulación (especialidade e expediente académico): xustificación da elección da ca-
rreira, especialidade (se é o caso) e das materias optativas.
Estudos no estranxeiro: materias cursadas, competencias adquiridas e a causa de
estudar fóra.
Máster e doutoramentos e traballo fin de master: xustificación do seu estudo e com-
petencias adquiridas.
Certificacións profesionais (carnés,..) e outros títulos académicos: xustificación da
súa realización e competencias adquiridas.
8
Para que nos é útil?
Facilitación da elaboración de curriculums vitae.
Definición do noso obxectivo profesional.
Preparación previa dunha entrevista de traballo.
Selección dos postos de traballo en base ás capaci-
dades e habilidades.
Detección de competencias sociais e persoais que é
preciso mellorar.
3. FORMACIÓN
COMPLEMENTARIA
Cursos, congresos, seminarios,... (nome, data, entidade que o desenvolveu e n.º de
horas): xustificación da súa realización, contidos fundamentais e aportacións profe-
sionais.
Idiomas: nivel, certificacións, estancias no estranxeiro e vías de aprendizaxe.
Informática: nivel, contidos, certificación,competencias adquiridas e emprego no
eido laboral.
4. EXPERIENCIA PROFESIONAL Experiencas profesionais: data de comezo e remate, nome da entidade, posto
(bolsa, prácticas, contrato,...), funcións, tarefas, técnicas aplicadas e programas e
logros e obxectivos. Comentarios sobre o proceso de selección, funcións na empresa
e competencias adquiridas.
Publicacións: título, editorial, ano de edición, depósito ou ISBN.
Investigacións: tipo, dirección do proxecto, data de comezo e remate, logros acada-
dos, técnicas e programas empregados e competencias adquiridas.
5. EXPERIENCIAS
EXTRAACADÉMICAS
Pertenza e/ou participación en entidades: xustificación da nosa presenza na entidade
e aprendizaxe durante a participación.
Afecións e viaxes realizadas: aportacións relacionadas co noso eido profesional.
9
Erros frecuentes no CV
Todos e todas sabemos que a primeira impresión que lle chega á empresa sobre nós é a través do noso curriculum
vitae; así pois, a presentación deste documento ten que ser inmellorable, non cometendo erros á hora da súa ela-
boración e entrega.
Neste artigo vamos a comentar algúns dos erros máis frecuentes á hora da elaboración do CV.
Non adaptar o CV á oferta de emprego.
Non é recomendable enviar o mesmo CV a diferentes
empresas e/ou entidades, senón que temos que adap-
tar o noso curriculum en función do ámbito profesio-
nal. Por exemplo, se queremos enviar o CV a unha enti-
dade relacionada co ámbito da discapacidade e temos
diversas experiencias laborais de diferentes ámbitos,
poñeremos antes as que se relacionen con este eido
profesional; é dicir, destacaremos a formación e/ou
experiencia que máis se axuste a esa actividade.
Enumerar todos os cursos complementarios.
Este punto está moi relacionado coa adaptación do CV
á oferta de traballo. Aínda que teñamos múltiples cur-
sos que complementan a nosa formación regrada, é
recomendable sinalar de maneira específica os cursos
que se relacionen co ámbito da oferta de emprego; así
mesmo, os demais cursos podémolos engadir de ma-
neira máis abreviada e xenérica.
Incluír todos os datos persoais.
Estamos acostumadas/os a incluír todos os datos
persoais no CV, pero estes poden ser factores de
discriminación que lle facilita á persoa responsa-
ble a elección do candidato/a; neste senso, é
aconsellable poñer só os datos necesarios (nome
e apelidos, número e correo-e de contacto e loca-
lidade). Pero tamén, como en todos os apartados
do currículum, témolos que adaptar ás nosas cir-
cunstancias e ós requisitos da oferta de emprego
porque, por exemplo, se unha persoa rematou de
estudar e non ten experiencia laboral e é xoven,
debe poñer a súa data de nacemento porque xus-
tifica o non ter experiencia laboral.
En canto á foto, non é requisito imprescindible e
non debería ser relevante para a decisión da con-
tratación ou non, pero o certo é que as persoas
responsables de contratación poden consideralo
importante para ver as “vibracións” que lle trans-
mite. En caso de engadila, non vale calquera, es-
colle a túa mellor foto.
10
Erros ortográficos.
Cando enviamos un CV é aconsellable revisar a
ortografía; a nosa imaxe queda moi prexudicada
se no curriculum hai algún erro ortográfico. Así
mesmo, é recomendable que unha persoa da
túa contorna lea o documento para ter unha
segunda opinión do mesmo e detectar fallos
ortográficos dos cales non nos decatamos.
Conta de correo electrónico inapropiada.
Cando poñemos a nosa conta de correo electró-
nico no curriculum vitae debemos ter coidado
co nome identificativo desta, pois unha conta
cun nome con pouca seriedade sería prexudicial
para a nosa presentación; se non temos unha
conta cun nome serio é aconsellable crear unha
nova e identificarse de maneira que non prexu-
dique a nosa imaxe profesional. Mentir ou esaxerar.
Ó elaborar o noso curriculum vitae é importan-
te que todo o contido sexa verdadeiro. Non
debemos mentir nin esaxerar ningunha infor-
mación do currículum, xa que como di o refrán
“píllase antes a un mentireiro que a un coxo”.
Se nos chaman para unha entrevista de traba-
llo, a persoa encargada de realizala verificará se
os datos do CV son reais ou non; se nalgún de-
les observa que se mentiu ou se esaxerou a no-
sa imaxe quedará afectada negativamente, e
non só para ese proceso de selección senón
que poida que para outros futuros (“cría fama e
bótate a durmir”).
Usar formatos estándar e plantillas.
Poden usarse formatos estándar ou plantillas,
sobre todo se non dominamos ben os progra-
mas de edición de textos. Pero o CV tamén po-
de ser un medio a través do cal podemos amo-
sar certa creatividade e distinción respecto dos
demais, sen caer en decoracións esaxeradas ou
innecesarias, demasiados tipos de letra, múlti-
ples cores... (ollo! máis vale pecar por defecto
que por exceso).
Usar sempre un CV cronolóxico.
O formato máis frecuente para elaborar un CV
é o cronolóxico ou cronolóxico inverso; pero
isto deberiámolo adaptar en función da empre-
sa ou entidade e do contido. Temos que ter en
conta que tamén existe o tipo de curriculum
funcional onde se lle dá máis importancia ó
contido que ás datas, e que, en moitas oca-
sións, poida que sexa o máis axeitado. Por exe-
mplo, se temos algo de experiencia como edu-
cadora social, pero de xeito intermitente tive-
mos empregos noutros sectores, pode intere-
sarnos agrupar a experiencia como educadora,
dándolle relevancia, e o demais agrupalo como
“outra experiencia”.
11
Entregar o CV en formatos modificables, con
virus ou demasiado pesados.
