IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
1
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA BIOLOXÍA – XEOLOXÍA CURSO 2018 – 2019
IES MONELOS A Coruña, setembro 2018
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
2
COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO. Para o curso 2018-2019, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía queda constituído polos seguintes membros:
Dª María del Carmen Veira Tejero
Dª Paula Neira
Dª José Manuel Tato Ramos, xefe de departamento.
A distribución de horas queda como sigue:
Dª María del Carmen Veira Tejero: Bioloxía 2º Bacharelato…………….......... 2 grupos ………….8 h
Bioloxía-Xeoloxía 1º Bacharelato…..... 2 grupos……..…...8 h
Lab.Bioloxía-Xeoloxía ...............…......….3 grupo..…..……..3 h
Paula Neira
Bioloxía- Xeoloxía 1º ESO……………………..1 grupo……………….4 h
Bioloxía-Xeoloxía 3º ESO......................... 2 grupos...............4 h
Cultura Científica 1º Bacharelato………….1 grupo……………….2 h
Ámbito Científico PMAR 2º ESO…………..1 grupo…………..……8 h
Lab. Bioloxía-Xeoloxía............................. 1 grupo ................1 h
José Manuel Tato Ramos: CTMA 2º Bacharelato………………………... 1 grupo .………………..3 h
Anatomía Aplicada 1º Bacharelato…….. 2 grupos………………….6 h
Bioloxía-Xeoloxía 4º ESO……………………. 2 grupos………………....6 h
Bioloxía-Xeoloxía 1º ESO....................... 1 grupo.....................4 h
Laboratorio Bioloxía-Xeoloxía................1 grupo.....................1 h
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
3
RESULTADOS AVALIACIÓNS DE GRUPOS DO CURSO 2016-2017.
GRUPO PROFESOR TOTAL ALUMNOS
APTOS XUÑO
APTOS SETEMBRO
TOTAL APTOS
% APTOS
1º ESO A Alba González 29 22 0 22 76
1º ESO B Alba González 31 28 0 28 90
3º ESO A J.M. Tato 30 23
3º ESO B J.M. Tato 25 19
PMAR 3º ESO
Alba González 10 5 1 6 60
4º ESO A Carmen Veira 26 22 3 25 96
4º ESO B Carmen Veira 10 10 0 10 100
1º BACH A BIO-XEO
Carmen Veira 21 18 1 19 90
1º BACH B BIO-XEO
Carmen Veira 11 11 0 11 100
CUL.CIENT 1º BAC
Alba González 14 12 1 13 93
ANATO.APLI 1º BACH A
J.M.Tato 21 18 1 19 90
ANATO.APL 1º BACH. B
J.M. Tato 9 9 0 9 100
2º BACH A BIOLOXÍA A
J.M. Tato 26 20 1 21 81
2º BACH A BIOLOXÍA B
J.M. Tato 7 5 0 7 71
2º BACH A/D CTMA
Carmen Veira 25 25 0 25 100
En xeral, os resultados obtidos nos distintos grupos poden considerarse bos, dado que na maioría dos casos achéganse ao 90 % de aprobados. A desviación máis significativa dase nos casos de PMAR (60 %) e da Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO A (76 % de aprobados), pero está relacionado co feito de que os 3 alumnos suspensos repiten curso e deixaron a materia en setembro.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
4
Por outra banda, non parece que haxa diferenzas significativas entre os distintos grupos, sexan impartidos ou non polo mesmo profesor. En xeral, as diferenzas observadas débense a que nalgún grupo hai unha maior concentración de alumnos que abandonan a materia, son repetidores que só esperan ir a outros estudos, .... En xeral e como cabía esperar, os resultados melloran ao subir de nivel de estudos, situándose no Bacharelato por enriba do 88 % de alumnos que acadan os obxectivos mínimos da materia respectiva. Hai que ter en conta que non se diferenza, dentro dos suspensos, entre alumnos que suspenderon e alumnos que non se presentaron as probas ou abandonaron o centro ao longo do curso. En realidade o número de aprobados acadou porcentaxes maiores dos que aparecen recollidos na táboa. Cremos que, en liñas xerais, a programación logra os seus obxectivos dun xeito razoable e, con independencia de retoques puntuais en certas unidades, parece adecuada para lograr os obxectivos educativos previstos na lei. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
LIBROS DE TEXTO
1º ESO
Ramos García, Mª Ángeles; Colodrón Bestuer, Ángel; González Sánchez, Gema; Serrano San Román, Belén e Ventureira Lomas, Eva: Bioloxía e
Xeoloxía 1º ESO, Ed. Mac Graw Hill, Madrid, 2015. ISBN 978-84-486-0681-7
3º ESO
Ramos García, Mª Ángeles; Colodrón Bestuer, Ángel; González Sánchez, Gema; Serrano San Román, Belén e Ventureira Lomas, Eva: Bioloxía e
Xeoloxía 3º ESO, Ed. Mac Graw Hill, Madrid, 2015. ISBN 978-84-486-0679-4
4º ESO
Ramos García, Mª Ángeles e outros:Bioloxía e Xeoloxía 1 ESO, Ed McGraw Hill, Madrid, 2015 . ISBN 978-84-486-0681-7
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
5
PROGRAMA RECUPERACIÓN PENDENTES
Cadernos de exercicios de repaso realizado polo propio Departamento.
1º BACHARELATO
Bioloxía e Xeoloxía
Plaza Escribano, Hernández Gómez, J e outros : Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato , Ed Anaya, Madrid, 2015 . ISBN 978-84-678-2811-5
Anatomía aplicada
Santos Lozano, A.: Anatomía aplicada, Ed. Vicens Vives, ISBN 978-84-682-5135-6
Cultura científica
Jiménez de la Fuente, J.J.; Prieto de Paula, J.; e outros: Cultura Científica 1 Bacharelato, Ed McGraw Hill,Madrid, 2015 , ISBN 978-84-486-0756-2
2º BACHARELATO
Bioloxía
Plaza Escribano, C.; Hernández Gómez, J., e o outros: Bioloxía 2 Bacharelato, Ed Anaya,
Madrid, 2016, ISBN 978-84-698-1355-3 .
Ciencias da Terra e Medioambiente
Calvo Aldea, D.; Molina Álvarez, M.ª T.; e outros: CC de la Tierra y Medioambientales 2º Bachillerato, Ed. Mc Graw Hill; Madrid, 2016, ISBN:
978-84-486-0939-9
LABORATORIO
Para cada curso existe un programa de prácticas de laboratorio, adecuado os contidos teóricos e transversais, que se indican na correspondente programación do curso.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
6
AULA DE INFORMÁTICA
Para a realización de simulacións, uso de SIX, …, en función dos contidos teóricos e transversais das materias e temas correspondentes. MATERIAL GRÁFICO
Uso de paneis e murais, comerciais e de elaboración propia.
PROXECCIÓNS DE DOCUMENTAIS
O uso de documentais apoiados en cadernos de traballo semellan ser instrumentos útiles para a apredizaxe da Bioloxía e Xeoloxía, especialmente neste última dada a escala á que traballa. Existe unha ampla variedade de documentais científicos de elevada calidade que practicamente abranguen todos os contidos das materias que imparte este departamento.
REALIZACIÓN DE EXPOSICIÓNS.
Ao longo do curso, o Departamento realizará unha serie de exposicións de material biolóxico e xeolóxico para fomentar o coñecemento do mundo natural polo alumnado. As exposicións programadas son :
Minerais máis comúns de Galicia.
As rochas de Galicia.
Cogomelos
Liques
Toros de árbores
Gasterópodos de Galicia.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS
Este departamento ten previsto para o curso 2015-2016 as seguintes actividades extraescolares e complementarias:
ACTIVIDADE CURSO DATA PREVISTA
Obradoiro de residuos sólidos urbanos 1º ESO 2º trimestre
Visita a planta de tratamento de residuos de Nostián 1º ESO 2º trimestre
Realización de diseccións na Domus 3º ESO 2º trimestre
Visita ao Instituto Oceanográfico de Coruña 1º Bacharelato 2º trimestre
Visita a zona técnica do Aquarium Finisterrae 1º Bacharelato 3º trimestre
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
7
Obradoiro sobre doazón de órganos 1º Bacharelato 1º trimestre
Visita ao SAI da UDC 2º Bacharelato 1º trimestre
Esta lista non impide que poidan realizarse outras actividades que eventualmente aparezan e que , previamente aprobadas polo Consello Escolar,
poidan ser de interese para a formación dos alumnos e para acadar os obxectivos concretos fixados na materia correspondente.
Asemade, este departamento organiza ao longo de todo o curso exposicións no propio centro, con material biolóxico e xeolóxico de distinta
natureza cunha dobre finalidade:
Dar a coñecer a riqueza e diversidade do mundo natural.
Sensibilizar ao alumnado sobre a necesidade de protexer esa riqueza.
Incrementar os seus coñecementos sobre o patrimonio natural de Galicia
Entre as exposicións previstas están:
Minerais e rochas de Galicia.
Cogomelos
Liques
Toros de árbores
Gasterópodos de Galicia
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
8
PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DE ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
9
ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES. Unicamente se desenvolve este apartado para as materias de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO, Bioloxía e Xeoloxía de 3º da ESO e Bioloxía-Xeoloxía de 1º de Bacharelato, dado que son as únicas que foron suspendidas por alumnos que promocionaron no curso 2016-2017. O programa de recuperación xirará ao redor de dous procedementos:
Realización do caderno de exercicios da materia correspondente elaborado polo departamento. Este caderno será subministrado aos alumnos ao inicio do curso, xunto coas instrucións para recuperar a materia.
Os alumnos realizarán os exercicios conforme ao programa e nas datas que se indican na páxina seguinte.
Probas escritas que incluirán a materia pendente distribuída en grupos de 2 leccións. 1 semana despois de entregar os exercicios das dúas leccións e corrixidos estes polo profesor responsable, realizarase a proba escrita correspondente a esas mesmas unidades.
O procedemento de recuperación e avaliación das materias pendentes rexerase polas seguintes normas:
Os alumnos recibirán un caderno de exercicios correspondentes as distintas leccións das materias que teñan suspensas. O caderno incluirá 20 exercicios de cada unha das leccións do temario oficial.
O caderno de exercicios poderá ser descargado da páxina web do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
O departamento enviará ao pais/nais do alumnos coa materia suspensa, un informe detallado sobre o procedemento de recuperación, as datas de entrega das tarefas establecidas así como dos criterios e mínimos esixibles para superar a materia.
O caderno será cualificado e devolto ao alumno, que poderá usalo para preparar a proba escrita.
Os alumnos que obteñan unha cualificación positiva no caderno de exercicios poderán, na proba escrita, elixir e resolver 6 das 10 cuestións propostas (3 de cada unha das leccións obxecto do exame). Todas as cuestións serán extraídas das que aparecen no caderno de exercicios.
Os alumnos que teñen unha cualificación negativa no caderno de exercicios ou non fagan todo ou parte do mesmo, deberán resolver as 10 cuestións propostas na proba obxectiva e serán cualificados unicamente pola proba escrita.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
10
AVALIACIÓN.
A tódolos efectos a cualificación do alumno será:
50 % a caderno de exercicios
50 % a proba obxectiva.
Os alumnos que non entregan o caderno de exercicios ou non obteñan unha cualificación positiva da mesma, serán xulgados unicamente pola proba escrita.
Para acadar a cualificación final, os alumnos que aproben o caderno de exercicios deberán obter na proba escrita unha nota igual ou superior a 4 sobre 10.
Os alumnos que non entreguen ou non aproben o caderno de exercicios deberán obter na proba escrita unha cualificación igual ou superior a 5 para aprobar a parte da materia correspondente.
Os alumnos que sexan sorprendidos copiando por calquera sistema durante a realización da proba escrita serán suspendidos e deberán presentarse ao exame final de toda a materia na data que se indica.
Os prazos previstos para a entrega dos cadernos de exercicios e realización das probas escritas serán os expostos de seguido.
As datas indicadas para a entrega dos cadernos de exercicios son datas límite, de xeito que pasado o día baixo ningún concepto se recollerá o caderno e entenderase que o alumno opta pola proba escrita exclusivamente. Non obstante, o caderno poderá ser entregado ao profesor correspondente antes da data límite.
Os alumnos que suspendan un máximo de 4 leccións poderán recuperalas no exame que se realizará o día 11 de maio de 2018 no laboratorio de Bioloxía. Os alumnos que suspendan máis de 4 leccións deberan ir ao exame global da materia que se realizará na mesma data e lugar.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
11
TEMPORALIZACIÓN
Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO Ciencias da Natureza de 2º da ESO Leccións Data entrega exercicios Data proba escrita
1, 2 6/10/2018 13/10/2018 3, 4 20/10/2018 27/10/2018 5, 6 3/11/2018 10/11/2018 7,8 17/11/2018 24/11/2018
9, 10 12/1/2019 19/1/2019 11, 12 26/1/2019 2/2/2019
Lugar de exame: Laboratorio de Bioloxía
Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO
Leccións Data límite entrega exercicios Data da proba escrita
1, 2 6/10/2018 13/10/2018
3, 4 20/10/2018 27/10/2018
5, 6 3/11/2018 10/11/2018
7, 8 12/1/2019 19/1/2019
9, 10 e 11 26/1/2019 2/2/2019
Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato
Leccións Data de entrega Data da proba escrita
12, 13, 14, 15, 1, 2, 3 e 4 1 lección cada semana a partir do 1 de
outubro de 2018
11/01/2019
5, 6, 7, 8, 9, 10 e 11 1 lección cada semana a partir do 1 de
febreiro de 2019
26/04/2019
Os alumnos que non aproben 1 ou as dúas partes do programa poderán realizar un exame final que se efectuará o día 10 de
maio de 2019 no laboratorio de Bioloxía
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
12
Se por calquera causa ou condición (folga, imprevistos, …) non se puideran realizar as probas escritas nas datas arriba indicadas, trasladaranse ao día seguinte lectivo no mesmo lugar e hora anunciados.
O exame final da materia, ao que deberán ir os alumnos que non superen o programa de recuperación arriba exposto, será o venres, día 10 de maio de 2019, no laboratorio de Bioloxía .
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
13
PROGRAMACIÓN BIOLOXÍA-XEOLOXÍA 1º ESO
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
14
INTRODUCIÓN
Tanto neste curso coma nos demais da ESO, a alfabetización científica dos/as alumnos/as, entendida como a familiarización coas ideas científicas básicas,
convértese nun dos obxectivos fundamentais,pero non tanto como un coñecemento finalista senón como un coñecemento que lle permita ao alumno a comprensión de
moitos dos problemas que lle afectan ao mundo na vertente natural e ambiental e, en consecuencia, a súa intervención no marco dunha educación para o
desenvolvemento sostible do planeta (a ciencia é, en calquera caso, un instrumento indispensable para comprender o mundo). Isto só se poderá lograr se o
desenvolvemento dos contidos (conceptos,feitos, teorías, etc.) parte do que coñece o alumno e do seu contorno, que poderá comprender e sobre o que poderá intervir.
Se ademais temos en conta que os avances científicos se converteron ao longo da historia nun dos paradigmas do progreso social, vemos que a súa importancia é
fundamental na formación do alumno, formación na que tamén repercutirá unha determinada forma de enfrontarse co coñecemento, a que incide na racionalidade e na
demostración empírica dos fenómenos naturais. Neste aspecto habería que lembrar que tamén debe facerse fincapé no que o método científico lle achega ao alumno:
estratexias ou procedementos de aprendizaxe para calquera materia (formulación de hipóteses, comprobación de resultados, investigación, traballo en grupo...).
Polo tanto, o estudo da Bioloxía e Xeoloxía neste curso terá en conta os seguintes aspectos:
Considerar que os contidos non son só os de carácter conceptual, senón tamén os procedementos e as actitudes, de forma que a presentación destes contidos vaia sempre encamiñada á interpretación do contorno por parte do/a alumno/a e a conseguir as competencias básicas propias desta materia, o que implica empregar unha metodoloxía baseada no método científico.
Conseguir unha aprendizaxe significativa, relevante e funcional, de forma que os contidos /coñecementos poidan ser aplicados polo/a alumno/a ao entendemento do seu contorno natural máis próximo (aprendizaxe de competencias) e ao estudo doutras materias.
Promover unha aprendizaxe construtiva, de forma que os contidos e as aprendizaxes sexan consecuencia uns doutros.
Tratar temas básicos, axeitados ás posibilidades cognitivas individuais dos alumnos.
Favorecer o traballo colectivo entre o alumnado.
ESTRATEXIAS
Para tratar axeitadamente os contidos desde a tripla perspectiva de conceptos, procedementos e actitudes e para a consecución de determinadas competencias, a
proposta didáctica e metodolóxica debe ter en conta a concepción da ciencia como unha actividade en permanente construción e revisión, e ofrecer a información
necesaria realzando o papel activo do/a alumno/a no proceso de aprendizaxe mediante diversas estratexias:
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
15
Darlle a coñecer algúns métodos habituais na actividade e na investigación científica, invitalo/a a utilizalos e reforzar os aspectos do método científico correspondentes a cada contido.
Xerar escenarios atractivos e motivadores que o axuden a vencer unha posible resistencia apriorística ao seu achegamento á ciencia.
Propoñer actividades prácticas que o sitúen fronte ao desenvolvemento do método científico, proporcionándolle métodos de traballo en equipo e axudándoo a enfrontarse co traballo / método científico que o motive para o estudo.
Combinar os contidos presentados na clase mediante cadros explicativos e esquemáticos,e nos que a presentación gráfica é un importante recurso de aprendizaxe que facilita non só o coñecemento e a comprensión inmediata do alumno senón a obtención dos obxectivos da materia (e, en consecuencia, da etapa) e as competencias clave.
Todas estas consideracións metodolóxicas tivéronse en conta nos materiais curriculares que se van utilizar e, en consecuencia, na propia actividade educativa
que se desenvolverá diariamente:
Tratamento dos contidos de forma que conduzan a unha aprendizaxe comprensiva e significativa.
Unha exposición clara, sinxela e razoada dos contidos, cunha linguaxe adaptada á do alumno.
Estratexias de aprendizaxe que propicien a análise e a comprensión do feito científico e natural.
O uso de calquera recurso metodolóxico, ademais do libro de texto que segue sendo aínda un dos máis privilexiados, debe ir encamiñado á participación cotiá do
estudante no proceso educativo, non a ser substituído. Pero nun contexto no que se está a xeneralizar o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (a
internet, vídeos, CD-ROM, ...), non tería sentido desaproveitar as súas posibilidades educativas, de aí que o seu uso, interesante en si mesmo polas posibilidades de
obtención de información que permiten, facilita que o estudante sexa formado nalgunhas das competencias clave do currículo (aprender a aprender, tratamento da
información e competencia dixital,...).A formulación dos contidos na lexislación ten unha particularidade: organízaos en bloques, un dos cales (contidos comúns) recolle
todos aqueles que teñen un marcado carácter procedemental ou actitudinal e condiciona a forma en que deberían ser desenvolvidos os que poderiamos considerar máis
de tipo conceptual (A Terra no Universo, Materiais terrestres e Os seres vivos e a súa diversidade). Neste curso, a Terra no Universo é o eixe dos contidos: tras situar a
Terra como planeta e analizar as características da materia no Universo (A Terra no Universo), estúdanse a atmosfera, a hidrosfera e a xeosfera (Materiais terrestres),
para finalizar coa diversidade dos seres vivos que habitan na Terra (Os seres vivos e a súa diversidade).
O libro de texto seleccionado para o curso de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO é :
Ramos García, Mª Angeles e outros: Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO, Ed.Mac Graw Hill, Madrid, 2015 ISBN 978-84-486-0681-7
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
16
COMPETENCIAS CLAVE
Na definición que a LOMCE fai do currículo, atopámonos tanto cos compoñentes tradicionais (obxectivos, contidos, métodos pedagóxicos e estándares de
aprendizaxe), como as competencias clave. Este elemento pasa a converterse nun dos aspectos orientadores do conxunto do currículo e, en consecuencia, en
orientador dos procesos de ensino-aprendizaxe.
Trátase da adquisición duns saberes imprescindibles, prácticos e integrados, que terán que ser demostrados polos estudantes (é algo máis ca unha formación
funcional). En resumo, unha competencia é a capacidade posta en práctica e demostrada de integrar coñecementos, habilidades e actitudes para resolver problemas
e situacións en contextos diversos.
O estudante, mediante o que sabe, debe demostrar que o sabe aplicar, pero ademais que sabe ser e estar. Desta forma vemos como unha competencia integra os
diferentes contidos que son traballados na aula (conceptos, procedementos e actitudes), exemplo dunha formación integral do alumno.
Formar en competencias permite facer fronte á constante renovación de coñecementos que se produce nesta área de coñecemento A formación académica do
estudante transcorre na institución escolar durante un número limitado de anos, pero a necesidade de formación persoal e/ou profesional non remata nunca, polo que
unha formación competencial no uso, por exemplo, das TIC (tecnoloxías da información e a comunicación) permitirá acceder a este instrumento para solicitar a
información que en cada momento se precise. Se ademais temos en conta que moitas veces é imposible tratar en profundidade todos os contidos do currículo, está claro
que o estudante deberá formarse nesa competencia, a de aprender a aprender.
No noso sistema educativo considérase que as competencias clave que debe ter o estudante cando remata a escolaridade obrigatoria para enfrontarse cos retos da
súa vida persoal e laboral son as seguintes:
Comunicación lingüística (CL)
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)
Competencia dixital (CD)
Aprender a aprender (AA)
Competencias sociais e cívicos (CSC)
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (SIEE)
Conciencia e expresións culturais (CEC)
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
17
En cada unidade se indicará especificamente a competencia específica que se traballa, aínda que algunha delas, como a comunicación lingüística afecta a toda a actividade educativa.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA Os obxectivos materia de Bioloxía e Xeoloxía para o primeiro curso da ESO aparecen recollidos de seguido e son coherentes cos obxectivos xerais establecidos para a ESO.
Coñecer o vocabulario científico axeitado ao nivel do alumno.
Coñecer a información científica suficiente para desenvolver unha opinión persoal.
Levar a cabo traballos experimentais de laboratorio ou de campo.
Planificar e levar a cabo un proxecto de investigación.
Identificar as características que fan da Terra un planeta vivo.
Coñecer as funcións vitais das plantas e a súa importancia para a vida.
Coñecer e identificar os distintos niveis da materia viva.
Identificar a célula como o elemento básico dos seres vivos.
Diferenciar a materia viva da materia inerte.
Coñecer as funcións vitais, diferenciando os tipos de nutrición é reprodución.
Coñecer os principais grupos nos que se clasifican os seres vivos.
Coñecer as principais características morfolóxicas dos distintos grupos taxonómicos.
Coñecer os criterios de clasificación dos seres vivos e establecer a súa relación xerárquica.
Coñecer os principais taxóns do mundo vexetal e animal.
Detectar as adaptacións de plantas e animais ao contorno no que viven.
Coñecer o manexo de claves dicotómicas, mapas topográficos e mapas meteorolóxicos.
Coñecer as principais ideas sobre a orixe do Universo e a formación de galaxias.
Coñecer os compoñentes do Universo e as relacións entre eles.
Coñecer a estrutura do Sistema Solar e a localización nel da Terra.
Coñecer os movementos da Terra, Lúa e Sol e a súa relación coa sucesión día/noite e das estacións.
Identificar e coñecer as propiedades más importantes de minerais e rochas máis comúns.
Coñecer a estrutura do planeta Terra e a súa dinámica.
Coñecer a estrutura e importancia da atmosfera e a composición do aire.
Identificar os problemas máis importantes de contaminación ambiental e desenvolver condutas persoais que tendan a reducilos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
18
Apreciar a importancia da auga e as súas propiedades.
Coñecer o ciclo da auga, o seu uso e a súa distribución no planeta.
Comprender a necesidade dunha xestión sostible da auga.
Coñecer a importancia das augas doces e salgadas.
Coñecer os compoñentes dun ecosistema e os factores que alteran o seu equilibrio.
Apreciar accións que favorezan a conservación do medioambiente.
Coñecer e identificar os compoñentes que fan do solo un ecosistema.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
19
CONTIDOS. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. ESTÁNDARES AVALIABLES. COMPETENCIAS CLAVE.
Tema Título Contidos Criterios avaliación Estándares avaliables Competencias
clave
1 Introdución - Concepto de Ciencia. O coñecemento
científico. - Concepto de Bioloxía e Xeoloxía. - Obxectos da Bioloxía e da Xeoloxía - O método científico. Concepto de hipótese e
de lei científica.
-Coñecer as fases do método científico e
a súa utilidade para a análise e solución
de problemas.
- Coñece os conceptos de Bioloxía e Xeoloxía. -Entende o método científico. -Diferenza a hipótese da lei científicas -Coñece o material de laboratorio básico e o seu
uso.
CMCT CD CL AA CSC
2
O Universo - O Universo: concepto e compoñentes. - As teorías clásicas e actuais sobre a estrutura
do Universo: teoría xeocéntrica e heliocéntrica. - As unidades de medida das distancias no
Universo: anos-luz e unidades astronómicas. - As galaxias: concepto, natureza e compoñentes.
Estudo específico do Vía Láctea. - As nebulosas: concepto e orixe. - Cúmulos estelares e estrelas. Natureza e
evolución dunha estrela. - O Sistema Solar: estrutura e composición do
Sol. Orixe da enerxía solar. -Os planetas interiores e exteriores.
Características e propiedades máis importantes dos planetas do sistema solar. - Planetas ananos. concepto e exemplos
destacables. - Concepto de satélite, asteroide e cometa. Orixe
dos cometas. - O sistema Terra-Lúa: rotación e translación
terrestre e as súas relacións coa alternancia día/noite e das
-Coñecer a estrutura xeral e a orixe do
Universo e a relación do planeta Terra co
resto de compoñentes do Universo -Coñecer a estrutura do Sistema Solar. -Coñecer os movementos da Terra e a
relación coas estacións e coa sucesión
día/noite
-Coñece as teorías clásicas (Xeocéntrica e
Heliocéntrica) e actuais da estrutura do Universo. - Coñece os conceptos de anos-luz e unidade
astronómica e sabe utilizalos -Distingue os seguintes compoñentes do Universo:
galaxia,nebulosa, estrela, planeta , planeta anano,
satélite, asteroide, cometa e meteorito. -Recoñece a Vía Láctea -Coñece a estrutura e importancia do Sol e orixe
da súa enerxía. -Coñece a estrutura do Sistema Solar,
diferenciando os planetas e planetas ananos e as
súas propiedades máis relevantes. -Coñece a diferenza entre rotación e translación e
relaciónaos coa sucesión día/noite e coas
estacións. -Diferenza os solsticios e os equinocios. -Entende o ciclo lunar e as distintas fases da lúa. -Coñece as causas das mareas. -Identifica os tipos de eclipses a partir de imaxes e
esquemas.
CMCT CD CL AA
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
20
estacións. -A Lúa: orixe e movementos da Lúa. As fases
lunares. -Concepto e causas das mareas. -Os eclipses: concepto e tipos
3
A Terra.
Xeosfera - Concepto de xeosfera. -Concepto e propiedades dos minerais (dureza,
brillo, cor, raia, diafanidade, exfoliación e magnetismo). -A importancia dos minerais: minerais
metalíferos, de uso en construción, en xoiería, ... - Concepto de rocha. - Tipos de rocha segundo a súa orixe. - Rochas sedimentarias: orixe e tipos principais. -O solo: estrutura e importancia -As rochas metamórficas: orixe e principais tipos. -As rochas ígneas: orixe e tipos principais. -Propiedades das rochas: textura e estrutura. -Importancia das rochas. Usos das mesmas. -A explotación de rochas e minerais:
procedementos de extracción. -A estrutura interna do planeta. Modelo químico
e modelo dinámico. -Características da codia terrestre. Tipos de
codia. -Características do manto. -Características do núcleo. -Concepto e importancia de litosfera e
astenosfera.
-Coñecer a estrutura básica do planeta. -Entender o planeta como unha estrutura
dinámica, en cambio gradual e contínuo. -Coñecer a diferenza entre minerais e
rochas. -Asociar os tipos de rocha á súa orixe.
-Diferenciar os conceptos de elemento químico ,
composto, mineral e rocha. -Coñecer as principais propiedades dos minerais:
dureza, brillo, cor, raia, diafanidade, exfoliación e
magnetismo. -Coñecer os principais usos dos minerais. -Coñecer os distintos tipos e subtipos de rochas
que forman o noso planeta. -Saber clasificar unha rocha en magmática,
metamórfica ou sedimentaria. -Coñecer os principais tipos de rochas de cada
grupo e asociar as súas propiedades a súa orixe. -Coñecer os principais usos das rochas. -Coñecer a importancia do solo -Manexar mas topográficos simples. -Coñecer os principais sistemas de explotación de
minerais e rochas -Coñecer a estrutura básica do planeta. -Coñecer as características básicas da codia, manto
e núcleo. -Coñecer o modelo dinámico do planeta e
especialmente os conceptos de litosfera e astenosfera
CMCT CL CD
4
A Terra. Hidrosfera
-Orixe da hidrosfera terrestre. -Distribución da auga no noso planeta. -Propiedades da auga: poder disolvente,
capacidade termorreguladora e densidade. -Importancia da auga para os seres vivos.
-Coñecer as propiedades máis
importantes da auga. -Coñecer os estados nos que se atopa a
auga na Terra. -Ser quen de detallar o ciclo da auga. -Describir en que consiste unha xestión
-Concepto e orixe da hidrosfera. -Coñecer a distribución básica da auga na Terra. -Apreciar a auga como un ben esencial e escaso. -Coñecer a importancia da auga e as súas
propiedades. -Coñecer o ciclo da auga e a súa importancia.
CMCT CL CD CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
21
-O ciclo da auga: procesos que o forman.
Importancia para o planeta. -O ciclo da auga e o clima. -O ciclo da auga e a paisaxe. As correntes de auga
continentais. -Reservas de auga doce: tipos e dispoñibilidade. -Usos da auga. Orixe da auga de consumo. -Potabilización da auga. -Contaminación da auga: choiva ácida,
contaminación de acuíferos e cursos de auga. -Contaminación dos mares: as mareas negra
sostible da auga. -Apreciar o efecto da auga sobre o clima e a
paisaxe do noso planeta. -Coñecer as reservas da auga doce do planeta e os
principais usos da auga. -Coñecer os procesos básicos de potabilización da
auga. -Coñecer os procesos de contaminación da auga -Coñecer os procesos básicos de depuración da
auga. -Coñecer as medidas par a un uso máis eficiente da auga
5
A Terra. Atmosfera
-Concepto de atmosfera terrestre. Orixe da
atmosfera. -A composición do aire: compoñentes estables e
variables. -Estrutura da atmosfera: estudo das propiedades
e importancia das distintas capas. -A atmosfera como regulador da T da superficie
da terra. Factores que afecta a esa función. O efecto invernadoiro.
O cambio climático. -A presión atmosférica: concepto, factores que a
afectan e unidades de medida (atm, hPa e mb). -Concepto e importancia de anticiclóns e
borrascas. O vento. -Fenómenos atmosféricos debidos ao vento:
furacáns, remuíños e tornados. -A humidade atmosférica: concepto e tipos. -Fenómenos atmosféricos debidos á humidade
(brétema, orballo e xeada) e precipitación (chuvia, neve e sarabia).
Coñecer os principais compoñentes do
aire. -Coñecer a estrutura e función da
atmosfera. -Coñecer os principais problemas de
contaminación atmosférica. -Desenvolver hábitos que axuden a
disminuir o deterioro da atmosfera
-Coñecer de xeito xeral a orixe da atmosfera
terrestre. -Coñecer a composición do aire -Diferenciar as distintas capas que forman a atmosfera e o papel que cumpren na regulación das condicións da
superficie terrestre. -Importancia da estratosfera e da capa de ozono. -Coñecer o papel regulador da atmosfera sobre a
temperatura da superficie terrestre e a súa relación co efecto
invernadoiro. -Ser quen de explicar as variacións da T superficial
en función da latitude do planeta. -Coñecer o concepto de presión atmosférica e
manexar as unidades que a miden (atm, mb e hPa) así como a
correspondencia entre elas -Coñecer os factores que afectan a presión atmosférica. -Diferenciar os conceptos de anticiclón e borrasca
e o seu efecto sobre o tempo atmosférico.
CMCT CL CD CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
22
-Tempo atmosférico e clima. Concepto e tipos de
frontes. -Aparellos de medida dos datos meteorolóxicos:
termómetro, barómetro, pluviómetro, higrómetro, catavento
e anemómetro. -Importancia da atmosfera para o mantemento da vida na Terra. -Contaminación atmosférica: burato na capa de
ozono, aumento do efecto invernadoiro, efectos sobre a saúde
humana. -O protocolo de Kioto: concepto e finalidade
-Coñecer os fenómenos atmosféricos debidos ao
vento. -Diferenciar a humidade absoluta da relativa e
aprender a calculalas. -Coñecer os fenómenos atmosféricos debidos a
humidade atmosférica e as precipitación. -Diferenciar o concepto de tempo e clima. -Coñecer e manexar os aparellos que miden os
parámetros meteorolóxicos. -Manexar mapas meteorolóxicos sinxelos. -Coñecer a importancia da atmosfera para a vida
na Terra. -Coñecer os principais problemas de
contaminación da atmosfera: choiva ácida, burato
na capa de ozono e cambio climático. -Recoñecer a importancia do protocolo de Kioto e
posteriores
6
A Terra. Biosfera
-Condicións que permiten a vida na Terra. -A Biosfera: concepto -Os seres vivos: concepto. -Os compoñentes da vida: bioelementos e
biomoléculas. -A organización dos seres vivos. A teoría celular. -As células. Tipos que existen. -Estrutura básica da célula procariota. -Estrutura básica da célula eucariota. -Organismos unicelulares e pluricelulares. -As funcións vitais: nutrición, relación e
reprodución. -Nutrición autótrofa e heterótrofa. -Tipos de reprodución. - A función de relación
-Entender a biosfera como un elemento
do sistema Terra. -Coñecer a estrutura da vida en niveis de
organización. -Coñecer a importancia da célula na
organización da vida. -Comprender o carácter esencial das
funcións vitais.
- Coñecer as condicións que posibilitan a vida no
planeta Terra. -Coñecer o concepto de biosfera. -Diferenciar bioelemento de biomolécula e
coñecer as principais biomoléculas e as súas
funcións. -Distinguir as células eucariotas e procariotas. -Coñecer a anatomía básica das células eucariotas
animais e vexetais. -Comprender a natureza e importancia das
funcións vitais. -Diferenciar a nutrición autótrofa da heterótrofa. -Diferenciar a reprodución asexual da sexual.
CMCT CL CD
7
A Terra. Ecosistemas:
o medio
-Concepto de ecosistema - O biotopo e os factores abióticos - O medio terrestre -Adaptacións ó medio terrestre
-Entender o concepto de ecosistema e
definir os seus compoñentes. -Entender o concepto de adaptación e a
súa importancia na evolución da vida.
- Coñecer o concepto de ecosistema. - Diferenciar os conceptos de biotopo, biocenose e
poboación. -Coñecer os principais factores abióticos.
CMCT CL CD CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
23
-O medio acuático -Adaptacións ó medio acuático - O medio aéreo. -Adaptacións ó medio aéreo. - Os grandes biomas terrestres
-Coñecer as características básicas do medio
terrestre, aéreo e acuático -Identificar as principais adaptacións aos medios
terrestres, aéreos e acuáticos - Coñecer o concepto de bioma. -Identificar os grandes biomas terrestres
8
A Terra.
Ecosistemas:
biocenose e
dinámica.
-Concepto de biocenose e poboación. - Factores bióticos. -Relacións intra e interespecíficas. - Funcionamento dos ecosistemas. -Ciclo da materia. Niveis e cadeas tróficas.As
relacións tróficas. As pirámides tróficas. - Fluxo de enerxía. -Autorregulación dos ecosistema: migracións e
modelo depredador-presa. -A biodiversidade: concepto e importancia. -A conservación do medio - A historia da vida. -O rexistro fósil.
- Coñecer a dinámica básica dos
ecosistemas. -Coñecer a importancia da biodiversidade
e a necesidade de protexela.
- Distinguir a biocenose da poboación. -Coñecer os principais tipos de relacións intra e
interespecíficas. -Entender o papel de produtores, consumidores e
descompoñedores na dinámica dos ecosistemas. -Concepto de nivel trófico, cadea trófica e
pirámide trófica. -Entender o fluxo de enerxía nos ecosistemas. -Entender os ecosistemas como entidades
dinámica que se autorregulan. -Concepto de biodiversidade. -Coñecer as fases máis salientables da historia da
vida no planeta. -Recoñecer a importancia do rexistro fósil.
CMCT CL CD CSC
9
Diversidade
biolóxica: Moneras e
Protistas
-A diversidade biolóxica -O estudo da biodiversidade: a Taxonomía.
Criterios de clasificación. -A nomenclatura binomial. As claves dicotómicas. - Os 5 reinos. Características distintivas. - O reino Moneras. Características básicas e
importancia para os ecosistemas.
- Coñecer os 5 reinos nos que se agrupan
os seres vivos. -Ser quen de usar claves dicotómicas
sinxelas. -Coñecer a importancia das bacterias.
-Coñecer a orixe da diversidade biolóxica do
planeta. -Concepto de taxonomía e dos distintos tipos de
taxóns. -Coñecer e entender a nomenclatura binomial. -Saber manexar claves dicotómicas sinxelas. -Coñecer os 5 reinos e as diferenzas básicas entre
eles. -Coñecer as características básicas e a importancia
das bacterias.
CMCT CL CD
10
Diversidade
biolóxica. Fungos e
plantas
-Os Protozoos, características e clases. -As Algas, características e clases.Importancia das
algas. -Reino Fungos características. Fungos
unicelulares e pluricelulares. Os cogomelos -Características do reino Plantas. -Clasificación das plantas: vasculares e non
- Identificar organismos pertencentes aos
Protozoos, Algas e Fungos. -Coñecer a estrutura básica das plantas e
a súa importancia para a vida
-Coñecer as características básicas do reino
Protoctistas, diferenciando os Protozoos e Algas. -Coñecer as características básicas das principais
clases de Protozoos: Ciliados, Flaxelados, Esporozoos e
Rizópodos. -Identificar esquemas e fotografías referentes aos
Protozoos.
CMCT CL CD
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
24
vasculares; criptógamas e fanerógamas. -As criptógamas: estudo da división Briofitos
(Hepáticas e Brións e Pteridofitos. -Características anatómicas e importancia
biolóxica. -Plantas con flores: espermatofitas. -Estudo dos órganos vexetais: raíz, talo, folla e
flor. -Anxiospermas: características e exemplos. -Ximnospermas: características e exemplos.
-Coñecer as características básicas de Algas e dos
grupos principais. -Diferenciar as algas vermellas, pardas, verdes e as
diatomeas. -Coñecer as características do reino Fungos. -Coñecer a importancia dos fungos unicelulares e
pluricelulares. -Coñecer a anatomía externa dun cogomelo. -Características xerais do reino plantas. -Coñecer a clasificación das plantas e diferenciar as Criptógamos das Fanerógamas e as plantas vasculares das non
vasculares. -Coñecer as características da división Briofitos,
apreciando as diferenzas anatómicas entre Hepáticas e Brións. -Coñecer a importancia evolutiva e ecolóxica dos
Briofitos. -Coñecer os aspectos básicos da anatomía e
bioloxía dos Fentos. -Coñecer as características básicas das
espermatofitas. -Coñecer os nomes e funcións dos compoñentes
dos órganos vexetais. -Ser quen de interpretar esquemas e fotografías de
follas, raíces,toros e flores. -Coñecer a anatomía e fisioloxía básica das flores. -Coñecer a estrutura elemental de sementes e
froitos. -Coñecer os mecanismos de dispersión do pole e
dos froitos. -Diferenciar as anxiospermas das ximnospermas,
citando exemplos de cada grupo.
11
Diversidade
biolóxica. Os animais
-Características do reino Animais. Invertebrados
e Vertebrados. -Anatomía e bioloxía dos principais grupos de
invertebrados: Poríferos, Cnidarios, Moluscos,
-Asociar especies animais ao taxón no
que se inclúen. -Coñecer as características básicas dunha
especie que permiten incluíla nun dos
-Coñecer as características básicas do reino
Animal. -Diferenciar os invertebrados dos vertebrados. -Coñecer os aspectos básicos da anatomía e
CMCT CL CD
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
25
Anélidos, Artrópodos (Miriápodos, Arácnidos,
Insectos e Crustáceos) e Equinodermos. -Anatomía e bioloxía dos vertebrados : Peixes,
Anfibios, Reptis,Aves e Mamíferos.
taxóns estudados. -Coñecer os grupos máis importantes de
Vertebrados.
bioloxía dos principais grupos de invertebrados
(Poríferos, Celentéreos, Anélidos, Moluscos,
Artrópodos e Equinodermos). -Asociar animais concretos a cada grupo de
invertebrados -Interpretar esquemas e fotografías de animais dos
grupos citados. -Coñecer a anatomía e bioloxía básicas das clases
de vertebrados(Peixes, Anfibios, Réptiles, Aves e
Mamíferos) -Asociar animais concretos a cada clase de
vertebrados. -Interpretar esquemas e fotografías dos animais
das clases citadas
12
O ser humano
na Terra -O ser humano é un ser vivo. -Características biolóxicas da especie humana. -O cerebro humano. -Breve historia do ser humano. -O ser humano e o medio ambiente. - Recursos que precisa o ser humano. - A poboación humana. Evolución no tempo. O ser humano e as materias primas. -O ser humano e a enerxía. -Os recursos enerxéticos. Recursos renovables e
non renovables. -O ser humano e a paisaxe. Os impactos. - A importancia do solo. -Os residuos. Tipos e natureza. A xestión de
resíduos. - A actitude individual e colectiva fronte ó
deterioro do medio ambiente.
-Coñecer as causas do deterioro do
medioambiente.
-Coñecer o concepto de recurso e o uso
racional dos mesmos. -Desenvolver hábitos compatibles coa
conservación do planeta.
-Coñecer as características biolóxicas básicas do
ser humano -Coñecer a importancia do cerebro humano do
desenvolvemento da historia da humanidade. -Coñecer o concepto de recurso, recurso
renovable e recurso non renovable. -Entender o crecemento da poboación humana
como a causa principal dos impactos ambientais -Coñecer a importancia da enerxía e dos recursos
enerxéticos na dinámica das sociedades humanas. -Entender a importancia do solo. -Coñecer o concepto e tipos de residuos. -Entender o concepto de desenvolvemento
sostible e as prácticas individuais e colectivas que
o sustentan.
CMCT CL CD CSC
NOTA: Os estándares avaliables teñen a característica de coñecementos básicos que os alumnos deben acadar para superar a materia, polo que todos os estándares teñen o mesmo peso nas probas de avaliación. En consecuencia, o valor dos estándares conceptuais e procedementais será o mesmo, repartindo o 90 % da nota de avaliación por igual entre todos eles. O 10 % restante será destinado á avaliación dos estándares de actitude (interés, participación activa, …..)
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
26
PRÁCTICAS DE LABORATORIO.
As prácticas de laboratorio programadas para o curso de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO son as seguintes:
Material xeral de laboratorio.
Estudo dos minerais
Estudo das rochas máis comúns.
A presión atmosférica.
A d da auga
As propiedades da auga.
O microscopio óptico.
Observación de células animais e vexetais.
Observación de bacterias.
Observación de algas unicelulares.
Realización dun herbario que inclúa os 3 grandes grupos de algas.
Observación de Protozoos.
Observación de animais microscópicos (ostrácodos, …)
Estudo de Brións.
Estudo de fentos.
Realización dun herbario cun mínimo de 10 follas distintas, clasificadas por forma, borde e nerviación.
Estudo da flor, con identificación dos seus elementos.
Colección de 10 tipos de cunchas de gasterópodos e bivalvos.
Disección dun mexilón.
Disección dun peixe.
AVALIACIÓN
É importante destacar o feito de que os contidos conceptuais cobran especial importancia. Por tanto prestarase especial atención ao domino dos contidos
conceptuais e a feito de si o alumno cumpre ou non os criterios de avaliación establecidos en cada unha das unidades didácticas.
Alumnado do curso ordinario:
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
27
• Realizarán varias probas escritas por avaliación, e en cada unha acumularanse os contidos anteriores. Para calcular a nota dos conceptos o primeiro exame terá un
valor multiplicado por un, o segundo por dous, etc.
• Todos os alumnos realizarán un exame da avaliación anterior que permitirá recuperar a materia aos que suspenderon a avaliación anterior e mellor a nota aos que a
aprobaron.
• Os alumnos que ao final do curso tivesen suspensa algunha das tres avaliacións realizarán unha proba escrita final debendo recuperar só a parte suspensa. Os que
teñan suspensas dúas ou as tres avaliacións deberán examinarse de toda a materia.
• Todos os alumnos que non superen positivamente a materia no mes de Xuño serán avaliados no mes de Setembro mediante unha proba extraordinaria que deberá de
conter toda a materia.
• A asistencia a clase é obrigatoria. Cun número de faltas superior ao 20 % por trimestre pérdese o dereito á avaliación continua.
• O abandono da materia será tido en conta á hora de aplicar os criterios de promoción e titulación. Considerarase abandono a non asistencia a clase, non ter caderno
de traballo nin material na clase, non entregar as actividades propostas, non presentarse ás probas escritas, falta de traballo na aula, etc.
b) Alumnado que perde o dereito á avaliación continua:
• Os alumnos perderán o dereito á avaliación continua se acumulan 10 faltas ao longo de cada un dos trimestres. Estas 10 faltas equivalen ao 20 % das clases de cada
trimestre ao
impartirse 4 clases á semana. Neste caso os alumnos serán avaliados cunha única proba escrita por avaliación, non tendo dereito a realizar a súa correspondente
recuperación ata
o exame final no mes de Xuño.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA MATERIA
1.Identificar a situación da Terra no universo e xustificar algúns fenómenos que derivan dos movementos relativos entre a Terra, a Lúa e o Sol, empregando modelos
para interpretalos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
28
Trátase de comprobar que o alumnado é quen de situar a Terra no universo e explicar fenómenos como a duración dos anos, o día e a noite, as eclipses, as fases da Lúa,
e as estacións, baseándose na interpretación dos movementos relativos da Terra no sistema solar. Asemade debe coñecer e diferenzas os distintos compoñentes do
Universo e a súa dinámica. Valorarase a capacidade de empregar modelos sinxelos para a interpretación dos fenómenos citados.
2.Describir cualitativamente algunhas observacións e procedementos científicos que permiten avanzar no coñecemento do noso planeta e do lugar que ocupa no
Universo.
Trátase de avaliar se o alumnado identifica os principias argumentos que permiten o desenvolvemento das teorías científicas, facendo fincapé nas relacionadas co
coñecemento astronómico, a súa evolución histórica e as súas repercusións sociais. Valorarase a selección,a partir de diferentes fontes, e contraste de informacións
sobre estes argumentos.
3.Interpretar cualitativamente fenómenos atmosféricos e o ciclo da auga na natureza a partir de datos e rexistros climáticos e das propiedades da auga como
substancia.
Trátase de comprobar se os estudantes son capaces de explicar, de xeito sinxelo, os factores que inflúen no tempo atmosférico. Valorarase tamén a súa capacidade para
obteren datos de distintas variables meteorolóxicas utilizando instrumentos de medición que lles permitan familiarizarse con estes conceptos así como para
interpretaren algúns fenómenos meteorolóxicos sinxelos e elaborar en esquemas sobre o ciclo da auga.
4.Identificar as rochas e os minerais máis frecuentes de Galicia, utilizando claves sinxelas e coñecer algunhas aplicacións.
Preténdese que o alumnado sexa capaz de recoñecer os diferentes tipos de rochas (magmáticas, metamórficas e sedimentarias) e minerais máis comúns en Galicia e
coñeza as súas aplicacións. Valorarase, ademais, a capacidade para diferencialos a partir de observacións e comprobacións experimentais dalgunhas das súas
propiedades.
5.Coñecer a importancia da hidrosfera para a vida e a dinámica do planeta Terra.
Trátase de que o alumno recoñeza o papel esencial que ten a auga na dinámica do noso planeta e na existencia e mantemento da vida nel. Debe coñecer as grandes
masas da hidrosfera, o ciclo da auga e os problemas que afectan á calidade da auga.
7.Valorar a importancia do sistema atmosfera – hidrosfera - xeosfera para o desenvolvemento da vida, identificando as repercusións da actividade humana sobre o
medio e realizando propostas e compromisos de mellora.
Trátase de avaliar se o alumnado identifica algún dos problemas ambientais, enunciando posibles consecuencias, e se propón medidas concretas de actuación na
realidade próxima que potencien a redución no consumo, a reutilización e a reciclaxe.
8.Recoñecer que os seres vivos están constituídos por células e que levan a cabo funcións vitais que os diferencian da materia inerte.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
29
Trátase de comprobar que o alumnado é quen de recoñecer e describir as características referentes á organización e funcións dos seres vivos, a partir de mostras,
fotografías, debuxos ou outros medios. Valorarase tamén que o alumnado sexa quen de clasificar os organismos vivos utilizando claves sinxelas e de identificar os trazos
máis relevantes que os identifiquen como membros dun grupo a través da súa observación.
9. Coñecer a importancia da calidade do medioambiente e a xestión responsable dos recursos como elementos esenciales para garantir a vida no noso planeta.
O alumno debe recoñecer os impactos que o crecemento e actividade da poboación humana ten sobre o medio ambiente e os modelos de xestións que permiten
protexer o planeta sen renunciar a unha axeitada calidade de vida.
10.Participar activamente na construción, comunicación e utilización do coñecemento científico.
Trátase de comprobar que o alumnado se implica persoalmente na propia aprendizaxe, realizando o esforzo necesario, valorándose a reflexión sobre os propios
procesos de aprendizaxe das ciencias desde a apropiación dos obxectivos ata a utilización de criterios de realización para autocorrixirse, no caso de que sexa necesario.
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
TÉCNICAS
-método-
INSTRUMENTOS
-recurso específico-
MOMENTO
Observación Escalas de observación
Listas de control
Rexistro anecdótico
Habitualmente
Tarefas alumnos Guías e fichas
Exercicios e correccións
Habitualmente
Diálogo e entrevistas Guións estruturados Aconsellable (especialmente para alumnos con dificultades)
Probas específicas Exames Ao final de cada unidade
Ao final de cada 2 unidades
Exames de avaliación
Probas prácticas Guións de prácticas con actividades Habitualmente
Nas probas específicas
Cuestionarios Exercicios tipo test que valoren coñecementos e competencias Realización periódica, antes, durante e ao final de cada unidade
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
30
Consideramos instrumentos de avaliación aqueles recursos específicos que nos permiten establecer os estándares de aprendizaxe de cada alumno, para medir a súa
evolución no coñecemento e destrezas que desenvolve na nosa materia
Ao largo do curso, para avaliar ao alumno usaremos os seguintes rexistros:
• Probas escritas.
• Probas orais e consultas na aula.
• Desenvolvemento das prácticas de laboratorio.
• Observación sistemática: participación, asistencia, actitude, traballo diario e resolución de actividades.
• Traballos bibliográficos, prestando atención á selección de textos e a súa estruturación.
A nota de cada avaliación calcularase de acordo cos seguintes criteios:
Probas escritas e orais................................... 80 % da nota
Libreta de exercicios …………………........…...……10 % da nota
Exercicios e cuestións resoltos en clase……...… 5% da nota
Prácticas e traballos ……………………………...........5 % da nota.
Para a determinación da nota final teránse en conta as seguintes normas:
as cualificacións correspondentes á libreta de exercicios, prácticas e traballo só se sumará a nota das probas escritas e orais, se nestas se acadou unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 8 posibles.
Obterán cualificación negativa os alumnos que copien nas probas escritas e orais, calquera que sexa o método que empreguen (copiar do compañeiro, de apuntes, de libros, ou por medios electrónicos e de transmisión de información ou comunicación).
Obterán cualificación negativa os alumnos que non presenten para a súa corrección nos prazos fixados os exercicios correspondentes ao 20 % das leccións que correspondan a esa avaliación ou ao total do curso, asi como os alumnos que habitualmente non fagan os exercicios e traballos establecidos.
Os alumnos que suspendan unha avaliación poderán recuperala no exame final da materia que se realizará no mes de xuño. Os alumnos que suspendan 2 ou as 3 avaliacións deberán examinarse de toda a materia no exame final de xuño.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
31
TEMPORALIZACIÓN.
Leccións Data límite Avaliación Exames
1, 2 28/10/2018 1º Leccións 1 e 2
3, 4 12/12/2018 1º Leccións 1, 2, 3 e 4
Despois de Nadal e antes do 20 de xaneiro de 2019 repetirase o exame das leccións 1, 2, 3 e 4 para todo o alumnado
5, 6 17/2/2019 2º Leccións 5 e 6
7, 8 10/3/2019 2º Leccións 5, 6, 7 e 8
Despois de Semana Santa e antes do 15 de abril de 2018 repetirase o exame das leccións 5, 6, 7 e 8 para todo o alumnado
9, 10 12/5/2019 3º Leccións 9 e 10
11 e 12 9/6/2019 3º Leccións 9, 10, 11 e 12
O día 1 de maioi de 2019 haberá o exame final da materia
CONVOCATORIA DE SETEMBRO: A cualificación dos alumnos que, por ter suspendido a materia na convocatoria ordinaria de xuño deban presentarse a convocatoria de setembro, rexerase polas seguintes normas:
1. A proba de setembro é unha convocatoria extraordinaria na que o alumno debe demostrar que domina os contidos mínimos necesarios para aprobar a materia. 2. O alumno será cualificado exclusivamente pola proba escrita que realice en setembro, sen ter en conta, en ningún caso, a súa actividade e cualificacións obtidas
ao longo do curso académico no que suspendeu a materia obxecto da proba. 3. O departamento publicará na páxina web de centro coleccións de exercicios que permiten repasar a materia e preparar o exame. A realización e comprensión
deses exercicios permite ao estudante dominar os contidos mínimos necesarios para aprobar o exame. 4. Dado que a proba extraordinaria de setembro é un exame de mínimos, os alumnos que a aproben non poderán obter unha cualificación definitiva superior a 5. 5. Para superar a materia os alumnos deben obter como mínimo un 5 na proba escrita. Non obstante, os alumnos que obteñan unha nota superior a 4 e inferior a
5, poderán superar a materia se entregan os cuestionarios de problemas completa e correctamente contestados, de xeito que o número de cuestións non contestadas ou respondidas incorrectamente non debe superar o 10 % das preguntas correspondentes a cada lección. Se esta condición non se da, ou a nota do exame é inferior a 4, o alumno suspenderá a materia.
AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS DERIVADAS
Segundo a Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG do 7 de
xaneiro de 2008: Ao comezo de cada curso e coa finalidade de adecuar as ensinanzas de cada materia ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria do seu proceso
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
32
de aprendizaxe, o profesorado que imparta docencia no grupo realizará unha avaliación inicial, incidindo na obtención de información sobre os coñecementos previos do
alumnado en cada unha das materias e o grao de desenvolvemento das competencias básicas.
A avaliación inicial terá en conta os seguintes instrumentos:
A) Expediente académico do alumno.
B) Informes de Orientación Escolar.
C) Lectura de textos en voz alta.
D)Proba escrita. Incluímos un modelo de proba escrita que non necesariamente será o que se realice:
1.Ordena os seguintes procesos de acordo co método científico: elaboración dunha teoría científica - divulgación científica - representacións gráficas - observacións - emisión de conclusións - formulación de
hipótese.
2.Relaciona os produtos derivados do petróleo coas súas aplicacións. Propano Combustible de automoción Éter de petróleo Disolvente Gasolina Combustible doméstico Parafina Recubrimentos Asfalto Fabricación de velas
3 .Explica que es la chuvia ácida, como se produce e cales son as principais Consecuencias sobre o medio ambiente. — Propón algunha medida para corrixir os efectos deste fenómeno.
4.Realiza un diagrama que reflicte as distintas capas que forman a atmosfera. En cal desas capas se desenvolve a vida?
5.Indica a diferencia entre mineral e rocha. Cita 3 minerais e 3 rochas que coñezas.
6.Os cinco reinos nos que se clasifican os seres vivos son:………………………………………….
7 .Fai unha pequena redacción na que mostres a importancia da auga para a vida.
8 .Coñeces algunha persoa que destacara polos seus estudios ou descubrimentos científicos? Indica os que coñezas.
9 .Algunhas veces poñémonos enfermos, sabes por que? Comenta algún caso teu, da túa familia, amigos, etc .
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
33
10. Que grupos animais coñeces? Cita polo menos 5 grupos e indican unha especie concreta de cada grupo.
Dependendo dos resultados obtidos por cada alumno na avaliación inicial, deseñaranse estratexias para facilitar a aprendizaxe do alumno e a súa progresión na
materia. Estas medidas xirarán ó redor de: repaso de aspectos que debían coñecer, exercicios de reforzo, selección de contidos, ...
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Os alumnos que amosen dificultades de aprendizaxe serán tratados seguindo un programa acordado co Departamento de Orientación Escolar. En todo caso, ese programa xirará ó redor aos seguintes aspectos: a) Reducir os contidos, sen renunciar aos contidos mínimos esixibles. b) Exercicios de reforzo. Os alumnos recibirán un caderno de exercicios para reforzar a aprendizaxe dos temas estudados. c) Redución da materia que entra en cada proba escrita, realizando un maior número de exames de menor extensión e axustados aos contidos mínimos. d) Máis tempo para realizar os exames.
c) Substitución das probas escritas por probas orais.
