REDES PARA CONVIVIR EN
POSITIVO
Programa Arce
CENTROS DA AGRUPACIÓN
CEIP PEDRO I. Tordesillas-
VALLADOLID IES ISIDRO
PARGA PONDAL. Carballo
IESO CIUDAD DE LUNA.
Huete -CUENCA
IES PUÇOL. Puçol
(VALENCIA)
IES LOS MORISCOS. Hornachos - BADAJOZ
IES JANDÍA. Fuerteventura -
CANARIAS
IES PUÇOL DE VALENCIA
No seguinte enlace podedes atopar información sobre como
traballan a convivencia e mediación
http://prezi.com/kt84uxvqwfop/plan-de-convivencia-y-mediacion/
ENTORNO
• Situado no extremo norte da comarca valenciana de l’Horta Nord
• 18.500 habitantes repartidos en tres núcleos de poboación: o pobo, a praia e as urbanizacións Alfinach.
• Tradicionalmente agrícola , nos últimos anos gaña importancia o sector servizos e un incipiente sector industrial.
• Nos anos 60, a inmigración procedente doutras partes do Estado provocou un importante cambio na poboación. Na actualidade ten unha taxa de inmigración extracomunitaria de preto do 10%.
CENTRO
Impártense a ESO, Bacharelato, CFGS de Educación Infantil, Programa de Cualificación Profesional Inicial de Mantemento de Servizos Informáticos.
Único centro público de ensinanzas medias no municipio, existindo ademais un concertado e tres privados, aínda que a estes últimos acoden pouco alumnado do pobo.
80 profesores/as un Orientador e unha PT, 8 persoas de Administración e Servizos.
Un Traballador Social proporcionado polos Servizos Sociais do Concello a xornada completa
Proxectos no IES PUÇOL
• Plan de Mellora da Convivencia, (aportación a este Proxecto ARCE)
• Proyecto Espiral e Olimpiada Matemática: estimular e mellorar a excelencia
• Programa INTEGRA :previr o absentismo e o abandono escolar prematuro.
• Programas de formación en Centros e grupos de traballo en colaboración cos CEFIRE.
• Cursos para pais e nais
• Actividades diversas compartidas co concello
• Intercambio cun instituto de Francia.
• Proxecto “Aula verde” - Proxecto ARCE
A Convivencia no IES PUÇOL. Equipo de Convivencia e Mediación Formado por 8 profesores e profesoras, o Coordinador de
Secundaria e o Orientador Escolar.
Desenvolve, coordina, valora, implementa recursos e propón melloras para ao Plan de Mellora da Convivencia do Centro.
Realiza unha reunión de coordinación semanal, na que interveñen tamén o Xefe de Estudos e a Directora, e unha hora de garda diaria coa finalidade de atender os casos que necesitan unha intervención inmediata.
Conta coa participación duns 30 profesores/as do Centro que dedican parte do seu tempo a ser titores individuais de alumnos/as que mostran algún tipo de problema. Na actualidade estanse atendendo a máis de 40 alumnos/as.
Conta tamén con alumnado voluntario-mediador (45 alumnos/as), que se incorporan ás actividades deste equipo baixo a supervisión dun profesor
IES “LOS MORISCOS” HORNACHOS
BADAJOZ Para máis información sobre como
traballan a convivencia e mediación en
http://issuu.com/scuevash01/docs/presentacion_arce_web/61
IES “Los Moriscos”-Hornachos
• 375 alumnos/as das poboacións de Hornachos, Hinojosa del Valle, Llera, Palomas e Puebla de la Reina.
• 41 profesores/as
• 2 auxiliares administrativos, 2 ordenanzas, 3 limpadoras, 1 administrador informático
• 1 educador social.
• Tres unidades por nivel da ESO,
• Dous grupos de Diversificación Curricular,
• Dúas unidades por curso de Bacharelato
• Ciclo Formativo de Grao Medio de Xestión Administrativa.
Proxectos IES “Los Moriscos”
• Plan PROA (Plan de Acompañamento Escolar).
• Plan PEREX (Plan Específico de Reforzo).
• Red REBEX (Red de Bibliotecas Escolares Extremeñas).
• Red de Escuelas por una Cultura de Paz, Igualdad y Non-Violencia, que engloba os proxectos “Subiendo El Sur”, “Alumnos Ayudantes” e “Hermano Mayor”.
• Proxecto Comenius.
“Alumnos Axudantes”
•É un progama para a mellora da convivencia escolar, de
axuda entre iguais, mediante o desenvolvemento da propia
competencia persoal e social do alumnado.“Irmán Maior”
•É un Programa de titorización, apoio e supervisión
personalizada, así como de axuda ante os conflitos
interpersoais.
