“No amor, como na guerra,
nunca oímos o tiro que nos alcanza.
A morte, como o amor,
nunca advirte por onde se nos achega...”
Lois Pereiro
2
Falares
C.E.P. Cespón Ano, 2011
Redacción: Alumnado do Centro
Colabora: Profesorado do Centro
Maquetación e deseño: Normalización
Corren malos tempos. Os ataques contra a nosa
lingua estan a debilitala ata tal punto que, aínda que
aqueles que a teñen como lingua vehicular ven agora
como vai perdendo pulo e, lonxe de normalizarse,
retrocede en ámbitos que parecían xa reconquistados.
Dende a nosa posición non podemos máis que
insistir na importancia da nosa lingua, insistir na súa
defensa e traballar, como vimos facendo cada ano, na
súa potenciación.
Un vehículo para facer chegar a toda a
comunidade educativa parte do traballo que dende o
CEIP Cespón se realiza neste senso é a revista que,
dende hai nove anos, vimos elaborando coa
participación e esforzo de todo o alumnado e
profesorado. Traballo de cooperación e superación
que marcan o noso día a día.
Nesta IX edición temos que celebrar a
incorporación ao noso centro, e polo tanto tamén as
páxinas desta revista, do alumndo e profesorado de
infantil que encheron de esperanza as aulas e patios
deste centro. BENVIDOS/AS!
Lembrar que esta revista, así como a de anos
anteriores, a poden atopar na páxina web do centro e
no blogue da Biblioteca:
http://www.edu.xunta.es/centros/cepcespon/
http://bibliotecacespon.blogspot.com/
3
O Día das Letras Galegas foi instituído
pola Real Academia Galega, no ano 1963, para
homenaxear a aquelas persoas que salientasen
pola súa creación en idioma galego ou pola
defensa do noso idioma. Este ano 2011, o 17 de
maio, adicóuselle a Lois Pereiro, pola
importancia e modernidade da súa poesía.
Lois Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido
por Lois Pereiro, naceu en Monforte de Lemos
(Lugo), o 16 de febreiro de 1958 e morreu en A Coruña, en 1996. Despois de
facer estudos elementais marchou, con dezasete anos, a Madrid a estudar a
carreira de Socioloxía, aínda que sen que rematase o 1º trimestre, volveu de
novo a Monforte para traballar na cristalería paterna.
Ao ano seguinte regresa a Madrid para estudar na Escola Oficial de Idiomas:
francés, inglés e alemán. Durante este tempo participa na elaboración da revista
Loia, xunto co seu irmán Xosé Manuel, Manolo Rivas, Antón Patiño e outros
galegos afincados na capital.
No ano 1981, xa con graves problemas de saúde, regresa definitivamente a
Galicia, onde colabora en varias antoloxías poéticas “De amor e desamor”
(1984 e 1985) e tamén na revista “Luzes de Galicia”, onde publicará oito
capítulos dunha novela que deixará sen rematar: “Náufragos do paradiso”
Publicou varios libros de poemas: “Poemas” e “Poesía última de amor e
enfermidade”. No seu libro póstumo “Poemas para unha loia” recóllense
versos escritos durante a súa estadía madrileña.
4
5
6
7
8
9
10
11
CLUB DE LECTURA
“O CADERNO AZUL”
O caderno azul, é un libro para nenos escrito por An Alfaya e trata sobre o tema
do SIDA na infancia.
No club informámonos sobre esta enfermidade que se desenvolve como consecuencia
da destrución progresiva do sistema inmunitario (das defensas do organismo), producida
por un virus descuberto en 1983 e denominado Virus da Inmunodeficiencia Humana
(VIH). Defínena algunha destas afeccións: certas infeccións, procesos tumorais, estados
de desnutrición severa ou unha afectación importante da inmunidade.
A palabra SIDA provén das iniciais de Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida, que
consiste na incapacidade do sistema inmunitario para facer fronte ás infeccións e outros
procesos patolóxicos. A SIDA non é consecuencia dun trastorno hereditario, senón
resultado da exposición a unha infección polo VIH, que facilita o desenvolvemento de
novas infeccións oportunistas, tumores e outros procesos
Tamén aprendemos que as tres vías principais de transmisión son: a parenteral
(transfusións de sangue, intercambio de xiringas entre drogadictos, intercambio de
agullas intramusculares), a sexual (ben sexa homosexual masculina ou heterosexual) e a
materno-filial (transplacentaria, antes do nacemento, no momento do parto ou pola
lactación despois).