PROXECTO LECTOR E INTEGRACIÓN DAS TIC
A comunicación, nos ámbitos da comprensión e expresión, tanto oral como escrita, constitúe un eixe fundamental no proceso de ensino e aprendizaxe do
coñecemento científico, contribuíndo ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.
Nesta área trátase de desenvolver a capacidade de comprensión cando se fan lecturas de textos científicos e o alumnado aprende a diferencialos doutros que non
son científicos, cando se contrastan materiais escritos e audiovisuais de diferentes fontes, tanto descritivos como argumentativos, nun proceso que pasa pola
identificación dos conceptos e ideas principais, a interpretación do papel que desempeñan segundo o contexto e as relacións que se establecen entre eles. Na resolución
de problemas débese estimular a lectura comprensiva contextualizando a situación, da identificación dos conceptos que aparecen e das relacións que se establecen
entre os ditos conceptos e os datos.
No ensino da área a expresión oral e escrita busca a coherencia e precisión no uso da linguaxe, tanto no nivel descritivo como no interpretativo. Trabállase a
expresión cando se emiten hipóteses, contrástanse ideas, acláranse significados sobre conceptos ou procesos científicos en contextos diferentes, realízanse sínteses,
elabóranse mapas conceptuais, extráense conclusións, realízanse informes ou organízanse debates onde se fomenten actitudes que favorezan a mellora na expresión
oral e escrita, a confianza para expresarse en público, o saber escoitar, o contrastar opinións e ter en conta as ideas dos demais.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
34
A colaboración coa Biblioteca do centro é indispensable a que no 1º da ESO faise unha actividade que consiste en coñecer a súa organización, o sistema de marcado
dos libros, … Como estratexias básicas usaremos as seguintes:
Potenciar o uso do dicionario para explicar o significado de palabras dentro do seu contexto.
Lectura reflexiva en voz alta de enunciados, artigos, … atendendo a entoación, vocalización e pausas en signos de puntuación.
Traballar os conceptos de definir e diferenciar, especialmente o primeiro.
Valorar a ortografía e a correcta exposición en traballos escritos.
Realizar comentarios de textos científicos e artigos de prensa de actualidade sobre aspectos da Bioloxía e Xeoloxía.
Extraer a idea principal e secundarias a partir de textos científicos.
Lectura, durante os desdobres de prácticas, dalgúns dos libros seguintes: Gerald Durrell: “Mi familia y otros animales”. Biografía de Darwin da colección “Sabelotodo”.
Jaqueline Kelly :” La evolución de Calpurnia Tate”. Chad Orzel: “¡Eureka! Descubre el científico que llevas dentro”
Uso da biblioteca do centro para a busca de información sobre temas relacionados coa materia.
A área de Bioloxía e Xeoloxía contribúe á competencia de tratamento da información e competencia dixital, xa que se traballan habilidades para identificar,
contextualizar, relacionar e sintetizar a información procedente de diferentes fontes e presentada en diversas linguaxes propias das tecnoloxías da información e
comunicación, como os buscadores pola internet, documentos dixitais, foros, chats, mensaxeria, xornais dixitais, revistas divulgativas na web, presentación electrónicas
e simulacións interactivas. Cando se traballa a crítica reflexiva sobre as informacións
de tipo científico que achegan as tecnoloxías da información e a comunicación, foméntanse actitudes favorables ao emprego delas evitando o seu emprego
indiscriminado.
Como estratexias de potenciación das TIC usaremos
Uso da aula de informática para a busca de información sobre os compoñentes do Universo e o Sistema Solar. (Uso da páxina web da NASA e das imaxes do telescopio Hubble).
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
35
Realizacións de montaxes con Power Point e a súa exposición na aula por parte dos alumnos.
Busca de modelos sobre a dinámica atmosférica e da hidrosfera.
Selección e proxección de imaxes sobre a célula usando o programa de Power Point.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
36
PROGRAMACIÓN BIOLOXÍA – XEOLOXÍA 3º ESO
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
37
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA Os obxectivos para a materia de Bioloxía e Xeoloxía en 3º curso da ESO aparecen recollidos de seguido, e son coherentes cos obxectivos xerais para a etapa da ESO.
Coñecer o vocabulario científico adecuado ao seu nivel.
Coñecer toda a información de carácter científico para ter unha opinión propia.
Levar a cabo un traballo experimental de prácticas de laboratorio ou de campo.
Levar a cabo un proxecto de investigación desde unha boa planificación a unha óptima exposición.
Adquirir coñecemento sobre a saúde e a enfermidade e todo o relacionado co sistema inmunitario.
Identificar as substancias aditivas e os problemas asociados a elas.
Coñecer todo o relacionado coa nutrición e alimentación identificando os trastornos de conduta alimentaria.
Identificar a anatomía e fisioloxía dos diferentes aparatos: dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.
Coñecer a función do sistema nervioso e endócrino.
Coñecer a estrutura e función dos órganos dos sentidos: coidado e hixiene.
Identificar as principais glándulas endócrinas. Función.
Coñecer a función do aparato locomotor: relacións funcionais entre ósos e músculos.
Identificar a anatomía do aparato reprodutor: cambios físicos e psíquicos na adolescencia.
Coñecer o ciclo menstrual: fecundación, embarazo e parto.
Apreciar e considerar a sexualidade das persoas.
Coñecer os diferentes tipos de relevo terrestre.
Coñecer e identificar as formas de erosión.
Coñecer a importancia das augas subterráneas e a súa relación coas augas superficiais.
Coñecer as causas dos movementos da auga do mar e relacionalos coa erosión.
Identificar a acción eólica en diferentes ambientes.
Coñecer a acción xeolóxica dos glaciares.
Apreciar a actividade xeolóxica dos seres vivos e a especie humana como axente xeolóxico externo.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
38
Identificar as actividades sísmicas e volcánicas coas súas características e os efectos que poden xerar.
Coñecer os riscos sísmicos e volcánicos e a forma de previlos.
Coñecer e identificar os compoñentes que fan do solo un ecosistema.
METODOLOXÍA
O currículo de Bioloxía e Xeoloxía hai que abordalo desde moi diversas perspectivas conceptuais e metodolóxicas, en concreto, da Física, a Química, a Bioloxía e a Xeoloxía (todas elas teñen en común unha determinada forma de representar e de analizar a realidade), ademais doutras cousas que manteñen unha estreita interconexión, como son a ecoloxía, a meteoroloxía, a astronomía... Nesta liña, os coñecementos son cada vez máis especializados e, máis profundos. En calquera caso, esta especialización non é incompatible co estudo interdisciplinar, non en van o coñecemento científico, en xeral, e o natural, en particular, non poden estudarse de forma fragmentada (o estudante debe saber que hai uns procedementos de investigación comúns aos distintos ámbitos do saber científico). De aí, por exemplo, que neste curso haxa, no currículo oficial da comunidade, uns contidos comúns para ambas as dúas materias, e outros específicos para cada unha.
Tanto neste curso coma nos demais da ESO, a alfabetización científica dos estudantes, entendida como a familiarización coas ideas científicas básicas,
convértese nun dos obxectivos fundamentais, pero non tanto como un coñecemento finalista senón como un coñecemento que lles permita a comprensión de moitos dos problemas que lle afectan ao mundo na vertente natural e ambiental e, en consecuencia, a súa intervención no marco dunha educación para o desenvolvemento sostible do planeta (a ciencia é, en calquera caso, un instrumento indispensable para comprender o mundo e, de acordo con esta materia, para conservalo). Isto só se poderá lograr se o desenvolvemento dos contidos (conceptos, feitos, teorías, etc.) parte do que coñece o/a alumno/a e do seu contorno, ao que poderá comprender e sobre o que poderá intervir. Se ademais temos en conta que os avances científicos se converteron ao longo da historia nun dos paradigmas do progreso social, vemos que a súa importancia é fundamental na formación do alumnado, formación na que tamén repercutirá unha determinada forma de enfrontarse co coñecemento, a que incide na racionalidade e na demostración empírica dos fenómenos naturais. Neste aspecto habería que lembrar que tamén se debe facer fincapé no que o método científico lle achega ao/á alumno/a: estratexias ou procedementos de aprendizaxe para calquera materia (formulación de hipóteses, comprobación de resultados, investigación, traballo en grupo...).
Polo tanto, o estudo de Bioloxía e Xeoloxía neste curso terá en conta os seguintes aspectos: Considerar que os contidos non son só os de carácter
conceptual, senón tamén os procedementos e as actitudes, de forma que a presentación destes contidos vaia sempre encamiñada á interpretación do contorno por parte do alumnado e a conseguir as competencias básicas propias desta materia, o que implica empregar unha metodoloxía baseada no método científico. Conseguir unha aprendizaxe significativa, relevante e funcional, de forma que os contidos / coñecementos poida ser aplicados polo/a alumno/a ao entendemento do seu contorno natural máis próximo (aprendizaxe de competencias) e ao estudo doutras materias. Promover unha aprendizaxe construtiva, deforma que os contidos e as aprendizaxes sexan consecuencia uns doutros. Tratar temas básicos, axeitados ás posibilidades cognitivas individuais dos/as alumnos/as. Favorecer o traballo colectivo entre os estudantes. Para tratar axeitadamente os contidos desde a tripla perspectiva de conceptos, procedementos e actitudes e para contribuír á adquisición de determinadas competencias, a proposta didáctica e metodolóxica debe ter en conta a concepción da ciencia como unha actividade en permanente construción e revisión, e ofrecer a información necesaria realizando o papel activo do alumnado no proceso de aprendizaxe
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
39
mediante diversas estratexias: Darlle a coñecer algúns métodos habituais na actividade e na investigación científica,invitalo a utilizalos e reforzar os aspectos do método científico correspondentes a cada contido. Xerar escenarios atractivos e motivadores que o axuden a vencer unha posible resistencia apriorística ao seu achegamento á ciencia. Propor actividades prácticas que o sitúen fronte ao desenvolvemento do método científico, proporcionándolle métodos de traballo en equipo e axudándoo a enfrontarse co traballo / método científico que o motive para o estudo. Combinar os contidos presentados expositivamente, mediante cadros explicativos e esquemáticos, e nos que a presentación gráfica é un importante recurso de aprendizaxe que facilita non só o coñecemento e a comprensión inmediata do/a alumno/a senón a obtención dos obxectivos da materia (e, en consecuencia, da etapa) e as competencias básicas.
Todas estas consideracións metodolóxicas tivéronse en conta nos materiais curriculares que se van utilizar e, en consecuencia, na propia actividade
educativa que se desenvolverá diariamente: Tratamento dos contidos de forma que conduzan a unha aprendizaxe comprensiva e significativa. Unha exposición clara, sinxela e razoada dos contidos, cunha linguaxe adaptada á do/a alumno/a. Estratexias de aprendizaxe que propicien a análise e a comprensión do feito científico e natural.
O uso de calquera recurso metodolóxico, ademais do libro de texto, debe ir encamiñado á participación cotiá do estudante no proceso educativo, non a
substituílo. Pero nun contexto no que se está a xeneralizar o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (a internet, vídeos, CD-ROM, etc.), non tería sentido desaproveitar as súas posibilidades educativas, de aí que o seu uso, interesante en si mesmo polas posibilidades de obtención de información que permiten, fomenta que o estudante sexa formado nalgunhas das competencias básicas do currículo (aprender a aprender, tratamento da información e competencia dixital,...).
A formulación dos contidos na lexislación ten unha particularidade: organízaos en bloques, un dos cales (contidos comúns) recolle todos aqueles que
teñen un marcado carácter procedemental ou actitudinal e condiciona a forma en que deberían ser desenvolvidos os que poderiamos considerar máis de tipo conceptual (As persoas e a saúde, As persoas e o medio e Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía externa). Neste curso pártese do estudo da estrutura e da función do corpo humano e da súa relación coa saúde (As persoas e a saúde), continúa coa interacción e a interdependencia entre as persoas e o medio (As persoas e o medio) e remata coa actividade xeolóxica que se debe á enerxía externa ao planeta (Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía externa).
O libro de texto elixido para Bioloxía e Xeoloxía de 3º da ESO é: Ramos García, Mª Angeles e outros: Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO, Ed.Mac Graw Hill, Madrid, 2015 ISBN 978-84-486-0679-4
AS COMPETENCIAS CLAVE
Na definición que a LOMCE fai do currículo este elemento pasa a converterse nun dos aspectos orientadores do conxunto do mesmo e, en consecuencia, en orientador dos procesos de ensino-aprendizaxe. Trátase da adquisición duns saberes imprescindibles, prácticos e integrados, que terán que ser demostrados polos estudantes (é algo máis ca unha formación funcional). En resumo, unha competencia é a capacidade posta en práctica e demostrada de integrar coñecementos, habilidades e actitudes para resolver problemas e situacións en contextos diversos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
40
O estudante, mediante o que sabe, debe demostrar que o sabe aplicar, pero ademais que sabe ser e estar. Desta forma vemos como unha competencia integra os diferentes contidos que son traballados na aula (conceptos, procedementos e actitudes), exemplo dunha formación integral do estudante.
Formar en competencias permite facer fronte á constante renovación de coñecementos que se produce nesta área de coñecemento A formación
académica do estudante transcorre na institución escolar durante un número limitado de anos, pero a necesidade de formación persoal e/ou profesional non remata nunca, polo que unha formación competencial no uso, por exemplo, das TIC (tecnoloxías da información e a comunicación) permitirá acceder a este instrumento para solicitar a información que en cada momento se precise. Se ademais temos en conta que moitas veces é imposible tratar en profundidade todos os contidos do currículo, está claro que o estudante deberá formarse nesa competencia, a de aprender a aprender.
No noso sistema educativo considérase que as competencias básicas que debe ter o estudante cando remata a escolaridade obrigatoria para enfrontarse
cos retos da súa vida persoal e laboral son as seguintes:
Comunicación lingüística
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
Competencia dixital
Aprender a aprender
Competencias sociais e cívicos
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor
Conciencia e expresións culturais.
Loxicamente, no campo da Bioloxía e Xeoloxía, son as competencias lingüística, en ciencia e tecnoloxía e a de aprender a aprender as que teñen unha relación máis directa, sen esquecer que a competencia dixital permitirá ao alumno acceder a información relevante no campo da Bioloxía e Xeoloxía. Especialmente útil é o uso de simulacións informáticas para estudar a predicir fenómenos naturais, analiza procesos microscópicos e moleculares, …
As competencias clave deben estar vinculadas aos obxectivos da ESO e do Bacharelato, debendo promoverse o seu desenvolvemento e avaliación ao
longo de todas as etapas educativas. Con este obxectivo, deben integrarse nas materias das propostas curriculares, definindo e desenvolvendo actividades de aprendizaxe integradas que permitan acadar resultados en máis dunha competencia ao mesmo tempo.
Os criterios de avaliación deben ser quen de medir o que o alumno sabe e sabe facer en cada materia concreta do currículo. Para iso deben ordenarse en
estándares de aprendizaxe avaliables que medirán o progreso do alumno e o rendemento acadado nas distintas competencias. Tal e como establece a Orde de referencia, desenvolvemos os contidos teóricos e prácticos de cada curso para tratar de conseguir unha formación o máis
ampla posible do alumno, especialmente no caso da competencia lingüística e en ciencia e tecnoloxía. A finalidade é dotalo dos instrumentos de formación necesarios para abordar con éxito a vida laboral ou académica futura.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
41
AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS DERIVADAS A avaliación inicial realizarase a través dos seguintes instrumentos:
Expediente académico do alumno.
Informes de Orientación Escolar.
Probas de lectura e comprensión lectora.
Proba escrita que mida os coñecementos precisos para abordar o estudo da materia. A análise dos resultados obtidos polos alumnos na avaliación inicial permitirán detectar os casos que están por enriba ou por debaixo da media. Para estes alumnos procederase a realizar un programa de reforzo ou de ampliación dos contidos da materia, que lle permitan alcanzar os coñecementos mínimos, ós primeiros, ou mellorar a súa formación a materia, ós segundos.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Os alumnos que amosen dificultades de aprendizaxe serán tratados seguindo un programa acordado co Departamento de Orientación Escolar. En todo caso, ese programa xirará ó redor aos seguintes aspectos: a) Reducir os contidos, sen renunciar aos contidos mínimos esixibles. b) Exercicios de reforzo. Os alumnos recibirán un caderno de exercicios para reforzar a aprendizaxe dos temas estudados. c) Redución da materia que entra en cada proba escrita, realizando un maior número de exames de menor extensión e axustados aos contidos mínimos. d) Máis tempo para realizar os exames.
c) Substitución das probas escritas por probas orais.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
42
CONTIDOS. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. ESTÁNDARES AVALIABLES. COMPETENCIAS CLAVE.
Tema Título Contidos Criterios avaliación Estándares avaliables Competencias
clave
1
Introdución -O vocabulario científico na expresión oral e
escrita.
-Metodoloxía científica: características básicas.
- Experimentación en bioloxía e xeoloxía:
obtención, selección e interpretación de
información de carácter científico a partir da
selección e a recollida de mostras do medio
natural ou doutras fontes.
-Planificación e realización do traballo
experimental, e interpretación dos seus
resultados.
-Normas de seguridade no laboratorio, e
coidado dos instrumentos e do material.
- Utilizar adecuadamente o
vocabulario científico nun
contexto preciso e adecuado ao
seu nivel.
-Procurar, seleccionar e interpretar
a información de carácter
científico e utilizala para formar
unha opinión propia, expresarse
con precisión e argumentar sobre
problemas relacionados co medio
natural e a saúde.
-Realizar un traballo experimental
con axuda dun guión de prácticas
de laboratorio ou de campo,
describir a súa execución e
interpretar os seus resultados.
- Identifica os termos máis frecuentes
do vocabulario científico e exprésase
con corrección, tanto oralmente
como por escrito.
-Identifica os termos máis frecuentes
do vocabulario científico e exprésase
con corrección, tanto oralmente
como por escrito.
-Identifica os termos máis frecuentes
do vocabulario científico e exprésase
con corrección, tanto oralmente como
por escrito.
-Identifica os termos máis frecuentes
do vocabulario científico e exprésase
con corrección, tanto oralmente como
por escrito para formar unha opinión
propia e argumentar sobre problemas
relacionados.
-Desenvolve con autonomía a
planificación do traballo experimental,
utilizando tanto instrumentos ópticos
de recoñecemento como material
básico de laboratorio, argumenta o
proceso experimental seguido,
describe as súas observacións e
interpreta os seus resultados.
CMCT
CD
CL
AA
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
43
2
A célula: unidade
funcional e
estrutural dos
seres vivos
- Concepto de ser vivo.
-A materia viva e a materia inerte
- A teoría celular.
- O microscopio óptico e electrónico.
- Tipos de células.
-A célula procariota: estrutura básica. A
importancia das bacterias.
-A célula eucariota: estrutura básica.
-A célula eucariota animal.
-A célula eucariota vexetal.
- A función de nutrición. Concepto de
metabolismo celular. Nutrición autótrofa e
heterótrofa
-A función de relación.
- A función de reprodución. A mitose
--Recoñecer que os seres vivos
están formados por células.
-Diferenciar a materia viva da
inerte.
-Describir as funcións comúns a
todos os seres vivos, diferenciando
entre nutrición autótrofa e
heterótrofa
-Coñece a diferenza entre materia
viva e inerte.
-Sabe manexar correctamente o
microscopio óptico y realizar
preparacións microscópicas sinxelas.
-Coñece a estrutura básica da célula
procariota e diferénciaa da eucariota.
-Coñece a estrutura básica da célula
eucariota e as características máis
importantes dos seus orgánulos.
-Coñece a diferenza entre célula
animal e vexetal.
-Identifica células e orgánulos máis
importantes a partir de esquemas e
microfotografías.
-Coñece a importancia da fotosíntese
para a vida.
-Coñece o concepto de nutrición e
metabolismo.
-Diferenza a nutrición autótrofa da
heterótrofa.
-Comprende o concepto e
importancia da función de relación.
-Coñece a importancia da
reprodución e concepto de mitose.
CMCT
CD
CL
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
44
3
As persoas e a
saúde.
Promoción da
saúde (I)
-Niveis de organización da materia viva.
-Organización xeral do corpo humano: células, tecidos, órganos, aparellos e sistemas
-A célula animal: estruturas celulares.
Orgánulos celulares e a súa función.
- Os tecidos do corpo humano:
estrutura e funcións
-Catalogar os niveis de
organización da materia viva
(células, tecidos, órganos e
aparellos ou sistemas) e
diferenciar as principais estruturas
celulares e as súas función.
--Diferenciar os tecidos máis
importantes do ser humano e a
súa funcións.
- Interpreta os niveis de organización
no ser humano e procura a relación
entre eles
-Diferenza os tipos celulares e
describe a función dos orgánulos máis
importantes.
-Recoñece os principais tecidos que
conforman o corpo humano e
asóciaos á súa función.
CMCT
CL
CD
4
As persoas e a
saúde. Promoción
da saúde (II)
-Saúde e doenza, e factores que as
determinan.
-Doenzas infecciosas e non infecciosas.
-Hixiene e prevención. Hábitos e estilos de vida
saudables.
-Descubrir, a partir do
coñecemento do concepto de
saúde e doenza, os factores que os
determinan
-Clasificar as doenzas e determinar
as infecciosas e non infecciosas
máis comúns que afectan a
poboación (causas, prevención e
tratamentos.
-Valorar e identificar hábitos e
estilos de vida saudables como
método de prevención das
doenzas.
-Seleccionar información,
establecer diferenzas dos tipos de
doenzas dun mundo globalizado e
deseñar propostas de actuación.
-Argumenta as implicacións dos
hábitos para a saúde, e xustifica con
exemplos as eleccións que realiza ou
pode realizar para promovela
individual e colectivamente.
-Recoñece as doenzas e as infeccións
máis comúns, e relaciónaas coas súas
causas.
-Distingue e explica os mecanismos de
transmisión das doenzas infecciosas.
Coñece e describe hábitos de vida
saudable e identifícaos como medio
de promoción da súa saúde e da das
demais persoas.
-Propón métodos para evitar o
contaxio e a propagación das doenzas
infecciosas máis comúns.
-Establece diferenzas entre as doenzas
que afectan as rexións dun mundo
globalizado, e deseña propostas de
actuación.
CMCT
CL
CD
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
45
5
As persoas e a
saúde. Promoción
da saúde (IIi)
Sistema inmune. Vacinas, soros e antibióticos.
Uso responsable de medicamentos.
Transplantes e doazón de células, sangue e órganos.
Substancias aditivas: tabaco, alcohol e outras drogas. Problemas asociados.
-Determinar o funcionamento
básico do sistema inmune e as
continuas contribucións das
ciencias biomédicas, e describir a
importancia do uso responsable
dos medicamentos
-Recoñecer e transmitir a
importancia que ten a prevención
como práctica habitual e integrada
nas súas vidas e as consecuencias
positivas da doazón de células,
sangue e órganos.
Investigar as alteracións
producidas por distintos tipos de
substancias aditivas, e elaborar
propostas de prevención e control.
-Recoñecer as consecuencias para
o individuo e a sociedade de seguir
condutas de risco.
-Explica en que consiste o proceso de
inmunidade, e valora o papel das
vacinas como método de prevención
das doenzas.
- Detalla a importancia da doazón de
células, sangue e órganos para a
sociedade e para o ser humano.
- Detecta as situacións de risco para a
saúde relacionadas co consumo de
substancias tóxicas e estimulantes,
como tabaco, alcohol, drogas, etc.,
contrasta os seus efectos nocivos e
propón medidas de prevención e
control.
- Identifica as consecuencias de seguir
condutas de risco coas drogas, para o
individuo e a sociedade.
CMCT
CL
CD
CSC
6
Alimenta-
ción e nutrición.
Alimentos e
nutrientes: tipos e
funcións básicas.
-Alimentación e nutrición. Alimentos e
nutrientes: tipos e funcións básicas.
-Dieta e saúde. Dieta equilibrada. Deseño e
análise de dietas. Hábitos nutricionais
saudables. Trastornos da conduta alimentaria.
-Dieta e saúde. Dieta equilibrada. Deseño e
análise de dietas. Hábitos nutricionais
saudables. Trastornos da conduta alimentaria.
- Recoñecer a diferenza entre
alimentación e nutrición, e
diferenciar os principais nutrientes
e as súas funcións básicas.
-Relacionar as dietas coa saúde a
través de exemplos prácticos.
- Argumentar a importancia dunha
boa alimentación e do exercicio
físico na saúde, e identificar as
doenzas e os trastornos principais
da conduta alimentaria.
- Discrimina o proceso de nutrición do
da alimentación.
-Relaciona cada nutriente coa súa
función no organismo, e recoñece
hábitos nutricionais saudables.
- Deseña hábitos nutricionais
saudables mediante a elaboración de
dietas equilibradas, utilizando táboas
con grupos de alimentos cos
nutrientes principais presentes neles e
o seu valor calórico.
- Valora e determina unha dieta
equilibrada para unha vida saudable e
identifica os principais trastornos da
CMCT
CL
CD
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
46
conduta alimentaria.
7
A nutrición: visión
global e aparatos
implicados
- Función de nutrición. Visión global e
integradora de aparellos e procesos que
interveñen na nutrición.
-Función de nutrición. Visión global e
integradora de aparellos e procesos que
interveñen na nutrición.
-Anatomía e fisioloxía dos aparellos dixestivo,
respiratorio, circulatorio e excretor.
-Alteracións máis frecuentes e doenzas
asociadas aos aparellos que interveñen na
nutrición: prevención e hábitos de vida
saudables
- Explicar os procesos
fundamentais da nutrición,
utilizando esquemas gráficos dos
aparellos que interveñen nela .
-Asociar a fase do proceso de
nutrición que realiza cada aparello
implicado.
-Identificar os compoñentes dos
aparellos dixestivo, circulatorio,
respiratorio e excretor, e coñecer o
seu funcionamento.
-Indagar acerca das doenzas máis
habituais nos aparellos
relacionados coa nutrición, así
como sobre as súas causas e a
maneira de previlas.
- Determina e identifica, a partir de
gráficos e esquemas, os órganos, os
aparellos e os sistemas implicados na
función de nutrición, e relaciónao coa
súa contribución no proceso.
- Recoñece a función de cada aparello
e de cada sistema nas funcións de
nutrición.
- Identificar os compoñentes dos
aparellos dixestivo, circulatorio,
respiratorio e excretor, e coñecer o
seu funcionamento.
- Diferenza as doenzas máis
frecuentes dos órganos, os aparellos e
os sistemas implicados na nutrición, e
asóciaas coas súas causas.
CMCT
CL
CD
CSC
8
A relación:
órganos e
sistemas
implicados.
-Función de relación. Sistema nervioso e sistema endócrino.
-Órganos dos sentidos: estrutura e función;
coidado e hixiene.
-Coordinación e sistema nervioso: organización e función.
-Doenzas comúns do sistema
nervioso: causas, factores de risco e
prevención.
- Sistema endócrino: glándulas
endócrinas e o seu funcionamento.
Principais alteracións.
-Visión integradora dos sistemas
nervioso e endócrino.
- Describir os procesos implicados
na función de relación, e os
sistemas e aparellos implicados, e
recoñecer e diferenciar os órganos
dos sentidos e os coidados do oído
e a vista.
- Explicar a misión integradora do
sistema nervioso ante diferentes
estímulos, e describir o seu
funcionamento.
- Asociar as principais glándulas
endócrinas coas hormonas que
sintetizan e coa súa función.
- Relacionar funcionalmente o
sistema neuro-endócrino.
-Especifica a función de cada aparello
e de cada sistema implicados nas
funcións de relación.
-Describe os procesos implicados na
función de relación, e identifica o
órgano ou a estrutura responsables de
cada proceso.
- Clasifica os tipos de receptores
sensoriais e relaciónaos cos órganos
dos sentidos en que se atopan.
- Identifica algunhas doenzas comúns
do sistema nervioso e relaciónaas coas
súas causas, cos factores de risco e
coa súa prevención.
- Enumera as glándulas endócrinas e
asocia con elas as hormonas
CMCT
CL
CD
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
47
segregadas e a súa función.
- Recoñece algún proceso que teña
lugar na vida cotiá no que se evidencie
claramente a integración
neuroendócrina.
9
Aparello
locomotor.
Anatomía,
fisioloxía e
doenzas
- Aparello locomotor. Organización e relacións
funcionais entre ósos, músculos e sistema
nervioso.
-Aparello locomotor. Organización e relacións
funcionais entre ósos, músculos e sistema
nervioso.
- Factores de risco e prevención das lesións.
- Identificar os principais ósos e
músculos do aparello locomotor.
- Analizar as relacións funcionais
entre ósos, músculos e sistema
nervioso.
- Detallar as lesións máis
frecuentes no aparello locomotor e
como se preveñen
-Localiza os principais ósos e músculos
do corpo humano en esquemas do
aparello locomotor.
- Diferenza os tipos de músculos en
función do seu tipo de contracción, e
relaciónaos co sistema nervioso que
os controla.
- Identifica os factores de risco máis
frecuentes que poden afectar o
aparello locomotor e relaciónaos coas
lesións que producen.
CMCT
CL
CD
10
Reprodución
humana:
anatomía,
fisioloxía e
doenzas máis
comúns. As ETS.
Reprodución
asistida e
contraconcepción.
A sexualidade
humana
-Reprodución humana. Anatomía e
fisioloxía do aparello reprodutor.
Cambios físicos e psíquicos na
adolescencia.
- Ciclo menstrual. Fecundación,
embarazo e parto.
-Análise dos métodos
anticonceptivos.
- Doenzas de transmisión sexual:
prevención.
- Técnicas de reprodución asistida.
- Reposta sexual humana. Sexo e
sexualidade. Saúde e hixiene sexual
- Referir os aspectos básicos do
aparello reprodutor, diferenciar
entre sexualidade e reprodución, e
interpretar debuxos e esquemas
do aparello reprodutor.
- Recoñecer os aspectos básicos da
reprodución humana e describir os
acontecementos fundamentais da
fecundación, do embarazo e do
parto.
- Comparar os métodos
anticonceptivos, clasificalos
segundo a súa eficacia e recoñecer
a importancia dalgúns deles na
prevención de doenzas de
transmisión sexual.
- Compilar información sobre as
técnicas de reprodución asistida e
-Identifica en esquemas os órganos do
aparello reprodutor masculino e
feminino, e especifica a súa función.
-Describe as principais etapas do ciclo
menstrual e indica que glándulas e
que hormonas participan na súa
regulación.
- Identifica os acontecementos
fundamentais da fecundación, do
embarazo e do parto.
- Discrimina os métodos de
anticoncepción humana.
- Categoriza as principais doenzas de
transmisión sexual e argumenta sobre
a súa prevención.
- Identifica as técnicas de reprodución
asistida máis frecuentes.
CMCT
CL
CD
CSC
AA
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
48
de fecundación in vitro, para
argumentar o beneficio que
supuxo este avance científico para
a sociedade
- Valorar e considerar a súa propia
sexualidade e a das persoas do
contorno, e transmitir a
necesidade de reflexionar,
debater, considerar e compartir.
-Actúa, decide e defende
responsablemente a súa sexualidade e
a das persoas do seu contorno.
11
O relevo:
concepto e
factores.
-Modelaxe do relevo. Factores que
condicionan o relevo terrestre.
-Procesos xeolóxicos externos e
diferenzas cos internos.
Meteorización, erosión, transporte e
sedimentación.
- Augas superficiais e modelaxe do
relevo: formas características.
- Augas subterráneas: circulación e
explotación.
- Acción xeolóxica do mar: dinámica
mariña e modelaxe litoral.
- Acción xeolóxica do vento:
modelaxe eólica.
- Acción xeolóxica dos glaciares:
formas de erosión e depósito que
orixinan.
-Factores que condicionan a
modelaxe da paisaxe galega.
-. Acción xeolóxica dos seres vivos. A
especie humana como axente
xeolóxico.
- Identificar algunhas das causas
que fan que o relevo difira duns
sitios a outros.
. Relacionar os procesos xeolóxicos
externos coa enerxía que os activa
e diferencialos dos procesos
internos.
- Analizar e predicir a acción das
augas superficiais, e identificar as
formas de erosión e depósitos
máis características. Valorar e
analizar a importancia das augas
subterráneas, e xustificar a súa
dinámica e a súa relación coas
augas superficiais.
- Valorar e analizar a importancia
das augas subterráneas, e
xustificar a súa dinámica e a súa
relación coas augas superficiais.
- Analizar a dinámica mariña e a
súa influencia na modelaxe litoral.
- Relacionar a acción eólica coas
condicións que a fan posible, e
identificar algunhas formas
- Identifica a influencia do clima e das
características das rochas que
condicionan os tipos de relevo e
inflúen neles
- Relaciona a enerxía solar cos
procesos externos, e xustifica o papel
da gravidade na súa dinámica.
- Analiza a actividade de erosión,
transporte e sedimentación producida
polas augas superficiais, e recoñece
algún dos seus efectos no relevo.
- Valora e analiza a importancia das
augas subterráneas e os riscos da súa
sobreexplotación.
- Relaciona os movementos da auga
do mar coa erosión, o transporte e a
sedimentación no litoral, e identifica
algunhas formas resultantes
características.
- Asocia a actividade eólica cos
ambientes en que esta actividade
xeolóxica pode ser relevante.
- Analiza a dinámica glaciar e identifica
os seus efectos sobre o relevo.
CMCT
CL
CD
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
49
resultantes.
- Analizar a acción xeolóxica dos
glaciares e xustificar as
características das formas de
erosión e depósito resultantes.
- Indagar e identificar os factores
que condicionan a modelaxe da
paisaxe nas zonas próximas ao
alumnado.
- Recoñecer e identificar a
actividade xeolóxica dos seres
vivos e valorar a importancia da
especie humana como axente
xeolóxico externo.
- Investiga acerca da paisaxe do seu
contorno máis próximo e identifica
algúns dos factores que condicionaron
a súa modelaxe.
-. Identifica a intervención de seres
vivos en procesos de meteorización,
erosión, transporte e sedimentación.
- Valora e describe a importancia das
actividades humanas na
transformación da superficie terrestre
12
Procesos
xeolóxicos
internos
-Manifestacións da enerxía interna da Terra.
- Actividade sísmica e volcánica: orixe e tipos
de magmas.
- Distribución de volcáns e terremotos. Riscos
sísmico e volcánico: importancia da súa
predición e da súa prevención.
-Distribución de volcáns e os terremotos. Riscos sísmico e volcánico: importancia da súa predición e da súa prevención.
-Sismicidade en Galicia
-Diferenciar os cambios na
superficie terrestre xerados pola
enerxía do interior terrestre dos de
orixe externa.
- Analizar as actividades sísmica e
volcánica, as súas características e
os efectos que xeran.
- Relacionar a actividade sísmica e
volcánica coa dinámica do interior
terrestre e xustificar a súa
distribución planetaria.
- Valorar e describir a importancia
de coñecer os riscos sísmico e
volcánico, e as formas de previlos
- Diferenza un proceso xeolóxico
externo dun interno e identifica os
seus efectos no relevo.
-Coñece e describe como se orixinan
os sismos e os efectos que xeran.
- Relaciona os tipos de erupción
volcánica co magma que as orixina, e
asóciaos co seu grao de perigo.
-Xustifica a existencia de zonas en que
os terremotos son máis frecuentes e
de maior magnitude.
- Valora e describe o risco sísmico e,
de ser o caso, volcánico existente na
zona en que habita, e coñece as
medidas de prevención que debe
adoptar
CMCT
CL
CD
CSC
13
O solo -O solo como ecosistema.
- Compoñentes do solo e as súas interaccións.
- Importancia do solo. Riscos da súa
-Analizar os compoñentes do solo
e esquematizar as relacións entre
eles.
- Valorar e determinar a
- Recoñece que o solo é o resultado da
interacción entre os compoñentes
bióticos e abióticos, e sinala algunha
das súas interaccións.
CMCT
CL
CD
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
50
sobreexplotación, degradación ou perda. importancia do solo e os riscos que
comporta a súa sobreexplotación,
degradación ou perda.
- Recoñece a fraxilidade do solo e
valora a necesidade de protexelo.
14
A investigación
científica - Método científico. Elaboración de hipóteses, e a súa comprobación e argumentación, a partir da experimentación ou a observación.
-Método científico. Elaboración de hipóteses, e a súa comprobación e argumentación, a partir da experimentación ou a observación.
- Artigo científico. Fontes de divulgación científica.
-Proxecto de investigación en equipo. Organización. Participación e colaboración respectuosa no traballo individual e en equipo. Presentación de conclusións.
-Proxecto de investigación en equipo. Organización. Participación e colaboración respectuosa no traballo individual e en equipo. Presentación de conclusións
-Utilizar fontes de información
variada, e discriminar e decidir
sobre elas e os métodos
empregados para a súa obtención.
- Participar, valorar e respectar o
traballo individual e en equipo.
- Expor e defender en público o
proxecto de investigación
realizado.
-Utiliza fontes de información
apoiándose nas TIC, para a
elaboración e a presentación das súas
investigacións.
- Participa, valora e respecta o traballo
individual e en grupo.
- Deseña pequenos traballos de
investigación sobre animais e/ou
plantas, os ecosistemas do seu
contorno ou a alimentación e a
nutrición humana, para a súa
presentación e defensa na aula.
- Expresa con precisión e coherencia
as conclusións das súas investigacións,
tanto verbalmente como por escrito.
CMCT
CD
CL
AA
CSC
CSIEE
NOTA: Os estándares avaliables teñen a característica de coñecementos básicos que os alumnos deben acadar para superar a materia, polo que todos os estándares teñen o mesmo peso nas probas de avaliación. En consecuencia, o valor dos estándares conceptuais e procedementais será o mesmo, repartindo o 90 % da nota de avaliación por igual entre todos eles. O 10 % restante será destinado á avaliación dos estándares de actitude (interés, participación activa, …..)
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
51
PRÁCTICAS DE LABORATORIO. O feito de que esta materia supoña só dúas horas lectivas semanais, limita severamente as posibilidades de actividades prácticas se se quere completar o temario establecido. En todo caso, considéranse imprescindibles as seguintes actividades de laboratorio:
Disección de corazón de porco.
Disección de pulmón de porco.
Disección de rile de porco.
Disección de ollo de vaca.
Disección de cerebro de cordeiro.
Observación de preparacións microscópicas de tecidos e estruturas biolóxica humanas.
Estudo de minerais e rochas máis comúns. AVALIACIÓN
É importante destacar o feito de que os contidos conceptuais cobran especial importancia. Por tanto prestarase especial atención ao domino dos contidos
conceptuais e a feito de si o alumno cumpre ou non os criterios de avaliación establecidos en cada unha das unidades didácticas.
• Realizarán varias probas escritas por avaliación, e en cada unha acumularanse os contidos anteriores. Para calcular a nota dos conceptos o primeiro exame terá un
valor multiplicado por un, o segundo por dous, …
• Todos os alumnos realizarán un exame da avaliación anterior que permitirá recuperar a materia aos que suspenderon a avaliación anterior e mellor a nota aos que a
aprobaron.
• Os alumnos que ao final do curso tivesen suspensa algunha das tres avaliacións realizarán unha proba escrita final debendo recuperar só a parte suspensa. Os que
teñan suspensas dúas ou as tres avaliacións deberán examinarse de toda a materia.
• Todos os alumnos que non superen positivamente a materia no mes de Xuño serán avaliados no mes de Setembro mediante unha proba extraordinaria que deberá de
conter toda a materia.
• A asistencia a clase é obrigatoria. Cun número de faltas superior ao 20 % por trimestre pérdese o dereito á avaliación continua.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
52
• O abandono da materia será tido en conta á hora de aplicar os criterios de promoción e titulación. Considerarase abandono a non asistencia a clase, non ter caderno
de traballo nin material na clase, non entregar as actividades propostas, non presentarse ás probas escritas, falta de traballo na aula, .
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA MATERIA
Os criterios de avaliación xiran ó redor dos estándares de aprendizaxe e competencias clave que o alumno debe acadar en cada un dos bloques temáticos. Os
mínimos esixibles para superar a materia aparecen recollidos de seguido:
Coñecer a célula eucariota animal, os seus compoñentes e as súas funcións. Diferenciar os conceptos de tecido, órgano, aparato e sistema. Coñecer os distintos tipos de tecidos animais, ás células que os forman e as súas funcións principais.
Distinguir alimentos de nutrientes. Coñecer as características e funcións dos distintos tipos de biomoléculas e relacionalas coa nutrición humana. Coñecer a importancia das sales minerais, auga e vitaminas. Coñecer as necesidades nutricionais do ser humano. Coñecer o concepto de dieta, roda dos alimentos e dieta equilibrada. Recoñecer a importancia da dieta mediterránea. Identificar os principais erros na alimentación humana. Coñecer os principais mecanismos de conservación e hixiene nos alimentos. Comprender as etiquetas dos alimentos. Coñecer a orixe dos hábitos alimentarios. Coñecer as vantaxes e inconvenientes dos alimentos transxénicos.
Diferenciar os distintos compoñentes do aparato dixestivo humano, coñecer a súa anatomía e a función que desenvolven no proceso de nutrición. Completar mapas mudos dos diversos órganos e glándulas do aparato dixestivo. Coñecer as distintas fases do proceso dixestivo. Coñecer a dixestión química e a absorción intestinal. Coñecer o fundamento das doenzas máis comúns do aparato dixestivo. Diferenciar os compoñentes do aparato respiratorio, a anatomía dos mesmo e a función que cumpren no proceso respiratorio. Completar mapas mudos de órganos do aparato respiratorio. Coñecer a fisioloxía da respiración pulmonar e os mecanismos que a regulan. Coñecer o fundamento das enfermidades comúns do aparato respiratorio e as súas causas.
Coñecer o concepto de medio interno e homeostase. Distinguir os compoñentes do sangue, as súas funcións e a importancia na fisioloxía do ser humano. Coñecer os compoñentes do aparato circulatorio, a súa anatomía e fisioloxía. Completar mapas mudos dos órganos do aparato circulatorio. Distinguir os circuítos circulatorios e as súas funcións. Coñecer a anatomía básica e fisioloxía do sistema linfático. Distinguir as doenzas comúns do aparato circulatorio. Coñecer os compoñentes do aparato excretor, a súa anatomía e fisioloxía. Completar mapas mudos dos órganos do aparato excretor. Coñecer a anatomía da nefrona e o proceso de formación da urina. Coñecer as doenzas máis comúns do aparato excretor.
Manexar os conceptos de función de relación, estímulo e homeostase. Coñecer a estrutura, fisioloxía e tipos de neuronas. Coñecer a anatomía do sistema nervioso central, os órganos que o compoñen e a distribución de funcións entre eles. Coñecer a anatomía do sistema nervioso periférico e os principais nervios craniais e raquídeos. Coñecer os conceptos de sistema nervioso autónomo, acto reflexo e acto voluntario. Coñecer a estrutura do sistema endocrino, a súa función e a súa relación co sistema nervioso. Diferenciar as distintas glándulas endocrinas, as hormonas que producen a as funcións que regulan esas hormonas. Coñecer as doenzas nerviosas e endocrinas máis comúns.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
53
Coñecer o concepto e tipos de receptores sensoriais. Coñecer a anatomía do ollo e a fisioloxía dos seus compoñentes. Ser quen de completar mapas mudos do ollo. Coñecer a anatomía e fisioloxía do oído. Completar mapas mudos da anatomía do oído. Coñecer a natureza e funcionamento do sentido do equilibrio. Coñecer a anatomía, función e importancia da pel. Recoñecer os tipos de receptores epidérmicos e a súa fisioloxía. Coñecer a anatomía dos órganos nos que radican os sentidos do gusto e olfacto, sabendo como se activan eses receptores. Coñecer a natureza do oso, os tipos que existen e os nomes e situación dos máis importantes do esqueleto humano. Coñecer o concepto de articulación e os tipos que existen. Coñecer a anatomía e fisioloxía do sistema muscular, identificando os principais músculos do corpo humano. Distinguir as doenzas máis comúns que afectan ao sistema de locomoción humano.
Saber diferenciar entre reprodución e sexualidade. Coñecer a anatomía e fisioloxía do aparato reprodutor masculino e do espermatozoide humano. Coñecer a anatomía e fisioloxía do aparato reprodutor feminino e do óvulo humano. Completar mapas mudos da anatomía dos aparatos reprodutores humanos. Coñecer as fases da gametoxénese humana, masculina e feminina. Coñecer as etapas principais da fecundación e xestación no ser humano. Coñecer as causas de esterilidade e os mecanismos de reprodución asistida. Coñecer os tipos e usos dos métodos anticonceptivo.
Coñecer o concepto saúde e de enfermidade e dos factores que afectan a unha e outra. Diferenciar os grandes grupos de enfermidades. Coñecer o mecanismo xeral de contaxio das enfermidades infecciosas e os tipos máis comúns. Distinguir os mecanismos de defensa internos e externos frontes as infeccións. Coñecer a importancia e dinámica do sistema inmune. Coñecer os conceptos de vacina, soroterapia, quimioterapia e antibiótico. Coñecer os tipos máis comúns de enfermidades non infecciosas. Coñecer a natureza, tipos e consecuencias das drogas e a medidas de loita contra a drogodependencia. Distinguir as fases da asistencia sanitaria. Coñecer a dinámica dos transplantes de órganos e a importancia da doazón dos mesmos.
Coñecer a incidencia da enerxía solar na formación do relevo. Coñecer os procesos básicos da dinámica atmosférica. Saber interpretar un mapa meteorolóxico simple. Diferenciar os distintos tipos de procesos xeolóxicos externos. Coñecer o concepto de meteorización e os tipos que existen. Coñecer o proceso de diaxénese e os tipos máis comúns de rochas sedimentarias. Sen quen de describir os procesos e accidentes máis importantes da morfoloxía glaciar, periglaciar, fluvial, eólica e costeira. Coñecer os procesos e accidentes máis importantes do modelado cárstico. Recoñecer a importancia da litoloxía e da tectónica na formación do relevo. Coñecer a acción do ser humano sobre a paisaxe e os sistemas de protección da mesma. Recoñecer a importancia dos combustibles fósiles na civilización humana e o problema do uso e xestión dos mesmos.
Coñecer os factores que determinan a paisaxe galega. Coñecer as características básicas do clima de Galicia. Distinguir os distintos tipos de paisaxes de Galicia: serras, chairas e depresións, vales fluviais e litoral. Coñecer as medidas de protección da paisaxe en Galicia.
A enerxía interna do planeta Terra. Orixe. O gradiente xeotérmico. Concepto e orixe dos magmas. A estrutura química e dinámica do planeta Terra. A deriva continental: concepto de probas que a sustentan. As placas litosféricas: concepto e tipos. Estudo das grandes placas que forman o planeta. Distribución de volcáns e terremotos: os límites de placas. Tipos de límites de placas: Estudo das dorsais, foxas oceánicas e fallas de transformación. As correntes de convección. Os volcáns: estrutura dun volcán. Estudo dos tipos de produtos volcánicos. Tipos de volcáns segundo a viscosidade da lava. O vulcanismo atenuado. O vulcanismo na Península Ibérica. Risco volcánico: predición e prevención. Terremotos: concepto e orixe. Elementos dun terremoto. Tipos de ondas sísmicas. As ondas sísmicas e o estudo do interior da Terra: as descontinuidades. Rismo sísmico: predición e prevención.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
54
Coñecer o concepto de solo e a súa estrutura básica. Coñecer os factores que afectan á formación e características do solo. Identificar o solo coma un recurso non renovable e recoñecer a súa importancia para a vida no planeta e para a subsistencia do ser humano.
Coñecer as fases do método científico de análise da realidade. Ser que de realizar un pequeno traballo de investigación aplicando os principios e protocolos do método científico. Saber presentar os resultados dun traballo científico mediante sistemas informáticos. Saber redactar un texto científico simple.
INSTRUMENTOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Elaborarase unha proba inicial co obxecto de obter unha primeira valoración das capacidades de cada alumno e poder adaptar os obxectivos, contidos e criterios de avaliación ao grupo-clase.
Ao longo do curso, para avaliar ao alumnado usaremos os seguintes rexistros:
Probas escritas.
Probas orais e consultas na aula.
Desenvolvemento das prácticas de laboratorio.
Observación sistemática: participación, asistencia, actitude, traballo diario e resolución de actividades.
Traballos bibliográfico e a súa presentación na clase.
TÉCNICAS
-método-
INSTRUMENTOS
-recurso específico-
MOMENTO
Observación Escalas de observación
Listas de control
Rexistro anecdótico
Habitualmente
Tarefas alumnos Guías e fichas
Exercicios e correccións
Habitualmente
Diálogo e entrevistas Guións estruturados Aconsellable (especialmente para
alumnos con dificultades)
Probas específicas Exames Ao final de cada unidade
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
55
Ao final de cada 2 unidades
Exames de avaliación
Probas prácticas Guións de prácticas con actividades Habitualmente
Nas probas específicas
Cuestionarios Exercicios tipo test que valoren
coñecementos e competencias
Realización periódica, antes, durante
e ao final de cada unidade
O peso dos distintos instrumentos de avaliación na cualificación da materia será o seguinte:
Probas escritas e orais..................................90 % da nota
Libreta de exercicios ……………………...…………5 % da nota
Exercicios e cuestións resoltos en clase….…2,5% da nota
Prácticas e traballos …………………………………..2.5 % da nota.
Para a determinación da nota final teranse en conta as seguintes normas:
• as cualificacións correspondentes á libreta de exercicios, prácticas e traballo só se sumará a nota das probas escritas e orais, se nestas se acadou unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 8 posibles.
• Obterán cualificación negativa os alumnos que copien nas probas escritas e orais, calquera que sexa o método que empreguen (copiar do compañeiro, de apuntes, de libros, ou por medios electrónicos e de transmisión de información ou comunicación).
• Obterán cualificación negativa os alumnos que non presenten para a súa corrección nos prazos fixados os exercicios correspondentes ao 20 % das leccións que correspondan a esa avaliación ou ao total do curso, asi como os alumnos que habitualmente non fagan os exercicios e traballos establecidos.
• Os alumnos que suspendan unha avaliación poderán recuperala no exame final da materia que se realizará no mes de xuño. Os alumnos que suspendan 2 ou as 3 avaliacións deberán examinarse de toda a materia no exame final de xuño.
CONVOCATORIA DE SETEMBRO: A cualificación dos alumnos que, por ter suspendido a materia na convocatoria ordinaria de xuño deban presentarse a convocatoria de setembro, rexerase polas seguintes normas:
1. A proba de setembro é unha convocatoria extraordinaria na que o alumno debe demostrar que domina os contidos mínimos necesarios para aprobar a materia. 2. O alumno será cualificado exclusivamente pola proba escrita que realice en setembro, sen ter en conta, en ningún caso, a súa actividade e cualificacións obtidas
ao longo do curso académico no que suspendeu a materia obxecto da proba. 3. O departamento publicará na páxina web de centro coleccións de exercicios que permiten repasar a materia e preparar o exame. A realización e comprensión
deses exercicios permite ao estudante dominar os contidos mínimos necesarios para aprobar o exame.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
56
4. Dado que a proba extraordinaria de setembro é un exame de mínimos, os alumnos que a aproben non poderán obter unha cualificación definitiva superior a 5. 5. Para superar a materia os alumnos deben obter como mínimo un 5 na proba escrita. Non obstante, os alumnos que obteñan unha nota superior a 4 e inferior a
5, poderán superar a materia se entregan os cuestionarios de problemas completa e correctamente contestados, de xeito que o número de cuestións non contestadas ou respondidas incorrectamente non debe superar o 10 % das preguntas correspondentes a cada lección. Se esta condición non se da, ou a nota do exame é inferior a 4, o alumno suspenderá a materia.
TEMPORALIZACIÓN.
Leccións Data límite Avaliación Exames
1, 2,3 28/10/2018 1º Leccións 1,2 e 3
4, 5, 6 12/12/2018 1º Leccións 4, 5 e 6
Despois de Nadal e antes do 20 de xaneiro de 2019 realizarase un exame da 1º avaliación para a recuperación dos alumnos que a suspenderon. Esta proba é obrigatoria para todo o
alumnado
7, 8 10/2/2019 2º Leccións 7 e 8
9, 10 10/3/2019 2º Leccións 9 e 10
Despois de Semana Santa e antes do 15 de abril de 2019 repetirase a 2º avaliación para todo o alumnado
11, 12 12/5/2019 3º Leccións 11 e 12
13, 14 12/6/2019 3º Leccións 13 e 14
O día 20 de xuño de 2019 haberá o exame final da materia
PROXECTO LECTOR E INTEGRACIÓN DAS TIC A comunicación, nos ámbitos da comprensión e expresión, tanto oral como escrita, constitúe un eixe fundamental no proceso de ensino e aprendizaxe do
coñecemento científico, contribuíndo ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
57
Nesta área trátase de desenvolver a capacidade de comprensión cando se fan lecturas de textos científicos e o alumnado aprende a diferencialos doutros que non
son científicos, cando se contrastan materiais escritos e audiovisuais de diferentes fontes, tanto descritivos como argumentativos, nun proceso que pasa pola
identificación dos conceptos e ideas principais, a interpretación do papel que desempeñan segundo o contexto e as relacións que se establecen entre eles. Na resolución
de problemas débese estimular a lectura comprensiva contextualizando a situación, da identificación dos conceptos que aparecen e das relacións que se establecen
entre os ditos conceptos e os datos.
No ensino da área a expresión oral e escrita busca a coherencia e precisión no uso da linguaxe, tanto no nivel descritivo como no interpretativo. Trabállase a
expresión cando se emiten hipóteses, contrástanse ideas, acláranse significados sobre conceptos ou procesos científicos en contextos diferentes, realízanse sínteses,
elabóranse mapas conceptuais, extráense conclusións, realízanse informes ou organízanse debates onde se fomenten actitudes que favorezan a mellora na expresión
oral e escrita, a confianza para expresarse en público, o saber escoitar, o contrastar opinións e ter en conta as ideas dos demais.
A colaboración coa Biblioteca do centro é indispensable a que no 1º da ESO faise unha actividadeque consiste en coñecer a súa organización, o sistema de marcado
dos libros, …
Como estratexias básicas usaremos as seguintes:
Potenciar o uso do dicionario para explicar o significado de palabras dentro do seu contexto.
Lectura reflexiva en voz alta de enunciados, artigos, … atendendo a entoación, vocalización e pausas en signos de puntuación.
Traballar os conceptos de definir e diferenciar, especialmente o primeiro.
Valorar a ortografía e a correcta exposición en traballos escritos.
Realizar comentarios de textos científicos e artigos de prensa de actualidade sobre aspectos da Bioloxía e Xeoloxía.
Extraer a idea principal e secundarias a partir de textos científicos.
Lectura, durante os desdobres de prácticas, dalgúns dos libros seguintes:
Mario Lirio. “Errores geniales que cambiaron el mundo”.
Eduardo Punset: “El viaje a la vida”.
E. Jensen: “El cerebro adolescente”
Uso da biblioteca do centro para a busca de información sobre temas relacionados coa materia. .
A área de Bioloxía e Xeoloxía contribúe á competencia de tratamento da información e competencia dixital, xa que se traballan habilidades para identificar,
contextualizar, relacionar e sintetizar a información procedente de diferentes fontes e presentada en diversas linguaxes propias das tecnoloxías da información e
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
58
comunicación, como os buscadores pola internet, documentos dixitais, foros, chats, mensaxería, xornais dixitais, revistas divulgativas na web, presentación electrónicas
e simulacións interactivas. Cando se traballa a crítica reflexiva sobre as informacións
de tipo científico que achegan as tecnoloxías da información e a comunicación, foméntanse actitudes favorables ao emprego delas evitando o seu emprego
indiscriminado.
Como estratexias de potenciación das TIC usaremos:
1. Uso da aula de informática para a busca de información sobre a anatomía e fisioloxía humana. 2. Realizacións de montaxes con Power Point e a súa exposición na aula por parte dos alumnos. 3. Busca de modelos sobre o funcionamento dos órganos e aparatos do corpo humano. 4. Selección e proxección de imaxes sobre a célula usando o programa de Power Point.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
59
PROGRAMACIÓN BIOLOXÍA-XEOLOXÍA 4º ESO
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
60
INTRODUCIÓN
Este curso académico serviranos para mellorar a inclusión das competencias clave no currículo xa que forman parte das ensinanzas mínimas da educación obrigatoria, xunto con obxectivos, contidos e os criterios de avaliación e que van orientar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Preténdese que a aprendizaxe sexa significativa, é dicir, que parta dos coñecementos previamente adquiridos e da realidade cotiá e mais dos intereses próximos o estudante (aprendizaxe instrumental). É por iso polo que, en todos os casos en que é posible, se parte de realidades e de exemplos que lle son coñecidos, de forma que se implique activa e receptivamente na construción da súa propia aprendizaxe. A inclusión das competencias básicas como referente do currículo afonda nesta concepción instrumental das aprendizaxes escolares.
Pero non todos/as as poden seguir o mesmo ritmo de aprendizaxe, tanto polo propio desenvolvemento psicolóxico coma por moi diversas circunstancias persoais e sociais: a atención á diversidade de estudantes e de situacións escolares convértese nun elemento fundamental da actividade educativa, por iso, faremos distintas actividades ademais do libro de texto, como o caderno básico do alumno, o do laboratorio e nos materiais de que dispón o seminario.