Á hora de enviar o noso curriculum vitae a tra-
vés da internet, é recomendable transformar o
documento a .pdf, posto que se vai en forma-
to .doc, .odt e similares, pode descolocar a súa
estrutura e verse desorganizado. Así mesmo,
hai que coidar que o arquivo non estea contami-
nado de ningún virus informático e que non se-
xa pesado, xa que isto pode influír á hora de
abrilo e incluso de que se reciba correctamente.
CV demasiado longo.
Temos que ter coidado de que o noso curriculum
vitae non ocupe máis de dúas follas; ten que ser
o máis conciso e breve posible para non cansar á
persoa que o teña que examinar. Ademais, elabo-
rándoo de maneira breve as/os responsables en-
cargados/as de revisalos detectarán a nosa capa-
cidade de síntese. Neste senso non debemos re-
dactar un curriculum, senón que é mellor enume-
rar os aspectos máis importantes da nosa vida
profesional.
Non incluír voluntariado, colaboracións, pu-
blicacións,...
No curriculum vitae debemos incluír todas as
actividades levadas a cabo relacionadas co no-
so quefacer profesional aínda que non teñan
carácter laboral, sobre todo cando non temos
experiencia ou non está relacionada co posto
ao que queremos optar. Por exemplo, se so-
mos voluntarias/os e/ou colaboramos con al-
gunha asociación ou entidade é recomendable
engadilo no CV para que os responsables do
proceso de selección vexan que estamos in-
teresados/as no noso eido profesional e esta-
mos en permanente contacto.
12
Consellos para realizar unha carta de presentación
Como todas e todos sabemos, ademais do curriculum vitae tamén podemos entregar a nosa carta de presentación;
esta, como o seu nome indica, preséntanos ante a persoa encargada de selección de persoal xunto co CV. Hai dife-
rentes tipos de cartas pero as máis empregadas son a carta para responder a unha oferta de traballo e/ou para pre-
sentar a nosa autocandidatura.
A continuación, imos salientar algunhas recomendacións para a súa elaboración:
Adaptación á empresa a quen vai dirixida e/ou oferta
de emprego
A carta de presentación, como o curriculum vitae, temos
que realizala adaptándoa á entidade e/ou empresa. Ade-
mais tamén debemos ter en conta se é unha carta para
autocandidatura ou se é para responder a unha oferta
de emprego. É aconsellable ter unha carta modelo e,
despois, modificala en base á entidade, oferta,... Depen-
dendo do posto de traballo engadiremos unha ou outra
información. Tamén é aconsellable que vaia datada para
saber cando foi entregada e, se lle volvemos a enviar
outra, saber que a temos que actualizar.
Non dar pena nin unha imaxe de desesperación
Cando elaboremos a carta de presentación non podemos
redactala de maneira que demos pena e desesperación
por atopar un posto de emprego; non temos que demos-
trar a necesidade de emprego, senón a nosa prepara-
ción, formación, capacidades,... Temos que vendernos!
Dar impresión de motivación, optimismo,
ganas de traballar
A carta represéntanos tal como o fai tamén o
curriculum; así, a través dela debemos trans-
mitir que temos moitas ganas de traballar e
motivadas para afrontar o posto de traballo.
Tampouco temos que transmitir unha gran
efusividade, senón que debemos demos-
trarlle que temos moito interese en partici-
piar no seu grupo de profesionais.
Que estea acorde co CV que acompaña
Como a carta de presentación se achega xun-
to co noso curriculum vitae, ambos documen-
tos deben ter o mesmo formato (tipo letra,
papel,...). Ademais o contido da mesma debe
adaptarse ó que engadimos no curriculum
para que a información dos dous documen-
tos concorde.
13
A entrevista de traballo
“Soa o teléfono; é para citarte para unha entrevista de traballo.... que nervios!!! E agora... que?” Seguro que a to-
das e todos nós nos pasou esta situación algunha que outra ocasión. Pois despois do “agora que?” é o momento
de preparar a entrevista de traballo para que saia perfecta!
Neste artigo imos sinalar algúns aspectos que debemos ter en conta á hora de enfrontarnos a ela:
Preparar con anterioridade a entrevista. Cando nos chaman para citarnos para unha entrevista debemos pre-
parar o que imos dicir; dependendo do posto de traballo, comentarémoslle as nosas fortalezas e o que lle po-
demos ofrecer relacionado co posto. Ademais, debemos supoñer algunhas preguntas que poida que nos fa-
gan e ter pensadas as contestacións; en definitiva, non podemos chegar e improvisar, senón que temos que
ter algunha información preparada.
Informarnos sobre a entidade e/ou empresa. Este punto está moi relacionado co anterior. Antes de acudir á
entrevista é fundamental informarnos dos servizos que a entidade e/ou empresa ofrece á sociedade e pensar
en que posto poderiamos traballar e que poderiamos ofrecerlles. Desta maneira, a persoa entrevistadora de-
tectará que temos interese na súa entidade e que coñecemos o seu quefacer.
Apagar o teléfono. É importante que antes de entrar na entrevista desconectemos o teléfono móvil, posto
que dá mala impresión se, durante a entrevista, soa o teléfono. Se, por unha casualidade, non nos lembramos
de apagalo e soa, debemos desconectalo o antes posible e pedir desculpas á persoa entrevistadora.
Coidar a imaxe persoal. É imprescindible acudir a unha entrevista de traballo cun bo aspecto persoal; ir aseada/
o, vestida/o acorde á ocasión, sen demasiada maquillaxe,… son factores que temos que coidar cando vaiamos
a unha entrevista.
Puntualidade. É recomendable chegar ó lugar da entrevista cinco minutos antes para así non ter imprevistos,
non chegar tarde e que a persoa entrevistadora non teña que esperar por nós; a impuntualidade é un factor
moi negativo que afecta á nosa imaxe.
14
Sempre temos que levar un curriculum vitae impreso. Aínda que xa llo mandáramos pola rede ou llo entregá-
ramos en man, é aconsellable levar unha copia; poida que estes non o teñan impreso e queiran botarlle unha
ollada ou preguntarnos acerca da información que contén. Ademais, se pasou certo tempo do envío do curri-
culum, deixariámoslle un C.V. actualizado.
Ser optimista e confiar en nós mesmas/os. Nunca debemos ir cunha actitude pesimista a unha entrevista de
traballo, xa que ese pesimismo será detectado polo entrevistador/a e afectará a nosa imaxe. Debemos ir cun-
ha actitude positiva e pensar que o “non” xa o temos e que podemos conseguir o “si”. Ademais, temos que
confiar en nós mesmos para que os demais o fagan. Neste senso, é aconsellable ir con tranquilidade e que a
entrevista se desenvolva coa maior naturalidade posible.
Non ser pedante. Durante a entrevista non podemos ser pedantes utilizando, abusivamente, palabras técni-
cas. É recomendable empregar algunha palabra técnica, se o entrevistador é do noso ámbito, pero desenvol-
véndonos con naturalidade. Ademais, debemos dar a coñecer o que sabemos pero dende a humildade, posto
que a teoría e palabrería é moi fácil pero o importante é a práctica no posto de traballo. Así pois, debemos ir
con cautela e amosar os coñecementos que temos dunha maneira moi xeral.