O Caderno azul é un libro que trata dunha nena de once anos que lle gustaba moito o
deporte, un día xogando ao balonmán tivo unha lesión e os médicos dixéronlle á
Anxélica, que así se chamaba a nena, que tiña que estar semanas en repouso, pero o avó
deuse conta de que en vez de mellorar poñíase peor. Levouna a facerlle unha análise e os
médicos descubriron que tiña o SIDA e que se contaxiara cando lle fixeran unha
transfusión de sangue.
Os personaxes principais do libro son: Anxélica, que é a protagonista o seu avó
David que vive con ela en Vigo xa que seus pais están na Coruña por traballo; Marta, é a
súa irmá e intenta axudala en todo momento e Xurxo, Rita e Xavier que son os seus
mellores amigos.
12
Anxélica, mentres estivo convalecente, escribía bonitos poemas nun caderno de tapas
azuis que seu avó lle regalara. O libro cóntanos todo o que lle pasa á protagonista
durante a enfermidade: a amizade co seu avó, as súas preocupacións, as relacións cos
amigos e amigas, problemas dos seus compañeiros,…
Cando a Anxélica lle diagnosticaron a enfermidade levárona a Barcelona para curala.
Cando regresa os seus amigos deciden facerlle unha festa de benvida .
Anxélica, mentras tivo que estar na cama, descubriu o gusto pola lectura e recoñecía
que os libros a axudaban a pasar mellor o tempo, tamén lle gustaba moito escribir
poemas no caderno e algúns dedicáballos a o seu avó e aos seus amigos.
O libro divídese en catro partes que corresponden cas catro estacións do ano e en
cada unha delas as distintas personaxes (Anxélica, avó, Rita, Xurxo,…)nos van contando
todo o que senten.
É un libro para nenos moi fácil de ler e escrito dunha forma sinxela.
A min gustoume este libro porque fala dunha historia real que lle pasa a unha nena da
nosa idade e cómo sobrevive a unha enfermidade tan perigosa. Admiro a súa valentía e
as súas gañas de vivir e loitar pola súa vida. Tamén me gustou moito que os seus
compañeiros lle axudaran tanto e foran tan bos con ela.
Abraham González Pérez . 5º
Beatriz Otero Otero. 5º
13
PERDIDAS NO BOSQUE
Sandra vivía nun pequeno pobo coa súa nai Ana, seu pai José, seu irmán Nacho, súa avoa Virginia e a súa cadeliña Lulú.
Un día, paseando a Lulú, Sandra enredouse mirando os animaliños do bosque e, sen darse conta, perdeuse na espesura. De súpeto, xa non se vía o camiño e non sabía onde estaba. Comezaba a escurecer e Sandra dixo:
_Lulú, perdémonos e non sei atopar o camiño de volta a casa. Xa empeza a escurecer e a facer frío, moito frío...
Na súa casa estaban moi preocupados porque Sandra e Lulú desapareceran. Pasaron toda a noite buscándoas polos arredores pero ninguén contestaba. Cando amenceu decidiron adentrarse no bosque, a familia, os amigos e veciños pero Sandra non contestaba. Comezaban a perder a esperanza, cando, ó mediodía e, despois de pasar varias veces pola entrada dunha cova, viron saír a Sandra e a Lulú, algo enlixadas pero saudando coa ledicia que supoñía que as atoparan.
Seu pai, preguntoulle que pasara, si se atopaban ben, cómo pasaran a noite...
Sandra contestoulle:
_Agora che conto todo, pero quero que sepas que me atopo ben gracias a Lulú. Foi ela, a que dou coa cova onde nos refuxiamos, e durmiu pegadiña contra min para que non pasara tanto frío. E agora cando vos oíu chamar púxose a ladrar para que eu espertara e viñera a atoparme con vós.
Ó volver a casa, Sandra e Lulú laváronse, comeron moito e descansaron despois da aventura que viviran, pero o que nunca esquecerá, Sandra nin os seus pais, é que Lulú é un membro máis da familia e que sempre van a querela e coidala.
Carla Miranda 5º
14
15
Alumnado do 1º ciclo
16
Alumnado de 1º
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
O alumnado de 5º preparou dous contiños para contarllelos aos nenos e nenas de
infantil, na Biblioteca. Para a narración do primeiro axudáronse de monicreques. O
conto levaba por título: “A tarta de cereixa”, no que un lobo, un galo… ían probando
un cachiño de torta e ao final…PAPÁRONA ENTEIRA!
