COVID-19CÓDIGO NORMATIVO
UNIVERSIDADE DESANTIAGO DE COMPOSTELA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
EDICIÓN: COMITÉ DE CRISE COVID-19 DA USC
DATA: 5 DE MAIO DE 2020
VERSIÓN 1.5
1
ÍNDICE
INTRODUCIÓN .................................................................................................................... 2
I. DISPOSICIÓNS XERAIS .................................................................................................. 3
I.1 Disposicións xerais de suspensión de actividades .........................................................3
I.1.1 Comunidade Autónoma de Galicia .................................................................. 3
I.1.2 Estado ............................................................................................................... 3
I.2 Disposicións que afectan aos prazos procesais..............................................................4
I.3 Disposicións que afectan ao procedemento administrativo ............................................4
I.4 Disposicións que afectan á contratación pública ............................................................6
I.5 Disposicións que afectan a convenios .............................................................................8
I.6 Disposicións que afectan ao emprego público ................................................................9
I.7 Disposicións que afectan a órganos colexiados e órganos de goberno ...................... 11
II. DISPOSICIÓNS QUE AFECTAN Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE
COMPOSTELA .................................................................................................................. 13
II.1 Disposicións sobre a suspensión de actividades e peche de instalacións ................. 13
II.2 Disposicións sobre xestión económico-orzamentaria ................................................. 15
II.3 Disposicións sobre a actividade docente..................................................................... 15
II.4 Disposicións sobre axudas públicas ............................................................................ 16
II.5 Disposicións sobre órganos colexiados....................................................................... 17
II.6 Disposicións sobre persoal .......................................................................................... 17
II.7 Disposicións sobre prevención de riscos laborais ....................................................... 19
II.8 Disposicións sobre protección de datos e seguridade da información ....................... 20
2
INTRODUCIÓN
Na presente recompilación de normas recóllense as disposicións normativas de carácter
xeral na súa versión consolidada e as ditadas pola USC que, como consecuencia da
pandemia do COVID-19, modificaron as disposicións de carácter xeral e ordinario que
inciden directa ou indirectamente na actividade docente e investigadora da Universidade.
Este documento ten un carácter meramente informativo e será actualizado diariamente en
tanto dure a situación de alarma sanitaria.
O Boletín Oficial do Estado dispón dun código electrónico de normativa estatal e
autonómica da Crise Sanitaria COVID-19 en permanente actualización e que se pode
consultar no seguinte enlace:
Código electrónico COVID-19 BOE
3
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
I.1 Disposicións xerais de suspensión de actividades
I.1.1 Comunidade Autónoma de Galicia
RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do
12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde
pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da
epidemia do coronavirus COVID-19.
No apartado Primeiro. Medidas preventivas. d) No eido do ensino universitario suspéndense as
actividades académicas no ensino universitario mantendo residencias universitarias e bibliotecas
cun terzo da capacidade. Así mesmo, suspéndense as prácticas en centros sanitarios da
Comunidade Autónoma.
I.1.2 Estado
Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma
ocasionada polo COVID-19. [Modificado polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, polo
Real decreto 487/2020, de 10 de abril e polo Real decreto 492/2020, do 24 de abril]
Artigo 9. Suspende a actividade educativa presencial en todos os niveis de ensinanza e dispón a
continuidade da docencia a través das modalidades a distancia e «on line» sempre que resulte
posible.
Real decreto 476/2020, do 27 de marzo, polo que se prorroga o estado de alarma
declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de
alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Vigor: 28 de marzo de 2020. Vixencia: ata as 00:00 do 12 de abril de 2020
Real decreto lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuído
recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos
esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID.
Reduce a prestación de servizos ás actividades declaradas esenciais entre o 30 de marzo e o 9 de
abril de 2020 co obxecto de diminuír os desprazamentos.
4
Real decreto 487/2020, do 10 de abril, polo que se prorroga o estado de alarma
declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de
alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Vigor: 11 de abril de 2020. Vixencia: ata as 00:00 do 26 de abril de 2020
Real decreto 492/2020, do 24 de abril, polo que se prorroga o estado de alarma
declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de
alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19
Vigor: 25 de abril de 2020. Vixencia: ata as 00:00 do 10 de maio de 2020
Orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura
ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura de arquivos, así como para
a práctica do deporte profesional e federado
Establece as condicións para a apertura ao público, realización de actividades e prestación de
servizos nos arquivos, de calquera titularidade e xestión
I.2 Disposicións que afectan aos prazos procesais
Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma
ocasionada polo COVID-19. [Modificado polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, polo
Real decreto 487/2020, de 10 de abril e polo Real decreto 492/2020, do 24 de abril]
Disposición adicional segunda. Suspende os termos e suspende e interrompe os prazos previstos
nas leis procesais para todas as ordes xurisdicionais. O cómputo dos prazos reanudarase no
momento no que perda vixencia o real decreto ou, no seu caso, as súas prórrogas.
