Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos.
Isabel I, raíña de Castela
Os Estados da Península Ibérica a mediados do século XV
O proxecto de unificación peninsular.
Data Proceso
1469
Matrimonio de Isabel de Castela e Fernando de Aragón (príncipes herdeiros)
Isto supuña a unión dinástica da Coroa de Castela e a Coroa de Aragón (ambos príncipes
pertencían á mesma dinastía (os Trastámara)
1474 Morte do rei Enrique IV de Castela ⟹ Isabel (irmá do rei) proclámase raíña de Castela ⟹
guerra civil entre Isabel e Juana (“la Beltraneja), filla de Enrique IV
1475 Concordia de Segovia: Isabel e Fernando acordan administrar de forma conxunta as dúas
Coroas, mantendo cada unha as súas características (lingua, moeda, leis, institucións...)
1479
Fin da guerra civil na Coroa de Castela ⟹ Isabel I confírmase como raíña de Castela
Morte de Xoán II de Aragón ⟹ Fernando II, rei de Aragón
Inicio do reinado conxunto
1482-1492 Os Reis Católicos conquistan o reino nazarí de Granada, incorporado á Coroa de Castela
1490 - 1500
Enlaces matrimoniais de Isabel e María, fillas dos Reis Católicos cos reis de Portugal
Isabel ⧟ Alfonso, príncipe herdeiro (1490-1491)
Isabel ⧟ Manuel I, rei de Portugal (1496-1498) ⤍ príncipe Miguel († en 1500)
María ⧟ Manuel I (1500-1517)
A unión da Coroa de España e o Reino de Portugal realizarase no reinado de Felipe II (1580).
Ambos Estados estiveron unidos ata 1640.
1493 Reincorporación do Rosellón e a Cerdaña á Coroa de Aragón
1512-1515 Conquista do Reino de Navarra, incorporado á Coroa de Castela
A proxección exterior da monarquía.
América
A construción da monarquía autoritaria.
Coroa de Castela
Santa Irmandade corpo armado encargado de perseguir malfeitores e criminais (1476)
Exército corpo profesional e permanente para a defensa do reino
Consellos organismos formados por xuristas, que asesoraban ao rei no goberno e actuaban como
tribunais de xustiza
Real Audiencia tribunal superior de xustiza, para asegurar o control sobre a xustiza e facela máis eficaz
Contadoría Real
de Facenda
organismo encargado de controlar o sistema de recadación de impostos e financiar as
novas institucións
Correxedores funcionarios reais que presidían os concellos e exercían funcións de goberno
Coroa de Aragón
Sentenza Arbitral
de Guadalupe
medidas adoptadas en 1486 para solucionar o conflito dos paieses de remensa (campesiños
sometidos aos señores) en Cataluña
Insaculación sistema de elección dos cargos municipais mediante sorteo, para evitar o monopolio dos
mesmos polo patriciado urbano
Pactismo
relación que existía na Coroa de Aragón entre o rei e os seus súbditos, segundo a cal a
autoridade real se fundamentaba no consentimento dos gobernados. Así, o rei debía
comprometerse a respectar as institucións, leis e costumes de cada un dos Estados
asociados na Coroa para poder gobernar; a cambio os súbditos comprometíanse a
respectar a monarquía.
A consecución da unidade relixiosa.
Medidas
Establecemento do Tribunal da Inquisición (Tribunal do Santo Oficio da Inquisición) 1478
Expulsión dos xudeus dos territorios da monarquía 1492
Conversión forzosa dos musulmáns (mudéxares) que vivían nos reinos da monarquía 1499-1502
Edicto de expulsión dos xudeus. 31 de marzo de 1492.
Nos nosos dominios existen algúns malos cristiáns que xudaizaron e cometeron apostasía contra a Santa Fe Católica, sendo causa a maioría polas relacións entre os xudeus e mais os cristiáns. Xa que logo, no ano de 1480 ordenamos que os xudeus fosen separados das cidades (...) e que lles fosen adxudicados sectores separados, esperando que con esta separación a situación existente sería remediada e nós ordenamos que se establecese a Inquisición (...).
Xudaizar: practicar pública ou privadamente ritos e cerimonias da relixión xudía.
Apostasía: negación dos dogmas da fe católica.
Argumentos para xustificar a medida de expulsión:
os falsos conversos que xudaizaban
o contacto entre os xudeus e os conversos
fracaso das medidas para solucionar o problema
segregación
Inquisición...
(...) Ordenamos, ademais, neste edicto que os xudeus e xudías de calquera idade que residan nos nosos dominios, que partan (...) ao dez de xullo deste ano e que non se atrevan a regresar ás nosas terras.
Contido do decreto de expulsión:
alternativa: conversión ou expulsión
prazo
condicións
divulgación do decreto.
Concordia
de Segovia
Tratado firmado en 1475 entre Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, no cal acordaron
administrar de forma conxunta ambas Coroas, pero mantendo cada Estado as súas
características particulares (fronteiras, monarca, moeda, sistema fiscal, leis e institucións).
Santa
Irmandade
Corpo armado creado polos Reis Católicos en 1476 para solucionar a situación de anarquía e
desorde que había na Coroa de Castela ao inicio do seu reinado. Estaba encargado de
perseguir a malfeitores e criminais.
Consellos Institucións de goberno formados por xuristas, que asesoraban ao rei no goberno e actuaban
como tribunais de xustiza.
Mouriscos
Nome que recibiron os musulmáns que permaneceron en España tras a conquista do reino
nazarí de Granada (1492) e que foron obrigados a converterse ao cristianismo a partir de 1499.
Nunca foron plenamente aceptados pola monarquía nin pola Igrexa, e non se integraron na
sociedade cristiá. Foron expulsados de España entre 1609 e 1624, no reinado de Felipe III.
Auto de fe
Cerimonia pública que se desenvolvía nas prazas das cidades, na que se procedía á lectura e
execución das sentencias do Tribunal de Inquisición
Consistía en varios actos: procesión e xuramento de fidelidade á fe católica; misa de apertura
con sermón; lectura das sentenzas; abxuración e absolución; misa de clausura e cumprimento
das sentencias.
Mesta
Asociación de gandeiros propietarios de rabaños de ovellas da Coroa de Castela, que se
encargaba de organizar a transhumancia ou desprazamento estacional das ovellas desde os
pastos de verán da Submeseta Norte ata os pastizais de inverno da Submeseta Sur e o val do
Guadalquivir.
A Mesta foi fundada en 1273 por Alfonso X o Sabio.