No que se refire, especificamente, ao aspecto metodolóxico co que se debe desenvolver o currículo, mantense, en cada unha das 10 unidades didácticas desta materia e curso, un equilibrio entre os diversos tipos de contidos: conceptos, procedementos e actitudes seguen orientando, integrada e interrelacionadamente coas citadas competencias básicas, o proceso de ensino-aprendizaxe, xa que cada un deses contidos cumpre funcións distintas pero complementarias na formación integral do alumno.
En cada unha das 10 unidades didácticas nas que se organizaron/distribuíron os contidos deste curso, preséntanse neste documento uns mesmos apartados para amosar como se vai desenvolver o proceso educativo:
• Obxectivos da unidade. • Contidos da unidade (conceptos, procedementos e actitudes). • Contidos transversais. • Criterios de avaliación.
• Competencias clave asociadas a os criterios de avaliación. METODOLOXÍA
O desenvolvemento dos coñecementos científicos e do que demos en chamar a Ciencia, con maiúsculas, fai que sexa imprescindible abordar o currículo de Ciencias da Natureza desde moi diversas perspectivas conceptuais e metodolóxicas, en concreto, da Física, a Química, a Bioloxía e a Xeoloxía (todas elas teñen en común unha determinada forma de representar e de analizar a realidade), ademais doutras coas que mantén estreita interconexión, como son a ecoloxía, a meteoroloxía, a astronomía... Nesta liña, os coñecementos son cada vez máis especializados (de aí a separación entre Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química neste curso, como xa o foi no
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
61
anterior) e, en consecuencia, máis profundos e complexos e con interpretacións cada vez máis elaboradas, de acordo tamén á madurez intelectual que está acadando o alumno. En calquera caso, esta especialización non é incompatible co estudo interdisciplinar, non en van o coñecemento científico, en xeral, e o natural, en particular, non se poden estudar de forma fragmentada (o alumno debe saber que hai uns procedementos de investigación comúns aos distintos ámbitos do saber científico). Non debemos esquecer que esta materia é opcional para o alumno neste curso, que a súa elección irá ligada na maioría das ocasións á de Física e Química, que ambas son o preludio duns estudos de Bacharelato na modalidade de Ciencias e Tecnoloxía, polo que a interrelación entre ambas materias —por todos os aspectos comúns que comparten— non só é aconsellable, senón imprescindible.
Tamén neste curso, como culminación da ESO, a alfabetización científica dos alumnos, entendida como a familiarización coas ideas científicas básicas —o coñecemento científico e a cultura que leva asociada son imprescindibles para calquera alumno e para calquera persoa nunha sociedade altamente tecnificada como a nosa—, convértese nun dos seus obxectivos fundamentais, pero non tanto como un coñecemento finalista —non se están formando nin biólogos nin xeólogos— senón como un coñecemento que lles permita a comprensión de moitos dos problemas que afectan ao mundo na vertente natural e ambiental e, en consecuencia, a súa intervención no marco dunha educación para o desenvolvemento sostible do planeta (a ciencia é, en calquera caso, un instrumento indispensable para comprender o mundo e, de acordo a esta materia, para conservalo). Isto só se poderá lograr se o desenvolvemento equilibrado dos contidos (conceptos, feitos, teorías, ...) parte do que coñece o alumno e do seu medio, ao que poderá comprender e sobre o que poderá intervir.
Se ademais temos en conta que os avances científicos se converteron ao longo da historia nun dos paradigmas do progreso social —o coñecemento científico avanza a unha velocidade imposible de predicir e a súa aplicación modifica as nosas condicións de vida—, vemos que a súa importancia é fundamental na formación do alumno, formación na que tamén repercutirá unha determinada forma de enfrontarse ao coñecemento, a que incide na racionalidade e na demostración empírica dos fenómenos naturais. Neste aspecto habería que lembrar que tamén se debe facer fincapé no que o método científico lle achega ao alumno: estratexias ou procedementos de aprendizaxe para calquera materia (sistematización do coñecemento, formulación de hipóteses, comprobación de resultados, investigación, traballo en grupo...). Como tamén se dixo, débense integrar os coñecementos científicos e os humanísticos, todos eles parte da cultura básica.
Polo tanto, o estudo de Bioloxía e Xeoloxía neste curso terá en conta os seguintes aspectos:
Considerar que os contidos non son só os de carácter conceptual, senón tamén os procedementos e actitudes, de forma que a súa presentación estea encamiñada á interpretación do medio por parte do alumno e a conseguir as competencias básicas propias desta materia, o que implica empregar unha metodoloxía baseada no método científico.
Conseguir unha aprendizaxe significativa, relevante e funcional, de forma que os contidos/coñecementos poidan ser aplicados polo alumno ao entendemento do seu medio natural máis próximo (aprendizaxe de competencias) e ao estudo doutras materias.
Promover unha aprendizaxe construtiva, de forma que os contidos e as aprendizaxes sexan consecuencia unhas doutras.
Tratar temas básicos, axeitados ás posibilidades cognitivas individuais dos alumnos.
Favorecer o traballo colectivo entre os alumnos.
Para tratar adecuadamente os contidos desde a tripla perspectiva de conceptos, procedementos e actitudes e para contribuír á adquisición de determinadas competencias, a proposta didáctica e metodolóxica debe ter en conta a concepción da ciencia como actividade en permanente construción e revisión, e ofrecer a información necesaria realzando o papel activo do alumno no proceso de aprendizaxe mediante diversas estratexias:
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
62
Darlle a coñecer algúns métodos habituais na actividade e investigación científicas, convidarlle a empregalos e reforzar os aspectos do método científico correspondentes a cada contido.
Xerar escenarios atractivos e motivadores que lle axuden a vencer unha posible resistencia apriorística ao seu achegamento á ciencia.
Propor actividades prácticas que o sitúen fronte ao desenvolvemento do método científico, proporcionándolle métodos de traballo en equipo e axudándoo a enfrontarse co traballo/método científico que o motive para o estudo.
Combinar os contidos presentados expositivamente, mediante cadros explicativos e esquemáticos, nos que a presentación gráfica é un importante recurso de aprendizaxe que facilita non só o coñecemento e a comprensión inmediatos do alumno senón a obtención dos obxectivos da materia (e, en consecuencia, de etapa) e das competencias clave.
Todas estas consideracións metodolóxicas foron tidas en conta nos materiais curriculares a utilizar e, en consecuencia, na propia actividade educativa a desenvolver diariamente:
Tratamento dos contidos de forma que conduzan a unha aprendizaxe comprensiva e significativa.
Unha exposición clara, sinxela e razoada dos contidos, cunha linguaxe adaptada á do alumno.
Estratexias de aprendizaxe que propician a análise e comprensión do feito científico e natural.
Máis arriba formulabamos como fundamental o feito de que o alumno participe activa e progresivamente na construción do seu propio coñecemento, exemplo preciso dunha metodoloxía que persigue a súa formación integral. Por isto, o uso de calquera recurso metodolóxico, e o libro de texto segue sendo aínda un dos máis privilexiados, debe ir encamiñado á participación cotiá do alumno no proceso educativo. Nun contexto no que se está a xeneralizar o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (Internet, vídeos, CD-ROM, etc.), non tería sentido desaproveitar as súas posibilidades educativas, de aí que o seu uso, interesante en si mesmo polas posibilidades de obtención de información que permiten —sen esquecer as enormes posibilidades que abre a simulación de fenómenos científicos por ordenador—, fomenta que o alumno sexa formado nalgunhas das competencias básicas do currículo (aprender a aprender, tratamento da información e competencia dixital...).
O libro de texto seleccionado para esta materia neste curso é: Ramos García, Mª Ángeles; Colodrón Bestuer, Ángel; Serrano San Román, Belén e Tomé Fernández, Ester: Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO, Ed. McGraw Hill, Madrid
2016, ISBN 978-84-486-1001-2.
AS COMPETENCIAS CLAVE
Un proceso educativo baseado na adquisición de competencias incide, fundamentalmente, na adquisición duns saberes imprescindibles, prácticos e integrados, saberes que terán que ser demostrados polos alumnos. Por iso, unha competencia é a capacidade posta en práctica e demostrada de integrar coñecementos, habilidades e actitudes para resolver problemas e situacións en contextos diversos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
63
O alumno, mediante o que sabe, debe demostrar que o sabe aplicar, pero ademais, que sabe ser e estar. Deste xeito vemos a maneira como unha competencia abrangue os diferentes contidos que se traballan na aula (conceptos, procedementos e actitudes), exemplo dunha formación integral do alumno. En suma, estamos recoñecendo que a institución escolar non só prepara o alumno no coñecemento de saberes técnicos e científicos, senón que tamén o fai como cidadán e, por iso, debe demostrar unha serie de actitudes cívicas e intelectuais que implican o respecto aos demais, a ser responsable, a traballar en equipo...
No noso sistema educativo considérase que as competencias clave que debe ter o alumno cando remata a escolaridade obrigatoria para enfrontar os retos da súa vida persoal e laboral son as seguintes:
Comunicación lingüística (CL)
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)
Competencia dixital (CD)
Aprender a aprender (AA)
Competencias sociais e cívicos (CSC)
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (SIEE)
Conciencia e expresións culturais (CEC)
Nesta materia e neste curso, en cada unidade indícase específicamente a competencia ou competencias clave que son obxecto de atención.
AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS DERIVADAS
A avaliación inicial realizarase a través dos seguintes instrumentos:
1. Expediente académico do alumno.
2. Informes de Orientación Escolar.
3. Probas de lectura e comprensión lectora.
4. Proba escrita que mida os coñecementos precisos para abordar o estudo da materia.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
64
A análise dos resultados obtidos polos alumnos na avaliación inicial permitirán detectar os casos que están por enriba ou por debaixo da media. Para estes alumnos procederase a realizar un programa de reforzo ou de ampliación dos contidos da materia, que lle permitan alcanzar os coñecementos mínimos, ós primeiros, ou mellorar a súa formación a materia, ós segundos.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Os alumnos que amosen dificultades de aprendizaxe serán tratados seguindo un programa acordado co Departamento de Orientación Escolar. En todo caso, ese programa xirará ó redor aos seguintes aspectos: a) Reducir os contidos, sen renunciar aos contidos mínimos esixibles. b) Exercicios de reforzo. Os alumnos recibirán un caderno de exercicios para reforzar a aprendizaxe dos temas estudados. c) Redución da materia que entra en cada proba escrita, realizando un maior número de exames de menor extensión e axustados aos contidos mínimos. d) Máis tempo para realizar os exames.
c) Substitución das probas escritas por probas orais.
OBXECTIVOS XERAIS
Os obxectivos xerais ou xenéricos constitúen o primeiro nivel de definición. Son amplos e integrais, xa que se refiren a todo tipo de acción educativa. Son dinámicos, porque cambian co tempo a medida que varían os problemas e as tendencias, situacións, necesidades ou intereses. Son flexibles, porque o seu grao de xeneralidade permite que se teñan en conta as diferenzas individuais.
Comprender e utilizar as estratexias e os conceptos básicos das ciencias da natureza para interpretar os fenómenos naturais, así como para analizar e valorar as repercusións do desenvolvemento científico e das aplicacións tecnolóxicas.
Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións, estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, tales como a discusión do interese dos problemas propostos, a formulación de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, a análise de resultados, a consideración de aplicacións e repercusións do estudo realizado e a busca de coherencia global.
Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando diferentes linguaxes como oral, escrita, gráfica, icónica, multimedia, ... con propiedade, así como comunicar a outros argumentacións e explicacións empregando os coñecementos científicos.
Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos e o ambiente, así como para contrastar as opinións persoais.
Desenvolver hábitos favorables á promoción da saúde persoal e comunitaria en ámbitos como alimentación, hixiene e sexualidade, facilitando estratexias que permitan facer fronte aos riscos da sociedade actual en aspectos relacionados co consumo, coas drogodependencias e coa transmisión de enfermidades.
Comprender a importancia de utilizar os coñecementos provenientes das ciencias da natureza para satisfacer as necesidades humanas e participar na necesaria toma de decisións verbo de problemas locais e globais aos cales nos enfrontamos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
65
Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para analizar, individualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos cales se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non, e a necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao logro dun futuro sustentable.
Valorar o carácter tentativo e creativo das ciencias da natureza así como as súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia, apreciando os grandes debates superadores de dogmatismos e as revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade e as súas condicións de vida.
Ser quen de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio, planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para autocorrixirse no caso en que sexa necesario.
Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de problemas e sinxelas investigacións, discusión do seu interese, análise de variables que interveñen, formulación de hipóteses, planificación de experiencias, organización dos datos, interpretación de resultados e comunicación de conclusións.
Busca, selección e análise crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes.
Interpretación de informacións de carácter científico e contraste destas información para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente.
Elaboración de argumentacións e explicacións sobre feitos, observacións ou resultados experimentais, empregando modelos científicos axeitados.
Valoración das achegas das ciencias da natureza para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e gozar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora.
Valoración da evolución do pensamento científico ao longo da historia, salientando a importancia que supón para o desenvolvemento científico e tecnolóxico de cada época.
Utilización comprensiva de protocolos experimentais e respecto polas normas de seguridade.
Xustificación de decisións persoais verbo de problemas reais do seu contorno que aseguren un desenvolvemento sustentable e da modificación de hábitos de conduta que promovan a saúde persoal e comunitaria.
Contribución do desenvolvemento científico e tecnolóxico á resolución dos problemas.
Importancia da aplicación do principio de precaución e da participación cidadá na toma de decisións.
Valoración da educación científica da cidadanía como requisito de sociedades democráticas sustentables.
Consideración da cultura científica como fonte de satisfacción persoal.
Recoñecemento da variable tempo xeolóxico: a súa magnitude, a datación relativa e absoluta.
Identificación dos principios e procedementos que permiten reconstruír a historia da Terra e utilización do actualismo como método de interpretación.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
66
Recoñecemento do proceso de fosilización. Identificación dos fósiles máis importantes en cada etapa. Utilización dos fósiles como indicadores das características dos ambientes e climas do pasado.
Reconstrución de historias xeolóxicas sinxelas a partir dunha columna estratigráfica.
Identificación das eras xeolóxicas e situación dos fenómenos xeolóxicos e biolóxicos máis relevantes que aconteceron en cada unha.
Recoñecemento e análise das probas do desprazamento dos continentes.
Localización e análise da distribución dos volcáns, terremotos, cordilleiras, dorsais e fosas oceánicas.
Coñecemento do fenómeno da expansión do fondo oceánico, a súa relación co volume constante da Terra e co modelo dinámico da estrutura interna da Terra.
Recoñecemento das placas litosféricas principias e os seus límites.
Análise das interaccións entre os procesos xeolóxicos internos e externos, a formación das montañas, os seus tipos e os procesos xeolóxicos asociados, magmatismo e metamorfismo, que completan o ciclo das rochas.
Análise e valoración dos riscos xeolóxicos en función da dinámica interna da Terra á luz da tectónica de placas.
Constatación da evolución das ideas no eido do pensamento científico partindo dalgunhas teorías oroxénicas vixentes a finais do século XIX, as ideas revolucionarias de Wegener ata a actual teoría da tectónica de placas. Valoración da construción continuada do pensamento científico.
Recoñecemento da teoría celular e a súa importancia nas ciencias da vida.
Recoñecemento da célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos.
Caracterización dos diversos tipos de células: procariotas, eucariotas; vexetais e animais. Recoñecemento dos principais orgánulos.
Utilización do microscopio para a súa observación.
Identificación do material hereditario no seu contexto celular: cromatina e cromosomas.
Recoñecemento do ADN como constituínte de cromosomas e cromatina e valoración do papel de James Watson, Francis Crick e Rosalyn Franklin no descubrimento da súa estrutura e as importantes repercusións deste descubrimento.
Caracterización dos procesos de división celular: mitose e meiose. Relación da mitose co ciclo celular. Relación da meiose coa formación de gametos na reprodución sexual e valoración do papel que desempeña na variabilidade inter e intraespecífica.
Recoñecemento e análise das achegas de Mendel e as súas leis da herdanza destacando a extracción de conclusións a partir do tratamento estatístico dos datos.
-Resolución de problemas sinxelos relacionados coas leis da herdanza constatando o uso de estratexias e procedementos da metodoloxía científica na súa resolución.
Valoración das achegas de Mendel no contexto da evolución constante do pensamento científico no eido da xenética.
Aproximación ao concepto de xene como unidade portadora da información xenética. Recoñecemento do ADN como constituínte molecular do xene, coñecemento do código xenético e das mutacións e a súa relación coa expresión proteica.
Identificación do cromosoma como forma de organización dos xenes e coñecemento do xenoma, o fenotipo e o fenotipo. Análise dun cariotipo.
Aproximación á xenética humana, análise da herdanza de caracteres sinxelos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
67
Procura e selección de información dalgunha enfermidade xenética, análise da información, valoración crítica dos posibles tratamentos e comunicación de resultados.
Coñecemento e valoración das aplicacións e repercusións da enxeñaría xenética: os alimentos transxénicos, a clonación, o xenoma humano e a terapia xénica.
Valoración das implicacións ecolóxicas, sociais e éticas dos avances biotecnolóxicos. Análise da repercusión das noticias desta temática.
Análise dalgunhas teorías sobre a orixe da vida na Terra e a evolución dos seres vivos: teorías fixistas e evolucionistas.
Identificación e análise de datos que apoian a teoría da evolución das especies. Recoñecemento da aparición e a extinción das especies.
Comparación entre as teorías de Lamarck e de Darwin. Recoñecemento do gradualismo e o equilibrio puntuado.
Procura e selección crítica de información acerca da evolución do home.
Valoración da biodiversidade como resultado do proceso evolutivo. O papel da humanidade na extinción das especies.
Construción e identificación de cadeas e redes tróficas no ecosistema como exemplo de dinámica e interacción. Interpretación de pirámides ecolóxicas.
5. Análise do ciclo da materia e o fluxo de enerxía nos ecosistemas naturais. Idea de ciclo bioxeoquímico. Análise do ciclo do carbono. 6. Recoñecemento e valoración da formación e destrución do solo, do impacto dos incendios forestais, das especies invasoras e a súa relación coa evolución e a
sucesión no ecosistema. Constatación da modificacións dos ambientes polos seres vivos e valoración da intervención humana. 7. Investigación dalgún problema ambiental do contorno, e análise crítica a partir das achegas da ciencia. Valoración e comunicación de conclusións.
CONTIDOS. CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES. COMPETENCIAS CLAVE.
Tema Título Contidos Criterios avaliación Estándares avaliables Competencias
clave
1
A Célula - O célula e a teoría celular.
-Evolución celular: teoría endosimbiótica
-Ciclo celular: fases e procesos.
- Coñecer a importancia da célula
na Bioloxía.
-Coñecer os distintos tipos de
organización celular.
- Coñecer a anatomía da célula
procariota e a relación entre os
seus compoñentes e a función que
desenvolven.
- Compara a célula procariota e a
eucariota, a animal e a vexetal, e
recoñece a función dos orgánulos
celulares e a relación entre
morfoloxía e función.
-Identifica tipos de células utilizando o microscopio óptico, micrografías e esquemas gráficos.
CMCT
CD
CL
AA
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
68
-Coñecer a anatomía da célula
eucariota e a estrutura e función
dos orgánulos que a forman.
-Coñecer as diferencias entre célula
animal e vexetal.
-Coñecer a historia e enunciados da
teoría celular.
-Coñecer as fases do ciclo celular e
os mecanismos de división celular.
Coñecer a mitose: importancia e fa-
ses que a forman.
Coñecer a meiose e a súa
importancia na reprodución sexual.
Diferenciar a mitose da meiose.
-Distingue os compoñentes do núcleo e a súa función segundo as etapas do ciclo celular.
-Recoñece as partes dun cromosoma utilizándoo para construír un cariotipo.
-Recoñece as fases da mitose e meiose, diferencia ambos os procesos e distingue o seu significado biolóxico.
2
A herdanza
xenética dos
caracteres.
Xenética
- Xenética e transmisión dos caracteres
hereditarios.
-Xenética mendeliana.
-Base cromosómica das leis de Mendel.
-Herdanza do sexo.
-Enfermidades hereditarias
-Coñecer os conceptos básicos de
xenética.
-Coñecer os traballos de Mendel e
a súa importancia no campo da
Bioloxía.
-Resolver problemas de xenética
mendeliana.
-Coñece e define os conceptos básicos en Xenética: xene, alelo, herdanza dominante, herdanza codominante, cromosoma homólogo, ...
-Recoñece os principios básicos da xenética mendeliana e resolve problemas prácticos de cruzamentos con un ou dous caracteres.
-Resolve problemas prácticos sobre a
CMCT
CD
CL
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
69
-A función de relación.
- A función de reprodución. A mitose
-Coñecer a relación entre xenes e
cromosomas.
-Coñecer os distintos tipos de
herdanza: autosómica, ligada ao
sexo, polixénica, cuantitativa, ...
-Coñecer as bases xenéticas da
determinación do sexo.
-Coñecer as doenzas hereditarias
máis relevantes.
herdanza do sexo e a ligada ao sexo.
-Diferenza os distintos tipos de herdanza.
-Comprende os mecanismos xenéticos de diferenciación sexual.
-Identifica as doenzas hereditarias máis frecuentes e o seu alcance social, e resolve problemas prácticos sobre doenzas hereditarias, utilizando árbores xenealóxicas
3
A información
xenética e os
ácidos
nucleicos.
Bioloxía
molecular
- Bioloxía molecular.
-Ácidos nucleicos: estrutura, tipos e funcións.
-A mensaxe xenética. Dogma central da Bioloxía molecular.
-A replicación do ADN.
-A expresión da información xenética.
-O código xenético.
- Mutacións.
-Enxeñaría xenética.
-Biotecnoloxía
-Bioética
-Coñecer o obxecto e método de
estudo en Bioloxía Molecular.
-Comparar os tipos e a composición
dos ácidos nucleicos, e relacionalos
coa súa función.
- Relacionar a replicación do ADN
coa conservación da información
xenética.
-Comprender e ilustrar como se
expresa a información xenética,
utilizando o código xenético e
resolvendo problemas sinxelos.
- Valorar e recoñecer o papel das
mutacións na diversidade xenética,
e comprender a relación entre
mutación e evolución.
-Identificar as técnicas da enxeñaría xenética: ADN recombinante e
- Distingue os ácidos nucleicos e
enumera os seus compoñentes.
-Recoñece a función do ADN como
portador da información xenética, e
relaciónao co concepto de xene.
-Ilustra os mecanismos da expresión
xenética por medio do código
xenético.
-Recoñece e explica en que consisten
as mutacións e os seus tipo.
-Diferencia técnicas de traballo en
enxeñaría xenética.
-Describe as técnicas de clonación
animal, distinguindo clonación
terapéutica e reprodutiva.
CMCT
CL
CD
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
70
PCR.
-Comprender e describir o proceso da clonación.
-Recoñecer as aplicacións da enxeñaría xenética: organismos modificados xeneticamente (OMX).
-Valorar e interpretar as aplicacións da tecnoloxía do ADN recombinante na agricultura, na gandaría, no ambiente e na saúde.
- Analiza as implicacións éticas, sociais
e ambientais da enxeñaría xenética.
-Interpreta criticamente as
consecuencias dos avances actuais no
campo da biotecnoloxía.
4
Orixe e
evolución da
vida
--A orixe da vida.
-A evolución dos seres vivos
-Os mecanismos de evolución
-A evolución humana
-Coñecer e describir as hipóteses
sobre a orixe da vida e as probas da
evolución. Comparar lamarckismo,
darwinismo e neodarwinismo.
- Comprender e establecer os
mecanismos da evolución
destacando a importancia da
mutación e a selección. Analizar o
debate entre gradualismo,
saltacionismo e neutralismo.
-Interpretar árbores filoxenéticas,
incluíndo a humana.
-Describir a hominización.
-Distingue as características
diferenciadoras entre lamarckismo,
darwinismo e neodarwinismo.
-Establece a relación entre
variabilidade xenética, adaptación e
selección natural.
-Interpreta árbores filoxenéticas.
-Recoñece e describe as fases da
hominización.
CMCT
CL
CD
AA
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
71
5
Biosfera e
ecosistemas:
estrutura,
dinámica e
evolución
-A Terra: un sistema complexo.
- Estrutura dos ecosistemas
-Dinámica dos ecosistemas.
-As adaptacións dos organismos.
-Evolución dos ecosistemas.
-Os ciclos da materia na biosfera: ciclos bioxeoquímicos
-Explicar os conceptos de
ecosistema, biótopo, poboación,
comunidade, ecotón, hábitat e
nicho ecolóxico.
-Comparar adaptacións dos seres
vivos a diferentes medios,
mediante a utilización de
exemplos.
-Categorizar os factores ambientais
e a súa influencia sobre os seres
vivos, e recoñecer o concepto de
factor limitante e límite de
tolerancia.
-Identificar as relacións
intraespecíficas e interespecíficas
como factores de regulación dos
ecosistemas.
- Explicar os conceptos de cadeas e
redes tróficas.
- Expresar como se produce a
transferencia de materia e enerxía
ao longo dunha cadea ou rede
trófica, e deducir as consecuencias
prácticas na xestión sustentable
dalgúns recursos por parte do ser
humano.
-Relacionar as perdas enerxéticas
-Identifica o concepto de ecosistema e
distingue os seus compoñentes.
-Analiza as relacións entre biótopo e
biocenose, e avalía a súa importancia
para manter o equilibrio do
ecosistema.
-Interpreta as adaptacións dos seres
vivos a un ambiente determinado,
relacionando a adaptación co factor ou
os factores ambientais
desencadeantes deste.
-Recoñece os factores ambientais que
condicionan o desenvolvemento dos
seres vivos nun ambiente
determinado, e valora a súa
importancia na conservación deste.
-Recoñece e describe relacións e a súa
influencia na regulación dos
ecosistemas, interpretando casos
prácticos en contextos reais.
-Recoñece os niveis tróficos e as súas
relacións nos ecosistemas, e valora a
súa importancia para a vida en xeral e
o mantemento destas.
-Compara as consecuencias prácticas
na xestión sustentable dalgúns
recursos por parte do ser humano, e
CMCT
CL
CD
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
72
producidas en cada nivel trófico co
aproveitamento dos recursos
alimentarios do planeta desde un
punto de vista sustentable.
valora criticamente a súa importancia.
-Establece a relación entre as
transferencias de enerxía dos niveis
tróficos e a súa eficiencia enerxética.
6
A actividade
humana e o
medio
-Actividade humana e medio ambiente.
-Os recursos naturais.
-Consecuencia da actividade humana sobre o
medio.
-Residuos e as súas consecuencias.
-Desenvolvemento sustentable.
-Contrastar algunhas actuacións
humanas sobre diferentes
ecosistemas, valorar a súa
influencia e argumentar as razóns
de certas actuacións individuais e
colectivas para evitar a súa
deterioración.
-Concretar procesos de tratamento
de residuos e describir a xestión
que dos residuos se fai no seu
contorno próximo.
-Contrastar argumentos a favor da
recollida selectiva de residuos e a
súa repercusión a nivel familiar e
social.
-Asociar a importancia da
utilización de enerxías renovables
no desenvolvemento sustentable.
-Argumenta sobre as actuacións
humanas que teñen unha influencia
negativa sobre os ecosistemas:
contaminación, desertización,
esgotamento de recursos, etc.
-Defende e conclúe sobre posibles
actuacións para a mellora ambiental e
analiza desde distintos puntos de vista
un problema ambiental do contorno
próximo, elabora informes e
preséntaos utilizando distintos medio.
- Describe os procesos de tratamento
de residuos, e valora criticamente a
súa recollida selectiva.
-Argumenta os proles e os contras da
reciclaxe e da reutilización de recursos
materiais.
-Destaca a importancia das enerxías
renovables para o desenvolvemento
sustentable do planeta.
CMCT
CL
CD
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
73
7
O planeta Terra
e a súa historia
-A Terra: o noso fogar no Universo.
-A orixe da Terra.
-Estudo da historia da Terra.
-Etapas da Terra.
-Cambios climáticos na historia da Terra.
- Recoñecer, compilar e contrastar
feitos que amosen a Terra como un
planeta cambiante.
-Rexistrar e reconstruír algúns dos
cambios máis notables da historia
da Terra, e asocialos coa súa
situación actual.
-Categorizar e integrar os procesos
xeolóxicos máis importantes da
historia da Terra.
-Recoñecer e datar eóns, eras e
períodos xeolóxicos, utilizando o
coñecemento dos fósiles guía.
-Interpretar cortes xeolóxicos
sinxelos e perfís topográficos como
procedemento para o estudo
dunha zona ou dun terreo.
-Identifica e describe feitos que
amosen a Terra como un planeta
cambiante, e relaciónaos cos
fenómenos que suceden na
actualidade.
- Reconstrúe algúns cambios notables
na Terra, mediante a utilización de
modelos temporais a escala e
recoñecendo as unidades temporais na
historia xeolóxica.
- Discrimina os principais
acontecementos xeolóxicos, climáticos
e biolóxicos que tiveron lugar ao longo
da historia da Terra, e recoñece algúns
animais e plantas característicos de
cada.
-Relaciona algún dos fósiles guía máis
característico coa súa era xeolóxica.
- Interpreta un mapa topográfico e fai
perfís topográficos.
- Resolve problemas sinxelos de
datación relativa, aplicando os
principios de superposición de
estratos, superposición de procesos e
correlación.
CMCT
CL
CD
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
74
8
Dinámica
interna do
planeta Terra
-Estrutura e composición da xeosfera.
-Xeodinámica interna.
-Expansión do fondo oceánico.
-Tectónica de placas.
-Dinámica interna: manifestacións.
-Ciclo de Wilson
- Comprender e comparar os
modelos que explican a estrutura e
a composición da Terra.
-Combinar o modelo dinámico da
estrutura interna da Terra coa
teoría da tectónica de placas.
- Recoñecer as evidencias da deriva
continental e da expansión do
fondo oceánico.
-Interpretar algúns fenómenos
xeolóxicos asociados ao
movemento da litosfera e
relacionalos coa súa situación en
mapas terrestres. Comprender os
fenómenos naturais producidos
nos contactos das placas.
- Explicar a orixe das cordilleiras, os
arcos de illas e os oróxenos
térmicos.
- Contrastar os tipos de placas
litosféricas e asociarlles
movementos e consecuencias.
- Analiza e compara os modelos que
explican a estrutura e a composición
da Terra.
- Relaciona as características da
estrutura interna da Terra e asóciaas
cos fenómenos superficiais.
- Expresa algunhas evidencias actuais
da deriva continental e da expansión
do fondo oceánico.
-Coñece e explica razoadamente os
movementos relativos das placas
litosféricas.
-Interpreta as consecuencias dos
movementos das placas no relevo.
-Identifica as causas dos principais
relevos terrestres.
-Relaciona os movementos das placas
con procesos tectónicos.
CMCT
CL
CD
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
75
9
O relevo e
outras
manifestacións
da dinámica
terrestre.
-Relevo e paisaxe.
-A formación do relevo terrestre.
-Evolución do relevo terrestre.
-O ciclo das rochas.
-O solo: formación e evolución.
- Analizar que o relevo, na súa orixe
e na súa evolución, é resultado da
interacción entre os procesos
xeolóxicos internos e externos.
-Comprender que e relevo está
suxeito a variacións ao longo do
tempo.
-Coñecer os principais tipos de
rochas e as súas transformacións ó
longo do tempo.
-Entender a estrutura e evolución
do solo e a súa importancia para a
humanidade.
-Interpreta a evolución do relevo baixo a influencia da dinámica externa e interna.
-Relaciona os principais tipos de relevo co axente xeolóxico máis importante no clima respectivo.
-Entende que a Terra é un sistema pechado, o que require a reciclaxe dos materiais que a forman.
-Identifica o solo como unha estrutura viva e en evolución contínua.
-Comprende a importancia do solo para a humanidade
CMCT
CL
CD
NOTA: Os estándares avaliables teñen a característica de coñecementos básicos que os alumnos deben acadar para superar a materia, polo que todos os estándares teñen o mesmo peso nas probas de avaliación. En consecuencia, o valor dos estándares conceptuais e procedementais será o mesmo, repartindo o 90 % da nota de avaliación por igual entre todos eles. O 10 % restante será destinado á avaliación dos estándares de actitude (interés, participación activa, …..). PRÁCTICAS DE LABORATORIO.
As prácticas de laboratorio programadas para o curso de Ciencias da Natureza 2º da ESO son as seguintes:
Estudo minerais e rochas.
Observación de correntes de convección.
Observación de células e organismos microscópicos.
Observación de cromoplastos e cloroplastos
Observación de mitose en raíz de cebola.
Extracción de ADN en chícharos:
Estudo de caracteres xenéticos humanos: pico de viuva, lóbulo da orella, …
Análise de cariotipos humanos
Estudo de compoñentes dunha charca artificial.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
76
Estudo dos tipos principais de rochas.
Mapas topográficos.
Perfiles xeolóxicos. AVALIACIÓN
É importante destacar o feito de que os contidos conceptuais cobran especial importancia. Por tanto prestarase especial atención ao domino dos contidos
conceptuais e a feito de si o alumno cumpre ou non os criterios de avaliación establecidos en cada unha das unidades didácticas.
1. Realizarán varias probas escritas por avaliación, e en cada unha acumularanse os contidos anteriores. Para calcular a nota dos conceptos o primeiro exame
terá un valor multiplicado por un, o segundo por dous, etc.
2. Todos os alumnos realizarán un exame da avaliación anterior que permitirá recuperar a materia aos que suspenderon a avaliación anterior e mellorar a
nota aos que a aprobaron.
3. Os alumnos que ao final do curso tivesen suspensa algunha das tres avaliacións realizarán unha proba escrita final debendo recuperar só a parte suspensa.
Os que teñan suspensas dúas ou as tres avaliacións deberán examinarse de toda a materia.
4. Todos os alumnos que non superen positivamente a materia no mes de Xuño serán avaliados no mes de Setembro mediante unha proba extraordinaria que
deberá de conter toda a materia.
5. A asistencia a clase é obrigatoria. Cun número de faltas superior ao 20 % por trimestre pérdese o dereito á avaliación continua.
6. O abandono da materia será tido en conta á hora de aplicar os criterios de promoción e titulación. Considerarase abandono a non asistencia a clase, non ter
caderno de traballo nin material na clase, non entregar as actividades propostas, non presentarse ás probas escritas, falta de traballo na aula, etc.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
• Identificar e describir feitos que mostren a Terra como un planeta cambiante e rexistrar algúns dos cambios máis notables da súa longa historia utilizando modelos temporais a escala. Preténdese avaliar a capacidade do alumnado para recoñecer a magnitude do tempo xeolóxico mediante a identificación dos acontecementos fundamentais da historia da Terra nunha táboa cronolóxica e, especialmente a través da identificación e situación dos fósiles máis representativos das principais eras xeolóxicas e doutros rexistros xeolóxicos tales como a datación estratigráfica, os tipos de rochas, as cordilleiras e procesos oroxénicos.
• Utilizar o modelo dinámico da estrutura interna da Terra e a teoría da tectónica de placas para estudar os fenómenos xeolóxicos asociados ao movemento da litosfera e relacionalos coa súa situación en mapas terrestres. Trátase de avaliar a capacidade do alumnado para aplicar o modelo dinámico da estrutura interna da Terra e a teoría da tectónica de placas na explicación de fenómenos aparentemente non relacionados entre eles, como a formación de cordilleiras, a expansión do fondo oceánico, a coincidencia
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
77
xeográfica de terremotos e volcáns en moitos lugares da Terra, as coincidencias xeolóxicas e paleontolóxicas en territorios actualmente separados por grandes océanos, etc. Tamén se debe comprobar se é capaz de asociar a distribución de sismos e volcáns aos límites das placas litosféricas en mapas de escala axeitada, e de relacionar todos estes procesos.
• Aplicar os postulados da teoría celular ao estudo de distintos tipos de seres vivos e identificar as estruturas características da célula procariótica, eucariótica vexetal e animal, e relacionar cada un dos elementos celulares coa súa función biolóxica. Trátase de comprobar se o alumnado é quen de recoñecer e interpretar, empregando as técnicas axeitadas, a existencia de células en distintos organismos. Trátase de avaliar se é capaz de identificar as estruturas celulares en debuxos e microfotografías, sinalando a función de cada unha delas. Así mesmo, debe entender a necesidade de coordinación das células que compoñen osorganismos pluricelulares.
• Recoñecer as características do ciclo celular e describir os procesos de división celular, sinalando as diferenzas principais entre meiose e mitose, así como o significado biolóxico de ambas as dúas. Trátase de comprobar que o alumnado recoñece a mitose como un tipo de división celular necesaria na reprodución dos organismos unicelulares e que asegura o crecemento e reparación do corpo nos organismos pluricelulares. Tamén debe explicar o papel dos gametos e da meiose na reprodución sexual. Trátase de comparar ambos os dous tipos de división celular respecto do tipo de células que a sofren, o seu mecanismo de acción, os resultados obtidos e a importancia biolóxica de ambos os dous procesos.
• Resolver problemas prácticos de xenética mendeliana, explicar algúns caracteres que presentan este tipo de herdanza nos seres humanos e realizar investigación sinxelas sobre estes carácteres. Trátase de avaliar se o alumnado é capaz de diferenciar conceptos básicos da xenética e resolver exercicios sinxelos calculando porcentaxes xenotípicas e fenotípicas dos descendentes, recoñecendo nestes o seu carácter aleatorio. Valorarase tamén a capacidade para aplicar as leis de Mendel en investigación sobre carácteres humanos con este tipo de herdanza.
• 6.Coñecer que os xenes están constituídos por ADN e situados nos cromosomas. Interpretar o papel da diversidade xenética e as mutacións a partir do concepto de xene e valorar criticamente as consecuencias dos avances actuais da enxeñaría xenética. Preténdese comprobar se o alumnado pode explicar que o almacenamento da información xenética está nos cromosomas, interpreta as excepcións ás leis de Mendel mediante a teoría cromosómica da herdanza e coñece o concepto molecular de xene, así como a existencia de mutacións e as súas implicacións na evolución e diversidade dos seres vivos. Valorarase se é capaz de utilizar os seus coñecementos para elaborar un criterio propio sobre as repercusións sanitarias e sociais dos avances no coñecemento do xenoma e analizar, desde unha perspectiva social, científica e ética, as vantaxes e inconvenientes da moderna biotecnoloxía (terapia xénica, alimentos transxénicos, ….).
• Expoñer razoadamente os problemas que conduciron a enunciar a teoría da evolución, os principios básicos desta teoría e as controversias científicas, sociais e relixiosas que suscitou. Preténdese avaliar se o alumnado coñece as controversias entre fixismo e evolucionismo e entre distintas teorías evolucionistas como as de Lamarck e Darwin, así como as teorías evolucionistas actuais máis aceptadas. Trátase de valorar se o alumnado sabe interpretar, á luz da teoría da evolución dos
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
78
seres vivos, o rexistro paleontolóxico, a anatomía comparada, as semellanzas e diferenzas xenéticas, embriolóxicas e bioquímicas, a distribución bioxeográfica,..
• Relacionar a evolución e distribución dos seres vivos, destacando as súas adaptacións máis importantes, cos mecanismos de selección natural que actúan sobre a variabilidade xenética de cada especie. Trátase de valorar se o alumnado sabe interpretar, á luz da teoría da evolución, os datos máis relevantes do rexistro paleontolóxico, a anatomía comparada, as semellanzas e diferenzas xenéticas, embriolóxicas e bioquímicas, a distribución bioxeográfica e outros aspectos relacionados coa evolución dos seres vivos.
• Explicar como se realiza a transferencia de materia e enerxía nun ecosistema, ao longo dunha cadea ou rede trófica. Explicar os mecanismos de restablecemento do equilibrio ecolóxico e as consecuencias prácticas da xestión sustentable dalgúns recursos por parte do ser humano. Trátase de comprobar se o alumnado é capaz de explicar os fundamentos en que se asenta o equilibrio dos ecosistemas, e como pode actuarse sobre eles para obter un fluxo de alimentos para os seres humanos de xeito sustentable. Valorarase tamén a capacidade para explicar as repercusións das actividades humanas no mantemento da biodiversidade nos ecosistemas (desaparición de depredadores, sobreexplotación, introdución de especies exóticas, destrución de hábitats, etc.), o seu recoñecemento no noso territorio e a participación na xestión sustentable.
• Analizar os problemas e desafíos, estreitamente relacionados, a que se enfronta a humanidade globalmente, recoñecer a responsabilidade da ciencia e da tecnoloxía e a necesidade da súa implicación para resolvelos e avanzar cara ao logro dun futuro sustentable. Preténdese comprobar se o alumnado é consciente da situación planetaria caracterizada por toda unha serie de problemas intervinculados: contaminación sen fronteiras, esgotamento de recursos, perda de biodiversidade e diversidade cultural, etc., e se comprende a responsabilidade do desenvolvemento científicotécnico e a súa necesaria contribución ás posibles solucións tendo sempre presente o principio de precaución. Valorarase se é consciente da importancia da educación científica para a súa participación na toma
fundamentada de decisións. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
TÉCNICAS
-método-
INSTRUMENTOS
-recurso específico-
MOMENTO
Observación Escalas de observación
Listas de control
Rexistro anecdótico
Habitualmente
Tarefas alumnos Guías e fichas
Exercicios e correccións
Habitualmente
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
79
Diálogo e entrevistas Guións estruturados Aconsellable (especialmente para
alumnos con dificultades)
Probas específicas Exames Ao final de cada unidade
Ao final de cada 2 unidades
Exames de avaliación
Probas prácticas Guións de prácticas con actividades Habitualmente
Nas probas específicas
Cuestionarios Exercicios tipo test que valoren
coñecementos e competencias
Realización periódica, antes, durante
e ao final de cada unidade
Consideramos instrumentos de avaliación aqueles recursos específicos que nos permiten establecer os estándares de aprendizaxe de cada alumno, para medir a súa
evolución no coñecemento e destrezas que desenvolve na nosa materia.
Ao largo do curso, para avaliar ao alumno usaremos os seguintes rexistros:
o Probas escritas.
o Probas orais e consultas na aula.
o Desenvolvemento das prácticas de laboratorio.
o Observación sistemática: participación, asistencia, actitude, traballo diario e resolución de actividades
o Traballos bibliográficos, prestando atención á selección de textos e a súa estruturación.
A nota de cada avaliación calcularase de acordo cos seguintes criteios:
Probas escritas e orais................................... 90 % da nota
Libreta de exercicios ……………………………...…….....5 % da nota
Exercicios e cuestións resoltos en clase………....…2,5% da nota
Prácticas e traballos ………………………………...……...2,5 % da nota.
Para a determinación da nota final teránse en conta as seguintes normas:
as cualificacións correspondentes á libreta de exercicios, prácticas e traballo só se sumará a nota das probas escritas e orais, se nestas se acadou unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 8 posibles.
Obterán cualificación negativa os alumnos que copien nas probas escritas e orais, calquera que sexa o método que empreguen (copiar do compañeiro, de apuntes, de libros, ou por medios electrónicos e de transmisión de información ou comunicación).
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
80
Obterán cualificación negativa os alumnos que non presenten para a súa corrección nos prazos fixados os exercicios correspondentes ao 20 % das leccións que correspondan a esa avaliación ou ao total do curso, asi como os alumnos que habitualmente non fagan os exercicios e traballos establecidos.
Os alumnos que suspendan unha avaliación poderán recuperala no exame final da materia que se realizará no mes de xuño. Os alumnos que suspendan 2 ou as 3 avaliacións deberán examinarse de toda a materia no exame final de xuño.
CONVOCATORIA DE SETEMBRO: A cualificación dos alumnos que, por ter suspendido a materia na convocatoria ordinaria de xuño deban presentarse a convocatoria de setembro, rexerase polas seguintes normas:
1. A proba de setembro é unha convocatoria extraordinaria na que o alumno debe demostrar que domina os contidos mínimos necesarios para aprobar a materia. 2. O alumno será cualificado exclusivamente pola proba escrita que realice en setembro, sen ter en conta, en ningún caso, a súa actividade e cualificacións obtidas
ao longo do curso académico no que suspendeu a materia obxecto da proba. 3. O departamento publicará na páxina web de centro coleccións de exercicios que permiten repasar a materia e preparar o exame. A realización e comprensión
deses exercicios permite ao estudante dominar os contidos mínimos necesarios para aprobar o exame. 4. Dado que a proba extraordinaria de setembro é un exame de mínimos, os alumnos que a aproben non poderán obter unha cualificación definitiva superior a 5. 5. Para superar a materia os alumnos deben obter como mínimo un 5 na proba escrita. Non obstante, os alumnos que obteñan unha nota superior a 4 e inferior a
5, poderán superar a materia se entregan os cuestionarios de problemas completa e correctamente contestados, de xeito que o número de cuestións non contestadas ou respondidas incorrectamente non debe superar o 10 % das preguntas correspondentes a cada lección. Se esta condición non se da, ou a nota do exame é inferior a 4, o alumno suspenderá a materia.
TEMPORALIZACIÓN.
Leccións Data límite Avaliación Exames
1, 2 10/11/2018 1º Leccións 1 e 2
3 10/12/2018 1º Leccións 1, 2, e 3
Despois de Nadal e antes do 20 de xaneiro de 2019 repetirase o exame das leccións 1, 2, 3 para todo o alumnado
4, 5 28/2/2019 2º Leccións 4 e 5
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
81
6 12/3/2019 2º Leccións 4, 5, e 6
Despois de Semana Santa e antes do 15 de abril de 2019 repetirase o exame das leccións 4, 5 e 6 para todo o
alumnado
7,8 20/5/2019 3º Leccións 7 e 8
9 10/6/2019 3º Leccións 7, 8 e 9
O día 20 de xuño de 2019 haberá o exame final da materia
PROXECTO LECTOR E INTEGRACIÓN DAS TIC
A comunicación, nos ámbitos da comprensión e expresión, tanto oral como escrita, constitúe un eixe fundamental no proceso de ensino e aprendizaxe do
coñecemento científico, contribuíndo ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.
Nesta área trátase de desenvolver a capacidade de comprensión cando se fan lecturas de textos científicos e o alumnado aprende a diferencialos doutros que non
son científicos, cando se contrastan materiais escritos e audiovisuais de diferentes fontes, tanto descritivos como argumentativos, nun proceso que pasa pola
identificación dos conceptos e ideas principais, a interpretación do papel que desempeñan segundo o contexto e as relacións que se establecen entre eles. Na resolución
de problemas débese estimular a lectura comprensiva contextualizando a situación, da identificación dos conceptos que aparecen e das relacións que se establecen
entre os ditos conceptos e os datos.
No ensino da área a expresión oral e escrita busca a coherencia e precisión no uso da linguaxe, tanto no nivel descritivo como no interpretativo. Trabállase a
expresión cando se emiten hipóteses, contrástanse ideas, acláranse significados sobre conceptos ou procesos científicos en contextos diferentes, realízanse sínteses,
elabóranse mapas conceptuais, extráense conclusións, realízanse informes ou organízanse debates onde se fomenten actitudes que favorezan a mellora na expresión
oral e escrita, a confianza para expresarse en público, o saber escoitar, o contrastar opinións e ter en conta as ideas dos demais.
A colaboración coa Biblioteca do centro é indispensable a que no 1º da ESO faise unha actividadeque consiste en coñecer a súa organización, o sistema de marcado
dos libros, etc,
Como estratexias básicas usaremos as seguintes:
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
82
Potenciar o uso do diccionario para explicar o significado de palabras dentro do seu contexto.
Lectura reflexiva en voz alta de enunciados, artigos, … atendendo a entonación, vocalización e pausas en signos de puntación.
Traballar os conceptos de definir e diferenciar, especialmente o primeiro.
Valorar a ortografía e a correcta exposición en traballos escritos.
Realizar comentarios de textos científicos e artigos de prensa de actualidade sobre aspectos da Bioloxía e Xeoloxía.
Extraer a idea principal e secundarias a partir de textos científicos.
Lectura, durante os desdobres de prácticas, dalgún dos seguintes libros:
Richard Dawkins: “El gen egoísta” Randall Munroe: “Que pasaría si …” Francisco Ayala. “Yo soy un mono”
Uso da biblioteca do centro para a busca de información sobre temas relacionados coa materia.
A área de Bioloxía e Xeoloxía contribúe á competencia de tratamento da información e competencia dixital, xa que se traballan habilidades para identificar,
contextualizar, relacionar e sintetizar a información procedente de diferentes fontes e presentada en diversas linguaxes propias das tecnoloxías da información e
comunicación, como os buscadores pola internet, documentos dixitais, foros, chats, mensaxeria, xornais dixitais, revistas divulgativas na web, presentación electrónicas
e simulacións interactivas. Cando se traballa a crítica reflexiva sobre as informacións
de tipo científico que achegan as tecnoloxías da información e a comunicación, foméntanse actitudes favorables ao emprego delas evitando o seu emprego
indiscriminado.
Como estratexias de potenciación das TIC usaremos:
Uso de páxinas web para observar a dinámica das placas litosféricas.
Realizacións de montaxes con Power Point e a súa exposición na aula por parte dos alumnos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
83
Busca de láminas e microfotografías da célula.
Uso de páxinas que ofrecen animacións sobre procesos celulares.
Selección e proxección de imaxes sobre a célula usando o programa de Power Point.
Elaboración de informes sobre a estrutura e características do ADN.
Busca de información sobre as doenzas de orixe xenético: Huntington, triplo X, distrofia muscular,….
Busca de modelos relativos ao fluxo de materia e enerxía nos ecosistemas.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
84
PROGRAMACIÓN DE BIOLOXÍA-XEOLOXÍA 1º BACHARELATO
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
85
INTRODUCIÓN
Unha vez finalizada a educación secundaria obrigatoria, o alumnado comeza o bacharelato cunha formación básica na maioría das materias que configuraron os currículos anteriores do ensino básico.
Inicia unha nova etapa na cal deberá afondar nalgunha materia xa iniciada e adquirir os coñecementos doutras novas, ben sexa entre as comúns, ben entre as pertencentes á modalidade escollida de acordo coas súas expectativas de futuro, cos seus intereses e coas súas capacidades.
Ben que nesta etapa o tratamento das materias ten que ser máis completo e complexo, cómpre non perder de vista o historial académico anterior; será preciso partir do xa adquirido para, asentado e interiorizado, avanzar nunha aprendizaxe máis reflexiva, crítica e autónoma.
No currículo da etapa anterior as competencias foron o obxectivo que se pretendía lograr e o referente fundamental para os criterios de avaliación. Nesta nova etapa, aínda sen que figuren neses termos, deberán estar presentes para continuar no seu desenvolvemento e permitir un avance máis satisfactorio da formación integral que se persegue para cada persoa, coa mirada posta nunha vida social adulta ou na continuación de estudos superiores. En calquera dos dous casos, as competencias serán precisas ao longo da vida.
No bacharelato, á parte de enriquecerse cos coñecementos das materias comúns e das propias da modalidade elixida e das optativas, o alumnado terá que ser quen, de forma progresiva, de buscar información nas diversas fontes ao seu alcance, sobre aspectos académicos ou profesionais, seleccionala con criterios rigorosos, analizala, interiorizala e aplicala en contextos diversos.
Terá que ser quen de atopar mecanismos de resolución de problemas no mundo que o rodea. Terá que ser quen de identificar e adoptar distintas estratexias que lle faciliten en cada momento adoptar decisións axeitadas fronte aos problemas
que van xurdindo na actualidade na interacción co contorno.
Terá que ser quen de participar activamente na mellora da sociedade, con espírito solidario, exercendo os dereitos democráticos de cidadanía.
Terá que ser quen de detectar as súas fortalezas e carencias de aprendizaxe, de relación e emocionais e adoptar actitudes de esforzo e perseveranza para superalas.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
86
En definitiva, precisará ampliar as competencias que desenvolveu ao longo do ensino básico e continuar, en distinta forma e medida, ao longo de toda a vida, tendo presente que a aprendizaxe será necesaria, tanto para a continuación con estudos superiores como para a súa incorporación na vida adulta.
Todas estas necesidades do alumnado precisan dunha práctica docente encamiñada aos mesmos obxectivos. Será precisa, xa que logo, unha práctica de aula que fomente o traballo interactivo, cooperativo, rigoroso, reflexivo e conectado coa realidade e co uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Unha práctica educativa que teña en conta as diversas fontes de información, que fomente a transformación da información en formación, que fomente e participe do espírito crítico, empregando o xénero como unha das categorías de análise, a investigación e a innovación, o traballo ben feito e a auto avaliación. Será precisa unha práctica docente que non esqueza a atención á diversidade que, aínda que presente dificultades, será fonte de enriquecemento mutuo e nunca fonte de conflito.
METODOLOXÍA
Desde un punto de vista xenérico, así como as programacións didácticas de cada unha das unidades, baséanse nos principios de intervención educativa xa sinalados e que sintetizamos e concretamos da seguinte forma:
A. Pártese do nivel de desenvolvemento do alumno, nos seus distintos aspectos, para construír, a partir de aí, outras aprendizaxes que favorezan e melloren o devandito nivel de desenvolvemento. B. Sublíñase a necesidade de estimular o desenvolvemento de capacidades xerais e de competencias básicas e específicas por medio do traballo das materias. C. Dáse prioridade á comprensión dos contidos que se traballan fronte á súa aprendizaxe mecánica. D. Propícianse oportunidades para pór en práctica os novos coñecementos, de modo que o alumno poida comprobar o interese e a utilidade do aprendido. E. Foméntase a reflexión persoal sobre o realizado e a elaboración de conclusións con respecto ao que se aprendeu, de modo que o alumno poida analizar o seu progreso respecto dos seus coñecementos.
Todos estes principios teñen como finalidade que os alumnos sexan, gradualmente, capaces de aprender de forma autónoma e sexan capaces de desenvolver as seguintes capacidades :
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
87
• Crear na aula un clima que favoreza as aprendizaxes significativas, que desenvolva o interese pola materia e os seus estudos posteriores, que
permita a comunicación e intercambio de saberes e experiencias na aula. • Ter en conta as ideas previas do alumnado para o deseño e a secuencia de actividades. Facilitar a construción de aprendizaxes cooperativas que
propicien o cambio conceptual, metodolóxico e actitudinal. • Dotar o alumnado de ferramentas que lle permitan iniciarse nos métodos de investigación mediante a preparación de actividades nas que un dos
obxectivos sexa o desenvolvemento de procedementos. • Propoñer actividades que poñan de manifesto a correlación entre os fenómenos estudados na aula e os da vida cotiá, mediante análise de
situacións concretas, comentarios de novas de actualidade ou realizando saídas didácticas (a laboratorios, fábricas, itinerarios xeolóxicos, etc.) combinadas con informes ou traballos específicos. Facer especial fincapé nas características xeolóxicas e na biodiversidade de Galicia.
O libro de texto utilizado neste curso é: Plaza Escribano e outros: Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato, Ed. Anaya, Madrid, 2015, ISBN 978-84-678-2811-5
AS COMPETENCIAS CLAVE
Un proceso educativo baseado na adquisición de competencias incide, fundamentalmente, na adquisición duns saberes imprescindibles, prácticos e integrados, saberes que terán que ser demostrados polos alumnos.Por iso, unha competencia é a capacidade posta en práctica e demostrada de integrar coñecementos, habilidades e actitudes para resolver problemas e situacións en contextos diversos.
O alumno, mediante o que sabe, debe demostrar que o sabe aplicar, pero ademais, que sabe ser e estar. Deste xeito vemos a maneira como unha competencia abrangue os diferentes contidos que se traballan na aula (conceptos, procedementos e actitudes), exemplo dunha formación integral do alumno. En suma, estamos recoñecendo que a institución escolar non só prepara o alumno no coñecemento de saberes técnicos e científicos, senón que tamén o fai como cidadán e, por iso, debe demostrar unha serie de actitudes cívicas e intelectuais que implican o respecto aos demais, a ser responsable, a traballar en equipo...
No noso sistema educativo considérase que as competencias clave que debe ter o alumno cando remata a escolaridade obrigatoria para enfrontar os retos da súa vida persoal e laboral son as seguintes:
Comunicación lingüística (CL)
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)
Competencia dixital (CD)
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
88
Aprender a aprender (AA)
Competencias sociais e cívicos (CSC)
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (SIEE)
Conciencia e expresións culturais (CEC)
Nesta materia e neste curso, en cada unidade indícase especificamente a competencia ou competencias clave que son obxecto de atención.
AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS DERIVADAS
Segundo a Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG do 7 de
xaneiro de 2008: Ao comezo de cada curso e coa finalidade de adecuar as ensinanzas de cada materia ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria do seu proceso
de aprendizaxe, o profesorado que imparta docencia no grupo realizará unha avaliación inicial, incidindo na obtención de información sobre os coñecementos previos do
alumnado en cada unha das materias e o grao de desenvolvemento das competencias básicas.
A avaliación inicial terá en conta os seguintes instrumentos:
A) Expediente académico do alumno.
B) Informes de Orientación Escolar.
C) Lectura de textos en voz alta.
D)Proba escrita na que o alumno acredite os coñecementos básicos para cursar esta materia.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Os alumnos que amosen dificultades de aprendizaxe serán tratados seguindo un programa acordado co Departamento de Orientación Escolar. En todo caso, ese programa xirará ó redor aos seguintes aspectos: a) Reducir os contidos, sen renunciar aos contidos mínimos esixibles. b) Exercicios de reforzo. Os alumnos recibirán un caderno de exercicios para reforzar a aprendizaxe dos temas estudados. c) Redución da materia que entra en cada proba escrita, realizando un maior número de exames de menor extensión e axustados aos contidos mínimos. d) Máis tempo para realizar os exames.
c) Substitución das probas escritas por probas orais.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
89
OBXECTIVOS DO BACHARELATO
O bacharelato contribuirá a desenvolver nas alumnas e nos alumnos as capacidades que lles permitan:
Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.
Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de maneira responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.
Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con discapacidade.
Reforzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para aproveitar eficazmente as aprendizaxes e mais como medio para o desenvolvemento persoal.
Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.
Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.
Utilizar eficazmente e con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.
Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.
Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade de bacharelato elixida.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
90
Comprender os elementos e procedementos fundamentais dos métodos científicos e da investigación. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto do medio natural e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.
Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, autoconfianza e sentido crítico.
Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o sentido estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural. OBXECTIVOS DE 1º DE BACHARELATO
Coñecer os conceptos, teorías e modelos máis importantes e xerais da bioloxía e a xeoloxía, de xeito que o alumnado poida ter unha visión global do campo de coñecemento que aborda e dar unha posible explicación dos fenómenos naturais, aplicando estes coñecementos a situacións reais e cotiás.
Elaborar, cos datos que se coñecen do interior da Terra, unha hipótese explicativa sobre a súa composición, o seu proceso de formación e a súa dinámica.
Recoñecer que a visión global e unificadora que propón a teoría da tectónica de placas permite explicar coherentemente fenómenos como a variación da posición dos continentes, a formación de cordilleiras e rochas e a dinámica interna do planeta, e contribúe a explicar a distribución dos seres vivos.
Coñecer os procesos da xeodinámica externa (que dan lugar á formación das rochas sedimentarias e á súa alteración) e a súa interacción coa xeodinámica interna (da que derivan procesos como a evolución do relevo ao longo do tempo, a formación de solos e das paisaxes, a xeración de riscos xeolóxicos, …).
Realizar unha aproximación aos diversos modelos de organización dos seres vivos, á súa estrutura e funcionamento, entendéndoos como o resultado de distintas estratexias adaptativas ao medio natural.
Coñecer a diversidade dos seres vivos e ser quen de incorporar o coñecemento dos procesos evolutivos para explicar a súa orixe.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
91
Integrar a dimensión social e tecnolóxica da bioloxía e a xeoloxía comprendendo as vantaxes e problemas que o seu desenvolvemento lle formula ao medio natural, ao ser humano e á sociedade e a posibilidade de contribuír á conservación e protección do medio natural e social.
Utilizar con certa autonomía destrezas de investigación, tanto documentais como experimentais (formular problemas, formular e contrastar hipóteses, realizar experiencias, etc.) recoñecendo o carácter da ciencia como proceso cambiante e dinámico.
Desenvolver actitudes que se asocian ao traballo científico, tales como a busca de información, a capacidade crítica, a necesidade de verificación dos feitos, o cuestionamento do obvio e a apertura ante novas ideas, o traballo en equipo, a aplicación e difusión dos coñecementos, ... coa axuda das tecnoloxías da información e da comunicación cando sexa necesario.
Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social e impulsar condutas e hábitos saudables.
Reforzar actitudes de respecto e de prevención no ámbito da seguridade viaria.
Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
92
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS CLAVE.
Lección Título Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
1 Os seres vivos. Niveis
de organización - Niveis de organización dos seres vivos.
-Características dos seres vivos: funcións de nutrición, relación e reprodución.
- Especificar as características dos seres vivos. -Describe as características dos seres vivos: funcións de nutrición, relación e reprodución
CL
CMCT
AA CD
2 Biolementos e biomoléculas
-Concepto de bioelemento e biomolécula.
-Clasificación dos bioelementos e das
biomoléculas.
-Distinguir bioelemento,
oligoelemento e biomolécula. -Identifica e clasifica os bioelementos e as
biomoléculas presentes nos seres vivos
-Estrutura, composición química e propiedades das biomoléculas
-Diferenciar e clasificar os tipos de biomoléculas que constitúen a materia viva, e relacionalos coas súas respectivas funcións biolóxicas na célula. -Diferenciar os monómeros constituíntes das macromoléculas orgánicas.
- Distingue as características fisicoquímicas e as propiedades das moléculas básicas que configuran a estrutura celular, e destaca a uniformidade molecular dos seres vivos. - Identifica os monómeros constituíntes das macromoléculas orgánicas.
-Relación entre estrutura e funcións biolóxicas das biomoléculas
- Recoñecer e identificar algunhas macromoléculas cuxa conformación estea directamente relacionada coa súa función
- Asocia biomoléculas coa súa función biolóxica de acordo coa súa estrutura tridimensional
3 Bioloxía celular - A célula como unidade estrutural,
funcional e xenética. - Modelos de organización celular: célula procariota e eucariota; célula animal e célula vexetal.
- Describir a célula como unidade estrutural, funcional e xenética dos seres vivos, e distinguir unha célula procariota dunha eucariota e unha célula animal dunha vexetal, analizando as súas semellanzas e as súas diferenzas.
- Interpreta a célula como unha unidade estrutural, funcional e xenética dos seres vivos. - Perfila células procariotas e eucarióticas e nomea as súas estruturas
CMCT CL CD AA -Estrutura e función dos orgánulos
celulares. -Planificación e realización de prácticas de laboratorio. Observación microscópica de células eucariotas animais e vexetais
-Identificar os orgánulos celulares, e describir a súa estrutura e a súa función
-Representa esquematicamente os orgánulos celulares e asocia cada orgánulo coa súa función ou coas súas funcións. - Recoñece e nomea células animais e vexetais mediante microfotografías ou preparacións microscópicas.
-Ciclo celular. División celular: mitose e meiose. Importancia na evolución dos
-Recoñecer e identificar as fases da mitose e da meiose, e argumentar a
-Recoñecer e identificar as fases da mitose e da meiose, e argumentar a súa
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
93
seres vivos. súa importancia biolóxica importancia biolóxica. - Selecciona as principais analoxías e diferenzas entre a mitose e a meiose.
4 Histoloxía - Concepto de tecido, órgano, aparello e
sistema - Diferenciar os niveis de organización celular e interpretar como se chega ao nivel tisular.
-. Identifica os niveis de organización celular e determina as súas vantaxes para os seres pluricelulares.
CMCT CL CD AA
-Principais tecidos animais: estrutura e función. - Principais tecidos vexetais: estrutura e función.
- Recoñecer e indicar a estrutura e a composición dos tecidos animais e vexetais, en relación coas súas funcións.
- Relaciona tecidos animais e/ou vexetais coas súas células características, asociando a cada unha a súa función.
-Observacións microscópicas de tecidos animais e vexetais.
-Asociar imaxes microscópicas ao tecido ao que pertencen.
- Relaciona imaxes microscópicas co tecido ao que pertencen
5 Taxonomía - Clasificación e nomenclatura dos seres
vivos. Grandes grupos taxonómicos. -Clasificación e nomenclatura dos seres vivos. Grandes grupos taxonómicos
-Coñecer e indicar os grandes grupos taxonómicos de seres vivos. - Interpretar os sistemas de clasificación e nomenclatura dos seres vivos
- Identifica os grandes grupos taxonómicos dos seres vivos. - Coñece e utiliza claves dicotómicas ou outros medios para a identificación e clasificación de especies de animais e plantas. - Manexa e traballa cos sistemas de clasificación e a nomenclatura dos seres vivos
CMCT CL
6 Biodiversidade -Concepto de biodiversidade. Índices de
biodiversidade. -Definir o concepto de biodiversidade e coñecer e identificar os principais índices de cálculo de diversidade biolóxica.
- Coñece o concepto de biodiversidade e relaciónao coa variedade e a abundancia de especies. -Resolve problemas de cálculo de índices de diversidade. -Aprecia o reino vexetal como desencadeante da biodiversidade.
CMCT CL AA -Características dos dominios e dos
reinos dos seres vivos. -Coñecer e indicar as características dos tres dominios e os cinco reinos en que se clasifican os seres vivos.
- Recoñece os tres dominios e os cinco reinos en que agrupan os seres vivos. - Enumera as características de cada un dos dominios e dos reinos en que se clasifican os seres vivos.
7
Distribución da biodiversidade.
-Grandes zonas bioxeográficas. -Patróns de distribución. Principais biomas. Os biomas galegos.
-Situar as grandes zonas bioxeográficas e os principais biomas. - Relaciona as zonas bioxeográficas coas principais variables climáticas. - Interpretar mapas bioxeográficos e determinar as formacións vexetais
-Identifica os grandes biomas e sitúa sobre o mapa as principais zonas bioxeográficas. - Diferencia os principais biomas e ecosistemas terrestres e mariños. - Recoñece e explica a influencia do clima na distribución de biomas, ecosistemas e
CMCT
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
94
correspondentes especies. - Identifica as principais variables climáticas que inflúen na distribución dos grandes biomas. - Interpreta mapas bioxeográficos e de vexetación. - Asocia e relaciona as principais formacións vexetais cos biomas correspondentes
CL CD CSC AA
-Factores xeolóxicos e biolóxicos que inflúen na distribución dos seres vivos
-Valorar a importancia da latitude, a altitude e outros factores xeográficos na distribución das especies.
-Relaciona a latitude, a altitude, a continentalidade, a insularidade e as barreiras oroxénicas e mariñas coa distribución das especies.
8 Evolución . -A evolución como fonte de
biodiversidade. Proceso de especiación.
-Relacionar a biodiversidade co proceso evolutivo. -Describir o proceso de especiación e enumerar os factores que o condicionan
-Relaciona a biodiversidade co proceso de formación de especies mediante cambios evolutivos. - Identifica o proceso de selección natural e a variabilidade individual como factores clave no aumento de biodiversidade. -Enumera as fases da especiación. - Identifica os factores que favorecen a especiación
CMCT CL CD CSC AA
CCEC
9 Ecosistemas da
Península Ibérica e Galicia
-Ecosistemas da Península Ibérica. Ecosistemas de Galicia. - Importancia ecolóxica das illas e a súa relación coa biodiversidade.
-Recoñecer e indicar a importancia bioxeográfica da Península Ibérica no mantemento da biodiversidade e a aportación de Galicia á biodiversidade. - Coñecer e indicar a importancia das illas como lugares que contribúen á biodiversidade e á evolución das especies.
- Sitúa a Península Ibérica e recoñece a súa situación entre dúas áreas bioxeográficas diferentes. - Recoñece a importancia da Península Ibérica como mosaico de ecosistemas. - Enumera os principais ecosistemas da Península Ibérica e de Galicia, e as súas especies máis representativas. -Enumera os factores que favorecen a especiación nas illas. - Recoñece a importancia das illas no mantemento da biodiversidade.
CMCT CL CD CSC AA
CCEC
-Concepto de endemismo. Principais endemismos da Península Ibérica e de Galicia.
- Definir o concepto de endemismo, e coñecer e identificar os principais endemismos da flora e da fauna españolas e galegas
- Define o concepto de endemismo ou especie endémica. - Identifica os principais endemismos de plantas e animais en España e en Galicia
10 Importancia e -Importancia biolóxica da - Coñecer e relacionar as aplicacións da -Enumera as vantaxes que se derivan do
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
95
protección da biodiversidade
biodiversidade. biodiversidade en campos como a saúde, a medicina, a alimentación e a industria.
mantemento da biodiversidade para o ser humano
CMCT CL CD CSC AA
CCEC
-Causas da perda de biodiversidade. -Coñecer e indicar as principais causas de perda de biodiversidade, así como as ameazas máis importantes para a extinción de especies
- Enumera as principais causas de perda de biodiversidade. - Coñece e explica as principais ameazas que penden sobre as especies e que fomentan a súa extinción
-O factor antrópico na conservación da biodiversidade
-Enumerar as principais causas de orixe antrópica que alteran a biodiversidade. - Comprender e diferenciar os inconvenientes producidos polo tráfico de especies exóticas e pola liberación no medio de especies alóctonas ou invasoras
- Enumera as principais causas de perda de biodiversidade derivadas das actividades humanas. - Indica as principais medidas que reducen a perda de biodiversidade. - Coñece e explica os principais efectos derivados da introdución de especies alóctonas nos ecosistemas.
-Estudo dun ecosistema. Cómputo da biodiversidade
-Describir as principais especies e valorar a biodiversidade dun ecosistema próximo
- Deseña experiencias para o estudo de ecosistemas e a valoración da súa biodiversidade
11 Fisioloxía vexetal:
Nutrición e relación. -Absorción da auga e os sales minerais nos vexetais
- Describir como se realiza a absorción da auga e os sales minerais
-Describe a absorción da auga e os sales minerais
CMCT CL CD CSC AA
CCEC
- Funcións de nutrición nas plantas. Proceso de obtención e transporte dos nutrientes
- Coñecer e identificar a composición do zume bruto e os seus mecanismos de transporte
- Coñece e explica a composición do zume bruto e os seus mecanismos de transporte
-Procesos de transpiración, intercambio de gases e gutación
- Explicar os procesos de transpiración, intercambio de gases e gutación.
- Describe os procesos de transpiración, intercambio de gases e gutación
-Transporte do zume elaborado - Coñecer e identificar a composición do zume elaborado e os seus mecanismos de transporte
- Explica a composición do zume elaborado e os seus mecanismos de transporte.
-Fotosíntese. - Importancia biolóxica da fotosíntese
- Comprender e diferenciar as fases da fotosíntese e os factores que afectan o proceso. -Salientar a importancia biolóxica da
fotosíntese.
- Detalla os principais feitos que acontecen durante cada fase da fotosíntese e asocia, a nivel de orgánulo, onde se producen. -Argumenta e precisa a importancia da fotosíntese como proceso de biosíntese, imprescindible para o mantemento da vida na Terra.
-A excreción en vexetais. Tecidos secretores
-Explicar a función de excreción en vexetais e as substancias producidas
- Recoñece algún exemplo de excreción en vexetais.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
96
polos tecidos secretores -Relaciona os tecidos secretores e as substancias que producen
-Funcións de relación nas plantas. Tropismos e nastias
- Describir tropismos e nastias, e ilustralos con exemplos
Describe e coñece exemplos de tropismos e nastias
-Hormonas vexetais: tipos e funcións -Definir o proceso de regulación nas plantas mediante hormonas vexetais. - Coñecer e relacionar os tipos de fitohormonas coas súas funcións.
- Valora o proceso de regulación das hormonas vexetais. - Relaciona as fitohormonas coas súas funcións
-Efectos da luz e a temperatura sobre o desenvolvemento das plantas.
- Comprender e diferenciar os efectos da temperatura e da luz no desenvolvemento das plantas
-Argumenta os efectos da temperatura e a luz no desenvolvemento das plantas
12 Fisioloxía vexetal:
a reprodución. -Funcións de reprodución en vexetais: tipos de reprodución
-Entender os mecanismos de reprodución asexual e a reprodución sexual nas plantas
- Distingue os mecanismos de reprodución asexual e a reprodución sexual nas pl
CMCT CL CD AA
- Ciclos biolóxicos dos principais grupos de plantas.
-Diferenciar os ciclos biolóxicos de briofitas, pteridofitas e espermafitas, e as súas fases e estruturas características
-Diferencia os ciclos biolóxicos e briofitas, pteridofitas e espermafitas, e as súas fases e estruturas características. - Interpreta esquemas, debuxos, gráficas e ciclos biolóxicos dos grupos de plantas
- Semente e froito. - Polinización e fecundación nas espermafitas
- Entender os procesos de polinización e de dobre fecundación nas espermafitas. Formación da semente e o froito
-Explica os procesos de polinización e de fecundación nas espermafitas e diferencia a orixe e as partes da semente e do froito.
-Propagación dos froitos e diseminación das sementes. Proceso da xerminación.
- Coñecer e indicar os mecanismos de diseminación das sementes e os tipos de xerminación
-Distingue os mecanismos de diseminación das sementes e os tipos de xerminación
-Propagación dos froitos e diseminación das sementes. Proceso da xerminación
- Coñecer e relacionar as formas de propagación dos froitos
- Identifica os mecanismos de propagación dos froitos
- Adaptacións dos vexetais ao medio -Recoñecer e relacionar as adaptacións máis características dos vexetais aos medios en que habitan.
-Relaciona as adaptacións dos vexetais co medio en que se desenvolven
- Aplicacións e experiencias prácticas de anatomía e fisioloxía vexetal
-Deseñar e realizar experiencias en que se probe a influencia de determinados factores no funcionamento dos vexetais
- Realiza experiencias que demostren a intervención de determinados factores no funcionamento das plantas
13 Fisioloxía animal:
Nutrición.
-Funcións de nutrición nos animais -Comprender e discriminar os conceptos de nutrición heterótrofa e de alimentación.
- Argumenta as diferenzas máis significativas entre os conceptos de nutrición e alimentación.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
97
- Coñece as características da nutrición heterótrofa e distingue os tipos principais
CMCT CL CD AA
-Estrutura e función dos aparellos dixestivos e as súas glándulas.
-Distinguir os modelos de aparellos dixestivos dos invertebrados. - Distinguir os modelos de aparellos dixestivos dos vertebrados. - Diferenciar a estrutura e a función dos órganos do aparello dixestivo e as súas glándulas.
-Recoñece e diferencia os aparellos dixestivos dos invertebrados. - Recoñece e diferencia os aparellos dixestivos dos vertebrados. - Relaciona cada órgano do aparello dixestivo coa súa función. - Describe a absorción no intestino
-Aparellos circulatorios. Pigmentos respiratorios nos animais. Linfa
-Coñecer e relacionar a importancia de pigmentos respiratorios no transporte de osíxeno - Comprender e describir os conceptos de circulación aberta e pechada, circulación simple e dobre, incompleta ou completa. -Coñecer e relacionar a composición e a función da linfa.
- Recoñece e explica a existencia de pigmentos respiratorios nos animais. - Relaciona circulación aberta e pechada cos animais que a presentan e explica as súas vantaxes e os seus inconvenientes. - Asocia representacións sinxelas do aparello circulatorio co tipo de circulación (simple, dobre, incompleta ou completa - Indica a composición da linfa e identifica as súas principais funcións eta.
-Transporte de gases e respiración. Tipos de aparellos respiratorios. Respiración celular. B6.5. Transporte de gases e a respiración. Tipos de aparellos respiratorios. Respiración celular.
-Distinguir respiración celular de respiración (ventilación e intercambio gasoso). -Coñecer e indicar os tipos de aparellos respiratorios en invertebrados e vertebrados
.Diferencia respiración celular e respiración, e explica o significado biolóxico de respiración celular - Asocia os aparellos respiratorios cos grupos aos que pertencen, e recoñéceos en representacións esquemáticas
B6.5. Excreción: tipos de aparellos excretores en invertebrados e vertebrados. Produtos da excreción
-Definir o concepto de excreción e relacionalo cos obxectivos que persegue. - Enumerar os principais produtos de excreción e sinalar as diferenzas apreciables nos grupos de animais en relación con estes produtos. - Describir os principais tipos órganos e aparellos excretores nos distintos grupos de animais. - Estudar a estrutura das nefronas e o proceso de formación dos ouriños. - Coñecer e relacionar mecanismos específicos ou singulares de excreción
- Define e explica o proceso da excreción. - Enumera os principais produtos de excreción e clasifica os grupos de animais segundo os produtos de excreción. - Describe os principais aparellos excretores dos animais e recoñece as súas principais estruturas a partir de representación esquemáticas. - Localiza e identifica as rexións dunha nefrona. - Explica o proceso de formación dos ouriños. - Identifica os mecanismos específicos ou singulares de excreción dos vertebrados.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
98
en vertebrados
14 Fisioloxía animal:
Relación. -Funcións de relación nos animais. Receptores e efectores. Sistemas nervioso e endócrino. Homeostase. .
-Comprender e describir o funcionamento integrado dos sistemas nervioso e hormonal en animais. - Coñecer e identificar os principais compoñentes do sistema nervioso e o seu funcionamento. - Explicar o mecanismo de transmisión do impulso nervioso. - Identificar os principais tipos de sistemas nerviosos en invertebrados. - Diferenciar o desenvolvemento do sistema nervioso en vertebrados. - Describir os compoñentes e as funcións do sistema nervioso tanto desde o punto de vista anatómico (SNC e SNP) como desde o funcional (somático e autónomo). - Describir os compoñentes do sistema endócrino e a súa relación co sistema nervioso. - Enumerar as glándulas endócrinas en vertebrados, as hormonas que producen e as funcións destas. - Coñecer e identificar as hormonas e as estruturas que as producen nos principais grupos de invertebrados
-Integra a coordinación nerviosa e hormonal, relacionando ambas as dúas funcións. - Define estímulo, receptor, transmisor, efector. - Identifica distintos tipos de receptores sensoriais e nervios. - Explica a transmisión do impulso nervioso na neurona e entre neuronas. - Distingue os principais tipos de sistemas nerviosos en invertebrados. - Identifica os principais sistemas nerviosos de vertebrados. - Describe o sistema nervioso central e periférico dos vertebrados, e diferencia as funcións do sistema nervioso somático e o autónomo. - Establece a relación entre o sistema endócrino e o sistema nervioso. - Describe as diferenzas entre glándulas endócrinas e exócrinas. - Discrimina a función reguladora e en que lugar se evidencia a actuación dalgunhas das hormonas que actúan no corpo humano. - Relaciona cada glándula endócrina coa hormona ou as hormonas máis importantes que segrega, e explica a súa función de control. - Relaciona as principais hormonas dos invertebrados coa súa función de control. - Identifica o concepto de homeostase e a súa relación co sistema nervioso e endócrino
CMCT CL CD CSC AA
- Reprodución nos animais. Tipos de reprodución. Vantaxes e inconvenientes
-Definir o concepto de reprodución e diferenciar entre reprodución sexual e asexual. Tipos. Vantaxes e
-Describe as diferenzas entre reprodución asexual e sexual, e argumenta as vantaxes e os inconvenientes de cada unha
CMCT CL CD
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
99
15
Fisioloxía animal: Reprodución
inconvenientes - Identifica tipos de reprodución asexual en organismos unicelulares e pluricelulares. - Distingue os tipos de reprodución sexual
CSC AA
- Gametoxénese - Describir os procesos da gametoxénese
- Distingue e compara o proceso de espermatoxénese e ovoxénese
- Fecundación e desenvolvemento embrionario
- Coñecer e relacionar os tipos de fecundación en animais e as súas etapas. - Describir as fases do desenvolvemento embrionario
- Diferencia os tipos de fecundación en animais e as súas etapas. - Identifica as fases do desenvolvemento embrionario e os acontecementos característicos de cada unha. - Relaciona os tipos de ovo cos procesos de segmentación e gastrulación durante o desenvolvemento embrionario
- Ciclos biolóxicos máis característicos dos animais
- Analizar os ciclos biolóxicos dos animais
- Identifica as fases dos ciclos biolóxicos dos animais
- Adaptacións dos animais ao medio - Recoñecer e relacionar as adaptacións máis características dos animais aos medios en que habitan
- Identifica as adaptacións animais aos medios aéreos. - Identifica as adaptacións animais aos medios acuáticos. - Identifica as adaptacións animais aos medios terrestres
- Aplicacións e experiencias prácticas de anatomía e fisioloxía animal.
- Realizar experiencias de fisioloxía e anatomía animal.
- Describe e realiza experiencias de fisioloxía e anatomía animal
16 A estrutura do planeta Terra.
-Análise e interpretación dos métodos de estudo da Terra. -Estrutura do interior terrestre: capas que se diferencian en función da súa composición e da súa mecánica.
-Interpretar os métodos de estudo da Terra e identificar as súas achegas e as súas limitacións. -Identificar as capas que conforman o interior do planeta de acordo coa súa composición, diferencialas das que se establecen en función da súa mecánica, e marcar as descontinuidades e as zonas de transición
-Caracteriza os métodos de estudo da Terra sobre a base dos procedementos que utiliza e as súas achegas e limitacións. -Resume a estrutura e composición do interior terrestre, distinguindo as súas capas en función da súa composición e da súa mecánica, así como as descontinuidades e as zonas de transición entre elas. - Sitúa en mapas e esquemas as capas da Terra, e identifica as descontinuidades que
permiten diferencialas. - Analiza o modelo xeoquímico e xeodinámico da Terra e contrasta o que achega cada un deles ao coñecemento da estrutura da Terra.
CMCT CL CD AA
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
100
17 Tectónica global -Dinámica litosférica. -Precisar os procesos que condicionan
a estrutura actual terrestre - Detalla e enumera procesos que deron lugar á estrutura actual do planeta.
CMCT CL CD AA
- Evolución das teorías desde a deriva continental ata a tectónica de placas
-Comprender e diferenciar a teoría da deriva continental de Wegener e a súa relevancia para o desenvolvemento da teoría da tectónica de placas.
-Indica as achegas máis relevantes da deriva continental, para o desenvolvemento da teoría da Tectónica de placas.
-Evolución das teorías desde a deriva continental ata a tectónica de placas
- Clasificar os bordos de placas litosféricas e sinalar os procesos que acontecen entre
-Identifica os tipos de bordos de placas e explica os fenómenos asociados a eles
- Achegas das novas tecnoloxías na investigación do noso planeta
-Aplicar os avances das novas tecnoloxías na investigación xeolóxica.
- Distingue métodos desenvolvidos grazas ás novas tecnoloxías, asociándoos coa investigación dun fenómeno natural.
18
O materiais da Terra
-Minerais e rochas: conceptos.
-Clasificación xenética das rochas.
-Observación de coleccións de minerais e rochas. Recoñecemento e identificación de minerais e rochas frecuentes en Galicia
- Seleccionar e identificar os minerais e os tipos de rochas máis frecuentes, nomeadamente os utilizados en edificios, monumentos e outras aplicacións de interese social ou industrial
- Identifica as aplicacións de interese social ou industrial de determinados tipos de minerais e rochas.
-Magmatismo. Clasificación das rochas magmáticas. Rochas magmáticas de interese. O magmatismo na tectónica de placas
-Relacionar o magmatismo e a tectónica de placas. - Recoñecer e relacionar a utilidade das rochas magmáticas analizando as súas características, os seus tipos e as súas utilidades. -Establecer as diferenzas de actividade volcánica, asociándoas ao tipo de magma.
-Explica a relación entre o magmatismo e a tectónica de placas, e coñece as estruturas resultantes da localización dos magmas en profundidade e en superficie. - Discrimina os factores que determinan os tipos de magmas, e clasifícaos atendendo á súa composición. - Diferenza os tipos de rochas magmáticas, identifica as máis frecuentes, con axuda de claves, e relaciona a súa textura co seu proceso de formación. -Relaciona os tipos de actividade volcánica coas características do magma, e diferenza os produtos emitidos nunha erupción volcánica
-Riscos xeolóxicos: vulcanismo e sismicidade
-Diferenciar os riscos xeolóxicos derivados dos procesos internos. Vulcanismo e sismicidade
- Analiza os riscos xeolóxicos derivados dos procesos internos. Vulcanismo e sismicidade.
-Metamorfismo: procesos metamórficos. -Detallar o proceso de metamorfismo e -Ordena e clasifica as rochas metamórficas
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
101
Fisicoquímica do metamorfismo; tipos de metamorfismo. Clasificación das rochas metamórficas. O metamorfismo na Tectónica de placas
relacionar os factores que lle afectan cos seus tipos. - Identificar rochas metamórficas a partir das súas características e das súas utilidades
máis frecuentes da codia terrestre, relacionando a súa textura co tipo de metamorfismo experimentado. - Ordena e clasifica as rochas metamórficas máis frecuentes da codia terrestre, relacionando a súa textura co tipo de metamorfismo experimentado
-Procesos sedimentarios. Facies sedimentarias: identificación e interpretación. Clasificación e xénese das principais rochas sedimentarias.
- Relacionar estruturas sedimentarias e ambientes sedimentarios. - Explicar a diaxénese e as súas fases. - Clasificar as rochas sedimentarias aplicando como criterio as súas distintas orixes
-Detalla e discrimina as fases do proceso de formación dunha rocha sedimentaria. - Describe as fases da diaxénese.
-Ordena e clasifica segundo a súa orixe as rochas sedimentarias máis frecuentes da codia terrestre
19 Tectónica -A deformación en relación á tectónica
de placas. Comportamento mecánico das rochas.
- Analizar os tipos de deformación que experimentan as rochas, establecendo a súa relación cos esforzos a que se ven sometidas.
- Asocia os tipos de deformación tectónica cos esforzos aos que se someten as rochas e coas propiedades destas. -Relaciona os tipos de estruturas
xeolóxicas coa tectónica de placas
-Tipos de deformación: dobras e fallas.
-Técnicas para a identificación de distintos tipos de rochas.
-Construción de modelos onde se representen os principais tipos de pregamentos e fallas.
-Representar os elementos dunha dobra e dunha falla
-Distingue os elementos dunha dobra e clasifícaos atendendo a diferentes criterios.
-Recoñece e clasifica os tipos de falla, identificando os elementos que a constitúen.
20
Paleontoloxía
- Estratigrafía: concepto e obxectivos. Principios. Definición de estrato.
-Interpretación e realización de mapas topográficos e cortes xeolóxicos
- Deducir a existencia de estruturas xeolóxicas e a súa relación co relevo, a partir de mapas topográficos e cortes xeolóxicos dunha zona determinada
- Interpreta e realiza mapas topográficos e cortes xeolóxicos sinxelos.
CMCT CL AA
-Datacións relativas e absolutas: estudo de cortes xeolóxicos sinxelos. Grandes divisións xeolóxicas: Táboa do tempo xeolóxico. Principais acontecementos na historia xeolóxica da Terra. Oroxenias.
-Aplicar criterios cronolóxicos para a datación relativa de formacións xeolóxicas e deformacións localizadas nun corte xeolóxico. Describir as grandes divisións do tempo en xeoloxía. Oroxenias e grandes acontecementos xeolóxicos.
- Interpreta cortes xeolóxicos e determina a antigüidade dos seu estratos, as discordancias e a historia xeolóxica da rexión, e identifica os grandes acontecementos xeolóxicos ocorridos e as oroxenias
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
102
- Extincións masivas e as súas causas naturais.
-Estudo e recoñecemento de fósiles
- Interpretar o proceso de fosilización e os cambios que se producen. Analizar as causas da extinción das especies.
-Categoriza os principais fósiles guía e valora a súa importancia para o establecemento da historia xeolóxica da Terra.
NOTA: Os estándares avaliables teñen a característica de coñecementos básicos que os alumnos deben acadar para superar a materia, polo que todos os estándares teñen o mesmo peso nas probas de avaliación. En consecuencia, o valor dos estándares conceptuais e procedementais será o mesmo, repartindo o 90 % da nota de avaliación por igual entre todos eles. O 10 % restante será destinado á avaliación dos estándares de actitude (interés, participación activa, …..)
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
103
PRÁCTICAS DE LABORATORIO.
Estudo dos minerais máis comúns. Análise químico de minerais. Estudo das rochas máis comúns. Observación de rochas ao microscopio petrográfico. Mapas e cortes xeolóxicos. Porcentaxe de auga na composición dos seres vivos. Presenza de sales minerais no leite. Reaccións de presenza de glúcidos, lípidos e proteínas na materia viva. Obtención de ADN de fígado de polo. Observación de células, tecidos animais e vexetais ao microscopio. Disección de órganos animais. Observación ao microscopio de órganos vexetais. O transporte de zume bruto nos vexetais. Estudo dos fósiles máis representativos.
AVALIACIÓN
É importante destacar o feito de que os contidos conceptuais cobran especial importancia. Por tanto prestarase especial atención ao dominio dos
contidos conceptuais e o feito de si o alumno cumpre ou non os criterios de avaliación establecidos en cada unha das unidades didácticas.
– Realizarán varias probas escritas por avaliación, e en cada unha acumularanse os contidos anteriores. Para calcular a nota dos conceptos o
primeiro exame terá un valor multiplicado por un, o segundo por dous, etc.
– Todos os alumnos realizarán un exame da avaliación anterior que permitirá recuperar a materia aos que suspenderon a avaliación anterior e
mellorar a nota aos que a aprobaron.
– Os alumnos que ao final do curso tivesen suspensa algunha das tres avaliacións realizarán unha proba escrita final debendo recuperar só a
parte suspensa. Os que teñan suspensas dúas ou as tres avaliacións deberán examinarse de toda a materia.
– Todos os alumnos que non superen positivamente a materia no mes de Xuño serán avaliados no mes de Setembro mediante unha proba
extraordinaria que deberá de conter toda a materia.
– A asistencia a clase é obrigatoria. Cun número de faltas superior ao 20 % por trimestre pérdese o dereito á avaliación continua.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
104
– O abandono da materia será tido en conta á hora de aplicar os criterios de promoción e titulación. Considerarase abandono a non asistencia
a clase, non ter caderno de traballo nin material na clase, non entregar as actividades propostas, non presentarse ás probas escritas, falta de
traballo na aula, etc.
• Os alumnos perderán o dereito á avaliación continua se acumulan 10 faltas ao longo de cada un dos trimestres. Estas 10 faltas equivalen ao 20 % das clases de cada trimestre ao impartirse 4 clases á semana. Neste caso os alumnos serán avaliados cunha única proba escrita por avaliación, non tendo dereito a realizar a súa correspondente recuperación ata Xuño.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Relacionar a información obtida a partir de datos indirectos xeotérmicos, magnéticos e astronómicos con algunhas características do interior terrestre. 2. Caracterizar as principais unidades xeoquímicas e dinámicas do interior terrestre. 3. Utilizar procedementos científicos como a formulación de conxecturas e a elaboración de estratexias para obter conclusións, incluíndo, no seu caso, deseños experimentais e análises dos resultados. 4. Diferenciar os distintos tipos de límites entre placas e os procesos xeolóxicos que ocorren neles. 5. Analizar distintas etapas do ciclo de Wilson e as súas representacións actuais na litosfera terrestre. 6. Identificar os principais tipos de rochas metamórficas, a súa textura e proceso de formación. 7. Identificar as principais texturas das rochas ígneas diferenciando as máis representativas. 8. Interpretar o relevo como produto da interacción dos procesos xeolóxicos externos e internos. 9. Explicar os procesos de formación dun chan analizando a importancia da súa conservación. 10. Relacionar as características e propiedades das biomoléculas coas funcións que realizan nos seres vivos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
105
11. Explicar as principais características dos cinco reinos taxonómicos. 12. Analizar as principais teorías fixistas e evolucionistas que trataron de explicar a diversidade dos seres vivos explicando os mecanismos da evolución á vista da teoría sintética. 13. Identificar os principais tecidos vexetais e animais e as súas funcións. 14. Realizar preparacións microscópicas de tecidos vexetais e animais sinxelas, manexando os instrumentos, reactivos e colorantes necesarios para isto. 15. Describir o proceso de nutrición autótrofa das plantas, a súa reprodución e a súa función de relación. 16. Relacionar a influencia de determinadas variables sobre as estruturas adaptativas que posúen as plantas para desenvolver con éxito as súas funcións. 17. Explicar a importancia das plantas no mantemento dos ecosistemas e na vida na Terra. 18. Describir os principais grupos de animais en canto ao proceso de nutrición e as estruturas e órganos que a permiten. 19. Analizar as condutas e os aparatos que están destinados á reprodución dos animais así como os órganos e sistemas que procuran levar a cabo a súa función de relación. 20. Expor a importancia da diversidade así como as posibles accións para a súa conservación. 21. Coñecer a estrutura e dinámica básica dun ecosistema.
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Se a avaliación constitúe un proceso flexible tamén os procedementos haberán de ser variados. Para recoller datos podemos servirnos de diferentes procedementos de avaliación:
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
106
A observación sistemática de comportamentos.
Entrevistas, caderno de exercicios e prácticas
Probas.
Cuestionarios orais e escritos.
Cada 2 temas haberá unha proba escrita o que non evitará que a avaliación sexa continua.
Cada estudante terá que ter un caderno cos exercicios e as prácticas. Será necesario que o leve o día para podelo cualificar.
A cualificación resultante será:
Tipo Valoración
a)Exames: tipo test, verdadeiro e falso, preguntas de desenvolvemento, comentario de gráficos
90%
b)Traballo diario. Prácticas. Traballos de investigación.
10%
CONVOCATORIA DE SETEMBRO: A cualificación dos alumnos que, por ter suspendido a materia na convocatoria ordinaria de xuño deban presentarse a convocatoria de setembro, rexerase polas seguintes normas:
1. A proba de setembro é unha convocatoria extraordinaria na que o alumno debe demostrar que domina os contidos mínimos necesarios para aprobar a materia. 2. O alumno será cualificado exclusivamente pola proba escrita que realice en setembro, sen ter en conta, en ningún caso, a súa actividade e cualificacións obtidas
ao longo do curso académico no que suspendeu a materia obxecto da proba. 3. Dado que a proba extraordinaria de setembro é un exame de mínimos, os alumnos que a aproben non poderán obter unha cualificación definitiva superior a 5.
4. Para superar a materia os alumnos deben obter como mínimo un 5 na proba escrita.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
107
TEMPORALIZACIÓN:
Leccións Data límite Avaliación Exames
16, 17 e 18 10/11/2018 1º Leccións 16, 17 e 18
19, 20 10/12/2018 1º Leccións 16, 17, 18 19 e 20
Despois de Nadal e antes do 20 de xaneiro de 2019 repetirase o exame da 1ª avaliación para todo o alumnado
1, 2, 3 e 4 28/2/2019 2º Leccións 1, 2, 3 e 4
5, 6, 7 e 8 12/3/2019 2º Leccións 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e
8
Despois de Semana Santa e antes do 15 de abril de 2019 repetirase o exame da 2ª avaliación para todo o alumnado
10, 11, 12 e 13 20/5/2019 3º Leccións 10, 11, 12 e 13
14, 15 e 16 10/6/2019 3º Leccións 10, 11, 12, 13, 14,
15 e 16
O día 20 de xuño de 2019 haberá o exame final da materia
PROXECTO LECTOR E INTEGRACIÓN DAS TIC
A comunicación, nos ámbitos da comprensión e expresión, tanto oral como escrita, constitúe un eixe fundamental no proceso de ensino e aprendizaxe
do coñecemento científico, contribuíndo ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.
Nesta área trátase de desenvolver a capacidade de comprensión cando se fan lecturas de textos científicos e o alumnado aprende a diferencialos
doutros que non son científicos, cando se contrastan materiais escritos e audiovisuais de diferentes fontes, tanto descritivos como argumentativos, nun
proceso que pasa pola identificación dos conceptos e ideas principais, a interpretación do papel que desempeñan segundo o contexto e as relacións que se
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
108
establecen entre eles. Na resolución de problemas débese estimular a lectura comprensiva contextualizando a situación, da identificación dos conceptos
que aparecen e das relacións que se establecen entre os ditos conceptos e os datos.
No ensino da área a expresión oral e escrita busca a coherencia e precisión no uso da linguaxe, tanto no nivel descritivo como no interpretativo.
Trabállase a expresión cando se emiten hipóteses, contrástanse ideas, acláranse significados sobre conceptos ou procesos científicos en contextos
diferentes, realízanse sínteses, elabóranse mapas conceptuais, extráense conclusións, realízanse informes ou organízanse debates onde se fomenten
actitudes que favorezan a mellora na expresión oral e escrita, a confianza para expresarse en público, o saber escoitar, o contrastar opinións e ter en
conta as ideas dos demais.
A colaboración coa Biblioteca do centro é indispensable a que no 1º da ESO faise unha actividadeque consiste en coñecer a súa organización, o sistema
de marcado dos libros, etc,
Como estratexias básicas usaremos as seguintes:
Potenciar o uso do diccionario para explicar o significado de palabras dentro do seu contexto.
Lectura reflexiva en voz alta de enunciados, artigos, … atendendo a entonación, vocalización e pausas en signos de puntación.
Traballar os conceptos de definir e diferenciar, especialmente o primeiro.
Valorar a ortografía e a correcta exposición en traballos escritos.
Realizar comentarios de textos científicos e artigos de prensa de actualidade sobre aspectos da Bioloxía e Xeoloxía.
Extraer a idea principal e secundarias a partir de textos científicos.
Lectura, durante os desdobres de prácticas, dalgún dos seguintes libros: Elizabeth Kolbert: “La sexta extinción”. Jules Howart: “Sexo en la Tierra. Un homenaje a la reproducción sexual”. Jorge Alcalde: “¿Por qué los astronautas no lloran?
Uso da biblioteca do centro para a busca de información sobre temas relacionados coa materia.
A área de Bioloxía e Xeoloxía contribúe á competencia de tratamento da información e competencia dixital, xa que se traballan habilidades para
identificar, contextualizar, relacionar e sintetizar a información procedente de diferentes fontes e presentada en diversas linguaxes propias das tecnoloxías
da información e comunicación, como os buscadores pola internet, documentos dixitais, foros, chats, mensaxeria, xornais dixitais, revistas divulgativas na
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
109
web, presentación electrónicas e simulacións interactivas. Cando se traballa a crítica reflexiva sobre as informacións de tipo científico que achegan as
tecnoloxías da información e a comunicación, foméntanse actitudes favorables ao emprego delas evitando o seu emprego indiscriminado.
Como estratexias de potenciación das TIC usaremos:
Uso de páxinas web para observar a dinámica das placas litosféricas.
Realizacións de montaxes con Power Point e a súa exposición na aula por parte dos alumnos.
Busca de láminas e microfotografías da célula.
Uso de páxinas que ofrecen animacións sobre procesos celulares e de fisioloxía animal e vexetal.
Selección e proxección de imaxes sobre a célula usando o programa de Power Point.
Uso de atlas virtuais de anatomía animal e vexetal.
Busca e elaboración dun atlas das probas da evolución en formato informático.
Busca de modelos relativos ao fluxo de materia e enerxía nos ecosistemas.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
110
ANATOMÍA APLICADA 1º BACHARELATO
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
111
INTRODUCIÓN
Unha vez finalizada a educación secundaria obrigatoria, o alumnado comeza o bacharelato cunha formación básica na maioría das materias que configuraron os currículos anteriores do ensino básico.
Inicia unha nova etapa na cal deberá afondar nalgunha materia xa iniciada e adquirir os coñecementos doutras novas, ben sexa entre as comúns, ben entre as pertencentes á modalidade escollida de acordo coas súas expectativas de futuro, cos seus intereses e coas súas capacidades.
Ben que nesta etapa o tratamento das materias ten que ser máis completo e complexo, cómpre non perder de vista o historial académico anterior; será preciso partir do xa adquirido para, asentado e interiorizado, avanzar nunha aprendizaxe máis reflexiva, crítica e autónoma.
No currículo da etapa anterior as competencias foron o obxectivo que se pretendía lograr e o referente fundamental para os criterios de avaliación. Nesta nova etapa, aínda sen que figuren neses termos, deberán estar presentes para continuar no seu desenvolvemento e permitir un avance máis satisfactorio da formación integral que se persegue para cada persoa, coa mirada posta nunha vida social adulta ou na continuación de estudos superiores. En calquera dos dous casos, as competencias serán precisas ao longo da vida.
No bacharelato, á parte de enriquecerse cos coñecementos das materias comúns e das propias da modalidade elixida e das optativas, o alumnado terá que ser quen, de forma progresiva, de buscar información nas diversas fontes ao seu alcance, sobre aspectos académicos ou profesionais, seleccionala con criterios rigorosos, analizala, interiorizala e aplicala en contextos diversos.
Terá que ser quen de atopar mecanismos de resolución de problemas no mundo que o rodea. Terá que ser quen de identificar e adoptar distintas estratexias que lle faciliten en cada momento adoptar decisións axeitadas fronte aos problemas
que van xurdindo na actualidade na interacción co contorno.
Terá que ser quen de participar activamente na mellora da sociedade, con espírito solidario, exercendo os dereitos democráticos de cidadanía.
Terá que ser quen de detectar as súas fortalezas e carencias de aprendizaxe, de relación e emocionais e adoptar actitudes de esforzo e perseveranza para superalas.
En definitiva, precisará ampliar as competencias que desenvolveu ao longo do ensino básico e continuar, en distinta forma e medida, ao longo de toda a vida, tendo presente que a aprendizaxe será necesaria, tanto para a continuación con estudos superiores como para a súa incorporación na vida adulta.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
112
Todas estas necesidades do alumnado precisan dunha práctica docente encamiñada aos mesmos obxectivos. Será precisa, xa que logo, unha
práctica de aula que fomente o traballo interactivo, cooperativo, rigoroso, reflexivo e conectado coa realidade e co uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Unha práctica educativa que teña en conta as diversas fontes de información, que fomente a transformación da información en formación, que fomente e participe do espírito crítico, empregando o xénero como unha das categorías de análise, a investigación e a innovación, o traballo ben feito e a auto avaliación. Será precisa unha práctica docente que non esqueza a atención á diversidade que, aínda que presente dificultades, será fonte de enriquecemento mutuo e nunca fonte de conflito.
METODOLOXÍA
Desde un punto de vista xenérico, así como as programacións didácticas de cada unha das unidades, baséanse nos principios de intervención educativa xa sinalados e que sintetizamos e concretamos da seguinte forma:
A. Pártese do nivel de desenvolvemento do alumno, nos seus distintos aspectos, para construír, a partir de aí, outras aprendizaxes que favorezan e melloren o devandito nivel de desenvolvemento. B. Sublíñase a necesidade de estimular o desenvolvemento de capacidades xerais e de competencias básicas e específicas por medio do traballo das materias. C. Dáse prioridade á comprensión dos contidos que se traballan fronte á súa aprendizaxe mecánica. D. Propícianse oportunidades para pór en práctica os novos coñecementos, de modo que o alumno poida comprobar o interese e a utilidade do aprendido. E. Foméntase a reflexión persoal sobre o realizado e a elaboración de conclusións con respecto ao que se aprendeu, de modo que o alumno poida analizar o seu progreso respecto dos seus coñecementos.
Todos estes principios teñen como finalidade que os alumnos sexan, gradualmente, capaces de aprender de forma autónoma e sexan capaces de desenvolver as seguintes capacidades :
Crear na aula un clima que favoreza as aprendizaxes significativas, que desenvolva o interese pola materia e os seus estudos posteriores, que permita a comunicación e intercambio de saberes e experiencias na aula.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
113
Ter en conta as ideas previas do alumnado para o deseño e a secuencia de actividades. Facilitar a construción de aprendizaxes cooperativas que propicien o cambio conceptual, metodolóxico e actitudinal.
Dotar o alumnado de ferramentas que lle permitan iniciarse nos métodos de investigación mediante a preparación de actividades nas que un dos obxectivos sexa o desenvolvemento de procedementos.
Propoñer actividades que poñan de manifesto a correlación entre os fenómenos estudados na aula e os da vida cotiá, mediante análise de situacións concretas, comentarios de novas de actualidade ou realizando saídas didácticas (a laboratorios, fábricas, itinerarios xeolóxicos, etc.) combinadas con informes ou traballos específicos. Facer especial fincapé nas características xeolóxicas e na biodiversidade de Galicia.
AS COMPETENCIAS CLAVE
Un proceso educativo baseado na adquisición de competencias incide, fundamentalmente, na adquisición duns saberes imprescindibles, prácticos e integrados, saberes que terán que ser demostrados polos alumnos.Por iso, unha competencia é a capacidade posta en práctica e demostrada de integrar coñecementos, habilidades e actitudes para resolver problemas e situacións en contextos diversos.
O alumno, mediante o que sabe, debe demostrar que o sabe aplicar, pero ademais, que sabe ser e estar. Deste xeito vemos a maneira como unha competencia abrangue os diferentes contidos que se traballan na aula (conceptos, procedementos e actitudes), exemplo dunha formación integral do alumno. En suma, estamos recoñecendo que a institución escolar non só prepara o alumno no coñecemento de saberes técnicos e científicos, senón que tamén o fai como cidadán e, por iso, debe demostrar unha serie de actitudes cívicas e intelectuais que implican o respecto aos demais, a ser responsable, a traballar en equipo...
No noso sistema educativo considérase que as competencias clave que debe ter o alumno cando remata a escolaridade obrigatoria para enfrontar os retos da súa vida persoal e laboral son as seguintes:
Comunicación lingüística (CL)
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)
Competencia dixital (CD)
Aprender a aprender (AA)
Competencias sociais e cívicos (CSC)
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (SIEE)
Conciencia e expresións culturais (CEC)
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
114
Nesta materia e neste curso, en cada unidade indícase especificamente a competencia ou competencias clave que son obxecto de atención.
ELEMENTOS TRANSVERSAIS
A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e comunicación, o espírito emprendedor e a
educación cívica e constitucional trabállanse en todas as materias, sen perxuizo dun tratamento máis específico nalgunha das materias de cada etapa.
Asemade, o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero o contra persoas con discapacidade e os
valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal constitúen un eixe central na formación dos
alumnos en todas as etapas do ensino. Neste campo, a Bioloxía amosa sistematicamente que diferenza e desigualdade non son o mesmo.
Promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos no eido persoal, familiar e social, así coma os valores sobre os que se basean a
liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, a igualdade en homes e mulleres e as persoas con
discapacidade, o rechazo ao terrorismo, o respecto á pluralidade, o Estado de dereito, as vítimas do terrorismo ...
Especial atención dedicaremos á prevención da violencia de xénero, á violencia contra as persoas con discapacidade, á violencia terrorista e a calquera forma de
violencia, racismo ou xenofobia. Evitando en todo caso comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan unha discriminación baseada na orientación
sexual ou de identidade de xénero, favorecendo a visibilidade e normalización da realidade homosexual, bisexual, transexual, ...
Finalmente, desenvolveremos actividades para potenciar a educación e seguridade vial, mellorando a formación dos alumnos en canto aos dereitos e deberes
como usuarios das vías, ben sexa como peóns, viaxeiros ou condutores de calquera tipo de vehículo, singularmente bicicletas e facer visible a relación estreita entre o
consumo de alcohol e/ou estupefacientes e os accidentes de tráfico
AVALIACIÓN DO PROCESO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE
Toda programación está suxeita a 3 fases evolutivas:
1. Una vez coñecido os resultados da avaliación inicial dos alumnos (número de alumnos, existencia ou non de alumnos con dificultades, ...) é
preciso adecuar a programación, introducindo as modificacións oportunas para levala á práctica.
2. Adecuación da mesma ao longo da execución da mesma, adaptándoa para convertela nun instrumento útil para lograr os obxectivos
establecidos. As reunións de Departamento mensuais constitúen un lugar idóneo para debater as modificacións oportunas e actuar
coordinadamente.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
115
3. Valoración final, en función dos resultados acadados ao final do curso, introducindo as modificacións precisas para o curso seguinte.
Para a avaliación da programación e da práctica docente teremos en conta os seguintes elementos:
1. Adecuación da secuenciación e temporalización establecida na programación.
2. Resultados obtidos polos alumnos, seguindo unha secuencia progresiva (de menos a máis).
3. Valoración dos resultados dos alumnos na avaliación inicial.
4. Idoneidade das actividades propostas.
5. Análises dos aspectos que non puideron desenvolverse ao longo do curso, determinando as causas.
Por outra banda, é importante que os alumnos opinen sobre a labor do profesor e a maneira en que desenvolve as clases. Ao final de cada avaliación
subministrarase aos estudantes un test que permita observar a práctica docente. Un modelo de ese test podería ser o seguinte, cunha escala de 1 (moi baixo) a 4 (alto):
Item
Valoración
1 2 3 4
Explica de xeito claro
Emprega a metodoloxía axeitada
Emprega diferentes recursos
Crea un ambiente adecuado de traballo na clase
Establece un ritmo de traballo adecuado para poder seguilo
Dedica tempo a responder dúbidas
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
116
OBXECTIVOS DO BACHARELATO
O bacharelato contribuirá a desenvolver nas alumnas e nos alumnos as capacidades que lles permitan:
Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.
Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de maneira responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.
Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con discapacidade.
Reforzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para aproveitar eficazmente as aprendizaxes e mais como medio para o desenvolvemento persoal.
Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.
• Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.
• Utilizar eficazmente e con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.
• Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.
• Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade de bacharelato
elixida.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
117
• Comprender os elementos e procedementos fundamentais dos métodos científicos e da investigación. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto do medio natural e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.
• Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, autoconfianza e sentido crítico.
• Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o sentido estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.
OBXECTIVOS DA CULTURA CIENTÍFICA EN 1º BACHARELATO
Coñecer el significado cualitativo de algúns conceptos, leis e teorías, para formarse opinións fundamentadas sobre cuestiones científicas y tecnolóxicas, que teñan incidencia en las condiciones de vida persoal e global e sexan obxecto de controversia social e debate público.
Facerse preguntas sobre cuestións e problemas científicos de actualidade e tratar de buscar as súas propias respostas, utilizando e seleccionando de forma crítica información proveniente de diversas fontes.
Obter, analizar e organizar informacións de contido científico, utilizar representacións e modelos, facer conxeturas, formular hipóteses e realizar reflexións fundadas que permitan tomar decisións fundamentadas e comunicalas a os demais con coherencia, precisión e claridade.
Adquirir un coñecemento coherente e crítico das tecnoloxías da información, a comunicación e o ocio presentes no seu entorno, propiciando un uso sensato e racional das mesmas para a construción do coñecemento científico, a elaboración do criterio persoal e a mellora do benestar individual e colectivo.
Argumentar, debater e avaliar propostas e aplicacións dos coñecementos científicos de interese social relativos a saúde, o medio ambiente, os materiais, las fontes de enerxía, p ocio, etc., para poder valorar as informacións científicas e tecnolóxicas dos medios de comunicación de masas e adquirir independencia de criterio.
Poñer en práctica actitudes y valores sociais como la creatividade, a curiosidade, o antidogmatismo, la reflexión crítica e a sensibilidade ante a vida e o medio ambiente, que son útiles para o avance persoal, as relacións interpersonais e a inserción social.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
118
Valorar la contribución de la ciencia e a tecnoloxía a mellora de la calidade de vida, recoñecendo as súas aportacións e as súas limitacións como empresa humana cuxas ideas están en continua evolución e condicionadas ao contexto cultural, social e económico no que se desenvolven.
Recoñecer en algúns exemplos concretos a influencia recíproca entre desenvolvemento científico e tecnolóxico e os contextos sociais, políticos, económicos, relixiosos, educativos e culturais en que se produce o coñecemento e as súas aplicacións.
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS CLAVE.
Lección Título Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
1 A locomoción no ser
humano -Elementos da acción motora. Mecanismos de percepción, decisión e execución.
- O movemento humano como ferramenta artístico-expresiva. Conciencia corporal e estados psicofísicos
- Analizar os mecanismos que interveñen nunha acción motora, relacionándoos coa finalidade expresiva das actividades artísticas
- Recoñece e enumera os elementos da acción motora e os factores que interveñen nos mecanismos de percepción, decisión e execución de determinadas accións motoras.
- Identifica e describe a relación entre a execución dunha acción motora e a súa finalidade
CMCT
CSC CSIEE
CD
-Características da execución das accións motoras propias da actividade artística.
-Relación corporal coa gravidade e graos de tensión muscular. - Capacidades coordinativas como compoñentes cualitativos das accións motoras
- Identificar as características da execución das accións motoras propias da actividade artística, e describir a súa achega á finalidade destas e a súa relación coas capacidades coordinativas
- Detecta as características da execución de accións motoras propias das actividades artísticas.
-Propón modificacións das características dunha execución para cambiar o seu compoñente expresivo-comunicativo.
- Argumenta a contribución das capacidades coordinativas ao desenvolvemento das accións motoras.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
119
2 Anatomía humana
básica - Niveis de organización do corpo humano.
-Funcións vitais. -Órganos e sistemas do corpo humano. Localización e funcións básicas
- Interpretar o funcionamento do corpo humano como o resultado da integración anatómica e funcional dos elementos que conforman os seus niveis de organización e que o caracterizan como unha unidade estrutural e funcional.
-Diferenza os niveis de organización do corpo humano. - Describe a organización xeral do corpo humano utilizando diagramas e modelos. - Especifica as funcións vitais do corpo humano, sinalando as súas características máis salientables. - Localiza os órganos e os sistemas, e relaciónaos coas súas funcións.
CMCT CD
3
Sistema locomotor
- Estrutura e funcionamento do sistema locomotor.
-Tipos de ósos, músculos e articulacións. Funcionamento nos movementos propios das actividades artísticas
- Recoñecer a estrutura e o funcionamento do sistema locomotor humano en movementos propios das actividades artísticas, razoando as relacións funcionais que se establecen entre as súas partes
- Describe a estrutura e a función do sistema esquelético en relación coa mobilidade do corpo humano.
- Identifica o tipo de óso vinculándoo coa súa función. -.Diferenza os tipos de articulacións en relación coa mobilidade que permiten. - Describe a estrutura e a función do sistema muscular, identificando a súa funcionalidade como parte activa do sistema locomotor. - Diferenza os tipos de músculo en relación coa súa función. Describe a fisioloxía e o mecanismo da contracción muscular
CMCT CL CD
CSIEE
-Anatomía funcional.
- Fisioloxía muscular
-Biomecánica do movemento humano. Aplicación aos xestos motores das actividades artísticas.
-.Adaptacións que se producen no sistema locomotor como resultado da práctica sistematizada de actividade física e de actividades artísticas.
- Analizar a execución de movementos aplicando os principios anatómicos funcionais, a fisioloxía muscular e as bases da biomecánica, e establecendo relacións razoadas.
