REUNIÓN DA COMISIÓN 1.ª,
INSTITUCIONAL, DE ADMINISTRACIÓN
XERAL, XUSTIZA E INTERIOR
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 1.ª, INSTITUCIONAL, DE
ADMINISTRACIÓN XERAL, XUSTIZA E INTERIORPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidenteAgustín Baamonde Díaz P
VicepresidenteHipólito Fariñas Sobrino P
SecretarioRicardo Vicente Docasar Docasar S
María Sol Díaz Mouteira PYolanda Díaz Pérez AGEJakeline Elizabeth Fernández Macias PCarmen Iglesias Sueiro MJacobo Moreira Ferro PAurelio Alfonso Núñez Centeno PMaría Tereixa Paz Franco BNGPaula Prado del Río PMaría Julia Rodríguez Barreira PBeatriz Sestayo Doce SMaría Soledad Soneira Tajes S
Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1. Designación da Ponencia encargada da elaboración da proposta
de mandato marco da Corporación Radio e Televisión de
Galicia, S.A.
Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2. Preguntas orais en Comisión
Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2.1 39099(09/POC-005826)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 9 máis
Sobre o proceso de expurgación de documentación que está a
levar a cabo a Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial
de Galicia desde a súa constitución en febreiro de 2013
Publicación da iniciativa, 505, 11.08.2015
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
A Mesa do Parlamento
Paula Prado del Río, Agustín Baamonde Díaz, Marisol Díaz
Mouteira, Hipólito Fariñas Sobrino, Jacobo Moreira Ferro,
Aurelio Núñez Centeno, Carmen Pardo López, Julia Rodríguez
Barreira, Moisés Blanco Paradelo e Berta Pérez Hernández,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular de
Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte
pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
O 23 de febreiro de 2013 constitúese a Xunta de Expurgación da
Documentación Xudicial de Galicia e se abre o proceso de
expurgación da documentación que non estivera pendente de
ningunha actuación xudicial.
É coñecido o proceso complexo e lento que supón a selección e
estudo de series documentais, que son os pasos previos e
necesarios para que a Xunta de Expurgación poida tomar a decisión
de conservar ou eliminar a documentación respectiva.
Pois ben, sabemos que froito das actuacións levadas a cabo nesta
materia, lévanse acordado polo de agora o expurgo sobre
determinados expedientes xudiciais.
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Polo exposto, os deputados asinantes, formulan as seguintes
preguntas:
1. Qué decisións ten adoptado a Xunta da Expurgación da
Documentación Xudicial de Galicia dende a súa constitución
en febreiro de 2013?
2. A qué órganos xudiciais e en que volume lles afecta?
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2015
Asinado dixitalmente por:
Paula Prado del Rio na data 22/07/2015 11:45:28
Agustín Baamonde Díaz na data 22/07/2015 11:45:35
Marisol Diaz Mouteira na data 22/07/2015 11:45:42
Hipólito Fariñas Sobrino na data 22/07/2015 11:45:47
Jacobo Moreira Ferro na data 22/07/2015 11:45:55
Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 22/07/2015 11:46:01
María del Carmen Pardo López na data 22/07/2015 11:46:08
María Julia Rodriguez Barreira na data 22/07/2015 11:46:15
Moisés Blanco Paradelo na data 22/07/2015 11:46:23
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Berta Pérez Hernández na data 22/07/2015 11:46:31
Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2.2 39061(09/POC-005817)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sestayo Doce, Beatriz e 3 máis
Sobre a consideración pola Xunta de Galicia dos riscos que en
materia de saúde pública puido ter para a poboación de Ferrol
e os concellos de Ares, Mugardos, Narón e Fene a
subministración de auga potable
Publicación da iniciativa, 505, 11.08.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Beatriz Sestayo Doce, Carmen Acuña do Campo, Mª Soledad Soneira
Tajes e Ricardo Vicente Docasar Docasar, deputadas e deputado
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión
1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior.