Coidar os xestos corporais. Temos que ter en conta que a maneira de sentarnos e de expresarnos xestual-
mente dan información adicional. Por isto, ante unha entrevista de traballo temos que ter coidado cos xestos
corporais e que non dean información contraditoria á que estamos a dicir. Por exemplo, se estamos a comen-
tar que temos moitas ganas de comezar a traballar e aprender das nosas compañeiras/os, non podemos estar
sentados/as como se estivéramos no sofá das nosas casas, senón que debemos de sentarnos coa espalda rec-
ta e cun xesto de interese, motivación, ganas,...
Amosar entusiasmo polo traballo. Durante a entrevista debemos amosar interese polo posto de traballo e
explicar o que podemos ofrecer e desenvolver nese posto. Pero...ollo! Non é recomendable ofrecer unha
imaxe de desesperación nin pena!
Non falar mal doutras empresas, xefas/es ou compañeiras/os. Se tivemos unha mala experiencia con outras
entidades ou empresas, é aconsellable que se manteñan á marxe e non se comenten na entrevista de traballo.
Se a persoa entrevistadora escoita de nós palabras ofensivas cara outra empresa, esta pensará que tamén o
imos facer coa súa entidade e influirá á hora da seleccción da candidata/o.
15
Preguntar. Debemos realizarlle preguntas sobre o posto de traballo e entidade á persoa entrevistadora para
que detecte que temos interese no posto e estamos motivadas/os para traballar con eles/elas.
Sempre quedar ben ante a persoa entrevistadora. No tocante a isto, aínda que notemos que, por calquera
circunstancia, non nos van coller para o posto de traballo sempre temos que quedar ben e agradecerlles a
oportunidade que nos deron de poder presentarnos e deixar explicarlle a información do curriculum. Desta
maneira “non cerramos portas senón que as deixamos entreabertas” para posteriores oportunidades.
Pensar que sempre é unha experiencia da que podemos
aprender. Aínda que non nos collan para o posto de traba-
llo, temos que pensar que unha entrevista de emprego é
sempre unha oportunidade de aprendizaxe e, ó finalizala,
temos que autoavaliarnos e sinalar os puntos fortes e débi-
les que se produciron durante o desenvolvemento desta;
desta maneira, intentaremos que na seguinte non se pro-
duzan os erros que se cometeron.
Reformulación positiva: convertir o malo en bo. Debemos buscar o lado positivo ós nosos puntos débiles; é
dicir, que se na entrevista nos comentan que non temos experiencia laboral, sinalar que estamos moi motiva-
dos por entrar no eido laboral e con moitas ganas de traballar; se un punto débil é a idade avanzada, poñer o
acento na nosa madurez, responsabilidade, experiencia,... Temos que contestar positivamente ante calquera
aspecto que poida que sexa unha traba para conseguir o posto.
Preguntas moi persoais, como actuar? Non hai unhas pautas universais para responder ás preguntas relacio-
nadas co noso ámbito privado; cada quen sabe os seus límites e ata onde quere contar. Calquera que sexa a
resposta non podemos contestar de maneira que nos sintamos ofendidas/os, senón que debemos responder
de maneira educada e cordial. Temos que ter coidado con estas preguntas porque, moitas das veces, á persoa
non lle interesa a información, senón o noso comportamento ante estas cuestións privadas.
16
Certificados de profesionalidade
Neste artigo imos tratar dos Certificados de Profesio-
nalidade. Con el queremos explicar, dunha maneira
sinxela, o que son, para que serven e como se poden
conseguir.
Que son?
Os Certificados de Profesionalidade parten do Catálo-
go Nacional de Cualificacións Profesionais do Instituto
Nacional de Cualificacións. Son documentos que nos
acreditan oficialmente que estamos cualificados para
desempeñar un determinado posto de traballo.
E...cando estamos cualificados? Cando adquirimos as
competencias para desenvolver unha actividade labo-
ral.
Os certificados están compostos por unidades de com-
petencia e estas son adquiridas a través de módulos
formativos. Ademais, os Certificados de Profesionali-
dade clasifícanse en varios niveis e, cada un ten uns
determinados requisitos para o seu acceso; así mesmo
tamén se clasifican en diferentes familias profesionais.
Para que serven?
Os Certificados de Profesionalidade proporcionan un-
ha acreditación de cualificación profesional; aseguran
que unha persoa é competente nunha actividade labo-
ral.
Así pois facilitan a inserción laboral e a selección de
persoal, posto que se unha empresa ten definidas as
competencias que son necesarias para un posto será
máis fácil o proceso de selección.
Ademais, ó ser módulos formativos acumulables pode-
mos realizalos en distintos momentos; isto quere dicir,
que se nun momento estamos a cursar un Certificado
de Profesionalidade e, por calquera circunstancia te-
mos que abandonalo, darannos unha acreditación dos
17
módulos xa cursados podendo desenvolver os outros
noutro momento e así obter o certificado. Este feito
facilita a inserción laboral xa que, como veremos no
último apartado, unha persoa pode adquirir un certifi-
cado de profesionalidade tan só adquirindo as unida-
des de competencia que lle falta.
Así mesmo se queremos cursar un ciclo de Formación
Profesional e xa temos cursados módulos dalgún certi-
ficado de profesionalidade relacionado, estes poderán
ser convalidados posto que xa temos adquiridas as
unidades de competencia asociadas ós módulos; e
viceversa, se temos cursado un ciclo formativo e que-
remos obter un certificado de profesionalidade que
teña relación co ciclo, se os módulos coinciden tamén
poderán ser convalidados.
Cales son os da nosa familia profesional?
Na nosa familia profesional (Servizos Socioculturais e
á Comunidade) existen 17 Certificados de Profesionali-
dade de diferentes niveis de cualificación. Algúns deles
son dinamización comunitaria, docencia de formación
profesional para o emprego, atención sociosanitaria a
persoas dependentes en institucións sociais, entre
outros.
18
Networking
Quen non coñeceu por un amigo/a, compañeiro/a…
oportunidades de emprego? Pois, se é así, inconscien-
temente estamos empregando a técnica do networ-
king para a nosa busca de emprego.
En qué consiste?
Esta técnica de busca de emprego é a que máis funcio-
na para atopar oportunidades de traballo; consiste en
informar á nosa rede de contactos da nosa situación
de busca de emprego e se saben dalgunha oferta ou
oportunidade de traballo que nolo comuniquen. Ade-
mais, estes poida que informen ós seus coñecidos am-
pliando, desta maneira, a rede de contactos para po-
der coñecer máis oportunidades de emprego.
Mais é importante non descoidar ós nosos contactos,
xa que esta técnica pódese considerar como recípro-
ca; é dicir, hoxe axúdasme ti a min pero mañá poida
que te teña que axudar eu a ti.
Ollo! Con esta técnica non conseguimos un traballo
non merecido (“enchufe”), senón que é unha vía máis
de información sobre posibilidades de emprego.
Cal é a súa utilidade?
Esta técnica é interesante porque ademais de servir
para atopar oportunidades de emprego, tamén é útil
para darnos a coñecer e para compartir información e
coñecementos cos demais.
