Máster Universitario en Enxeñaría AmbientalEscola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n15782 Santiago de Compostela
Tel. 8818 16805
Reunión da Comisión Académica do Máster en Enxeñaría Ambiental
Data: Mércores 22 Marzo 2017
Texto da Convocatoria:
1) Aprobación, se procede, da acta da reunión do 23 de Xaneiro 2017.
2) Informes (acto graduación XI Promoción Máster Enx. Ambiental)
3) Informe xurídico sobre o novo regulamento de TFM.
4) Aprobación, se procede, do PDA para o curso 2017-18.
5) Aprobación, se procede, das solicitudes de validación.
6) Aprobación, se procede, dos cambios de profesorado propostos para ó curso 2017-18.
7) Aprobación, se procede, das peticións de solicitude de TFMs para o curso 2017-18.
8) Turno aberto.
Asistentes: M.C.B., G.F., S.F., R.M., M.C.M., F.O., M.C.P., B.P.
Limiar.
O mércores 22 de Marzo de 2017 ás 10:15 h na sá X2.1 da ETSE reúnese a Comisión Académica do Master Oficial en Enxeñaría Ambiental cos asistentes e orde do día que se indican no encabezado.
1. Aprobación, se procede, da acta da reunión do 23 de Xaneiro de 2017
Apróbase a acta da Comisión Académica do día 23 de Xaneiro de 2017.
2. Informes
O Coordinador informa sobre os seguintes asuntos:
- Celebración do día de graduación da XI Promoción (17 de marzo de 2017 ás 17 h). Participación 115 persoas, destacando Carlos Casas de Ron, como padriño de empresa (ENCE), 6 profesores da titulación e ao redor de 75 invitados por parte dos alumnos, asemade dos titulados no Máster e becados por Viaqua de 1º ano. O acto tivo repercusión nos medios locales de prensa tales como La Voz de Galicia.
3
3. Informe xurídico sobre o novo regulamento de TFM
Unha vez recibido o informe desfavorable sobre a proposta de novo regulamento aprobada por esta comisión na reunión do 27 de Setembro de 2016, e logo de un proceso de discusión pasamos a unha nova redacción que se incorpora no Apéndice I, e que, de xeito resumido contén as modificacións seguintes:
- O titor do traballo non formará parte dos tribunais de avaliación e, asemade, indícase a cuantificación do informe do titor na nota final.
- Indicarase que a exposición se fará de xeito presencial
- Eliminamos a normativa xenérica como anexo do documento.
- Engádese a clausula de entrada en vigor.
A Comisión Académica aprobou por unanimidade esta nova regulamentación específica dos TFM do Máster en Enxeñaría Ambiental, que remitirá para a súa aprobación á Xunta de Escola da ETSE é o Consello de Goberno da USC.
4
4. Aprobación, se procede, do PDA correspondente ó curso 2017-18
Analizado o PDA que se lle asina ao Master na aplicación XESCAMPUS, a Comisión aproba o PDA para o curso 2017-18 que se amosa no Anexo I, onde cabe salientar como principais diferencias respecto o que inicialmente se propoñia pola Vicerreitoría:
i. Proposta incrementar un grupo máis (grupo de inglés) para a materia obrigatoria P4012 108 “Instrumentación e Monitorización Ambiental” como de feito xa se está a facer nos derradeiros anos. A posta en marcha deste grupo estará condicionado a acadar un número mínimo de 8 alumnos. Así esta materia no PDA constaría con 2 grupos de docencia expositiva e 2 grupos de docencia interactiva de seminarios. Adxúntase unha solicitude de grupo adicional ó SXOPRA a este respecto.
ii. As propostas relativas ás materias obrigatorias P4012 111 Prácticas Externas e P4012 114 TFM quedan pendentes de que o ano que ven se actualicen dacordo cos datos reais de titorización.
iii. Confírmase a impartición en inglés das mesmas materias que nos últimos anos: as optativas P4012201 Modelización Ambiental; P4012203 Explotación de EDAR e ETAP; e a obrigatoria P4012 108 “Instrumentación e Monitorización Ambiental”.