- Interpreta os principios da mecánica e da cinética, aplicándoos ao funcionamento do aparello locomotor e ao movemento. - Identifica os ósos, as articulacións e os músculos principais implicados en diversos movementos, utilizando a terminoloxía axeitada. - Relaciona a estrutura muscular coa súa función na execución dun movemento e as forzas que actúan neste. - Relaciona diferentes tipos de pancas coas articulacións do corpo humano e coa participación muscular nos seus
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
120
movementos.. - Clasifica os principais movementos articulares en función dos planos e dos eixes do espazo. - Argumenta os efectos da práctica sistematizada de exercicio físico sobre os elementos estruturais e funcionais do sistema locomotor, en relación coas actividades artísticas e os estilos de vida.
-Alteracións posturais: identificación, causas e corrección.
-Hábitos saudables de hixiene postural na práctica das actividades artísticas
-Valorar a corrección postural e identificar os malos hábitos posturais, co fin de traballar de forma segura e evitar lesións
- Identifica as alteracións máis importantes derivadas do mal uso postural e propón alternativas saudables. - Controla a súa postura e aplica medidas preventivas na execución de movementos propios das actividades artísticas, e valora a súa influencia na saú
- Técnicas de reprodución asistida: implicacións éticas e sociais
- Valorar as repercusións sociais da reprodución asistida e a selección e a conservación de embrións
- Establece as repercusións sociais e económicas da reprodución asistida e a selección e conservación de embrións..
-Lesións do aparello locomotor nas actividades artísticas. Hábitos saudables e prevención de lesións.
Importancia do quecemento e da volta á calma na práctica de actividades artísticas
- Identificar as lesións máis comúns do aparello locomotor nas actividades artísticas, en relación coas súas causas fundamentais
- Identifica as principais patoloxías e lesións relacionadas co sistema locomotor nas actividades artísticas, e xustifica as súas causas principais. - Analiza posturas e xestos motores das actividades artísticas, aplicando os principios de ergonomía, e propón alternativas para traballar de forma segura e evitar lesións
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
121
4
Sistema cardio-pulmonar
-Sistema respiratorio: características, estrutura e funcións.
-Fisioloxía da respiración.
-Coordinación da respiración co movemento corporal e a súa intensidade.
-Sistema cardiovascular: características, estrutura e funcións.
-Fisioloxía cardíaca e da circulación.
-Parámetros de saúde cardiovascular. Análise de hábitos e costumes saudables.
-Principios de acondicionamento cardiopulmonar para a mellora do rendemento en actividades artísticas que requiran de traballo físico.
- Identificar o papel do sistema cardiopulmonar no rendemento das actividades artísticas corporais
-Describe a estrutura e a función dos pulmóns, detallando o intercambio de gases que ten lugar neles e a dinámica de ventilación pulmonar asociada. - Describe a estrutura e a función do sistema cardiovascular, explicando a regulación e a integración de cada compoñente. - Relaciona o latexo cardíaco, o volume e a capacidade pulmonar coa actividade física asociada a actividades artísticas de diversa índole.
CMCT CL CD CSC AA
CSIEE
CMCT CL
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
122
-Características, estrutura e funcións do aparello fonador.
-Principais patoloxías do sistema cardiopulmonar e as súas causas.
-Principais patoloxías que afectan o aparello fonador e as súas causas.
- Pautas e costumes saudables para o sistema cardiorrespiratorio e o aparello de fonación.
- Relacionar o sistema cardiopulmonar coa saúde, recoñecendo hábitos e costumes saudables para o sistema cardiorrespiratorio e o aparello de fonación, nas accións motoras inherentes ás actividades artísticas corporais e na vida cotiá.
- Identifica os órganos respiratorios implicados na declamación e no canto. - Identifica a estrutura anatómica do aparello de fonación, e describe as interaccións entre as estruturas que o integran. - Identifica as principais patoloxías que afectan o sistema cardiopulmonar en relación coas causas máis habituais e cos seus efectos nas actividades artísticas. - Identifica as principais patoloxías que afectan o aparello de fonación en relación coas causas máis habituais. - Recoñece hábitos e costumes saudables para o sistema cardiorrespiratorio e o aparello de fonación, nas accións motoras inherentes ás actividades artísticas corporais e na vida cotiá.
5 Captación e uso da
enerxía
-Metabolismo humano.
-Principais vías metabólicas de obtención de enerxía. Metabolismo aeróbico e anaeróbico.
-Metabolismo enerxético e actividade física. Mecanismos para a mellora da eficiencia de acción.
-Mecanismos fisiolóxicos presentes na aparición da fatiga e no proceso de recuperación
- Argumentar os mecanismos enerxéticos que interveñen nunha acción motora, co fin de xestionar a enerxía e mellorar a eficiencia da acción
- Describe os procesos metabólicos de produción de enerxía polas vías aeróbica e anaeróbica, e xustifica o seu rendemento enerxético e a súa relación coa intensidade e a duración da actividade. - Xustifica o papel do ATP como transportador da enerxía libre, asociándoo coa subministración continua e adaptada ás necesidades do corpo humano. - Identifica tanto os mecanismos fisiolóxicos que conducen a un estado de fatiga física como os mecanismos de recuperación.
CSC
CCEC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
123
-Sistema dixestivo: características, estrutura e funcións.
-Fisioloxía do proceso dixestivo.
- Alimentación e nutrición. Tipos de nutrientes
- Recoñecer os procesos de dixestión e absorción de alimentos e nutrientes, e explicar as estruturas orgánicas implicadas en cada un
- Identifica a estrutura dos aparellos e dos órganos que interveñen nos procesos de dixestión e absorción dos alimentos e nutrientes, en relación coas súas funcións en cada etapa. - Distingue os procesos que interveñen na dixestión e na absorción dos alimentos e dos nutrientes, vinculándoos coas estruturas orgánicas implicadas en cada un.
-Dieta equilibrada e a súa relación coa saúde. Tipos de alimentos. Balance enerxético.
-Necesidades de alimentación en función da actividade realizada.
-Hidratación. Pautas saudables de consumo en función da actividade realizada.
- Valorar os hábitos nutricionais que inciden favorablemente na saúde e no rendemento das actividades artísticas corporais
- Discrimina os nutrientes enerxéticos dos non enerxéticos, en relación cunha dieta sa e equilibrada. - Relaciona a hidratación co mantemento dun estado saudable, calculando o consumo de auga diario necesario en distintas circunstancias ou actividades. - Elabora dietas equilibradas, calculando o balance enerxético entre inxestión e actividade, e argumenta a súa influencia na saúde e no rendemento físico. - Recoñece hábitos alimentarios saudables e prexudiciais para a saúde, e saca conclusións para mellorar o benestar persoal
-Trastornos do comportamento nutricional: dietas restritivas, anorexia e bulimia. Efectos sobre a saúde.
-Factores sociais e derivados da propia actividade artística que conducen á aparición de distintos tipos de trastorno do comportamento nutricional
- Identificar os trastornos do comportamento nutricional máis comúns e os efectos que teñen sobre a saúde.
- Identifica os principais trastornos do comportamento nutricional e argumenta os efectos que teñen para a saúde. - Recoñece os factores sociais, incluíndo os derivados do propio traballo artístico que conducen á aparición nos trastornos do comportamento nutricional
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
124
6
Coordinación e regulación
-Sistema nervioso: características, estrutura e funcións. Movementos reflexos e voluntarios.
-Sistema endócrino: características, estrutura e funcións.
-Recoñecer os sistemas de coordinación e regulación do corpo humano, especificando a súa estrutura e función.
- Describe a estrutura e as función dos sistemas implicados no control e na regulación da actividade do corpo humano, establecendo a asociación entre eles. - Recoñece as diferenzas entre os movementos reflexos e os voluntarios, asociándoos ás estruturas nerviosas implicadas neles. - Interpreta a fisioloxía do sistema de regulación, indicando as interaccións entre as estruturas que o integran e a execución de actividades artísticas.
CMCT
CL CD
- A función hormonal na actividade física.
- Equilibrio hídrico, osmorregulación e termoregulación no corpo humano: mecanismos de acción.
-Relación dos sistemas de regulación do organismo coa actividade física e coas actividades artísticas.
- Identificar o papel do sistema neuroendócrino na actividade física, recoñecendo a relación entre todos os sistemas do organismo humano.
- Describe a función das hormonas e o importante papel que xogan na actividade física. - Analiza o proceso de termorregulación e de regulación de augas e sales en relación coa actividade física. - Valora os beneficios do mantemento dunha función hormonal para o rendemento físico do/da artista.
7 Expresión e
comunicación corporal.
- Posibilidades artístico-expresivas e de comunicación do corpo e do movemento.
-Achegas das actividades artísticas corporais no desenvolvemento persoal do/da artista e da sociedade.
- Recoñecer as características
principais da motricidade humana e o seu papel no desenvolvemento persoal e da sociedade
-Recoñece e explica o valor expresivo, comunicativo e cultural das actividades practicadas como contribución ao desenvolvemento integral da persoa. - Recoñece e explica o valor social das actividades artísticas corporais, desde o punto de vista tanto de practicante como
de espectador.
CSC
CCEC CSIEE
-Danza, teatro físico e outras manifestacións artísticas que lle permiten ao ser humano expresarse corporalmente
-Identificar as accións que lle permiten ao ser humano ser capaz de expresarse corporalmente e de relacionarse co seu ámbito
- Identifica os elementos básicos do corpo e o movemento como recurso expresivo e de comunicación. - Utiliza o corpo e o movemento como medio de expresión e de comunicación, e valora o seu valor estético
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
125
-Toma de conciencia do corpo e do espazo. Elementos rítmicos. Focos expresivos do corpo.
-.A linguaxe corporal como fonte de desenvolvemento creativo.
- Diversificar e desenvolver as súas habilidades motoras específicas con fluidez, precisión e control, aplicándoas a distintos contextos de práctica artística.
- Conxuga a execución dos elementos técnicos das actividades de ritmo e expresión ao servizo da intencionalidade. .- Aplica habilidades específicas expresivo-comunicativas para enriquecer as posibilidades de resposta creativa
8
Tecnoloxías da comunicación na
Anatomía aplicada
-Tecnoloxías da información e da comunicación no proceso de aprendizaxe
- Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación para mellorar o seu proceso de aprendizaxe, procurando fontes de información axeitadas e participando en ámbitos colaborativos con intereses comúns.
- Compila información, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación, de forma sistematizada e aplicando criterios de procura que garantan o acceso a fontes actualizadas e rigorosas na materia. - Comunica e comparte a información coa ferramenta tecnolóxica axeitada, para a súa discusión ou difusión.
CD AA CSC
CMCT
-Metodoloxía científica de traballo na resolución de problemas sobre o funcionamento humano, a saúde, a motricidade humana e as actividades artísticas.
- Aplicar destrezas de investigación experimentais sinxelas coherentes cos procedementos da ciencia, utilizándoas na resolución de problemas que traten do funcionamento do corpo humano, a saúde e a motricidade humana
- Aplica unha metodoloxía científica na formulación e na resolución de problemas sinxelos sobre algunhas funcións importantes da actividade artística. - Amosa curiosidade, creatividade, actividade indagadora e espírito crítico, e recoñece que son trazos importantes para aprender a aprender. -. Coñece e aplica métodos de investigación que permitan desenvolver proxectos propios.
-Traballo en grupo. Técnicas de aprendizaxe cooperativa.
-Demostrar de xeito activo motivación, interese e capacidade para o traballo en grupo e para a asunción de tarefas e responsabilidades.
- Participa na planificación das tarefas, asumindo o traballo encomendado, e comparte as decisións tomadas en grupo. - Valora e reforza as achegas enriquecedoras dos compañeiros e das compañeiras, e apoia o traballo das demais persoas.
NOTA: Os estándares avaliables teñen a característica de coñecementos básicos que os alumnos deben acadar para superar a materia, polo que todos os estándares teñen o mesmo peso nas probas de avaliación. En consecuencia, o valor dos estándares conceptuais e procedementais será o mesmo, repartindo o 90 % da nota de avaliación por igual entre todos eles. O 10 % restante será destinado á avaliación dos estándares de actitude (interés, participación activa, …..)
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
126
PRÁCTICAS DE LABORATORIO.
Estudo da anatomía do aparato locomotor: esqueleto e musculatura.
Uso de modelos de órganos e aparatos da anatomía humana.
Observación de células animais
Observación de distintos tecidos humanos.
Disección de órganos humanos: corazón, ollo, rinle, cerebro de cordeiro, …
Elaboración de atlas de anatomía humano. AVALIACIÓN INICIAL
A avaliación inicial realizarase a través dos seguintes instrumentos:
5. Expediente académico do alumno. 6. Informes de Orientación Escolar. 7. Probas de lectura e comprensión lectora. 8. Proba escrita que mida os coñecementos precisos para abordar o estudo da materia.
A análise dos resultados obtidos polos alumnos na avaliación inicial permitirán detectar os casos que están por enriba ou por debaixo da media. Para estes alumnos procederase a realizar un programa de reforzo ou de ampliación dos contidos da materia, que lle permitan alcanzar os coñecementos mínimos, ós primeiros, ou mellorar a súa formación a materia, ós segundos.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Os alumnos que amosen dificultades de aprendizaxe serán tratados seguindo un programa acordado co Departamento de Orientación Escolar. En todo caso, ese programa xirará ó redor aos seguintes aspectos: a) Reducir os contidos, sen renunciar aos contidos mínimos esixibles. b) Exercicios de reforzo. Os alumnos recibirán un caderno de exercicios para reforzar a aprendizaxe dos temas estudados. c) Redución da materia que entra en cada proba escrita, realizando un maior número de exames de menor extensión e axustados aos contidos mínimos. d) Máis tempo para realizar os exames.
c) Substitución das probas escritas por probas orais.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
127
AVALIACIÓN
É importante destacar o feito de que os contidos conceptuais cobran especial importancia. Por tanto prestarase especial atención ao dominio dos
contidos conceptuais e o feito de si o alumno cumpre ou non os criterios de avaliación establecidos en cada unha das unidades didácticas.
• Realizarán varias probas escritas por avaliación, e en cada unha acumularanse os contidos anteriores. Para calcular a nota dos conceptos o
primeiro exame terá un valor multiplicado por un, o segundo por dous, etc.
• Todos os alumnos realizarán un exame da avaliación anterior que permitirá recuperar a materia aos que suspenderon a avaliación anterior
e mellorar a nota aos que a aprobaron.
• Os alumnos que ao final do curso tivesen suspensa algunha das tres avaliacións realizarán unha proba escrita final debendo recuperar só a
parte suspensa. Os que teñan suspensas dúas ou as tres avaliacións deberán examinarse de toda a materia.
• Todos os alumnos que non superen positivamente a materia no mes de Xuño serán avaliados no mes de Setembro mediante unha proba
extraordinaria que deberá de conter toda a materia.
• A asistencia a clase é obrigatoria. Cun número de faltas superior ao 20 % por trimestre pérdese o dereito á avaliación continua.
• O abandono da materia será tido en conta á hora de aplicar os criterios de promoción e titulación. Considerarase abandono a non asistencia
a clase, non ter caderno de traballo nin material na clase, non entregar as actividades propostas, non presentarse ás probas escritas, falta de
traballo na aula, etc.
• Os alumnos perderán o dereito á avaliación continua se acumulan 10 faltas ao longo de cada un dos trimestres. Estas 10 faltas equivalen ao 20 % das clases de cada trimestre ao impartirse 4 clases á semana. Neste caso os alumnos serán avaliados cunha única proba escrita por avaliación, non tendo dereito a realizar a súa correspondente recuperación ata Xuño.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Recoñecer os textos científicos, a súa estrutura e ser quen de redactalos.
Deseñar experimentos para probar ou rexeitar unha hipótese.
Ser quen de redactar un informe científico usando recursos informáticos.
Realizar comentarios críticos sobre os avances da Anatomía e fisioloxía humana que reflicten os xornais.
Coñecer a estrutura de célula eucariota animal.
Coñecer a estrutura e función de todos e cada un dos orgánulos que forman unha célua humana.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
128
Coñecer os distintos tipos de tecidos que forman o corpo humano e a súa estrutura (matriz, tipos celulares, fibras, …)
Asociar os tecidos á función que desenvolven no corpo humano.
Coñecer a estrutura, ubicación, composición e fisioloxía de todos e cada un dos organos e aparatos que forman o corpo humano.
Coñecer os aspectos básicos do metabolismo humano, diferenciando o anabolismo do catabolismo.
Coñecer as rotas máis importantes do metabolismo humano: glucolise, respiración, ciclo de Krebs e fosforilación oxidativa.
Coñecer as necesidades enerxéticas do ser humano.
Coñecer a fisioloxía do movemento.
Coñecer os osos do corpo humano e a estrutura e tipos de articulacións.
Coñecer a fisioloxía da célula muscular.
Coñecer as principais alteracións do aparato locomotor.
Coñecer a estrutura e fisioloxía da neurona.
Coñecer o mecanismo bioquímico de transmisión do impulso nervioso.
Coñecer a regulación endocrina e os principais tipos de hormonas.
Coñecer a relación entre regulación nerviosa e endocrina.
Coñecer os mecanismos de homeostase no corpo humano. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Se a avaliación constitúe un proceso flexible tamén os procedementos haberán de ser variados. Para recoller datos podemos servirnos de diferentes procedementos de avaliación:
A observación sistemática de comportamentos.
Entrevistas, caderno de exercicios e prácticas
Probas.
Cuestionarios orais e escritos.
1. Cada 2 temas haberá unha proba escrita o que non evitará que a avaliación sexa continua. 2. Cada estudante terá que ter un caderno cos exercicios e as prácticas. Será necesario que o leve o día para podelo cualificar. 3. Na realización de informes e traballo valorarase especialmente non só o contido, senón tamén os recursos informáticos empregados na súa
elaboración e presentación. 4. A cualificación resultante será:
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
129
Tipo Valoración
a)Exames: tipo test, verdadeiro e falso, preguntas de desenvolvemento, comentario de gráficos
90%
b)Traballo diario. Prácticas. Traballos de investigación.
10%
CONVOCATORIA DE SETEMBRO: A cualificación dos alumnos que, por ter suspendido a materia na convocatoria ordinaria de xuño deban presentarse a convocatoria de setembro, rexerase polas seguintes normas:
1. A proba de setembro é unha convocatoria extraordinaria na que o alumno debe demostrar que domina os contidos mínimos necesarios para aprobar a materia. 2. O alumno será cualificado exclusivamente pola proba escrita que realice en setembro, sen ter en conta, en ningún caso, a súa actividade e cualificacións obtidas
ao longo do curso académico no que suspendeu a materia obxecto da proba. 3. Dado que a proba extraordinaria de setembro é un exame de mínimos, os alumnos que a aproben non poderán obter unha cualificación definitiva superior a 5.
4. Para superar a materia os alumnos deben obter como mínimo un 5 na proba escrita.
TEMPORALIZACIÓN:
Leccións Data límite Avaliación Exames
1,2 10/11/2019 1º Leccións 1 e 2
3 10/12/2019 1º Leccións 1, 2 e 3
Despois de Nadal e antes do 20 de xaneiro de 2019 repetirase o exame da 1ª avaliación para todo o alumnado
4,5 28/2/2019 2º Lección 4 e 5
6 12/3/2019 2º Leccións 4 , 5 e 6
Despois de Semana Santa e antes do 15 de abril de 2019 repetirase o exame da 2ª avaliación para todo o alumnado
7 10/4/2019 3º
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
130
8 10/5/2019 3º Leccións 7 e 8
O día 20 de xuño de 2019 haberá o exame final da materia
PROXECTO LECTOR E INTEGRACIÓN DAS TIC
A comunicación, nos ámbitos da comprensión e expresión, tanto oral como escrita, constitúe un eixe fundamental no proceso de ensino e aprendizaxe
do coñecemento científico, contribuíndo ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.
Nesta área trátase de desenvolver a capacidade de comprensión cando se fan lecturas de textos científicos e o alumnado aprende a diferencialos
doutros que non son científicos, cando se contrastan materiais escritos e audiovisuais de diferentes fontes, tanto descritivos como argumentativos, nun
proceso que pasa pola identificación dos conceptos e ideas principais, a interpretación do papel que desempeñan segundo o contexto e as relacións que se
establecen entre eles. Na resolución de problemas débese estimular a lectura comprensiva contextualizando a situación, da identificación dos conceptos
que aparecen e das relacións que se establecen entre os ditos conceptos e os datos.
No ensino da área a expresión oral e escrita busca a coherencia e precisión no uso da linguaxe, tanto no nivel descritivo como no interpretativo.
Trabállase a expresión cando se emiten hipóteses, contrástanse ideas, acláranse significados sobre conceptos ou procesos científicos en contextos
diferentes, realízanse sínteses, elabóranse mapas conceptuais, extráense conclusións, realízanse informes ou organízanse debates onde se fomenten
actitudes que favorezan a mellora na expresión oral e escrita, a confianza para expresarse en público, o saber escoitar, o contrastar opinións e ter en
conta as ideas dos demais.
A colaboración coa Biblioteca do centro é indispensable a que no 1º da ESO faise unha actividadeque consiste en coñecer a súa organización, o sistema
de marcado dos libros, etc,
Como estratexias básicas usaremos as seguintes:
Potenciar o uso do diccionario para explicar o significado de palabras dentro do seu contexto.
Lectura reflexiva en voz alta de enunciados, artigos, … atendendo a entonación, vocalización e pausas en signos de puntación.
Traballar os conceptos de definir e diferenciar, especialmente o primeiro.
Valorar a ortografía e a correcta exposición en traballos escritos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
131
Realizar comentarios de textos científicos e artigos de prensa de actualidade sobre aspectos da Ciencia relacionados co programa da materia.
Extraer a idea principal e secundarias a partir de textos científicos.
Lectura, durante os desdobres de prácticas, dalgún dos seguintes libros: Elizabeth Kolbert: “La sexta extinción”. Jules Howart: “Sexo en la Tierra. Un homenaje a la reproducción sexual”. Randall Munroe: “¿Qué pasaría si…?
Uso da biblioteca do centro para a busca de información sobre temas relacionados coa materia.
A área de Bioloxía e Xeoloxía contribúe á competencia de tratamento da información e competencia dixital, xa que se traballan habilidades para
identificar, contextualizar, relacionar e sintetizar a información procedente de diferentes fontes e presentada en diversas linguaxes propias das tecnoloxías
da información e comunicación, como os buscadores pola internet, documentos dixitais, foros, chats, mensaxeria, xornais dixitais, revistas divulgativas na
web, presentación electrónicas e simulacións interactivas. Cando se traballa a crítica reflexiva sobre as informacións de tipo científico que achegan as
tecnoloxías da información e a comunicación, foméntanse actitudes favorables ao emprego delas evitando o seu emprego indiscriminado.
Como estratexias de potenciación das TIC usaremos:
Elaboración dun atlas de anatomía humana usando recursos informáticos.
Realizacións de montaxes con Power Point e a súa exposición na aula por parte dos alumnos.
Selección e proxección de informes e traballos usando o programa de Power Point.
ELEMENTOS TRANSVERSAIS
A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e comunicación, o espírito emprendedor e a
educación cívica e constitucional trabállanse en todas as materias, sen perxuizo dun tratamento máis específico nalgunha das materias de cada etapa.
Asemade, o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero o contra persoas con discapacidade e os
valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal constitúen un eixe central na formación dos
alumnos en todas as etapas do ensino. Neste campo, a Bioloxía amosa sistematicamente que diferenza e desigualdade non son o mesmo.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
132
Promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos no eido persoal, familiar e social, así coma os valores sobre os que se basean a
liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, a igualdade en homes e mulleres e as persoas con
discapacidade, o rechazo ao terrorismo, o respecto á pluralidade, o Estado de dereito, as vítimas do terrorismo ...
Especial atención dedicaremos á prevención da violencia de xénero, á violencia contra as persoas con discapacidade, á violencia terrorista e a calquera forma de
violencia, racismo ou xenofobia. Evitando en todo caso comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan unha discriminación baseada na orientación
sexual ou de identidade de xénero, favorecendo a visibilidade e normalización da realidade homosexual, bisexual, transexual, ...
Finalmente, desenvolveremos actividades para potenciar a educación e seguridade vial, mellorando a formación dos alumnos en canto aos dereitos e deberes
como usuarios das vías, ben sexa como peóns, viaxeiros ou condutores de calquera tipo de vehículo, singularmente bicicletas e facer visible a relación estreita entre o
consumo de alcohol e/ou estupefacientes e os accidentes de tráfico
AVALIACIÓN DO PROCESO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE
Toda programación está suxeita a 3 fases evolutivas:
4. Una vez coñecido os resultados da avaliación inicial dos alumnos (número de alumnos, existencia ou non de alumnos con dificultades, ...) é
preciso adecuar a programación, introducindo as modificacións oportunas para levala á práctica.
5. Adecuación da mesma ao longo da execución da mesma, adaptándoa para convertela nun instrumento útil para lograr os obxectivos
establecidos. As reunións de Departamento mensuais constitúen un lugar idóneo para debater as modificacións oportunas e actuar
coordinadamente.
6. Valoración final, en función dos resultados acadados ao final do curso, introducindo as modificacións precisas para o curso seguinte.
Para a avaliación da programación e da práctica docente teremos en conta os seguintes elementos:
1. Adecuación da secuenciación e temporalización establecida na programación.
2. Resultados obtidos polos alumnos, seguindo unha secuencia progresiva (de menos a máis).
3. Valoración dos resultados dos alumnos na avaliación inicial.
4. Idoneidade das actividades propostas.
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
133
5. Análises dos aspectos que non puideron desenvolverse ao longo do curso, determinando as causas.
Por outra banda, é importante que os alumnos opinen sobre a labor do profesor e a maneira en que desenvolve as clases. Ao final de cada avaliación
subministrarase aos estudantes un test que permita observar a práctica docente. Un modelo de ese test podería ser o seguinte, cunha escala de 1 (moi baixo) a 4 (alto):
Item
Valoración
1 2 3 4
Explica de xeito claro
Emprega a metodoloxía axeitada
Emprega diferentes recursos
Crea un ambiente adecuado de traballo na clase
Establece un ritmo de traballo adecuado para poder seguilo
Dedica tempo a responder dúbidas
IES MONELOS (A CORUÑA) DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
134
CULTURA CIENTÍFICA 1º BACHARELATO
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
135
INTRODUCIÓN
Unha vez finalizada a educación secundaria obrigatoria, o alumnado comeza o bacharelato cunha formación básica na maioría das materias que configuraron os currículos anteriores do ensino básico.
Inicia unha nova etapa na cal deberá afondar nalgunha materia xa iniciada e adquirir os coñecementos doutras novas, ben sexa entre as comúns, ben entre as pertencentes á modalidade escollida de acordo coas súas expectativas de futuro, cos seus intereses e coas súas capacidades.
Ben que nesta etapa o tratamento das materias ten que ser máis completo e complexo, cómpre non perder de vista o historial académico anterior; será preciso partir do xa adquirido para, asentado e interiorizado, avanzar nunha aprendizaxe máis reflexiva, crítica e autónoma.
No currículo da etapa anterior as competencias foron o obxectivo que se pretendía lograr e o referente fundamental para os criterios de avaliación. Nesta nova etapa, aínda sen que figuren neses termos, deberán estar presentes para continuar no seu desenvolvemento e permitir un avance máis satisfactorio da formación integral que se persegue para cada persoa, coa mirada posta nunha vida social adulta ou na continuación de estudos superiores. En calquera dos dous casos, as competencias serán precisas ao longo da vida.
No bacharelato, á parte de enriquecerse cos coñecementos das materias comúns e das propias da modalidade elixida e das optativas, o alumnado terá que ser quen, de forma progresiva, de buscar información nas diversas fontes ao seu alcance, sobre aspectos académicos ou profesionais, seleccionala con criterios rigorosos, analizala, interiorizala e aplicala en contextos diversos.
Terá que ser quen de atopar mecanismos de resolución de problemas no mundo que o rodea. Terá que ser quen de identificar e adoptar distintas estratexias que lle faciliten en cada momento adoptar decisións axeitadas fronte aos problemas
que van xurdindo na actualidade na interacción co contorno.
Terá que ser quen de participar activamente na mellora da sociedade, con espírito solidario, exercendo os dereitos democráticos de cidadanía.
Terá que ser quen de detectar as súas fortalezas e carencias de aprendizaxe, de relación e emocionais e adoptar actitudes de esforzo e perseveranza para superalas.
En definitiva, precisará ampliar as competencias que desenvolveu ao longo do ensino básico e continuar, en distinta forma e medida, ao longo de toda a vida, tendo presente que a aprendizaxe será necesaria, tanto para a continuación con estudos superiores como para a súa incorporación na vida adulta.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
136
Todas estas necesidades do alumnado precisan dunha práctica docente encamiñada aos mesmos obxectivos. Será precisa, xa que logo, unha
práctica de aula que fomente o traballo interactivo, cooperativo, rigoroso, reflexivo e conectado coa realidade e co uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Unha práctica educativa que teña en conta as diversas fontes de información, que fomente a transformación da información en formación, que fomente e participe do espírito crítico, empregando o xénero como unha das categorías de análise, a investigación e a innovación, o traballo ben feito e a auto avaliación. Será precisa unha práctica docente que non esqueza a atención á diversidade que, aínda que presente dificultades, será fonte de enriquecemento mutuo e nunca fonte de conflito.
METODOLOXÍA
Desde un punto de vista xenérico, así como as programacións didácticas de cada unha das unidades, baséanse nos principios de intervención educativa xa sinalados e que sintetizamos e concretamos da seguinte forma:
A. Pártese do nivel de desenvolvemento do alumno, nos seus distintos aspectos, para construír, a partir de aí, outras aprendizaxes que favorezan e melloren o devandito nivel de desenvolvemento. B. Sublíñase a necesidade de estimular o desenvolvemento de capacidades xerais e de competencias básicas e específicas por medio do traballo das materias. C. Dáse prioridade á comprensión dos contidos que se traballan fronte á súa aprendizaxe mecánica. D. Propícianse oportunidades para pór en práctica os novos coñecementos, de modo que o alumno poida comprobar o interese e a utilidade do aprendido. E. Foméntase a reflexión persoal sobre o realizado e a elaboración de conclusións con respecto ao que se aprendeu, de modo que o alumno poida analizar o seu progreso respecto dos seus coñecementos.
Todos estes principios teñen como finalidade que os alumnos sexan, gradualmente, capaces de aprender de forma autónoma e sexan capaces de desenvolver as seguintes capacidades :
Crear na aula un clima que favoreza as aprendizaxes significativas, que desenvolva o interese pola materia e os seus estudos posteriores, que permita a comunicación e intercambio de saberes e experiencias na aula.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
137
Ter en conta as ideas previas do alumnado para o deseño e a secuencia de actividades. Facilitar a construción de aprendizaxes cooperativas que propicien o cambio conceptual, metodolóxico e actitudinal.
Dotar o alumnado de ferramentas que lle permitan iniciarse nos métodos de investigación mediante a preparación de actividades nas que un dos obxectivos sexa o desenvolvemento de procedementos.
Propoñer actividades que poñan de manifesto a correlación entre os fenómenos estudados na aula e os da vida cotiá, mediante análise de situacións concretas, comentarios de novas de actualidade ou realizando saídas didácticas (a laboratorios, fábricas, itinerarios xeolóxicos, etc.) combinadas con informes ou traballos específicos. Facer especial fincapé nas características xeolóxicas e na biodiversidade de Galicia.
O libro de texto pra esta materia é: J. J. Jiménez de la Fuente, Jesús Prieto de Paula e outros : Cultura Científica 1 Bacharelato, Ed McGraw Hill, Madrid, 2015 ISBN 978-84-486-0756-2
AS COMPETENCIAS CLAVE
Un proceso educativo baseado na adquisición de competencias incide, fundamentalmente, na adquisición duns saberes imprescindibles, prácticos e integrados, saberes que terán que ser demostrados polos alumnos.Por iso, unha competencia é a capacidade posta en práctica e demostrada de integrar coñecementos, habilidades e actitudes para resolver problemas e situacións en contextos diversos.
O alumno, mediante o que sabe, debe demostrar que o sabe aplicar, pero ademais, que sabe ser e estar. Deste xeito vemos a maneira como unha competencia abrangue os diferentes contidos que se traballan na aula (conceptos, procedementos e actitudes), exemplo dunha formación integral do alumno. En suma, estamos recoñecendo que a institución escolar non só prepara o alumno no coñecemento de saberes técnicos e científicos, senón que tamén o fai como cidadán e, por iso, debe demostrar unha serie de actitudes cívicas e intelectuais que implican o respecto aos demais, a ser responsable, a traballar en equipo...
No noso sistema educativo considérase que as competencias clave que debe ter o alumno cando remata a escolaridade obrigatoria para enfrontar os retos da súa vida persoal e laboral son as seguintes:
Comunicación lingüística (CL)
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)
Competencia dixital (CD)
Aprender a aprender (AA)
Competencias sociais e cívicos (CSC)
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
138
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (SIEE)
Conciencia e expresións culturais (CEC) Nesta materia e neste curso, en cada unidade indícase especificamente a competencia ou competencias clave que son obxecto de atención.
AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS DERIVADAS
A avaliación inicial realizarase a través dos seguintes instrumentos:
1. Expediente académico do alumno.
2. Informes de Orientación Escolar.
3. Probas de lectura e comprensión lectora.
4. Proba escrita que mida os coñecementos precisos para abordar o estudo da materia.
A análise dos resultados obtidos polos alumnos na avaliación inicial permitirán detectar os casos que están por enriba ou por debaixo da media. Para estes alumnos procederase a realizar un programa de reforzo ou de ampliación dos contidos da materia, que lle permitan alcanzar os coñecementos mínimos, ós primeiros, ou mellorar a súa formación a materia, ós segundos.
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
As medidas de atención á diversidade propostas para os alumnos que amosen dificultades na aprendizaxe das materias do noso departamento
incluirán:
situalo na aula nunha situación que lle facilite o traballo e a concentración.
respectar o seu ritmo de aprendizaxe e traballo.
simplificación dos contidos.
reordenación dos contidos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
139
maior incidencia na lectura e comprensión de textos.
maior tempo para a realización de exames e exercicios nos casos precisos.
incrementar o número de actividades naquelas unidades que presenten unha maior dificultade.
potenciar as prácticas de laboratorio que axuden a clarificar conceptos.
cadernos de exercicios que reforcen e clarifiquen os conceptos de maior dificultade.
atención individualizada sempre que sexa posible.
adaptación global dos contidos e actividades para os casos necesarios.
substitución dos exames escritos por orais, de ser necesario (discapacidade visual).
Ao mesmo tempo, trataremos de potenciar o desenvolvemento de alumnos que amosen un nivel de competencia superior ó da media da clase.
Neste caso, poden ser útiles as seguintes medidas:
traballos de investigación guiados usando os recursos informáticos
lecturas recomendadas sobre temas de interese para o alumno que teñan que ver coa materia.
presentación dos traballos e comentario das lecturas ante os compañeiros.
ELEMENTOS TRANSVERSAIS
A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e comunicación, o espírito emprendedor e a
educación cívica e constitucional trabállanse en todas as materias, sen perxuizo dun tratamento máis específico nalgunha das materias de cada etapa.
Asemade, o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero o contra persoas con discapacidade e os
valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal constitúen un eixe central na formación dos
alumnos en todas as etapas do ensino. Neste campo, a Bioloxía amosa sistematicamente que diferenza e desigualdade non son o mesmo.
Promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos no eido persoal, familiar e social, así coma os valores sobre os que se basean a
liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, a igualdade en homes e mulleres e as persoas con
discapacidade, o rechazo ao terrorismo, o respecto á pluralidade, o Estado de dereito, as vítimas do terrorismo ...
Especial atención dedicaremos á prevención da violencia de xénero, á violencia contra as persoas con discapacidade, á violencia terrorista e a calquera forma de
violencia, racismo ou xenofobia. Evitando en todo caso comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan unha discriminación baseada na orientación
sexual ou de identidade de xénero, favorecendo a visibilidade e normalización da realidade homosexual, bisexual, transexual, ...
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
140
Finalmente, desenvolveremos actividades para potenciar a educación e seguridade vial, mellorando a formación dos alumnos en canto aos dereitos e deberes
como usuarios das vías, ben sexa como peóns, viaxeiros ou condutores de calquera tipo de vehículo, singularmente bicicletas e facer visible a relación estreita entre o
consumo de alcohol e/ou estupefacientes e os accidentes de tráfico
AVALIACIÓN DO PROCESO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE
Toda programación está suxeita a 3 fases evolutivas:
Una vez coñecido os resultados da avaliación inicial dos alumnos (número de alumnos, existencia ou non de alumnos con dificultades, ...)
é preciso adecuar a programación, introducindo as modificacións oportunas para levala á práctica.
Adecuación da mesma ao longo da execución da mesma, adaptándoa para convertela nun instrumento útil para lograr os obxectivos
establecidos. As reunións de Departamento mensuais constitúen un lugar idóneo para debater as modificacións oportunas e actuar
coordinadamente.
Valoración final, en función dos resultados acadados ao final do curso, introducindo as modificacións precisas para o curso seguinte.
Para a avaliación da programación e da práctica docente teremos en conta os seguintes elementos:
Adecuación da secuenciación e temporalización establecida na programación.
Resultados obtidos polos alumnos, seguindo unha secuencia progresiva (de menos a máis).
Valoración dos resultados dos alumnos na avaliación inicial.
Idoneidade das actividades propostas.
Análises dos aspectos que non puideron desenvolverse ao longo do curso, determinando as causas.
Por outra banda, é importante que os alumnos opinen sobre a labor do profesor e a maneira en que desenvolve as clases. Ao final de cada avaliación
subministrarase aos estudantes un test que permita observar a práctica docente. Un modelo de ese test podería ser o seguinte, cunha escala de 1 (moi baixo) a 4 (alto):
Valoración
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
141
Item 1 2 3 4
Explica de xeito claro
Emprega a metodoloxía axeitada
Emprega diferentes recursos
Crea un ambiente adecuado de traballo na clase
Establece un ritmo de traballo adecuado para poder seguilo
Dedica tempo a responder dúbidas
OBXECTIVOS DO BACHARELATO
O bacharelato contribuirá a desenvolver nas alumnas e nos alumnos as capacidades que lles permitan:
Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.
Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de maneira responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.
Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con discapacidade.
Reforzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para aproveitar eficazmente as aprendizaxes e mais como medio para o desenvolvemento persoal.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
142
Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.
Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.
Utilizar eficazmente e con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.
Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.
Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade de bacharelato elixida.
Comprender os elementos e procedementos fundamentais dos métodos científicos e da investigación. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto do medio natural e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.
Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, autoconfianza e sentido crítico.
Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o sentido estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural. OBXECTIVOS DA CULTURA CIENTÍFICA EN 1º BACHARELATO
• Coñecer el significado cualitativo de algúns conceptos, leis e teorías, para formarse opinións fundamentadas sobre cuestiones científicas y tecnolóxicas, que teñan incidencia en las condiciones de vida persoal e global e sexan obxecto de controversia social e debate público.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
143
• Facerse preguntas sobre cuestións e problemas científicos de actualidade e tratar de buscar as súas propias respostas, utilizando e seleccionando de forma crítica información proveniente de diversas fontes.
• Obter, analizar e organizar informacións de contido científico, utilizar representacións e modelos, facer conxeturas, formular hipóteses e realizar reflexións fundadas que permitan tomar decisións fundamentadas e comunicalas a os demais con coherencia, precisión e claridade.
• Adquirir un coñecemento coherente e crítico das tecnoloxías da información, a comunicación e o ocio presentes no seu entorno, propiciando un uso sensato e racional das mesmas para a construción do coñecemento científico, a elaboración do criterio persoal e a mellora do benestar individual e colectivo.
• Argumentar, debater e avaliar propostas e aplicacións dos coñecementos científicos de interese social relativos a saúde, o medio ambiente, os materiais, las fontes de enerxía, p ocio, etc., para poder valorar as informacións científicas e tecnolóxicas dos medios de comunicación de masas e adquirir independencia de criterio.
• Poñer en práctica actitudes y valores sociais como la creatividade, a curiosidade, o antidogmatismo, la reflexión crítica e a sensibilidade ante a vida e o medio ambiente, que son útiles para o avance persoal, as relacións interpersonais e a inserción social.
• Valorar la contribución de la ciencia e a tecnoloxía a mellora de la calidade de vida, recoñecendo as súas aportacións e as súas limitacións como empresa humana cuxas ideas están en continua evolución e condicionadas ao contexto cultural, social e económico no que se desenvolven.
• Recoñecer en algúns exemplos concretos a influencia recíproca entre desenvolvemento científico e tecnolóxico e os contextos sociais,
políticos, económicos, relixiosos, educativos e culturais en que se produce o coñecemento e as súas aplicacións.
CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS CLAVE.
Lección Título Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
1 Ciencia e sociedade - A comunicación en ciencia e tecnoloxía.
O artigo científico. Fontes de divulgación científica. Elaboración e presentación de informes utilizando distintos medios.
-Ciencia, tecnoloxía e sociedade:
- Obter, seleccionar e valorar informacións relacionadas con temas científicos da actualidade
- Valorar a importancia da investigación e o desenvolvemento
-Analiza un texto científico e valora de forma crítica o seu contido. -Presenta información sobre un tema tras
realizar unha procura guiada de fontes de contido científico, utilizando tanto os
CL CMCT
AA CD
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
144
perspectiva histórica. - A comunicación en ciencia e tecnoloxía.
O artigo científico. Fontes de divulgación científica. Elaboración e presentación de informes utilizando distintos medios.
tecnolóxico na actividade cotiá. -Comunicar conclusións e ideas en
distintos soportes a públicos diversos, utilizando eficazmente as tecnoloxías da información e da comunicación para transmitir opinións propias argumentadas.
soportes tradicionais como internet. -Analiza o papel da investigación científica
como motor da nosa sociedade e a súa importancia ao longo da historia.
-Comenta artigos científicos divulgativos realizando valoracións críticas e análise das consecuencias sociais, e defende en público as súas conclusións.
CSC
2 Orixe e dinámica do
planeta Terra - Orixe e formación da Terra: deriva continental e tectónica de placas.
-Xustificar a teoría de deriva continental en función das evidencias experimentais que a apoian.
-Xustifica a teoría de deriva continental a partir das probas xeográficas, paleontolóxicas, xeolóxicas e paleoclimáticas .
CMCT
AA CD CL
-Orixe e formación da Terra: deriva continental e tectónica de placas. -Vulcanismo e terremotos: predición e prevención.
- Explicar a tectónica de placas e os fenómenos a que dá lugar, así como os riscos como consecuencia destes fenómenos.
-Utiliza a tectónica de placas para explicar a expansión do fondo oceánico e a actividade sísmica e volcánica nos bordos das placas.
- Vulcanismo e terremotos: predición e prevención.
- Determinar as consecuencias do estudo da propagación das ondas sísmicas P e S, respecto das capas internas da Terra.
-Nomea e explica medidas preditivas e preventivas para o vulcanismo e os terremotos
- Relaciona a existencia de capas terrestres coa propagación das ondas sísmicas a través delas.
3 A vida na Terra: orixe
e evolución - Orixe da vida na Terra .
- Coñecer e describir os últimos avances científicos sobre a orixe da vida na Terra e enunciar as teorías científicas que explican a orixe da vida na Terra, diferenciándoas das baseadas en crenzas.
-Coñece e explica as teorías acerca da
orixe da vida na Terra.
CMCT CL
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
145
-Do fixismo ao evolucionismo. Evolución a debate: teorías científicas e pseudocientíficas sobre a evolución. Evolución do ser humano -Ciclo celular. División celular: mitose e meiose. Importancia na evolución dos seres vivos.
-Establecer as probas que apoian a teoría da selección natural de Darwin e utilizala para explicar a evolución dos seres vivos na Terra, enfrontándoa a teorías non científicas. -Recoñecer a evolución desde os primeiros homínidos ata o ser humano actual e establecer as adaptacións que nos fixeron evolucionar -
-Describe as últimas investigacións científicas en torno ao coñecemento da orixe e o desenvolvemento da vida na Terra. - Describe as probas biolóxicas, paleontolóxicas e moleculares que apoian a teoría da evolución das especies. - Enfronta as teorías de Darwin e Lamarck para explicar a selección natural. - Enfronta o neodarwinismo coas explicacións non científicas sobre a
evolución ón natural. - Establece as etapas evolutivas dos homínidos ata chegar ao Homo Sapiens, salientando as súas características fundamentais, como a capacidad. - Valora de forma crítica as informacións asociadas ao Universo, á Terra e á orixe das especies, distinguindo entre información científica real, opinión e ideoloxía e cranial e altura.
CD AA
4 Avances en Biomedicina
-Evolución histórica da investigación médica e farmacéutica
- Analizar a evolución histórica na consideración e no tratamento das doenzas. - Distinguir entre o que é medicina e o que non o é. - Tomar conciencia da importancia da investigación médico-farmacéutica
- Coñece a evolución histórica dos métodos de diagnóstico e tratamento das doenzas. - Establece a existencia de alternativas á medicina tradicional, valorando o seu fundamento científico e os riscos que levan consigo. -Describe o proceso que segue a industria farmacéutica para descubrir, desenvolver, ensaiar e comercializar os fármacos.
CMCT CL CD AA
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
146
-Últimos avances en medicina. - Valoración crítica da información relacionada coa medicina. Uso responsable dos medicamentos. Patentes.
- Valorar as vantaxes que suscita a realización dun transplante e as súas consecuencias - Facer un uso responsable do sistema sanitario e dos medicamentos. - Diferenciar a información procedente de fontes científicas das que proceden de pseudociencias ou que perseguen obxectivos simplemente comerciais.
- Propón os transplantes como alternativa no tratamento de certas doenzas, valorando as súas vantaxes e os seus inconvenientes. - Xustifica a necesidade de facer un uso racional da sanidade e dos medicamentos. - Discrimina a información recibida sobre tratamentos médicos e medicamentos en función da fonte consultada
5
A revolución da Xenética
-Revolución xenética. Xenoma humano. Tecnoloxías do ADN recombinante e enxeñaría xenética. Aplicacións
- Recoñecer os feitos históricos máis salientables para o estudo da xenética. - Obter, seleccionar e valorar informacións sobre o ADN, o código xenético, a enxeñaría xenética e as súas aplicacións médicas. - Coñecer os proxectos que se desenvolven actualmente como consecuencia de descifrar o xenoma humano, tales como HapMap e Encode. - Describir e avaliar as aplicacións da enxeñaría xenética na obtención de fármacos, transxénicos e terapias xénicas.
- Coñece e explica o desenvolvemento histórico dos estudos levados a cabo dentro do campo da xenética. - Sabe situar a información xenética que posúe calquera ser vivo, establecendo a relación xerárquica entre as estruturas, desde o nucleótido ata os xenes responsables da herdanza. - Coñece e explica a forma en que se codifica a información xenética no ADN, xustificando a necesidade de obter o xenoma completo dun individuo e descifrar o seu significado. - Describe e analiza as aplicacións da enxeñaría xenética na obtención de fármacos, transxénicos e terapias xénicas
CMCT CL AA CD CSC
CSIEE
- Técnicas de reprodución asistida: implicacións éticas e sociais
- Valorar as repercusións sociais da reprodución asistida e a selección e a conservación de embrións
- Establece as repercusións sociais e económicas da reprodución asistida e a selección e conservación de embrións..
-Células nai e clonación: aplicacións e perspectivas de futuro
- Analizar os posibles usos da clonación - Establecer o método de obtención dos tipos de células nai, así como a súa potencialidade para xerar tecidos, órganos e ata organismos completos.
- Describe e analiza as posibilidades que ofrece a clonación en diferentes campos. -Recoñece os tipos de células nai en función da súa procedencia e da súa capacidade xenerativa, e establece en cada caso as aplicacións principais
- Xenética e sociedade. Bioética - Identificar algúns problemas sociais e dilemas morais debidos á aplicación da xenética: obtención de transxénicos, reprodución asistida e clonación
- Valora de xeito crítico os avances científicos relacionados coa xenética, os seus usos e as súas consecuencias médicas e sociais. -. Explica as vantaxes e os inconvenientes
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
147
dos alimentos transxénicos, razoando a conveniencia ou non do seu uso
6
Tecnoloxías da información e da
comunicación.
- Orixe, evolución e análise comparativa dos equipamentos informáticos
-Coñecer a evolución que experimentou a informática desde os primeiros prototipos ata os modelos máis actuais, sendo consciente do avance logrado en parámetros tales como tamaño, capacidade de procesamento, almacenamento, conectividade, portabilidade, etc.
- Recoñece a evolución histórica do computador en termos de tamaño e capacidade de proceso. - Explica como se almacena a información en diferentes formatos físicos, tales como discos duros, discos ópticos e memorias, valorando as vantaxes e os inconvenientes de cada un
CMCT CL CD CSC AA
CSIEE
-Incorporación da tecnoloxía dixital á vida cotiá.
- Características e especificacións de equipamentos. Análise e comparativa desde o punto de vista do/da usuario/a.
- Determinar o fundamento dalgúns dos avances máis significativos da tecnoloxía actual
-. Compara as prestacións de dous dispositivos dados do mesmo tipo, un baseado na tecnoloxía analóxica e outro na dixital. - Explica como se establece a posición sobre a superficie terrestre coa información recibida dos sistemas de satélites GPS ou GLONASS. - Establece e describe a infraestrutura básica que require o uso da telefonía móbil. - Explica o fundamento físico da tecnoloxía LED e as vantaxes que supón a súa aplicación en pantallas planas e iluminación. - Coñece e describe as especificacións dos últimos dispositivos, valorando as posibilidades que lle poden ofrecer ás persoas usuarias.
- Vantaxes e inconvenientes da evolución tecnolóxica. Consumismo asociado ás novas tecnoloxías.
- Tomar conciencia dos beneficios e dos problemas que pode orixinar o constante avance tecnolóxico.
-. Valora de xeito crítico a constante evolución tecnolóxica e o consumismo que orixina na sociedade.
- Internet na vida cotiá. Beneficios e problemas asociados ao uso de internet.
- Valorar de forma crítica e fundamentada os cambios que internet está a provocar na sociedade.
- Xustifica o uso das redes sociais, sinalando as vantaxes que ofrecen e os riscos que supoñen. - Determina os problemas aos que se enfronta internet e as solucións que se
CMCT
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
148
barallan. - Utiliza con propiedade conceptos especificamente asociados ao uso de internet
CL CD CSC AA
CCEC
-Internet na vida cotiá. Beneficios e problemas asociados ao uso de internet..
- Efectuar valoracións críticas, mediante exposicións e debates, acerca de problemas relacionados cos delitos informáticos, o acceso a datos persoais e os problemas de socialización ou de excesiva dependencia que pode causar o seu uso.
- Describe en que consisten os delitos informáticos máis habituais. - Pon de manifesto a necesidade de protexer os datos mediante encriptación, contrasinal, etc.
-Vantaxes e inconvenientes da evolución tecnolóxica. Consumismo asociado ás novas tecnoloxías.
- Internet na vida cotiá. Beneficios e problemas asociados ao uso de internet.
- Demostrar que se é consciente da importancia das novas tecnoloxías na sociedade actual, mediante a participación en debates, elaboración de redaccións e/ou comentarios de texto.
- Sinala as implicacións sociais do desenvolvemento tecnolóxico
NOTA: Os estándares avaliables teñen a característica de coñecementos básicos que os alumnos deben acadar para superar a materia, polo que todos os estándares teñen o mesmo peso nas probas de avaliación. En consecuencia, o valor dos estándares conceptuais e procedementais será o mesmo, repartindo o 90 % da nota de avaliación por igual entre todos eles. O 10 % restante será destinado á avaliación dos estándares de actitude (interés, participación activa, …..) PRÁCTICAS DE LABORATORIO.
Desenvolvemento dun proxecto científico de investigación: influenza dos factores ambientais sobre a aparición e desenvolvemento dos valores
Observación da mitose en células de raíz de cebola
AVALIACIÓN
É importante destacar o feito de que os contidos conceptuais cobran especial importancia. Por tanto prestarase especial atención ao dominio dos
contidos conceptuais e o feito de si o alumno cumpre ou non os criterios de avaliación establecidos en cada unha das unidades didácticas.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
149
o Realizarán varias probas escritas por avaliación, e en cada unha acumularanse os contidos anteriores. Para calcular a nota dos conceptos o
primeiro exame terá un valor multiplicado por un, o segundo por dous, etc.
o Todos os alumnos realizarán un exame da avaliación anterior que permitirá recuperar a materia aos que suspenderon a avaliación anterior
e mellorar a nota aos que a aprobaron.
o Os alumnos que ao final do curso tivesen suspensa algunha das tres avaliacións realizarán unha proba escrita final debendo recuperar só a
parte suspensa. Os que teñan suspensas dúas ou as tres avaliacións deberán examinarse de toda a materia.
o Todos os alumnos que non superen positivamente a materia no mes de Xuño serán avaliados no mes de Setembro mediante unha proba
extraordinaria que deberá de conter toda a materia.
o A asistencia a clase é obrigatoria. Cun número de faltas superior ao 20 % por trimestre pérdese o dereito á avaliación continua.
o O abandono da materia será tido en conta á hora de aplicar os criterios de promoción e titulación. Considerarase abandono a non asistencia
a clase, non ter caderno de traballo nin material na clase, non entregar as actividades propostas, non presentarse ás probas escritas, falta de
traballo na aula, etc.
• Os alumnos perderán o dereito á avaliación continua se acumulan 10 faltas ao longo de cada un dos trimestres. Estas 10 faltas equivalen ao 20 % das clases de cada trimestre ao impartirse 4 clases á semana. Neste caso os alumnos serán avaliados cunha única proba escrita por avaliación, non tendo dereito a realizar a súa correspondente recuperación ata Xuño.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Recoñecer os textos científicos, a súa estrutura e ser quen de redactalos. Deseñar experimentos para probar ou rexeitar unha hipótese. Ser quen de redactar un informe científico. Realizar comentarios críticos sobre os avances da ciencia que reflicten os xornais. Coñecer os trazos básicos da teoría da tectónica de placa. Diferenciar os distintos tipos de contactos entre placas e a súa importancia
Asociar o acontecementos xeolóxicos á dinámica das placas. Coñecer os nomes, posicións e contactos entre as grandes placas. Coñecer o concepto de risco xeolóxico. Asociar o risco volcánico e sísmico á tectónica de placas. Coñecer as grandes etapas da historia da vida na Terra.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
150
Describir, de forma resumida e clara, as distintas teorías sobre a evolución dos seres vivos e a orixe das especies, desde o fixismo hasta as modernas correntes evolutivas.
Diferenciar as teorías sobre a orixe da vida de base científica de outras que teñen unha orixe relixiosa ou ideolóxica. Valorar os avances en biotecnoloxía a súa aportación a mellora da calidade de vida humana. Coñecer os protocolos da actuación en biotecnoloxía e singularmente no campo da investigación médica e farmacéutica. Coñecer as técnicas máis avanzadas no campo da medicina
.Recoñecer a influencia dos estilos de vida como determinantes da saúde practicando un estilo de vida saudable. Valorar a importancia que teñen os transplantes de órganos como forma de axudar a outras persoas para mellorar o salvar as súas vidas.
Comprender a importancia do descubrimento da estrutura do ADN para resolver cuestións básicas sobre a dinámica da vida. Identificar os mecanismos de replicación do ADN e deexpresión da información xenética. Coñecer o concepto de OMX, diferenciando os organismos clónicos dos transxénicos. Coñecer os procesos bioquímicas para a produción de seres transxénicos e a súa aplicación industrial. Coñecer os riscos asociados a produción e uso dos OMX. Coñecer a orixe, características e finalidade do proxecto Xenoma Humano. Coñecer o concepto de enfermidade xenética, diagnóstico prenatal, terapia xénica e os dilemas éticos que plantexan. Comprender os mecanismos básicos e etapas da reprodución humana. Coñecer os procedementos usados na reprodución asistida e a fecundación in vitro. Comprender a importancia e utilidade das células nai na medicina rexenerativa. Coñecer o proceso de clonación e as súas aplicación. Valorar e coñecer os problemas éticos que presenta a clonación. Comprender a importancia da revolución dixital. Distinguir as representacións analóxicas das dixitais
Coñecer as vantaxes dos sistemas dixitais. Coñecer as etapas esenciais e características básicas das orixes da internet. Identificar os servizos que ofrece a internet. Distinguir a información do coñecemento. Coñecer os factores que determinan a fenda dixital. Distinguir os principais problemas asociados ao uso da internet: sobreinformación, delincuencia, exposición da privacidade, etc. Coñecer e valorar a incidencia das novas tecnoloxías na nosa vida cotiá. Coñecer os novos usos da internet: uso de páxinas web, blogs, redes sociais, e-learning, ... Coñecer a incidencia da internet na economía actual
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
151
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Se a avaliación constitúe un proceso flexible tamén os procedementos haberán de ser variados. Para recoller datos podemos servirnos de diferentes procedementos de avaliación:
• A observación sistemática de comportamentos. • Entrevistas, caderno de exercicios e prácticas • Probas. • Cuestionarios orais e escritos.
Cada 2 temas haberá unha proba escrita o que non evitará que a avaliación sexa continua.
Cada estudante terá que ter un caderno cos exercicios e as prácticas. Será necesario que o leve o día para podelo cualificar.
Na realización de informes e traballo valorarase especialmente non só o contido, senón tamén os recursos informáticos empregados na súa elaboración e presentación.
A cualificación resultante será:
Tipo Valoración
a)Exames: tipo test, verdadeiro e falso, preguntas de desenvolvemento, comentario de gráficos
70%
b)Traballo diario. Prácticas. Traballos de investigación.