A suspensión anterior non afecta ao procedemento de protección dos dereitos fundamentais da
persoa previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
I.3 Disposicións que afectan ao procedemento administrativo
Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma
ocasionada polo COVID-19. [Modificado polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, polo
Real decreto 487/2020, de 10 de abril e polo Real decreto 492/2020, do 24 de abril]
Disposición adicional terceira. Suspende os termos e interrompe os prazos para a tramitación dos
procedementos das entidades do sector público.
O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, no seu caso,
as súas prórrogas. A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicarase a todo o sector
5
público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
Administracións Públicas.
O órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e
instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses das
persoas interesadas no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando
a persoa interesada manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo.
A suspensión dos termos e a interrupción dos prazos non será de aplicación aos procedementos
administrativos de afiliación, liquidación e cotización da Seguridade Social.
Tampouco é de aplicación aos prazos tributarios, suxeitos a normativa especial, nin aos prazos
para a presentación de declaracións e autoliquidacións tributarias.
Disposición adicional cuarta. Suspensión de prazos de prescrición e caducidade
Os prazos de prescrición e caducidade de accións e dereitos quedarán suspendidos durante o
prazo de vixencia do estado de alarma e, no seu caso, das prórrogas que se adopten.
RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do
Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas
preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da
evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.
Establece a suspensión de termos e interrupción de prazos administrativos nos mesmos termos
que o Real decreto 463/2020 do 14 de marzo. Así mesmo, dispón a suspensión da prescrición e
caducidade de accións e dereitos durante a vixencia do estado de alarma.
Informe da Avogacía Xeral do Estado do 20 de marzo de 2020 relativo á consulta sobre
a forma na que haberá de procederse no momento que perda vixencia a suspensión dos
prazos previstos polo Real decreto 463/2020. Interpretación da Disposición adicional
terceira.
Aclara a aplicación da disposición adicional terceira concluíndo que os prazos procedimentais aos
que se refire quedan suspendidos no momento da declaración do estado de alarma, continuando
polo período que reste cando desapareza o estado de alarma, inicial ou prorrogado, sen que en
ningún caso volvan a empezar desde cero.
Informe da Avogacía Xeral do Estado do 26 de marzo de 2020 relativo á cuestións
sobre a disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020 e a súa aplicación en entes
publicos (AECID).
Entre outras cuestións aclara que as únicas excepcións á regra xeral de suspensión dos
procedementos administrativos tramitados polas entidades do sector público, son as enumeradas
con carácter taxativo na propia disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, apartados
6
tres e catro, na redacción dada polo Real decreto 465/2020 – procedementos administrativos
referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que
sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos
servizos - e, en todo caso, esixen que a continuación dos procedementos sexa acordada
motivadamente polo órgano competente.
Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo polo que se adoptan medidas urxentes
complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.
[Modificado polo Real decreto lei 13/2020, do 7 de abril e polo Real decreto lei 15/2020,
do 21 de abril]
De especial interese a Disposición adicional oitava sobre a ampliación do prazo para presentar
recursos en vía administrativa ou para instar procedementos de impugnación, reclamación,
conciliación, mediación e arbitraxe que os substitúan en procedementos dos se que poidan derivar
efectos desfavorables ou de gravame para o interesado.
I.4 Disposicións que afectan á contratación pública
Real decreto lei 7/2020, do 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para
responder ao impacto económico do COVID-19. [Modificado polos Reais decretos lei
8/2020 do 17 de marzo e 9/2020 do 27 de marzo]
Establece a tramitación de emerxencia para os contratos que deban celebrarse polas entidades do
sector público para atender as necesidades derivadas da protección das persoas e outras medidas
adoptadas polo Consello de Ministros para facer fronte ao COVID-19 e o libramento de fondos a
xustificar cando sexa necesario.
Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para
facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. [Modificado polo Real decreto
lei 11/2020, do 31 de marzo]
Artigo 34. Establece medidas en materia de contratación pública para paliar as consecuencias do
COVID-19. Destacan os seguintes aspectos:
Contratos públicos de servizos, de subministracións de prestación sucesiva e de obras, entre
outros:
- quedan suspendidos desde que se producira a situación de feito que impide a súa prestación e
ata que se poida continuar cando o órgano de contratación, a instancia do contratista e no prazo
de cinco días naturais apreciara a imposibilidade de execución do contrato. Transcorrido o prazo
indicado sen notificarse a resolución expresa ao contratista, deberá entenderse desestimatoria.
Esta suspensión non constitúe en ningún caso causa de resolución. O contratista poderá ser
indemnizado unicamente polos danos e prexuízos que estipula o artigo.
7
- cando ao vencemento dun contrato non se tivera formalizado o novo contrato que garanta a
continuidade da prestación como consecuencia da paralización dos procedementos de contratación
derivada do disposto no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e non se puidera formalizar o
novo contrato, poderá aplicarse a prórroga contemplada no artigo 29.4 da Lei 9/2017, do 8 de
novembro, de contratos do Sector Público con independencia da data de publicación da licitación
do novo expediente.
O previsto nese artigo non será de aplicación en ningún caso aos seguintes contratos:
a) Contratos de servizos ou subministracións sanitarias, farmacéuticas ou de outra índole, cuxo
obxecto estea vinculado coa crise sanitaria provocada polo COVID-19.
b) Contratos de servizos de seguridade, limpeza ou de mantemento de sistemas informáticos.
No caso dos contratos de servizos de seguridade e limpeza, si será posible a súa suspensión total
ou parcial, nos termos establecidos no apartado 1 do artigo 34, a instancia do contratista ou de
oficio, se como consecuencia das medidas adoptadas para combater o COVID 19, algún o algúns
dos seus edificios ou instalacións públicas quedaran pechados total ou parcialmente resultando
imposible que o contratista preste a totalidade ou parte dos servizos contratados.
c) Contratos de servicios ou subministracións necesarios para garantir a mobilidade e a seguridade
das infraestruturas e servizos de transporte.
[...]
Real decreto lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuído
recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos
esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID.
A Disposición adicional 5ª dispón que o permiso retribuído recuperable non resulta de aplicación ás
persoas traballadoras das empresas adxudicatarias de contratos de obras, servizos e
subministracións do sector público que sexan indispensables para o mantemento e seguridade dos
edificios e a adecuada prestación dos servizos públicos.
Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo polo que se adoptan medidas urxentes
complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.
[Modificado polo Real decreto lei 13/2020, do 7 de abril e polo Real decreto lei 15/2020,
do 21 de abril]
Adopta novas medidas dirixidas a traballadores, consumidores, familias e colectivos vulnerables e
medidas dirixidas ao empresas e autónomos. Inclúe un conxunto de medidas para axustar o
funcionamento da Administración ás necesidades actuais.
De especial interese a modificación do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo no relativo á
contratación pública.
8
Informe da Avogacía Xeral do Estado do 19 de marzo de 2020 sobre o artigo 34.1 do
Real decreto lei 8/2020 (parágrafos primeiro e sétimo).
Aclara a aplicación do carácter automático da suspensión dos contratos públicos.
Consulta Informe da Avogacía Xeral do Estado do 1 de abril de 2020 sobre a
interpretación e aplicación do artigo 34 del Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo.
Aclara cuestións relativas á aplicación do artigo 34 do Real decreto lei 8/2020 na súa redacción
modificada polo Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo.
Informe do 7 de abril de 2020 da Xunta Consultiva de Contratación Pública do
Estado en relación coa suspensión da tramitación e do cómputo do prazo de interposición
do recurso especial en materia de contratación durante o estado de alarma no caso dos
contratos amparados pola Disposición adicional 3a.4 do Real decreto 463/2020, do 14 de
marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise
sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Interpretación sobre a interposición do recurso especial en materia de contratación no caso de
contratos públicos que son indispensables para a protección do interese xeral ou para o
funcionamento básico dos servizos.
Real decreto lei 15/2020, do 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para
apoiar a economía e o emprego.
