1
REVISTA DIXITAL
DE ARTE E CULTURA
PORTA DOS MIGUELETES (MUROS)
FOTOGRAFIA: JOSÉ M. FORMOSO LUCES
UNHA FIESTRA EN LIBERDADE
FEITA POR MURADANS
E ADICADA A TODOLOS MURADANS
The Muros
Times
Nº 13
MAIO—2014
2
Cadro de Redacción:
Director: Jorge Lago de Pexejo
Director xefe de edición e maquetación:
Manuel Lago Álvarez
Director de edición en área de Lingua:
Henrique Monteagudo Romero
Director de edición en área de Historia e Mar:
Manuel M. Caamaño
Area de Mediciña: María Castiñeira
Area de Poesía: Manuel María Pena Silva
Area de Teatro e Belas Artes: Antón Lago
Area de Educación: Marisé Luces
Área de Sociedade: Quín Caamaño
Area de Música: Alianza Uhía
Área de Costumes: Manuela Tajes
Área de Fotografía: Nieves Formoso Vidal e José M. Formoso Luces
Área de Etnografía: Manolo de Lajo
The Muros Times
Director: Jorge Lago Rama - Editor: Manuel Lago Álvarez
Difusión da Cultura—Exemplar gratuíto, prohibida a súa venda.
Depósito legal : C2437-2013
3
Indice:
Carta da Redacción Páx. 4
O Pedregal (p/ Manolo de Lajo) páx. 5
O mar na poesía galega medieval (1): MENDIÑO (p/ Henrique Monteagudo) páx. 6-7
A Nosa Xente (Luis Figueroa Ricoy) páx. 8
A Nosa Xente (Don Ramón de Artaza y Malvarez ) páx. 9
Anecdotario da parroquia de Louro (p/ Nieves Formoso vidal) páx. 10
Haille dous ingreses don Pablito… (p/ José María García Rodríguez) páx. 11
Santa Mariña de Esteiro (p/ Elixio Vieites) páx. 12
O San Xoán en Portugalete (p/ Ía Lago Uhía) páx. 13
Entrevista a Tono Beiro (p/ Jorge lago de Pexejo) páx.14-17
Setas con espiñas (p/ Amado Barrera) páx. 18-19
O Larache (III) (p/ Manuel M. Caamaño ) páx. 20-21
A Fábrica de Anido (p/ Xokas Figueiras) páx. 22
Señor cura peche o libro (p/ Manuel Lago Alvarez) páx. 23
Nutrición: consejos básicos para enfermos con cáncer (p/ Dra. Castiñeira) páx. 24-25
As últimas palabras dos homes célebres (p/ Marcelino García Lariño) páx. 26-27
Lembranzas dun vello mariñeiro (p/ Pedro Caamaño Lago) páx. 28-30
Novas de onte (Manuel Lago Alvarez) páx. 31
Os nosos fotógrafos (Campio Piñeiro) páx. 32-33
Cruceiros de Muros (V) páx. 34-35
O Velorio (por/ Jorge Lago de Pexejo) páx. 36
A voz dos nosos poetas (Manuel M. Pena, José Mª García Rodríguez) páx. 37
As tallas da Parroquial de Muros (p/ Manuel Lago Álvarez) páx. 38-39
“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions
verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
The Muros Times Nº 13 - MAIO—2014
4
Carta da Redacción:
Un mes mais a revista The Muros Times acude a
súa cita mensual, e o fai con temas interesantes
que de seguro serán do gusto dos lectores.
Que cada mes esta revista dixital poda estar a dis-
posición de todos non e unha tarefa fácil. Ó traba-
llo de dar contido as páxinas hai que engadirlle o
ter que soportar ácidas críticas, que sen base nin
fundamento, florean por aquí e por acolá. Cando a crítica e construtiva pois sexa
benvida, pero cando provén do mais fondo resintimento… quen as recibe, non po-
de nin debe quedarse calado.
Cando naceu TMT, os fundadores fixámonos uns obxetivos moi claros. O primeiro
que TMT nacía para pór en valor a Muros e as súas terras. O segundo que TMT ia
ser unha revista plural, e polo tanto aberta a todos, e na que calquera, indepen-
dentemente do seu pensar podería colaborar na revista, e xunto con isto, que TMT
tiña que ser dirixida a todo tipo de público calquera que fose o seu pensar persoal.
Isto cúmprese e cumprirase de forma rigorosa, e con estes parámetros TMT invi-
tou e invita a colaborar coa revista a todos sen excepción. E así seguiremos.
Que TMT nace baixo o abrigo de persoas que son administradoras de páxinas de
redes sociais, que con notable éxito tamén poñen en valor a Muros, e un feito pal-
pable, pero en ningún caso TMT e un apéndice destas páxinas nin dos seus crea-
dores. O que se poda ler ou opinar en páxinas como I Love Muros ou Muradanos
na Diáspora, nada ten que ver con TMT.
Os que escribimos e colaboramos con TMT, maioritariamente somos mulleres e
homes que non temos títulos. Somos persoas que escribimos coa mellor das in-
tencións. Que a un se lle escape un erro, como, por exemplo, pór un <Xan>, can-
do debera pór <Pedro>, non pode converterse en <causus belli> de ninguén. Si
hai erros, se corrixen e punto. Lonxe de nós o querer denostar a ninguén; lonxe de
nós calquer ánimo de provocación. Aquí se está a falar de historia, de arte, de cul-
tura, de tradicións. Estase para divulgar, e isto nunca se fai pontificando, polo que
todo e discutible; todo está sometido a crítica, pero o que non e admisible e que as
críticas se fagan co argumento primeiro de que os que escriben en TMT son
<ninguén>, porque non teñen títulos. E o mal de sempre… o mal que levou e leva
os pobos a súa decadencia. Nas terras de Muros chámase <pesar>. O noso con-
sello: que deixen o <pesar> e se poñan a PENSAR.
5
O PEDREGAL p/ Manolo de Lajo
Vendo que o verán está petando a
porta, gustaríame recomendarvos un
entorno cunha gran riqueza xeolóxica e
mitolóxica, ademáis de ser unha ruta
de senderismo inmellorable.
O Pedregal e un afloramento graníti-
co de máis de 700 hectareas que se
alza impoñente sobre a enseada de Es-
teiro e polo Val da Silvosa.
Está cheo de espazos a modo de pe-
quenas covas e altas pedras aseme-
llando fortalezas. Destaca a enigmática
Pedra Pía, unha inmensa rocha cunha
gran pía a xeito de trono, donde na
parte inferior aparecen como unha se-
rie de coviñas que semellan ser ben
antíguas, e sobre a pía hai grabadas
un conxunto de cruces de varios for-
matos distintos rematando coa letra M
na parte superior, quizáis en alusión a
Santa Mariña, patroa de Esteiro. Con-
tan as malas línguas que foi un altar
celta donde os castrexos ofrecian os
séus sacrificios, e que logo foi cristiani-
zado co paso do tempo.
Logo de rebasar a Pedra Pía segui-
mos ate chegar a coñecida Pedra do
Cadro, cunha cavidade entre penedos
que ten na súa entrada unha pedra
cunha cruz grabada e tres coviñas,
conxunto pétrico que representa un
complexo elevado controlando o val do
río Maior e que pecha por o norte no
Castelo Altomedieval que cos séus 320
metros se cree que foi unha das moi-
tas moradías da raiña Lupa, oxe ente-
rrada e cuberta de ouro debaixo da La-
xe da Moa no coñecido como Olimpo
Celta ou Monte do Pindo.
Por a outra cara, descendo por o val
do río Rateira hacía Abelleira, Encon-
trámonos co Pedregal de Pando e a Pe-
dra das Cruces xunto o Campo da Er-
mida, da que so quedan os restos. Se-
guindo a ruta topámonos ca Braña, o
Campo de Pedro coa súa fonte e a Pe-
dra dos Cabalos, chamada así por ser-
vir de refuxio a ditos animales. Tamén
hai quen a chama da Ferradura, por
ter a pegada do cabalo de Santiago
Apóstolo nún dos séus moitos saltos
voltando do Monte Louro de expulsar
os mouros.
6
Como é ben sabido, no século XIII flo-
receu en Galicia unha escola poética
que cultivou con extraordinaria brillan-
tez o noso idioma, que así pasou a ser
unha das linguas literarias máis madru-
gadoras de Europa. Un dos trazos máis
característicos da nosa lírica medieval é
a poderosa presenza do mar, un ele-
mento case ausente na maior parte dos
poetas europeos daqueles tempos.
Imos comezar unha serie en que esco-
lleremos algún dos textos máis desta-
cados polo tema mariñeiro. Ofrecere-
mos un texto medieval adaptado, un
pouco modernizado, cunha pequena
explicación para facilitar a súa com-
prensión.
Para inaugurar a serie, é obrigado po-
ñer en primeiro lugar a famosa cantiga
de Mendiño (nome diminutivo de Men-
do, que era moi común naquel tempo),
un modesto xograr de Vigo ou as súas
proximidades (que no século XIII era
unha pequena poboación), que sitúa o
seu poema na Illa de San Simón, locali-
zado no fondo da mesma ría.
Estaba eu na ermida de San Simón
e cercáronme as ondas que grandes son.
Eu agardando o meu amigo! E virá?
Estando na ermida ante o altar,
cercáronme as ondas grandes do mar.
Eu agardando o meu amigo! E virá?
E cercáronme as ondas que grandes son;
non teño barqueiro nin remador.
Eu agardando o meu amigo! E virá?
E cercáronme as ondas do alto mar;
non teño barqueiro nin sei remar.
Eu agardando o meu amigo! E virá?
p/ Henrique Monteagudo
7
Non teño barqueiro nin remador:
morrerei, fermosa, no mar maior.
Eu agardando o meu amigo! E virá?
Non teño barqueiro nin sei remar:
morrerei, fermosa, no alto mar.
Eu agardando meu amigo! E virá?
A cantiga presenta unha moza namora-
da que tiña unha cita co seu amigo na
ermida de San Simón, situada no pe-
queno illote do mesmo nome. A moza
espera e el non dá chegado. A rapaza
seguramente fora á illa con marea baixa
pero mentres espera o mar vai enchen-
do e está cada vez máis angustiada,
sentíndose soíña e abandonada. Non ten
barqueiro que a devolva a terra e o seu
amigo non aparece. A súa desespera-
ción vai en aumento conforme ve que a
marea está cada vez máis chea e as on-
das máis e máis bravas. Tal é a súa an-
gustia que xa se ve a si mesma morta
afogada no mar.
Esta cantiga é unha das máis célebres
dos nosos cancioneiros trobadorescos. O
seu gran acerto é que alcanza unha for-
te expresividade e unha crecente inten-
sidade dramática, conseguida cuns pou-
cos motivos (a ermida, o mar, as ondas,
o barqueiro) e unha extrema sinxeleza
de construción: versos que se repiten
cambiando algunhas palabras (chámase
leixa-pren). A reiteración constante dos
versos evoca o ritmo das grandes ondas
e expresa con moita eficacia a sensación
de terror e a angustia que vai dominan-
do a moza ao verse sen escapatoria, ro-
deada polo alto mar. Existen varias gra-
vacións que ofrecen versións musicadas
desta cantiga, pois, como o propio nome
cantiga o di, estas composicións estaban
destinadas ao canto. Eu recomendo es-
pecialmente a versión da magnífica can-
tante polaca Paulina Ceremuzynska, no
disco E moiro-me d’amor. Noutro artigo
reproduciremos e comentaremos unha
cantiga mariña máis dos nosos cancio-
neiros trobadorescos.
8
Emilio Figueroa
Ricoy Chamámoslle Luís, pero contra todo pronóstico,
resulta que non se chama Luís. E estas cousas
pasan en Muros, onde todo non é como parece.
O seu nome de pila e Emilio, e os seus apelidos
Figueroa Ricoy, muradán, nado na rúa Axesta no
ano 1953. Os seus pais foron Francisca Ricoy He-
redia e Bartolomé Figueroa Barreiros, a quen
coñeciamos por <jatita>, e que foi unha das mello-
res voces de Muros e a súa contorna. O noso
Luís, cantar canta algo, pero que conste que él
non e o culpable da moita choiva que cae en Mu-
ros.
De pequeno foi a escola de D. Manuel Parada,
de Don Vicente e de Don José Beiro, e os trece
anos puxérono a traballar no mar, e fíxoo nun bar-
co de pesca que se chamaba <así es la vida>.
Con dezaseis anos e unha maleta pequena saleú
para embarcar en Bilbao nun pequeno mercante
que se chamaba <Pilar Guezuraga>. E volta para
Muros… e de Muros para Ferrol, para facer a ins-
trución militar; e de Ferrol para Madrid, onde fixo o
servizo no hospital militar <Los Molinos de Guada-
rrama>.
Casou ós vintetrés anos con Carmen García Caa-
maño. Froito do matrimonio foron tres fillos e dous
netos, que son como pequenos terremotos que
enchen a Luís e a Carmen de gran ledicia.
Mariño por vocación, surcou tódolos mares do
mundo en diferentes barcos. Nun deles, un barco
de pasaxe de bandeira norueguesa, o Royal
Viking Sea, traballou de axudante de cociña.