O segundo dos contos: “Gato Guille e os monstros” foi moi divertido e á vez
didáctico; fala sobre os medos que ás veces temos ao escoitar ruídos estraños…que ao
final resulta ser a lavadora ao torcer a roupa, ou o vento, ou unha billa mal pechada…
30
Ao longo do curso o Grupo de Dinamización da Biblioteca, en colaboración co
Equipo de Normalización e cos/coas titores e titoras, organizou diversos encontros con
contacontos, ilustradores, autoras..
Neste curso o alumnado de infantil asistiu a unha sesión de
contacontos:
O alumando de 2º ciclo, trala lectura do libro Xoa (editorial Xerais),
asistiu a un obradoiro do ilustrador Rodrigo Chao, coa gran importancia engadida que
é veciño de Boiro.
31
O alumnado do 3º ciclo, despois de ler o Premio Merlín 2010: “A filla
do ladrón de bicicletas” tivo o encontro coa súa escritora Teresa González: a vida de
Serafina, filla do ladrón, que vive coa súa tía Perfecta; o ideal de chegar a ser equilibrista
nun circo coa súa bicicleta Celerífera…centraron a conversa desta sesión.
O alumnado do 1º ciclo recibe a visita do ilustrador Abraham
Carreiro. O apelido axiña o relacionaron con alguén que para eles era coñecido a través
de “Os Bolechas”. E incluso se fixeron a pregunta da posible relación de parentesco
entre os dous ilustradores (fillo e pai)
Lemos dous dos seus fermosos libros da colección ”Libros que len outros nenos
do mundo”: “A pel do crocodilo” e “As espiñas do porco espiño”
32
33
34
35
Do 9 ao 13 de maio tivo lugar a XI Semana Cultural no centro:
xogos de probas, xincanas, películas, obradoiros, baile rexional...e
maxia foron algunhas das actividades levadas a cabo nesta atarefada
semana. Imos facer memoria e recordar algúns dos momentos
vividos:
MAXIA OBRADOIRO:FLORES
XOGOS POPULARES CONTACONTOS
36
OBRADOIRO DE BOLSAS
OBRADOIRO CESTAS CON FLORES
BASURARTE XOGO DE PROBAS
37
CHARLAS XINCANA
OBRADOIRO: TEATRO:
INSTRUMENTOS MUSICAIS RESTAURANTE FARRUCO
38
TEATRO: “ O testamento do tío Nacho”
BAILE: DANZA KUDURU
BAILE GALEGO XOGOS POPULARES
39
SAMAÍN
NADAL INFANTIL EN BOIRO
ENTROIDO DÍA DA PAZ
40
BASURARTE
VISITA PAZO DE GOIÁNS
MAGOSTO FROITOS DO OUTONO
41
AGASALLO DE PASCUA
SENDEIRISMO: SAN RAMÓN
FESTIVAL DE NADAL QUEIMA DO FELIPIÑO
42
VIVEIRO DE ESPIÑEIRA A RECICLAXE
PRAIA LIMPA, PRAIA FELIZ
DÍA DA POESÍA
43
Os exipcios empregaban un alfabeto a base de xeroglíficos, no que
cada letra era representada mediante un debuxo. FÍXATE!
Descifra a mensaxe e escríbea
44
45
46
Durante a Semana Cultural vimos unha película titulada “Simbad y la
princesa”. Vimos esta en especial porque este ano o terceiro ciclo está dando a
cultura árabe. Esta película foi gravada no ano 1958, daquela non había os
efectos especiais por ordenador como hai hoxe en día.
É unha película baseada mais que nada na acción, pero tamén contén amor e
violencia.
- Un heroe contra o cíclope
O feiticeiro Sakura reduce a estatura de princesa Parisa, e non a devolverá ao
seu tamaño a non ser que Simbad lle traia unha valiosa lámpada máxica. O xoven
aventureiro que desexa recuperar á súa amada,
parte veloz ata a illa do Coloso, onde se
enfrontará a un cíclope e a máis seres
imaxinarios.
Un cíclope é un xigante da mitoloxía grega cun
só ollo na metade da fronte.
- “ Stop-motion”
Antes de que o ordenador tivera un gran papel no mundo do cine, os monstros
da gran pantalla e televisión realizábanse cunha técnica coñecida como “ stop-
motion”, onde en realidade os seres eran pequenos bonecos de apenas quince
centímetros. O mérito dos efectos especiais desta película débense a Ray
Harryhausen, que participou no guión e é o responsable de que as marionetas da
película, como o cíclope ou o dragón, parezan na pantalla xigantescos monstros
asasinos.