O día 6 de xullo entra en Ferrol un fax procedente da Xunta de Galicia
mediante o cal se informa que debe restrinxirse o consumo de auga potable
pola presenza elevada de trihalometano. Esta información se fai chegar por
parte da Xunta de Galicia a cinco concellos: Ferrol, Ares, Mugardos, Narón
e Fene.
Existe unha conversa telefónica entre delegada territorial de Sanidade e o
alcalde de Ferrol na cal a delegada se despide, a pesar da aparente
gravidade dos feitos cun: “ata o luns”, feito que causa perplexidade nos
concellos. Inmediatamente se convoca unha reunión en Ferrol cos
municipios afectados para coordinar accións conxuntas e facilitar unha
información coordinada á cidadanía.
Constitúese un gabinete permanente de crise con base no Concello de
Ferrol, na que ten presenza os municipios afectados, a empresa
concesionaria da auga e se invita a Xunta de Galicia polas competencias
sobre saúde pública e sobre emerxencias entre outras que ten. Se manteñen
numerosas xuntanzas de traballo nese gabinete, varias ao día, sen ningunha
presenza da Xunta de Galicia eludindo á Consellería de Sanidade e á de
Presidencia a través dos medios de comunicación ningún tipo de
competencia no asunto.
Mentres 150.000 persoas quedaban sen auga potable, a Xunta de Galicia
estaba ausente.
Na primeira xuntanza a cal acude a delegada territorial de sanidade o
domingo 19 de xullo elude a responsabilidade da Xunta de Galicia salvo
que se refira a facer a analítica.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as
seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Considerou o Goberno galego que existiu risco para a saúde da
poboación de Ferrol e nos municipios afectados nalgún momento?
2. Considera a Xunta de Galicia que existiu en algún momento risco
para parte da poboación galega afectada polo subministro de auga de
Ferrol?
3. En caso negativo, porque se creou alarma dende diferentes
responsables da Xunta de Galicia e responsables institucionais do
Parlamento de Galicia?
4. Considerou que había risco porque non se activou o sistema de
emerxencia da Consellería de Presidencia?
5. A que se debeu a ausencia da Consellería de Sanidade neste proceso,
responsable en materia de saúde pública?
6. Porque rexeitou o Goberno do Sr. Feijoo cooperar para subministrar
auga potable a poboación dos municipios afectados eludindo as súas
competencias?
Pazo do Parlamento, 21 de xullo de 2015
Asdo.: Beatriz Sestayo Doce
Carmen Acuña do Campo
Mª Soledad Soneira Tajes
Ricardo Vicente Docasar Docasar
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Beatriz Sestayo Doce na data 21/07/2015 11:39:22
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
María del Carmen Acuña do Campo na data 21/07/2015 11:39:30
María Soledad Soneira Tajes na data 21/07/2015 11:39:34
Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 21/07/2015 11:39:41
Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2.3 39928(09/POC-005973)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Soneira Tajes, María Soledad e 3 máis
Sobre a información publicada nos medios de comunicación
respecto de posibles irregularidades na xestión de recursos
públicos dirixidos a cursos de formación
Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Mª Soledad Soneira Tajes, María Quitas Álvarez, Beatriz Sestayo
Doce e Vicente Docasar Docasar, deputadas e deputado pertencentes
ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do
disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa
Mesa a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión 1.ª,
Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior.
Segundo vén de publicar diversos medio de comunicación, un xulgado
de Lalín está investigando a posible comisión de diversos delitos en
cursos de formación subvencionados pola Xunta de Galicia.
Nesta información cítanse circunstancias tales como a inexistencia dos
mesmos, pero que se xustifican de xeito fraudulento para cobrar as
subvencións, a inclusión de alumnos ficticios nos mesmos, profesores
que imparten formación o mesmo día e á mesma hora en lugares
distintos, e outras irregularidades que levaron ao xulgado a iniciar as
investigacións a que facemos referencia.