Asemade, está pendiente de actualizar o PDA do curso actual 2016-17 cos datos de dirección de TFM reais e os datos de titorización das Prácticas Externas.
A Comisión aproba por unanimidade a proposta do PDA que se adxunta no Apéndice II.
5. Aprobación, se procede, das solicitudes de convalidación de materias do Máster
F.G.D.:
o Solicitude de validación das materias “Monitorización de la contaminación” (3 ECTS) e “Tecnicas Instrumentales para la determinación de contaminantes” (3 ECTS) da titulación Graduado en Ciencias Ambientales (U. de Girona), pola materia “Instrumentación e Monitorización Ambiental”. Unha vez contactadas as profesora da materia, a Comisión Académica acorda informar favorablemente.
o Solicitude de validación da materia “Contaminación atmosférica” (3 ECTS) da titulación Graduado en Ciencias Ambientales (U. de Girona), pola materia “Medio Ambiente Atmosférico e Reducción de Emisións”. Unha vez contactado o profesor da materia, a Comisión Académica acorda informar desfavorablemente, dacordo coa xustificación pormenorizada elaborada polo profesor (10 das 15 competencias non se cubren).
6. Aprobación, se procede, de cambios de profesorado propostos para ó curso 2017-18
Recibiuse a seguinte petición por parte do Prof. Juan M. Garrido:
“J.M.G.F. 18 ene.: Solicito formalmente a modificación da guía docente da materia que imparto, Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental do 2º módulo do Máster de EA e inclusión da profesora
5
M.T.M. do Dpto de Enxeñería Química, como profesora a partir do curso académico 2017-18. Eu encargaríame de 24 h de experimentación en laboratorio e 12 h de aula de informática (sesións de simulación), impartindo ela as restantes 24 h de experimentación.”
Tal e como é norma nesta titulación, a Comisión Académica necesita unha guía docente coa nova proposta así coma un CV resumido cos méritos máis relevantes para impartir esta materia por parte da profesora que se cita, en base os criterios que se teñen en conta para garantizar a idoneidade do profesorado do Máster:
i. Calidade a adecuación da guía docente á materia en cuestión.
ii. Experiencia investigadora e relación con empresas e administracións relevantes para a docencia da materia en cuestión (dirección de Tesis Doctorais, dirección de TITs, publicación de artigos, comunicacións a congresos, participación en proxectos de investigación, contratos con empresas).
iii. Experiencia docente previa en materias afíns.
Recibida a guía docente e o CV da Profa. M.T.M., a Comisión Académica constata a idoneidade da profesora, que reúne unha longa experiencia tanto docente coma investigadora no eido da Enxeñaría Ambiental, en gran concordancia cos contidos incluidos na guía docente.
Polo tanto apróbase por unanimidade a incorporación da Profesora M.T.M. á docencia da citada materia.
7. Aprobación, se procede, das peticións de solicitude de TFMs para o curso 2016-17
A Táboa anexa recolle as novas solicitudes de TFM que se fixeron por acordo entre alumos e profesores:
Novos TFM
Alumno Título TFM Titor
Barja Alonso, Zinaida
Estudio de la evolución de la calidad de las aguas, viabilidad y sostenibildiad de actuaciones para la prevención y mejora del estado de las masas de agua en la comarca de A Limia.
Sarah Fiol, Alberto de Anta (C.H. Miño‐Sil)
Rama Caamaño, Manuel Análise de fluxo de materiais na ría de Muros e Noia
G. Feijoo & M.T. Moreira
Lago Olveira, Sara Anánlisis del ciclo de vida de la producción de fucoxantina a partir del macroalga invasora sargassum muticum
G. Feijoo, P. Pérez (U. Niza)
Ríos León, Carmen Aida Análisis medioambiental del aprovechamiento de material lignocelulósico para la obtención de productos de alto valor añadido.