Desta etapa lembra que tiñan que facer de co-
mer para novecentas persoas, e que visto o
visto… non lle quedaron ganas de facer de co-
mer para ninguén mais, por elo dí que na casa
non fai nin un ovo. Tamén traballou como
bombeiro nun petroleiro de armadores norte-
americanos, de 364.000 T. de rexistro. O bu-
que era tan grande que para ir de proa a popa
había que facelo en bicicleta.
Ahora, xa xubilado, adica o seu tempo a súa
familia. Os seus netos son a súa pasión. Gran-
des paseos polo muelle, charlar cos amigos e
adicarse a cultivar unha pequena horta, que
dará froitos cando lle chegue o tempo, son ago-
ra os seus hobbys.
A NOSA XENTE
9
con su hijo Don Ramón de Artaza Blázquez)
“Las Rías Gallegas”. (Obra escrita por encar-
go del Centro Gallego de Buenos Aires)
“Derechos del niño antes y después de na-
cer. Su educación inicial” (Estudios sociales)
“Historia de Muros” (Apéndice final). En cola-
boración con su
hijo Don Ramón
de Artaza Bláz-
quez. Cronista
Oficial de Muros.
Académico Co-
rrespondiente de
la Real Gallega.
“El signo de la
Cruz” (Estudios
históricos).
De la importancia
de la obra
“Recuerdos de
la Muy Noble, Muy Leal y Muy Humanitaria
Villa de Muros”, da cuenta el hecho de que
por Real Orden, publicada en la Gaceta de Ma-
drid, número 257 de 13 de septiembre de 1912,
“S.M. el Rey (q.D.g) se ha servido disponer
que, con destino a las Bibliotecas públicas del
Estado, se adquieran 78 ejemplares de dicha
obra...”.
La muerte le sorprendió el 29 de diciembre de
1976, estando próximo a cumplir cien años.
Sus restos mortales fueron enterrados en el
panteón familiar de la Iglesia de Las Angustias
de Muros. Hasta el momento de su muerte Don
Ramón disfrutó de sus portentosas facultades
mentales y de la más grande consideración de
sus numerosos lectores. Por acuerdo plenario
de la Corporación municipal de Muros, un cole-
gio de enseñanza lleva su nombre, en recono-
cimiento a su persona y a su gran obra, que fue
capaz de rescatar para Muros y para las gene-
raciones futuras, la historia de la Villa, como
parte importante de la historia de Galicia y de
España.
A NOSA XENTE
Don Ramón de Artaza
y Malvarez Don Ramón nació en Muros el día 6 de marzo de
1877. Desde muy joven despuntó como un gran
estudioso de la historia de la Villa que le vio nacer.
Abogado de profesión, se casó en dos ocasiones:
la primera con Doña María Luisa Elices Gasset, y
la segunda con Doña Mercedes Blázquez Jiménez
-Arenas. Fue Cronista Oficial de Muros y autor de
varias obras históricas sobre la Villa.
Don Ramón fue elegido académico numerario de
la Real Academia Gallega el 22 de abril de 1918, e
ingresó el 22 de noviembre de 1939. El discurso
preparado para la toma de posesión, titulado
“Gremios y cofradías”, no fue leído en el solemne
acto por circunstancias que también alcanzaron a
otros académicos electos.
En el año 1922, la Real Academia de la Historia le
concedió el premio “Al Talento”, por su obra
“Muros, páginas de su Historia”, que fue com-
pletada con otra que lleva por título “La Villa de
Muros y su distrito” (Obra editada por el munici-
pio de Muros y que fue realizada en colaboración
de sus hijos Ramón y Antonio de Artaza Blázquez)
y en 1962 con el “Apéndice documental”.
Otros trabajos de don Ramón fueron:
“Ante el palenque” (artículos) “El Serafín de
Asís”. “Tres fechas memorables”. “La Recon-
quista de Santiago en 1809”. (Obra premiada en
el Certamen Histórico de Santiago y por Ministerio
de la Guerra). “Da Nosa Terra”. “Gremios y co-
fradías”. “Diego de Muros III”. (Premiada en el
Certamen de la Lengua Gallega de la Liga de Ami-
gos de Santiago de 27 de julio de 1924).
“Gelmirez y su época”. (Premiada con el primer
premio en los Juegos Florales de Santiago de
1945. Mantenedor el Presidente de la Real Acade-
mia Española, Sr. Pemán). “De mi tie-
rra” (Cuentos, Decires y Leyendas). Premiada en
los Juegos Florales de 1945. “Apéndice al libro
Muros, Páginas de su Historia”. (en colaboración
10
Anecdotario da Parroquia de Louro:
p/ Nieves Formoso Vidal
No ano 1307 xa existía a fegresía de Louro. A
sacristía fíxose no ano 1633. A imaxe de San-
tiago Apóstolo a cabalo mercouse no ano
1703. A igrexa alargouse no ano 1720. A por-
ta lateral abriuse no ano 1732. A imaxe do
Nazareno e do ano 1753. O retablo do altar
maior do ano 1770. A pila bautismal de grani-
to do ano 1801. O traslado das imaxes da
Magdalena e de San Roque dende a capela de
Louro, fixose no ano 1853. A espadaña e do
ano 1860. A imaxe da Dolorosa e do ano
1861. O cemiterio abreuse no ano 1879 ( an-
tes soterrabase no interior da igrexa).
Nos libros sacramentais, os primeiros anota-
dos foron: o 5 de xuño de 1619, o bautismo
do fillo de Fº de Louro e de Branca, a súa mu-
ller. O neno puxeronlle de nome: Fº (consta
así). No libro de matrimonios: o de Juan de
Louro con Dominga de Outeiro, o 3 de agosto
de 1619, e no de defuncions, refréxase a de
<Mayor de Taxes>, o 11 de xullo de 1618.
A Capela da Magdalena do Monte foi destruída
por un raio en 1719, pasando a imaxe, que
ainda se conserva, a capela de San Roque.
O cáliz de prata, que aínda se usa na actuali-
dade, foi doado por D. Antonio de Rama, pá-
rroco que foi de Louro, a principios do século
XVIII (1712).
No ano 1875, o Papa Pío IX concedeu
<gracias especiais> aos fieis que visitaran a
igrexa de Louro o 22 de xullo, confesando e
comulgando. Así naceu a Romaría da Magda-
lena.
Os párrocos, dende o ano 1618, foron:
1618 D. Baltasar Montouto.
1636 Frei Juan González, ofm.
1649 D. Francisco Dominguez
1664 D. Alonso Núñez
1692 D. Antonio de Rama
1725 D. Miguel de Lisi
1736 D. Antonio Romero
1744 D. Theodoro de Rama
1750 D. Domingo A. González
1778 D. Jacobo Hermida
1779 D. Juan A. Rivadeneyra
1785 D. Juan Romero
1789 D. J. Martín Martínez
1797 D. José A. Baleira
1805 D. Pedro Gómez
1822 D. José L. Varela
1841 Frei Agustín García
1857 D. José L. Insua
Nove anos vacante
D. Manuel Louro, D. Agustín Lojo
1886 D. Ramón Neira
1900 D. Fernando Siaba
1912 D. José H. Moscoso
1914 D. José Ferreira
1921 D. Santiago Lamas
1936 D. José Lourido
1946 D. Santiago Radio
1953 D. Alejandro Ballo
1959 D. Juan M. Fernández
1962 D. Manuel Molinos
1983 Frei Eladio González
1989 Frei Manuel L. Sucasas
2001 Frei Humberto Castro Soto
2013 Frei José M. Castiñeira González.
11
HAILLE DOUS INGRESES DON PABLITO...
p/ José María García Rodríguez
Cando eu era "musiño", saia correndo da casa da Praza, pasaba diante da tenda de meu avó Sidros García,
home moi branco cos ollos, azúes, dobraba pola casa do Raboto e iña Canavaia abaixo pra estrada que lle
chamabamos carreteira, Beiriña do mar, deixando a
man dereita a fonda de Xacobo, dobraba a esquerda
pra ir a un banco de pau que había diante de en cás
Carlotiña, E ficaba admirado, venda a Ezequiel cun xor-
nal en ingrés, antre as mans. Ezequiel fora a Nova Yor-
que. Chegara, traballou de carpinteiro un pouco tempo,
deprendeu catro palabriñas, meteuse nunha briga, co-
llérono e deportárono. Nunca mais podería voltar aos
Estados Unidos de Améreca. Non trouxo diñeiro, pro si
"The New York Times", un númaro dos domingos. Sen-
tábase a tardiña, diante de en cas Carlota, e cando a folla do xornal tiña gravura, pofliao direito. Si non, o
mesmo lie daba teio ao direito ao revés. E nós, alumnos da escola de Alexandre da Pepuda, ficabamos boca
aberta. Ezequiel non sabia léelo castelán, pro o ingrés leiao o direito e o revés. ¿Cómo podería? Colleu sona
de home liste. ¡Sabía; ingrés¡. Nunha veceira, en que iñan ir uns turistas riba duns baixios da ría con risco
de afogarse, chamaron a Ezequiel. Pra que lles falase por un fututo que coido que lle chaman "altavoz".
—¡Eh, mister! ¡Go fora! ¡It is very good de piedras! —We don't understand, lle responderon.
—Xustamente, mister, onde están, very good de piedras... ¡Stones; Raio! entendérono e fóronse. E ficou a
Vila inteira coa boca aberta. ¡Raio¡ entendérono e fóronse. ;Faloulles e salvounos! Houbo quen pensou que
lle deberan os americanos unha recompensa. Non lle chegou. O que lle chegou foi ao alcalde, que era don
Pablito, unha carta na lingua de Shakespeare. E díxolle o segredario:
—Estamos salvados, don Pablito, chame a Ezequiel.
Dito e feito. Chamouno. Veu. Doulle a carta. Colleuna. Unha volta, outra reviravolta, mesmo coma fan os xíl-
garos que os de "La suerte del pajarito", que todos son de Santa Cristina, portiño de Noia, levan polas festas
da bisbarra. Don Pablito non lle quitaba ollo. Nin Ezequiel quitaba ollo do papel. Respirou fondo.
—Señor alcalde, haille dous ingreses. O ingrés de Londón e o ingrés de Soutantón. (Southampton, debera
querer dicir). No ingrés de Londón, vostede ve esquirto Shakespeare, lese o mesmiño, e significa "xa que
che espero". Pro no ingrés de Soutanton, vostede ten que ler "xekspiar': e significa "a madre que che pa-
reu..." Iste puñeteiro ingrés, dista puñeteira carta, elle de Soutantón e non lle entendo nin puñeteira verba.
Saloucou don Pablito: —Amocámola.
Ezequiel foise. Cando se correu o conto, Pepiña do Millón, berraba na Praza do Cristo:
—¡Ise Ezequiel e un payaso! . Saleu a porta da casa a muller de Luís do Peludo.
—¿Vostede quer dicir espantallo, merdeira? ¡Sabe ingrés e sabe ingrés, que si nono soubera, aquiles turis-
tas afóganse! Coma si non houbera pasado ren, no outro dia. eu corrín pola Canavala abaixo, por diante da
casa do Raboto e pareime portiño de en cas Carnotiña. Ezequiel estaba sentado no banco, e si, señor, mi-
reino ben, lía o xornal ao dereito e ao revés. Alexandre da Pepuda, noso mestre, lia o castelán ao dereito e
tiña abondo. Deus llo pague.
12
Santa Mariña de Esteiro
p/ Elixio Vieites.
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: Solleiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pequena capela dunha nave cuberta a dúas
aguas. De estilo neoclásico, aprécianse algúns
elemento románicos, reaproveitados probable-
mente de outra obra anterior. A fachada é sinxela,
rematada nun frontón con pináculos, e cunha por-
ta rectangular e unha pequena ventana. Retoca-
da na década dos sesenta, no interior ten tres
arcos de medio punto sobre piares cadrados ado-
sados que sosteñen unha bóveda de canón, máis
estreita no altar maior. Posúe catro tallas de ma-
deira: a virxe das Dores, con manto de veludo; o
Perpétuo Socorro; a Purísima Concepción e San-
to Antón; presididas todas por Santa Mariña nun-
ha ábsida plana sen retablo. Forma un fermoso
conxunto co cemiterio e o campanario illado da
igrexa ao lado do que fora o camiño real e a uns
setenta metros da mesma. A igrexa honra, pois, a
Santa Mariña, filla dun sacerdote pagán, que
poida que nacera en Xinzo de Limia. Foi mártir,
degolada por non casar co prefecto romano Oli-
vio, e denunciada por cristiá.