Así mesmo, a rede de contactos tamén é importante
unha vez que consigamos unha entrevista, posto que
poden dar recomendacións á persoa que nos entrevis-
ta e nos pode dar información sobre o posto de traba-
llo e entidade ou empresa.
Imaxe: Quino
19
Quen utiliza esta técnica?
Normalmente as persoas que empregan esta técnica
son xente que está buscando traballo, pero, tamén é
común que as empresas a utilicen para atopar per-
soas, posto que é o método máis rápido e eficaz; pre-
guntan ós seus empregados/as se coñecen a alguén
que lle poida interesar o posto de emprego ofertado.
Fíanse máis da xente que os demais recomendan que
dunha persoa da que non teñen ningunha referencia.
Moitas das ofertas de traballo non saen publicadas
porque son directamente ocupadas por persoas coñe-
cidas das traballadoras/es; estas ofertas forman o cha-
mado “mercado oculto” posto que nunca saen á luz.
Pero...como podemos aumentar a nosa rede de con-tactos?
Acudindo a cursos, congresos, feiras de empre-
go,... Nestes actos relacionarémonos con per-
soas do noso ámbito que nos poden botar unha
man no noso proceso de busca de emprego.
Ademais, tamén nos podemos dar a coñecer nas
feiras de emprego e nos novos eventos chama-
dos pinkslipparty; a diferenza dos cursos e con-
gresos, estas son xenéricas, pero poida que
haxa stands de entidades e/ou empresas do no-
so ámbito.
Empregando redes sociais e profesionais. Utili-
zando estas novas ferramentas web tamén nos
podemos dar a coñecer e relacionarnos con per-
soas do noso eido; ademais, co seu emprego
saímos das nosas fronteiras podendo contactar
con persoas doutros países e informarnos de
oportunidades de emprego do exterior.
Participando en foros, blogs,… Este punto está
moi relacionado co anterior; a través da partici-
pación nestes recursos coñeceremos a persoas
que tamén nos poidan axudar durante a nosa
busca de emprego informándonos de oportuni-
dades de traballo.
Participando en colexios profesionais. Un factor
moi importante é a participación nos colexios
profesionais. A través del poderemos coñecer a
variedade de xente do noso ámbito que nos po-
derá aconsellar e facilitar o noso proceso de bus-
ca de traballo.
Durante as nosas actividades de lecer. E non
podemos esquecer que en calquera lugar e mo-
mento creamos relacións; nunha voda, nunha
festa, na piscina,...coñecemos persoas e é unha
oportunidade máis para informar de que esta-
mos na procura de emprego e, se coñecen al-
gunha oferta, que nos informen. Somos seres
sociais e en todos os lugares atopamos persoas
que nos poden facilitar a busca de emprego.
20
Emprego 2.0: as redes sociais
Quen non ten un perfil nalgunha rede social? Hoxe en
día é moi difícil atopar persoas que non teñan unha
conta nalgunha destas ferramentas; facebook,
twitter,... son exemplo delas.
Pero son beneficiosas ou prexudiciais á hora de atopar
un emprego? Con este artigo imos intentar dar
resposta a esta pregunta.
Aínda que o título sexa as redes sociais, imos realizar
unha pequena diferenza entre redes sociais e redes
profesionais. Mentres que as primeiras están máis
relacionadas co eido persoal e tempo de lecer, as
redes profesionais son máis específicas do ámbito
laboral. Neste senso, a rede de contactos que
creamos nestas dúas ferramentas pode ser diferente;
por unha banda, nas redes sociais (facebook,
twitter,...) establecemos contacto con persoas da
nosa contorna e relacionadas co noso ámbito persoal
e de ocio, e pola outra, os contactos que creamos nas
redes profesionais (LinkedIn, Xing,...) están máis
relacionados co ámbito profesional.
Porén, aínda que haxa esta diferenza, nas redes
sociais tamén se poden crear oportunidades de
emprego; ademais, a rede de contactos neste tipo de
servizos pode ser moi ampla e poida que a través dela
tamén xurdan oportunidades de traballo.
En ambos os dous tipos de redes non chega con facer
unha conta e crear o noso perfil, senón que é
aconsellable que esteamos activos e participemos en
grupos e foros de discusión; desta maneira, farase
patente o noso interese e implicación no noso ámbito
profesional.
A continuación sinalaremos as vantaxes e desvantaxes
destas ferramentas online.
Vantaxes
Ampliar a nosa rede de contactos. Como xa
comentamos en artigos anteriores, o
networking é unha das mellores técnicas de
busca de emprego. A través das redes sociais
podemos aumentar os nosos contactos e así
informarnos de máis oportunidades de
emprego.
Informarnos sobre diferentes
oportunidades de emprego. As redes sociais
son unha vía máis para a busca de emprego.
Por exemplo, cos hashtags (#) de twitter e
“gústame” de facebook podemos seguir
moitas páxinas de entidades que son de
interese dende a nosa perspectiva
profesional; é recomendable empregar estas
ferramentas para coñecer as oportunidades
21
de emprego que se produzan e así optar ó
proceso de selección.
Coñecer empresas e entidades do noso
interese. Así mesmo, e relacionado coa
vantaxe anterior, as redes sociais
permítennos coñecer entidades e/ou
empresas relacionadas co noso eido
profesional; desta maneira, a través delas
podemos seguir o desenvolvemento destas
entidades e coñecer o seu quefacer
profesional. Así mesmo, a mesma entidade
detectará que temos interese no seu
desenvolvemento e na súa acción
profesional.
As entidades pódennos coñecer e
interesarse polo noso traballo. E, tal como
nós coñecemos ás entidades e empresas,
estas tamén se poden informar sobre nós a
través das redes sociais. Neste senso,
establécense relacións recíprocas; como nós
nos interesamos polo seu quefacer, elas
tamén se poden interesar polas nosas
accións profesionais publicadas nestas
ferramentas.
Sen limitacións xeográficas. Outra vantaxe
que nos ofrecen as redes sociais é a
ilimitación xeográfica; podemos coñecer e
seguir entidades e/ou persoas do noso
ámbito profesional que se sitúan fóra do
noso país. Desta maneira, pódennos ofrecer
nova información e puntos de vista
diferentes para desenvolver as nosas accións
profesionais e ofertas de emprego que
poden existir fóra do noso país.
Desvantaxes
Imaxe social. Tal como comentamos nas
vantaxes, a relación entre entidade e persoa
nas redes sociais é recíproca, polo que temos
que ter coidado en canto ás publicacións
expostas nestes recursos. Así pois, debemos
coidar a nosa imaxe social para que esta
favoreza á hora da selección do candidato/a.
Fotografías, vídeos,... poden influír
negativamente chegando a crear unha mala
reputación dixital; é recomendable controlar
as publicacións (fotos, imaxes,...) que os
demais colgan na rede en relación ó noso
ámbito persoal.
