REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DE ESO
IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14
2
TITOR/A:
GRUPO:
HORA DE ATENCIÓN AOS PAIS/NAIS POR PARTE DO/A TITOR/A:
Para solicitar unha entrevista co titor/a pódese facer por medio do fillo/a. Convén que avisen cun
mínimo dunha semana de antelación para que se poida preparar de maneira satisfactoria a información de
todo o profesorado.
DATAS DAS REUNIÓNS DE AVALIACIÓNS
>A primeira será o 11 e 12 de decembro
>A segunda será o 25 e 26 de Marzo
>A terceira será o 23 de Xuño
En cada unha das tres avaliacións recibirán a información académica correspondente mediante o boletín de
notas. Este boletín seralles enviado, en man, polo seu fillo/a, e terá que devolverse asinado o correspondente
resgardo. O boletín ten en relevo o anagrama do Instituto , cuestión importante no caso de que se quixese
falsificar.
O CALENDARIO ESCOLAR
No curso académico haberá os seguintes períodos non lectivos: Nadal: do 21 de Decembro ao 8 de Xaneiro
ámbolos dous incluídos, Entroido: do 1 ao 5 de Febreiro ámbolos dous incluídos, Semana Santa: do 12 de
Marzo ao 21 de Abril ámbolos dous incluídos. A Xunta de Galicia declarou este ano como día non lectivo o
31 de Outubro e o Consello Escolar escolleu como días non lectivos de libre disposición: o 4 de Novembro e
o 2 de Maio.
ASISTENCIA A CLASE
En canto ás faltas de asistencia a clase, o coñecemento das mesmas por parte dos pais ou titores legais do
alumnado non significa que estean xustificadas.
As nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado deberán poñer en coñecemento da titoría docente, coa
suficiente antelación, as faltas a clase previstas do seu fillo ou filla. No caso de faltas imprevistas e
xustificables deberán comunicalo á maior brevidade posible, non deixando transcorrer máis de cinco días
dende a incorporación de novoás clases.
Corresponde á titoría docente aceptar ou nona xustificación das faltas de asistencia, logo de ser postas no
seu coñecemento por parte dos pais, nais ou titoría legal.
TELÉFONOS MÓBILES E OUTROS APARATOS ELECTRÓNICOS
O alumnado non poderá usar móbiles, cámaras ninoutros medios de gravación de voz ouimaxes en todo o
recinto do centro, incluíndo as zonas exteriores e as actividades complementarias. Estes dispositivos estarán
gardados, desactivados e fóra da vista en todo momento. En casos excepcionais poderán ser utilizados coa
aprobación e a supervisión dun profesor ou profesora ou dun membro do persoal non docente.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPELEMENTARIAS
O alumnado que participe nas actividades complementarias ou extraescolares deberán asumir o coste das
entradas que se teñan que pagar e o coste da parte proporcional que lle corresponda do transporte (se non é
gratuito)
SANCIÓNS Ó ALUMNADO
O número de faltas de asistencia non xustificadas que darán lugar a un apercibimento escrito serán de:
a) Catro faltas a materias de dúas sesións semanais.
IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14
3
b) Seis faltas a materias de tres sesión semanais.
c) Oito faltas a materias de catro sesións semanais.
d) Vinte faltas entre tódalas materias.
Isto levarase a cabo a petición do profesor ou profesora das materias, da titoría docente do alumnado ou da
Xefatura de Estudos, previa comunicación entre os tres.
O profesorado está facultado para poñer medidas correctoras ás condutas leves contrarias á convivencia,
sempre respectando a proporcionalidade entre as medidas aplicadas e as condutas disruptivas que se queren
corrixir. Os profesores darán contadestas medidas ao titor do alumno ou alumna e, se o considera pertinente,
á xefatura de estudos.
Calquera membro do equipo docente poderá sancionar a un alumno ou alumna coa comparecencia inmediata
ante a xefatura de estudos (Art. 48 B do R.D. 732/1995), debendo cumprimentar a correspondente
comunicación escrita. Os partes de conduta deberán crearse e xestionarse cos medios telemáticos cos que
conta o centro (SIXA).
As sancións de comparecencia inmediata ante a xefatura de estudos poderán dar lugar, a criterio da mesma, a
un apercibimento escrito.
No caso de acumulación de dous apercibimentos, farase unha valoración entre o profesorado titor, a xefatura
de estudos e o departamento de orientación onde se decidirá a intervención a realizar.