Habilita a interposición e tramitación, en procedementos de contratación cuxa continuación fose
acordada polas entidades do sector público de conformidade co previsto no apartado 4 da
disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, de recurso especial nos
termos establecidos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público, sen que o
procedemento de recurso poda considerarse suspendido.
Modifica a letra d) do apartado 4 do artigo154 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do
Sector Público eliminando a esixencia de que a apertura dos sobres teña lugar en todo caso
mediante acto público.
I.5 Disposicións que afectan a convenios
Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para
facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. [Modificado polo Real decreto
lei 11/2020, do 31 de marzo e polo Real decreto lei 15/2020, do 21 de abril]
O artigo 39 establece un réxime especial para os convenios relacionados co COVID-19 reducindo
os trámites preceptivos para a súa elaboración.
9
I.6 Disposicións que afectan ao emprego público
RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.
Establece o carácter preferente do traballo a distancia, a Administración facilitará fórmulas de
teletraballo ou de traballo a distancia agás para o persoal que desempeñe funcións de carácter
esencial definidas no artigo Terceiro da resolución. Esta medidas son de aplicación á
Administración xeral da Comunidade Autónoma, así como ás entidades instrumentais do sector
público autonómico.
Real decreto lei 6/2020, do 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas
urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública. [Modificado polo Real
decreto lei 13/2020, do 7 de abril]
Establece a consideración excepcional como situación asimilada a accidente de traballo dos
períodos de aillamento, contaxio ou restrición nas saídas do municipio onde teñan o domicilio as
persoas traballadoras como consecuencia do virus COVID-19.
Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para
facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. [Modificado polos Reais
decretos lei 9/2020 do 27 de marzo, 11/2020 do 31 de marzo e 13/2020 do 7 de abril]
O artigo 5 establece o carácter preferente do traballo a distancia.
O capítulo II dispón medidas de flexibilización dos mecanismos de axuste temporal de actividade
para evitar despidos. Os artigos 22 e 23 regulan os procedementos de suspensión de contratos e
redución de xornada por causa de forza maior así como os procedementos de suspensión e
redución de xornada por causa económica, técnica, organizativa e de produción derivados do
COVID-19.
De conformidade coa Disposición adicional décimo sétima do Estatuto dos Traballadores estas
medidas non son aplicables a Administracións públicas pero si a entidades dependentes ou
vinculadas que se financien maioritariamente con ingresos obtidos de operacións realizadas no
mercado.
10
Real decreto lei 9/2020, do 27 de marzo, polo que se adoptan medidas
complementarias, no ámbito laboral, para paliar os efectos derivados do COVID-19.
Destaca que as medidas de suspensión de contratos e redución de xornada previstas no Real
decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, non se poderán entender como xustificativas da extinción do
contrato de traballo nin do despido.
Real decreto lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuído
recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos
esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID.
Destaca que o permiso retribuído recuperable non é aplicable ás persoas traballadoras que poidan
seguir desempeñando a súa actividade con normalidade mediante teletraballo ou calquera das
modalidades non presenciais de prestación de servizos.
A Disposición adicional 5ª dispón que o permiso retribuído recuperable non resulta de aplicación ás
persoas traballadoras das empresas adxudicatarias de contratos de obras, servizos e
subministracións do sector público que sexan indispensables para o mantemento e seguridade dos
edificios e a adecuada prestación dos servizos públicos.
No ámbito do emprego público, a Disposición adicional primeira habilita aos órganos competentes
nas diferentes administracións para ditar as instrucións e resolucións que sexan necesarias para
regular a prestación de servizos co obxecto de manter o funcionamento dos servizos públicos que
se consideren esenciais.
Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes
complementarias no ámbito social e económico para facer fronte al COVID-19. [Modificado
polo Real decreto lei 13/2020, do 7 de abril e polo Real decreto lei 15/2020, do 21 de abril]
Adopta novas medidas dirixidas a traballadores, consumidores, familias e colectivos vulnerables e
medidas dirixidas ao empresas e autónomos. Inclúe un conxunto de medidas para axustar o
funcionamento da Administración ás necesidades actuais.
De especial interese as Disposicións adicionais décimo segunda e décimo terceira que establecen
as regras aplicables á duración determinados contratos de persoal docente e investigador
celebrados polas universidades e aos contratos de traballo subscritos con cargo a financiación de
convocatorias públicas de recursos humanos no ámbito da investigación.