Todo isto, xunto con outros asuntos tamén inmersos en procesos
xudiciais que salpican a Sra. conselleira Traballo e Benestar e ao propio
presidente da Xunta de Galicia, non fai máis que sementar dúbidas
sobre o control que sobre esta formación debe exercer a Administración
que os subvenciona.
Por todo iso, as deputadas e deputado asinantes preguntan a Xunta de
Galicia:
1.ª) Son certas as noticias publicadas nos medios de comunicación, o
pasado 23 de agosto de 2015, sobre o posible caso de corrupción polo
uso ilegal de recursos públicos para a realización de cursos de
formación?
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
2.ª) Se é así, que accións ten acometido a Xunta de Galicia para
esclarecer os feitos a que fai referencia esta iniciativa?
3.ª) Que medidas ten tomado o Goberno ao respecto?
Pazo do Parlamento, 25 de agosto de 2015
Asdo.: Mª Soledad Soneira Tajes
María Quitas Álvarez
Beatriz Sestayo Doce
Vicente Docasar Docasar
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
María Soledad Soneira Tajes na data 25/08/2015 11:40:01
Maria Remedios Quintas Alvarez na data 25/08/2015 11:40:11
Beatriz Sestayo Doce na data 25/08/2015 11:40:16
Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 25/08/2015 11:40:22
Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2.4 40008(09/POC-005991)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as razóns da non publicación na páxina web da Xunta de
Galicia das últimas declaracións fiscais do Sr. presidente da
Xunta de Galicia
Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
A deputada Yolanda Díaz Pérez, integrante do grupo parlamentario da Alternativa
Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión, relativa á non
publicación dos datos actualizados das declaracións do IRPF do presidente da Xunta
de Galicia.
A democracia como réxime político precisa desenvolver os mecanismos que garantan
á cidadanía dispor da información necesaria para adoptar as súas decisións.
Desgrazadamente neste réxime político abondan zonas de escuridade que facilitan
actuacións contrarias ao interese xeral. Mesmo nestes anos de crise e recesión
soportamos con indignación a trama de escándalos de corrupción política-empresarial,
que afectan ao núcleo dos partidos do réximen e que provocan na cidadanía –
sometida a meirande onda de violencia material dende a fin da ditadura – unha fonda
desafección.
Unha democracia que queira ser tal precisa, pois, deitar luz sobre todos os aspectos da
vida pública e en particular sobre as actividades, intereses, bens e patrimonios dos
responsables da res publica. Aquelas persoas que escollen o noble exercicio da política
teñen que aceptar seren escrutadas de xeito riguroso pola cidadanía.
Esa esixencia de claridade non ten acubillo suficiente na lei 4/2006, de 30 de xuño, de
transparencia, ou agarda cal vai ser a aplicación práctica do contemplado na recente
reforma do Regulamento do Parlamento Galego, que no seu apartado cuarto prescribe
a publicidade das actividades e bens dos integrantes do Parlamento Galego.
O actual presidente da Xunta facía pública no mes de marzo do 2013 a súa última,
daquela, declaración do IRPF, a correspondente ao ano 2011. Apelou entón a
“esixencia moral” da transparencia. Dende entón, e malia transcorrer varios exercicios
fiscais, non voltou a facer pública a súa declaración á facenda pública nin semella que
experimentou esa esixencia moral.
Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte pregunta para a súa
resposta oral na Comisión:
- Que razóns explican a non publicación na páxina web da Xunta de Galicia das
últimas declaracións fiscais do presidente da Xunta e do seu patrimonio, tendo
en conta a súa consideración do 2013 acerca da “esixencia moral” que
comportaba facelas públicas?
- Non volveu o presidente da Xunta a realizar a declaración da renda das persoas
físicas dende o exercicio de IRPF do 2011?
- Contempla o presidente facer públicas as súas últimas declaracións á facenda
pública?