Propiedade: Pública Uso actual: Outros Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Elementos mobles: Tradición oral: Referencias bibliográficas:
A Freguesía de Santa Mariña de Esteiro. Xosé Agrelo Hermo F.Abeijón Núñez. Cuadernos Crui-ceiro do Rego. Ed Toxosoutos ISBN 84-96259-31-5, ano 2004.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUROS/documents/22396CA011.pdf
13
p/ Ía Lago Uhía
O Muros que eu recordo na miña infancia non era
moi distinto ao que agora podemos ver, as rúas
non cambiaron moito dende fai 20 anos e os edifi-
cios tampouco son moi distintos, pero Serres si
que poida que cambiase moito máis. Lembro os
San Xoans en Portugalete, e a disputa que manti-
ñamos cos da Virxe e os da Acea por ver quen
facía a "farsa" máis grande. Eu era unha nena
cando as rúas de Portugalete estaban cheas de
rapaces e entre nós a diferencia de idade era bas-
tante grande, lembro como comezabamos ao me-
llor dúas semás antes e subiamos a Agriña en
busca de xestas e loureiros, e como as veces apa-
recía algún dos carneiros de miña tia Juanita do
Pardelo que nos facía correr como se non hoube-
se mañá. Tiñamos un sistema de organización ben
marcado, os rapaces maiores cortaban, e nos ca-
rrexabamos ata o parque do Furón, eu non conta-
ba máis de sete ou oito anos, e a forza nunca foi o
meu don, máis aínda así alí baixabamos miña pri-
ma e eu con cadansúa pola de xesta, todas cheas
e orgullosas de axudarlle aos "grandes", aínda que
a maioría das veces algún dos que tiñan máis for-
za ca nós acababa por levar a súa, a nosa, e aín-
da por riba tamén a nós sentadas riba das xesti-
ñas. Os dous días antes de San Xoan deixabámo-
los pra ir porta por porta preguntándolle a xente se
querían botar algo a lareira e acababamos por
xuntar tamén mobles vellos, bolsas de roupa que
quedaran pequenas e incluso máis de unha vez
algún que outro bote de remos que quedara triste-
mente abandonado porque o seu dono xa non po-
día ir ao mar, ¡Quei chorei o día que queimamos o
bote de señor Xan da Acea! O día 23 chegaba a
festa, e todos os veciños nos axudaban a baixar
todo o que xuntaramos ata a praia, nos eramos
uns rapaces e tiñamos que cruza-la estrada, e
sempre había algún conductor con gañas de
amargarno-la festa, pero pra eso estaban os maio-
res, que impoñían máis respeto, e non reparaban
en cortar o tráfico se era preciso e cantarlle as
cuarenta se facía falta a algún dos municipais que
chegaban ata alí con gañas de poñer inconvintes
no que pra moitos era o día máis esperado do
ano. Cando o Sol se ía agachando, comezaba a
impaciencia por prenderlle lume, algunha nai dicía
que había que ir prendendoa xa, que os máis pe-
quenos tiñan que ir pra cama, os rapaces máis
vellos querían agardar ata as 12 como dicía a tra-
dición, ao final soíamos chegar a un "nin pra ti nin
pra min" e a iso das 11:30 os privilexiados pren-
dían as súas antorchas feitas con trapos e ramas
e plantabanlle lume a aquela montaña de polas e
recor-dos, os "grandes", como nos lles chamaba-
mos, aca-baban por bañarse no mar, e os máis
pequenos pro-testabamoslle a nosas nais que non
nos deixaban ir canda eles. Logo viña a nosa festi-
ña, cada un de nos puxera unhas cen pesetas e
facíamos unha churrascadiña, unhas cantas Coca-
colas e montabamos a mellor das festas que unha
rapaza coma min se podía imaxinar, e xa pra re-
matar, unha vez todos estabamos comidiños, non
sei se por tradición ou por costume propia, enchía-
mos as botellas dos refrescos e caldeiros de auga
e comezabamos unha guerra que chegaba dende
Espiñaredo ata ao cruce da Tremenda mollándo-
nos uns aos outros, daquela, eu e miña prima, por
ser as máis pequenas, case sempre rematabamos
máis sequiñas que os demais, nós pensabamos
que eramos unhas expertas nisto da guerra de
San Xoan, pero agora, con unas cantos aniños
máis, penso que por moito que correramos ou nos
agacharamos, máis ben era porque "os grandes"
de Portugalete, aínda que nos deixasen participar
en todo como se fosemos un máis, tampouco que-
rían que pasasemos a humillación que supoñía
papar un caldeirazo e chegar a casa molladiñas
coma pitos
O Caixón da Memoria
(O San Xoán en Portugalete)
14
ENTREVISTA
Entrevista a
Tono Beiro por Jorge Lago de Pexejo
É de rigor presentar a todos os entrevistados,
pero Tono Beiro apenas necesita carta de pre-
sentación pois é tan coñecido aquí na súa te-
rra adoptiva como na que deixou xa hai bas-
tantes anos para buscar como todos nós na
diáspora mellores oportunidades e conse-
guiuno. Home de familia, traballador infatiga-
ble e metido de cheo nas actividades culturais
da colonia galego-muradana de Nova York e
sempre coa inquietude do que está aconte-
cendo no seu Louro natal. Empecemos a con-
versación e deixemos que sexa él o que nos
diga un pouco da súa vida antes de decidir
virse aos EUA e consecuentemente a súa traxec-
toria newyorkina.
J.L._ Tono Beiro, ti estudaches na Escola Náutica
de Vigo, polo tanto un asumiría que o teu destino
sería o mar. Como é que viñeches a parar a Nova
York?
Tono Beiro ._ Pois a vida que da muitas voltas.
Apareciume a oportunidade de quedar en terra
con 22 anos alquilando unha discoteca, pero
era mui novo para tanto ajetreo, vin dar unha
volta a ver o que habia e xa ves, 29 anos na
América.
J.L. _ Pois si, unha historia que se repite constan-
temente e que a pesar das súas variantes a todos
nos é familiar.
Cal foi a túa primeira impresión do páis, gustoute,
decepcionoute, tiveches momentos de mandar
todo a paseo e volver ou polo contrario adaptá-
chesche inmediatamente anticipando que este era
o país onde tiñas máis ou menos asegurado o teu
futuro?
Tono Beiro._ A verdade é que fui duro a pesar
de que sempre tiven axuda tanto familiar como
ter a sorte de coñecer amigos que ainda per-
duran como tales, pero unha vez que conse-
guín un traballo mais ou menos estable sí me
dei conta de que acertara co meu porvir.
J.L._ Sen dúbida que fai máis levadeiro adaptarse
cando te encontras rodeado de xente que coñe-
ces. Supoño que como é habitual ao chegar aquí,
xa empezaches a traballar sen case te dar tempo
a desfacer a maleta.
Tono Beiro._ Pois non, o meu primeiro traba-
llo por casi dous meses fui facer a compra coa
miña sogra e ir a lavanderia coa miña filla,
tempos mui duros para un rapaz que quería
comer o mundo. Pero gracias que arredor meu
sempre hubo mui boa xente, o final conseguín
meterme nun mundo laboral apasionante.
15
J.L._ Cóntanos.
Tono Beiro._ Pois empecei no ramo da cons-
truccion e traballei hasta fartarme, pero un bo
día decidín facer uns cursos de planos, un de
topgrafia e algún mais e a partir de ahi cam-
bioume a vida totalmente, conseguín un traba-
llo que me gustaba e no cal disfrutei muito.
J.L._ E remataches realizando o "Américan
Dream": Ser propietario. Ao pouco tempo cambia-
ches a Queens polo condado de Nassau como
dono dunha preciosa casa.
Supoño que iso marcaría un antes e un despois,
un xeito de aceptar que un xa é máis de aquí que
de alá, facer fogar e botar novas raíces onde fu-
ches a buscar mellores oportunidades.
Tono Beiro._ Pois realmente non, a de Nassau
xa era a segunda casa que normalmente xa é a
que pensas que será a definitiva, pero eu no
teño tan claro porque na miña testa sigue a
idea de sentar a miña base final na nosa terra,
sempre desde o máximo respeto e cariño o
país que me axudou a logralo.
J.L._ Sempre mantiveches vivo ese desexo de
volver á terra, e o transcorrer dos anos non mino-
rou o teu afán de seguir en contacto coa túa xen-
te, co teu Louro. As túas visitas a Muros foron
constantes e periódicas e antes do fenómeno
de facebook e os medios sociais, esperábase o
teu retorno para poñerse a o día do que estaba
pasando alá.
A túa casa foi e segue sendo tamén sitio
de xuntanzas inesquecibles polo simple feito de
celebrar algo e de estar cos teus, signo inequívo-
co da túa xenerosidade que se demostra cumpri-
damente pola gama de manxares coa que agasa-
llas a os que che visitan e que sempre son en cla-
ve galega xa sexan callos, polbo, lubrigantes, cen-
tolas…
E tamén estando aquí estiveches sempre envolvi-
do en diversas actividades que ofrecen as asocia-
cións culturais que temos aquí.
Con isto quero resaltar o grande apego que manti-
veches sempre por todo o noso e agregar que
descubriches outra faceta das moitas que posúes
cantando no coro de Casa Galicia, teño que decir
que o fas moi ben. Cómo foi que te meteches a
cantar?
Tono Beiro._ Eu son un home que me gusta
muitisimo unha boa cea, un bo seran e unhas
boas cantareas, sempre por suposto rodeado
duns bos amigos!! como que me quedei un
pouco no pasado. Unha cousa que non me
costa nada e cociñar para 10 ou 20 sempre que
a compañia vala a pena.
O da coral ven desde que un bo dia un tal se-
ñor Valentín, director da coral de Noia ven o
Instituto recruitar xente para unha coral xuve-
nil e escolliume cantando "las flechas del
amor" de Karina. Por certo que éramos uns
cuantos muradáns, Maricielo de Louro, Manola
do Cabo, Naso (DEP) e un fenómeno como era
o fallecido e ben querido Manolo Siaba. Con
tanto talento ganamos dous anos seguidos o
concurso de Nata, na Coruña e Santiago. Anos
máis tarde D. Manolo daquela director da coral
16
de Muros chamoume para cantar con eles o
que fixen pero solo actuei unha vez na Iglesia
de Muros e xa que daquela crucei o charco. E
fai uns 3 ou 4 anos gracias o empeño de dous
amigos metinme na coral de casa Galicia na
que estou encantado da vida!
J.L._ Iso parece, ademais tedes un director entu-
siasta e de moito talento.
Pero non te limitas só ás actividades corais, ade-
mais de ser membro do comité da Glosa, o teu
saber facer foi instrumental para que
os muradanos na diáspora newiorkina lle desen
tan boa benvida á alcaldesa de Muros e agora
estás metido de cheo organizando un acontece-
mento que require moito talento loxístico ademáis
de dedicación, refírome a facer posible a visita do
grupo folclórico Ximiela.
Tono Beiro._ O do comité de Glosa é un traba-
llo no que non ganas nunca porque cando se
toca o tema dos cartos a ninguén lle gusta que
lle miren onde os mete ,en canto o tema da al-
caldesa fui relativamente fácil ainda que non
tivemos muito tempo nin posibilidades de fa-
celo o sábado que traeria mais xente, pero ao
final saliu todo mui ben. O tema de Ximiela e
muitísimo máis complexio xa que traer 30 per-
sonas a NY cos precios que se gastan as Ibe-
rias de turno é un proxecto que require muito
diñeiro, pero en eso estamos traballando. Te-
mos unha cea o 19 de Abril na casa Galicia,
andamos vendendo rifas e estamos en conver-
sas co centro Orensano de Newark e co Circu-
lo Español de Queens para entre todos lograr
este objetivo. O mestre da coral Alberto Carbo-
nell e un fenómeno, solo hai que mirar o seu
nome en Google e xa ves que é un músico con
cualidades propias ademáis de ser músico de
estirpe.
J.L. _ Ti pensas que hai suficiente entusiasmo na
colonia muradano-newiorkina e os seus estados
periféricos como para facer viable tal empresa?
Refírome por suposto ao proxecto de traer
a Ximiela a Nova York.
Tono Beiro._ Entusiasmo eu diría que non, pe-
ro entusiasmados hai algúns e eses poucos
vamos tratar de que os demais se enreden e
facelo posible, xa o falamos na primeira xun-
tanza que tivemos, se fora fácil xa o farían ou-
tros, pero as cousas que custan son as que o
final che dan máis satisfaccións.
J.L_ Segundo teño entendido a visita
de Ximiela será en Outubro e de seguro que nos
van a ofrecer un espectáculo memorable. Dado o
esforzo que estades a poñer e anticipando que o
entusiasmo non diminúa, este evento vai a crear
un precedente e supoño que non será a primeira
nin a última institución artístico-
cultural muradana que nos visite.
Tono Beiro._ Ese e o noso obxetivo, si pode-
mos traelos, toda diáspora poderá disfrutar
deles. A nosa idea final e poder crear un Dia
de Muros en NY. Si esto nos sale ben, a xente
ainda se motivará máis.
J.L._ As motivacións case sempre dependen dun
17
bo liderado e dotes persuasivos que ti demostras
cumpridamente. Felicítote e felicito ao mesmo
tempo a todos aqueles que colaboran desintere-
sadamente para facer posible o que estades a
tratar de lograr.
Cambiando de tema. Ti que nunca deixaches de
estar a cabalo entre NY e Muros e xa vas alcan-
zando unha idade na que inevitablemente un ten
que pensar nese mañá que está á volta da esqui-
na. Pensas retirarte en Louro, quedar en NY ou
mentres cho permitan os anos en ambos os dous
sitios?
Tono Beiro._ O primeiro supoño que un pouco
o cabalo, pero máis tempo en Galicia que aqui,
pero a miña illusion e quedar na terra, xa levo
anos abondo fora! A min e a miña dona gústa-
nos muito viaxar e aproveitaremos para facer
algun viaxe que temos pendiente.