Así mesmo, a Disposición adicional décimo oitava que regula a colaboración de persoas
empregadas públicas en calquera administración, nas áreas de carácter sanitario, sociosanitario,
de emprego, para a protección de colectivos vulnerables e aquelas outras que requiran un reforzo
en materia de persoal como consecuencia da situación provocada polo COVID-19.
ORDE do 31 de marzo de 2020 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola
que se acorda a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación do procedemento
11
de suspensión de contratos e redución de xornada por causa de forza maior que teñan a
súa causa directa en perdas de actividade como consecuencia do COVID-19, incluída a
declaración do estado de alarma, tramitados pola Secretaría Xeral de Emprego así como
polas respectivas xefaturas territoriais en función dos respectivos ámbitos territoriais de
afectación.
Acordo de ampliación en cinco días do prazo previsto no artigo 22 do Real decreto lei 8/2020, do
17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social
do COVID-19 para a emisión de resolucións da autoridade laboral autorizando ou denegando as
solicitudes de suspensión de contratos e redución de xornada por causa de forza maior.
I.7 Disposicións que afectan a órganos colexiados e órganos de goberno
Real decreto lei 7/2020, do 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para
responder ao impacto económico do COVID-19. [Modificado polos Reais decretos lei
8/2020 do 17 de marzo e 9/2020 do 27 de marzo]
De especial interese a Disposición final primeira que modifica a Lei 50/1997, do 27 de novembro,
do Goberno introducindo como medios electrónicos válidos as audioconferencias e
videoconferencias para celebrar sesións, adoptar acordos e aprobar actas a distancia por medios
electrónicos, sempre que os membros participantes se atopen territorio español e quede
acreditada a súa identidade.
Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para
facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. [Modificado polos Reais
decretos lei 9/2020 do 27 de marzo, 11/2020 do 31 de marzo e 13/2020 do 7 de abril]
De interese as medidas do artigo 40 aplicables ao funcionamento dos órganos de goberno de
persoas xurídicas de dereito privado aínda que non estivera previsto nas normas de creación. As
reunións poderan celebrarse por videoconferencia ou por conferencia telefónica múltiple, sempre
que todos os membros do órgano dispoñan dos medios necesarios, o secretario do órgano
recoñeza a súa identidade, e así o exprese na acta, que remitirá de inmediato aos enderezos de
correo electrónico de cada un dos concorrentes.
Así mesmo, o artigo 41 regula no mesmo sentido o funcionamento dos órganos de Sociedades
Anónimas.
Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes
complementarias no ámbito social e económico para facer fronte al COVID-19. [Modificado
polo Real decreto lei 13/2020, do 7 de abril e polo Real decreto lei 15/2020, do 21 de abril]
A Disposición final segunda modifica a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime
local introducindo como medios electrónicos válidos as audioconferencias, videoconferencias, ou
12
outros sistemas tecnolóxicos ou audiovisuais que garantan adecuadamente a seguridade
tecnolóxica, a efectiva participación política dos seus membros, a validez do debate e votación dos
acordos que se adopten.
13
II. DISPOSICIÓNS QUE AFECTAN Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE
COMPOSTELA
II.1 Disposicións sobre a suspensión de actividades e peche de instalacións
RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do
12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde
pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da
epidemia do coronavirus COVID-19.
No apartado Primeiro. Medidas preventivas. d) No eido do ensino universitario suspéndense as
actividades académicas no ensino universitario mantendo residencias universitarias e bibliotecas
cun terzo da capacidade. Así mesmo, suspéndense as prácticas en centros sanitarios da
Comunidade Autónoma.
Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma
ocasionada polo COVID-19. [Modificado polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, polo
Real decreto 487/2020, de 10 de abril e polo Real decreto 492/2020, do 24 de abril]
Artigo 9. Suspende a actividade educativa presencial en todos os niveis de ensinanza e dispón a
continuidade da docencia a través das modalidades a distancia e «on line» sempre que resulte
posible.
Resolución do reitor da Universidade de Santiago de Compostela do 12 de marzo
de 2020 pola que se establece a suspensión temporal da actividade docente presencial e
outras medidas preventivas e recomendacións de saúde pública como consecuencia da
situación, evolución e perspectivas do coronavirus (COVID-19)
Suspende de xeito temporal a actividade docente presencial incluíndo as actividades docentes
prácticas que se realizan en empresas, organismos e institucións.