G. Feijoo & M.T. Moreira
Esteve Llorens, Xavier Emisiones e impactos asociados a la circulación del tráfico rodado en grandes ciudades
G. Feijoo & Carolina Alfonsín
Á vista da documentación aportada, a Comisión Académica aproba por unanimidade as citadas propostas.
6
8. Turno aberto
Non hai intervencións.
Sen máis asuntos que tratar, dase por rematada a reunión ás 10:55 h.
En Santiago de Compostela, a 22 de Marzo de 2017
Asdo. Francisco Omil Coordinador do Máster en Enxeñaría Ambiental
7
Máster Universitario en Enxeñaría AmbientalEscola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n15782 Santiago de Compostela
Tel. 8818.16805
Apéndice I
Normativa Traballo Fin de Máster (18 ECTS)
(Aprobada pola Comisión do Máster na reunión do 22 de Marzo de 2017)
(Aprobada pola Comisión Permanente da ETSE do XXXXXX)
(Aprobada polo Consello de Goberno da USC o XXXXXX)
1. Obxectivos
O principal obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é a realización por parte do estudante, de forma individual ou en grupo, dun traballo no ámbito da enxeñaría ambiental como aplicación dos coñecementos e competencias adquiridos na súa formación, a efectos de simular unha actividade profesional anticipada, xa sexa dentro do campo científico, técnico ou de xestión, que permita completar a súa formación académica, de acordo cos intereses persoais do alumno.
Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración da información, elaboración de resultados relevantes, redacción, presentación e defensa do traballo.
A materia de Traballo Fin de Máster ten unha vinculación directa con todas as que compoñen a Titulación, buscando a integración e aplicación profesional da formación do alumno.
Esta normativa está baseada na Nova Normativa sobre TFG e TFM aprobada polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016, que marca a regulación xeral destes traballos no marco da USC e actualiza á aprobada previamente pola Comisión Académica o 5 de xuño de 2013.
2. Tipoloxía dos Traballos Fin de Máster (TFM)
O TFM poderá consistir na conceptualización, definición, deseño e avaliación de elementos correspondente a un problema medioambiental, incluíndo o deseño e cálculo da estratexia de solución axeitada. Tamén poderá contemplarse a realización dun traballo de deseño ou de resolución dun problema de organización, investigación ou avaliación, de suficiente entidade.
Dado que a tipoloxía dos traballos pode ser variada, a Comisión Académica velará polo establecemento dunha relación directa co alumno a través dunha titoría/dirección por parte de profesor/es e, por outra banda, definirá os termos de referencia que permitan establecer unha definición, desenrolo e avaliación do traballo persoal realizado polo alumno. Asemade, se definirá un nivel de traballo similar para todos os alumnos da titulación, acorde coa carga de traballo reflectida no Plan de Estudos (18 ECTS).
8
En función do anterior podemos definir as seguintes tipoloxías:
2.1. Proxecto ou Anteproxecto de Enxeñaría, os cales se axustan formalmente ás características dun proxecto técnico con seus correspondentes documentos.
2.2. Estudo técnico sobre un tema específico que se desenrolará de acordo coa proposta.
2.3. Traballo de investigación aplicado.
2.4. Proxecto desenrolado durante a estadía en empresas e/ou organismos públicos ou privados.
Independentemente da tipoloxía do traballo, a Comisión Académica velará para que o TFM se axuste a carga asignada e ó cumprimento dos prazos formulados na programación do Máster.
3. Asignación dos TFM e titorización
O alumno poderá elixir e propor a temática e a tipoloxía do TFM que considere máis axeitada aos seus intereses, de forma independente ou dacordo con algún profesor do Máster.
A principios do curso, o Coordinador do Máster e o Coordinador do Módulo 7 (TFM) explicarán ós alumnos as particularidades referentes a elección, realización e presentación dos TFM. Fárase fincapé en que os alumnos establezan unha rolda de contactos cos profesores da titulación para poder chegar a puntos de encontro entre os seus intereses e as actividades investigadoras do profesorado.