30%
CONVOCATORIA DE SETEMBRO: A cualificación dos alumnos que, por ter suspendido a materia na convocatoria ordinaria de xuño deban presentarse a convocatoria de setembro, rexerase polas seguintes normas:
1. A proba de setembro é unha convocatoria extraordinaria na que o alumno debe demostrar que domina os contidos mínimos necesarios para aprobar a materia. 2. O alumno será cualificado exclusivamente pola proba escrita que realice en setembro, sen ter en conta, en ningún caso, a súa actividade e cualificacións obtidas
ao longo do curso académico no que suspendeu a materia obxecto da proba. 3. Dado que a proba extraordinaria de setembro é un exame de mínimos, os alumnos que a aproben non poderán obter unha cualificación definitiva superior a 5.
4. Para superar a materia os alumnos deben obter como mínimo un 5 na proba escrita.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
152
TEMPORALIZACIÓN:
Leccións Data límite Avaliación Exames
1,2 10/11/2018 1º Leccións 1 e 2
3 12/12/2018 1º Leccións 1, 2 e 3
Despois de Nadal e antes do 20 de xaneiro de 2019 repetirase o exame da 1ª avaliación para todo o alumnado
4 24/2/2019 2º Lección 4
5 10/3/2019 2º Leccións 4 e 5
Despois de Semana Santa e antes do21 de abril de 2019 repetirase o exame da 2ª avaliación para todo o alumnado
6 9/6/2019 3º Leccións 5 e 6
O día 20 de xuño de 2019 haberá o exame final da materia
PROXECTO LECTOR E INTEGRACIÓN DAS TIC
A comunicación, nos ámbitos da comprensión e expresión, tanto oral como escrita, constitúe un eixe fundamental no proceso de ensino e aprendizaxe
do coñecemento científico, contribuíndo ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.
Nesta área trátase de desenvolver a capacidade de comprensión cando se fan lecturas de textos científicos e o alumnado aprende a diferencialos
doutros que non son científicos, cando se contrastan materiais escritos e audiovisuais de diferentes fontes, tanto descritivos como argumentativos, nun
proceso que pasa pola identificación dos conceptos e ideas principais, a interpretación do papel que desempeñan segundo o contexto e as relacións que se
establecen entre eles. Na resolución de problemas débese estimular a lectura comprensiva contextualizando a situación, da identificación dos conceptos
que aparecen e das relacións que se establecen entre os ditos conceptos e os datos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
153
No ensino da área a expresión oral e escrita busca a coherencia e precisión no uso da linguaxe, tanto no nivel descritivo como no interpretativo.
Trabállase a expresión cando se emiten hipóteses, contrástanse ideas, acláranse significados sobre conceptos ou procesos científicos en contextos
diferentes, realízanse sínteses, elabóranse mapas conceptuais, extráense conclusións, realízanse informes ou organízanse debates onde se fomenten
actitudes que favorezan a mellora na expresión oral e escrita, a confianza para expresarse en público, o saber escoitar, o contrastar opinións e ter en
conta as ideas dos demais.
A colaboración coa Biblioteca do centro é indispensable a que no 1º da ESO faise unha actividadeque consiste en coñecer a súa organización, o sistema
de marcado dos libros, etc,
Como estratexias básicas usaremos as seguintes:
Potenciar o uso do diccionario para explicar o significado de palabras dentro do seu contexto.
Lectura reflexiva en voz alta de enunciados, artigos, … atendendo a entonación, vocalización e pausas en signos de puntación.
Traballar os conceptos de definir e diferenciar, especialmente o primeiro.
Valorar a ortografía e a correcta exposición en traballos escritos.
Realizar comentarios de textos científicos e artigos de prensa de actualidade sobre aspectos da Ciencia relacionados co programa da materia.
Extraer a idea principal e secundarias a partir de textos científicos.
Lectura, durante os desdobres de prácticas, dalgún dos seguintes libros: Elizabeth Kolbert: “La sexta extinción”. Jules Howart: “Sexo en la Tierra. Un homenaje a la reproducción sexual”. Jorge Alcalde: “¿Por qué los astronautas no lloran?
Randall Munroe: “¿Qué pasaría si…?
Uso da biblioteca do centro para a busca de información sobre temas relacionados coa materia.
A área de Bioloxía e Xeoloxía contribúe á competencia de tratamento da información e competencia dixital, xa que se traballan habilidades para
identificar, contextualizar, relacionar e sintetizar a información procedente de diferentes fontes e presentada en diversas linguaxes propias das tecnoloxías
da información e comunicación, como os buscadores pola internet, documentos dixitais, foros, chats, mensaxeria, xornais dixitais, revistas divulgativas na
web, presentación electrónicas e simulacións interactivas. Cando se traballa a crítica reflexiva sobre as informacións de tipo científico que achegan as
tecnoloxías da información e a comunicación, foméntanse actitudes favorables ao emprego delas evitando o seu emprego indiscriminado.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
154
Como estratexias de potenciación das TIC usaremos:
8. Uso de páxinas web para observar a dinámica das placas litosféricas. 9. Realizacións de montaxes con Power Point e a súa exposición na aula por parte dos alumnos. 10. Selección e proxección de informes e traballos usando o programa de Power Point. 11. Busca e elaboración dun atlas das probas da evolución en formato informático. 12. Informes sobre temas relacionados coa Bioética e os problemas da internet,
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
155
BIOLOXÍA 2º BACHARELATO
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
156
INTRODUCIÓN
A Bioloxía de segundo curso de bacharelato ten como obxectivo fundamental favorecer e fomentar a formación científica do alumnado, partindo da súa vocación polo estudo das ciencias. Deste xeito, a Bioloxía representa a porta de entrada ao puxante mundo das ciencias biosanitarias e biotecnolóxicas, e contribúe a consolidar o método científico como ferramenta habitual de traballo, fomentando no alumnado o estímulo da súa curiosidade, da capacidade de razoar, da formulación de hipóteses e deseños experimentais, da interpretación de datos e da resolución de problemas. Faise que o alumnado alcance satisfactoriamente as competencias clave, afondando en aspectos xa recollidos en cursos anteriores. Xa que logo, neste curso trabállanse en profundidade competencias como a matemática, e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, a competencia dixital e o sentido da iniciativa e o espírito emprendedor, grazas ao desenvolvemento cognitivo e á madureza que o alumnado chega a alcanzar ao final do ciclo de bacharelato que favorecen unha mellor consecución destas. Pero as contribucións doutras competencias, como aprender a aprender, as competencias sociais e cívicas ou a competencia de comunicación lingüística, presentes tamén noutras etapas anteriores, van permitir tamén que o alumnado poida seguir, sen atrancos, con estudos posteriores.
Os grandes avances e descubrimentos da bioloxía, que se suceden de xeito constante nas últimas décadas, non só posibilitaron a mellora das
condicións de vida da cidadanía e o avance da sociedade, senón que ao mesmo tempo xeraron algunhas controversias que, polas súas implicacións sociais, éticas, económicas, ..., non se poden obviar, e tamén son obxecto de análise durante o desenvolvemento da materia. CONTEXTUALIZACIÓN
O ies Monelos está situado no barrio de Monelos, ubicado na periferia da Coruña, aínda que o crecemento da cidade está a integralo cada vez máis na propia
cidade. Ten uns 500 alumnos, distribuídos en 8 cursos da ESO e 8 de Bacharelato. A maioría do alumnado procede dos arredores do centro, singularmente do CEIP San Francisco Xabier, que subministra os alumnos da ESO, e do ies Otero Pedraio, que aporta alumnos para 1º de Bacharelato. O centro, con só 19 aulas, está totalmente saturado: a maioría dos grupos da ESO teñen por enriba de 29 alumnos e os de Bacharelato superan os 29-30 estudantes. De aí que as nosas programacións deban ter en conta estas circunstancias, especialmente na elaboración dos programas de prácticas de laboratorio. Os alumnos proceden de familias de clase media e non amosan especiais problemas de convivencia, máis aló de cuestións puntuais. En xeral, as familias están interesadas na formación dos seus fillos e colaboran co centro para conseguila: facilitan a participación dos seus fillos nas actividades complementarias e extraescolares, solicitan e intercambian regularmente información cos titores, ... A lingua de uso maioritario dos alumnos é o español e, en xeral, amosan un nivel bastante baixo de uso do galego, nivel que mellora progresivamente ao longo dos anos que cursan estudos no noso centro.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
157
Os alumnos que cursan 2º de Bacharelato están na etapa terminal dos estudos que se imparten no instituto e soen ser alumnos cun bo nivel de traballo e
competencia nas distintas materias: os resultados amosan que a gran maioría deles completa os estudos sen ningún problema.
AS COMPETENCIAS CLAVE
A Orden ECD 65/2015 de 21 de xaneiro establece as competencias clave que deben ser tidas en conta na elaboración do currículo das materias que forman a Educación Secundaria e Bacharelato. No caso da Bioloxía e Xeoloxía, as competencias que traballaremos nas distintas materias, así como os indicadores de logro das devanditas competencias quedan recollidos na táboa seguinte. Loxicamente o nivel de esixencia dos indicadores dependera do nivel e curso que estea a realizar o alumno.
Competencia Indicador Valoración 1 2 3 4
Competencia Comunicación
lingüística
Escrita
-Calidade da súa caligrafía - Faltas de ortografía -Respecta a acentuación gráfica -Usa adecuadamente os signos de puntuación -Constrúe correctamente as frases -Emprega sinónimos evitando as repeticións de palabras
Oral
- Vocaliza ben -Respecta a acentuación das palabras -Respecta as pausas - Emprega a entoación e cadencia adecuadas nas frases - Emprega adecuadamente o énfase
Lectura
-Vocaliza ben -Le con fluidez -Respecta a acentuación gráfica das palabras -Respecta os signos de puntuación -Usa a entoación e cadencia axeitadas nas frases
Matemática
- Usa correctamente as operacións matemáticas básicas - Ten un nivel axeitado de cálculo mental - Interpreta e realiza correctamente as representacións gráficas - Interpreta correctamente as fórmulas matemáticas - Realiza con fluidez os cambios de unidades - Coñece e usa adecuadamente os procesos matemáticos que corresponden ó seu nivel
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
158
Competencia
matemática e en ciencia e
tecnoloxía
Ciencia e Tecnoloxía
- Coñece as magnitudes físicas que corresponden ao seu nivel e as unidades nas que se miden.
- Coñece e usa os símbolos dos elementos químicos e fórmulas moleculares -Interpreta adecuadamente esquemas, fotografías, mapas, .... -Usa correctamente a linguaxe científica correspondente ao seu nivel - Coñece o material de laboratorio de uso común e sabe empregalo - Coñece e sabe empregar o microscopio -Comprende o método científico e sabe empregalo
Competencia dixital
- Sabe usar un procesador de textos - Sabe empregar programas de presentación de diapositivas - Sabe empregar unha folla de cálculo - Pode realizar informes en formato dixital - É quen de buscar e seleccionar información na internet
Competencia aprender a aprender
- Pode comparar textos distintos sobre o mesmo tema e destacar as ideas comúns e distintas nos mesmos
- Coñece e manexa distintos tipos de fontes de información: libros, revistas, internet, .... -Usa criterios de selección da información correctos e eficientes -Emprega habitualmente o dicionario para mellorar os seu vocabulario.
Competencias sociais e cívicas - Ten capacidade para traballar en grupo - Escoita e respecta as opinións dos demais - É crítico cos estereotipos da sociedade actual - Acepta as diferenzas de raza, relixión, orientación sexual, .... -Ten ideas propias sobre a política, sociedade, ....
Competencia en sentido de iniciativa e expresións culturais
- Propón procedementos para analizar e resolver problemas - Planifica o seu traballo e o do seu grupo - Ten capacidade para tomar decisións rápidas
Competencia en conciencia e expresións culturais
- Comprende que a Ciencia é un tipo de expresión cultural
1 = Nivel moi por debaixo do esixible 2= nivel por debaixo do esixible 3= nivel axeitado 4.- nivel por enriba da media Loxicamente, no campo da Bioloxía e Xeoloxía son as 4 primeiras competencias as que teñen unha maior incidencia. En cada unidade didáctica indícase especificamente que competencias clave son desenvolvidas en concreto.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
159
ELEMENTOS TRANSVERSAIS A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e comunicación, o espírito emprendedor e a educación cívica e constitucional trabállanse en todas as materias, sen perxuizo dun tratamento máis específico nalgunha das materias de cada etapa. Asemade, o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero o contra persoas con discapacidade e os valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal constitúen un eixe central na formación dos alumnos en todas as etapas do ensino. Neste campo, a Bioloxía amosa sistematicamente que diferenza e desigualdade non son o mesmo. Promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos no eido persoal, familiar e social, así coma os valores sobre os que se basean a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, a igualdade en homes e mulleres e as persoas con discapacidade, o rechazo ao terrorismo, o respecto á pluralidade, o Estado de dereito, as vítimas do terrorismo ... Especial atención dedicaremos á prevención da violencia de xénero, á violencia contra as persoas con discapacidade, á violencia terrorista e a calquera forma de violencia, racismo ou xenofobia. Evitando en todo caso comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan unha discriminación baseada na orientación sexual ou de identidade de xénero, favorecendo a visibilidade e normalización da realidade homosexual, bisexual, transexual, ... Finalmente, desenvolveremos actividades para potenciar a educación e seguridade vial, mellorando a formación dos alumnos en canto aos dereitos e deberes como usuarios das vías, ben sexa como peóns, viaxeiros ou condutores de calquera tipo de vehículo, singularmente bicicletas e facer visible a relación estreita entre o consumo de alcohol e/ou estupefacientes e os accidentes de tráfico. AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS DERIVADAS
Segundo a Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG do 7 de
xaneiro de 2008: Ao comezo de cada curso e coa finalidade de adecuar as ensinanzas de cada materia ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria do seu proceso
de aprendizaxe, o profesorado que imparta docencia no grupo realizará unha avaliación inicial, incidindo na obtención de información sobre os coñecementos previos do
alumnado en cada unha das materias e o grao de desenvolvemento das competencias básicas.
A avaliación inicial terá en conta os seguintes instrumentos:
A) Expediente académico do alumno.
B) Informes de Orientación Escolar.
C) Lectura de textos en voz alta.
D) Lectura e resume dun artigo científico en inglés
E)Proba escrita na que o alumno acredite os coñecementos básicos para cursar esta materia.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
160
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Os alumnos que amosen dificultades de aprendizaxe serán tratados seguindo un programa acordado co Departamento de Orientación Escolar. En todo caso, ese programa xirará ó redor aos seguintes aspectos: a) Reducir os contidos, sen renunciar aos contidos mínimos esixibles. b) Exercicios de reforzo. Os alumnos recibirán un caderno de exercicios para reforzar a aprendizaxe dos temas estudados. c) Redución da materia que entra en cada proba escrita, realizando un maior número de exames de menor extensión e axustados aos contidos mínimos. d) Máis tempo para realizar os exames.
c) Substitución de probas escritas por orais. AVALIACIÓN DO PROCESO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE Toda programación está suxeita a 3 fases evolutivas:
Una vez coñecido os resultados da avaliación inicial dos alumnos (número de alumnos, existencia ou non de alumnos con dificultades, ...) é preciso adecuar a programación, introducindo as modificacións oportunas para levala á práctica.
Adecuación da mesma ao longo da execución da mesma, adaptándoa para convertela nun instrumento útil para lograr os obxectivos establecidos. As reunións de Departamento mensuais constitúen un lugar idóneo para debater as modificacións oportunas e actuar coordinadamente.
Valoración final, en función dos resultados acadados ao final do curso, introducindo as modificacións precisas para o curso seguinte. Para a avaliación da programación e da práctica docente teremos en conta os seguintes elementos:
Adecuación da secuenciación e temporalización establecida na programación.
Resultados obtidos polos alumnos, seguindo unha secuencia progresiva (de menos a máis).
Valoración dos resultados dos alumnos na avaliación inicial.
Idoneidade das actividades propostas.
Análises dos aspectos que non puideron desenvolverse ao longo do curso, determinando as causas. Por outra banda, é importante que os alumnos opinen sobre a labor do profesor e a maneira en que desenvolve as clases. Ao final de cada avaliación subministrarase aos estudantes un test que permita observar a práctica docente. Un modelo de ese test podería ser o seguinte, cunha escala de 1 (moi baixo) a 4 (alto):
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
161
Item
Valoración 1 2 3 4
Explica de xeito claro Emprega a metodoloxía axeitada Emprega diferentes recursos Crea un ambiente adecuado de traballo na clase Establece un ritmo de traballo adecuado para poder seguilo Dedica tempo a responder dúbidas
OBXECTIVOS DO BACHARELATO
No marco da LOMCE, o Bacharelato ten como finalidade proporcionar ao alumnado formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e
habilidades que lles permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o
alumnado para acceder á educación superior. O Bacharelato contribuirá a desenvolver nos alumnos e as alumnas as capacidades que lles permitan:
Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da
Constitución española así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e
equitativa.
Consolidar unha madureza persoal e social que lles permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico.
Prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.
Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades
existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con discapacidade.
Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe, e como medio
de desenvolvemento persoal.
Dominar, tanto na súa expresión oral como escrita, a lingua castelá e a galega.
Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.
Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e a comunicación.
Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa
evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e a mellora do seu ámbito social.
Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
162
Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica
a contribución da ciencia e a tecnoloxía no cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio.
Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido
crítico.
Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.
Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.
OBXECTIVOS DA BIOLOXÍA DE NO BACHARELATO
No Bacharelato, a Bioloxía ten como obxectivo fundamental favorecer e fomentar a formación científica do alumnado. A materia contribúe a
consolidar o método científico como ferramenta habitual de traballo, co que iso leva consigo de estímulo da súa curiosidade, capacidade de razoar,
formulación de hipóteses e deseños experimentais, interpretación de datos e resolución de problemas, facendo que este alumnado alcance as
competencias necesarias para seguir estudos posteriores.
Os grandes avances e descubrimentos da Bioloxía, que se suceden de xeito constante e continuo nas últimas décadas, non só posibilitaron a
mellora das condicións de vida dos cidadáns e o avance da sociedade, senón que, ao mesmo tempo, xeraron algunhas controversias que, polas súas
implicacións de distinta natureza (sociais, éticas, económicas, etc.) non se poden obviar e tamén son obxecto de análise durante o desenvolvemento da
materia.
Os retos das ciencias en xeral, e da Bioloxía en particular, son continuos e, precisamente eles, son o motor que mantén á investigación biolóxica
desenvolvendo novas técnicas de investigación no campo da biotecnoloxía ou da enxeñaría xenética, así como novas ramas do coñecemento como a
genómica ou a proteómica, de maneira que producen continuas transformacións na sociedade. Estes retos abren, ademais, novos horizontes, froito da
colaboración con outras disciplinas, algo que permite o desenvolvemento tecnolóxico actual.
Sintetizando, pódese concluír que a materia de Bioloxía achega ao alumnado uns coñecementos fundamentais para a súa formación científica, así
como unhas destrezas que lle permitirán seguir afondando ao longo da súa formación, todo iso sustentado nos coñecementos previamente adquiridos, e
fortalecer a súa formación cívica como un cidadán libre e responsable...
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
163
O ensino da bioloxía no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades:
Coñecer os principais conceptos da bioloxía e a súa articulación en leis, teorías e modelos, apreciando o papel que estes desempeñan no
coñecemento e interpretación da natureza. Valorar os profundos cambios producidos ao longo do tempo na bioloxía como ciencia e a influencia do
contexto histórico, percibindo o traballo científico como unha actividade en constante construción. Comprender que o desenvolvemento da
bioloxía supón un proceso cambiante e dinámico, mostrando unha actitude flexible e aberta fronte ás diversas opinións pero, ao propio tempo,
combatendo os prexuízos tales como o determinismo biolóxico por razón de sexo ou de raza.
Comprender a natureza da bioloxía e o seus avances e limitacións, así como as súas complexas interaccións coa tecnoloxía e a sociedade. Valorar as
aplicacións de coñecementos da bioloxía como o xenoma humano, a biotecnoloxía, ferramentas como a enxeñaría xenética, a técnica da PCR, etc. e
a necesidade de traballar para lograr unha mellora nas condicións de vida actuais.
Valorar a información procedente de diferentes fontes, incluídas as tecnoloxías da información e da comunicación, para formarse unha opinión
propia dos problemas da sociedade e que lle permita ao alumnado expresarse criticamente sobre problemas actuais relacionados coa bioloxía,
como a saúde e o contorno, a biotecnoloxía, etc. Será preciso ter en conta as diferentes repercusións das tecnoloxías nas mulleres e nos homes e o
androcentrismo presente en moitas investigacións, particularmente nas médicas.
Utilizar con autonomía algunhas da estratexias características da investigación científica (formular e contrastar hipóteses, planificar deseños
experimentais, etc.) e os procedementos propios da bioloxía para realizar pequenas investigacións e, en xeral, explorar situacións e fenómenos
descoñecidos.
Coñecer as características químicas e propiedades das moléculas básicas que configuran a estrutura celular para comprender a súa función nos
procesos biolóxicos.
Interpretar a célula como a unidade estrutural, funcional e xenética dos seres vivos. Coñecer os diferentes modelos de organización e a
complexidade das funcións celulares.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
164
Comprender as leis e mecanismos moleculares e celulares da herdanza, interpretar os descubrimentos máis recentes sobre o xenoma humano e as
súas aplicacións na biotecnoloxía, valorando a súas implicacións éticas, sociais, económicas e políticas e de xénero.
Analizar as características dos microorganismos, a súa intervención en numerosos procesos naturais e industriais e as súas aplicacións na
elaboración de moitos produtos industriais. Coñecer a orixe infecciosa dalgunhas enfermidades provocadas por microorganismos e os principais
mecanismos de resposta inmunitaria.
METODOLOXÍA
Desde un punto de vista xenérico, así como as programacións didácticas de cada unha das unidades, baséanse nos principios de intervención educativa xa sinalados e que sintetizamos e concretamos da seguinte forma:
A. Pártese do nivel de desenvolvemento do alumno, nos seus distintos aspectos, para construír, a partir de aí, outras aprendizaxes que favorezan e melloren o devandito nivel de desenvolvemento. B. Sublíñase a necesidade de estimular o desenvolvemento de capacidades xerais e de competencias básicas e específicas por medio do traballo das materias. C. Dáse prioridade á comprensión dos contidos que se traballan fronte á súa aprendizaxe mecánica. D. Propícianse oportunidades para pór en práctica os novos coñecementos, de modo que o alumno poida comprobar o interese e a utilidade do aprendido. E. Foméntase a reflexión persoal sobre o realizado e a elaboración de conclusións con respecto ao que se aprendeu, de modo que o alumno poida analizar o seu progreso respecto dos seus coñecementos.
Todos estes principios teñen como finalidade que os alumnos sexan, gradualmente, capaces de aprender de forma autónoma e sexan capaces de desenvolver as seguintes capacidades :
Crear na aula un clima que favoreza as aprendizaxes significativas, que desenvolva o interese pola materia e os seus estudos posteriores, que permita a comunicación e intercambio de saberes e experiencias na aula.
Ter en conta as ideas previas do alumnado para o deseño e a secuencia de actividades. Facilitar a construción de aprendizaxes cooperativas que propicien o cambio conceptual, metodolóxico e actitudinal.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
165
Dotar o alumnado de ferramentas que lle permitan iniciarse nos métodos de investigación mediante a preparación de actividades nas que un dos obxectivos sexa o desenvolvemento de procedementos.
Propoñer actividades que poñan de manifesto a correlación entre os fenómenos estudados na aula e os da vida cotiá, mediante análise de situacións concretas, comentarios de novas de actualidade ou realizando saídas didácticas (a laboratorios, fábricas, itinerarios xeolóxicos, etc.) combinadas con informes ou traballos específicos. Facer especial fincapé nas características xeolóxicas e na biodiversidade de Galicia.
O libro de texto utilizado neste curso é: Plaza Escribano e outros: Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato, Ed. Anaya, Madrid, 2015, ISBN 978-84-
678-2811-5
SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS
Os contidos de Bioloxía de 2.º de Bacharelato distribúense en cinco grandes bloques, nos cales se pretende afondar, a partir dos coñecementos
previos xa adquiridos no curso e etapas anteriores, tomando como eixe vertebrador a célula, a súa composición química, estrutura e ultraestructura, e as
súas funcións.
O primeiro bloque céntrase no estudo da base molecular e fisicoquímica da vida, con especial atención ao estudo dos
bioelementos, e os enlaces químicos que posibilitan a formación das biomoléculas inorgánicas e orgánicas, afondando na súa
importancia biolóxica.
O segundo bloque fixa a súa atención na célula como un sistema complexo integrado, analizando a influencia do progreso
técnico no estudo da estrutura, a ultraestructura e a fisioloxía celular.
O terceiro céntrase no estudo da xenética mendeliana e a xenética molecular, e relaciónase o estudo da xenética co feito
evolutivo.
No cuarto abórdase o estudo dos microorganismos, a biotecnoloxía e os novos desenvolvementos no campo da enxeñaría
xenética, coas repercusións éticas e sociais derivadas da devandita manipulación xenética, así como as aplicacións desta e da
microbioloxía en campos variados como a industria alimentaria, a farmacéutica, a biorremediación, etc.
No quinto céntrase na inmunoloxía e as súas aplicacións, afondando no estudo do sistema inmune humano, as súas
disfuncións e deficiencias.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
166
De seguido incluímos unha táboa cos contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe e competencias clave.
CONTIDOS. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE. COMPETENCIAS CLAVE
Unidade Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
1 Compoñentes químicos da vida. Concepto de bioelemento. Tipos, propiedades e funcións dos bioelementos.
Os enlaces químicos e a súa importancia en bioloxía.
-Biomoléculas: concepto, clasificación e técnicas de separación.
Biomoléculas inorgánicas. Estrutura e propiedades fisicoquímicas da auga que a fan unha molécula imprescindible para a vida. Funcións dos sales minerais.
-Fisicoquímica das dispersións acuosas. Difusión, osmose e diálise.
Determinar as propiedades fisicoquímicas dos bioelementos que os fan indispensables para a vida. Relacionar os enlaces químicos coa súa importancia biolóxica.
-Argumentar as razóns polas que a auga e os sales minerais son fundamentais nos procesos biolóxicos.
-Describe técnicas instrumentais e métodos físicos e químicos que permiten o illamento das moléculas e a súa contribución ao grande avance da experimentación biolóxica. -Clasifica os tipos de bioelementos relacionando cada un coa súa proporción e coa súa función biolóxica - Discrimina os enlaces químicos que permiten a formación de moléculas inorgánicas e orgánicas presentes nos seres vivos
-Relaciona a estrutura química da auga coas súas funcións biolóxicas -Distingue os tipos de sales minerais, e relaciona a composición coa función - Contrasta e realiza experiencias dos procesos de difusión, osmose e diálise, e interpreta a súa relación coa concentración salina das células.
CAA
CMCCT
CD
2 -Biomoléculas orgánicas: concepto, clasificación, estrutura, propiedades e funcións biolóxicas de glícidos,
-Recoñecer e identificar os tipos de moléculas que constitúen a materia viva, e relacionalos coas súas respectivas funcións biolóxicas na
-Recoñece e clasifica os tipos de biomoléculas orgánicas, e relaciona a súa composición química coa súa
CAA
CMCCT
CD
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
167
lípidos, prótidos e ácidos nucleicos.
célula.
Identificar os tipos de monómeros que forman as macromoléculas biolóxicas e os enlaces que os unen.
- Determinar a composición química e describir a función, a localización e exemplos das principais biomoléculas orgánicas.
estrutura e coa súa función. -Deseña e realiza experiencias identificando en mostras biolóxicas a presenza de moléculas orgánicas -Contrasta e relaciona os procesos de diálise, centrifugación e electroforese, e interpreta a súa relación coas biomoléculas orgánicas - Identifica os monómeros e distingue os enlaces químicos que permiten a síntese das macromoléculas: enlaces O-glicosídico, enlace éster, enlace peptídico e enlace O-nucleosídico - Describe a composición e a función das principais biomoléculas orgánicas
CSIEE
3 -Encimas: concepto, clasificación, propiedades e funcións. Catálise enzimática. Activación e inhibición enzimática. Alosterismo. - Vitaminas: concepto, clasificación e funcións.
-Comprender e diferenciar a función biocatalizadora dos encimas, con valoración da súa importancia biolóxica. -Sinalar a importancia das vitaminas para o mantemento da vida
-Contrasta o papel fundamental dos encimas como biocatalizadores, e relaciona as súas propiedades coa súa función catalítica. - Identifica os tipos de vitaminas asociando a súa imprescindible función coas doenzas que preveñen.
CAA
CMCCT
CD
4 - A célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos. Teoría celular.
- Evolución dos métodos de
estudo das células. Preparación e procesamento das mostras
Establecer as diferenzas estruturais e de composición entre células procariotas e eucarióticas.
- Interpretar e identificar a estrutura
dunha célula eucariótica animal e dunha vexetal, representar os seus orgánulos e
- Esquematiza os orgánulos citoplasmáticos e recoñece as súas estructuras
- Analiza a relación entre a composición química, a estrutura e a ultraestructura dos orgánulos celulares, e a súa función.
CAA
CMCCT
CD
CSIEE
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
168
para a observación ao microscopio óptico e electrónico.
- Morfoloxía celular.Composición, estrutura, funcións e propiedades das envolturas e dos orgánulos celulares.
-Modelos de organización celular en procariotas e eucarióticas. Células animais e vexetais
- Observación microscópica de
células procariotas e eucariotas tanto animais como vexetais.
describir a súa función.
5 Ciclo celular. -División celular. Mitose en células
animais e vexetais. - Meiose. Necesidade biolóxica da
meiose para a reprodución sexual. Importancia da reprodución sexual na evolución dos seres vivos
-Observación de células en
mitose. Estudo das fases da división celular.
- Meiose. Necesidade biolóxica da
meiose para a reprodución
-Analizar o ciclo celular e diferenciar as súas fases. -Distinguir e identificar os tipos de división
celular, e desenvolver os acontecementos que teñen lugar en cada fase.
-Argumentar a relación da meiose coa
variabilidade xenética das especies.
- Identifica as fases do ciclo celular, e explica os principais procesos que acontecen en cada unha. -Recoñece en microfotografías e
esquemas as fases da mitose e da meiose, e indica os acontecementos básicos que se producen en cada unha.
-Establece as analoxías e as diferenzas máis significativas entre mitose e meiose
- Resume a relación da meiose coa reprodución sexual, o aumento da variabilidade xenética e a posibilidade de evolución das
CAA
CCL
CMCCT
CSIEE
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
169
sexual. Importancia da reprodución sexual na evolución dos seres vivos.
especies.
6 -Importancia da membrana nos fenómenos de transporte. Tipos de transporte. Endocitose e exocitose.
-Examinar e comprender a importancia das membranas na regulación dos intercambios celulares para o mantemento da vida, e realizar experiencias sobre a plasmolise e a turxescencia.
-Compara e distingue os tipos e os subtipos de transporte a través das membranas, e explica detalladamente as características de cada un.
CAA
CCL
CSIEE
7 -Introdución ao metabolismo: catabolismo e anabolismo.
- Reaccións metabólicas: aspectos
enerxéticos e de regulación. -Respiración celular: o seu
significado biolóxico. Orgánulos celulares implicados no proceso respiratorio.
-Diferenzas entre as vías
aeróbicas e anaeróbicas. - As fermentacións e as súas
aplicacións. Observación do proceso de fermentación mediante lévedos.
-Fotosíntese: localización celular
en procariotas e eucarióticas. Etapas do proceso fotosintético.
-Comprender e diferenciar os procesos de catabolismo e anabolismo, e establecer a relación entre ambos.
-Describir as fases da respiración celular,
identificando rutas e produtos iniciais e finais.
-Diferenciar a vía aeróbica da anaeróbica
-Pormenorizar os procesos que teñen lugar en cada fase da fotosíntese
-Xustificar a importancia biolóxica da fotosíntese como proceso de biosíntese, individual para os organismos pero tamén global no mantemento da vida na Terra. -Argumentar a importancia da quimiosíntese.
-Define e interpreta os procesos catabólicos e os anabólicos, así como os intercambios enerxéticos asociados a eles.
- Sitúa, a nivel celular e a nivel de
orgánulo, o lugar onde se produce cada un destes procesos, e diferenza en cada caso as rutas principais de degradación e de síntese, e os encimas e as moléculas máis importantes responsables dos devanditos procesos.
-Valora a importancia das
fermentacións en numerosos procesos industriais, e recoñece as súas aplicacións
-Identifica e clasifica os tipos de
organismos fotosintéticos.
CAA
CMCCT
CSIEE
CCL
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
170
Balance global. -Importancia biolóxica da
fotosíntese
- Quimiosíntese.
- Localiza a nivel subcelular onde se
leva a cabo cada fase, e destaca os procesos que teñen lugar.
- Contrasta a importancia biolóxica
da fotosíntese para o mantemento da vida na Terra.
-Valora o papel biolóxico dos
organismos quimiosintéticos.
8 -Xenética molecular. Importancia biolóxica do ADN como portador da información xenética. Concepto de xene
-Replicación do ADN. Etapas da replicación. Diferenzas entre o proceso replicativo entre eucarióticas e procariotas. -ARN: tipos e funcións. - Fluxo da información xenética
nos seres vivos. -Expresión dos xenes. Transcrición e tradución xenéticas en procariotas e eucarióticas. O código xenético na información xenética.
-Analizar o papel do ADN como portador da información xenética.
-Distinguir as etapas da replicación e os encimas implicados nela. -Establecer a relación do ADN coa síntese
de proteínas. -Determinar as características e as
funcións dos ARN. -Elaborar e interpretar esquemas dos procesos de replicación, transcrición e tradución, e a regulación da expresión xénica
-Definir o concepto de mutación e distinguir os principais tipos e axentes mutaxénicos
-Describe a estrutura e a composición química do ADN, e recoñece a súa importancia biolóxica como molécula responsable do almacenamento, a conservación e a transmisión da información xenética. - Diferenza as etapas da replicación e identifica os encimas implicados nela.
-Establece a relación do ADN co proceso da síntese de proteínas
- Diferenza os tipos de ARN e a
función de cada un nos procesos de transcrición e tradución.
-Recoñece e indica as características
fundamentais do código xenético, e aplica ese coñecemento á resolución de problemas de xenética molecular
CAA
CMCCT
CSIEE
CCL
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
171
- Resolución de problemas de
xenética molecular. - Regulación da expresión xénica. -Mutacións: tipos. Axentes
mutaxénicos. - Mutacións e cancro. - Implicacións das mutacións na
evolución e na aparición de novas especies.
-Relacionar mutación e cancro. Destacar a importancia das mutacións na evolución das especies.
- Interpreta e explica esquemas dos
procesos de replicación, transcrición e tradución
- Resolve exercicios prácticos de
replicación, transcrición e tradución, e de aplicación do código xenético
-Identifica e distingue os encimas principais relacionados cos procesos de transcrición e tradución.
-Describe o concepto de mutación e
establece a súa relación cos fallos na transmisión da información xenética
- Clasifica as mutacións e identifica
os axentes mutaxénicos máis frecuentes.
- Asocia a relación entre a mutación
e o cancro, e determina os riscos que implican algúns axentes mutaxénicos
- Destaca a importancia das
mutacións na evolución e na aparición de novas especies.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
172
9 -Enxeñaría xenética. Principais liñas actuais de investigación. Organismos modificados xeneticamente. - Proxecto xenoma: repercusións sociais e valoracións éticas da manipulación xenética e das novas terapias xénicas.
-Desenvolver os avances máis recentes no ámbito da enxeñaría xenética, así como as súas aplicacións. - Analizar os progresos no coñecemento do xenoma humano e a súa influencia nos novos tratamentos.
-Resume e realiza investigacións sobre as técnicas desenvolvidas nos procesos de manipulación xenética para a obtención de organismos transxénicos. -Recoñece e indica os descubrimentos máis recentes sobre o xenoma humano e as súas aplicacións en enxeñaría xenética, e valora as súas implicacións éticas e sociais
CAA
CSC
CCEC
CSIEE
10 -Xenética mendeliana. Teoría cromosómica da herdanza. Determinismo do sexo e herdanza ligada ao sexo e influída polo sexo.
- Evidencias do proceso evolutivo
-Darwinismo e neodarwinismo:
teoría sintética da evolución. - Xenética de poboacións.
Frecuencias xénicas e a súa relación coa evolución
-A mutación e a recombinación
xénica como procesos que xeran cambios e adaptacións. Principios da selección natural.
-Evolución e biodiversidade. -Proceso de especiación. Modelos
-Formular os principios da xenética mendeliana, aplicando as leis da herdanza na resolución de problemas, e establecer a relación entre as proporcións da descendencia e a información xenética. - Diferenciar evidencias do proceso evolutivo. - Recoñecer e diferenciar os principios da teoría darwinista e neodarwinista. - Relacionar o xenotipo e as frecuencias xénicas coa xenética de poboacións e a súa influencia na evolución
-Recoñecer e indicar a importancia da
mutación e a recombinación como motores da evolución.
- Analizar os factores que incrementan a
biodiversidade e a súa influencia no proceso de especiación.
-Analiza e predí aplicando os principios da xenética mendeliana, os resultados de exercicios de transmisión de carácteres autosómicos, carácteres ligados ao sexo e influídos polo sexo - Argumenta evidencias que demostran o feito evolutivo - Identifica os principios da teoría darwinista e neodarwinista, e compara as súas diferenzas. - Distingue os factores que inflúen nas frecuencias xénicas. - Comprende e aplica modelos de estudo das frecuencias xénicas na investigación privada e en modelos teóricos. - Ilustra a relación entre mutación e recombinación, o aumento da diversidade e a súa influencia na evolución dos seres vivos.
CAA
CMCCT
CSIEE
CCL
CCEC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
173
de especiación.
- Distingue tipos de especiación e identifica os factores que posibilitan a segregación dunha especie orixinal en dúas especies diferentes.
11 -Microbioloxía. Concepto de microorganismo. Microorganismos con organización celular e sen ela. - Virus, outras formas acelulares e
partículas infectivas subvirais. Bacterias. Fungos microscópicos. Protozoos. Algas microscópicas.
- Observación microscópica de protozoos, algas e fungos. -Métodos de estudo dos
microorganismos. Esterilización e pasteurización.
-Realización de experiencias de
cultivo de microorganismos
-Microorganismos nos ciclos
xeoquímicos. - Microorganismos como axentes
produtores de doenzas. -Biotecnoloxía. Utilización dos
-Diferenciar os tipos de microorganismos en función da súa organización celular
-Describir as características estruturais e
funcionais dos grupos de microorganismos.
-Identificar os métodos de illamento,
cultivo e esterilización dos microorganismos
- Valorar a importancia dos
microorganismos nos ciclos xeoquímicos.
- Recoñecer e numerar as doenzas máis
frecuentes transmitidas polos microorganismos, utilizando o vocabulario axeitado relacionado con elas
- Avaliar as aplicacións da biotecnoloxía e
a microbioloxía na industria alimentaria e farmacéutica, e na mellora do medio.
-Clasifica os microorganismos no grupo taxonómico ao que pertencen. -Analiza a estrutura e a composición
dos microorganismos e relaciónaas coa súa función.
- Describe técnicas instrumentais
que permiten o illamento, o cultivo e o estudo dos microorganismos para a experimentación biolóxica.
-Recoñece e explica o papel
fundamental dos microorganismos nos ciclos xeoquímicos
- Relaciona os microorganismos
patóxenos máis frecuentes coas doenzas que orixinan
- Analiza a intervención dos
microorganismos en numerosos procesos naturais e industriais, e as súas numerosas aplicacións
- Recoñece e identifica os tipos de
microorganismos implicados en procesos fermentativos de interese
CCEC
CSC
CMCCT
CD
CAA
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
174
microorganismos nos procesos industriais: produtos elaborados por biotecnoloxía.
-Realización de experiencias con
microorganismos fermentadores
industrial - Valora as aplicacións da
biotecnoloxía e a enxeñaría xenética na obtención de produtos farmacéuticos, en medicina e en biorremediación, para o mantemento e a mellora do medio.
12 -Concepto actual de inmunidade. Sistema inmunitario. Defensas internas inespecíficas
-Inmunidade específica:
características e tipos (celular e humoral). Células responsables.
- Identificación de células
inmunitarias mediante a súa observación.
-Mecanismo de acción da
resposta inmunitaria. Memoria inmunolóxica.
- Antíxenos e anticorpos. Estrutura dos anticorpos. Formas de acción. A súa función na resposta inmune. - Reacción antíxeno-anticorpo: tipos e características.
-Desenvolver o concepto actual de inmunidade.
-Distinguir inmunidade inespecífica e específica, así como as súas células respectivas
-Discriminar resposta inmune primaria e secundaria.
-Definir os conceptos de antíxeno e anticorpo, e identificar a estrutura dos anticorpos.
-Diferenciar os tipos de reacción antíxeno-anticorpo.
-Diferenciar inmunidade natural e artificial, e soro e vacina.
-Investigar a relación entre as disfuncións do sistema inmune e algunhas patoloxías frecuentes.
-Analizar e describir o ciclo do virus do VIH.
-Describir o proceso de autoinmunidade
-Analiza os mecanismos de autodefensa dos seres vivos e identifica os tipos de resposta inmunitaria - Describe as características e os métodos de acción das células implicadas na resposta inmune. - Compara as características da resposta inmune primaria e secundaria. - Define os conceptos de antíxeno e de anticorpo, e recoñece a estrutura e a composición química dos anticorpos. - Clasifica os tipos de reacción antíxeno-anticorpo e resume as características de cada un. - Destaca a importancia da memoria inmunolóxica no mecanismo de acción da resposta inmunitaria e asóciaa coa síntese de vacinas e soros. - Resume as principais alteracións e disfuncións do sistema inmunitario, e
CAA
CSC
CCEC
CSIEE
CD
CCL
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
175
- Inmunidade natural e artificial ou adquirida. Soros e vacinas. A súa importancia na loita contra as doenzas infecciosas. -Disfuncións e deficiencias do
sistema inmunitario. Alerxias e inmunodeficiencias.
- Sistema inmunitario e cancro. - A SIDA e os seus efectos no
sistema inmunitario. - Doenzas autoinmunes
- Anticorpos monoclonais e
enxeñaría xenética. -Transplante de órganos e
problemas de rexeitamento. Reflexión ética sobre a doazón de órganos, medula e sangue.
-Argumentar e valorar os avances da inmunoloxía e a enxeñaría xenética nos tratamentos con anticorpos monoclonais e os transplantes de órganos, e a problemática do rexeitamento.
analiza as diferenzas entre alerxias e inmunodeficiencias - Describe o ciclo de desenvolvemento do VIH. - Clasifica e cita exemplos das doenzas autoinmunes máis frecuentes, así como os seus efectos sobre a saúde - Recoñece e valora as aplicacións da inmunoloxía e da enxeñaría xenética para a produción de anticorpos monoclonais - Describe os problemas asociados ao transplante de órganos, e identifica as células que actúan. - Clasifica e entende os tipos de transplantes, e relaciona os avances neste ámbito co impacto futuro na doazón de órganos, medula e sangue.
NOTA: Os estándares avaliables teñen a característica de coñecementos básicos que os alumnos deben acadar para superar a materia, polo que todos os estándares teñen o mesmo peso nas probas de avaliación. En consecuencia, o valor dos estándares conceptuais e procedementais será o mesmo, repartindo o 90 % da nota de avaliación por igual entre todos eles. O 10 % restante será destinado á avaliación dos estándares de actitude (interés, participación activa, …..)
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
176
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Analizar o carácter aberto da bioloxía a través do estudo dalgunhas interpretacións, hipóteses e predicións científicas sobre conceptos básicos
como a composición celular dos organismos, a natureza do xene, a orixe da vida, etc. valorando os cambios producidos ao longo do tempo e a
influencia do contexto histórico e das achegas tecnolóxicas. o Trátase de coñecer se o alumnado é capaz de analizar as explicacións científicas sobre
distintos fenómenos naturais achegadas por mulleres e homes en diferentes contextos históricos, debater algunhas controversias e comprender a
súa contribución aos coñecementos científicos actuais. Pódese valorar este criterio respecto a evidencias experimentais ou a conceptos coma o
xene, infección, virus, o ADN molécula da información, etc.
Deseñar e realizar investigacións considerando algunhas características esenciais do traballo científico: planificación precisa do problema,
formulación de hipóteses contrastables, deseño e realización de experiencias e análise e comunicación de resultados. Trátase de comprobar a
progresión do alumnado no desenvolvemento de destrezas científicas como a planificación do problema ou a comunicación de resultados e
adquirir actitudes propias do traballo científico como rigor, precisión, creatividade, .. para constatar o avance, non só no terreo conceptual, senón
tamén no da autonomía persoal, fundamentalmente no traballo no laboratorio con orde e seguranza.
Recoñecer os diferentes tipos de macromoléculas que constitúen a materia viva e relacionalas coas súas funcións biolóxicas na célula. Enumerar as
razóns polas que a auga e os sales minerais son fundamentais nos procesos celulares, indicando algúns exemplos das repercusións da súa ausencia.
Preténdese avaliar se o alumnado é capaz de identificar os principais compoñentes moleculares que forman as estruturas celulares, se recoñece as
súas unidades constituíntes e se as relaciona coas súas funcións. Tamén se avaliará se recoñece a importancia da auga para o desenvolvemento da
vida, as reaccións metabólicas, etc. Así mesmo, valorarase a súa capacidade para realizar experiencias sinxelas e para identificar a presenza das
biomoléculas en mostras biolóxicas.
Interpretar a estrutura interna dunha célula eucariota e dunha célula procariota (tanto co microscopio óptico como co microscopio electrónico),
identificando os orgánulos da primeira e describindo a función que desempeñan. Explicar a teoría celular e a súa importancia no desenvolvemento
da bioloxía. Preténdese valorar se o alumnado sabe diferenciar a estrutura celular procariota da eucariota (vexetal e animal) e facer estimacións
dos seus tamaños relativos. Tamén se valorará se recoñece os diferentes orgánulos e indica e relaciona as súas funcións.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
177
Analizar e representar esquematicamente o ciclo celular e as modalidades da división do núcleo e do citoplasma, xustificando a importancia
biolóxica da mitose. Trátase de comprobar se o alumnado ten unha visión global do ciclo celular e dos detalles máis significativos da división
nuclear e da citocinese. Tamén se é quen de identificar as distintas fases tanto en microfotografías como en esquemas e preparacións e poder
explicar os acontecementos que se producen en cada unha delas e as súas diferenzas máis significativas.
Diferenciar os mecanismos de síntese da materia orgánica respecto dos de degradación e os intercambios enerxéticos a eles asociados. Explicar o
significado biolóxico da respiración celular indicando as diferenzas entre a vía aerobia e a anaerobia respecto da rendibilidade enerxética, os
produtos finais orixinados e o interese industrial destes últimos. Enumerar os diferentes procesos que teñen lugar na fotosíntese e xustificar a súa
importancia como proceso de biosíntese, individual para os organismos, pero tamén para o mantemento da vida. Avalíase con este criterio se o
alumnado entende, de forma global, os procesos metabólicos celulares de intercambio de materia e enerxía; se valora as funcións dos encimas e
diferenciar a vía aerobia e anaerobia respecto á rendibilidade enerxética e aos produtos finais das fermentacións e algunhas das súas aplicacións
industriais. Así mesmo, trátase de valorar se coñece a importancia e finalidade da fotosíntese, distingue as fases luminosa e escura identificando as
estruturas celulares onde se desenvolven, os substratos necesarios, os produtos finais e o balance enerxético obtido, valorando a súa importancia
no mantemento da vida.
Aplicar os mecanismos de transmisión dos carácteres hereditarios segundo a hipótese mendeliana e a teoría cromosómica da herdanza á
interpretación e resolución de problemas relacionados coa herdanza. Describir as vantaxes da reprodución sexual e relacionar a meiose coa
variabilidade xenética das especies. Explicar o papel do ADN como portador da información xenética, a natureza do código xenético e a relación coa
síntese das proteínas. Coñecer algunhas das ferramentas da enxeñaría xenética e as súas aplicacións. Relacionar as mutacións coas alteracións da
información e a súa repercusión na variabilidade dos seres vivos e na saúde das persoas. Preténdese comprobar se o alumnado identifica a
importancia da meiose na reprodución sexual e pode explicar a teoría cromosómica da herdanza; se analiza os traballos de investigación que
levaron ao coñecemento da natureza molecular do xene e a súa relación co ADN e a síntese de proteínas; se é capaz de analizar algunhas
aplicacións e limitacións da manipulación xenética en vexetais e animais e nas persoas, entendendo que o traballo científico está, como calquera
actividade, sometido a presións sociais, económicas e políticas.
Explicar as características estruturais e funcionais dos microorganismos, resaltando a súas relacións cos outros seres vivos, a súa función nos ciclos
bioxeoquímicos, valorando as aplicacións da microbioloxía na industria alimentaria e farmacéutica e na mellora do medio natural, así como o poder
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
178
patóxeno que poden ter nos seres vivos. Trátase de valorar se o alumnado é quen de recoñecer a heteroxeneidade taxonómica dos
microorganismos e os diferentes papeis que desenvolven nos ecosistemas, así como o relevante papel que o seu coñecemento ten para a
biotecnoloxía, fundamentalmente na industria alimentaria, farmacéutica ou na loita contra a contaminación.
Analizar os mecanismos de autodefensa dos seres vivos, en particular o desenvolto polos vertebrados ante a presenza dos antíxenos. Coñecer o
concepto actual de inmunidade e explicar as características da resposta inmunitaria, así como se pode incidir para reforzar e estimular as defensas
naturais. Con este criterio preténdese avaliar se o alumnado identifica as características da inmunidade e do sistema inmunitario cos diferentes
tipos celulares implicados e como actúan as defensas externas e internas contra a infección. Tamén debe avaliarse o coñecemento sobre as
diferentes técnicas que activan a resposta inmunitaria, como os soros e as vacinas. E finalmente a identificación das alteracións inmunitarias nas
persoas, como por exemplo nos casos da SIDA, o transplante de órganos e valorar as súas dimensións médicas, biolóxicas, sociais e éticas.
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Se a avaliación constitúe un proceso flexible tamén os procedementos haberán de ser variados. Para recoller datos podemos servirnos de diferentes
procedementos de avaliación:
A observación sistemática de comportamentos.
Entrevistas, caderno de exercicios e prácticas
Probas escritas
Cuestionarios orais e escritos.
Tradución de artigos científicos
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
179
A avaliación dos alumnos de 2º Bacharelato de Bioloxía será unha avaliación continua, suxeita aos principios de obxectividade e rendemento. O
traballo do día, aínda apreciable na avaliación, non é un criterio definitivo, por canto os alumnos deben adquirir e acreditar os coñecementos mínimos
indispensables para obter unha avaliación positiva.
Os instrumentos de avaliación usados, así como o seu peso na cualificación de cada avaliación e na avaliación final son os que se indican de seguido:
A determinación da nota correspondente a cada avaliación e das avaliacións finais queda sometida as seguintes normas:
1.- Os exames constarán de 6 cuestións, seguindo o modelo establecido nas probas de acceso á Universidade.
2.- As cuestións 1 a 4 puntuaranse con un máximo de 2 puntos por cuestión, repartidos entre os distintos apartados de cada
pregunta.
3.- A cuestión 5 incluirá 10 frases de verdadeiro ou falso, sendo deducidas da nota da pregunta os erros: cada erro anula a unha
cuestión ben contestada.
4.- A cuestión 6 estará formada por 15 termos que o alumno debe agrupar de 3 en 3 e realizar con cada grupo unha frase correcta
tanto dende o punto de vista biolóxico como gramatical.
5.- Non haberá partición da nota dentro de cada apartado de pregunta, polo que nos apartados a cualificación será “todo ou nada”.
6.- A ortografía e correcta expresión serán valoradas na nota do exame, podendo reducir a cualificación nun máximo de 1 punto.
7.- Para calcular a nota de cada avaliación, aplicarase o método de media ponderada entre os exames que se realizaran nesa
avaliación, tendo máis peso na nota o exame que máis leccións comprenda, de acordo co seguinte sistema
Instrumento Porcentaxe da nota de avaliación
Probas obxectivas orais e escritas 90 %
Exercicios, traballo de clase e prácticas de laboratorio, Tradución de artigos científicos
10 %
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
180
NOTA AVALIACIÓN = 1 x (nota exame 1) + 2 x (nota exame 2) + 3 x (nota exame 3)
6
8.- Para a nota final, calcularase a media ponderada dos 3 exames globais da avaliación 1, dos 2 da avaliación 2 e do único exame da
avaliación 3. A nota final será a nota media das 3 notas resultantes, corrixida en función do traballo do alumno e dos seus resultados
no resto das probas obxectivas.
9.- Como é obvio, este sistema leva implícito o sistema para recuperar a materia. Non obstante os alumnos que só teñan suspensa
unha avaliación realizarán un exame final no mes de maio, na data que oportunamente se fixe, da avaliación suspendida. Os alumnos
que teñan 2 ou 3 avaliacións suspendidas, deberán ir ao exame final con toda a materia.
1.- Suspenderá a proba obxectiva o alumno que sexa sorprendido copiando durante a realización da mesma, calquera que sexa o
método utilizado ( dun compañeiro, de apuntes, de “chuletas”, ou por medios electrónicos ou de comunicación).
11.- Os alumnos que non poidan presentarse a unha proba obxectiva poderán facela no momento que fixe o profesor; non obstante,
este só está obrigado a facer a proba no caso de que a falta de asistencia estea debidamente xustificada mediante documento oficial
(parte médico, ou xustificante oportuno e válido). En ningún caso se realizará o exame cando a causa da falta de asistencia non teña
carácter oficial ( quedar durmido, “atoparse mal”, etc.)
CONVOCATORIA DE SETEMBRO: A cualificación dos alumnos que, por ter suspendido a materia na convocatoria ordinaria de xuño deban presentarse a convocatoria de setembro, rexerase polas seguintes normas:
1. A proba de setembro é unha convocatoria extraordinaria na que o alumno debe demostrar que domina os contidos mínimos necesarios para aprobar a materia.
2. O alumno será cualificado exclusivamente pola proba escrita que realice en setembro, sen ter en conta, en ningún caso, a súa actividade e cualificacións obtidas ao longo do curso académico no que suspendeu a materia obxecto da proba.
3. Dado que a proba extraordinaria de setembro é un exame de mínimos, os alumnos que a aproben non poderán obter unha cualificación definitiva superior a 5.
4. Para superar a materia os alumnos deben obter como mínimo un 5 na proba escrita.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
181
SECUENCIACIÓN DAS PROBAS OBXECTIVAS
Exames Leccións Avaliación
1 Unidade 1 e 2 1ª
2 Unidades 3 e 4 1ª
3 Unidades 1, 2, 3 e 4 1ª
4 Unidades 1, 2, 3 e 4 2ª
5 Unidade 5, 6 e 7 2ª
6 Unidade 5, 6, 7, 8, 9 e 10 2ª
8 Unidades 1, 2, 3 e 4 3ª
9 Unidades 5, 6, 7, 8, 9 e 10 3ª
10 Unidade 11 3ª
11 Unidades 11 e 12 3ª
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
182
ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS NO BACHARELATO.
Os alumnos que se matriculen en Bioloxía de 2º de Bacharelato sen ter estudado previamente a Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato, poderán
facelo sempre que realicen e aproben o programa de recuperación para alumnos que teñen pendente a Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato. Con
este fin, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía informará aos alumnos do calendario e secuenciación dos temas correspondentes a devandita materia.
Os alumnos que desexen cursar CTMA de 2º de Bacharelato sen ter cursado previamente a Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato deberán realizar unha proba obxectiva na que acrediten ter os coñecementos necesarios para cursar a materia de CTMA.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
183
CIENCIAS DA TERRA E DO MEDIO AMBIENTE 2º BACHARELATO
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
184
INTRODUCIÓN
5. Unha vez finalizada a educación secundaria obrigatoria, o alumnado comeza o bacharelato cunha formación básica na maioría das
materias que configuraron os currículos anteriores do ensino básico.
6. Inicia unha nova etapa na cal deberá afondar nalgunha materia xa iniciada e adquirir os coñecementos doutras novas, ben sexa entre as
comúns, ben entre as pertencentes á modalidade escollida de acordo coas súas expectativas de futuro, cos seus intereses e coas súas
capacidades.
7. Ben que nesta etapa o tratamento das materias ten que ser máis completo e complexo, cómpre non perder de vista o historial
académico anterior; será preciso partir do xa adquirido para, asentado e interiorizado, avanzar nunha aprendizaxe máis reflexiva, crítica
e autónoma.
8. No currículo da etapa anterior as competencias foron o obxectivo que se pretendía lograr e o referente fundamental para os criterios de
avaliación. Nesta nova etapa, aínda sen que figuren neses termos, deberán estar presentes para continuar no seu desenvolvemento e
permitir un avance máis satisfactorio da formación integral que se persegue para cada persoa, coa mirada posta nunha vida social adulta
ou na continuación de estudos superiores. En calquera dos dous casos, as competencias serán precisas ao longo da vida.
9. No bacharelato, á parte de enriquecerse cos coñecementos das materias comúns e das propias da modalidade elixida e das optativas, o
alumnado terá que ser quen, de forma progresiva, de buscar información nas diversas fontes ao seu alcance, sobre aspectos académicos
ou profesionais, seleccionala con criterios rigorosos, analizala, interiorizala e aplicala en contextos diversos.