Resolución reitoral de 13 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas para a
execución do acordo de suspensión de actividades da USC. [Modificada parcialmente pola
Resolución reitoral do 14 de marzo de 2020 pola que se o peche das instalacións da
Universidade de Santiago de Compostela]
Dispón medidas sobre a suspensión da actividade docente presencial e a continuidade sempre que
sexa posible serán substituídas por actividades non presenciais atendendo ás particularidades de
cada titulación.
14
Establece a celebración de reunións a distancia das reunións mediante correo electrónico,
videoconferencia ou calquera outro medio electrónico admisible.
Establece con carácter xeral os horarios para os edificios docentes, de investigación e
administrativos e o peche de determinadas instalacións (instalacións deportivas e museos entre
outros).
Dispón medidas relativas ao persoal, reorganización do traballo, persoal especialmente sensible,
prohibición de desprazamentos fóra da USC do persoal por cuestións laborais e procesos selectivos
iniciados.
Resolución reitoral do 14 de marzo de 2020 pola que se dispón o peche das instalacións
da Universidade de Santiago de Compostela [Modificada parcialmente pola Resolución
reitoral do 16 de marzo de 2020 pola que se establecen os protocolos de actuación na
USC durante o estado de alarma]
Constitúese un Comité Permanente de Crise formado pola Reitoría, a Secretaría Xeral e a Xerencia
para o seguimento da situación e a adopción de cantas medidas sexan necesarias durante o tempo
que se prolongue o estado de alarma. Dispón o peche xeral das instalacións agás as residencias e
aqueloutras indispensables para o funcionamento esencial.
Resolución reitoral do 16 de marzo de 2020 pola que se establecen os protocolos de
actuación na USC durante o estado de alarma. [Modificada parcialmente pola Resolución
reitoral do 30 de marzo de 2020 pola que se declaran servizos esenciais relacionados coa
xestión da crise polo COVID-19]
Dispón a creación dun Comité Operativo para a xestión da crise do COVID-19 encargado da
autorización e seguimento do acceso ás instalacións así como das disposicións relativas á
seguridade, limpeza, e mantemento necesarios. Regula o réxime de prestación de servizos para
todo o persoal da Universidade e declara servizos que deben prestarse con presenza de persoal.
Regula así mesmo o acceso e permanencia ás instalacións da USC.
Resolución reitoral do 30 de marzo de 2020 pola que se declaran servizos esenciais
relacionados coa xestión da crise polo COVID-19
Establece a sede da Xerencia como edificio administrativo de referencia e as funcións esenciais
que se deben manterse con presencial de persoal, así como o procedemento para a acreditación
destinada a xustificar os desprazamentos de persoal.
15
II.2 Disposicións sobre xestión económico-orzamentaria
Instrución VII/2020 da xerencia de 26 de marzo pola que se establece a xestión
orzamentaria como consecuencia da crise polo COVID-19
Establece a dotación dunha partida para atender os gastos extraordinarios de calquera natureza
derivados da situación de estado de alarma coa denominación “Subministracións crise COVID-19”.
Dispón a suspensión de cobros e a devolución de cotas en determinados servizos prestados á
comunidade universitaria.
Así mesmo, establece un procedemento extraordinario para a autorización e execución de gastos
durante o estado de alarma e o carácter preferente de determinados gastos para os efectos de
xestión da Tesourería da USC.
Real decreto lei 15/2020, do 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para
apoiar a economía e o emprego.
O artigo 8 establece o tipo impositivo 0 por cento para entregas de bens, importacións e
adquisicións intracomunitarias de bens necesarios para combater os efectos da COVID-19 cuxos
destinatarios sexan entidades de dereito público entre outras.
A disposición adicional décimo segunda dispón o adiamento de cotas de préstamos ou anticipos
concedidos a entidades promotoras de parques científicos ou tecnolóxicos en virtude das
convocatorias xestionadas exclusivamente polo Ministerio de Ciencia e Innovación ou o competente
en investigación, desenvolvemento e innovación desde o ano 2000 e que venzan no 2020.
A disposición final segunda modifica o número 2º do apartado dous.1 do artigo 91 da Lei 37/1992,
do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido establecendo o tipo impositivo do 4 por
cento para libros, periódicos e revistas cando teñan a consideración de servizos prestados por vía
electrónica.
II.3 Disposicións sobre a actividade docente
Resolución reitoral do 23 de marzo de 2020, sobre modificación das guias docentes como
consecuencia da suspensión temporal da actividade docente presencial.