- Contempla dar a coñecer o estado actual do seu patrimonio?
- Que actuación lexislativa vai desenvolver a Xunta para que todos os altos
cargos da administración pública galega teñan a obriga de faceren pública o seu
estado patrimonial?
En Compostela, a 26 de agosto do 2015.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 26/08/2015 13:40:18
Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2.5 40044(09/POC-006001)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre o Grupo de Emerxencias Supramunicipal da comarca de
Curtis
Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
A deputada Yolanda Díaz Pérez, integrante do grupo parlamentario da Alternativa
Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión, relativa ao GES da
comarca de Curtis.
Nun país que está a sufrir unha queima dos nosos montes moi superior a do ano
pasado; nun país onde a lei de emerxencias está para non se cumprir; nun país onde a
pésima política de desartellamento do rural favorece unha depredadora economía do
lume; nun país cos servizos de emerxencias privatizados, descoordinados, faltos de
equipos e persoal; nese país referido nas liñas supra hai unha práctica cotián no GES de
Curtis que simplemente é bochornosa.
Este GES dá servizo aos concellos de Curtis, Sobrado, Vilasantar, Aranga, Mesía e Oza-
Cesuras. Nel veñen a traballar na actualidade unha ducia de traballadores (logo de
seren despedidos con anterioridade tres) cuxas tarefas –segundo recolle o convenio
de colaboración subscrito pola Xunta coa FEGAMP – consisten en realizar desbroces,
atender emerxencias e participar nos dispositivos de loita contra os incendios
forestais.
Malia o disposto no convenio, este GES, a plantilla que o forma, carece dun protocolo
de traballo, non ten o entrenamento físico necesario, descoñece a toponimia e os
lugares de difícil acceso da súa área de traballo e ignora os hidrantes e o seu estado;
de feito, a falla de formación específica é tal que dispoñen dun explosímetro novo para
o que non recibiron formación algunha. Difícil traballo é o das emerxencias como para
ter que afrontalo tan en precario.
Esa plantilla, por exemplo, recibiu tarde os traxes de intervención e os cascos de
seguridade, pero teñen que compartir algo tan necesario e básico como son as ERA, os
equipos de respiración autónomos. Faltan na equipación dun grupo de traballo destas
características elementos tan básicos como os dunha padiola de pas, arneses e
salvavidas.
Con este panorama, pouco alentador respecto o que tería que ser unha prioridade das
administración públicas, resulta que o común do seu traballo nada ten que ver coas
tarefas recollidas no convenio Xunta-FEGAMP. Esa ducia de traballadores adícan o
seu tempo de traballo – o que lles resta libre logo das coaccións e amenazas que
queren agochar todo o que as administracións públicas fan mal - a acondicionar
parques e xardíns, o campo de fútbol de Curtis, o igrexario de san Roque de Xabriño, a
limpeza do recinto feiral de Curtis tanto as do comercio como as do gando, a limpeza
dalgún alcantarillado, caso do do edificio do cuartel da Garda Civil, etc., tarefas todas
elas realizadas – non no seu tempo libre – e si cando se atopan na quenda de garda
para as emerxencias. Instructivo resulta a lectura da crónica publicada no xornal La Voz
de Galicia co título “Yo no me metí en el GES para lavarle el coche al concejal”.
Esta situación intolerable, ateigada da ineficacia a que condenan os responsables
públicos ao GES, hai que engadirlle os abusos de poder cun cuadrante anual de horas
de traballo abusivo, onde cada traballador realiza preto de 300 horas extraordinarias
que non se aboan; circunstancia ilegal e que ademáis é vergoñenta cando temos a taxa
de paro por riba do 20%, e cando neste GES xa se despediu a 3 traballadores.
Traballadores que queren cumprir coa súa laboura naquelas tarefas que por norma
teñen encomendadas, sin abusos, sin clientelismos, sin coaccións e amenazas… todo o
que alenta ou permite a Xunta de Galicia coa súa nefasta política nesta materia.
