CEP CARLOS CASARESSALVATERRA DE MIÑO
O CENTRO
O O CEP CARLOS CASARES está situado na parroquia de Alxén, en Salvaterra de Miño.
O É un centro rural que escolariza aos nenos e nenas de Alxén, Cabreira, Porto e Arantei.
O Ten sete unidades de primaria, en funcionamento, dende hai catro cursos.
O O claustro de profesores/as está formado por trece docentes, dous deles compartidos co CRA A Lagoa (Orientación e Relixión). A mestra de Audición e Linguaxe é itinerante adscrita ao Claustro do CEIP de Leirado.
O A maioría do alumnado é usuario de transporte escolar.
O EDIFICIO ESCOLAR
ACTIVIDADE DOCENTEAs actividades programadas van dirixidas á consecución duns obxectivos ambiciosos, como son a mellora da práctica educativa, a reflexión sobre a actividade pedagóxica e o desenvolvemento das competencias no alumnado.
Os Equipos Docentes, a Comisión de Coordinación Pedagóxica, o Equipo de Biblioteca, o Equipo TIC (radio e informática) , as comisións para as conmemoracións anuais e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, manteñen reunións periódicas para a organización das actividades do plan anual de traballo.
A finalidade das actividades programadas cada curso, e a metodoloxía aplicada, pretenden encamiñar ao noso alumnado cara o traballo colaborativo, reflexivo e que aposta polo “saber facer” e a “transferencia de coñecementos”.
O curso pasado solicitamos por primeira vez os contratos-programa, nas actuacións PROA e Mellora das Competencias Clave.
ACTIVIDADES
No CEP Carlos Casares, como en todos os centros, hai actividades que nos definen; no noso caso son:O Os proxectos de estudio da parroquia, o
concello e a comarca.O Proxectos anuais.O Actividades de radio escolar.O A revista Néboa.O O calendario anual.O A exposición do magosto.O Os obradoiros de manualidades, teatro,
cociña...O As rutas de sendeirismo.O As actividades de convivencia: Coidamos o
noso centro, venres sen balón...O Visita de escritores galegos ao centro.
PROXECCIÓN SOCIAL
O centro caracterízase pola súa implicación no contorno, sendo numerosas ao longo de cada curso, as actividades de proxección social: Xornada de portas abertas do Magosto. Nadal familiar. Calendario escolar elaborado dende o
EDLG, no que traballan todos os cursos, e que se agasalla as familias polo Nadal.
Celebración do Entroido conxuntamente co CRA A Lagoa e CEIP de Leirado, na vila de Salvaterra.
Festivais das Letras Galegas e Nadal. Publicación das actividades máis relevantes
na páxina web do centro. Xornada de portas abertas para o alumnado
procedente de infantil. Visita ao IES do alumnado de sexto. Andaina organizada pola ANPA.
RELACIÓNFAMILIA-ESCOLA
As relacións familia-escola, son fluídas e, en xeral, cordiais, favorecendo o intercambio de información e experiencias.
As familias colaboran co centro en todos aqueles proxectos de aula nos que son requeridas, e nas actividades que se programan desde os distintos equipos.
Poténciase a relación familia-escola a través de distintas accións como:
• Reunión de principio de curso. • Entrega de notas en man aos pais/nais.• Uso da axenda escolar.• Entrevistas individuiais co titor/a. • Asistencia ás actividades de proxección
social.