47
O mundo árabe
Durante este curso os alumnos/as do 3º ciclo estivemos estudando o Mundo Árabe,
aprendemos moitas cousas novas e curiosas sobre el.
Chámase mundo árabe ou países árabes ao conxunto dos países nos que os habitantes
desta lingua son maioría. Por extensión designase con este nome asimesmo á comunidade
mundial de persoas que teñen o árabe como lingua materna. A existencia do mundo árabe é
consecuencia da conquista islámica a partir do ano 622.
O concepto árabe, aínda que este estreitamente ligado ao Islam por razóns históricas e
culturais, é exclusivamente lingüístico e non debe confundirse co musulmán. De feito, o oitenta
por cento dos musulmáns non son da lingua árabe, e por outra parte moitos árabes son cristiáns.
Nas clases investigamos sobre a súa cultura e os seus costumes mediante diversas e
entretidas actividades colgadas no blog da biblioteca.
Tamén fixemos fichas relacionadas coa súa vestimenta, as formas de vida, a súa
relixión… axudados de internet. Contiñan exercicios moi entretidos, coma crucigramas nos que
tiñamos que atopar palabras relacionadas coa cultura árabe. Resultaron moi divertidas!
No corredor da planta baixa montamos un rincón con
diferentes apartados para que cada ciclo espuxera o que
quixera en relación á cultura que estaba estudando. Nós, o
alumnado de 5º e 6º elaboramos unhas fermosas e coloridas
hamsas (símbolo en forma de man que o utilizan para
protexerse da desgraza e do mal de ollo) e unhas bonitas
maquetas representando as haimas (tenda de campaña na que
viven os árabes), uns debuxos de mesquitas e templos
relixiosos.
48
Tamén temos expostos diversos libros relacionados con cada cultura.
Hai moito onde elixir, dende libros de historias e aventuras ata libros
informativos. A nosa titora escolleu un relacionado coa nosa cultura
que nolo le nas horas de lectura. Titúlase Shrezade las mil y una
noches; é un libro que contén unha historia principal e dela xurden
outras moi cautivadoras. Se tedes oportunidade de collelo, non volo
perdades!
A actividade que máis nos gustou foi cando o alumnado de 5º e 6º pintamos un gran
mural no que se representaba os países da zona árabe. Cada un deles esta coloreado dunha cor
diferente e ten o seu nome e máis a bandeira correspondente. Costounos moito traballo, pero
colaborando en equipo logramos obter un moi bo resultado.
O proxecto da biblioteca deste ano pareceunos moi educativo e ilustrativo. Ao longo de
todo o curso estivemos realizando moitas actividades das distintas culturas a través das cales
aprendemos moitas cousas novas e enriquecedoras.
Alumnado de 5º e 6º
Alumnado de 5º e 6º
49
50
Alumnado de 3º e 4º
51
52
53
Cristina.-3º
Rubén R.-3º
54
55
56
57
58
59
Alumnado 5º e 6º
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
OBRA DE TEATRO 6º
74
Nós temos unha pelota
que moito nos fai disfrutar.
Ó pegarlle unha patada
non deixa de saltar.
Tódolos días estamos
ansiosos de xogar,
na máis chegar o recreo
querémola marear.
Se tódolos nenos do mundo
cunha pelota
poideran xogar,
sairíalles unha sorrisa
de par en par.
Así que se queredes xogar
e un bo rato disfrutar
non deixedes a pelota nun lugar
no que non a poidas atopar.
75
Nenas e nenos do 1º ciclo
76
77
DESPEDIDA DO ALUMNADO DE SEXTO
Adeus colexio CEIP de Cespón. Xamáis
esquecerei estes grandes anos aquí.
Prometo estudar e aprender moito no
instituto. Estela
Adeus colexio
Adeus amor.
Dígocho eu co meu corazón Nuria
Estes sete anos foron marabillosos,
encantoume estar neste colexio. Xa non
me saen as palabras!!
Moitos bicos
Andrea
Neste colexio paseino moi ben nestes 6
anos, e por suposto cos profes e
compañeiros/as por iso xamáis o
esquecerei. Ainoa
Adeus colexio CEIP Cespón. Botarei de
menos aos profesores e a Muñiz.