3.1. A partires de esa charla de presentación dos TFM, así coma en calquera momento do curso, os alumnos do Máster que acaden un acordo con un profesor, poden propoñer un proxecto concreto segundo o modelo que se expón na páxina web onde se indicará o traballo proposto e titores implicados (Anexo I). Esta solicitude presentarase na secretaría da ETSE. O proxecto será analizado, e aprobado se procede, pola Comisión Académica.
3.2. Se a finais de outubro hai alumnos pendentes de asignación de TFM, realizarase unha convocatoria única a finais do módulo 6 onde o Coordinador do Máster fará pública a relación de proxectos ofertados polos profesores. Fixarase un tempo de consultas tralo cal os alumnos entregarán unha instancia indicando de forma priorizada os temas elixidos (Anexo II). Finalmente a Comisión Académica resolverá as asignacións. En caso de conflito entre varias solicitudes usarase como criterio de selección o expediente académico do alumno correspondente ao primeiro curso do Máster. Si aínda así non quedase claro, o titor do proxecto elixiría a un dos alumnos solicitantes. En caso de que algún alumno nesta quenda quedase sen asignación, recorreríase a o procedemento sinalado no punto 3.1.
3.3. Con respecto ós titores dos TFM:
3.3.1. O titor será ordinariamente Persoal Docente e Investigador (PDI) das áreas que impartan docencia na propia titulación.
3.3.2. Asemade, poderán ser cotitores persoal contratado con cargo ó capítulo VI que posúa titulación de Máster ou outra que se corresponda co nivel 3 (Máster) do MECES.
3.3.3. Tamén poderán ser cotitores persoal alleo a USC, especialmente de empresa, naqueles casos en que a temática do TFM o considere, ainda que con carácter previo a realizar a cotitoría, deberá comunicarse a dita circunstancia á vicerreitoría con competencias na materia a través do servizo correspondente indicando a súa dedicación.
9
3.4. A instancias dun alumno ou profesor, a Comisión poderá aceptar a realización de proxectos externos á USC, sempre asegurando que a proposta do proxecto sexa compatible cos obxectivos e competencias do TFM e que se efectuará un seguimento por parte dun profesor do Máster (que actuará como cotitor) do citado traballo.
3.5. O compromiso de titoría abrangue soamente o período definido para a realización do TFM no Plan de Estudos (12 semáns). Isto non impide que o profesor e o alumno poidan prolongar estar titorías si están de común acordo.
3.6. O Coordinador do Módulo fixará tanto as datas límite de entrega da memoria final así como ás de exposición dos TFM perante as Comisións de Avaliación.
4. Matrícula, depósito de memorias e presentación de proxectos.
4.1. Os períodos de matriculación axustaranse ó calendario definido en cada curso pola USC. A matrícula realizarase nos prazos establecidos para a matrícula ordinaria, conxuntamente coas materias que teña pendente de superar para completar os estudos do Máster, de ser o caso.
4.2. A matrícula dará dereito á entrega e defensa do traballo en dúas oportunidades no curso no que estea matriculado. Os TFM entregados só poderán ser defendidos e avaliados unha vez que se teña constancia de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de máster, salvo os correspondentes ao propio traballo.
4.3. A Comisión Académica do Máster fixará tanto as datas límite de entrega das memorias final como as de exposición dos TFM perante os tribunais de avaliación dacordo cos periodos fixados polo calendario académico anual.
4.4. O depósito das memorias axustarase ó disposto na normativa de convocatoria efectuada pola Secretaria da ETSE. A solicitude de defensa farase segundo o impreso normalizado (Anexo III) dirixido á Comisión Académica do Máster.