10. Terá que ser quen de atopar mecanismos de resolución de problemas no mundo que o rodea.
11. Terá que ser quen de identificar e adoptar distintas estratexias que lle faciliten en cada momento adoptar decisións axeitadas fronte aos
problemas que van xurdindo na actualidade na interacción co contorno.
12. Terá que ser quen de participar activamente na mellora da sociedade, con espírito solidario, exercendoos dereitos democráticos de
cidadanía.
13. Terá que ser quen de detectar as súas fortalezas e carencias de aprendizaxe, de relación e emocionaise adoptar actitudes de esforzo e
perseveranza para superalas.
14. En definitiva, precisará ampliar as competencias que desenvolveu ao longo do ensino básico e continuar,en distinta forma e medida, ao
longo de toda a vida, tendo presente que a aprendizaxe será necesaria,tanto para a continuación con estudos superiores como para a
súa incorporación na vida adulta.
Todas estas necesidades do alumnado precisan dunha práctica docente encamiñada aos mesmos obxectivos:
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
185
Será precisa, xa que logo, unha práctica de aula que fomente o traballo interactivo, cooperativo, rigoroso,reflexivo e
conectado coa realidade e co uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
Unha práctica educativa que teña en conta as diversas fontes de información, que fomente a transformación da información
en formación, que fomente e participe do espírito crítico, empregando o xénero como unha das categorías de análise, a
investigación e a innovación, o traballo ben feito e a autoavaliación.
Será precisa unha práctica docente que non esqueza a atención á diversidade que, aínda que presentedificultades, será fonte
de enriquecemento mutuo e nunca fonte de conflito.
OBXECTIVOS DO BACHARELATO
O bacharelato contribuirá a desenvolver nas alumnas e nos alumnos as capacidades que lles permitan:
• Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da
Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na
construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.
• Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de maneira responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico.
Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.
• Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades
existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con discapacidade.
• Reforzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para aproveitar eficazmente as aprendizaxes e mais como
medio para o desenvolvemento persoal.
• Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.
• Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.
• Utilizar eficazmente e con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.
• Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa
evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.
• Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade de bacharelato
elixida.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
186
• Comprender os elementos e procedementos fundamentais dos métodos científicos e da investigación. Coñecer e valorar de forma crítica a
contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto do medio natural e
a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.
• Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, autoconfianza e sentido crítico.
• Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o sentido estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.
• Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social e impulsar condutas e hábitos saudables.
• Reforzar actitudes de respecto e de prevención no ámbito da seguridade viaria.
• Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo
globalizado.
OBXECTIVOS DAS CCTMA DE 2º DE BACHARELATO
1.- Comprender o funcinamento da Terra y dos sistemas terrestres e as súas interaccións, como base para a interpretación das repercusións globais de
feitos aparentemente locais e viceversa.
2.-Coñecer a influenza dos procesos xeolóxicos no medioambiente e na vida humana.
3.- Avaliar as posibilidades de uso dos recursos naturais incluíndo as súas aplicación e recoñecer a existencia de límites, valorando a necesidade de
adaptar o uso a capacidade de renovación.
4.- Tomar conciencia de que a natureza ten recursos non renovables e que para asegurar a supervivencia é preciso usar racionalmente os recursos,
respectando as súas leis.
5.- Analizar as causas que orixinan os riscos naturais, coñecer os impactos derivados da explotación de recursos e considerar diversas medidas de
prevención e corrección.
6.- Investigar cientificacamente os problemas ambientais, mediante técnicas variadas de tipo fisicoquímico, biolóxico, xeolóxico, matemático e
recoñecer a importancia dos aspectos históricos, sociolóxicos, económicos e culturais nos estudos do medio ambiente.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
187
7.- Usar as tecnoloxías da información e comunicación para facer simulacións, tratar datos e extraer e usar información de diferentes fontes, avaliar o
seu contido, fundamentar traballos e realizar informes.
8.- Investigar os problemas ambientais dende unha perspectiva global, que integre todos os puntos de vista, recollendo datos, elaborando conclusións
e propoñendo alternativas.
9.- Promover actitudes favorables cara o respecto e a protección do medio ambiente, desenvolvendo a capacidade de valorar as actuacións sobre o
contorno e tomar libremente iniciativas na súa defensa.
COMPETENCIAS CLAVE
A materia de CC Terra e MA mantén unha vinculación esencial coa competencia básica n.º 3: coñecemento e interacción co mundo físico. Así, todos
os nosos enunciados incorpórana de forma implícita. Pero a súa contribución é decisiva para o desenvolvemento das restantes. Destacamos, a
continuación, as relacións coas competencias básicas recollidas nos currículos oficiais.
COMPETENCIAS CLAVE INDICADORES DE LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE
Comunicación Lingüística
Matemática e competencias
básicas en ciencia e tecnoloxía
Competencia dixital
Aplicar estratexias propias do traballo científico: formulación de conxecturas e obtención
de conclusións, incluíndo, no seu caso, deseños experimentais e análise dos resultados
para o estudo das unidade e diversidade da vida e a bioloxía
Utilizar instrumentos de observación, como o microscopio, individualmente e en grupo,
interpretando fotografías, táboas, gráficas, diagramas, claves e informacións numéricas
que permitan analizar, expresar datos ou ideas ou elixir a estratexia máis adecuada para
resolver problemas e cuestións relacionadas coa bioloxía
Analizar as observacións, probas e evidencias de diferentes feitos e fenómenos do medio
natural e tecnolóxico da vida cotiá da Comunidade Autónoma, con flexibilidade mental
para aceptar cambios e admitir a provisionalidade das leis, teorías e modelos científicos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
188
COMPETENCIAS CLAVE INDICADORES DE LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE
Aprender a aprender
Competencias sociais e cívicas
Sentido de iniciativa e espírito
emprendedor
Conciencia e expresións
culturais
Expresar, de forma oral e escrita, opinións fundamentadas sobre a dimensión social e
tecnolóxica das CCTMA, utilizando con coherencia, claridade e precisión os conceptos
científicos necesarios.
Expoñer datos, conceptos e teorías relevantes que permitan a resolución de problemas e
cuestións relacionadas coa vida e a bioloxía molecular.
Manexar fontes de información e as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións para
a elaboración de contidos relacionados coa bioloxía mostrando unha visión actualizada da
actividade científica.
Discutir de forma fundamentada a importancia do coñecemento biolóxico na evolución
cultural da humanidade, na satisfacción das súas necesidades e na mellora das súas
condicións de vida.
Aplicar os coñecementos adquiridos en Bioloxía para participar, de forma activa e
fundamentada na toma de decisións ao redor de problemas locais e globais aos que se
enfronta a humanidade e contribuír a construír un futuro sustentable.
ELEMENTOS TRANSVERSAIS
A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e comunicación, o espírito emprendedor e a educación cívica e constitucional trabállanse en todas as materias, sen perxuizo dun tratamento máis específico nalgunha das materias de cada etapa. Asemade, o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero o contra persoas con discapacidade e os valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal constitúen un eixe central na formación dos alumnos en todas as etapas do ensino. Neste campo, a Bioloxía amosa sistematicamente que diferenza e desigualdade non son o mesmo.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
189
Promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos no eido persoal, familiar e social, así coma os valores sobre os que se basean a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, a igualdade en homes e mulleres e as persoas con discapacidade, o rechazo ao terrorismo, o respecto á pluralidade, o Estado de dereito, as vítimas do terrorismo ... Especial atención dedicaremos á prevención da violencia de xénero, á violencia contra as persoas con discapacidade, á violencia terrorista e a calquera forma de violencia, racismo ou xenofobia. Evitando en todo caso comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan unha discriminación baseada na orientación sexual ou de identidade de xénero, favorecendo a visibilidade e normalización da realidade homosexual, bisexual, transexual, ... Finalmente, desenvolveremos actividades para potenciar a educación e seguridade vial, mellorando a formación dos alumnos en canto aos dereitos e deberes como usuarios das vías, ben sexa como peóns, viaxeiros ou condutores de calquera tipo de vehículo, singularmente bicicletas e facer visible a relación estreita entre o consumo de alcohol e/ou estupefacientes e os accidentes de tráfico. AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS DERIVADAS
Segundo a Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de
Galicia. DOG do 7 de xaneiro de 2008: Ao comezo de cada curso e coa finalidade de adecuar as ensinanzas de cada materia ao alumnado e facilitar
a progresión satisfactoria do seu proceso de aprendizaxe, o profesorado que imparta docencia no grupo realizará unha avaliación inicial, incidindo
na obtención de información sobre os coñecementos previos do alumnado en cada unha das materias e o grao de desenvolvemento das
competencias básicas.
A avaliación inicial terá en conta os seguintes instrumentos:
A) Expediente académico do alumno.
B) Informes de Orientación Escolar.
C) Lectura de textos en voz alta.
D) Lectura e resume dun artigo científico en inglés
E)Proba escrita na que o alumno acredite os coñecementos básicos para cursar esta materia.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
190
Os alumnos que amosen dificultades de aprendizaxe serán tratados seguindo un programa acordado co Departamento de Orientación Escolar. En todo caso, ese programa xirará ó redor aos seguintes aspectos: a) Reducir os contidos, sen renunciar aos contidos mínimos esixibles. b) Exercicios de reforzo. Os alumnos recibirán un caderno de exercicios para reforzar a aprendizaxe dos temas estudados. c) Redución da materia que entra en cada proba escrita, realizando un maior número de exames de menor extensión e axustados aos contidos mínimos. d) Máis tempo para realizar os exames.
c) Substitución de probas escritas por orais. AVALIACIÓN DO PROCESO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE
Toda programación está suxeita a 3 fases evolutivas:
Una vez coñecido os resultados da avaliación inicial dos alumnos (número de alumnos, existencia ou non de alumnos con dificultades, ...) é preciso adecuar a programación, introducindo as modificacións oportunas para levala á práctica.
Adecuación da mesma ao longo da execución da mesma, adaptándoa para convertela nun instrumento útil para lograr os obxectivos establecidos. As reunións de Departamento mensuais constitúen un lugar idóneo para debater as modificacións oportunas e actuar coordinadamente.
Valoración final, en función dos resultados acadados ao final do curso, introducindo as modificacións precisas para o curso seguinte. Para a avaliación da programación e da práctica docente teremos en conta os seguintes elementos:
Adecuación da secuenciación e temporalización establecida na programación.
Resultados obtidos polos alumnos, seguindo unha secuencia progresiva (de menos a máis).
Valoración dos resultados dos alumnos na avaliación inicial.
Idoneidade das actividades propostas.
Análises dos aspectos que non puideron desenvolverse ao longo do curso, determinando as causas. Por outra banda, é importante que os alumnos opinen sobre a labor do profesor e a maneira en que desenvolve as clases. Ao final de cada avaliación subministrarase aos estudantes un test que permita observar a práctica docente. Un modelo de ese test podería ser o seguinte, cunha escala de 1 (moi baixo) a 4 (alto):
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
191
Item
Valoración
1 2 3 4
Explica de xeito claro Emprega a metodoloxía axeitada Emprega diferentes recursos Crea un ambiente adecuado de traballo na clase Establece un ritmo de traballo adecuado para poder seguilo Dedica tempo a responder dúbidas
METODOLOXÍA
Desde un punto de vista xenérico, así como as programacións didácticas de cada unha das unidades, baséanse nos principios de intervención educativa xa sinalados e que sintetizamos e concretamos da seguinte forma:
A. Pártese do nivel de desenvolvemento do alumno, nos seus distintos aspectos, para construír, a partir de aí, outras aprendizaxes que favorezan e melloren o devandito nivel de desenvolvemento. B. Sublíñase a necesidade de estimular o desenvolvemento de capacidades xerais e de competencias básicas e específicas por medio do traballo das materias. C. Dáse prioridade á comprensión dos contidos que se traballan fronte á súa aprendizaxe mecánica. D. Propícianse oportunidades para pór en práctica os novos coñecementos, de modo que o alumno poida comprobar o interese e a utilidade do aprendido. E. Foméntase a reflexión persoal sobre o realizado e a elaboración de conclusións con respecto ao que se aprendeu, de modo que o alumno poida analizar o seu progreso respecto dos seus coñecementos.
Todos estes principios teñen como finalidade que os alumnos sexan, gradualmente, capaces de aprender de forma autónoma e sexan capaces de desenvolver as seguintes capacidades :
Crear na aula un clima que favoreza as aprendizaxes significativas, que desenvolva o interese pola materia e os seus estudos posteriores, que permita a comunicación e intercambio de saberes e experiencias na aula.
Ter en conta as ideas previas do alumnado para o deseño e a secuencia de actividades. Facilitar a construción de aprendizaxes cooperativas que propicien o cambio conceptual, metodolóxico e actitudinal.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
192
Dotar o alumnado de ferramentas que lle permitan iniciarse nos métodos de investigación mediante a preparación de actividades nas que un dos obxectivos sexa o desenvolvemento de procedementos.
Propoñer actividades que poñan de manifesto a correlación entre os fenómenos estudados na aula e os da vida cotiá, mediante análise de situacións concretas, comentarios de novas de actualidade ou realizando saídas didácticas (a laboratorios, fábricas, itinerarios xeolóxicos, etc.) combinadas con informes ou traballos específicos. Facer especial fincapé nas características xeolóxicas e na biodiversidade de Galicia.
O libro de texto utilizado neste curso é: Calvo Aldea, D.; Molina Álvarez, Mª T.; Salvachúa Rodríguez, J.: Ciencias de la Tierra y del
Medioambiente 2º Bachilerato, Ed. Mc Graw Hill, Madrid, 2016, ISBN: 978-84-486-0939-9.
CONTIDOS. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE. COMPETENCIAS CLAVE
Unidade Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
1 -Concepto de medio ambiente e dinámica de sistemas. Modelos da teoría de Sistemas
-Realizar modelos de sistemas considerando as variables, analizando a interdependencia dos seus elementos e establecendo as súas relacións causais.
-Contrasta a interdependencia dos elementos dun sistema establecendo as súas relacións.
-Elabora modelos de sistemas nos que representa as relacións causais, interpretando as consecuencias da variación dos distintos factores.
CAA
CMCCT
2 -O medio natural como sistema. Aplicación da teoría de sistemas ao sistema natural.
-Humanidade e medio ambiente. Historia das relacións da
- Aplicar a dinámica de sistemas aos cambios ambientais acontecidos como consecuencia da aparición da vida e as actividades humanas ao longo da historia.
-Analiza, a partir de modelos sinxelos, os cambios ambientais que tiveron lugar como consecuencia da aparición da vida e da acción humana ao longo da historia.
CCEC
CAA
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
193
humanidade coa natureza.
3 -Recursos naturais, riscos e impactos ambientais.
-Identificar recursos, riscos e impactos, asociándoos á actividade humana sobre o medio ambiente.
-Identifica e clasifica recursos, riscos e impactos ambientais asociados.
CMCCT
4 -Fontes de información ambiental.
-Identificar os principais instrumentos de información ambiental.
-Coñece e enumera os principais métodos de información ambiental.
-Extrae conclusións sobre cuestións ambientais a partir de distintas fontes de información.
CMCCT
CD
CL
CSIEE
5 -A radiación solar como recurso enerxético. -As masas fluídas e a súa relación co funcionamento do clima.
-Identificar os efectos da radiación solar na dinámica das capas fluídas, no clima e na xeodinámica externa.
-Comprender o funcionamento das capas fluídas establecendo a súa relación co clima.
-Valora a radiación solar como recurso enerxético. -Relaciona a radiación solar coa dinámica das capas fluídas e o clima.
-Explica a relación entre radiación solar e xeodinámica externa. -
Explica a dinámica da atmosfera e as súas consecuencias no clima.
CMCCT
CSC
CAA
6
-Compoñentes da atmosfera, orixe e importancia biolóxica. -Capa de ozono: orixe e importancia.
-Diminución da capa de
-Recoñecer os compoñentes da atmosfera relacionándoos coa súa procedencia e importancia biolóxica. -Comprender a importancia da capa de ozono e a súa orixe.
-Identifica os compoñentes da atmosfera en relación coa súa procedencia, a súa distribución e a súa dinámica. -Relaciona os compoñentes
CMCCT
CSC
CSIEE
CAA
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
194
ozono: efectos e medidas preventivas.
-Efecto invernadoiro: relación coa vida na Terra. Causas e consecuencias do aumento do efecto invernado
-Determinar a orixe do efecto invernadoiro e a súa relación coa vida na Terra.
da atmosfera coa súa importancia biolóxica.
-Determina a importancia da capa de ozono e valora os efectos da súa diminución.
-Sinala medidas que preveñen a diminución da capa de ozono.
-Valora o efecto invernadoiro e a súa relación coa vida na Terra.
-Comprende e explica que factores provocan o aumento do efecto invernadoiro e as súas consecuencias.
7 - A hidrosfera e o seu papel como regulador climático.
-Relación das correntes oceánicas coa circulación dos ventos e o clima e con algúns fenómenos climáticos.
-Formación das precipitacións. Tipos de precipitacións.
-Interpretación de mapas meteorolóxicos.
-Comprender o papel da hidrosfera como regulador climático.
-Asociar algúns fenómenos climáticos coas correntes oceánicas (ou a temperatura superficial da auga).
-Explicar a formación de precipitacións en relación aos movementos de masas de aire e interpretar mapas meteorolóxico
-Razoa o funcionamento da hidrosfera como regulador climático. -Determina a influencia da circulación oceánica no clima. - Explica a relación entre as correntes oceánicas e fenómenos como "El Niño" e os furacáns, entre outros. -Asocia as correntes oceánicas coa circulación dos ventos e o clima. -Relaciona a circulación de masas de aire cos tipos de precipitacións. -Interpreta mapas meteorolóxicos.
CAA
CMCCT
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
195
8 -Os riscos climáticos, causas e consecuencias. Medidas de predición, prevención e corrección.
- Identificar os riscos climáticos, valorando os factores que contribúen a favorecelos e a paliar os seus efectos.
-Relaciona os riscos climáticos cos factores que os orixinan e coas súas consecuencias.
-Propón medidas para evitar ou diminuír os efectos dos riscos climáticos.
CAA
CMCCT
CSIEE
9 -Orixe e efectos da contaminación atmosférica
-Medidas preventivas e correctoras da contaminación atmosférica e do efecto invernadoiro. -Factores que inflúen na dispersión dos contaminantes atmosféricos. -Efectos da contaminación atmosférica segundo o seu raio de influencia. -Ozono troposférico e ozono estratosférico.
-Argumentar a orixe da contaminación atmosférica e identificar os efectos sociais, ambientais e sanitarios que produce. - Propor medidas que favorecen a diminución da contaminación atmosférica e do efecto invernadoiro. -Relacionar a contaminación atmosférica cos seus efectos biolóxicos e con certas condicións meteorolóxicas e/ou topográficas. - Clasificar os efectos locais, rexionais e globais da contaminación atmosférica. -Distinguir a orixe e os efectos do ozono troposférico e do ozono estratosférico.
-Identifica os efectos biolóxicos da contaminación atmosférica. -Asocia os contaminantes coa súa orixe e recoñece as súas consecuencias sociais, ambientais e sanitarias. -Describe medidas que preveñen ou atenúan a contaminación atmosférica e o efecto invernadoiro. - Relaciona o grao de contaminación con certas condicións meteorolóxicas e/ou topográficas. - Explica os efectos biolóxicos producidos pola contaminación atmosférica
- Describe os efectos locais, rexionais e globais ocasionados pola contaminación do aire. -Distingue a orixe e os efectos do ozono troposférico e do
CMCCT
CAA
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
196
estratosférico.
10 -Ciclo hidrolóxico. -Orixe e efectos da contaminación das augas superficiais e subterráneas.
-Parámetros de medida da calidade da auga.
- Orixe e efectos da contaminación das augas superficiais e subterráneas.
-Prevención e corrección da contaminación da auga.
-Sistemas de tratamento e depuración das augas.
-Clasificar os contaminantes da auga en relación á súa orixe e aos seus efectos
-Coñecer os indicadores de calidade da auga.
-Valorar as repercusións para a humanidade da contaminación da auga, e propón medidas que a eviten ou diminúan. - Coñecer os sistemas de potabilización e depuración das augas residuais.
-Coñece e describe a orixe e os efectos da contaminación das augas superficiais e subterráneas. -Relaciona os principais contaminantes da auga coa súa orixe e cos seus efectos. -Coñece e describe os principais indicadores de calidade da auga. - Describe o proceso de eutrofización das augas e valora as súas consecuencias. - Propón actitudes e accións individuais, estatais e intergobernamentais, que reduzan as repercusións ambientais da contaminación da auga
- Esquematiza as fases de potabilización e depuración da auga nunha EDAR.
CAA
CMCCT
CSIEE
11 -Xeosfera: soporte dos restantes subsistemas terrestres.
-Riscos xeolóxicos e a súa relación cos fluxos de enerxía terrestres.
-Orixe dos riscos xeolóxicos internos
-Relacionar os fluxos de enerxía e os riscos xeolóxicos
-dentificar os factores que determinan, favorecen e atenúan os riscos xeolóxicos sísmico e volcánico.
-Identificar os danos que producen
-Identifica as manifestacións da enerxía interna da Terra e a súa relación cos riscos xeolóxicos.
-Explica a orixe e os factores que determinan os riscos sísmico e volcánico.
CMCCT
CAA
CSC
CSIEE
CCEC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
197
-Métodos de predición e prevención dos riscos xeolóxicos. -Danos orixinados polos riscos
xeolóxicos.
-O relevo como consecuencia da interacción da dinámica interna e externa do planeta.
-Riscos asociados aos sistemas de ladeira e fluviais
-Importancia da ordenación do territorio na prevención dos riscos xeolóxicos. -Impactos máis frecuentes na paisaxe.
-Recursos da xeosfera: problemas ambientais ocasionados pola súa explotación
-Impactos derivados da explotación dos recursos da xeosfera en Galicia.
-Uso eficiente da enerxía e dos recursos.
os riscos xeolóxicos, e determinar métodos de predición e prevención.
-Comprender o relevo como a interacción da dinámica interna e externa. -Determinar os riscos asociados aos sistemas de ladeira e fluviais, e valorar os factores que inflúen. -Recoñecer a fraxilidade da paisaxe fronte aos impactos ambientais e valorar a ordenación do territorio como prevención de riscos
-Recoñecer os recursos minerais, os combustibles fósiles e os impactos derivados do seu uso. -Identifica os impactos derivados da explotación dos recursos da xeosfera en Galicia. -Identificar medidas de uso eficiente da enerxía e dos recursos, determinando os seus beneficio
-Coñece os métodos de predición e prevención dos riscos xeolóxicos.
-Relaciona os riscos xeolóxicos cos danos que producen.
-Interpreta o relevo como consecuencia da interacción da dinámica interna e externa do planeta.
-Identifica os riscos asociados aos sistemas de ladeira e fluviais, e comprende os factores que interveñen.
-Valora a ordenación do territorio como método de prevención de riscos.
-Avalía a fraxilidade da paisaxe e os impactos máis frecuentes que sofre.
-Relaciona a utilización dos principais recursos minerais e enerxéticos cos problemas ambientais ocasionados e cos riscos asociados.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
198
-Coñece os principais impactos derivados da explotación dos recursos da xeosfera no seu contorno máis próximo.
-Valora o uso eficiente da enerxía e dos recursos.
-Avalía as medidas que promoven un uso eficiente da enerxía e dos recursos.
12 -Circulación de materia e enerxía na biosfera.
-Relacións tróficas nos ecosistemas, cadeas e redes tróficas. Representacións gráficas.
-Factores limitantes da produción primaria.
-Ciclos bioxeoquímicos do osíxeno, o carbono, o nitróxeno, o fósforo e o xofre.
-Os ecosistemas no tempo: sucesión, autorregulación e regresión.
-Recoñecer as relacións tróficas dos ecosistemas, valorando a influencia dos factores limitantes da produción primaria e daqueles que aumentan a súa rendibilidade. -Comprender a circulación de bioelementos (sobre todo O, C, N, P e S) entre os subsistemas terrestres.
-Comprender os cambios que se suceden nos ecosistemas ao longo do tempo.
-Comprender os mecanismos naturais de autorregulación dos ecosistemas e valorar a repercusión da acción humana sobre eles
-Distinguir a importancia da biodiversidade e recoñecer as actividades que teñen efectos negativos sobre ela.
-Identifica os factores limitantes da produción primaria e aqueles que aumentan a súa rendibilidade. -Esquematiza as relacións tróficas dun ecosistema. -Interpreta gráficos, pirámides, cadeas e redes tróficas. -Explica as causas da diferenza de produtividade en mares e continentes.
-Esquematiza os ciclos bioxeoquímicos e argumenta a importancia do seu equilibrio.
-Identifica os cambios que se producen nas sucesións ecolóxicas e interpreta a
CMCCT
CAA
CSIEE
CCEC
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
199
-Autorregulación dos ecosistemas e repercusión da acción humana sobre eles.
-Concepto de biodiversidade. -Causas e repercusións da perda da biodiversidade.
variación dos parámetros tróficos.
-Coñece os mecanismos naturais de autorregulación dos ecosistemas.
-Argumenta e relaciona as actividades humanas coas repercusións na dinámica dos ecosistemas.
-Argumenta a importancia da biodiversidade e os riscos que supón a súa diminución. -Relaciona as accións humanas coa súa influencia na biodiversidade do ecosistema.
13 -O solo como interfase. -Edafoxénese e tipos de solos. -Usos e fraxilidade do solo como
recurso.
-Impactos sobre o solo. Técnicas de valoración do grao de alteración dun solo.
-Impactos sobre a biosfera producidos pola
-Distinguir a importancia da biodiversidade e recoñecer as actividades que teñen efectos negativos sobre ela.
- Identificar os tipos de solo, en relación coa litoloxía e o clima que os orixinou
-Coñecer técnicas de valoración do grao de alteración dun solo.
-Analizar os problemas ambientais
-Clasifica os tipos de solo en relación coa litoloxía e o clima que os orixina.
-Valora o solo como recurso fráxil e escaso.
-Identifica o grao de alteración dun solo aplicando distintas técnicas de valoración.
-Analiza os problemas
CMCCT
CAA
CSC
CCEC
CSIEE
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
200
deforestación, a agricultura e a gandaría.
producidos pola deforestación, a agricultura e a gandaría.
ambientais producidos pola deforestación, a agricultura e a gandaría.
14 -O sistema litoral como interfase.
-Importancia ecolóxica dos recursos do sistema litoral, impactos derivados da súa sobreexplotación
-Importancia da conservación das zonas litorais.
-Comprender as características do sistema litoral.
-Analizar e valorar a evolución dos
recursos pesqueiros
-Valorar a conservación das zonas litorais polo seu elevado valor ecolóxico.
-Coñece as características dos sistema litoral.
-Valora o sistema litoral como fonte de recursos e biodiversidade.
-Relaciona a sobreexplotación dos recursos pesqueiros con impactos nas zonas litorais.
-Establece a importancia da conservación das zonas litorais.
CMCCT
CAA
CCEC
CSC
15 -Xestión dos impactos ambientais; alternativas ante a problemática ambiental: desenvolvemento incontrolado, conservacionismo e desenvolvemento sustentable.
-Avaliación do impacto ambiental.
-Instrumentos de xestión
-Establecer diferenzas entre o desenvolvemento incontrolado, o conservacionismo e o desenvolvemento sustentablle
-Coñecer algúns instrumentos de avaliación ambiental.
-Identificar a relación, a nivel internacional, entre o desenvolvemento dos países, a calidade de vida e os problemas
-Distingue modelos de uso dos recursos e deseña outros sustentables.
-Argumenta as diferenzas entre o desenvolvemento incontrolado, o conservacionismo e o desenvolvemento sustentable.
-Analiza a información
CCL
CMCCT
CAA
CSC
CCEC
CD
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
201
ambiental.
-Relación entre desenvolvemento, calidade de vida e problemas ambientais no ámbito internacional.
-Modelos de xestión de recursos. -Influencia dos organismos nacionais e internacionais en materia ambiental. -Lexislación ambiental. -Protección dos espazos naturais.
-Espazos naturais en España e, en particular, en Galicia.
ambientais.
-Determinar a orixe dos residuos, as consecuencias da súa produción e do seu consumo, e as alternativas á súa xestión.
-Valorar a importancia do uso de novas tecnoloxías nos estudos ambientais e interpretar matrices sinxelas para a ordenación do territorio
-Coñecer os principais organismos nacionais e internacionais en materia ambiental, e a lexislación estatal e autonómica sobre algúns impactos ambientais.
-Valorar a protección dos espazos naturais.
facilitada por algúns instrumentos de avaliación ambiental, e conclúe impactos e medidas correctoras.
-Analiza o desenvolvemento dos países en relación con problemas ambientais e coa calidade de vida.
-Relaciona o consumo dalgúns produtos e a deterioración do medio. -Expón políticas ambientais adecuadas á defensa do medio. -Argumenta a orixe dos residuos valorando a súa xestión. -Comprende e explica a importancia do uso de novas tecnoloxías nos estudos ambientais. -Analiza a información de matrices sinxelas, valorando o uso do territorio. -Coñece e explica os principais organismos nacionais e internacionais, e a súa influencia en materia ambiental. -Coñece a lexislación española e
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
202
galega sobre algúns impactos ambientais e as normas de prevención aplicables. -Argumenta a necesidade de protección dos espazos naturais e as súas consecuencias; en particular, os do seu contorno máis próximo.
NOTA: Os estándares avaliables teñen a característica de coñecementos básicos que os alumnos deben acadar para superar a materia, polo que todos os estándares teñen o mesmo peso nas probas de avaliación. En consecuencia, o valor dos estándares conceptuais e procedementais será o mesmo, repartindo o 90 % da nota de avaliación por igual entre todos eles. O 10 % restante será destinado á avaliación dos estándares de actitude (interés, participación activa, …..
AVALIACIÓN
Criterios de avaliación
13. Aplicar a teoría de sistemas ao estudo da Terra e ao MA, recoñecendo a súa complexidade, a súa relación coas leis da termodinámica e o carácter
interdisciplinar das cc ambientais, e reproducir modelos simples que reflexen a estrutura dun medio natural.
14. Ubicar correctamente na escala do tempo xeolóxico os cambios medioambientais de orixe natural acaecidos ao longo da historia e comparalos cos
que ocorren hoxe.
15. Identificar os principais instrumentos que aportan información sobre o MA na actualidade e as súas aplicacións baseadas nas TIC.
16. Analizar as interaccións mutuas entre o sistema económico e os sistemas terrestres, usando conceptos de recurso, risco, impacto, … e clasificar
cada un deles segundo os distintos criterios.
17. Explicar a actividade reguladora da atmosfera, saber cales son as condicións meteorolóxicas que provocan maior risco de concentración de
contaminantes e as consecuencias que iso ten.
18. Comprender os fenómenos do cambio climático, efecto invernadoiro, choiva ácida, smog, redución do ozono estratosférico, …
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
203
19. Relacionar po ciclo da auga con factores climáticos e citar os principais usos e necesidades como recurso para o ser humano. Recoñecer as
principais causas de contaminación da auga e as técnicas de análise usadas para detectala, valorando os seus efectos e consecuencias para a vida e
o ser humano.
20. Identificar as fontes de enerxía da actividade xeolóxica do planeta e recoñecer a súa orixe e dinámica. Entender o papel da xeosfera como fonte de
recursos para a humanidade. Distinguir os riscos naturais asociados a xeosfera asi coma os inducidos pola acción do home sobre ela.
21. Investigar as fontes de enerxía que se usan hoxe en España e Galicia, avaliando o seu futuro e as alternativas que hoxe existen as mesmas.
22. Analizar o papel da natureza como fonte limitada de recursos para o home, distinguindo os recursos renovables dos non renovables e determinar
os riscos e impactos ambientais derivados da conduta humana
23. Determinar os beneficios que se obteñen da explotación de recursos enerxéticos, minerais, hídricos, forestais, pesqueiros, etc, considerando os
prexuicios do seu esgotamento e do impacto ambiental que produce a súa explotación e uso.
24. Recoñecer o ecosistema como un sistema natural interactivo, coñecer os ciclos da materia e fluxos de enerxía, interpretar os cambios en termos de
sucesión, autorregulación e regresión, recoñecendo o papel ecolóxico da biodiversidade e o aproveitamento racional dos recursos.+
25. Indicar repercusións da progresiva perda de biodiversidade, enumerando algunhas alternativas a esa tendencia.
26. Explicar nunha cadea trófica como se produce o fluxo de enerxía e o rendemento enerxético de cada nivel. Deducir as consecuencias prácticas que
deben terse en conta para aproveitar eses recursos.
27. Caracterizar o solo e o sistema litoral como interfases, valorar a súa importancia e coñecer as causas da súa alteración, propondo medidas que
invirtan o proceso.
28. Diferenciar entre crecemento económico e desenvolvemento sostible, propondo medidas encamiñadas a aproveitar mellor os recursos, a reducir
impactos, mitigar riscos e conseguir un medio ambiente máis saudable.
29. Coñecer os principais modelos de xestión de resíduos e o grave problema que estes supoñen para o planeta e a humanidade.
30. Entender a importancia da paisaxe e a utilidade das medidas de protección do mesmo.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
204
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Se a avaliación constitúe un proceso flexible tamén os procedementos haberán de ser variados. Para recoller datos podemos servirnos de
diferentes procedementos de avaliación:
A observación sistemática de comportamentos.
Entrevistas, caderno de exercicios e prácticas
Probas.
Cuestionarios orais e escritos.
Comentarios de textos científicos
Análise de gráficas e táboas de datos
A avaliación será contínua.Cada estudante terá que ter un caderno cos exercicios e as prácticas. Será necesario que o leve o día para podelo
cualificar. A cualificación resultante será:
Tipo Valoración
Exames: tipo test, verdadeiro e falso, preguntas de
desenvolvemento, comentario de gráficos, seguindo os
modelos da selectividade.
90 %
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
205
Traballo diario
As prácticas
O traballo de investigación
Comentario de gráficas, táboas e textos científicos
relacionados coa materia
10 %
MÍNIMOS ESIXIBLES
• Coñecer o concepto de MA. • Diferenciar o enfoque reduccionista do enfoque holístico. • Coñecer o concepto e dinámica de sistemas. • Saber usar os modelos de caixa negra e branca para establecer relacións entre variables. • Coñecer as grandes etapas de relación histórica entre o home e o MA. • Coñecer os grandes problemas medioambientais actuais. • Coñecer e saber utilizar os índices de sostenibilidade. • Coñecer o fundamento e utilidade das principais tecnoloxías usadas no estudo dos parámetros medioambientais. • Coñecer o concepto de ecosistema, biocenose, poboación, biotopo, tolerancia ecolóxia, relación trófica e pirámide trófica. • Coñecer a dinámica da materia e da enerxía no interior dos ecosistemas. • Coñecer o concepto e tipos de niveis tróficos. • Coñecer os factores que condicionan a produción primaria e os parámetros ecolóxicos usados para mediar o rendemento dos ecosistemas. • Coñecer os principais ciclos bioxeoquímicos. • Coñecer os mecanismos de autorregulación dos ecosistemas, poboacións e comunidades. • Coñecer o concepto de biodiversidade e a súa importancia. • Coñecer o concepto e fases da sucesión ecolóxica, así como os principais impactos da acción humana sobre o ecosistemas. • Coñecer o concepto e factores do risco xeolóxico. • Coñecer as características dos principais tipos de riscos xeolóxicos así como as medidas de predición e prevención. • Coñecer a estrutura e dinámica da atmosfera e a súa importancia para a vida terrestre. • Coñecer a importancia da dinámica da hidrosfera para o clima terrestre.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
206
• Coñecer o concepto de clima e os factores determinantes do mesmo. • Saber que o clima é un fenómeno cambiante tanto por causas naturais como pola acción do home. • Coñecer os principais axentes e procesos de contaminación atmosférica e as medidas necesarias para reducir os impactos. • Coñecer os principais axentes e procesos de contaminación da auga a as medidas de prevención e corrección dos mesmos. • Coñecer os procesos de tratamento de augas para o consumo e de augas residuais. • Coñecer os principais parámetros de control de calidade da auga. • Coñecer a estrutura, evolución e importancia do solo e as causas da desertización. • Coñecer as principais fontes de enerxía utilizadas polo home e o impacto que sobre o MA ten ese uso. • Diferenciar as fontes renovables de non renovables, e as tradicionais das alternativas. • Coñecer as principais medidas de uso eficiente da enerxía. • Recoñecer a importancia da auga e os modelos eficientes de xestión da mesma. • Coñecer o concepto de paisaxe e as principais medidas de protección do mesmo. • Coñecer os principais espazos naturais de Galicia e España. • Coñecer o concepto e tipos de residuos así coma os principais modelos de xestión dos mesmos. • Coñecer o concepto e principios do desenvolvemento sostible.
TEMPORALIZACIÓN
O desenvolvemento da materia adecuarase ao seguinte calendario:
!ª Avaliación: Unidades 1 a 5
2º Avaliación: Unidades 6 a 10
3ªAvaliación: Unidades 11 a 15
PRÁCTICAS
Práctica 1.- Uso de fotografías aéreas.
Práctica 2.- Estudo da comunidade biolóxica dunha área próxima ao centro.
Práctica 3.- Uso e interpretación de mapas topográficos
Práctica 4.- Análise de distintos tipos de plásticos.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
207
Práctica 5.- Estudo dos liques como bioindicadores.
Práctica 6.- Elaboración dunha matriz de avaliación de impacto ambiental sinxela.
Práctica 7.- Depuración de auga.
ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E DE REFORZO PARA LOGRALA
Os estudantes que non superen unha avaliación terán que facer as actividades de recuperación proporcionadas polo profesorado, e terán que facer
outro exame que terá lugar no momento do curso que non interfira con outros da mesma materia.
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Se a avaliación constitúe un proceso flexible tamén os procedementos haberán de ser variados. Para recoller datos podemos servirnos de
diferentes procedementos de avaliación:
A observación sistemática de comportamentos.
Entrevistas, caderno de exercicios e prácticas
Probas escritas
Cuestionarios orais e escritos.
Tradución de artigos científicos
A avaliación dos alumnos de 2º Bacharelato de Bioloxía será unha avaliación continua, suxeita aos principios de obxectividade e
rendemento. O traballo do día, aínda apreciable na avaliación, non é un criterio definitivo, por canto os alumnos deben adquirir e acreditar os
coñecementos mínimos indispensables para obter unha avaliación positiva.
Os instrumentos de avaliación usados, así como o seu peso na cualificación de cada avaliación e na avaliación final son os que se indican de seguido:
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
208
A determinación da nota correspondente a cada avaliación e das avaliacións finais queda sometida as seguintes normas:
1.- Os exames constarán de 10 cuestións con 5 ou 10 apartados por cuestión.
2.- Cada cuestión será cualificada cun máximo de 1 punto que se dividirá por igual entre os apartados que formen a pregunta
correspondente.
3.- Non haberá partición da nota dentro de cada apartado de pregunta, polo que nos apartados a cualificación será “todo ou nada”.
4.- A ortografía e correcta expresión serán valoradas na nota do exame, podendo reducir a cualificación nun máximo de 1
punto.
5.- Para calcular a nota de cada avaliación, aplicarase o método de media ponderada entre os exames que se realizaran nesa
avaliación, tendo máis peso na nota o exame que máis leccións comprenda, de acordo co seguinte sistema
NOTA AVALIACIÓN = 1 x (nota exame 1) + 2 x (nota exame 2) + 3 x (nota exame 3)
6
5.- Para a nota final, calcularase a media ponderada dos 3 exames globais da avaliación 1, dos 2 da avaliación 2 e do único exame da
avaliación 3. A nota final será a nota media das 3 notas resultantes, corrixida en función do traballo do alumno e dos seus resultados
no resto das probas obxectivas.
Instrumento Porcentaxe da nota de avaliación
Probas obxectivas orais e escritas 95 %
Exercicios, traballo de clase e prácticas de laboratorio, Tradución de artigos científicos
5 %
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
209
6.- Como é obvio, este sistema leva implícito o sistema para recuperar a materia. Non obstante os alumnos que só teñan suspensa
unha avaliación realizarán un exame final no mes de maio, na data que oportunamente se fixe, da avaliación suspendida. Os alumnos
que teñan 2 ou 3 avaliacións suspendidas, deberán ir ao exame final con toda a materia.
7.- Suspenderá a proba obxectiva o alumno que sexa sorprendido copiando durante a realización da mesma, calquera que sexa o
método utilizado ( dun compañeiro, de apuntes, de “chuletas”, ou por medios electrónicos ou de comunicación).
8.- Os alumnos que non poidan presentarse a unha proba obxectiva poderán facela no momento que fixe o profesor; non obstante,
este só está obrigado a facer a proba no caso de que a falta de asistencia estea debidamente xustificada mediante documento oficial
(parte médico, ou xustificante oportuno e válido). En ningún caso se realizará o exame cando a causa da falta de asistencia non teña
carácter oficial ( quedar durmido, “atoparse mal”, etc.)
CONVOCATORIA DE SETEMBRO: A cualificación dos alumnos que, por ter suspendido a materia na convocatoria ordinaria de xuño deban presentarse a convocatoria de setembro, rexerase polas seguintes normas:
1. A proba de setembro é unha convocatoria extraordinaria na que o alumno debe demostrar que domina os contidos mínimos necesarios para aprobar a materia.
2. O alumno será cualificado exclusivamente pola proba escrita que realice en setembro, sen ter en conta, en ningún caso, a súa actividade e cualificacións obtidas ao longo do curso académico no que suspendeu a materia obxecto da proba.
3. Dado que a proba extraordinaria de setembro é un exame de mínimos, os alumnos que a aproben non poderán obter unha cualificación definitiva superior a 5.
Para superar a materia os alumnos deben obter como mínimo un 5 na proba escrita.
SECUENCIACIÓN DAS PROBAS OBXECTIVAS
Exames Leccións Avaliación
1 Unidade 1, 2 1ª
2 Unidades 1, 2,3 e 4 1ª
3 Unidades 1, 2, 3, 4 e 5 1ª
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
210
4 Unidades 1, 2, 3, 4 e 5 2ª
5 Unidades 6 e 7 2ª
6 Unidades 6, 7, 8 e 9 2ª
Unidades 6, 7, 8, 9 e 10 2ª
8 Unidades 6, 7, 8, 9 e 10 3ª
9 Unidades 11 e 12 3ª
10 Unidade 11, 12, 13 e 14 3ª
11 Unidades 11, 12, 13, 14 e 15 3ª
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
É importante destacar o feito de que os contidos conceptuais cobran especial importancia, dado o carácter orientador e propedéutico do
Bacharelato. Por tanto prestarase especial atención ao domino dos contidos conceptuais e a feito de si o alumno cumpre ou non os criterios de avaliación
establecidos en cada unha das unidades didácticas.
a) Alumnado do curso ordinario:
• Realizarán dúas probas escritas por avaliación, e en cada unha acumularanse os contidos anteriores. Para calcular a nota dos conceptos o primeiro
exame terá un valor do 30% y o segundo do 70%. É necesario obter un mínimo de 3 puntos en ambos exames.
• Se realizará un exame de recuperación durante la avaliación seguinte para aqueles alumnos e alumnas que suspenderan algunha ou todas as probas
escritas de dita avaliación, debendo só presentarse as partes suspensas correspondentes.
• Os alumnos que ao final do curso tivesen suspensa algunha das tres avaliacións realizarán unha proba escrita final debendo recuperar só a parte
suspensa.
• Todos os alumnos que non superen positivamente a materia no mes de Xuño serán avaliados no mes de Setembro mediante unha proba extraordinaria
que deberá de conter toda a materia.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
211
• A asistencia a clase é obrigatoria. Cun número de faltas superior ao 20 % por trimestre pérdese o dereito á avaliación continua.
• O abandono da mateira será tido en conta á hora de aplicar os criterios de promoción e titulación. Considerarase abandono la non-asistencia a clase,
non ter caderno de traballo nin material na clase, non entregar as actividades propostas, non presentarse ás probas escritas, falta de traballo na aula,
etc.
b) Alumnado que perde o dereito á avaliación continua:
• Os alumnos perderán o dereito á avaliación continua se acumulan 10 faltas ao longo de cada un dos trimestres. Estas 10 faltas equivalen ao 20 % das
clases de cada trimestre ao impartirse 4 clases á semana. Neste caso os alumnos serán avaliados cunha única proba escrita por avaliación, non tendo
dereito a realizar a súa correspondente recuperación ata Xuño.
1ª Avaliación 2ª Avaliación 3ª Avaliación
Nº de semanas 12 12 12
Nº Faltas 10 10 10
• As faltas de ortografía penalizaranse.
• Para superar el curso, el alumno deberá de superar los criterios mínimos establecidos para la materia.
PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS NECESARIOS NOS CONTIDOS PROGRESIVOS
Elaborarase unha proba inicial co obxecto de obter unha primeira valoración das capacidades de cada alumno e poder adaptar os obxectivos, contidos
e criterios de avaliación ao grupo- clase.
Ao largo do curso, para avaliar ao alumno usaremos os seguintes rexistros:
o Probas escritas.
o Probas orais e consultas na aula.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
212
o Desenvolvemento das prácticas de laboratorio.
o Observación sistemática: participación, asistencia, actitude, traballo diario e resolución de actividades.
o Traballos bibliográficos, prestando atención á selección de textos e a súa estruturación.
CRITERIOS DE PROMOCIÓN
A avaliación será continua, e como consecuencia, os estudantes deberán superar as avaliacións para acadar a promoción, non obstante, cada avaliación
superada elimina esa materia para facilitar o estudio continuado, xa que os contidos de 1º de Bacharelato son moi amplos. Isto non quere dicir que ao
remate do curso se faga unha avaliación global.
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Están indicados en cada unidade.
Polo que respecta aos recursos metodolóxicos, a materia contemplará os principios de carácter psicopedagóxico que constitúen a referencia esencial
para unha formulación curricular coherente e integradora entre todas as materias dunha etapa que debe reunir un carácter comprensivo á vez que
respectuoso coas diferenzas individuais. Son os seguintes:
- A nosa actividade como profesores será considerada como mediadora e guía para o desenvolvemento da actividade construtiva do alumno.
- Partiremos do nivel de desenvolvemento do alumno, o que significa considerar tanto as súas capacidades como os seus coñecementos previos.
- Orientaremos a nosa acción a estimular no alumno o desenvolvemento de competencias básicas. Promoveremos a adquisición de aprendizaxes
funcionais e significativas.
- Buscaremos formas de adaptación na axuda pedagóxica ás diferentes necesidades do alumnado.
- Impulsaremos un estilo de avaliación que sirva como punto de referencia á nosa actuación pedagóxica, que proporcione ao alumno información sobre o
seu proceso de aprendizaxe e permita a participación do alumno nesta a través da autoavaliación e a coavaliación.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
213
- Fomentaremos o desenvolvemento da capacidade de socialización, de autonomía e de iniciativa persoal.
Os contidos da materia preséntanse organizados en conxuntos temáticos de carácter analítico e disciplinar. Non obstante, estes conxuntos integraranse
na aula a través de unidades didácticas que favorecerán a materialización do principio de inter e intradisciplinariedade por medio de conxuntos de
procedementos tales como:
- Indagación e investigación a través de hipóteses e conxecturas, observación e recollida de datos, organización e análise dos datos, confrontación das
hipóteses, interpretación, conclusións e comunicación destas.
- Tratamento da información grazas á recollida e rexistro de datos, análise crítica das informacións, a inferencia e o contraste etc.
O desenvolvemento da materia desde unha perspectiva inter e intradisciplinar tamén levará a cabo a través de actitudes, e valores como o rigor e a
curiosidade científica, a conservación e valoración do patrimonio natural e medioambiental, a tolerancia respecto das ideas, opinións e crenzas, a
responsabilidade fronte aos problemas colectivos e o sentido da solidariedade.
O desenvolvemento das experiencias de traballo na aula, desde unha fundamentación teórica aberta e de síntese buscará a alternancia entre os dous
grandes tipos de estratexias: expositivas e de indagación. Estas estratexias materializaranse en técnicas como:
O traballo experimental.
Comentarios de texto científicos.
A exposición oral.
O debate e o coloquio.
Os mapas de contido.
A investigación bibliográfica.
O seminario.
AS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES QUE SE PRETENDEN REALIZAR
o Visita a planta de compostaxe de Nostián. o Visita a planta eólica de Sotavento. o Visita a aula da natureza de Chelo e ao bosque de ribeira da zona.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
214
o Visita a unha planta de depuración de auga (Telva)
ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS NO BACHARELATO.
Os alumnos que se matriculen en CTMA de 2º de Bacharelato sen ter estudado previamente a Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato, poderán
facelo sempre que realicen unha proba que acredite os coñecementos necesarios para cursar a materia de 2º de bacharelato. Con este fin, o
departamento de Bioloxía e Xeoloxía realizará na primeira semana do curso unha proba escrita na que os alumnos deben acreditar os coñecementos que
se consideran imprescindibles para abordar con mínimas garantías de éxito o estudo das CTMA.
Tendo en conta que a totalidade dos alumnos implicados cursaron en 1º de bacharelato a materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, na
que se abordan algúns dos temas que se desenvolven con maior intensidade na CTMA, non deberían ter problemas graves para superar esta proba de
mínimos.
Como modelo dunha proba de acreditación de coñecementos adxuntamos a seguinte:
ACREDITACIÓN COÑECEMENTOS CTMA 2º BACHARELATO.
Indica tres tipos de medidas que fomenten o aforro de auga.
Cales son as vantaxes e os inconvenientes das enerxías convencionais? Que vantaxes teñen as enerxías alternativas?
Cales son as zonas da Terra con maior risco sísmico e volcánico?
Por que dicimos que a choiva ácida é un fenómeno que supera as fronteiras?
Sinala algún efectos provocados polas mareas negras.
Que influencia terá a deforestación no incremento do efecto invernadoiro?
A alta resistencia aos antibióticos acadada polas bacterias é debida a:
o mal uso dos antibióticos
o A explosión demográfica
o As cirurxías agresivas
o A pouca hixiene
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
215
Ademáis do sistema sanitario, a nosa saúde está condicionada por:
medio ambiente
estilo de vida
A xenética
Todas son correctas
A clonación consiste en facer copias idénticas de:
• Células
• Organismos
• ADN
• Todas son correctas
Cal é a enerxía renovable máis utilizada?
Enerxía solar
Enerxía eólica
Enerxía hidraúlica
Enerxía mareomotriz
Que tipo de contacto entre placas explica a formación da cordilleira do Himalaia?
Bordo diverxente
Bordo converxente entre placas continentais
Bordo converxente entre placa oceánica e continental
Bordo transformante
Cal é a maior contribución dos bosques?
Mellorar a paisaxe
Sumidoiros de CO2
Sumidoiros de CFC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
216
Desprender CO2
Á vista da seguinte figura, que amosa o fenómeno da inversión térmica, que se orixina frecuentemente nalgunhas ciudades, contesta as
cuestións:
Por que se denomina inversión térmica a este proceso?
Como inflúe na dispersión de contaminantes
Indica algunas medidas que poidas realizar na túa vida cotiá e que contribúan á loita contra o quecemento global e o cambio climático.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
217
ÁMBITO CIENTÍFICO E TECNOLÓXICO. PMAR 3º ESO
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
218
INTRODUCIÓN.
Os alumnos integrados nos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento presentan unhas características peculiares: importantes
carencias e dificultades na aprendizaxe (non imputables á absoluta falta de estudo e traballo), baixa autoestima, escasa motivación e outras deficiencias
relativas á autonomía na formación, os recursos instrumentais e os hábitos de traballo.
As características apuntadas requiren que o proceso da ensino e formación sexa eminentemente práctico e funcional. A incorporación do concepto
de competencia clave ao novo currículo, con un plantexamento máis integrador e orientado á funcionalidade dos saberes e habilidades adquiridos, actúa
tamén no mesmo sentido. As estratexias metodolóxicas dirixiranse a que o alumno perciba a conexión entre os contidos tratados e o mundo que o rodea.
Será preciso identificar os intereses, valores e inquedanzas dos estudiantes para utilizalos no proceso educativo. A análise de situacións próximas aos
alumnos ou con proxección futura fora da aula favorecerá o seu interese e axudaralles a atopar o sentido e utilidade da aprendizaxe. Todo isto sen
menoscabo dun nivel de coñecementos e formación que lles permita adquirir unha formación suficiente para desenvolverse nunha sociedade tan
complexa como é a actual.
Xunto ao enfoque eminentemente práctico, tamén contribuirán a mellora a motivación dos alumnos outra serie de estratexias: a realización
de actividades variadas, o emprego de materiais e recursos didácticos diversos, o bo ambiente da clase e o debate e negociación entre profesor e
alumnos serán instrumentos útiles para conseguir unha actitude activa e participativa nos estudiantes.
Compre mellorar a autoestima para que poidan superar complexos derivados do seu fracos escolar: para iso é preciso unha graduación
coherente da dificultade das actividades, de xeito que xeren expectativas de éxito; o apoio constante do profesor resaltando os logros dos alumnos
e a autoevaluación de este en certos momentos da aprendizaxe.
A metodoloxía inspirarase tamén no modelo constructivista da aprendizaxe significativa: isto supón establecer conexións entre os novos
coñecementos e os esquemas cognitivos que o alumnos desenvolveu a través de experiencias previas, de xeito que non só se amplíen e perfeccionen os
coñecementos, se non que se consiga unha aprendizaxe sólida e duradeira. Pero esa actividade non se considera estrictamente individual, se non derivada
da integración equilibrada entre o profesor e os alumnos, intentando que estes tendan a desenvolver coñecementos por si sos no futuro.
METODOLOXÍA
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
219
Para tratar axeitadamente os contidos desde a tripla perspectiva de conceptos, procedementos e actitudes e para a consecución de
determinadas competencias, a proposta didáctica e metodolóxica debe ter en conta a concepción da ciencia como unha actividade en permanente
construción e revisión, e ofrecer a información necesaria realzando o papel activo do/a alumno/a no proceso de aprendizaxe mediante diversas
estratexias:
Darlle a coñecer algúns métodos habituais na actividade e na investigación científica, invitalo/a a utilizalos e reforzar os aspectos do método científico correspondentes a cada contido.
Xerar escenarios atractivos e motivadores que o axuden a vencer unha posible resistencia apriorística ao seu achegamento á ciencia.
Propoñer actividades prácticas que o sitúen fronte ao desenvolvemento do método científico, proporcionándolle métodos de traballo en equipo e axudándoo a enfrontarse co traballo / método científico que o motive para o estudo.
Combinar os contidos presentados na clase mediante cadros explicativos e esquemáticos,e nos que a presentación gráfica é un importante recurso de aprendizaxe que facilita non só o coñecemento e a comprensión inmediata do alumno senón a obtención dos obxectivos da materia (e, en consecuencia, da etapa) e as competencias clave.
Todas estas consideracións metodolóxicas tivéronse en conta nos materiais curriculares que se van utilizar e, en consecuencia, na propia actividade
educativa que se desenvolverá diariamente:
Tratamento dos contidos de forma que conduzan a unha aprendizaxe comprensiva e significativa. Unha exposición clara, sinxela e razoada dos contidos, cunha linguaxe adaptada á do alumno. Estratexias de aprendizaxe que propicien a análise e a comprensión do feito científico e natural.
Os criterios metodolóxicos xerais expóñense de seguido:
Detectar a situación de partida: ideas previas, estilo de aprendizaxe, actitude, …. Para isto realizarase a avaliación inicial.
Cambio conceptual que se acadará con actividades de descubrimento dirixido. Estas serán variables, algunhas memorísticas outras procedimentais, co fin de contribuír a que os alumnos desenvolvan diferentes estratexias e habilidades de aprendizaxe e hábitos de estudo:
Esquemas ou resumes de temas ou partes de temas. Exercicios realizados en clase ou encargados para casa, que lles obriguen a construír os seus propios significados. Actividades de busca de información bibliográfica. Comunicación de resultados, preparando informes, resumes, contestando a preguntas teóricas de forma oral, ou expoñendo os
traballos realizados en grupo ou de forma individual.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
220
Ao final das unidades didácticas, os alumnos realizarán e exporán un resume da materia correspondente, destacando as ideas fundamentais, resume que será supervisado previamente polo profesor.
Traballos en equipo para potenciar a actitude cooperativa. Explicacións teóricas que destaquen as ideas fundamentais e que as relacionen cos propios coñecementos dos alumnos e coa
vida diaria. Isto realizarase co apoio de métodos dixitais e videográficos.
Resolución de exercicios e cuestións en clase.
Realización de pequenos proxectos e prácticas de laboratorio.
Exames conceptuais básicos e análise dos resultados obtidos.
Saídas fora do centro escolar que reforcen os coñecementos e melloren a motivación pola aprendizaxe, fomentado o respecto cara o contorno natural e social.
Actividades de recuperación para alumnos que non superen as unidades didácticas, utilizando baterías de exercicios de distintos graos de dificultade.
.
RECURSOS E MATERIAIS DIDÁCTICOS
Ademais do libro de texto, fío condutor do traballo ao longo do curso, empregaremos os seguintes materiais:
Uso da pizarra dixital
Uso da aula de informática.
Uso dos laboratorios de Bioloxía-Xeoloxía e Física e Química.
Uso da biblioteca do centro.