Ángela
Sinto moito ter que irme deste colexio,
pero sempre me acordarei del. E botarei
de menos aos profesores e ao conserxe.
Andrea E.
78
Non quero irme......dun colexio de
tantas experiencias e labores
Paula
Adios colexio, adios, adios, para sempre
adios. Lucas
Dáme lástima despedirme deste colexio
que tanto me ensinou. Ata sempre! Lucia
Adeus colexio de Cespón,
sempre me quedarás no
recordo. Samuel
Vou votar en falta este
colexio , ao profesorado ao
conserxe (que é moi
divertido) aos pequenos de
infantil... Espero que me
recordedes, eu a vos si.
Nunca olvidarei este colexio. Antía
Neste colexio paseino moi ben e sobre
todo cos profesores ao longo destes seis
anos.
Miriam Cada día que pasa estou máis cerca do
instituto, pero CEspón sempre estará no
meu corazón
Borja
Seis anos no colexio, seis anos cos meus
compañeiros/as.
Esto non se olvida porque é gran parte
da miña vida. Laura Paseino moi ben estes anos no colexio.
Divertinme moito cos profes,
compañeiros e Muñiz. Teño ganas de ir
ao instituto, pero farei algunha visita
ao cole.. Irene
Adios colexio de cespón, que de menos
che vou botar, e espero non voltarche a
ver nunca máis. Óliver
Cando me marche deste colexio
estrañareino tanto como aos seus
profes, conserxe e demáis
compañeiros/as. Ata sempre.
Anabel Adios colexio, botareivos en falta un
pouco, voume para o instituto e non os
volverei a ver. Adiós Ricardo
79
Irene é moreniña e tamén altiña, Gústalle a natación e a equitación; que diversión! Ten unha trenza no pelo, Vaia, pelo…! Péinalla a súa naiciña, para estar bonitiña. Polo colexio pasea e a todos/as lla ensina. Irene vístese de moitas cores, como teñen as flores.
Irene
80
Para celebrar o Día do libro, 23 de marzo, realizamos distintas
actividades:
MURAL INFANTIL LIBROS SALVADOS EN 3º
O noso colexio participou nunha iniciativa promovida polas
bibiotecas escolares agrupadas no Plan de Mellora de Bibliotecas. Aquí
podedes ver a imaxinación que cada curso levou a cabo para salvar o
seu título:
O alumando de 5º salvou: 1º ciclo salvou: “O Papón”
“Memorias dun neno labrego” “Puag, que noxo”
81
Cada clase tiña que salvar un título e logo había que elixir só un
de todo o centro para enviar á coordinadora da actividade. Aínda que
resultou difícil a decisión, o noso centro salvou un libro moi coñecido,
tanto polos máis pequenos/as como polos maiores“Cando Martiño
tivo ganas de mexar na noite de Reis”.
Como vostedes saben esta actividade tamén se fixo extensiva ás
familias. Queremos dar as
grazas a todos e todas
pola súa colaboración.
Tamén contamos coa
participación de perso-
eiros relevantes da vida
cultural do noso concello.
AGUSTÍN AGRA:”Merlín e Familia”
ANTÓN RIVEIRO COELLO : “Arraianos”
82
IV CERTAME LITERARIO
“Ramón Martínez López”
O resultado do IV certame literario “Ramón
Martínez López” celebrado no concello de Boiro neste
2011, demostrou, unha vez máis, a alta participación e
calidade dos distintos textos presentados, xa que a
organización tivo serios problemas á hora de decantarse
polos premiados/as, pois foi moi alta a calidade dos
traballos.
Este ano, e seguindo con cursos anteriores, o
alumnado do CEIP de Cespón expresou o seu gusto
pola lecto-escritura participando neste certame, e
acadando tres significativos premios.
Categoría A :
Sergio Rial Fernández, obtivo o primeiro premio coa
obra “Baúl máxico”.
O segundo premio foi para Javier Torrado Martínez,
coa obra “O escarabello”
Categoría B
Carlos Piñeiro Vázquez acadou o primeiro premio
(compartido) coa obra “A adopción de Marcos”.
Felicitar a todos/as os/as participantes e
organizadores deste evento, significando
un pulo importante para a cultura en xeral,
e o fomento da lecto-escritura en
particular.
83
“Cando coñezo a alguén non me importa se é branco, negro, xudeu ou musulmán. Chégame con saber que é un ser humano” Walt Whitman Poeta estadounidense