O senderismo é una actividade física que consiste en camiñar por roteiros
en contacto coa natureza..
Hai anos, cando o transporte de motor non era habitual, a xente estaba
obrigada a camiñar: os nenos/as ian á escola a pé, seus país e nais
camiñaban aos mercados da zona a mercar, vender ou trocar os productos
necesarios, a xente nova disfrutaba dos bailes en parroquias afastadas da
súa aldea ou pobo. Grazas ao progreso, hoxe en dia o coche ou autobús
facilita moitos daqueles custosos desprazamentos .
Na actualidade son demasiado frecuentes hábitos de vida sedentarios.
Pasamos da penosidade do camiñar por que non había mais remedio a
abandonar totalmente o pracer de pasear. Moitos dos carreiros e camiños
foron invadidos por estradas e pistas asfaltadas. Nembergantes todavía
podemos disfrutar de corredoiras e vías rurais e de montaña onde poder
disfrutar dos paseos, alonxados do ruido, en contacto coa natureza,
respirando aire puro e gozando da beleza da natureza, en definitiva
facendo exercicio físico nun entorno saudable.
En definitiva podemos concluir que o senderismo proporciona:
O coñecemento de paisaxes fermosas
Aprender a respetar o medio
Comprender as relacións entre os seres vivos.
Descubrir elementos culturais de interese (arquitectura,
historia,gastronomía, economía…etc.)
Contactar con persoas diferentes
Disfrutar do tempo de lecer con familiares e amigos
Combatir o sedentarismo
Descubrir que para gozarar non fan falla moitos cartos.
Procura compartir as túas andainas con
alguén, é mais seguro e divertido.
Leva roupa e calzado axeitado según o roteiro
e previsión do tempo.
Na mochila non debe faltar a auga, comida,
roupa de reposto (calcetíns e camiseta cando
menos) e móvil.
Consulta as previsións metereolóxicas antes
de sair
Se o roteiro está sinalizado vai atento ás
indicacións
A cámara de fotos é un bo recurso para captar
aqueles elementos de interese dos que
desexes levar un ha lembranza perdurable no
tempo
Mantén o entorno limpo, non deixes lixo.
Calcula o tempo da andaina para planificar as
paradas e poder rematalas sempre de día
Deixa aviso a algún familiar do roteiro que vas
facer