Comentarios públicos. Os comentarios
publicados no noso muro tamén poden
influír á hora da elección da persoa. Faltar ó
respecto, comentar aspectos negativos
dalgunha entidade ou persoa,... pode
prexudicar a nosa imaxe e influír na selección
de persoal. Isto non quere dicir que non
poidamos expoñer libremente a nosa
opinión sobre un certo tema, senón que, se o
facemos, témolo que realizar respectando
todas as posturas e sen ofender a ningunha
persoa.
Información do pasado. Temos que ter
coidado respecto ás publicacións que
realizamos no pasado, xa que a rede ten
22
“memoria” e todo o que foi publicado poida
que nos inflúa no presente. Así pois, aínda
que é redundante, é preciso que revisemos o
que se expuxo publicamente con
anterioridade e se podemos, e nos
prexudica, intentar borralo.
23
Rede profesional: LinkedIn
Empregas linkedIn como vía para atopar oportunida-
des de emprego? Coñeces esta rede social? É un tipo
de rede profesional que nos axuda a relacionarnos e
ampliar os nosos contactos profesionais; a diferencia
coas demais redes sociais, esta está destinada ó eido
laboral.
Esta rede profesional é moi completa recollendo dife-
rentes datos da nosa vida, tanto profesional como
persoal.
Como facer unha conta en LinkedIn?
1. Entrar en www.linkedin.com e cubrir o formu-
lario de alta (nome, apelidos, conta de correo-
e e contrasinal); normalmente xa aparecerá a
páxina en castelán. Se non é así e non te ma-
nexas ben en inglés, ten a opción de cambiar a
castelán ou outros (por agora aínda non está
dispoñible en galego).
2. Podemos elixir dous tipos de conta: premium
ou básica. Isto é opcional, pero a premium ten
un custo, polo que para empezar podemos
comezar pola básica, polo menos ata familiari-
zarnos coa ferramenta e ver a utilidade que lle
podemos dar.
Con estes dous puntos xa temos creada a nosa conta.
Agora toca insertar a nosa información e comezar a
usala.
Qué nos ofrece?
1. Un espazo (o noso perfil), no que publicar a
información profesional que queiramos. Ade-
mais dos apartados comúns a todos os curricu-
lums vitaes, tamén podemos resaltar outra
información interesante da nosa vida profesio-
nal, como recoñecementos e premios, certifi-
cacións, voluntariado, publicacións, proxec-
tos,...
2. A posibilidade de contactar e ver o perfil dou-
tras persoas que xa coñecemos, e pedir que
nos presenten a outras persoas. Teremos un
aviso cada vez que alguén visite o noso perfil,
e temos a opción de enviar mensaxes privadas
aos nosos contactos.
3. Facer (ou recibir) recomendacións de persoas
coas que teñamos compartido traballo ou for-
mación...
4. Informarnos de ofertas de emprego.
5. Participar en grupos do noso interese profe-
sional, o que nos dá a oportunidade de ver e
24
compartir información específica dalgún tema,
ampliar contactos...
6. Seguir a entidades ou a persoas expertas ou
de prestixio no ámbito que nos interesa.
Temos que pensar que estas redes profesionais son
un complemento para a nosa busca de emprego, pero
non debemos dedicarnos a colgar toda a información
nela e deixar de facer as tarefas planificadas. LinkedIn
é unha vía máis para informarnos de oportunidades de
emprego e de entidades que nos poden interesar pero
debemos seguir co noso proceso de busca de empre-
go; non substitúe a ningunha das tarefas, senón que é
unha ferramenta complementaria ás demais.
25
Curriculum Vitae online
As Novas Tecnoloxías da Información e da Comunica-
ción (TIC) ofrécennos multitude de oportunidades pa-
ra darnos a coñecer ás empresas e entidades, tanto
nacionais como internacionais, e facilitar o noso pro-
ceso de busca de emprego.
O que se pretende con este pequeno artigo é infor-
marvos sobre outro tipo de curriculum que podemos
elaborar: o curriculum vitae online.
Que é?
O curriculum vitae online, como o offline, é un docu-
mento que ofrece información sobre a nosa traxecto-
ria académica, formativa e laboral. Ó estar creado na
rede, as persoas responsables dos procesos de selec-
ción poden, cunha soa visualización, obter informa-
ción actualizada sobre os candidatos/as en calquera
momento e lugar.
Neste senso, debemos recordar que temos que elixir o
tipo de información que queremos publicar para que
esta nos beneficie e non nos prexudique no momento
da selección.
Así mesmo, hai que ter en conta que o CV online non
debe substituír ó tradicional (en papel, pdf,...), senón
que debemos consideralo como un complemento en-
gadindo o enlace ó CV que utilicemos para a nosa pro-
cura de emprego.
Como facelo?
Para a creación deste tipo de curriculum vitae existen
diferentes páxinas web que nos facilitan a súa elabora-
ción: vizify.com, about.me, visualize.me ou CuVitt.com
son exemplos delas onde podemos incluír información
de carácter profesional e persoal.
Unha boa opción é a páxina vizify.com, na cal se pode
elaborar un CV moi visual, creativo, e de fácil navega-
ción.
Outra forma de realizar o CV online é creando e dese-
ñando a túa propia páxina web; a través dela darémo-
nos a coñecer ás diferentes entidades, informándoos
sobre as nosas características profesionais e persoais.
Vantaxes
Podemos ofrecer a nosa información actualizada en
calquera momento; poida que unha persoa teña o no-
so curriculum dende hai meses e, a través destas páxi-
nas, pode informarse das novas actualizacións engadi-
das ó CV online.
Temos a posibilidade de afondar máis que no CV tradi-
cional. O CV estándar debe condensar e resumir a in-
formación sobre nós, sen superar as dúas páxinas. Un
CV online, aínda que debe ofrecer unha visualización
esquemática e resumida a primeira vista, ofrece a po-
sibilidade afondar en cada aspecto engadindo enlaces,
26
documentos, fotografías...
Algunhas destas páxinas teñen a opción de conectar
directamente coa información que ofrecemos nas re-
des sociais facebook, linkedin, twitter... Isto pode dicir
moito máis sobre nós que o CV tradicional, seleccio-
nando só aquela información que nos interese facer
pública.
Co uso destes recursos podemos mostrarnos como
persoas innovadoras e creativas, informadas dos servi-
zos que nos ofrece a rede e interesadas no uso das
novas TIC.
Desvantaxes
Require actualización continua. Se creamos este tipo
de curriculum non o debemos deixar no esquecemen-
to, posto que información profesional obsoleta daría
moi mala impresión. Así pois, para que a primeira van-
taxe enumerada neste artigo sexa efectiva, é impor-
tante ir mo- dificando e
actualizan- do o CV para
que as per- soas teñan
en calquera momento
información actual sobre
nós.
Reticencia a compartir información persoal. O feito de
facer pública a nosa información pode crearnos certo
reparo; por iso, esta é unha opción que debe valorar
cada quen persoalmente.
27
Curriculum Vitae online: vizify.com
Tes creado un curriculum vitae online? Aínda non o
fixeches? Pois... a que esperas?