4.5. Namentras a USC non defina un sistema xeral de depósito, entregaranse tres copias impresas e un arquivo en formato pdf da memoria do TFM, unha delas quedará depositada na Biblioteca da ETSE. A copia electrónica quedará depositada no centro para o seu arquivo e consulta, e poderá ser utilizada na USC para usos académicos e de investigación. O alumno asinará a correspondente autorización de difusión e a declaración de que se trata dun traballo orixinal. No caso de TFM con cláusulas de confidencialidade ou baixo protección de dereitos de propiedade industrial e/ou intelectual ver condicións particulares no apartado 6.
4.6. Os titores deben entregar un informe previo de titorización.
4.7. Defínense tres períodos anuais para a avaliación do TFM que serán feitas públicas na páxina web da titulación a comezo do curso.
No marco do actual Plano de Estudios, de 1,5 anos de duración, e á luz da experiencia dos pasados anos, a Comisión Académica do Máster (20 outubro 2011) decidiu distribuír as convocatorias de defensa dos TFM do xeito seguinte:
• Febreiro: momento no cal remata o período docente asignado ao Máster.
10
• Xuño/Xullo: momento apropiado para aqueles que non tivesen tempo dabondo para rematar o seu TFM en Febreiro.
• Setembro: O obxectivo desta convocatoria é que concorran todos aqueles que tiñan materias pendentes nos exames extraordinarios de Xullo (cuxas actas xa estarían finalizadas en setembro).
5. Avaliación do Traballo Fin de Máster.
5.1. O TFM defenderase en sesión pública diante dunha Comisión Avaliadora designada ó efecto.
5.2. Os membros das Comisións Avaliadoras serán profesores da USC que impartan docencia na titulación. Estarán constituídas por tres membros (presidente, vogal e secretario), así coma un suplente, que substituirá, en caso necesario, ó membro ausente. Os titores do traballo non poderán formar parte do mesmo.
As Comisións Avaliadoras configuraranse atendendo ao número de alumnos matriculados, á temática e ás modalidades dos TFMs. En todo caso procurarase que cada Comisión non xulgue máis de 4 TFMs.
O nomeamento dos membros das Comisións será proposto pola Comisión Académica a instancia do Coordinador do Máster.
5.3. Cada alumno será avaliado individualmente para o cal teranse en conta os seguintes aspectos:
Traballo realizado polo alumno, incluíndo a calidade da memoria presentada, a presentación e a defensa do TFM ante a Comisión Avaliadora (75%).
Informe do titor (25%).
5.4. O TFM exporase de xeito presencial nunha sesión pública, diante da Comisión Avaliadora designada. Nesta sesión o alumno defenderá fronte á comisión o TFM e respostará a aquelas cuestións que lle foran formuladas.
5.5. A cualificación farase pública nos taboleiros de cualificacións do centro, nun prazo non superior a sete días dende a súa defensa. O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal efecto deberán fixarse no momento de facer públicos os resultados provisorios. As datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados e incluirán como mínimo dúas datas opcionais. No momento da revisión o Presidente do Tribunal e alumno poden considerar suficiente a revisión da calificación cos informes de avaliación do tribunal ou ben convocar de novo ao membros do tribunal. En todo caso, se un profesor quere estar na primeira iteración da revisión debe comunicarllo ao Presidente do Tribunal. O Presidente do Tribunal pechará a acta unha vez rematado o proceso de revisión ou pola renuncia explícita ao mesmo polo alumno.
5.6. A mención “Matrícula de Honra”, e tal e como indica a nova normativa sobre TFG e TFM (Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016), será outorgada pola Comisión Académica segundo o seguinte criterio: i) estudantes que obteñan unha cualificación no TFM igual ou superior a 9,0; ii) TFM con maior cualificación; iii) en caso de empate, se lle outorgará ó estudante que teña maior cualificación no expediente académico.
11
5.7. Ós efectos do premio ós mellores TFM do Máster, que convoca anualmente a ETSE, as Comisión Avaliadoras deberán facer unha valoración/priorización de cada TFM presentado para que sexa a Comisión Académica a que decida e outorgue estas mencións.
