DA COCIÑA Á MESA!!!
Un obradoiro de cociña na escola potencia efavorece:
- Unha aprendizaxe significativa.
- Manipulación e experiencia directa.
- Desenvolve a curiosidade.
- Achegamento a explorar calidades, aromas,texturas, sabores e cores de alimentos.
- Entender a transformación da materia.
- Abordar todos os aspectos curriculares.
CANDO?
Proxecto anual: comezamos este curso 2015/2016 e continuamos nos seguintes.
Unha receita cada mes aproximadamente
Cada titora escolle o día apropiado en función das necesidades horarias.
A primeira receita sería a de decembro
ONDE?
Na aula de titoría de infantil, utilizada actualmente como almacén.
Precisamos tempo para habilitala, e recolocar os materiais que alí se atopan.
QUEN PARTICIPA?
Tod@s os cativ@s de infantil, e a ser posible o resto dos cursos de Primaria.
Pretendemos involucrar ó resto da comunidade educativa pouco a pouco, creando unha aula de cociña, tendo unha relevancia importante no centro e sendo un dos eixes de traballo no mesmo.
ACTIVIDADES
Coñecemento do espazo físico onde desenvolveremos o proxecto mantendo especial atención os puntos conflitivos ou perigosos: puntos de calor, electricidade…
Manipulación dos distintos materiais e ferramentas de cociña.
Ordenar e colocar cada cousa no seu lugar.
Identificar os distintos espazos da cociña: hixiene, alimentos, mesa de traballo …
Recollida do material: limpeza do mesmo, reposición de material gastado ( papel de secado, panos, bolsa de plástico …)
Cumprimento das normas de hixiene antes de cociñar.
Análise dalgunhas transformacións que ocorren nos alimentos durante a preparación das receitas.
Elaboración individual dun receitario con cada prato cociñado.
Fotografado de momentos significativos de cada sesión.
Lectura da receita.
Preparación de receitas.
Mural cos ingredientes de cada receita e pasos a seguir.
Identificación dos ingredientes.
Creación de mandís para cociñar.
DESENVOLVEMENTO DUNHA SESIÓN
Aplicación das normas de hixiene. Colocación dos manteis de papel nas mesas. Lectura colectiva do panel onde estarán expostos os ingredientes
e a receita. Reparto de tarefas para coller os útiles de cociña necesarios e
ingredientes. Análise sensorial dos ingredientes: cor, tamaño, peso, tacto,
olor… Elaboración da receita paso por paso seguindo a secuencia do
panel. Reparto de porcións. Degustación e colocación en friameiras individuais para levar a
casa. Limpeza e recollida dos materiais e da cociña.
QUE PRECISAMOS?
Tempo para habilitar a titoría.
Recursos: 350 euros en utensilios e 300 en ingredientes.