Establece medidas para a modificación das guías docentes co obxecto de adaptalas á nova
situación derivada da suspensión da docencia presencial.
Resolución reitoral do 27 de marzo de 2020 sobre as practicas académicas externas do
curso 2019/2020 como consecuencia da súa suspensión temporal derivada da situación
de crise sanitaria.
16
Dispón medidas de carácter extraordinario en relación coas prácticas académicas externas,
curriculares e extracurriculares, do curso académico 2019/2020 que se estaban impartindo no
momento da suspensión ou que estaban programadas para o segundo semestre do curso e aínda
non se iniciaran.
Resolución reitoral do 7 de abril sobre obrigas referidas á docencia non presencial
Destaca a suspensión definitiva da docencia presencial polo que resta de período lectivo do
segundo cuadrimestre do curso 2019-2020. Establece as obrigas docentes con respecto á docencia
non presencial.
Resolución reitoral do 14 de abril de 2020 sobre presentación e tramitación de teses
por medios telemáticos
Establece o sistema para a tramitación de solicitudes de defensa das teses e o procedemento de
lectura por medios telemáticos
Resolución reitoral do 04/05/2020, pola que se acordan determinados cambios nos
prazos de matricula como consecuencia da suspensión da docencia presencial pola
COVID-19
Regula as modificacións e anulacións de matrícula derivadas da suspensión da docencia presencial
pola COVID-19.
Instrución da Secretaría Xeral 2/2020 para a aplicación do artigo 4.3. do acordo do
Consello de Goberno do 22 de abril de 2020, polo que se regula o réxime especial de
avaliación do curso 2019/2020 como consecuencia da suspensión da docencia presencial
pola COVID-19
II.4 Disposicións sobre axudas públicas
Real decreto lei 15/2020, do 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para
apoiar a economía e o emprego.
17
A disposición adicional novena establece regras aplicables ás axudas con cargo a financiamento
de convocatorias públicas no ámbito universitario dirixidas a estudantes universitarios, persoal
investigador e/ou profesorado universitario.
A disposición transitoria cuarta establece disposicións aplicables a determinados préstamos
universitarios.
II.5 Disposicións sobre órganos colexiados
Protocolo para o uso de medios electrónicos nas reunións de órganos colexiados da USC
[publicado o 28 de abril de 2020]
II.6 Disposicións sobre persoal
Resolución reitoral do 15 de marzo de 2020, pola que se dispón o aprazamento do
desenvolvemento dos concursos de PDI
Regula o desenvolvemento diferentes concursos de prazas de Profesorado Docente e Investigador
de conformidade co momento do proceso no que se atopen.
Resolución reitoral do 16 de marzo de 2020 pola que se establecen os protocolos de
actuación na USC durante o estado de alarma. [Modificada parcialmente pola Resolución
reitoral do 30 de marzo de 2020 pola que se declaran servizos esenciais relacionados coa
xestión da crise polo COVID-19]
Regula o réxime de prestación de servizos para todo o persoal da Universidade e declara servizos
que deben prestarse con presenza de persoal. Regula así mesmo o acceso e permanencia ás
instalacións da USC.
Resolución reitoral do 30 de marzo de 2020 pola que se declaran servizos esenciais
relacionados coa xestión da crise polo COVID-19
Establece as funcións esenciais que se deben manterse con presencial de persoal, así como o
procedemento para a acreditación destinada a xustificar os desprazamentos de persoal.
Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes
complementarias no ámbito social e económico para facer fronte al COVID-19. [Modificado
polo Real decreto lei 13/2020, do 7 de abril e polo Real decreto 15/2020, do 21 de abril]
De especial interese as Disposicións adicionais décimo segunda e décimo terceira que establecen
as regras aplicables á duración determinados contratos de persoal docente e investigador
18
celebrados polas universidades e aos contratos de traballo subscritos con cargo a financiación de
convocatorias públicas de recursos humanos no ámbito da investigación.
Así mesmo, a Disposición adicional décimo oitava que regula a colaboración de persoas
empregadas públicas en calquera administración, nas áreas de carácter sanitario, sociosanitario,
de emprego, para a protección de colectivos vulnerables e aquelas outras que requiran un reforzo
en materia de persoal como consecuencia da situación provocada polo COVID-19.
Real decreto lei 13/2020, do 7 de abril, polo que se adoptan determinadas medidas
urxente en materia de emprego agrario.