•O Programa responde á necesidade de afrontar a maior
presenza de comportamentos “disruptivos” no alumnado do
Primeiro Ciclo
Funcións do “Alumnado Axudante”
Favorecer a convivencia na aula, procurando o
cumprimiento das normas por todos.
DETECTAR os posibles conflitos e discutilos nas
reunións periódicas para buscar formas de intervir.
ESCOITAR, apoiar, ANIMAR a compañeiros con
problemas persoais de escasa intensidade.
Facilitar a integración e socialización de alumnado tímido,
excluido,rexeitado, illado en tarefas escolares (traballos en
grupo...) actividades extraescolares e recreos.
Servir de MEDIADOR/A ante a presenza de conflitos
DERIVAR e informar de alumnado con difíciles
problemáticas.
Funcións do “Irmán Maior”
Ser o referente próximo para o alumnado que teñan
titorizado.
Axudar a resolver os conflitos interpersoais nos que estea
inmerso o alumnado que teña a seu cargo.
Ensinar ao alumnado ao seu cargo estratexias de resolución
pacífica de conflitos
Servir de apoio ao proceso de integración do alumnado de
1º ESO.
ACTIVIDADES CONXUNTAS
DA
AGRUPACIÓN
• ENCONTROS
Realizaránse un total de 4 encontros nos dous curso de duración da agrupación
• DIFUSIÓN DA AGRUPACIÓN
Wiki: redesparaconvivirenpositivo.wikispaces.com
Email:[email protected]
• ELABORACIÓN DE MATERIAIS:
. Indicadores para a avaliación da convivencia nun centro
. Protocolos para a posta en marcha do “Alumno axudante” e “Irmán maior”
• CONCURSOS
. Concursos abertos ao alumnado dos 6 centros participantes
• UTILIZACIÓN DE REDES SOCIAIS
. EDMODO é unha das Redes Sociais que o MEC recomenda para utilizar nas aulas.
• . Experimentalmente o IES de Huete e o CEIP de Tordesillas, poñerana en marcha para valorar a súa utilidade. Se os resultados son positivos, extenderase aos 120 alumnos/as incluidos no Programa Arce.
• Actualmente, no noso Instituto, xa se está probando EDMODO cos alumnos de 2º de ESO.
ENCONTROS
DATAS
• 1º Encontro:
Valencia 22-25 de abril 2012
• 2º Encontro:
Fuerteventura 15-19 octubre 2012
• 3º Encontro:
Badajoz 4-7 de marzo 2013
• 4º Encontro:
Carballo 22-25 abril 2013
ASISTENTES
• 4 alumnos/as de cada centro
• 2 profesores/as de cada centro
No noso Instituto procuraremos que haxa
rotación dos profesores que integramos o
grupo de convivencia nas tres viaxes que
se farían durante os dous cursos.
ORGANIZACIÓN
ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN
DO ALUMNADO VISITANTE:
.En domicilios de familias receptoras
20 familias receptoras acollen nas súas casas a
20 alumnos/as de acollida en cada viaxe.
DO PROFESORADO VISITANTE:
. Correrá a cargo do presuposto de cada
centro
DURACIÓN: 4 días
ACTIVIDADES
• CONXUNTAS:
Recepción dos centros visitantes polo Director
do centro de acollida e o Alcalde do Concello
receptor
Exposición do alumnado sobre que se fai no seu
centro para xestionar os conflitos e a súa
repercusión na mellora da convivencia
Realización dunha visita cultural
Xornada de Convivencia: pais/nais de alumnado
receptor, profesorado, o alumnado acolledor,
ANPA,…
ACTIVIDADES
• ALUMNADO:
Asistencia a clase: cada alumno/a receptor co seu
compañeiro/a de acollida
Asistencia a talleres organizados polo centro receptor
para todo o alumnado incluído na Agrupación.
Elaboración dun diario de Viaxe por parte de cada
alumno/a que viaxe
Elaboración dun traballo sobre a súa experiencia no
encontro que se colgará na Web e na Wiki
ACTIVIDADES
• PROFESORADO:
Reunións de todo profesorado dos seis centros para:
Organización de actividades conxuntas para o seguinte
período de tempo (ata o seguinte encontro).
Elaboración de materiais conxuntos
Análise e avaliación do traballado ata o momento
Exposición, análise, avaliación e asesoramento do
traballado en cada centro ata o momento.
Elaboración de documentos esixidos pola
administración: memorias, actas de reunións,..
CONCURSOS
Certame “ Cartas de Amor” San Valentín Fallarase a finais de febreiro.
Premio en cada centro
Premio de agrupación
Concurso de fotografías “ Coñece o meu Pobo “
Fallarase a finais de marzo Dar a coñecer o entorno de Carballo e a situación xeográfica do
Centro aos outros membros da agrupación
Concurso fotográfico “Convivir en Positivo” Fallarase a finais de febreiro.
