Se Deus se cruza comigo non o vexo, rozame e non o sinto. (Job)
Él ten o rostro do mendigo avergoñado
Da muller de rosto triste,
cansada e abandoada.
E ri cos nenos,
E ri a gargalladas,
O seu rosto é negro,
branco...
ou cor de chocolate.
Él é refuxiado,
está desaparecido,
ten sida.
Está indefeso, pide clemencia,
ten medo!
É un necesitado,
calado e doente,
humillado,
agonizante,
e morto!
Deus está presente!
No silencio do corazón!
Él é a miña voz!
a miña felicidade,
o meu soño,
o meu sentir...
Él é o meu camiño!
Todo é GRACIA!
Todo manifesta o seu rosto!
Vida e morte sinfonia inacabada que inicia na cidade temporal e acaba na cidade eterna onde veremos cara a cara o rosto de Deus!
Eu estou a tua porta e chamo... e ti?
Eu tiven fame e ti me diches de comer...
Eu tiven sede e ti me diches de beber...
Eu tiven medo, vergoña, enfermidade, problemas ... e ti...
Cando, Señor se eu nunca Te encontrei?
VEN SEÑOR XESÚS!