Visualización de documentais e películas que axuden a aclarar e fixar os conceptos estudados.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
221
O libro de texto elixido para este curso é o seguinte: Varios autores: Ámbito científico y matemático II, Ed. Editex, Madrid, 2015
AVALIACIÓN INICIAL
No inicio realizarase unha avaliación inicial para comprobar o nivel do alumnado e establecer as medidas educativas pertinentes para acadar unha
maior formación do alumnado. A avaliación inicial terá en conta os seguintes elementos:
Análise do historial académico do alumno.
Informes da Orientación escolar.
Probas de lectura comprensiva en voz alta.
Lectura e resume de textos.
Manexo das operacións matemáticas básicas.
Probas escritas sobre conceptos que os alumnos precisan para abordar o curso.
Aqueles alumnos que amosen un nivel menor de formación seguirán un programa de reforzo ao longo do curso, tentando que, na maior
brevidade posible, acaden o nivel dos seus compañeiros. Algunhas das medidas poden ser:
Identificar alumnos que necesiten un maior seguimento ou concreción de estratexias de aprendizaxe, proceso ao que contribuirá a avaliación incial.
Adoptar distintas medidas: planificación de reforzos, ubicación de espazos, xestión do traballo en grupo, favorecendo a intervención individual,…
Analizar o modelo de seguimento que se vai a utilizar con cada alumno.
Fixar o modo no que se vai compartir información sobre cada alumno co resto do equipo docente e, especialmente, co profesor titor.
Desenvolver criterios eficientes para agrupar os alumnos nos traballos cooperativos.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
222
A mera existencia deste curso xa constitúe, en si mesmo, un procedemento de atención á diversidade, dado que trata de permitir aos alumnos con
problemas de aprendizaxe o acceso a una formación adecuada. Con todo, para o seguimento do alumnado que presente dificultades para seguir o ritmo
da materia, propoñemos unha serie de medidas:
• Actividades de recuperación para os alumnos que no acaden os estándares de aprendizaxe avaliables que consideramos básicos.
• Actividades de reforzo para os alumnos que acadando os estándares de aprendizaxe avaliables necesiten incidir máis nalgúns temas.
• Tarefas de ampliación para os alumnos que tendo superado os estándares de aprendizaxe avaliables necesiten unha ampliación.
• Uso das Tic’s para favorecer a adquisición dos diferentes contidos.
Nalgúns casos coas medidas ordinarias non será suficiente e tomaranse outro tipo de medidas como:
• Adaptacións de accesibilidade ao currículo para o alumnado con necesidades educativas especiais, así como de apoio que lles permitan acceder ao
currículo.
• Adaptacións curriculares significativas dos elementos do currículo dirixidas ao alumnado con necesidades educativas especiais, buscando eo
máximo desenvolvemento posible das competencias.
• Apoio por profesores especialistas de pedagoxía terapéutica ou audición e lenguaxe a alumnos que presentan dificultades.
O profesor da materia colaborará e coordinarase co Departamento de Orientación e cos profesores de AL e PT, tanto para as medidas
ordinarias como as extraordinarias.
ELEMENTOS TRANSVERSAIS
Ao longo do curso abordarase o traballo de unha serie de elementos transversais que completen e afonden na formación do alumno coma cidadán
responsable e solidario.
Na seguinte táboa indícanse os principais elementos transversais que se traballarán específicamente, sinalando os recursos e estratexias
que se empregarán en cada caso.
Elemento transversal Unidades didácticas Estratexia/recurso
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
223
Comprensión lectora Todas Lectura de artigos e libros integrados no proxecto lector do centro.
Uso sistemático do dicionario
Lectura en voz alta
Análise de textos diferenciando a idea principal das secundarias
Expresión oral e escrita Todas Realización de informes relacionados coa unidade didáctica correspondente.
Corrección da ortografía e uso dos signos de puntuación.
Lectura en voz alta.
Exposición dos informes realizados diante dos compañeiros.
Uso das TIC Todas Uso da aula de informática para buscar información na internet, realizar simulacións, observación de vídeos científicos, …
Uso de procesadores de texto.
Uso de programas de presentación de diapositivas para a exposición dos informes realizados polos alumnos.
Educación cívica e constitucional Todas Respecto as opinións e características dos demais compañeiros.
Entender que a diversidade é sempre un valor a defender.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
224
Realizar as intervencións na aula dun xeito ordenado e respectuoso cos compañeiros.
Coñecemento dos deberes básicos que recolle a nosa constitución.
Manter a aula limpa e ordenada.
Deixar o material do centro no mesmo estado en que foi recibido.
Desenvolvemento sostible e medio ambiente Todas
Especialmente a unidade nº 9
Un obxectivo básico da educación secundaria é lograr nos alumnos unha concienciación sobre a importancia de preservar o medio ambiente e utilizar os recursos dunha maneira razoable.
Potenciar a estratexia dos 3 “R” como elemento básico para protexer o contorno.
Actividade física e dieta equilibrada Todas
Especialmente a unidade nº 10
Elaboración de menús con dietas equilibradas.
Estudos dos menús que habitualmente consomen para analizar as súas carencias.
Fomento do consumo de froitas e verduras.
Potenciación da actividade física
Igualdade efectiva entre homes e mulleres e prevención da violencia de xénero
Todas En coordinación coa Orientación Escolar para o desenvolvemento de actividades que fomenten a igualdade de xénero, e o respecto ás opcións sexuais de cada persoa.
Resolución de conflitos e prevención da violencia
Todas En coordinación coa Orientación Escolar e coa Tutoría para a realización de actividades e accións que permitan resolver conflitos e previr
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
225
situacións de violencia
Inclusión de persoas con discapacidade Todas Actividade coordinada coa ONCE para facer visibles as dificultades diarias dos discapacitados visuais.
COMPETENCIAS CLAVE
Na definición que a LOMCE fai do currículo, atopámonos tanto cos compoñentes tradicionais (obxectivos, contidos, métodos pedagóxicos e
estándares de aprendizaxe), como as competencias clave. Este elemento pasa a converterse nun dos aspectos orientadores do conxunto do
currículo e, en consecuencia, en orientador dos procesos de ensino-aprendizaxe.
Trátase da adquisición duns saberes imprescindibles, prácticos e integrados, que terán que ser demostrados polos estudantes (é algo máis ca
unha formación funcional). En resumo, unha competencia é a capacidade posta en práctica e demostrada de integrar coñecementos, habilidades
e actitudes para resolver problemas e situacións en contextos diversos.
O estudante, mediante o que sabe, debe demostrar que o sabe aplicar, pero ademais que sabe ser e estar. Desta forma vemos como unha
competencia integra os diferentes contidos que son traballados na aula (conceptos, procedementos e actitudes), exemplo dunha formación
integral do alumno.
Formar en competencias permite facer fronte á constante renovación de coñecementos que se produce nesta área de coñecemento A
formación académica do estudante transcorre na institución escolar durante un número limitado de anos, pero a necesidade de formación persoal
e/ou profesional non remata nunca, polo que unha formación competencial no uso, por exemplo, das TIC (tecnoloxías da información e a
comunicación) permitirá acceder a este instrumento para solicitar a información que en cada momento se precise. Se ademais temos en conta que
moitas veces é imposible tratar en profundidade todos os contidos do currículo, está claro que o estudante deberá formarse nesa competencia, a
de aprender a aprender.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
226
No noso sistema educativo considérase que as competencias clave que debe ter o estudante cando remata a escolaridade obrigatoria para
enfrontarse cos retos da súa vida persoal e laboral son as seguintes:
Comunicación lingüística (CL)
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)
Competencia dixital (CD)
Aprender a aprender (AA)
Competencias sociais e cívicos (CSC)
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (SIEE)
Conciencia e expresións culturais (CEC)
En cada unidade se indicará especificamente a competencia específica que se traballa, aínda que algunha delas, como a comunicación lingüística afecta a toda a actividade educativa.
CONTIDOS. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. ESTÁNDARES AVALIABLES. COMPETENCIAS CLAVE.
Tema Título Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias
clave
1 Metodoloxía científica e matemática. Procesos, métodos e actitudes
-Planificación do proceso de resolución de problemas científicomatemáticos. - A metodoloxía científica. Características básicas. -A experimentación en Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química: obtención e selección de información a partir da selección e recollida de mostras do medio natural. -O método científico: as súas etapas. - Medida de magnitudes. Sistema Internacional de Unidades.
- Expresar verbalmente, de forma razoada o proceso seguido na resolución dun problema. -Utilizar adecuadamente o vocabulario científico nun contexto preciso e adecuado o seu nivel. - Recoñecer e identificar as características do método científico. - Realizar un traballo experimental coa axuda dun guión de prácticas de laboratorio ou de campo, describindo a súa execución e interpretando os resultados
- Valorar a investigación científica e o seu impacto na industria e no
-Expresa verbalmente, de forma razoada, o proceso seguido na resolución dun problema. -Identifica os termos máis frecuentes do vocabulario científico, expresándose de forma correcta tanto oralmente como por escrito
-Formula hipóteses para explicar fenómenos cotiás utilizando teorías e modelos científicos
- Rexistra observacións, datos e resultados de maneira organizada e rigorosa, e comunícaos de forma oral e escrita utilizando esquemas, gráficos, táboas e expresións
CCL
CMCT
AA
CSC
CSIE
CD
CCEC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
227
- Utilización de las Tecnoloxías da Información e da Comunicación. - O traballo no laboratorio. Proxecto de Investigación. - Estratexias e procedementos postos en práctica: uso da linguaxe apropiada (gráfica, numérica, alxebraica, … e reformulación do problema. -Reflexión sobre os resultados: revisión das operacións utilizadas, asignación de unidades aos resultados, comprobación e interpretación das solucións no contexto da situación. -Práctica dos procesos de matematización e modelización, en contextos da realidade e en contextos matemáticos. -Confianza nas propias capacidades para desenvolver actitudes adecuadas e afrontar as dificultades propias del traballo científico. - Utilización de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para: a)a
desenvolvemento da sociedade. - Coñecer os procedementos científicos para determinar magnitudes. -Recoñecer os materiais e instrumentos básicos presentes nos laboratorios de Física-Química e Bioloxía-Xeoloxía; coñecer e respectar as normas de seguridade e de eliminación de residuos para a protección do medioambiente. -Interpretar a información sobre temas científicos de carácter divulgativo que aparece en publicacións e medios de comunicación
- Utilizar procesos de razoamento e estratexias de resolución de problemas, realizando os cálculos necesarios e comprobando as solucións obtidas. - Describir e analizar situacións de cambio, para atopar patróns, en contextos numéricos, xeométricos, funcionais, estatísticos e probabilísticos, valorando a súa utilidade para facer predicións. - Desenvolver procesos de matematización en contextos da realidade cotiá (numéricos, xeométricos, funcionais, estatísticos ou probabilísticos) a
matemáticas. -Coñece e respecta as normas de seguridade no laboratorio, respectando e coidando os instrumentos e o material empregado. -Desenvolve con autonomía a planificación do traballo experimental, utilizando tanto instrumentos ópticos de recoñecemento, como material básico de laboratorio, argumentando el proceso experimental seguido, describindo as súas observacións e interpretando os resultados. - Relaciona a investigación científica coas aplicacións tecnolóxicas na vida cotiá. -Establece relacións entre magnitudes e unidades utilizando, preferentemente, o Sistema Internacional de Unidades. - Recoñece e identifica os símbolos máis frecuentes utilizados no etiquetado de produtos químicos e instalacións, interpretando o seu significado. -Identifica material e instrumentos básicos de laboratorio e coñece a súa forma de utilización para a realización de experiencias
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
228
recollida ordenada e a organización dos datos; b) a elaboración e creación de representacións gráficas de datos numéricos, funcionais ou estatísticos; c) facilitar a comprensión de propiedades xeométricas ou funcionais e a realización de cálculos de tipo numérico, alxebraico ou estatístico.
partir da identificación de problemas en situacións problemáticas da realidade. - Desenvolver e cultivar as actitudes persoais inherentes ao quefacer matemático. - Superar bloqueos e inseguridades diante da resolución de situacións descoñecidas. -Buscar, seleccionar e interpretar a información de carácter científico –matemático e utilizar dita información para formarse opinións propias, expresarse con precisión e argumentar sobre problemas relacionados co medio natural e a saúde. - Empregar as ferramentas tecnolóxicas adecuadas para realizar cálculos numéricos
estatísticos e representacións gráficas. -Desenvolver pequenos traballos de investigación nos que se poña en práctica a aplicación do método científico e a utilización das TIC.
respectando as normas de seguridade e identificando actitudes e medidas de actuación preventiva. - Selecciona, comprende e interpreta información relevante nun texto de divulgación científica e transmite as conclusións obtidas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade. -Identifica as principais características ligadas á fiabilidade do fluxo de información existente en internet e outros medios dixitais. - Analiza, comprende e interpreta o enunciado dos problemas (datos, relacións entre datos, contexto do problema) adecuando a solución a dita información. -Identifica patróns, regularidades e leis matemáticas en situacións de cambio, en contextos numéricos, xeométricos, funcionais, estatísticos e probabilísticos. -Establece conexións entre un problema do mundo real e o mundo matemático: identificando o problema ou problemas matemáticos que subxacen nel e os coñecementos matemáticos necesarios.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
229
-Interpreta a solución matemática do problema no contexto da realidade. -Desenvolve actitudes adecuadas para o traballo en matemáticas: esforzo, tenacidade, flexibilidade, aceptación de la crítica razoada, curiosidade e indagación e hábitos de planear preguntas e buscar respostas coherentes, todo iso adecuado ao nivel educativo e á dificultade de la situación. - Distingue entre problemas e exercicios e adopta actitude adecuada para cada caso. -Toma decisións nos procesos de resolución de problemas, de investigación e de matematización ou de modelización, valorando as consecuencias das mesmas e a súa conveniencia pola súa simpleza e utilidade. - Busca, selecciona e interpreta a información de carácter científico matemático a partir da utilización de diversas fontes. Transmite a información seleccionada de maneira precisa utilizando diversos soportes. -Utiliza a información de carácter científico-matemático para formarse una opinión propia e
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
230
argumentar sobre problemas relacionados. -Selecciona ferramentas tecnolóxicas adecuadas segundo a necesidade do problema a resolver. -Utiliza medios tecnolóxicos para facer representacións gráficas e extraer información cualitativa e cuantitativa sobre elas. -Realiza pequenos traballos de investigación sobre algún tema obxecto de estudo aplicando o método científico, e utilizando as TIC para a busca e selección de información e presentación de conclusións. -Participa, valora, xestiona e respecta o traballo individual e en equipo.
2 Números e álxebra -Potencias de números racionais con expoñente enteiro. Significado e uso. -Expresións radicais: transformación e operacións. -Xerarquía de operacións. -Números decimais e racionais. Transformación de fracciones en decimais e viceversa. Números decimais exactos e periódicos. Fracción xeratriz. -Operacións con fracciones e
-Utilizar as propiedades dos números racionais para operalos, utilizando a forma de cálculo e notación adecuada, para resolver problemas da vida cotiá, e presentando os resultados coa precisión necesaria. -Utilizar a linguaxe alxebraica para expresar una propiedade ou relación dada mediante un enunciado, extraendo a información relevante e transformándoa.
-Recoñece os distintos tipos de números (naturais, enteiros, racionais), indica o criterio utilizado para a súa distinción e utilízaos para representar e interpretar adecuadamente información cuantitativa. -Distingue, ao calcular o decimal equivalente a una fracción, entre decimais finitos e decimais infinitos periódicos, indicando neste caso, o grupo de decimais que se repiten ou forman período.
CCMCT
CAA
CCSC
CSIE
CL
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
231
decimais. Cálculo aproximado e redondeo. -Investigación de regularidades, relacións e propiedades que aparecen en conxuntos de números. Expresión usando linguaxe alxebraica. -Ecuacións de primeiro e segundo grao con unha incógnita. Resolución. -Sistemas de ecuacións. Resolución. -Transformación de expresións alxebraicas. Igualdades notables. Operacións con polinomios. -Resolución de problemas mediante a utilización de ecuacións e sistemas de ecuacións
-Resolver problemas da vida diaria nos que se precise o planeamento e resolución de ecuacións de primeiro e segundo grao e sistemas de dúas ecuacións lineais con dúas incógnitas, aplicando técnicas de manipulación alxebraica, gráficas, valorando e contrastando os resultados obtidos.
-Realiza cálculos nos que interveñen potencias de expoñente enteiro e factoriza expresións numéricas sinxelas que conteñan raíces, opera con elas simplificando os resultados. -Distingue e emprega técnicas adecuadas para realizar aproximacións por defecto e por exceso dun número en problemas contextualizados. - Calcula ol valor de expresións numéricas de números enteiros, decimais e fraccionarios mediante las operacións elementais e as potencias de expoñente enteiro aplicando correctamente a xerarquía das operacións. -Emprega números racionais para resolver problemas da vida diaria e analiza a coherencia da solución. -Realiza operacións con monomios y polinomios. - Coñece e utiliza as identidades notables correspondentes ao cadrado dun binomio e unha suma por diferenza. -Factoriza polinomios mediante ol uso do factor común e as identidades notables. -Comproba, dada unha ecuación (ou un sistema), se un número (ou
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
232
números) es (son) solución da mesma. -Formula alxebraicamente unha situación da vida real mediante ecuacións de primeiro e segundo grao e sistemas de ecuacións lineais con dúas incógnitas. -Resolve ecuacións de primeiro e segundo grao e sistemas de ecuacións lineais con dúas incógnitas e interpreta o resultado.
3 Xeometría -Rectas e ángulos no plano. Relacións entre os ángulos definidos por dúas rectas que se cortan. Bisectriz dun ángulo. Propiedades. -Mediatriz dun segmento. Propiedades. -Elementos e propiedades das figuras planas. Polígonos. Circunferencias. Clasificación dos polígonos. Perímetro e área. Propiedades. Resolución de problemas
-Teorema de Tales. División dun segmento en partes proporcionais. Triángulos semellantes. As escalas. Aplicación á resolución de problemas. -Movementos no plano: translacións, xiros e
-Recoñecer e describir os elementos e propiedades características das figuras planas, os corpos xeométricos elementais e as súas configuracións xeométricas. -Utilizar o teorema de Tales e as fórmulas usuais para realizar medidas indirectas de elementos inaccesibles e para obter as medidas de lonxitudes, áreas e volumes dos corpos elementais, de exemplos tomados da vida real, representacións artísticas como pintura o arquitectura, ou da resolución de problemas xeométricos. -Resolver problemas que implican o cálculo de lonxitudes, áreas e volumes do mundo físico, utilizando propiedades,
-Coñece as propiedades dos puntos da mediatriz dun segmento e da bisectriz dun ángulo, utilizándoas para resolver problemas xeométricos sinxelos. -Manexa as relacións entre ángulos definidos por rectas que se cortan ou por paralelas cortadas por unha secante e resolve problemas xeométricos sinxelos. -Calcula o perímetro e a área de polígonos e de figuras circulares en problemas contextualizados aplicando fórmulas e técnicas adecuadas. -Divide un segmento en partes proporcionais a outros dados e establece relacións de proporcionalidade entre os elementos homólogos de dous polígonos semellantes.
CCMCT
CAA
CSIE
CD
CCSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
233
simetrías. -Xeometría do espazo. Elementos e características de distintos corpos xeométricos (prisma, pirámide, cono, cilindro, esfera). Cálculo de áreas e volumes. -O globo terráqueo. Coordenadas xeográficas. Lonxitude e latitude dun punto. -
regularidades e relacións dos poliedros. -Calcular (ampliación o redución) as dimensións reais de figuras dadas en mapas ou planos, coñecendo a escala. - Recoñecer as transformacións que levan duna figura a outra mediante movemento no plano, aplicar ditos movementos e analizar deseños cotiáns, obras de arte e configuracións presentes na natureza. - Identificar centros, eixes e planos de simetría de figuras planas e poliedros. -Interpretar o sentido das coordenadas xeográficas e a súa aplicación na localización de puntos.
-Recoñece triángulos semellantes e, en situacións de semellanza, utiliza o teorema de Tales para o cálculo indirecto de lonxitudes en contextos diversos. -Resolve problemas da realidade mediante o cálculo de lonxitudes, áreas e volumes de figuras e corpos xeométricos, utilizando as linguaxes xeométricas e alxebraicas adecuadas. -Calcula dimensións reais de medidas de lonxitudes e de superficies en situacións de semellanza: planos, mapas, fotos aéreas, …
- Identifica os elementos máis característicos dos movementos no plano presentes na natureza, en deseños cotiáns ou obras de arte. -Xera creacións propias mediante a composición de movementos, empregando ferramentas tecnolóxicas cando sexa necesario. -Identifica os principais poliedros e corpos de revolución, utilizando a linguaxe con propiedade para referirse aos elementos principais. -Calcula áreas e volumes de poliedros, cilindros, conos e esferas, e aplícaos para resolver problemas contextualizados.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
234
-Identifica centros, eixes e planos de simetría en figuras planas, poliedros e na natureza, na arte e construccións humanas. -Sitúa sobre o globo terráqueo ecuador, polos, meridianos e paralelos, e é quen de ubicar un punto sobre o globo terráqueo coñecendo a súa lonxitude e latitude.
4 Funcións -Coordenadas cartesianas: representación e identificación de puntos nun sistema de eixes coordenados. -O concepto de función: Variable dependente e independente. Formas de presentación (linguaxe habitual, táboa, gráfica, fórmula). -Análise e descrición cualitativa de gráficas que representan fenómenos do contorno cotián e de outras materias. -Características de una función: Crecemento e decrecemento. Continuidade e descontinuidade. Cortes cos eixes. Máximos e mínimos relativos. Análise e
-Coñecer, manexar e interpretar o sistema de coordenadas cartesianas. -Comprender o concepto de función. Recoñecer, interpretar e analizar as gráficas funcionais. -Manexar as distintas formas de presentar unha función: linguaxe habitual, táboa numérica, gráfica e ecuación, pasando dunhas formas a outras e elixindo a mellor de elas en función do contexto. -Coñecer os elementos que interveñen no estudo das funcións e a súa representación gráfica. -Recoñecer, representar e analizar as funcións lineais, utilizándoas para resolver problemas. -Identificar relacións da vida cotiá y de outras materias que poden modelizarse mediante unha función lineal valorando a utilidade
-Localiza puntos no plano a partir das súas coordenadas e nomea puntos do plano escribindo as súas coordenadas. -Recoñece se unha gráfica representa ou non unha función. -Pasa dunhas formas de representación dunha función a outras e elixe a máis adecuada en función do contexto. -Constrúe unha gráfica a partir de un enunciado contextualizado describindo o fenómeno exposto. -Asocia razoadamente expresións analíticas a funcións dadas graficamente. -Interpreta unha gráfica e analízaa, recoñecendo as súas propiedades máis características. -Analiza problemas da vida diaria asociados a gráficas. -Identifica as características máis
CCMCT
CAA
CSIE
CCSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
235
comparación de gráficas. -Análise dunha situación a partir do estudo das características locais e globais da gráfica correspondente. -Funcións lineais. Expresións da ecuación da recta. Cálculo, interpretación e identificación da pendente da recta. Representacións da recta a partir da ecuación e obtención da ecuación a partir dunha recta. Utilización de modelos lineais para estudar situacións procedentes dos diferentes ámbitos de coñecemento e da vida cotiá, mediante a confección da táboa, a representación gráfica e a obtención da expresión alxebraica. -Funcións cadráticas. Representación gráfica.
da descrición deste modelo e dos seus parámetros para describir o fenómeno analizado. 7. Representar funciones cadráticas
relevantes dunha gráfica interpretándoas dentro do seu contexto. -Recoñece e representa unha función lineal a partir da ecuación ou de una táboa de valores, e obtén a pendente da recta correspondente. -Calcula unha táboa de valores a partir da expresión analítica ou gráfica dunha función lineal. -Determina as diferentes formas de expresión da ecuación da recta a partir dunha dada (ecuación punto pendente, xeral, explícita e por dous puntos). -Calcula os puntos de corte e pendente dunha recta. -Obtén a expresión analítica da función lineal asociada a un enunciado e represéntaa. -Escribe a ecuación correspondente á relación lineal existente entre dúas magnitudes e represéntaa. -Calcula os elementos característicos dunha función polinómica de grao dous e represéntaa graficamente.
5 Estatística e probabilidade
Estatística: -Fases e tarefas dun estudo estatístico. Distinción entre poboación e mostra.
-Elaborar informacións estatísticas para describir un conxunto de datos mediante táboas e gráficas adecuadas á situación analizada,
- Distingue poboación e mostra xustificando as diferenzas en problemas contextualizados. - Valora a representatividade
CCMCT
CAA
CCSC
CSIE
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
236
Variables estatísticas: cualitativas, discretas e continuas. -Métodos de selección de unha mostra estatística. Representatividade dunha mostra. -Frecuencias absolutas, relativas e acumuladas. Agrupación de datos en intervalos. -Gráficas estatísticas. -Parámetros de posición: media, moda e mediana. Cálculo, interpretación e propiedades. -Parámetros de dispersión: rango,percorrido e desviación típica. Cálculo e interpretación. -Interpretación conxunta da media da desviación típica.
xustificando se as conclusións son representativas para a poboación estudada. -Calcular e interpretar os parámetros de posición e de dispersión dunha variable estatística para resumir os datos e comparar distribucións estatísticas. - Analizar e interpretar a información estatística que aparece nos medios de comunicación, valorando a súa representatividade e fiabilidade. -Diferenciar os fenómenos deterministas dos aleatorios. -Inducir a noción de probabilidade. - Estimar a posibilidade de que ocorra un suceso asociado a un experimento aleatorio simple, calculando a súa probabilidade a partir da súa frecuencia relativa, a regra de Laplace ou os diagramas de árbore, identificando os elementos asociados ao experimento..
dunha mostra a través do procedemento de selección, en casos simples. -Distingue entre variable cualitativa, cuantitativa discreta e cuantitativa continua e pon exemplos. -Elabora táboas de frecuencias, relaciona os distintos tipos de frecuencias e obtén información da táboa elaborada. -Constrúe, coa axuda de ferramentas tecnolóxicas se fose necesario, gráficos estatísticos adecuados a distintas situacións relacionadas con variables asociadas a problemas sociais, económicos e da vida cotiá. -Calcula e interpreta as medidas de posición (media, moda e mediana) dunha variable estatística para proporcionar un resumen dos datos. -Calcula os parámetros de dispersión (rango, percorrido e desviación típica). Cálculo e interpretación dunha variable estatística (con calculadora e con folla de cálculo) para comparar a representatividade da media e describir los datos. -Utiliza un vocabulario adecuado
CD
CL
Probabilidade
-Fenómenos deterministas e aleatorios. -Formulación de hipóteses sobre o comportamento de fenómenos aleatorios sinxelos. -Frecuencia relativa dun suceso e a súa aproximación á probabilidade.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
237
-Experiencias aleatorias. Sucesos elementais
equiprobables e non equiprobables. Espazo mostral en experimentos sinxelos. -Táboas e diagramas de árbore sinxelos. -Cálculo de probabilidades mediante a regra de Laplace en experimentos sinxelos.
para describir, analizar e interpretar información estatística dos medios de comunicación. - Emprega a calculadora e medios tecnolóxicos para organizar os datos, xerar gráficos estatísticos e calcular parámetros de tendencia central e dispersión. - Emprega medios tecnolóxicos para comunicar información resumida e relevante sobre unha variable estatística analizada. -Identifica os experimentos aleatorios e distíngueos dos deterministas. -Calcula a frecuencia relativa dun suceso. - Describe experimentos aleatorios sinxelos e enumera todos os resultados posibles, apoiándose en táboas, recontos ou diagramas de árbore simples. -Distingue entre sucesos elementais equiprobables e non equiprobables. -Utiliza o vocabulario adecuado para describir e cuantificar situacións relacionadas co azar. - Asigna probabilidades a sucesos en experimentos aleatorios simples cuxos resultados son equiprobables, mediante a regra de
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
238
Laplace, enumerando os sucesos elementais, táboas ou árbores ou outras estratexias persoais.
6 A materia -Leis dos gases. Mesturas de especial interese: disolucións acuosas y aleacións. -Estrutura atómica. Isótopos. Modelos atómicos. O Sistema Periódico dos elementos. -Unións entre átomos: moléculas e cristais. Masas atómicas e moleculares. -Sustancias simples e compostas de especial interese con aplicacións industriais, tecnolóxicas e biomédicas. -Formulación e nomenclatura de compostos binarios seguindo as normas IUPAC.
-Establecer as relacións entre as variables das que depende o estado dun gas a partir de representacións gráficas e/ou táboas de resultados obtidos en experiencias de laboratorio ou simulacións por ordenador. -Identificar sistemas materiais como sustancias puras ou mesturas e valorar a importancia e as aplicacións de mesturas de especial interese. -Recoñecer que os modelos atómicos son instrumentos interpretativos das distintas teorías e a necesidade da súa utilización para a interpretación e comprensión da estrutura interna da materia. -Analizar a utilidade científica e tecnolóxica dos isótopos radioactivos.
-Xustifica o comportamento dos gases en situacións cotiás relacionándoo co modelo cinético-molecular. -Interpreta gráficas, táboas de resultados e experiencias que relacionan a presión, o volume e a temperatura dun gas utilizando o modelo cinético-molecular e as leis dos gases. -Identifica o disolvente e o soluto ao analizar a composición de mesturas homoxéneas de especial interese. -Realiza experiencias sinxelas de preparación de disolucións, describe o procedemento seguido e o material utilizado, determina a concentración e exprésaa en gramos por litro, en % masa e en % volume. - Representa o átomo, a partir do número atómico e do número másico, utilizando o modelo de Rutherford. -Describe as características das partículas subatómicas básicas e a súa localización no átomo. -Relaciona a notación co número
CMCT
CAA
CSIE
CSC
CD
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
239
atómico e co número másico determinando o número de cada un dos tipos de partículas subatómicas básicas. - Explica en qué consiste un isótopo e comenta aplicacións dos isótopos radioactivos, a problemática dos residuos orixinados e as solucións para a xestión dos mesmos. - Recoñece algúns elementos químicos a partir dos seus símbolos. Coñece a actual ordenación dos elementos en grupos e períodos na Táboa Periódica. -Relaciona as principais propiedades de metais, non metais e gases nobres coa súa posición na Táboa Periódica e coa súa tendencia a formar ións, tomando como referencia o gas nobre máis próximo. -Coñece e explica o proceso de formación dun ion a partir do átomo correspondente, utilizando a notación adecuada para a súa representación. -Explica cómo algúns átomos tenden a agruparse para formar moléculas interpretando este feito en sustancias de uso frecuente e calcula as súas masas moleculares.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
240
-Recoñece os átomos e as moléculas que compoñen sustancias de uso frecuente, clasificándoas en simples ou compostas, baseándose na súa expresión química. -Presenta, utilizando as TIC, as propiedades e aplicacións de algunha sustancia simple ou composta de especial interese a partir dunha busca guiada de información bibliográfica e/ou dixital. -Utiliza a linguaxe química para nomear e formular compostos binarios seguindo as normas IUPAC e coñece a fórmula de algunhas sustancias habituais.
7 Os cambios químicos
-Cambios físicos e cambios químicos. A reacción química. -Cálculos estequiométricos simples. -Lei de conservación da masa. -A química na sociedade e no medio ambiente
-Distinguir entre cambios físicos e químicos mediante a realización de experiencias sinxelas que poñan de manifesto se se forman ou non novas sustancias. -Caracterizar as reaccións químicas como cambios dunhas sustancias en outras. -Describir a nivel molecular o proceso polo cal os reactivos se transforman en produtos en termos da teoría de colisións. -Resolver exercicios de estequiometría. Deducir a lei de
-Distingue entre cambios físicos e químicos en accións da vida diaria en función de que haxa ou non formación de novas sustancias. -Describe o procedemento de realización de experimentos simples nos que se poña de manifesto a formación de novas sustancias e recoñece que se trata de cambios químicos. -Identifica cáles son os reactivos e os produtos de reacciones químicas simples interpretando a representación esquemática de
CMCT
CAA
CSIE
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
241
conservación da masa e recoñecer reactivos e produtos a través de experiencias simples no laboratorio e/ou de simulacións por ordenador. -Comprobar mediante experiencias sinxelas de laboratorio a influencia de determinados factores na velocidade das reacciones químicas. 6. Recoñecer a importancia da química
una reacción química. -Representa e interpreta unha reacción química a partir da teoría atómicomolecular e a teoría de colisións. -Determina as masas de reactivos e produtos que interveñen nunha reacción química. Comproba experimentalmente que se cumpre la lei de conservación da masa. -Xustifica en termos da teoría de colisións o efecto da concentración dos reactivos na velocidade de formación dos produtos dunha reacción química. -Interpreta situacións cotiás nas que a temperatura inflúe significativamente na velocidade de reacción. -Clasifica algúns produtos de uso diario en función da súa procedencia natural ou sintética. -Identifica e asocia produtos procedentes da industria química coa súa contribución á mellora da calidade de vida das persoas. -Describe o impacto medioambiental do dióxido de carbono, os óxidos de xofre, os óxidos de nitróxeno e os CFC e outros gases de efecto invernadoiro relacionándoo cos
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
242
problemas medioambientais de ámbito global. -Propón medidas e actitudes, a nivel individual e colectivo, para mitigar os problemas medioambientais de importancia global. -Defende razoadamente a influencia que o desenvolvemento da industria química tivo no progreso da sociedade, a partir de fontes científicas de distinta procedencia.
8 Movemento e forzas
As forzas. Efectos. Velocidade media, velocidade instantánea e aceleración. -As forzas da natureza
-Recoñecer o papel das forzas como causa dos Cambios no estado de movemento y das deformacións. -Diferenciar entre velocidade media e instantánea a partir de gráficas espazo/tempo e velocidade/tempo, e deducir o valor da aceleración utilizando estas últimas. -Comprender o papel que xoga o rozamento na vida diaria. -Considerar a forza gravitacional como a responsable do peso dos corpos, dos movementos orbitais e dos distintos niveis de agrupación no Universo, e analizar os factores dos que depende. -Coñecer os tipos de cargas
- En situacións da vida diaria, identifica as forzas que interveñen e relaciónaas cos seus correspondentes efectos na deformación ou na alteración do estado de movemento dun corpo. -Establece a relación entre o alargamento producido nun muelle e as forzas que produciron eses alargamentos, describindo o material a utilizar e o procedemento a seguir para elo e poder comprobalo experimentalmente. - Establece a relación entre unha forza e o seu correspondente efecto na deformación ou a alteración do estado de movemento dun corpo.
CMCT
CAA
CEC
CSIE
CL
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
243
eléctricas, o seu papel na constitución da materia e as características das forzas que se manifestan entre elas.
- Describe a utilidade ol dinamómetro para medir a forza elástica e rexistra os resultados en táboas e representacións gráficas expresando o resultado experimental en unidades do Sistema Internacional. -Deduce a velocidade media e instantánea a partir das representacións gráficas do espazo e da velocidade en función do tempo. -Xustifica se un movemento é acelerado ou non a partir das representacións gráficas do espazo e da velocidade en función do tempo. -Analiza los efectos das forzas de rozamento e a súa influencia no movemento dos seres vivos e dos vehículos. - Relaciona cualitativamente a
forza de gravidade que existe entre dous corpos coas masas dos mesmos e a distancia que os separa. -Distingue entre masa e peso calculando o valor da aceleración da gravidade a partir da relación entre ambas magnitudes. -Explica a relación existente entre as cargas eléctricas e a constitución
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
244
da materia e asocia a carga eléctrica dos corpos con un exceso ou defecto de electróns. -Relaciona cualitativamente a forza eléctrica que existe entre dous corpos coa súa carga e a distancia que os separa, e establece analoxías e diferenzas entre as forzas gravitacionais e eléctrica.
9 A enerxía -Fontes de enerxía. -Uso racional da enerxía. -Electricidade e circuítos eléctricos. Lei de Ohm. -Dispositivos electrónicos de uso frecuente. -Aspectos industriais da enerxía
-Valorar o papel da enerxía nas nosas vidas, identificar as diferentes fontes, comparar o impacto medioambiental das mesmas e recoñecer a importancia do aforro enerxético para un desenvolvemento sustentable. -Coñecer e comparar as diferentes fontes de enerxía empregadas na vida diaria nun contexto global que implique aspectos económicos e medioambientais. - Valorar a importancia de realizar un consumo responsable das fontes enerxéticas. -Explicar o fenómeno físico da corrente eléctrica e interpretar o significado das magnitudes intensidade de corrente, diferenza de potencial e resistencia, así como as relacións entre elas. -Comprobar os efectos da
-Recoñece, describe e compara as fontes renovables e non renovables de enerxía, analizando con sentido crítico o seu impacto medioambiental. -Compara as principais fontes de enerxía de consumo humano, a partir da distribución xeográfica dos seus recursos e os efectos medioambientais. -Analiza a predominancia das fontes de enerxía convencionais fronte as alternativas, argumentando os motivos polos que estas últimas aínda non están suficientemente explotadas. -Interpreta datos comparativos sobre a evolución do consumo de enerxía mundial propoñendo medidas que poidan contribuír ao aforro individual e colectivo. - Explica a corrente eléctrica como
CL
CMCT
CAA
CSC
CSIE
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
245
electricidade e as relacións entre as magnitudes eléctricas mediante o deseño e construción de circuítos eléctricos e electrónicos simples, no laboratorio ou mediante aplicacións virtuais interactivas. -Valorar a importancia dos circuítos eléctricos e electrónicos nas instalacións eléctricas e instrumentos de uso cotián, describir a súa función básica e identificar os seus distintos compoñentes. -Coñecer a forma na que se xera a electricidade nos distintos tipos de centrais eléctricas, así como o seu transporte aos lugares de consumo.
cargas en movemento a través de un condutor. -Comprende o significado das magnitudes eléctricas intensidade de corrente, diferenza de potencial e resistencia, e relaciónaas entre si utilizando a lei de Ohm. -Distingue entre condutores e illantes recoñecendo os principais materiais usados como tales. -Describe o fundamento dunha máquina eléctrica, na que a electricidade se transforma en movemento, luz, son, calor, …., mediante exemplos da vida diaria, identificando os seus elementos principais. -Constrúe circuítos eléctricos con diferentes tipos de conexións entre os seus elementos, deducindo de forma experimental as consecuencias da conexión de xeradores e receptores en serie ou en paralelo. -Aplica a lei de Ohm a circuítos sinxelos para calcular unha das magnitudes involucradas a partir das dúas, expresando o resultado nas unidades do Sistema Internacional. -Asocia os elementos principais que forman a instalación eléctrica típica
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
246
dunha vivenda cos compoñentes básicos dun circuíto eléctrico. -Comprende o significado dos símbolos e abreviaturas que aparecen nas etiquetas de dispositivos eléctricos. -Identifica e representa los compoñentes máis comúns nun circuíto eléctrico: condutores, xeradores, receptores e elementos de control describindo a súa correspondente función. -Recoñece los compoñentes electrónicos básicos describindo as súas aplicacións prácticas e a repercusión da miniaturización do microchip no tamaño e prezo dos dispositivos. -Describe o proceso polo que as distintas fontes de enerxía se transforman en enerxía eléctrica nas centrais eléctricas, así como os métodos de transporte e almacenamento da mesma.
10 As persoas e a saúde
-Niveis de organización da materia viva. -Organización xeral do corpo humano: células, tecidos, órganos, aparatos e sistemas. -A saúde e a enfermidade. Doenza infecciosas e non
- Catalogar os distintos niveis de organización da materia viva: células, tecidos, órganos e aparatos ou sistemas e diferenciar as principais estruturas celulares e as súas funcións. -Diferenciar los tecidos máis
-Interpreta os diferentes niveis de organización no ser humano, buscando a relación entre eles. -Diferenza os distintos tipos celulares, describindo a función dos orgánulos máis importantes. -Recoñece os principais tecidos que
CAA
CSC
CMTC
CEC
CSIE
CL
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
247
infecciosas. Hixiene e prevención. Sistema inmune. Vacinas. Os transplantes e a doazón de células, sangue e órganos. -As sustancias aditivas: o tabaco, o alcohol e outras drogas. Problemas asociados. -Nutrición, alimentación e saúde. os nutrientes, os alimentos e hábitos alimenticios saudables. Trastornos da conduta alimentaria. A función de nutrición. Anatomía e fisioloxía dos aparatos dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor. Alteracións máis frecuentes, enfermidades asociadas, prevención das mesmas e hábitos de vida saudables. -A función de relación. Sistema nervioso e sistema endócrino. A coordinación e o sistema nervioso. Organización e función. Órganos dos sentidos: estrutura e función, coidado e hixiene. O sistema endócrino: glándulas endócrinas e o seu
importantes do ser humano e a súa función. -Descubrir, a partir do coñecemento do concepto de saúde e enfermidade, os factores que os determinan. -Clasificar as enfermidades e valorar a importancia dos estilos de vida para previlas. -Determinar as enfermidades infecciosas e non infecciosas máis comúns que afectan á poboación, causas, prevención e tratamentos. -Identificar hábitos saudables como método de prevención das enfermidades. -Determinar o funcionamento básico do sistema inmune, así como as continuas achegas das ciencias biomédicas. -Recoñecer e transmitir a
importancia que ten a prevención como práctica habitual e integrada nas súas vidas e as consecuencias positivas da doazón de células, sangue e órganos. -Investigar as alteracións producidas por distintos tipos de sustancias aditivas e elaborar propostas de prevención e control. -Recoñecer as consecuencias no individuo e na sociedade ó seguir
conforman o corpo humano, e asocia aos mesmos a súa función. -Argumenta as implicacións que teñen os hábitos para a saúde, e xustifica con exemplos as eleccións que realiza ou pode realizar para promovela individual e colectivamente. -Recoñece as enfermidades e infeccións máis comúns relacionándoas coas súas causas. -Distingue e explica os diferentes mecanismos de transmisión das enfermidades infecciosas. -Coñece e describe hábitos de vida saudable identificándoos como medio de promoción da saúde propia e da dos demais. -Propón métodos para evitar o contaxio e propagación das enfermidades infecciosas máis comúns. -Explica en qué consiste o proceso de inmunidade, valorando o papel das vacinas como método de prevención das doenzas. -Detalla a importancia que ten para a sociedade e para e ser humano a doazón de células, sangue e órganos. -Detecta as situacións de risco para a saúde relacionadas co consumo
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
248
funcionamento. As súas principais alteracións. O aparato locomotor. Organización e relacións funcionais entre osos e músculos. Prevención de lesiones. -A reprodución humana. Anatomía e fisioloxía do aparato reprodutor. Cambios físicos e psíquicos na adolescencia. O ciclo menstrual. Fecundación, embarazo e parto. Análise dos diferentes métodos anticonceptivos. Técnicas de reprodución asistida. As doenzas de transmisión sexual. Prevención. A reposta sexual humana. Sexo e sexualidade. Saúde e hixiene sexual.
condutas de risco. - Recoñecer a diferenza entre alimentación e nutrición e diferenciar os principais nutrientes e as súas funciones básicas. -Relacionar as dietas coa saúde, a través de exemplos prácticos. - Argumentar a importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico na saúde. -Explicar os procesos fundamentais da nutrición, utilizando esquemas gráficos dos distintos aparatos que interveñen nela. Asociar qué fase do proceso de nutrición realiza cada un dos aparatos implicados no mesmo. -Indagar acerca das enfermidades máis habituais nos aparatos relacionados coa nutrición, de cáles son as súas causas e da maneira de previlas. -Identificar os compoñentes dos aparatos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor e coñecer o seu funcionamento. -Recoñecer e diferenciar os órganos dos sentidos e os coidados do oído e da vista. -Explicar a misión integradora do sistema nervioso diante de diferentes estímulos, e describir o
de sustancias tóxicas e estimulantes como tabaco, alcohol, drogas, ..., contrasta os seus efectos nocivos e propón medidas de prevención e control. -Identifica as consecuencias de seguir condutas de risco coas drogas, para o individuo a sociedade. -Discrimina o proceso de nutrición do da alimentación. Relaciona cada nutriente coa función que desempeña no organismo, recoñecendo hábitos nutricionais saudables. -Deseña hábitos nutricionais saudables mediante a elaboración de dietas equilibradas, utilizando táboas con diferentes grupos de alimentos cos nutrientes principais presentes neles e o seu valor calórico. - Valora unha dieta equilibrada para unha vida saudable. -Determina e identifica, a partir de gráficos e esquemas, os distintos órganos, aparatos e sistemas implicados na función de nutrición relacionándoo coa súa contribución ao proceso. Recoñece a función de cada un dos aparatos e sistemas nas funcións de nutrición.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
249
seu funcionamento. - Asociar as principais glándulas endócrinas, coas hormonas que sintetizan e a función que desempeñan. -Relacionar funcionalmente ao sistema neuro-endocrino -Identificar os principais osos e músculos do aparato locomotor. -Analizar as relacións funcionais entre osos e músculos. -Detallar cáles son e cómo se preveñen as lesións máis frecuentes no aparato locomotor. -Referir os aspectos básicos do aparato reprodutor, diferenciando entre sexualidade e reprodución. Interpretar debuxos e esquemas do aparato reprodutor. -Recoñecer os aspectos básicos da reprodución humana e describir os acontecementos fundamentais da fecundación. -Comparar os distintos métodos anticonceptivos, clasificalos segundo a súa eficacia e coñecer a importancia dalgúns deles na prevención de enfermidades de transmisión sexual. -Recoller información sobre as técnicas de reprodución asistida, de fecundación in vitro, para
-Diferenza as enfermidades máis frecuentes dos órganos, aparatos e sistemas implicados na nutrición, asociándoas coas súas causas. -Coñece e explica os compoñentes dos aparatos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor e o seu funcionamento. -Especifica a función de cada un dos aparatos e sistemas implicados na función de relación. Describe os procesos implicados na función de relación, identificando o órgano ou estrutura responsable de cada proceso. -Clasifica distintos tipos de receptores sensoriais e relaciónaos cos órganos dos sentidos nos que se atopan. -Identifica algunhas enfermidades comúns do sistema nervioso, relacionándoas coas súas causas, factores de risco e a súa prevención. -Enumera as glándulas endócrinas e asocia con elas ás hormonas segregadas e a súa función. -Recoñece algún proceso que ten lugar na vida cotiá na que se evidencia claramente a integración neuro-endocrina. -Localiza os principais osos e
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
250
argumentar o beneficio que supuxo este avance científico para a sociedade. -Valorar e considerar a súa propia sexualidade e a das persoas que lle rodean, transmitindo a necesidade de reflexionar, debater, considerar e compartir.
músculos do corpo humano en esquemas do aparato locomotor. -Diferenza os distintos tipos de músculos en función do seu tipo de contracción e relaciónaos co sistema nervioso que os controla. -Identifica os factores de risco máis frecuentes que poden afectar ao aparato locomotor e relaciónaos coas lesións que producen. -Identifica en esquemas os distintos órganos do aparato reprodutor masculino e feminino, especificando a súa función. -Describe as principais etapas do ciclo menstrual indicando qué glándulas e qué hormonas participan na súa regulación. -Discrimina os distintos métodos de anticoncepción humana. -Categoriza as principais enfermidades de transmisión sexual e argumenta sobre a súa prevención. -Identifica as técnicas de reprodución asistida máis frecuentes. -Actúa, decide e defende responsablemente a súa sexualidade e a das persoas.
11
O relevo da Terra e
-Factores que condicionan o
-Identificar algunhas das causas
-Identifica a influencia do clima e
CMCT
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
251
a súa evolución relevo terrestre. O modelado de relevo. -Os axentes xeolóxicos externos e os procesos de meteorización, erosión, transporte e sedimentación. -As augas superficiais e o modelado do relevo. Formas características. -As augas subterráneas, a súa circulación e explotación. -Acción xeolóxica do mar. -Acción xeolóxica do vento. -Acción xeolóxica dos glaciares. -Formas de erosión y depósito que orixinan
-Acción xeolóxica dos seres vivos. A especie humana como axente xeolóxico. -Manifestacións da enerxía interna da Terra. Orixe e tipos de magmas. Actividade sísmica e volcánica. Distribución de volcáns e terremotos. -Os riscos sísmico e volcánico. Importancia da súa predición e prevención. -Ecosistema: identificación dos seus compoñentes. -Factores abióticos e bióticos
que fan que o relevo difira de uns sitios a outros. -Relacionar os procesos xeolóxicos externos coa enerxía que os activa e diferencialos dos procesos internos. -Analizar e predicir a acción das augas superficiais e identificar as formas de erosión e depósito máis características. -Valorar a importancia das augas subterráneas, xustificar a súa dinámica e a súa relación cas augas superficiais. -Analizar a dinámica mariña e a súa influencia no modelado litoral. -Relacionar a acción eólica coas condicións que a fan posible e identificar algunhas formas resultantes. -Analizar a acción xeolóxica dos glaciares e xustificar as características das formas de erosión e depósito resultantes. -Indagar os diversos factores que condicionan o modelado da paisaxe nas zonas próximas do alumnado. -Recoñecer a actividade xeolóxica dos seres vivos e valorar a importancia da especie humana como axente xeolóxico externo.
das características das rocas que condicionan e inflúen nos distintos tipos de relevo. -Relaciona a enerxía solar cos procesos externos e xustifica o papel da gravidade en su dinámica. -Diferenza os procesos de meteorización, erosión, transporte e sedimentación e os seus efectos no relevo. -Analiza a actividade de erosión, transporte e sedimentación producida polas augas superficiais e recoñece algún dos seus efectos no relevo. -Valora a importancia das augas subterráneas e os riscos da súa sobreexplotación. -Relaciona os movementos do auga de mar coa erosión, o transporte e a sedimentación no litoral, e identifica algunhas formas resultantes características. -Asocia a actividade eólica cos ambientes nos que esta actividade xeolóxica pode ser relevante. -Analiza a dinámica glaciar e identifica os seus efectos sobre o relevo. -Indaga na paisaxe do seu contorno máis próximo e identifica algúns dos factores que condicionaron o
CAA
CSC
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
252
nos ecosistemas. -Ecosistemas acuáticos. -Ecosistemas terrestres.
-Diferenciar os cambios na superficie terrestre xerados pola enerxía do interior terrestre dos de orixe externo. -Analizar as actividades sísmica e volcánica, as súas características e os efectos que producen. -Relacionar a actividade sísmica e volcánica coa dinámica do interior terrestre e xustificar a súa distribución planetaria. -Valorar a importancia de coñecer os riscos sísmico e volcánico e as formas de previlos. -Diferenciar os distintos ecosistemas e os seus compoñentes. -Recoñecer factores e acciones que favorecen ou prexudican a conservación do medio ambiente.
su modelado. -Identifica a intervención de seres vivos en procesos de meteorización, erosión e sedimentación. -Valora a importancia das actividades humanas na transformación da superficie terrestre. -Diferenza un proceso xeolóxico externo dun interno e identifica os seus efectos no relevo. -Coñece e describe cómo se orixinan os sismos e os efectos que xeran. -Relaciona os tipos de erupción volcánica co magma que os orixina e asóciaos coa perigosidade. -Xustifica a existencia de zonas nas que os volcáns e terremotos son máis frecuentes e de maior perigosidade ou magnitude. - Valora o risco sísmico e, no seu caso, volcánico existente na zona na que habita e coñece as medidas de prevención que debe adoptar. -Recoñece nun ecosistema os factores responsables de desequilibrios nun ecosistema. -Recoñece e valora accións que favorecen a conservación do medio ambiente.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
253
NOTA: Os estándares avaliables teñen a característica de coñecementos básicos que os alumnos deben acadar para superar a materia, polo que todos os estándares teñen o mesmo peso nas probas de avaliación. En consecuencia, o valor dos estándares conceptuais e procedementais será o mesmo, repartindo o 90 % da nota de avaliación por igual entre todos eles. O 10 % restante será destinado á avaliación dos estándares de actitude (interés, participación activa, …..) TEMPORALIZACIÓN
Unidades Avaliación
Unidades 1, 2, 3 e 4 1ª avaliación
Unidades 5, 6, 7 e 8 2ª avaliación
Unidades 9, 10 e 11 3ª avalición
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Os aspectos a ter en conta no proceso avaliador son, nun primeiro nivel: memorización, capacidade de cálculo, ...., pero tamén, nun segundo nivel, a capacidade de análise e síntese, o desenvolvemento do sentido crítico, a capacidade de organización persoal, a integración en grupos de traballo, .... Sen embargo, non é unicamente o que os alumnos saben ou non saben o obxecto da avaliación; é importante coñecer cales foron os progresos na aprendizaxe, así coma o esforzo dedicado a ela. Nos primeiros días de clase, os alumnos realizarán a avaliación inicial para establecer o nivel de partida xeral; por outra banda, ao comezo de cada unidade haberá unha fase de diagnóstico para ver se os estudantes teñen os coñecementos precisos para abordar o estudo do tema en cuestión. A avaliación dos estándares de aprendizaxe realizarase de diversas maneiras:
REVISIÓN DE CADERNOS DE TRABALLO: Os alumnos disporán dun caderno de traballo para facer os exercicios e actividades que se propoñan. A revisión periódica deste caderno será esencial para a avaliación do traballo. Ademais dos coñecementos e actividades realizadas terase en conta a organización axeitada, a caligrafía, a expresión escrita, a limpeza, .....
o O caderno terá as seguintes características: tipo block con folla cuadriculada; as tarefas realizadas en follas aparte deben ser pegadas ás follas do caderno. No caderno so deberán incluírse os exercicios, prácticas e actividades, pero nunca os contidos teóricos, que serán recollidos en follas ou cadernos aparte.
o Os alumnos copiarán sempre, a bolígrafo, o enunciado do problema ou actividade e responderanas a lapis para favorecer a súa corrección.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
254
o Valorarase a orde de exposición, a caligrafía, a limpeza e a corrección lingüística, así como a inclusión de notas persoais referidas aos temas tratados.
OBSERVACIÓN DIRECTA DOS ALUMNOS: durante os traballos en grupo, discusións e debates, iniciativa para buscar información, criterios de selección da información, interese no traballo, hábitos de hixiene persoal e de traballo, relación cos compañeiros, comportamento axeitado na aula, .... Terase espe-cialmente en conta a realización dos exercicios e problemas propostos e a súa responsabilidade e constancia no estudo así como a puntualidade na asistencia a clase.
TRABALLOS E EXPOSICIÓN ORAIS: A elaboración e exposición oral de traballos ao longo do curso, tanto individuais como por parellas, será un criterio importante na avaliación do alumno. O traballo será previamente entregado ao profesor para a súa corrección e na exposición valorarase especialmente o uso de soportes informáticos.
PROBAS ESCRITAS: con actividades semellantes ás propostas ao longo do desenvolvemento da unidade didáctica e coherente cos criterios de avaliación. Estas probas están sometidas ás seguintes normas:
o Copiar no exame por calquera medio suporá a retirada do mesmo e a súa cualificación con cero. o No exame indicarase a puntuación correspondente a cada cuestión e a cada apdo da cuestión. A nota final é a suma de
todas. o O aprobado da proba escrita require una nota mínima de 5. Non obstante, a partir de 4 puntos pode ser compensada cos
outros instrumentos de avaliación. o As probas escritas corrixidas serán entregadas aos alumnos e comentadas con eles, para que comproben os seus acertos e
os seus fallos. o Haberá unha proba escrita ao final de cada unidade didáctica. o A limpeza, caligrafía, expresión escrita, faltas de ortografía serán avaliables, podendo reducir a cualificación global en 1
punto. o Agás que se autorice, nunca poderá contestarse unha proba escrita a lapis. o Os exercicios deben expoñerse con todos os seus pasos lóxicos, incluíndo explicitamente as operacións realizadas nos
pasos intermedios. A simple consignación do resultado será cualificada con cero puntos. o Unha pregunta práctica está ben respondida cando o seu planeamento ten rigor científico, o seu desenvolvemento está
razoado, non contén erros e obtén o resultado correcto. o Os erros de cálculo penalizaranse en función da súa importancia no contexto do problema. Non obstante, valorarase a
coherencia, de xeito que se a partir dun pequeno erro se constrúe un razoamento correcto, o exercicio será avaliado, aínda que nunca coa máxima nota.
o Anularanse as cuestións ás que se lles cambie o enunciado ou se incorra en erros de concepto, de operación ou instrumentais graves.
o Un exercicio con resultado correcto, pero con desenvolvemento incoherente, será cualificado con cero.
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
255
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN En cada avaliación, a cualificación das probas escritas obterase da nota media das probas realizadas (sempre que sexan todas maiores de 4). A avaliación global da avaliación realizarase de acordo cos seguintes porcentaxes:
Instrumento % da nota
Probas escritas 80 %
Caderno de exercicios e prácticas de
laboratorio
10 %
Exposicións orais* 5 %
Traballo diario* 5 %
* se nalgunha avaliación non hai exposicións orais, a puntuación deste apartado sumase á do caderno de exercicios e prácticas de laboratorio que pasarán a puntuar un 20 %.
Os alumnos que non aproben algunha das avaliacións ou suspendan 2 ou 3, realizarán un exame final en xuño, no que poderán recuperar as
avaliacións suspendidas. Os que suspendan a materia, poderán recuperala no exame extraordinario de setembro. Para a proba de setembro, os alumnos recibirán un caderno de exercicios que lles permita preparar a materia. En todo caso, o exame de
setembro é un exame extraordinario e serán xulgados só pola proba escrita.
CONVOCATORIA DE SETEMBRO: A cualificación dos alumnos que, por ter suspendido a materia na convocatoria ordinaria de xuño deban presentarse a convocatoria de setembro, rexerase polas seguintes normas:
IES MONELOS (A CORUÑA) DPTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
256