J.L._ E afortunadamente xa non vos falta moito
para cumprir ese desexo. A túa traxectoria por
USA foi frutífera e chea de satisfaccións, espero
que sigas gozando de todo o bo que a vida che
ofreza e que todos os teus amigos o comparta-
mos contigo.
Agradézcohe que participases un pouco da túa
vida connosco. Moita sorte e seguímonos vendo.
Por último e xa para rematar ahí che vai o Cues-
tionario de Bernard Pivot.
J.L_ Cál é a túa palabra favorita?
Tono Beiro._ Honestidade
J.L._ Cál é a menos favorita?
Tono Beiro._ Paro
J.L._ Qué te emociona?
Tono Beiro._ Calequer cousa relacionada
coa miña terra
J.L._ Qué son ou ruído che gusta?
Tono Beiro._ O da gaita
J.L._ Qué son ou ruído detestas?
Tono Beiro._ A xente berrando
J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?
Tono Beiro._ Favorito non teño ningún
J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che
gustaría facer?
Tono Beiro._ Periodismo
J.L._ Qué profesión non desexarías facer?
Tono Beiro._ Mineiro
J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que
che dixese Deus cando chegases ás portas
celestiais?
Tono Beiro._ Que polo menos intentei ser
unha boa persona
18
SETAS CON ESPIÑAS. p/ Amado Barrera
Vale, xa temos no cesto a meta de da media du-
cia. Imos coa otra metade. ¿Setas con espiñas?
¿Estamos de coña? ¿Apañaremos estas setas coma
se fosen castañas nos seus ourizos?. Nin de coña
nin coma ourizos, sino todo o contrario. Agora está
máis claro, vou cambiar de canal. Agarda, oh!, que
paga a pena, porque TÓDALAS SETAS CON ESPI-
ÑAS SONCHE COMESTIBLES. Xa che coñezo, ago-
ra vas dicir aquilo de “...pero algunhas só unha
vez”. Non, home, non: TÓDAS SETAS CON
“ESPIÑAS” SON COMESTIBLES, punto.
Agora, a solución do misterio das setas con espi-
ñas: NON PICAN estas espiñas, son brandiñas, da
mesma consitencia que se fosen láminas, de espi-
ñas só teñen o aspecto, bueno, máis ben que espi-
ñas, semellan agullas hipodérmicas. Coma unha
imaxe vale máis que un gugol de palabras miñas,
miradeas. Logo no monte, tocádeas. Xa nos vos
esquceredes máis.Son setas tamén dunha soa pe-
za, ou seña, que o sombreiro é inseparable do pé,
ao contrario que as setas con láminas, que pare-
cen dúas pezas feitas por separado e logo xunta-
das por algún ceramista mañoso. En fin, estamos
a falar do xénero HYDNUM:
4. LINGUA DE VACA (Hydnum repandum)
O sombreiro é carnoso , color gamuza, de novo é
redondeado pero logo se extende e incluso queda
coa marxe desigual e lobulada
As agullas son moi fráxiles, brandiñas. da mesca
cor que o sombreiro, apretadas, algo decurrentes
e moi fácilmente separables do sombreiro, o que
convén facer no monte mesmo, así xa queda a
esporada toda alí.
O Pé é curto, xeralmente excéntrico e tamén da
mesma cor que o sombreiro. A carne é branquiña,
espesa, fráxil, case non arrescende pero ten ese
aroma con morriña do monte. Cando se corta,
axiña amarelea e mesmo ao poco tempo volvese
cor laranxa. Qué cousas teñen as setas. Ten un
cheri afrutado, pero na língua é amarga. Vive en
bosques de carballos ou de piñeiros, gústalles o
inverno para se mostrar.
Esta considerado un bó comestible, aínda os exe-
mplares grandes, sempre que estén en bó estado,
nada de coller os que se ven avellentados. É un
cogumelo bastante inalterables, non se agusana e
dálle aos pratos un arrescendo e un sabor moi es-
pecial. Mellor hainos que deixar cocer ben tempo
para que perdan ese amargor. Despois gustarán-
che, seguro. Non ten semellanza con especies tó-
xicas (non hai “agullas” tóxicas no mundo cogu-
meril)
É moi común coller o Hydnum rufescens pensando
que é o repandum, pero non pasa nada, son case
iguais, és de cor máis alaranxada, incluso algúns
din que son variedades da mesma especie. Nou-
tras latitudes, en bosques de pino carrasco, nace
Hydnum albidus, branquiña ela. En Muros non a
teño visto nunca.
Logo hai un primo, Sarcodom imbricatus de som-
breiro escamoso escuro e de moi inferior calidade
culinaria, din os libros, pero eu recolecto moitos,
xa metidos en xaneiro, seleccionando os exempla-
res máis novos, e
non estou dacordo:
sonche tamén moi
saborosos, pero é
moi importante sa-
carlle antes as agu-
llas. E consérvase
moi ben en aceite
ou vinagre. Este
crece sempre en
bosques de frondo-
sas.
Hai alguna especie máis de setas con agullóns,
que, aínda que non sexan tóxicos, non son comes-
tibles (Phellodon niger, Hydnellum scronicjularium,
Hynellum ferrugineum), pero teñen aspectos tan
distintos ás nosas “Linguas de vaca” (que tal é o
nome común dos nosos Hydnum repandum), que
non hai perigo de confusión.
SETAS CON TU-
BOS.
O himenio, en vez
de láminas, pre-
gues ou agullas,
está cheíño de tu-
bos, dos que vol-
teando a seta ven-
se os centos dos
seus poros. Se se
corta o sombreiro,
apreciánse os tubos enteiriños. Tamén convén sa-
calos no monte, é fácil.
Non todos son comestibles, e algún mesmo é tóxi-
co. Por sorte, éstes teñen aspectos moi distintos a
aqueles. Aínda así, imos centrarnos só no famoso
e moi apreciado grupo da sección EDULES das BO-
LETACES, porque as súas
especies non se poden
confundir con ningunha
especie tóxica. Aínda
máis: as posibles confu-
sión resultan tamén exce-
lentes comestibles. No
entendido de que se com-
proben as características
do grupo, o que neste
caso resulta do máis doa-
do: *cutícula sempre hú-
mida *marxe abrancaza-
da e *carne branca e in-
mutable (que non cambia
de cor). E disque nunca nace en primavera, isto
non o teño comprobado.
5. CALABAZA (Boletus edulis)
O sombreiro pode chegar aos 25 cm de diámetro.
É carnoso, hesmisférico primerio, despois convexo
19
ou plano-convexo. De cor marrón, vai cambiando
có tempo de claro case branco ata escuro, mesmo
a marrón casi negro, destacando a marxe, máis
clara e nunca é amarelada. É un sombreiro regular,
algo arrugado, aterciopelado, só liso nos ejempla-
res “adultos”.A cutícula é viscosa en tempo húmido
e pode separarse un pouco. A marxe.
O himenio, tubular, está unido ao pe. É branco
inicuamente e vai cambiando e pasando polo mare-
lo colle unha tonalidade verdosa e finalmente con-
vírtese en un verde-oliva intenso. Os tubos son
fácilmente separables do sombreiro, especialmente
nos exemplares vellos.
O pé é robusto, cheo e sólido, ventroso de novo e
logo cilíndrico. Cor blanquecino que vaise poniendo
marrón claro, sen reflexos rosados nin marelos, e
adornado cun retículo branco na parte superior.
A carne é branca baixo o himenio, da mesca cor e
compacta, tanto no sombreiro coma no pe sen
cheiro especial pero de sabor doce e olor agrada-
ble, o típico arrescendo de cogumelo.
Sae en verano e outono, pero non en primavera,
como quedóu dito, en bosques de coníferas e de
caducifolios, solitario ou en pequenos grupos, é
moi común e tamén moi buscado, por ser excelen-
te comestible e moi comercializado.
Aínda que se confundir fácilmente con B.aereus,
B.pinicola e B.reticulatus, todos eles tamén exce-
lentes comestibles, Boletus edulis é o típico repre-
sentante do grupo, e o podemos diferencialo das
outras formas e mesmo subespecies polas caracte-
rísticas que quedan enumenaradas
SETAS “RARAS”
O último cogumelo desta media ducia de setas
“inconfundibles” é a máis rara de todas, tanto que
non parece o que é.
6. COLIFLOR DE MONTE (Sparassis crispa)
Pode acadar 40 cm de largo por 25 de alto. É un
laberinto de múltiples ondulacións entrelazadas e
amoreadas, “crispadas”, que forma unha masa
compacta que recorda á dunha coliflor. Ten cor
crma nos ejemplares novos, ocre amarelados nos
vellos.
A carne é branda, delgada e fráxil, branca primeiro
e logo tamén ocre amarelada e correuda. Ten un
olor aromático moy forte, algo anisado cando se
recolecta e logo dulzón. Hai que coller só os exem-
plares novos.
O pe é moi curto, blanquecino, tal cal se fose
tamén o dunha coliflor, incluso non se ve cando o
xemplar é xa grande. Medra nos tocóns de conífe-
ras, sobre todo de piñeiros. Moi común en verán e
outono
É moi bó comestible cando o cogumelo é novo. Hai
que limpalo ben, que soe ter terra e lixos. Fileteala
é un bó recurso culinario.
Só se pode confundir con especies moi parecidas,
coma S.laminasa, que medra en tocóns de frondo-
sas, como castiñeiros, pero que de tódolos xeitos é
igualmente comestible.
Peor sería confundila coa Ramaria (=Clavaria) for-
mosa, que é toxica e purgante. Pero é máis difícil
que confundir alllos con bugallos: esta C. Formosa
ten as terminacións redondeadas, non planas.
Para terminar, copio de http://
www.educaguia.com/curso/setas/decalogo.htm e
pego aquí este
curto e sinxelo
pero moi intere-
sante
DECALOGO
DEL BUSCA-
DOR DE SETAS
1.- Ante la du-
da, NO LA CO-
JA. Si no está
seguro de que
es comestible,
déjela o si la ha cogido tírela.
2.- Si no la conoce, DEJELA. No la estropee, dán-
dole una patada o rompiéndola, puede venir detrás
de usted alguien que si la conozca, y además todas
tienen alguna misión en la naturaleza.
3.- No recolecte todas. Deje siempre algunas
para que al dispersar sus esporas, en los próximos
años siga habiendo setas.
4.- Cortar las
setas con na-
vaja. No arran-
carlas para no
estropear el
micelio subte-
rráneo que en
la próxima re-
colección dará
mas setas y no
manchará las
otras en la ces-
ta.
5.- No usar recipientes cerrados. Utilizar cubos
o cestas de mimbre abiertos (si tienen agujeros
mejor). para que no fermenten rápidamente y re-
sulten indigestas. Nunca utilice bolsas de plástico.
6.- No hacer caso de tradiciones para su reco-
nocimiento. Estudiar bien la seta y si no está se-
guro de no ser venenosa no la consuma. No se fie
de tradiciones como que ennegrecen la cucharilla
de plata o la mo-
neda, o las comi-
das por animales,
vinagre,...
7.- Por si acaso
deje una mues-
tra en el frigo-
rífico de cada
especie que
consuma. En caso de intoxicación el medico podrá
actuar mas rápidamente.
8.- NO RECOLECTE las setas que vea con laminas
blancas, anillo, volva, y sombrero blanco-
amarillento o verdoso, pueden ser Amanitas, las
mas venenosas de todas.
9.- NO CONSUMA las setas fermentadas, incluso
las comestibles, podrían ser indigestas.
10.- EN CASO DE INTOXICACION IR
RAPIDO AL MEDICO (a ser posible con una muestra de las setas que ha consu-
mido) y (en España) llamar al INSTITU-
TO NACIONAL DE TOXICOLOGIA (915620420)
20
Aquí vai a terceira e última entrega do relato do co-
misionado da Cia. Transatlántica do seu paso pola
vila de Muros para socorrer e asesorar aos supervi-
ventes do naufraxio do vapor LARACHE.
Eu seica este tipo de relatos non son de doada lectura
para quen non vive ou sente o mar de xeito directo.
Mais si pode ser interesante para todos aqueles que
queiran decatarse do que era a nosa vila e es nosas
xentes aló nos primeiros anos do século pasado.
O noso concello e a nosa vila non se entenden sen o
mar, e polo tanto a nosa idiosincrasia está definida e
en parte rexida por todo o que concirne e rodea ao
mar que bica, da vida e as veces morte as nosas xen-
tes.
No remate do relato o comisionadofai gabanza de
varios persoeiros da vila que se significaron na axuda
dos desvalidos náufragos, e remata partido de novo
cara a capital herculina a bordo do vapor CORUÑA,
non sen antes volver a percorrer as augas inmediatas
a Ximiela, para comprobar que non houbese nada
que rescatar ou recoller.
La mayoría de los pasajeros llegados en el
"CORUÑA", marcharon el día 27; con autorización
hasta el día de ayer, para gastar en fonda, quedó
el pasajero de 3ª D. Manuel Moreira, por estar
bastante enfermo, efecto de la terrible impresión
que le causó la muerte de su esposa Dª Antonia
Castro, de 29 años, en el preciso momento en
que, teniéndola ya salvada, se disponía a tomar el
bote que resultó recoger tan solo a él, él marido.