A Disposición adicional quinta, referida a concesión de licenzas e abono de retribucións ao
mutualistas de MUFACE e MUGEJU en situación de incapacidade temporal durante a vixencia do
estado de alarma.
A Disposición final primeira, que supón a modificación do Real Decreto-lei 6/2020, de 10 de marzo,
no referente a consideración de situación asimilada a accidente de traballo.
Resolucion do 13 de abril de 2020, da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do
Estado, pola que se garante durante o estado de alarma a continuidade do abono do
subsidio por incapacidade temporal, risco durante o embarazo e risco durante a lactación
natural dos mutualistas.
Establece, para situacións de longa duración, o sistema de acreditación mediante declaración responsable da persoa mutualista en substitución de partes de confirmación cando non sexa posible o recoñecemento médico e a correspondente expedición do parte. Así mesmo, substitúe as licenzas expedidas polos órganos de persoal por unha comunicación mensual para os efectos de continuar percibindo o subsidio.
Nota informativa do Ministerio de Ciencia e Innovación e da Axencia Estatal de
Investigación sobre a aplicación do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que
se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer
fronte ao COVID-19, no que respecta á disposición adicional décimo terceira. Versión 02
de data 6/4/2020.
Da publicidade á Resolución da Axencia Estatal de Investigación pola que se autorizará a prórroga
de contratos laborais subscritos ao amparo das convocatorias de recursos humanos da Axencia.
Real decreto lei 15/2020, do 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para
apoiar a economía e o emprego.
19
A disposición adicional décimo cuarta establece regras aplicables aos contratos predoutorais para
persoal investigador en formación subscritos no ámbito da investigación.
Resolucion da presidencia da Axencia Estatal de Investigacion pola que se amplian os
prazos para a incorporación dos investigadores aos centros de I+D no marco das axudas
Juan de la Cierva-incorporacion 2018.
As axudas do programa Juan de la Cierva – incorporación 2018 que tiñan programadas para o 1
de abril e o 1 de maio de 2020 as incorporacións de investigadores aos seus centros de I+D, en
virtude desta Resolución, poderán incorporarse se o necesitan ata o 1 de xullo de 2020 inclusive.
Resolucion da presidencia da Axencia Estatal de Investigacion pola que se amplian os
prazos para a incorporación dos investigadores aos centros de I+D no marco das axudas
Juan de la Cierva-Formacion 2018.
As axudas do programa Juan de la Cierva – formación 2018 que tiñan programadas para o 1 de
abril e o 1 de maio de 2020 as incorporacións de investigadores aos seus centros de I+D, en virtude
desta Resolución, poderán incorporarse se o necesitan ata o 1 de xullo de 2020 inclusive.
Resolucion da presidencia da Axencia Estatal de Investigacion pola que se amplian os
prazos para a incorporacion dos investigadores aos centros de I+D no marco das axudas
Ramon y Cajal 2018.
As axudas do programa Ramón y Cajal que tiñan programadas para o 1 de abril e o 1 de maio de
2020 as incorporacións de investigadores aos seus centros de I+D, en virtude desta Resolución,
poderán incorporarse se o necesitan ata o 1 de xullo de 2020 inclusive.
II.7 Disposicións sobre prevención de riscos laborais
Guía de actuación fronte ao coronavirus covid-19 para centros e persoal da USC con
traballo presencial.[Versión actualizada o 4 de maio de 2020]
Criterios de actuación en servizos prestados con presenza de persoal.
Información preventiva relativa ao uso de pantallas de visualización de datos fora do lugar
habitual de traballo (remitida o 27 de marzo de 2020)
20
Recomendacións e método de autoavaliación para o traballo con pantallas de visualización de datos
fóra do lugar de traballo.
Información sobre o coronavirus (COVID-19) para empresas externas con actividades na
USC
Recomendación de prevención de riscos laborais para empresas alleas que continúan prestando
servizos na USC.
II.8 Disposicións sobre protección de datos e seguridade da información
Medidas de seguridade para o traballo non presencial.
Criterios para realizar o traballo non presencial na USC.
Informe da Axencia Española de Protección de datos sobre a protección de datos na
actual situación derivada do coronavirus
Análise da incidencia do estado de alarma por coronavirus sobre a protección de datos de datos
de carácter persoal.
FAQ da Axencia Española de Protección de datos en materia do coronavirus