A páxina web vizify.com é unha de moitas que nos dá
a posibilidade de elaborar o noso CV online para que
sexa visualizado por calquera persoa que estea intere-
sada na nosa candidatura, en calquera momento e
lugar.
Temos que lembrar que este tipo de curriculum non
substitúe ó tradicional, senón que complementa a es-
te coa mesma información ou ampliándoa deixando
ver no CV online os nosos gustos e afeccións; ademais,
este é un CV xeralizado xa que non se pode adaptar ás
entidades nin ofertas de emprego.
Falamos concretamente de vizify porque é moi sinxelo
e rápido de elaborar, ademais de que cunha soa visua-
lización poden coñecer todos os nosos datos de in-
terese. A continuación, enumeramos os pasos a seguir
para a súa realización:
O enlace da páxina é o seguinte: https://
www.vizify.com/. Clicamos no “show me mine” e ac-
cedemos a el a través do noso correo-e.
Temos que conectar a páxina polo menos cunha rede
social (twitter, facebook, linkedin,...); por tanto, debe-
mos ter creado con anterioridade un perfil en calquera
das redes sociais.
Unha vez conectada coa rede social xa temos creado o
noso CV online; este contén información publicada na
nosa rede.
Como o máis probable é que non queremos que se
vexa algunha foto ou información que extraeu da rede
social, podemos modificar todos os datos (imaxes,
datos,...) e ata o noso nome (poida que na rede social
non tivésemos o nome real).
Ademais de modificar a información, podemos cam-
biar a orde das páxinas, a cor,... para poñerlle o estilo
que lle queremos dar. Tamén podemos ampliar o nú-
mero de páxinas por se queremos engadir máis infor-
mación da que nos piden nun primeiro momento.
Un aspecto moi interesante e relevante é o relaciona-
do cos estudos académicos. Sinalamos os títulos, pe-
ro, ademais, podemos resaltar o que queiramos sobre
esa titulación (prácticas, traballos, experiencias profe-
sionais,...).
28
Na imaxe podemos ver a captura da páxina principal
do meu CV online; a característica máis importante é
que é moi esquemático e non se tarda tempo en visua-
lizalo.
Se te animas a facelo...adiante! É moi fácil de empre-
gar e é unha maneira máis de presentarnos; ademais,
ó ser online, pódennos ver dende calquera país.
Recorda que, se ó final te animas, engade o enlace ó
CV tradicional para que as entidades coñezan da súa
existencia.
29
Curriculum Vitae funcional
Cando buscamos emprego o tipo de curriculum vitae
que máis utilizamos é o CV cronolóxico ou cronolóxico
inverso. Pero... cando podemos empregar o CV funcio-
nal? Como é o máis descoñecido, neste artigo imos a
comentar cando é máis axeitado usalo e as súas vanta-
xes; darémonos conta que nos pode solucionar moitas
dificultades que poida que tivésemos á hora de elabo-
rar o CV.
Vantaxes do curriculum vitae funcional:
Importancia do contido. Este tipo de curriculum
dálle máis énfase ó contido que ás datas nas que
foron realizadas as experiencias laborais e/ou for-
mativas; non importa o cando, senón o que.
Atención ás capacidades e habilidades. Engadimos
as capacidades e habilidades que se adaptan ó
posto de traballo; podemos nomealas dunha ma-
neira máis específica e directa que nos demais ti-
pos de curriculum. Desta maneira, informaremos á
entidade que temos as cualidades que eles deman-
dan.
Importancia ós nosos logros. Podemos salientar
mellor os éxitos conseguidos a través da nosa ex-
periencia, tanto laboral como formativa.
Omisión de información. Empregando este tipo de
curriculum seranos máis fácil omitir información
que consideremos que nos prexudica á hora da
selección (idade, periodos sen actividade,...).
Mobilidade da estrutura do CV. Neste tipo de CV
temos máis flexibilidade á hora de establecer a
orde dos apartados. Faremos referencia, en
primeiro lugar, ó apartado que sexa máis relevante
para o posto de traballo; por exemplo, podemos
poñer antes a experiencia laboral seguido da nosa
formación.
Orixinalidade. Ó ser o tipo de CV menos emprega-
do, cando o utilicemos vai destacar entre os de-
mais xa que a súa estruturación e contido vai ser
diferente.
30
É recomendable empregalo nas seguintes
situacións:
Rotación laboral. Cando temos experiencia laboral
de diversos eidos clasificarémola por ámbitos e
poñeremos en primeiro lugar aquela que se axuste
máis á entidade e/ou posto de traballo.
Periodos sen actividade ou en situación de desem-
prego. Se estivemos, durante temporadas, sen
emprego ou inactivas/os e queremos ocultar esa
información debemos usar este tipo de curriculum,
xa que ó non ser datado descoñecerán ese tempo
de inactividade e paro.
Cambio de eido laboral. Se queremos buscar opor-
tunidades de emprego noutros ámbitos ou áreas é
recomendable o emprego deste CV; así pois, fixa-
ranse nas nosas capacidades e habilidades.
Cando a nosa idade pode ser unha barreira para
conseguir o emprego. Se este factor pode ser dis-
criminatorio, o CV funcional pode ser unha boa
opción; omitiremos datas que poidan facer intuír a
nosa idade.
31
Curriculum Vitae Europeo ou Europass
Pensaches en escapar da crise e optar por ir traballar a
outro país? Neste caso pode serche de utilidade o Eu-
ropass.
O Europass é un dossier composto por varios docu-
mentos complementarios comúns nos Estados mem-
bros da Unión Europea, que ten por finalidade princi-
pal facilitar a mobilidade de estudantes e traballado-
ras/es entre os distintos países, grazas á homoxeniza-
ción da información académica e laboral. Entre os cin-
co documentos que poden compoñer o Europass, o
elemento principal é o Currículum Vitae Europass, por
iso nos centraremos neste.
Que é o CV Europeo?
O CV Europeo é un tipo de curriculum que serve para
optar a postos de traballo e buscar emprego polos
países da Unión Europea; creouse para unificar o tipo
de curriculum utilizado en todo o ámbito da UE. Está
dispoñible en varios idiomas.
A súa función é a mesma que realiza o curriculum vitae
estándar, documento que nos representa ante unha
entidade e/ou empresa; por iso, como no tradicional,
hai que coidar a súa presentación xa que a través del
as persoas crearán unha impresión de nós.
Que diferenza existe co curriculum vitae tradicional?
A diferenza máis notable co curriculum vitae tradicio-
nal é que o europeo céntrase máis nas competencias e
capacidades adquiridas ó longo da nosa vida, tanto
sexan formativas, lingüístivas, sociais, organizativas,...
Desta maneira, este tipo de curriculum está moi rela-
cionado co Sistema de Cualificacións da Formación
Profesional.
En xeral, é un tipo de documento máis específico e
minucioso que recolle máis información adicional da
que reflicte o CV estándar.
É necesario adaptar este curriculum á oferta ou posto
de emprego?