Unos de los baúles que llevaba este matrimonio,
apareció en la mañana del 25, poco tiempo des-
pués de nuestra llegada a Muros, con su tapa le-
vantada y separada perfectamente, sin contenido
alguno. Las paredes restantes del baúl, estaban
perfectamente intactas: lo he visto yo mismo.
D. Juan J. Louro, consignatario del "CORUÑA"
en Muros, es persona respetable, inteligente y que
trabajó con verdadero denuedo; Gracias a él, en
población perfectamente desconocida para mí,
puedo indicar que no perdí un solo momento en
Muros. Quedó encargado por mí de pagar todo
aquello que estuviese íntimamente relacionado
con atenciones directas é indudables á los náu-
fragos, amén de los gastos del señor Soba (que
según hayan sido, en parte podrán ser cobrados
de la familia del difunto) y de una cantidad pru-
dencial, diez o doce pesetas, á pagar á la mujer
causa del asomo de motín femenino el día 25 a la
tarde, antes referido.
En la noche del 25, mandé avisar a todos los
tripulantes y a los pasajeros que debían venir con
nosotros, que estuvieran dispuestos para salir en
el "CORUÑA" a las cuatro de la madrugada; con el
Sr. Piñole habíamos acordado salir a las 5 no
sólo para pasar de día por frente el Ximiela, sino
para evitar que los ocho pasajeros que debían
venir con nosotros dejaran de acompañarnos,
pues ya anticiparon que de noche no querían pa-
sar por el mismo sitio en qué naufragaron. Por
otra parte aunque el "CORUÑA", cuando era
"Huascar", había trasportado hasta unos veinte pa-
sajes de cámaras y mas de un centenar de tercera
ordinaria río marañón arriba, allá por Iquitos,
p/ Manuel M. Caamaño
21
haciendo el servicio establecido por la "Booth
Line" y conservaba una buena parte de los efectos
propios para tal transporte, en realidad, entre no
tener tripulación idónea, y que había venido de
Liverpool cargado casi por completo de carbón,
no hubiese sido posible instalar decentemente a
los citados pasajeros, y a la tripulación.
Hasta las seis de la mañana del 26, no nos fue
posible zarpar de Muros, lo que hicimos tenien-
do a bordo, a más de los que habíamos ido en el
"CORUÑA", ocho pasajeros, y veintiocho tripulan-
tes del "LARACHE", entre estos el Oficial Sr. Vi-
llalobos, y el 2º Maquinista D. Leopoldo Media-
villa. Estuvieron a bordo el Sr. Ayudante de Ma-
rina D. José Mª Carles Roca, que trabajó aque-
llos días sin descansar, habiéndome sido de gran
utilidad preciosas indicaciones suyas, el Sr. Al-
calde de Muros, D. Abelardo Dubert, quien se
mostró solícito en extremo con los náufragos,
con quien sentí no tener tiempo el día anterior ,
como ya he indicado, para cumplir deberes de
etiqueta que en población pequeña son más no-
tados; el Sr. Louro, con quien determiné la for-
ma que debía darse a la aceptación de gastos, y
al pago que debía hacerse de lo que quedaba
pendiente; individuos de la familia del Sr. Regis-
trador de la Propiedad D. Aquilino Pinto, en ca-
sa del que estuvo alojado el Sr. Villalobos, y al-
morzó el 25 el que suscribe; y otras personas.
Inmediatamente de salir, se sirvió desayuno a
todos los pasajeros del "CORUÑA"; mas tarde
cerca de mediodía, se les sirvió comida abun-
dante, compuesta de tres platos, que mereció
elogios de todos ellos, sin excepción, y que fue
servida con mucho orden. A este ultimo resulta-
do contribuyó en buena parte la mayoría de la
tripulación de fonda del "LARACHE", ayudando
en todo lo que pudo, pero tengo el deber de ha-
cer constar que el cocinero del "CORUÑA" Sr. An-
tonio Riera, y el camarero Manuel Bilbao, fue-
ron felicitados por todos. El Sr. Gonzáles, pasa-
jero de 2ª, comió con el Sr. Mediavilla. Se puso a
las órdenes del Sr. Piñole, y trabajó mucho, si se
tiene en cuenta que estaba bastante herido de
golpes, el contramaestre salvado del naufragio,
Sr. Jerónimo Romero.
A poco menos de una hora después de salir
de Muros, pasamos a la altura de Brullos, que-
dando Ximiela mas allá; los dejamos por Babor
( ya que estando perfectamente visible el Cabo
Finisterre, el Sr. Piñole, aprovechando, determi-
nó pasar por el canal), y solo vimos multitud de
embarcaciones, al parecer pesqueras, principal-
mente en aquellos, sin que con el anteojo se
apreciase cosa alguna del buque náufrago donde
está el Ximiela, a milla y media aproximadamen-
te, del sitio por el cual íbamos.
Con ligera cerrazón del NE., que se había
hecho bien perceptible un poco antes de llegar a
la altura del Cabo Toriñana, y determinaba un
horizonte a poco más de tres millas: después de
un viaje sin incidentes digno de mención, atraca-
mos a este puerto a las cuatro de la tarde del 26
de junio, habiéndonos venido a recibir el Sr. Go-
bernador de la provincia, D. Felipe Crespo de
Lara. El Director de Sanidad D. Cesar Suárez de
Centi, el propietario del "CORUÑA" D. Dionisio
Tejero Pérez, y otras significadas personas; es-
taba ya preparado el alojamiento de los pasaje-
ros y tripulantes náufragos del "LARACHE" que
habían venido con nosotros.”
La Coruña, a 30 de junio / 1º de julio de 1908
FIRMADO
22
p/ Xokas Figueiras
Tipo de ben: Fábrica, Porto, Institucións pri-vadas (sés de empresas, centros sociais...), Concello: Muros Parroquia: Serres (San Xoán) Lugar: Anido Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Trátase dunha fábrica de salgadura de sardi-
ña construída por Abelardo e Felix Romaní, a
edificación central ten un volume paralelepípe-
do ao que se lle apegan perpendicularmente
distintos corpos na súa parte posterior, que con-
figuran un rectángulo no que se dispón o patio.
No corpo principal distribúense as distintas de-
pendencias do edificio, dispostas en dúas plan-
tas. A disposición dos vans reflicten a distribu-
ción do interior, colocándose unha galería de
formigón e cristal no primeiro piso, sendo esta
de construción posterior a da fábrica orixinal.
Este volume de entrada destaca polo encintado
da fabrica de pedra, xa que esta pintado de
branco. Os outros paramentos verticais son de
cachotería vista, cubríndose todo o inmoble de
tella do país. Un grande espazo queda libre pa-
ra adicarse ás distintas labores de fábrica da
que aínda conserva varios píos, chanca e mor-
to, no morto a técnica era de fusos de ferro e
madeira. No exterior conserva dúas ramplas, un
amplo patio e unha edificación cercana tamén
empregada para o salgado. Tamén serviu de
campo de concentración de presos asturianos,
vascos, madrileños e galegos en tránsito entre
agosto de 1937 e febreiro de 1938, cando esta-
ba inactiva, albergando máis de 500 presos,
estes construíron o camiño que vai da estrada
xeral de O Baño ate a fábrica, nela estaban vi-
xiados por soldados do Regimiento de Infante-
ría “Zamora” nº 9 , mentres carabineiros e gar-
das civís patrullaban polo exterior. A día de
hoxe emprégase como restaurante, e consérva-
se en bastante bo estado de conservación, qui-
tando as edificacións anexas (na segunda foto).
Propiedade: Privada Uso actual: ResidencialHosteleiro Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Referencias bibliográficas: INVENTARIO DO PATRIMONIO MARÍTIMO PESQUEIRO NO ÁMBITO DAS CONFRARÍAS DE PESCADORES DE MUROS, LIRA, O PINDO, FISTERRA E LAXE CUSTA,Xesús SANTOS,Xesús: ‘Galiza na Gue-rra Civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo’ SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁN-DEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son». http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUROS/documents/22396CA014.pdf
A FABRICA DE ANIDO
23
Señor cura peche o libro… p/ Manuel Lago Álvarez
Póñome a escribir un conto, que é só iso: un conto, e
non quixera que ninguén se dera por aludido, pois os
contos, contos son, e todo parecido coa realidade e
unha simple anécdota. Empezo:
Contan de un cura novo que foi nomeado párroco
dunha importante feligresía. O xoven sacerdote foi
moi ben acollido porque víase en el que era unha
persoa moi traballadora e moi cercana a xente.
Lonxe de ser altivo, engreído, soberbio, chulo, terco
e outras mais cousas, o cura novo era afable, cordial,
modesto, falador, e tamén moi acudidor. Era como
se dí: un home manso e humilde de corazón, sempre
disposto a axudar a todos.
En poucas semanas fíxose moi popular na parroquia.
Misas, novenarios e procesións estaban sendo mais
concorridas que nunca. Parecía coma si o cura novo
tivese un imán; pero nada de iso: o cura era bó en
todo, que para iso era un home de Deus i moi estu-
dado.
Pois ían pasando as semanas, e as campás da
parroquial tocaban mais que nunca, pero non toca-
ban precisamente a festa. Tocaban a defunto ¡¡. Un
día con outro acontecía que na parroquia morría xen-
te, cousa que debería ser do mais natural, xa, que
como se dí: <aquí non vamos a quedar>, pero a cou-
sa non era moi normal xa que morrían mais do dobre
da xente do que era habitual. Os parroquians anda-
ban un pouco asustados, e un bo día, xuntáronse
media ducia deles, no alboio da señora Luísa da xxx
(non poño de qué porque soa mal…), e comentaron
o que estaba pasando. Uns dicíanlle os outros: ¡Hai
que disirllo, isto non pode ser¡. ¡Xa mo dixo meu Ra-
món, ¡isto e cousa mais ca do demo¡. ¡as áminas
andan soltas pola parroquia adiante¡. Pois hai que
disirllo ao cura. ¿E cómo fasemos?. Pois vaise en
comisión. Os homes que non vaian, que isto e cousa
de mulleres, que nós nos entendemos mellor cos
curas.
E buscaron un día e alí foron; a falar co cura novo. E
xa no despacho da reitoral, o cura agradeceu a visita
e preguntoulles en qué podía axudalas. As mulleres
miráronse unhas a outras, pero non daban arrinca-
do… o cura insistiu: ¿en qué podo axudalas? Hai
algún problema?. E volta a mirarse unhas a outras…
pero quen arrincou foi a señora Luísa da xxx (que
sigo sen poñer de qué… porque soa mal, e diante
dun cura soa peor), quen lle dixo ao cura: señor cu-
ra, que non lle paresa mal…. pero.. pero.., Pero
qué?, -dixo o
cura-. Pois...
aquelo… -
dixo a seño-
ra Luísa-,
que
bueno…,
que peche o
libro ¡¡¡. O
cura puxo
cara de pas-
mado e cos
ollos moi
abertos dixo:
¿qué libro?
¿o de resar?.
Noonnn ¡ ise
non ¡, voste-
de rese por
todos, que
boa falta nos
fai. O que
queremos e
que peche e o libro dos defuntos. Ahhh… -dixo o cu-
ra-. Pois non entendo, -retrucou- Pois xa lle explica-
mos: estamos moi contentos con vostede, pero den-
de que chegou, non fai mais que morrer xente na
parroquia, e din os mais vellos que cando o libro dos
defuntos queda aberto, os que están anotados cha-
man polos que estamos vivos. Entende agora?. O
cura non saia do seu asombro, e tomando alento,
díxolles: pois xa está, péchase o libro e listo. A seño-
ra Luísa, que era moi retranqueira dixo: así me gus-
ta, que sexa vostede guieiro, que para cabesudos xa
están os nosos maridos.
E pechouse o libro. E marcharon marmurando bai-
xiño: <iste si que e un cura listo, non nos entendeu
nada…>, pero e guieiro. Pasou o tempo, e as cousas
viñeron ao seu, i un bo día, o cura, mentres resaba
co seu libro aberto, baixo as ponlas dun castiñeiro
que castañas non daba, disiase: ¿e sería cousa do
libro ou cousa miña?.
24
NUTRICIÓN: CONSEJOS BÁSICOS PARA
PACIENTES CON CÁNCER
p/ Dra. Castiñeira.
1. Cuida el ambiente durante la comida
- Come acompañado, en un lugar tranquilo
y alejado de la cocina, en plato de postre y mas-
ticando despacio para favorecer la digestión.
- Evita olores ambientales fuertes mientras
comas y mientras reposas.
-Siéntate a la mesa en una postura que
facilite la ingesta del alimento: espalda recta,
hombros hacia delante, pies firmes y apoyados
en el suelo.
- Emplea ropa holgada que no comprima
el abdomen.
2. Realiza 5-6 comidas ligeras diarias
- Respeta tus gustos y preferencias y sé
creativo en la preparación, presentación, textura y
variedad de los platos.
- Toma los alimentos con mayor aporte
energético en los momentos de más apetito, pre-
feriblemente en el desayuno.
- Flexibiliza los horarios de la ingesta.
3. Bebe alrededor de 6-8 vasos diarios
de agua u otros líquidos
(infusiones, zumos o batidos), a pequeños
sorbos y fuera de las comidas.