6. TFM con cláusulas de confidencialidade, baixo protección de dereitos de propiedade industrial ou intelectual.
6.1. A propiedade intelectual dos TFM correspóndelle ao alumno que o realizou. No caso de realizarse o TFM no marco dun contrato ou convenio con algunha empresa/entidade ou dun proxecto ou liña de investigación da USC, os dereitos de explotación dos resultados conqueridos poderán ser obxecto de cesión por acordo expreso entre o alumno e o profesor ou o representante da entidade ou empresa, respectando en todo caso a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual ou industrial.
6.2. Cando o contido total ou parcial do TFM estea suxeito á protección de dereitos, o alumno e os titores do TFM deberán notificalo por escrito á Comisión Académica do Máster mediante un informe onde se especifique esta necesidade. Presentarase no momento de facer o depósito da memoria do TFM.
6.3. Os titores e os membros do tribunal deberán asinar o correspondente compromiso de confidencialidade sobre os contidos que non se poderán difundir publicamente.
6.4. Este tipo de TFM formalizarase en dúas versións: i) a reducida, na que se eliminarán os contidos afectados polo deber de non difundir ou polo deber de segredo ou confidencialidade; e ii) o exemplar completo, que se entregará baixo compromiso de confidencialidade.
O exemplar completo deberá indicar de algún modo qué partes son confidenciais para o seu coñecemento polo tribunal de avaliación. Entregaranse tres copias impresas da versión completa do TFM que serán as que avalíen os membros do tribunal e que serán devoltas ao alumno ao finalizar o proceso, e dous CDs, un coa versión reducida, que quedará depositado no centro para o seu arquivo e consulta, e poderá ser utilizado na USC para usos académicos e de investigación, e outro coa versión completa que quedará arquivado na universidade baixo compromiso de custodia e segredo.
6.5. Faránse dúas sesións de presentación dos TFM, unha primeira privada na que se presentarán e discutirán os contidos protexidos. Cada alumno terá un tempo máximo de 15 min para facer a súa presentación, e o tribunal disporá de 15 min para facer as preguntas que considere oportunas. Na sesión pública o alumno terá 5 min para facer a presentación dos contidos non protexidos.
7. Aspectos relativos á seguridade e prevención de riscos laborais
Tanto si é a USC como unha empresa, administración ou centro de investigación onde o alumno realice o TFM, o alumno debe recibir a oportuna información no concernente a aqueles aspectos de seguridade e prevención de riscos laborais que vaian ser relevantes para o seu traballo do alumno. No caso concreto dos centros de investigación, por exemplo os laboratorios da USC, o estudante debe cumprir as normas de seguridade preceptivas de cada instalación onde vaia a traballar.
Disposición final
12
O presente regulamento entrará en vigor para todos os efectos, unha vez sexa aprobado polo Consello de Goberno e trala súa publicación na Sede Electrónica da USC.
Disposición derrogatoria
A entrada en vigor deste Regulamento derroga a anterior normativa propia de TFM do Máster en Enxeñaría Ambiental e calquera outra norma que se opoña a este acordo.
13
ANEXO I
MODELO DE SOLICITUDE DO TFM
(solicitude TFM por acordo con profesorado, apartado 3.1)
DATOS PERSOAIS NOME: APELIDOS:
DIRECCIÓN:
E-MAIL TELÉF:
DATOS DO TRABALLO FIN DE MÁSTER PROPOSTO:
TÍTULO:
TITOR:
EMPRESA (se procede):
RESUMO (250 palabras máx.)