Premio en cada centro
Premio de agrupación
ACTIVIDADES
E
PROXECTOS
NO
NOSO CENTRO
Curso
2011/2012
IES Isidro Parga Pondal Carballo
ACTIVIDADES E PROXECTOS NO NOSO CENTRO
Marzo:
. Curso “Resolución de conflitos entre pais e fillos adolescentes”
. Organización do primeiro encontro
. Concurso de Cartas de Amor
. Concurso fotográfico “Coñece o meu pobo”
. Organización dun curso de habilidades sociais para o alumnado coa colaboración da AMPA e asociación Vieiro
ACTIVIDADES E PROXECTOS NO NOSO CENTRO
Abril:
. Curso “Xestión de aula”para o
profesorado
. Xornada de Convivencia do profesorado,
persoal non docente
.1º Encontro da Agrupación en Puçol
ACTIVIDADES E PROXECTOS NO NOSO CENTRO
Maio:
. Actividades acordadas no 1ºEncontro
. Elaboración da memoria do Proxecto-
Contrato
ACTIVIDADES E PROXECTOS NO NOSO CENTRO
Xuño:
. Elaboración da Memoria de ARCE
. Elaboración do proxecto “Contrato-Programa” para o curso 2012/2013
. Elaboración da memoria do Departamento de Mediación para a súa aprobación no Observatorio da Convivencia.
CURSO 2012/2013
ACTIVIDADES E PROXECTOS NO NOSO CENTRO
• Organización, solicitude e posta en marcha de tres grupos de traballo:
ALUMNO/A AXUDANTE:
. Elaborar un protocolo de actuación de alumnos axudantes: organización, funcionamento e dinamización.
. Poñer en marcha a rede de alumnos axudantes en 1º da ESO
ALUMNO/A “IRMÁN MAIOR”:
. Elaborar un protocolo de actuación de alumnado “Irmán maior”: organización, funcionamento e dinamización.
TITORIZACIÓN INDIVIDUALIZADA:
. Elaborar un protocolo de actuación da titorización individualizada: organización, funcionamento e dinamización.
Realización de materiais:
Redacción dun manual explicativo de posta en marcha dun servizo de alumnado axudante no centro
Deseño da axenda do alumnado axudante: un material para as reunións de seguimento co alumnado, utilizándoo para o reparto de tarefas, o estudo dos casos,..
Materiais auxiliares de difusión do proxecto: carteis, dípticos,..
Materiais Audiovisuais: Presentacións para a difusión do proxecto aos pais e nais, alumnado e claustro.
Revisión do blog do Departamento de Mediación
Creación dun sistema informático de axuda e resolución de conflitos.
ACTIVIDADES E PROXECTOS NO NOSO CENTRO
Revisar, avaliar e mellorar os recursos que xa existen no noso centro para mellorar a convivencia (ATI, protocolos, mediación escolar)
Aplicación das novas tecnoloxías aos sistemas de axuda entre iguais: alumnado mediador e alumnado axudante.
Revisar e optimizar o blog do Departamento de Mediación e deseñar un servizo informático de axuda e resolución de conflitos.
Deseñar materiais propios de formación para o alumnado mediador e axudante
Formar alumnos/as mediadores/as e axudantes .
Implicar aos pais/nais na resolución pacífica de conflitos organizando cursos de habilidades socioemocionais para eles coa colaboración do concello e a asociación de pais e nais.
Aprobación polo Claustro e o Consello Escolar dos novos protocolos
Revisar, avaliar e mellorar o Plan de Convivencia do centro, introducindo nel todos os cambios necesarios para integrar os novos protocolos
Difusión e divulgación do Proxecto ARCE e dos materiais elaborados
Divulgación do Proxecto ARCE organizando encontros con outros centros da provincia que teñan servizo de mediación
Publicitar o proxecto nos medios de comunicación cada vez que haxa unha actividade no centro relacionada co proxecto
Reunión a principio de cada curso cos representantes da Asociación de Pais e Nais para darlles a coñecer o proxecto e pedir a súa colaboración
Reunión con todos os pais e nais a principio de cada curso para dar a coñecer o proxecto e pedir a súa colaboración e apoio
Reunión coa xunta de delegados a principio de cada curso para darlles a coñecer o proxecto e pedir a súa colaboración
Reunión cos representantes do Concello e da Asociación Vieiro a principio de cada curso para darlles a coñecer o proxecto e pedir a súa colaboración
DIVULGACIÓN DOS MATERIAIS ELABORADOS
• Blog:
www.mediacionpargapondal.blogspot.com
• Email:[email protected]
GRAZAS