Así vai polo rego da ineficacia e dos abusos ilegais os cartos públicos, que para o
financiamento dos GES achegan Xunta (60%), FEGAMP (20%) e os propios concellos
(outro 20%). Regato que semella ser un río, porque as denuncias acreditadas sobre o
GES de Curtís semella que poden predicarse o comportamento doutros moitos GES do
país.
Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte pregunta para a súa
resposta oral na Comisión:
- Coñece a Xunta de Galicia a situación denunciada sobre as tarefas
efectivamente realizadas no GES de Curtis, que no se corresponden en
absolutos coas encomendadas no convenio subscrito entre Xunta e FEGAMP?
Que actuación correctoras vai emprender a Xunta? Vai depurar algunha
responsabilidade política por esa neglixencia?
- Coñece a Xunta a falla de equipamentos, formación, entrenamento que sufre a
plantilla? Vai adoptar a Xunta medidas para colmar ese conxunto de
deficiencias? Vai depurar algunha responsabilidade política por tamañas
neglixencias?
- Interésalle á Xunta a situación de abusos nas xornadas laborais da plantilla? Vai
adoptar algunha medida para evitalos e sancionar a quen corresponda por tales
irregularidades?
- Sabe a Xunta das coaccións e amenazas que penden sobre os traballadores logo
de se facer público nos medios e redes sociais o escándalo da súa situación? Vai
abrir unha investigación para depurar responsabilidades de as houber?
- Contempla a Xunta realizar unha auditoría sobre o conxunto das insuficiencias e
irregularidades que acontecen en todos os GES do país?
En Compostela, a 27 de agosto do 2015.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 27/08/2015 12:10:03
Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
3. Proposicións non de lei en Comisión
Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
3.1 34656(09/PNC-002918)
Grupo Parlamentario Mixto
Iglesias Sueiro, Carmen e Martínez García, María Consuelo
Sobre a provisión pola Xunta de Galicia de gardarías a todos
os centros de traballo da Administración galega, garantindo a
adaptación dos seus horarios de apertura ás necesidades dos
empregados públicos
Publicación da iniciativa, 433, 19.03.2015
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
1
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.
O G. P. Mixto, a iniciativa das súas deputadas, Carmen Iglesias Sueiro e
Consuelo Martínez García, ao abeiro do establecido no regulamento desta
cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na
Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior.
Os centros de traballo que contan con garderías suponlles beneficios ás
persoas traballadoras, aos seus fillos e fillas e á organización que as incorpora.
Este tipo de garderías instaladas nos propios centros de traballo que promoven
a conciliación entre a vida laboral e as persoas, producen beneficios obvios
para as persoas traballadoras e para os seus fillos e fillas, xa que os tempos
que pasan na gardería redúcese. Pero tamén supón un beneficio para a
organización ou empresa que as incorpora pois elo fai persoas máis
comprometidas, motivadas e satisfeitas que redunda nun menor custe para as
empresas reflectido en menor absentismo laboral, menor rotación e máis
produtividade. Así é recollido por diversos estudos: en empresas con ámbitos
flexibles e familiarmente responsables as persoas traballadoras multiplican por
tres o seu compromiso, o que se traduce nun aumento da produtividade e a
competitividade.
Ademais, non se pode esquecer ao grande beneficiario das políticas de
conciliación que, pese a elo, soe acabar excluído do debate: A infancia. A
gardería no centro de traballo supón horarios máis sociais para os pequenos e
pequenas; facilita o control das súas rutinas e reduce a estancia nas mesmas,
permitindo aumentar o tempo compartido coa familia, todo o cal contribúe ao
seu desenvolvemento e benestar.
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
2
Pero para que a gardería instalada no centro de traballo acade estes
obxectivos, é imprescindible que estean adaptadas ao calendario laboral dos
pais e das nais.