Os alumnos ou alumnas que presenten condutas disruptivas que imposibiliten a marcha normal da clase e,
polo tanto, o aproveitamento académico dos seus compañeiros e compañeiras, poderán ser apartados
transitoriamente da aula. Estes alumnos ou alumnas levarán traballo para realizar nas aulas de inclusión
educativa. As aulas de inclusión educativa, reguladas na lei 4/2011, estarán a cargo dun membro do
profesorado designado pola xefatura de estudos, e no seu defecto un profesor ou profesora de garda. No caso
de non haber profesorado dispoñible, o alumno ou alumna debe permanecer na aula. O principio destas aulas
de inclusión é evitar que este alumnado quede apartado do proceso educativo.
O alumnado que presente condutas disruptivas estará obrigado a seguir un programa de habilidades sociais,
cando se determine. Este será organizado polo departamento de orientación.
As condutas gravemente prexudiciais para a convivencia nos centros docentes tipificadas nesta sección
prescriben aos catro meses da súa comisión e as condutas leves contrarias á convivencia, ao mes.
Os pais, nais ou titores legais do alumnado maior de idade recibirán copia das comunicacións das
correccións impostas aos seusfillos, salvo renuncia expresa por escrito na secretaría do Instituto.
No noso Centro , ademáis da vía punitiva e sancionadora, tamén temos contemplada a MEDIACIÓN como
ferramenta para resolver conflitos dun xeito pacífico, que se leva desenvolvendo dende o curso 2005/06. O
grupo de Convivencia e Mediación está integrado por tres profesores coordinadores e um grupo de 44
alumnos mediadores. A mediación está encamiñada á solución de “conflitos entre iguais”.
Que é a mediación?
Un método de resolución de conflitos no que mediante o diálogo se chega a un acordo satisfactorio por
ambas partes, axudados por unha persoa imparcial chamada mediadora.
Que características ten a mediación?
· É voluntaria.
· É confidencial.
· Os mediadores e mediadoras deben ser neutrais e imparciais.
Vantaxes da mediación.
· Prevén a violencia.
· Saída positiva aos conflitos.
· Maduración persoal.
· Contribúe ao fomento de vínculos máis democráticos no centro.
· Participación activa e responsable.
· Mellora a convivencia
Que conflitos se poden resolver coa mediación?
· Insultos,ameazas e malas relacións interpersoais.
IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14
4
· Amizades que se deterioraron.
· Situacións inxustas e degradantes
Quen pode ser mediador/a?
· Todas as persoas que desexen formarse e comprometerse na xestión construtiva dos conflitos cotiáns.
Que fan os mediadores/as?
· Acollen as persoas en conflito.
· Escoitan activamente e centran o proceso na transformación do conflito.
· Promoven a comprensión mutua.
· Non xulgan.
· Non sancionan.
· Non aconsellan.
· Non dan solución
USO DA BIBLIOTECA
O horario de apertura da biblioteca elaborarase cada curso académico e estará en función da dispoñibilidade
de profesorado para poder atendela.
Todos os libros ou publicacións do Instituto serán susceptibles de préstamo a calquera membro do persoal
docente, do alumnado ou do persoal de administración e servizos, independentemente de cal sexa a
localización física do mesmo, agás os dicionarios, enciclopedias, revistas e libros de orientación.
Os libros prestaranse por un período de oito días, renovable unicamente por outros oito.
O alumnado non poderá retirar os libros sen o consentimento da persoa encargada, debendo cubrir as fichas
correspondentes ao préstamo, previa presentación do carné escolar.
O uso da sala de lectura da biblioteca obriga a permanecer en silencio para non perturbar o traballo do resto
de persoas que a utilizan, así como a non comer nin beber na mesma.
MELLORA DO RENDEMENTO ACADÉMICO
1. Cal é a diferenza entre o suspenso e o aprobado?
- A diferenza adoita estar no traballo que dia a dia debemos facer na casa.
- Non chega con atender e entender, é necesario traballar na casa.
2. “ Non teño nada que facer”.
-Isto dino frecuentemente pero o seu fillo/a sempre ten algo que facer: exercícios, traballos específicos...
-Ademais, sempre terá que repasar cada dia os temas dados.
3. “ Pasa a tarde na habitación pero… está estudando?
- A habitación é un lugar de estudo e descanso, non é unha sala de cine nen televisión.
- Os pais debemos controlar o seu tempo de estudo e/ou traballo, mirar os cadernos, a axenda, o calendario
de exames..
- Son os nosos fillos/as, por que o imos facer se non?
4. Debo premiar?, debo castigar?
- O castigo en si mesmo non é malo se é xusto, proporcionado, inmediato, consensuado entre os pais e se se
lle explica ao rapaz/a cal é a conducta corrrecta.
- O premio tamén debe de cumplir as mesmas premisas.
5. Planfificación do tempo libre
- Estudar require un gran esforzo, por iso é imprescindible que os estudantes durman o necesario e se
alimenten adecuadamente antes de vir ao Instituto.
- Debe haber, ademáis, un tempo diario para o ejercicio físico e o lecer.