-A continuación enumeramos los 4 ingre-
dientes básicos de un batido:
Ingrediente 1, producto lácteo (se puede
sustituir por un suplemento nutricional de consis-
tencia líqui- da): 1 vaso de leche o de yogur líqui-
do desnatado o 2 yogures desnatados o una tarri-
na de queso de Burgos o 2 petit suisse. Se
puede añadir, para engordarlo, 1 cucharada so-
pera de leche en polvo descremada.
Ingrediente 2, pieza de fruta: 1 plátano o 1 man-
zana o 1 pera o 5 fresas o 10 cerezas o 1 melo-
cotón o 3 albaricoques o 3 ciruelas o 2 rodajas de
piña o 2 rodajas de melón.
Ingrediente 3, hidratos de carbono: 2 tostadas o 3
galletas o 2 cucharadas soperas de cereales.
Ingrediente 4, opcional, frutos secos triturados: 1
cucharada sopera de almendras o nueces.
4. Extrema la higiene de la boca
Lávate los dientes y la base de la lengua
tras las comidas con cepillo de cerdas suaves
y dentífrico fluorado.
Emplea un colutorio comercial o natural
(infusión de tomillo o manzanilla o bicarbonato o
sal diluidos en agua) tras el cepillado.
Utiliza crema labial para evitar que se
agrieten los labios.
5. Realiza, si te es posible, actividad
física ligera
Un paseo durante unos 15 minutos, antes
de las comidas, y reposa semisentado, durante
unos 20 minutos, después de la ingesta.
6. Mantén un horario regular y diario
para ir al baño
Si tienes dificultad para la evacuación pue-
des masajear de forma rotatoria el abdomen en el
sentido de las agujas del reloj.
7. Elige alimentos de sabor y olor sua-
ve, textura homogénea y cremosa, consisten-
cia blanda, cocinado sencillo (cocido, hervido,
plancha) y de fácil digestión en momentos de
poco apetito o digestiones pesadas:
25
Hidratos: tostada, galleta, pan, arroz, pasta o
cereales.
Verduras y hortalizas: patata, calabacín, cebo-
lla, ajo y zanahoria cocidas o en crema.
Carne: aves como el pollo, pavo o conejo.
Pescado blanco: merluza, lenguado, mero,
gallo, rape, besugo, rodaballo o congrio.
Queso fresco o blanco magro, requesón, hue-
vo cocido o en tortilla francesa o en revuelto, be-
chamel.
Postres: yogur, flan, natillas, cuajada, helado,
batido o sorbete, fruta en almíbar o compota
(manzana y pera), plátano.
8. Evita los lugares donde se cocina, la
comida de olor fuerte, los irritantes, el tabaco
y el alcohol que secan la boca y alteran el
gusto de los alimentos. Reduce, si tienes difi-
cultad para comer o saciedad precoz, el con-
sumo de:
Verduras de hoja verde como el repollo y
las coles.
Carne roja, evita las partes muy grasas
de la ternera o el cerdo como el tocino, vísceras
y embutidos, prefiriendo el consumo de partes
magras, como el solomillo, chuleta, costillas y
lomo.
Pescado azul: salmón, trucha, atún, sardi-
na que, aunque son alimentos ricos en ácidos
omega 3 con propiedades antitumorales, su di-
gestión puede resultar pesada.
Los alimentos muy calientes o muy fríos,
los picantes y las salsas.
El exceso de grasa o sebo, los rebozados
y los alimentos en conserva, ahumados o en sa-
lazón.
9. Pésate todas las semanas al levan-
tarte por la mañana. Si adelgazas, valora cuál
es la causa y coméntalo con tu médico. Posi-
bles causas:
Menor aporte de alimentos por: pérdida de
apetito, malas digestiones o por otro problema
(ansiedad, depresión, dolor, insomnio, "miedo" a
comer).
Mayores pérdidas por: diarrea, vómitos, sudo-
ración, fístula.
10. Si tu médico te prescribe un suple-
mento nutricional recuerda que habitualmente
es un complemento o apoyo a tu comida y no
un sustituto:
Por ello, debes tomarlo a pequeños sor-
bos a media mañana, media tarde y/o antes de
acostarte, separado del desayuno, comida y ce-
na. Puedes mezclarlo con otros alimentos.
26
AS ÚLTIMAS PALABRAS DE HOMES CÉLEBRES
p/ Marcelino García Lariño
“Pater, in manus tuas commendo spiritum
meum”. “¡Meu Pai! Nas túas mans entrego o
meu espírito”. Et haec di cens, spiravit. E en di-
cindo isto, morreu. (Lucas 23, 46). Estas foron as
últimas palabras do mellor home que houbo no
mundo, Xesús de Nazaret, o fillo de Deus.
Outros dos grandes homes da antigüida-
de foi o celebérrimo Xulio César, emperador e
xefe supremo do antigo Imperio Romano, asasi-
nado nas idus de marzo (15 de marzo do 44). Os
conxurados decidiran matalo cando se dirixía ó
Senado e, ó entrar, abalanzáronse riba del. Ó
principio o César aínda se defendeu; pero cando
viu brandir o puñal de Bruto, que era o seu pro-
texido, sobre a súa cabeza, cubriuna coa toga e
exclamou: “Tu quoque, filli mi”. “¡Ti tamén, meu
fillo!”, e atravesado por trinta e cinco puñaladas
caeu ós pés da estatua de Pompeio.
Pero tamén houbo outras persoas, non
tan afamados nin celebradas coma os dous
egrexios persoeiros que acabamos de citar, que
viviron e conviviron connosco; homes e mulleres
coma nós, das nosas vilas, aldeas, parroquias e
lugares, que todos chegamos a coñecelos e a
falarlles e a saudalos nas rúas, que a súas derra-
deiras verbas cando deixaron este mundo, foron
igualmente moi sonadas, moi populares e tan
famosas que aínda hoxe se relembran, se co-
mentan, se contan e se avalían como se mere-
cen. Velaquí un feixe delas:
Cando o finadiño do señor Pepe da Abe-
sada, do que xa escribín en outra ocasión, se
puxo amaladiño, chamaron ó señor abade para
que o preparase para o viaxiño e lle fixese a re-
comendación da alma. Este, vendo que o falece-
mento estaba a caer, e co gallo de tranquilizar ó
esmorrente, díxolle: “Vostede, señor Xosé, vaia
tranquilo para o outro mundo que, por ser o me-
llor home e o mellor fregués que tiven na parro-
quia, vai dereitiño para o Ceo onde xa o están
esperando os anxos”.E o coitadiño, que xa a pe-
nas alentaba, con grande esforzo contestoulle:
“Así e todo, señor cura, non lle hai como a casa
de cada un”. E no intre finou.
O señor Pedro de Anselma, o que tiña a
casa ó pé da toxeira do Ruso, que xa estaba
dando as boqueadas, co testamento feito e cos
familiares e veciños axeonllados na alcoba re-
zándolle as ladaíñas dos mortos, escoitouse un
orneo case imperceptible do que ninguén fixo
caso non sendo o agoniante, ó que todos os pre-
sentes coidaban que xa había horas que non vía
nin oía nin falaba, que se remexeu para cun fiíño
de voz que lle quedaba poder falar as últimas
verbas que pronunciou nesta puñetera vida:”Non
vos esquezades de darlle de comer ó burro”.
A señora Obdulia, que todo mundo tiña
por muller pura, casta e recatada como unha in-
maculada, cando despois duna longa e penosa
enfermidade decatouse que lle chegara a hora
de liscarse para o outro barrio, chamou polo seu
Narciso bo e santo -como o nomeaba ela - para
despedirse e confesarlle un segredo que nunca
tivera o valor de contarlle, e dese xeito deixar o
marido tranquilo, acougado e sabedor dese cala-
do misterio que nunca lle revelara. “Narcisiño bo
e santo, voume pero quedo deixarte coa con-
ciencia tranquila como eu a levo. ¿Sabes cantos
fillos temos?” “Como non hei saber, miña Obdu-
27
lia. Temos cinco: Narcisiño, Xoseíño, Pepitiña,
Ramonciño e Obduliña”. “ Pois un non é teu”
“¿Cal deles?” “¡Adivíñao! E ficou morta.
En cas de Anselmiño o Pouseiro, debedo-
res e acredores agardaban a que este a pateara.
Xa había horas que o moribundo estaba turrando
polo alento loitando entre a vida e a morte; e esta,
desgraciadamente, estaba xa nun tris de caer.
Neste transo do pasamento, ningún dos alí pre-
sentes na alcoba estaba atento a outra cousa que
non fora o cadro de dor que tiñan diante dos
ollos. Na cociña uns netiños do patrucio que de
seguidiña ía renderlle contas a El Señor escoita-
ban, na radio, un partido de fútbol co volume moi
baixiño. Inesperadamente o que agonizaba esti-
rou o pescozo e cun falariño que a penas se lle
oía e entendía, preguntou: “¿Cómo vai ese parti-
do?” E como ós que están como o señor Anselmi-
ño franqueando o limiar do alén non se lle pode
mentir, dixérenllo a verdade: “¡Perde o Celta!” “¡Ai
que desgracia!” retrucou. E estirou a pata.
Cando finou o señor Ramón de María, que
era trobador (máis detalles deste pasamento
deino no “Velorio do Poeta”), levaba xa o finadiño
máis de oito horas morto dentro do ataúde, e es-
tando en pleno velorio, aquela noite, coa casa
chea de xente rezándolle unhas ladaíñas, supeta-
mente o morto deu un pulo e sentouse no cada-
leito mirando para a súa muller á que lle dixo: Sa-
ca ese luto, morena,/ que con él me apena el ver-
te./ Compañera de mi vida,/ guárdalo para mi
muerte-/E caeu para atrás finando ó mesmo tem-
po que a poesía.
E don Eustaquio que finou o pobre de re-
pente pero de repente de todo, por mor dun infar-
to de miocardio ou de tuyocardio que non estou
moi seguro agora de cómo dicía a súa dona, que,
por certo, non se cansaba a pobre de laiarse no
velorio de que o seu Eustaquiño tiña que estar no
Ceo porque finara cunha xaculatoria na boca. E ó
preguntarlle o señor abade, cando viñera a bo-
tarlle un responso, que clase de xaculatoria fora a
que dixera ó marido, ela, moi chorosa e anguria-
da, (a cousa tampouco era para menos), respon-
deulle que ó darlle esa dor tan forte que non foi
quen de aguantala, botou as mans ó peito e dixo
“¡Ostiá, que morro!”. E morreu. (Don Eustaquio
sempre fora home de palabra).
O señor Fransuán, que non era francés
aínda que polo nome o asemelle, senón de aquí
do lugar de Alivía, e chamábase Caetano
(Caetano dos Re-
mixios, para ser
máis exactos), se
ben todo mundo
lle chamaba
Fransuán motiva-
do a que de moi
novo marchara
polo mundo
adiante e que-
douse en Francia
onde se dedicou
á farándula, non
sei se era titiriteiro, equilibrista ou saltimbanqui,
pero si que toda súa vida levouna de comediante
onde, segundo din, chegou a ser un artista moi
sonado. Xa de vello, e cansado, arribou ó seu
lugar de nacemento. E cando ó señor Fransuán
lle chegou a hora, como lle chega a todo mundo
sexa artista ou
artesán, de
liscarse para o
alén, e atopán-
dose no leito
arrodeado de
tódolos seus
na agarda de
recollerlle o
seu derradeiro
suspiro, este
home que per-
correra os
grandes esce-
narios dos me-
llores teatros
de Francia e
Europa dando
o dobre, triple,
cuádruple, quíntuplo e séxtuplo salto mortal, a
disporse a dar o que o levaría dende este teatro
que é a vida ata á eternidade, arrexuntou folgos
de onde xa non os tiña para dicirlle: “BAIXADE O
TELÓN QUE SE ACABOU A FARSA”.
28
p/ Pedro Caamaño Lago.
Antes de todo isto, como dixen antes, empregában-
se canoas, e botes polbeiros. As canoas son em-
barcacións, de unha eslora media de unhas 20
cuartas de quilla, equivalentes a uns 4m ;de manga
aproximadamente 1,5m, de puntal sobre 0,70 cm.
alcanzando unha eslora total de 5m. ou máis. Estas
embarcacións eran feitas exclusivamente polos
excelentes e famosos carpinteiros de ribeira da ría
de Muros, de unha estética, e unha estructura, que
as facían más lixeiras á hora de remar, e máis se-
guras á hora de navegar en vela. A partir de esa
acertada construción, denomináronse “Canoas”.
Hai quen se empeña en chamarlle bucetas, (pode
que en outras rías sexa así), pero os mesmos car-
pinteiros acreditan que os de Muros non pedían
bucetas, pedían canoas.
Esta é unha pequena canoa, a cal aparellamos
con esta vela de relinga, intentando semellar ás
canoas das que estamos a falar.
Tamén eran uns grandes veleadores, segundo ver-
sións deles mesmos, cando se encontraban no
traxecto, ben “trincaban” as escotas para que non
lles adiantaran os demáis, (algún que outro ten
tumbado), unhas veces por exceso de confianza e
outras polas inclemencias do tempo. Había unha
zona moi perigosa que era a comprendida entre
Pedra de Con e a Punta do Queixal, (aí teñen tum-
bado algunha que outra).