Neste tipo de curriculum é moito máis recomendable
a súa adaptación xa que, ó conter máis apartados, de-
bemos seleccionar a información que sexa máis impor-
tante para o posto; aínda así, poida que non sexa pre-
ciso cubrir todos os puntos e poder suprimilos. Pola
contra, se lle engadimos toda a información que te-
mos pode que nos quede un curriculum demasiado
extenso e iso, como xa comentamos en artigos ante-
riores, sería un erro.
32
Cando debemos usar o CV Europass?
Hai certos casos nos que é especialmente recomenda-
ble:
Cando así se solicita na oferta de emprego á que opta-
mos.
Cando optemos a un posto de traballo noutro estado
da Unión Europea ou nalgún organismo europeo.
Cómo podemos facer o noso CV Europass?
O Cedefop (Centro Europeo para o Desenvolvemento
da Formación Profesional) dispón dunha web na que
podemos crear o noso CV Europeo online ou ben des-
cargar unha plantilla. Esta páxina tamén ofrece infor-
mación sobre os demais documentos que forman o
Europass, e sobre outras cuestións interesantes rela-
cionadas co emprego e formación na Unión Europea:
Rede EURES, Ploteus, dereitos laborais, etc.
http://europass.cedefop.europa.eu/es/home
33
Outra alternativa: o autoemprego
“Máis vale facer e arrepentirse
que non facer e arrepentirse”
(Maquiavelo)
Nunca pensaches en emprender e crear a túa propia
empresa? Tal como están os tempos é unha
alternativa que non debemos esquecer e pensar que é
outra opción viable.
Pero... emprendemos de hoxe para mañá? Debemos
ter clara unha serie de factores a ter en conta á hora
de emprender:
Acción novidosa
Para emprender e que o noso proxecto evolucione de
maneira positiva é importante que a idea sexa
innovadora. Non podemos caer na tentación de imitar
a outras empresas que teñen éxito. Como imos
ofrecer un servizo que xa existe e cubre as demandas
da sociedade? Debemos ter en conta as demandas
que realizan as persoas e darlle cobertura con un
servizo creativo, inexistente neste momento.
Motivación e ilusión
Para emprender debemos estar motivados e crer no
noso proxecto empresarial; o pesimismo non ten
espazo nesta acción, senón que é importante ser
optimistas e pensar que o autoemprego é totalmente
viable se lle ofrecemos á sociedade un servizo
innovador. Ademais, debemos ter ilusión por comezar
unha nova andaina no noso ámbito profesional e
traballar no eido que nos gusta; así mesmo, seremos
os nosos propios xefes/as e desenvolveremos o noso
proxecto en base ós nosos valores, crenzas,
coñecementos... de xeito que nunca nos veremos na
obriga de realizar algunha actividade que vaia en
contra da nosa ética profesional por mandato dun
superior. Pero... é arriscado? Pois claro que si pero
temos que enfrontarnos a eses riscos e buscar
solucións cando unha dificultade ou problema se nos
achegue; sen riscos, non hai nada e, solucionándoos,
podemos chegar a ter éxito na nosa faceta
profesional.
Medo ó fracaso
Todas e todos temos medo a fracasar nalgún
momento da nosa vida, pero ese medo non nos pode
impedir desenvolvernos profesionalmente.
Seguramente que cando estamos pensando no
autoemprego nos preguntamos... e se sae mal? Pero
non nos facemos a pregunta de... e se sae ben? Que
pasa se o noso proxecto ten cabida na sociedade e se
34
desenvolve de maneira favorable? O medo non pode
ser unha barreira para poder emprender e se o é, ten
que ser o primeiro obstáculo que debemos derrubar
para seguir a nosa andaina profesional. Ademais,
temos que pensar que se o noso proxecto, por
circunstancias, non funciona, é unha experiencia
profesional máis e de aprendizaxe.
Alén disto, tamén debemos de fixarnos nalgúns dos
erros que se realizan á hora de emprender, para “non
tropezar na mesma pedra”:
Non ter claro o servizo que se ofrece e os seus
destinatarios
O servizo que imos ofrecer e destinatarios debe ser a
idea principal do noso proxecto; así pois, temos que
definir claramente o que vamos a ofrecer e para quen.
É importante analizar a contorna onde queremos
situar a nosa empresa e detectar que servizo é o que
se necesita; para isto é importante realizar o plan de
empresa onde definimos o servizo, destinatarios,
contorna,...
Os recursos orzamentarios
Un factor importante á hora de empreder é o
económico. Sabemos que para a creación dunha
empresa é preciso investir; por iso, hai que ter claro
de onde vai saír o orzamento para a inversión e estar
seguras/os de que o podemos conseguir. Este aspecto
tamén se especifica no plan de empresa onde se
sinala a procedencia do orzamento. Tamén hai que ter
en conta que unha empresa non vai dar beneficios
dende o primeiro día, polo que temos que estar
preparados/as economicamente para vivir sen ter
ingresos pola nosa actividade profesional.
A despreocupación pola publicidade
Nun primeiro momento a publicidade vai ser
importante para achegarnos á sociedade e que nos
coñezan; non nos podemos quedar nas instalacións a
esperar a que as persoas acudan para demandar o
noso servizo, senón que debemos planificar o método
publicitario para darnos a coñecer entre a sociedade.
Despois, unha vez que imos desenvolvendo a nosa
acción empresarial, a publicidade, inconscientemente,
xa é realizada polos propios destinatarios.
Imitación a outras empresas
Un dos factores máis importantes para que teñamos
éxito é que o noso servizo sexa innovador, (idea
comentada nos factores a ter en conta); non
podemos imitar a unha empresa polo simple feito de
que esta teña un gran éxito, posto que poida que a
nosa fracase. Debemos realizar un estudo de mercado
e crear un servizo innovador que cubra as demandas
que a sociedade expresa.
Crear unha “GRAN” empresa
Nun primeiro momento, non podemos crear unha
gran empresa cunhas grandes instalacións e recursos.
É recomendable ir avanzando paulatinamente e ir
aumentando a empresa en base ós beneficios
ingresados. Isto está moi relacionado coa inversión
que temos que realizar; é aconsellable que ó comezo
a inversión sexa mínima e, despois de que a empresa
evolucione e dea beneficios, ir ampliándoa.
35
Crenzas erróneas na busca de emprego
Cando estamos en busca de emprego, podemos
pensar en moitas cousas que son erróneas e que
obstaculizan o noso proceso.
A continuación sinalamos algunhas crenzas erróneas
que se nos poden pasar pola cabeza.
Crenza da “cantidade”: “Enviar a mesma copia do
curriculum vitae a moitas empresas é a mellor
técnica de busca de emprego”. Sabemos que o
curriculum vitae ten que ser adaptado ás
entidades. As persoas responsables de recibir o
CV e carta de presentación saben cando unha
candidata/o se esforza e personaliza os
documentos.
Crenza do “enchufe”: “Todos os empregos que se
atopan por relacións persoais ou pola axuda de
coñecidos, son enchufes”. A mellor técnica de
busca de emprego é a través da nosa rede de
contactos, xa que nos informan de oportunidades
de emprego adaptados ó noso perfil profesional;
mais isto non quere dicir que sexa por “enchufe”.
