TAN TARAN TAN
Que lle daremos ao Neno pequeñoPara alegrarlle a cariña ao recén,Doces castañas e doces laranxasCon aloumiños e bicos tamén.
Tan taran tan que o Nadal está pretoTan taran tan toca flauta e rabel.
Tan tanran tan adoremos ao NenoTan taran tan que naceu en Belén.
Que lle daremos ao Neno bonitoQuero que sexa o mellor para el,
Eu vou facerlle unas tortas moi ricasCon moitos ovos, fariña e máis mel.
Tan taran tan que o Nadal está pretoTan taran tan toca flauta e rabel.
Tan tanran tan adoremos ao NenoTan taran tan que naceu en Belén.
La das ovellas e leite de vacasMoitas sardiñas, xurelos taménRoupa de abrigo debemos tecer,Imos correndo abrigar ao recén.