Polo exposto preséntase a seguinte proposición non de lei para o seu debate
en Comisión:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a prover de garderías todos
os centros de traballo da Administración Galega garantindo horarios de
apertura que respondan ás necesidades dos e das empregadas públicas.”
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015
Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro
Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia
Consuelo Martínez García Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Carmen Iglesias Sueiro na data 10/03/2015 14:57:37
María Consuelo Martínez García na data 10/03/2015 14:57:48
Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
3.2 37068(09/PNC-003115)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre a constitución por parte do Goberno galego dunha
comisión de negociación para a elaboración e aprobación,
antes do remate do ano 2015, do regulamento do bombeiro
profesional previsto na Lei de emerxencias de Galicia
Publicación da iniciativa, 464, 20.05.2015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a
iniciativa da deputada Tereixa Paz Franco, ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei para o seu
debate en Comisión, en relación coas previsións de aprobación do regulamento
do bombeiro profesional previsto na Lei de emerxencias de Galicia.
A situación da xestión das emerxencias en Galiza caracterízase pola falta
de homoxeneidade dos distintos dispositivos encargados dos servizos de
prevención e extinción de incendios e salvamento. Esta falta de homoxeneidade
ven determinada por un modelo na que segundo o ámbito territorial e
competencial conviven servizos con xestión pública directa con outros
privatizados. Uns de ámbito municipal, outros comarcais e algúns
supramunicipais.
Esta falla de homoxeneidade tamén se traslada ás condicións do persoal
que presta os seus servizos. Non só no que atinxe a diverxencia de vinculacións e
relacións laborais, senón tamén no que ten a ver coa forma de acceso, esixencias
de titulación e de formación para acceder a ditos postos de traballo.
Todo isto constitúe a xuízo do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego unha deficiencia que dificulta un funcionamento do dispositivo coa
debida coordinación e que ten como consecuencia que a prestación dos servizos
non garanta tampouco a igualdade no conxunto do territorio e polo tanto que as
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
persoas teñen un nivel de protección e atención diferente en función do lugar no
que vivan ou no que padezan unha emerxencia.
A esta situación, que ven de vello, pretendía dar solución a Lei 5/2007, de
emerxencia de Galiza, porén, diferentes decisións políticas que se adoptaron en
relación co seu cumprimento xunto coa omisión á hora de abordar diversos
aspectos do seu desenvolvemento non fixo máis que agravar a situación desde a
súa aprobación.
Un dos aspectos que contribuiría, sen dúbida a paliar, aínda que só fose
parcialmente, este caos sería o desenvolvemento dalgunha disposicións
adicionais da lei. Concretamente a disposición adicional terceira, punto tres,
prevía que no prazo dun ano desde a súa aprobación debería promover a
elaboración dun regulamento do bombeiro profesional para homologar as
condicións de todas persoas que prestan os seus servizos nos dispositivos de
emerxencias.
Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque
Nacionalista Galego, a través da deputada asinante, formula a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a nun prazo non
superior a 15 días constituír unha Comisión de negociación coa participación da
representación dos diferentes colectivos de traballadores e traballadoras dos
dispositivos de prevención, extinción de incendios e salvamento, e coas
administracións implicadas para iniciar a negociación do regulamento do
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
bombeiro profesional previsto na Lei de emerxencias de Galiza. Que dita
Comisión baixo a premisa central de avanzar na homoxeinización das condicións
dos diferentes servizos, teña un mandato de procurar a elaboración e aprobación
do Regulamento antes de fin do ano 2015.”
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015
Asdo.: Tereixa Paz Franco
Deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tereixa Paz Franco na data 07/05/2015 20:01:02
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 07/05/2015 20:01:08
Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior
Día: 11.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
3.3 37900(09/PNC-003185)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa e Adán Villamarín, María do Carme
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa Casa da Xuventude de Ourense, denominada na
actualidade Espazo Xove
Publicación da iniciativa, 481, 17.06.2015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas Tereixa Paz Franco e María do Carme Adán Villamarín, ao abeiro do
disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei para o
seu debate na Comisión 1ª, relativa ás actuacións da Xunta de Galiza en relación coa
casa da Xuventude de Ourense.