14
CRONOGRAMA TEMPORAL DE ACTIVIDADES (12 semáns)
En Santiago de Compostela a , de , de 201
Asdo: O alumno Asdo.: O titor
15
ANEXO II
SOLICITUDE DE TRABALLO FIN DE MÁSTER (solicitude TFM dende convocatoria, apartado 3.2)
CURSO ACADÉMICO: 201__/201__ CONVOCATORIA/OFERTA: ___
Apelidos: Nome:
Estudios que lle deron acceso a titulación: DNI:
Enderezo Cod. Postal Teléfono/s
Localidade Poboación Provincia
SOLICITUDE DE TFM
Traballos polos que quere optar, por orde de preferencia: (indicar só o número do traballo segundo listado da oferta de Traballos Fin de Máster): Proxecto nº Proxecto nº Proxecto nº Proxecto nº
1ª opció
n
2ª opción
3ª opción
4ª opción
Santiago de Compostela, a_______ de _________________________ de 201__
Sinatura:
16
ANEXO III
SOLICITUDE DE LECTURA E DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER Entréguese no despacho de Administración da ETSE antes das 14 horas da data de entrega indicada na convocatoria. Para a lectura do TFM é requisito ter matriculada a materia Traballo Fin de Máster e ter superadas todas as materias da titulación.
DATOS PERSOAIS
NOME: APELIDOS:
E‐MAIL:
DOCUMENTACIÓN Xunto a esta solicitude deberán entregase TRES copias impresas da memoria do Traballo Fin de Máster e UNHA copia en soporte dixital da memoria no despacho de Administración da ETSE (3º andar).
No caso de TFM con cláusulas de CONFIDENCIALIDADE, entregarase outra copia en soporte dixital da memoria en versión reducida, que será a que se deposite na biblioteca para a súa consulta pola comunidade científica.
Logo da lectura poderanse recoller DOUS exemplares impresos. O terceiro exemplar poderá retirarse cando remate o curso académico seguinte.
DATOS DO TRABALLO FIN DE MÁSTER Indicar o titulo nos tres idiomas:
Título (Español):
Título (Galego):
Title (English):
TITOR: CO‐TITOR:
Dacordo co art. 11 da Normativa de Traballo Fin de Grao e Máster (Consello de Goberno da USC do 2 de maio de 2013) unha copia electrónica quedará no Centro para o seu arquivo e consulta, e poderá ser usada na USC para usos académicos e de investigación, sempre coa mención específica aos seus autores. Para este efectos, o estudante declara que se trata dun traballo orixinal e de que se autoriza a súa difusión.
Santiago de Compostela, de 201
Asdo: O estudante
Á ATENCIÓN DA COMISIÓN ACADÉMICA DO MÁSTER EN ENXEÑARÍA AMBIENTAL
Máster Universitario en Enxeñaría AmbientalEscola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n15782 Santiago de Compostela
Tel. 8818.16805
Apéndice III
MÁSTER OFICIAL EN ENXEÑARÍA AMBIENTAL LISTA TFMs ASIGNADOS SEGUNDO PREVIO ACORDO CO PROFESORADO
Curso 2016 - 17
(Comisión Académica do 22 de Marzo de 2017)
Novos TFM
Alumno Título TFM Titor
Barja Alonso, Zinaida
Estudio de la evolución de la calidad de las aguas, viabilidad y sostenibildiad de actuaciones para la prevención y mejora del estado de las masas de agua en la comarca de A Limia.
Sarah Fiol, Alberto de Anta (C.H. Miño‐Sil)
Rama Caamaño, Manuel Análise de fluxo de materiais na ría de Muros e Noia
G. Feijoo & M.T. Moreira
Lago Olveira, Sara Anánlisis del ciclo de vida de la producción de fucoxantina a partir del macroalga invasora sargassum muticum
G. Feijoo, P. Pérez (U. Niza)
Ríos León, Carmen Aida Análisis medioambiental del aprovechamiento de material lignocelulósico para la obtención de productos de alto valor añadido.
G. Feijoo & M.T. Moreira
Esteve Llorens, Xavier Emisiones e impactos asociados a la circulación del tráfico rodado en grandes ciudades
G. Feijoo & Carolina Alfonsín
En Santiago de Compostela, a 22 de Marzo de 2017
Asdo. Francisco Omil Coordinador do Máster en Enxeñaría Ambiental