As velas tradicionais usada polas canoas de Mu-
ros, eran as denominadas de relinga, se non eran
todas idénticas era porque cada maestrillo usaba o
seu librillo, e modificábanas según a imaxinación
do patrón ou das características da embarcación
en concreto. Uns preparábanas para correr máis en
”bolina” (dicíase cando se navegaba cara o vento)
e outros preparábanas para navegar “en po-
pa”(dicíase cando se navegaba máis a favor do
vento), e outros tíñanas preparadas cos seus ex-
tras para as dúas cousas. Por exemplo, xeralmente
as canoas normales tiñan tres piojas, onde se
apoiaba a base
do pao, cerrada
ata o banco, ex-
cepto pola popa,
por onde se intro-
ducía o pao.
Se partimos de
proa, a primeira é
pao a caída, pao
á de medio, e pao
á candela; sen
embargo, algúns
tíñanlle catro, a
última máis a po-
pa que as demáis, para poñer o pao máis vertical,
(isto servía para cando a brisa era pouca). Neste
caso, os demáis arriaban a vela, e ían a remos.
Estes, poñían o pao na cuarta pioja, (é dicir ,na de
máis a popa), subían a verga canto podían e desta
forma a verga pola parte de popa subía máis que
horizontal. Nunha vela normal quedaría un oco en-
tre a rastreira e a canoa, pero neste caso este gran
veleador tiña un “cuchillo” na rastreira de menor a
maior partindo de proa xeralmente cosido, que nes-
te caso, arriaba para cubrir o oco do que antes fala-
bamos, e así seguir en vela e segundo versión do
mesmo ían a remos moi poucas veces.
Falando con eles destes temas, chegan a emocio-
narse, ¡parece que o están vivindo! Cando vindo do
“profundo” con vento de travesía, arreciando polo
través de babor, ¡na incricada de mar! (dicían eles),
“silbaba” a canoa enriba do golpe de mar. O home
de máis peso, agarrado ó costado de barlovento, e
o máis cativo co chicador lanzando auga fóra sen
tregua, ata quedar exhausto, (como para ter un se-
gundo de despiste o patrón...).
E desta forma, víanse case tódolos días, penden-
tes dun golpe de mar máis ou menos forte que de-
cidira se tiñan que vivir ou non.
¡E que pouco se apreciaban estas cousas!,
¡claro...! víanse tan castigados polas inclemencias
do tempo e pola inseguridade de se ó dia seguinte
comerías ou non que daban pena. Aínda que a
LEMBRANZAS DUN VELLO MARIÑEIRO (IV)
< A CANOA MURADANA >
29
mín, sempre me deron pena aqueles que algún dia
os menosprezaron.
Volvendo á vela, e para definilas un pouco mellor, o
pao era como un metro máis longo que a canoa; a
verga, era coma dous terzos da quilla; a relinga e o
sotavento como a eslora total; o embergue coma
verga, e a rastreira como dous terzos da eslora total.
Tripuladas por tres ou catro pescadores, xeralmente
tres. Nos mellores tempos estas embarcacións, po-
dían pescar de dous a trescentos quilos de lubina,
de merluzas, ou de besugos, (dependendo da épo-
ca do ano pescábase unha especie ou outra). Ainda
sen haber leis escritas, cada pesca tiña a súa épo-
ca, (e bastante estricta), controlada instintivamente
por eles mesmos; en especial na pesca do polbo. O
polbo pescábase todo o ano excepto nos meses de
Xuño e Xullo, que xa daquela sabían que era o tem-
po de desove. Nese tempo adicábanse ó congro e ó
corrican; no verán pescábase os calamares, a lubina
as merluzas e os besugos, e no inverno o ollomol, a
cabala, e o que podías, cando che deixaba o tempo.
Como se pode imaxinar o traballo era moi duro;
saían de Muros ás dúas ou ás tres da mañán, re-
mando tres ou catro horas, excepto cando o vento
era favorable, que” veleaban” (expresábase desta
forma a manobra de izar a vela).
Nas derradeiras horas da tarde, regresaban con ou-
tras tantas horas de remo ou máis, según se lle por-
tara o vento do Leste o Nordeste, e do Norte o No-
roeste. O primeiro era o que lles axudaba na ida e o
que máis os castigaba na volta ó remontala ría, e o
segundo, axudáballe na volta. Dicían,” vámonos que
aí ben a cascarroada”(este é un vento do cuarto
cuadrante, que xeralmente entra a partires do me-
diodía no verán); ou “aproveitemos que aí ven a vi-
rasión”(este tamén é un vento, que con menos in-
tensidade procede do sur ó suroeste).E casi sempre
cargados, entre “pertrechos” e peixes. Cando ían ós
besugos, os pertrechos xa case cargaban a canoa,
levaban un caixón con engado, dúas poutadas, o
calamento de fondear (que daquela era de esparto,
polo tanto encharcábase e pesaba o seu), tres ou
catro remos, o pao, a vela, a verga, as ustajas, a
vara de portar, as cubetas de triturar o engado, as
rebolas, a ronca, e os chismes de pescar. Tendo en
conta que estas embarcacións tiñan un desplaza-
miento de unha tonelada aproximadamente, ás ve-
ces tiñan que tirar o peixe ó mar cando no traxecto
encontraban máis vento do que prevían.
Nestes traxectos a remos organizábanse auténticas
regatas. E para darlle a importancia que merece,
débese explicar a forma de remar nestas canoas de
tres remeiros, empezando a dicir que ningún dos
tres ou catro remos eran iguais; Ó remo de” cou-
se” ( o de popa de estribor) era polo menos unha
cuarta máis longo que o de “carto”, ( este era o remo
de mais á proa de babor) e o de “medio” como me-
dia cuarta mais pequeno que o de carto. Desta for-
ma, o remo de couse situado máis á popa que os
outros, aguantaba a forza de arrancada dos outros
dous, e ó mesmo
tempo, facía de
timón guiando a
embarcación. Se
o remeiro de po-
pa era forte sen-
tábase máis ó
medio e trincaba
menos o couse,
( esto quere dicir
que exercía me-
nos de timón, ) e
así camiñaba
máis a canoa, e
si había catro o de “través” (ou de proa de estribor),
era máis pequeno que os demais, e axudaba o remo
de couse; e despois de semellante esforzo, a presu-
mir de bos remeiros e de mellor canoa; os da virxe,
reuníanse no “plantío”, os da xesta e os da calle an-
cha, pola maña no quiosco de “Marcote”, e pola tar-
de debaixo dos soportais do “Coxo”, e os da cerca,
debaixo dos soportais da rambla da “jocha”; E sen
tregua, preparando as cousas para o día seguinte
case sen descansar. Non é de estrañar que no ano
51, cando por primeira vez en Muros se acordou
regatear coas traíñas (daquela aínda de madeira)
estas regatas organizábaas o concello de Corcubión
nas súas festas, e como os de Muros tiñan fama de
bos remeiros, (porque gañaban tódalas regatas de
canoas organizadas na ria de Muros), os de Corcu-
bión quixeron probalos nas traíñas, e cousa fixeron,
porque na primeira regata, non lle fixeron “tensa”, e
na segunda ó ano seguinte, (e según eles), unha
gamela levoulles arrastro a boia cando ían gañar
con máis diferencia, aínda que con bo criterio, dé-
ronlle o premio igual. Así que gañaron as dúas nas
que participaron.Logo foron invitados á Coruña, pero
por problemas do traballo non foron.
Nos entrenamentos, esperaban polas bakas. Man-
dábanlle abrir máquina, e, encanto non lle viraban
pola proa non estaban preparados para gañar. Nos
entrenamentos tiveron que descartar algúns dos
compañeiros, porque rompían tódolos “toletes”, pu-
xéronllos de ferro e arrancaban as “talameiras”. Por
exemplo, o señor Antonio de Tóquenes, tivérono
que descartar por que o rompía todo, e a algúns
30
máis, como o señor Antonio de Antonan, puxéronlle
toletes de ferro. E así foron combinando forza e pe-
so, para terminar a regata con garantía.
Esa foi a primeira vez que Muros gañou a regata de
traíñas. Non era coma hoxe que van acadando pun-
tos, cada regata era individual, nin que dicir ten que
foi unha gran festa; hai moitas anécdotas a cerca
desta regata, pero estou seguro que serian moito
máis interesantes contadas por eles mesmos. Hoxe
aínda hai homes que participaron en aquelas rega-
tas, como Manuel de Bacho, Manolo de Fisterra, e
“non hai máis”. Se tendes oportunidade aconséllo-
vos que faledes con eles destes temas, por que hai
anécdotas de toda clase.
Nesta foto, pódense ver os artífices desta
proeza, que en realidade son tamén parte dos
protagonistas de todo este relato.
Empezando pola esquerda e de pé,: os señores
Pepe de Louro, Juan Manuel, Antonio do Coxo,
Juanito de Salustiana, (este era o remo de popa,
polo tanto o que marcaba o ritmo das paladas),
Ricardo do Ricardón, Alonso do Majacho, (este
era o de proa, polo tanto o da pica), Manuel de
Bache, e empezando tamén pola esquerda e de
rodillas, Manolo do Ricardon, Patricio o Cara-
més, Manolo de Fisterra, Pedro de Cabaceira,
(meu pai, que era o patrón), Juan do Caxón, e
Juanito do Maio Majaio.
Preséntoos cos alcumes familiares, porque e máis
doado recoñecelos, en todo caso sempre co máxi-
mo respeto. Polo traballo que desenrolaban, estes
homes debían ser autenticas correas de aceiro.
A pesar de todo, cando tiñan que ir ós caladeiros de
pesca máis lonxanos como eran o “profundo” ou
“mar da ola”. Cito estes dous porque se trazamos
unha líña de un para o outro, xeralmente nas ca-
noas, nunca a sobrepasaban. O primero situado a
unhas doce millas, o rumbo NW cuarta a W de Pe-
dra de Con, e o segundo a unhas sete e media, o
rumbo WSW tamén de Pedra de Con ,
“aproximadamente”. Deixaban un día ou dous de
descanso antes de volver, porque entre que se co-
mía mal e semellante esforzo, a cousa non se lle
poñía nada ven que digamos.
Polo tanto, hai que dicir que os mares máis frecuen-
tados polas canoas muradanas, eran os da famosa
“corredura”, (esta zona chamámoslle nós, a com-
prendida entre Montelouro e Fisterra.) Nestes tem-
pos, nesa zona xa case non se pode pescar ó cor-
del, por que está sempre cargada de toda clase de
aparellos de pesca, dende toda clase de nasas, ata
toda clase de redes, palangres etc. O peixe que se
mova está perdido, tanto de día como de noite. Non
sei como tanto rexenera esta nosa costa. Tamén se
frecuentaba a zona desde Baia ás Basoñas, pero
menos.
Tamén se debe resaltar a capacidade, de preve-lo
tempo, tendo en conta que, nunhas embarcacións
tan pequenas e con temporales tan fortes como se
soían coller en todos aqueles anos. Tiñan que ser
moi cautos á hora de decidir sair o mar. Cando os
patróns descon-
fiaban do tem-
po, antes de
saír para o mar,
reuníanse de-
trás do quiosco
de Marcote, e
escoitábase
dicir ós vellos:
“Hoxe temos
nordeste que
ferrepea” Os
rapaces non
sabiamos o que era, ata que nos dimos conta que
por encima de Tal, saían unhas nubes de cor escura
que rapidamente se disolvían.A rapidez en disolver-
se significaba a intensidade do vento. Sen embargo
este vento non era moi perigoso, salvo cando era
esaxerado. Era máis a ter en conta cando en in-
verno, reunidos en tertulia debaixo dos soportais
escoitabas: “Mañán non sei si sairemos” ¿e ló? Ho-
me mira para o “semblante” (dirección en que corren
as nubes impulsadas polo vento) Noroeste no se-
rán, vendaval pola mañán” (e nesta nosa costa o
vendabal e sinónimo de descanso forzoso.) Ou
“gaivotas na riveira, mariñeiros á merda” ou “Luna
deitada, mariñeiro en pé” E tamén cando corrían as
nubes e non había vento dicían“ De onde ven a bu-
rra, ten que vir o arrieiro” E cando no verán chovía
como de borraxeira, dicían. “Bichochia, Norte cría”.
E xeralmente non fallaba. Por iso a estes vellos
pescadores débeselles escoitar con atención, xa
que sempre se aprenden cousas moi positivas, que
non recollen as novas tecnoloxías.
31
NOVAS DE ONTE p/ Manuel Lago Álvarez
Depósitos de carbón: Asegurase con
insistencia, de que pronto se establecerán en
nuestra espaciosa bahía, varios depósitos de
carbón para abastecer a los muchos vapores
que frecuentemente cruzan esta parte del
océano. Dadas las buenas condiciones de se-
guridad que nuestra incomparable ría ofrece a
los navegantes, no vacilamos en asegurar un
buen resultado a esta nueva y tan deseada
industria. (LA. Enero-1910).
Planos de población: Varios propieta-
rios de la calle de la Marina, desean sustituir
cuanto antes las flamencas fachadas de sus
casas por otras más en armonía con el progre-
so de los tiempos y las exigencias modernas
pero… aseguran formalmente no pueden reali-
zarse sus deseos, dotando al pueblo de boni-
tos edificios en vez de casas antiquísimas, del
tiempo de María-Castaña, por no tener línea
para obrar por falta de plano. ¿es esto cierto?.