A Casa da Xuventude, hoxe Espazo Xove, foi un referente da mocidade en
Ourense e un espazo de encontro e creatividade do que xurdiron numerosos proxectos
culturais e sociais que enriqueceron a nosa cidade e o país.
Recoñecida a nivel nacional e internacional polo impulso das artes gráficas e de
grupos vinculados ás diferentes artes escénicas e a música a Casa da Xuventude, hoxe
Espazo Xove, tivo sempre como uns dos seus valores máis salientábeis a participación e
a autoorganización da mocidade como motor das súas actividades. Baixo a dirección de
Benito Losada a Casa da Xuventude converteuse nun espazo de liberdade e confianza
onde todo tipo de iniciativas tiveron espazo e acollida.
Coa proposta da Xunta de Galiza de ubicar no edificio da Casa da Xuventude,
hoxe Espazo Xove, o punto de encontro familiar desprazarase ao cuarto andar o centro
Quérote+. Así o andar ocupado polo punto de encontro familiar restará espazo para as
actividades da mocidade cada día máis desprazada dun espazo que sempre estivo
destinado a acollela e a fomentar as súas actividades. Alías a ubicación dun servizo das
características dun punto de encontro familiar nese entorno non parece o máis acaído
para un espazo da mocidade.
Hoxe existen cada día máis trabas para o uso dos espazos e a promoción de
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
actividades por parte das diversas asociacións, desapareceu a participación da mocidade
na xestión dos espazos, os orzamentos e as actividades na Casa da Xuventude e a nova
coordinación limita cada día máis, baixo os intereses da Xunta de Galiza, o tipo de
actividades para as que se cede o espazo.
Practicamente en toda a súa existencia a Casa da Xuventude rexíase por un
Regulamento que por parte da Dirección do centro se remitía á Xunta e que establecía
como órganos de xestión unha Presidencia, a Dirección do centro e un Consello de
Xestión. Esta dinámica democrática e de participación das entidades xuvenís na
planificación e desenvolvemento das actividades rachouse nos últimos anos,
substituíndose este funcionamento pola única vontade persoa que se ocupa da
coordinación de actividades.
A mocidade debe recuperar a Casa da Xuventude como o espazo de liberdade
que foi, aberto a todo tipo de iniciativas, sen a censura dos seus responsábeis e como
espazo de participación colectivo no que sexan as mozas e mozos de Ourense as que
decidan, como sempre fixeron, as actividades e proxectos que alí queren desenvolver.
Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego, a través da deputada asinante, formula a seguinte Proposición non de lei para o
seu debate na Comisión 1ª:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a realizar as seguintes
actuacións en relación coa casa da Xuventude de Ourense:
1.- Buscar outra localización para o Punto de Encontro Familiar que se pretende
situado no edificio da Casa da Xuventude, hoxe denominada Espazo Xove, atendendo
tanto os informes técnicos de colexios oficiais como as sinaturas de persoas usuarias
que evidencian que esta non é a ubicación adecuada.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2.- Aprobar anualmente un Regulamento de funcionamento da Casa da
Xuventude no que se restitúa o protagonismo das entidades e asociacións, así como das
persoas asociadas, establecendo un modelo de planificación e xestión baseado na
existencia dun Consello de Xestión e unha Presidencia elixidas democraticamente e a
Dirección do Centro.
3.-Eliminación das trabas e cargas burocráticas e administrativas que se
impoñen para a realización de actividades.”
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015
Asdo.: Tereixa Paz Franco
Deputada do G.P. do BNG
María do Carme Adán Villamarín
Portavoz s. do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tereixa Paz Franco na data 09/06/2015 18:05:45
María do Carme Adán Villamarín na data 09/06/2015 18:05:54