Porén, algunhas persoas conseguen emprego a
pesar de non ter o perfil axeitado para ese posto
de traballo, grazas á influencia dalgún familiar ou
coñecido/a, podendo etiquetar a esta situación
como “enchufe”. Pero é recomendable seguir
empregando a nosa rede de contactos cando
estamos na busca de emprego, posto que é unha
vía máis de información e oportunidades.
Crenza da “orientación inútil”: “A orientación
profesional son só charlas e cursos de técnicas de
busca de emprego”. A orientación abrangue máis
que isto; o orientador ou orientadora asesóranos
e infórmanos das diferentes vías para desenvolver
a nosa vida profesional. Ademais, axúdanos a
buscar solucións ós nosos problemas e
inquietudes relacionadas co eido profesional e
guíanos no proceso de busca de emprego cando
temos que reencamiñalo.
Crenza “fatalista”: “O que me pasa a min non lle
pasa a ninguén”. Co fin de non pensar así é
recomendable coñecer a outras persoas que
estean na mesma situación; para isto é
interesante participar en actividades de
orientación en grupo, nas cales contactamos con
persoas na mesma situación ou que queren
mellorar no seu eido profesional.
Crenza “antiespecialización”: “Se elixo
obxectivos profesionais e me especializo perderei
oportunidades; se busco emprego en calquera
cousa terei máis oportunidades de atopar algo”.
36
Esta é unha crenza moi común pero as persoas
que se especializan están máis satisfeitas no seu
eido profesional; especializarse non é cerrar
portas, senón que os demais te valoren polas túas
capacidades e habilidades.
Crenza da “cursitis”: “Facer cursos sempre
axuda”. Antes de facer cursos, temos que analizar
se estes nos axudarán a conseguir o noso
obxectivo profesional e ampliar a nosa
especialización. Debemos intentar buscar e facer
cursos que nos sexan útiles para a nosa carreira
profesional; ademais temos que ter en conta que
é mellor realizar un curso de longa duración e de
calidade e non moitos e de pouca duración.
Crenza da “inmediatez”: “Presenteime en persoa
a algunhas empresas e comenteille a uns
coñecidos que estou na busca de emprego;
espero ter resultados pronto. Creo que si busco
emprego durante as próximas dúas semanas
aplicando as técnicas da forma que me aconsellou
aquela orientadora conseguirei resultados”.
Pensar que imos conseguir resultados
inmediatamente pódenos frustrar e dificultar o
noso proceso de busca de emprego. Temos que
ter claro que o que facemos, facémolo ben, e que
nos esforzamos en buscar o que queremos e,
desta maneira, os resultados chegarán.
Crenza do “castigo divino”: “Traballar non lle
gusta a ninguén, só se traballa para conseguir
diñeiro”. Moitas persoas, ademais de traballar
para conseguir o seu salario, disfrutan traballando
e realizando o que lles gusta; se nos gusta a nosa
profesión, buscaremos un emprego con máis
gañas e motivación. Se non nos gusta, debemos
buscar outros obxectivos e adquirir novas
aprendizaxes.
Crenza da “sorte”: “Se non atopo emprego ou se
non o manteño é porque non teño sorte; sen
sorte non importa canto tempo busque ou canto
me esforce”. Non podemos esperar a que nos
“caia” a sorte encima. Teremos sorte se
traballamos por conseguir o noso obxectivo e nos
esforzamos por buscar un emprego.
Baseado nun texto de Alfonso Alcántara
yoriento.com
37
Motivación e autocoñecemento
“A perseverancia consiste en fracasar dezanove veces
e ter éxito na vixésima”
Julia Andrews
Todas as emocións están en constante relación e
intégranse como un sistema: motivación,
autoconfianza, autoestima, optimismo,... se algunha
delas diminúe, inflúe nas demais.
Estas emocións van influír durante o noso proceso de
busca de emprego. A todas e todos nos pasou que ó
comezar a buscar traballo, empezamos con moita
ilusión e esperanza de que nos chamen nos días
seguintes ó envío de C.V. Pero, unha vez pasadas
semanas e meses, esa ilusión e esperanza empezan a
diminuír, e con elas a nosa motivación.
Ante esta situación, o control das emocións é
fundamental xa que inflúen á hora de buscar
emprego conseguindo unha actitude pesimista e
deixando de realizar as actividades que nos poden
levar a oportunidades de emprego. Imaxinádesvos se
nos deixásemos influír por toda a información que
nos chega sobre a taxa de desemprego, a diminución
de postos de traballo,...? Teríamos gañas de seguir
elaborando curriculums vitae, cartas de presentación,
envialos, chamar a ofertas de emprego...? Creo que
non. Por iso é importante manter a nosa motivación
para a procura de emprego, porque quen non busca,
non encontra.
RECOMENDACIÓNS:
Cando planifiquemos o noso proceso de busca de
emprego, definamos obxectivos propios (que
sexan nosos), formulados en positivo e concretos
(non xeralizar).
Organizar a procura de emprego e o noso tempo.
Crear hábitos diarios, definir unha rutina de
horarios e tarefas que realizar día a día, pois a
busca activa de emprego require dedicación e
esforzo. É importante evitar caer na espiral de
deitarse e erguerse tarde, ou de perder
demasiadas horas vendo a televisión ou diante do
ordenador, sen sacarlle proveito.
Aínda que estamos en situación de desemprego,
debemos ser persoas activas e, ademais de
dedicarnos a buscar traballo, tamén debemos
adquirir formación complementaria e de reciclaxe
do noso ámbito profesional. Desta maneira,
estaremos en continuo contacto co noso eido
laboral, informándonos de novas que poidan
xurdir e ampliaremos a nosa rede de contactos.
38
Non deixarnos influír polos nosos pensamentos e/
ou crenzas; estas poden funcionar como barreiras
no noso proceso de busca de emprego e levarnos
a non realizar as tarefas que tiñamos planificadas.
Aínda que un día nos levantemos cunha actitude
pesimista, non debemos parar o noso proceso de
busca, senón seguir o noso camiño para conseguir
as metas definidas.
Non centrarse unicamente en buscar traballo. Hai
que disfrutar tamén dun tempo para o ocio e para
relacionarse cos demais: deportes, afeccións,
amizades...
Se levamos moito tempo na procura de emprego,
pode ser recomendable baixar o nivel de esixencia
que tiñamos establecido, xa que poida que ese
traballo desexado non chegue no momento que
queremos. Pero se aceptamos un emprego
diferente das nosas expectativas iniciais, non
debemos esquecer o noso obxectivo, buscando
unha mellora profesional para evitar posibles
sentimentos de frustración por non traballar no
eido desexado.
En definitiva, non podemos “tirar a toalla”; estamos
ante unha situación moi dificultosa para atopar un
posto de traballo, pero, precisamente por isto,
debemos facer todo o que estea nas nosas mans para
poder conseguir emprego. Teremos que pasar unha,
...dúas, ...dez, ....vinte entrevistas, pero temos que
pensar que con cada unha delas aprendemos algo, e
que se damos unha boa impresión, non é unha porta
pechada senón que quedará entreaberta para
próximas oportunidades.