- Pero… ¡ OLLO¡ sen restarlle tempo ao estudo e ao traballo escolar.
IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14
5
6. Ambiente familiar propicio
- Unidade de criterio entre os pais á hora de esixir disciplina e responsabilidade
- Firmeza no fundamental, coa boa dose de comprensión e tolerancia. Ser firme non implica ser duro ou
intransixente.
- Respecto sempre a un horario flexible, a unhas normas de traballo e a unha conducta correcta.
- Comprensión e axuda, valorando o esforzo diário para superarse.
- Constancia á hora de esixir que os seus fillos cumpran coas súas responsabilidades
- Interese polas actividades, polo rendemento durante o curso e polas dificultades que poida experimentar.
TITORÍA DE PAIS. CURSO 2013/14
Hora/
Día
Lúns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
1ª
Lourdes
Otero Carlos Vidal Montse
López
2ª
Francesca
López Manuel San
Luis
Milagros Rey Isabel Aller Raquel
Mañana
J. A. Curros Agustín
Fernández
Gago
Mª Dolores
Rey
1º recreo
3ª
Ana Crego Fernando
Vidal Juan Mato
Lilliana
González Mercedes
Dopico López Couce
Carmen Porta Jorge Calle
4ª
Isabel López
Mariño Juan
Santamaría Isabel Moar Ignacio Taibo
Warinca Arce
2º recreo
5ª
X. Carballude Eva Tizón Adela Otero
Mª Dolores
García Carmen
García-
Rodeja Pilar
Morandeira
Ángel
González Agustín
Lorenzo
J. A. Amedo Jesús
Fernández
X. A. García X. Rodríguez
IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14
6
IESP Xosé Neira Vilas
Instituto de Ensino Secundario PLURILINGÜE Xosé Neira Vilas de Oleiros
Centros Plurilingües
Son centros nos que se impartan nunha lingua estranxeira áreas ou materias non
lingüísticas, cun máximo dun terzo do horario lectivo, no Neira Vilas impártese en
FRANCÉS a materia de CIENCIAS SOCIAIS . O noso centro é plurilingüe desde o ano
escolar 200-11; temos alumnos plurilingües en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
Actividades específicas para estes alumnos .-
O Departamento de Francés coordinador dos grupos plurilingües organiza actividades
específicas para estes alumnos , a destacar a “ VIAXE EUROPEA “ desde que se comezou
esta actividade o alumnado viaxou a Bruxelas, Roma, Lisboa e este ano a Xenebra onde
visitarán entre outras cousas a sede da ONU e o CERN ( Centro Europeo da Investigación
Nuclear)
BACHIBAC .-
Para o alumnado participante nas Seccións Plurilingües queremos que fagan o Bachibac.
Bachibac é un programa de dobre titulación que, desde o curso escolar 2008/2009, se
imparte dentro da etapa de ensino secundario post-obligatoria en determinados centros
bilingües autorizados de España e Francia, e que permite a quen o cursan acceder a unha
dobre titulación, o título de Bachiller español e o de Baccalauréat francés, así como ao
sistema de ensino superior de ambos países.
De ser asi , en Galicia o IESP Xosé Neira Vilas sería o primeiro na nosa Comunidade
Autónoma.
Outras actividades.-
Este ano organízase o VI INTERCAMBIO ESCOLAR co Collège Notre Dame Le Ménimur de
Vannes , en total levan participado mais de 200 alumnos desde 2º da ESO ata 1º de
Bacharelato.
IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14
7
O Intercambio Escolar consiste fundamentalmente en acoller no seo da propia
familia unha alumna ou un alumno do centro francés, que veñen acompañados de dous
profesores durante a súa estadia en Oleiros e a súa vez as familias francesas acollen
as/os súas/seus fillas/os. Esta actividade ten unha duración aproximada de 10/11 días
durante os cales a parte de asistir a algunha clase no centro francés organízanse outras
actividades como excursións para coñecer a rexión, visitas a museos, etc... rematando o
Intercambio cunha visita a Paris e a Eurodisney.
Exames DO DELF .-
O Diploma de estudios en lengua francesa o DELF (Diplôme d'études en langue française
en francés), é un certificado que expide o Ministerio de Educación francés e que acredita
o nivel en lingua francesa de candidatos estranxeiros de países non francófonos.
Está compuesto por catro diplomas independentes correspondentes aos catro primeiros
niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas. Estos diplomas son A1,
A2, B1 y B2.
A alumnado do noso centro ven realizando xa estos exámes dende hai varios anos, este
ano
vintesete alumnos acadaron os certificados DELF. O alumnado que se presentou era tanto
de Secundaria como de Bacharelato e pola primeira vez presentáronse ao nivel A2
alumnos do grupo plurilingüe de 3º da ESO . Mais información na páxina web do centro.
IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS CURSO 2013/14
8