Si lo es, ¿por qué no se ordena levantarlo
cuanto antes?. (LA. Enero-1910).
Nuevo consultorio: el 15 del pasado se
inauguró en la villa de Tábara, provincia de
Zamora, un consultorio Médico-quirúrgico,
dirigido por los galenos Don Armindo Artaza y
Malvarez y don Maximiliano Pérez. Nuestra
felicitación cordial a ambos, pero muy espe-
cialmente a nuestro querido paisano don Ar-
mindo. (LA. Enero-1910).
El parto de los montes: Parece serlo, la
resolución a la alzada pidiendo la nulidad de
las elecciones municipales de Esteiro, que por
varias veces trató la Comisión Provincial de
resolver, y otras tantas tuvo que dejarlas por
irresolutas, debido a los encontrados vientos
que soplan de distintos puntos del campo
monterista y que prometen dar juego en ese
asunto. (LA. Enero-1910).
Fallecimientos: Recibieron cristiana sepul-
tura en la Necrópolis de esta villa, Doña María
Bermúdez, viuda de don Peregrino Vaamonde
y la joven Dolores Rey Romero. Descansen en
paz¡. (LA. Enero-1910).
Denuncias: algunos individuos se entretie-
nen en denunciar a varios socios de la Liga de
Amigos, con el santo objeto de molestarles.
No se olviden de aquello de que: el que tiene
de vidrio su tejado no debe tirar piedras al de
su vecino, porque se quedaría sin un vidrio
entero en el suyo, y por hoy no decimos más,
que no se olviden de lo dicho. (LA. Enero-
1910).
32
CAMPIO PIÑEIRO:
As instantáneas de Campio son a demostración
de que non fai falta ter unha gran cámara para
facer grandes fotos. Armado con só un teléfono
móvil que incorpora uns sinxelos cinco megapi-
xeles de resolución, é quen de recoller con nota-
ble maestría o seu día a día.
Campio e unha persoa de alta estatura e de al-
tos sentimentos. As súas fotos así o refrexan. As
que amosamos neste número de TMT, están
sacadas dende o alto; dende a atalaia privilexia-
da que ocupa o seu fogar en Muros, dende onde
se otean unas fermosas vistas da contorna da
Vila. Fotos da bahía, do solpor, do amencer,
sacadas dende a distancia, conforman unha vi-
sión acertada e sinxela da natureza que o rodea
Os nosos fotograf@s
33
34
Textos: Don Ramón de Artaza Malvarez
Fotografías: Esteban Lago Martínez
Xokas Figueiras
CRUCERO DE BAÑO. En el lugar de Baño, Se-
rres, alzase un hermoso Crucero por su trabajo y
su antigüedad.
La Cruz esta primorosamente tallada, terminando
florezada en
sus extremos;
es octogonal y
delineada her-
mosamente.
De un lado
ostenta la
imagen del
Redentor y de
la otra la Vir-
gen del Car-
men con el
Niño en bra-
zos y extendi-
dos a lo largo
de los brazos
de la Cruz,
dos ángeles
que sostienen
una corona
real cerrada
sobre la cabe-
za de la Vir-
gen. El fuste
es cilíndrico y
extendidos a
lo largo de el,
tallados, los
atributos de la Pasión en relieve. El capitel muy
bello, ostenta en tres de sus lados cabezas ala-
das de ángeles y en la del frente y a los pies del
Cristo, una calavera y dos tibias cruzadas Es pro-
lijo en follajes, molduras y florones de delicada
talla.
La imagen de la Virgen descansa sobre la cabeza
de un ángel a modo de ménsula. La basa es cua-
drada sobre dos escalones. El conjunto, de for-
mas bellas y de relativo merito en sus adornos,
da idea de que se procuró dejar a la veneración,
un Crucero que llamase la atención, si bien lo es-
condido y apartado del lugar en que lo situaron
no sea para ello a propósito.
EL DE VALDEGERIA. En el lugar de su nombre,
parroquia de Serres, alzase una Cruz, sin imáge-
nes, octogonal; el capitel cuadrado y el fuste tam-
bién octogonal, todo ello sobre una piedra circu-
lar.
CRUCEROS DE LA PARROQUIA
DE ABELLEIRA
EL CRUCERO DE PRIEGUE. En el lugar de su
nombre, al lado S.E. de la iglesia parroquial, fuera
Cruceros de Muros (V)
35
del atrio, alza-
se un Crucero
de fuste octo-
gonal, capitel y
basa cuadra-
da. La cruz es
cilíndrica con
puntos salien-
tes a modo de
espinas o nu-
dos. En ella la
imagen del
Señor. Se
asienta sobre
dos escalones
cuadrados.
CRUCERO DEL LUGAR DE ABELLEIRA. En dicho
lugar alzase un Crucero de fuste cilíndrico, capitel a
cuadros y círculos, basa cuadrada con molduras
sobre cinco filas de escalones. Cruz octogonal flo-
renzada. A un lado, sobre una ménsula, la imagen
de una Virgen con los brazos cruzados, al otro lado
la del Redentor con las iniciales I. N. R. I. Está situa-
do a un lado del camino del citado lugar.
UNA HORNACINA. Sobre la puerta principal de la
parroquial de Abelleira y sobre la cornisa que corre
a lo largo de la fachada, destacase la imagen de
San Esteban, patrón de la parroquia en piedra, re-
vestido de dalmática, estola, etc., de unos cincuenta
centímetros de alto.
CRUCEROS DE LAS PARROQUIAS DE TAL Y DE
ESTEIRO
Al frente de la iglesia parroquial de SANTIAGO DE
TAL, fuera del atrio, alzase un Crucero de piedra de
fuste octogonal, capitel con cuatro esquinas, con
molduras en forma de concha y en las partes me-
dias cuatro cabezas de ángeles alados. La basa
cuadrangular sobre tres escalones, en cuyos dos
más altos, se asienta una mesa de piedra. En un
lado de la cruz, que es espinosa y cilíndrica, apare-
ce la imagen del Salvador y por el otro lado la de la
Dolorosa sobre una ménsula que forma una cabeza
de ángel. Tiene al pie la inscripción siguiente:
<Siendo cura D. Francisco Bousas. Año de 1869>.
EN EL LUGAR DE SOLLEIROS. En Estei-
ro, lugar citado, en el recodo que a modo de
plazoleta forman unas casas, alzase sobre
un bloque de piedra un Crucero de gran an-
tigüedad, pues ostenta grabada en la mitad
de su fuste la fecha 1580; es de forma cilín-
drica, capitel cuadrado. La cruz es octogo-
nal, muy gruesa, cuadrada en sus extremos.
Tiene la imagen de Jesús por un lado y por
el otro la de la Virgen, estando modelados
en la misma piedra que la cruz, siendo todo
ello de una pieza. La Virgen descansa sobre
una ménsula.
36
p/ Jorge Lago de Pexejo,
Vou a contar unha das cousas que pasan cando
un vive nun país donde a fala e as costumbres
son diferentes as nosas. Esto pasoume a min.
Recién chegado o pobo donde resido actualmen-
te, xa fai uns trinta e tres anos, doume por coller
clases de piano con unha profesora local e a pe-
sar de que eu non era particularmente moi listo
cas teclas eso non impideu que se establecera
unha amistade con ela que ainda dura hoxe.
Un día, a tal mestra invitoume a un ´´wake´´. O
meu inglés por aquel entonces era bastante acep-
table pero a palabra wake non me resultaba fami-
liar e pregunteille de que se trataba e ela díxome
que era como un homenaxe ou un ´´party´´ en ho-
nor a alguén, en este caso, o seu marido.
A min a palabra party sonoume lamar de ben e
cando cheguei a casa díxenlle a miña muller que
estávamos invitados a un ´´cocktail party´´ e que
debíamos de ir.
Puxémonos todos guapos, compramos unha bo-
tella de champán de boa marca para causar boa
impresión e alá fomos.
Cando chegamos xa había moita xente, recibeu-
nos a miña profesora vestida como para un
´´cocktail party´´, presentounos o resto dos co-
mensales, falamos e reímonos dos chistes que se
contaban e hasta me fixo tocar a miña peza favo-
rita en honor o seu marido o cual non vimos en
toda a noite. Como eu non son moi preguntón, o
detalle da ausencia do marido pasóuseme.
O caso é que uns días despois topeime con un
dos que estuveran no ´´wake´´, saludámonos e
díxome en castellano; ´´hola, te conocí en el velo-
rio del marido de tu profesora´´, e díxenlle eu; ¿en
qué velorio?
O VELORIO
37
A voz dos nosos poetas
AS CANTIGAS DA
CARRAPUCHA p/ José María García Rodríguez
Miña carrapucheiriña,
tua trenza é amarela,
coma os gallos das mimosas
coas frores na primaveira.
Miña carrapucheiriña,
meu amor non e lixeiro,
coma o do abellón coas rosas
ou da chuvia cos loureiros.
Miña carrapucheiriña,
meu amor non se pregoa,
vai no meu peito gardado,
coma en arca roupa nova.
Miña carrapucheiriña,
meu amor non e tambor,
meu amor e caladiho
que calado e mais millor.
Miña carrapucheiriña,
teho un segredo no peito,
a ninguen vou a dicilo,
pra que nono leve o vento.
Miña carrapucheiriña,
daquil mosteiriño e freira,
inda que non sai a rúa
acéname da fiestra.
Miña carrapucheiriña,
cando as cunchas che toquei
foi naquila corredoira,
que sabemos ti e mais eu.
Badaladas de papel.
O ceo, moi de mañá,
anticipa o baptisterio;
sombra chinesa no chan,
repenica o sacristán
por conta do presbiterio.
¿Quen ignora unha campá,
resistente ao cativerio?
Persegue o meniño, en serio,
cos cinco dedos da man,
apalpar o seu misterio.
A maxia foi flor dun día,
sen implantes de pincel,
recendos de melodía,
solfas de marquetaría,
badaladas de papel.
http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/
38
As tallas da parroquial de Muros P/Manuel Lago Alvarez
No altar maior da parroquial de Muros, e rodean-
do a imaxe gótica de Santa María do Campo, hai
un conxunto de catro releves con motivos da vida
de Cristo. As catro pezas, presentan diferentes
tamaños. As tres mais grandes miden 127x76 cm,
mentres que a pequena 112x80 cm. As tallas re-
presentan catro esceas da vida de Cristo: A Ado-
ración dos Pastores, A Adoración dos Magos, A
Presentación no templo, e Cristo ante os Douto-
res. As tallas propiamente ditas están rodeadas
por marcos de madeira iguais en grupos de dous,
co mesmo tratamento pictórico de estarcido ma-
rrón. O estarcido non e unha práctica habitual pa-
ra pintar marcos xa que e un procedemento de
calco que consiste en debuxar unha figura que se
quer reproducir en un papel groso, furando o seu
contorno con furadiños finos moi cercanos entre
si, e golpeando logo coa bolsiña que contén o pó-
pintura, lógrase o efecto. Puxera que o autor pre-
tendera lograr coa técnica do estarcido, que os
marcos de madeira tivesen o que hoxe en día
chamamos o efecto <martelé>.
As tallas están realizadas en madeira, sendo difí-
cil identificar de que tipo, pero de seguro que non
foi precisamente unha madeira nobre e dura xa
que os xilófagos actuaron con ganas. A madeira,
logo foi estucada e policromada. As zonas con
ouro recibiron un tratamento diferente, xa que so-
bre o estucado aplicouse unha capa de bol roxo e
sobre este e as laminas de ouro.
As pezas foron restauradas no ano 2001, xa que
o seu estado era moi malo. Presentaban desca-
macions case xeralizadas na totalidade das poli-
cromías, así coma perdas de material (escamas)
importantes, que nalgún dos releves acadaban
zoas moi amplas. Pola parte traseira todas pre-
sentaban un recubrimento de tablóns que unha
vez separados, deixaron a vista a parte traseira
orixinal, cas madeiras policromadas en verde e
unidas por chuletas. Unha das tallas presenta un-
ha inscrición a lapis que di: "Fueron restauradas
en 1925 en Santiago po J. Otero", esta inscrición
confirma que as tallas non presentan unha poli-
cromía orixinal, senón que están completamente
repintadas e tratadas neste momento de 1925.
Os marcos, deben ser desta época, así coma o
repinte e os tratamentos de consolidación da par-
te posterior que presentaban dous dos releves,
que tiñan unha espesa capa de xeso cubrindo a
case totalidade da obra recheando as zonas des-
aparecidas pola extensa actividade dos xilófagos.
As pezas tamén se atopaban moi deterioradas
pola antiga actividade dos xilófagos, hoxe extinta,
pero que no seu dia provocaron a perda de con-
sistencia mecánica nun grao moi considerable.
39
A día de hoxe, as tallas parecen ben conservadas.
A ubicación actual e a apropiada; a parede este do
presbiterio e a que menos humidade concentra, e
o sistema de suxeición axuda a que a parte trasei-
ra dos cadros non estea en contacto directo coa
pedra.
40
COLABORA:
CONCELLO DE MUROS
Recommended