TOPONIMIA DE RIANXO
Iago Fernández Prol
1ºBAC-A
Esquema1ºQue é a toponimia?
2ºAraño
3ºAsados
4ºIsorna
5ºLeiro
6ºRianxo
7ºTaragoña
8ºConclusión
9ºFontes
Que é a toponimia?A toponimia é a rama da onomástica (rama da lexicoloxía que estuda
os nomes propios) que estuda os topónimos, é dicir, os nomes propios de lugar, o orixe e a súa evolución.
ArañoO Araño é unha parroquia que se atopa no norte do
concello de Rianxo. No 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres). Atópase dividido en 25 entidades de poboación:
-Agro da Moa -O Batán -Buía -Campelo
-Cantalarrana -A Capela -O Carballal -A Casilla
-Cerqueiras -Contrés -A Ermida -A Ferrería
-Foxacos -Lemos -Miráns -Outeiro
-A Pontenova -Pousada -Rabado -Toural
-Traba -Varela -O Vilar -Xens
-Xufreus
Agro da moaRefírese a unha localidade que naceu nun agro que estaría nunha elevación semellante á forma dunha moa ou onde existía unha mámoa (monumento megalítico).
BuíaUn nome prerromano, significa lugar enchoupado, onde estanca auga.
CantalarranaNome castelanizado, fai referenza a un lugar onde había moitas rás.
Foxacos As Miráns O RabadoParece que ten que ver con foxo, que significa depresión do terreo.
Pode provir da familia de mirar, ou da familia Miranda,Mirador,Miramar,...
Provén do rapum latino,que significa nabo e que en galego deu tamén lugar a rabo, polo que podería tratarse dun lugar con moitos nabos ou un significado metafórico coa palabra rabo.
O Xens Os XufreusDise que é un falso corte por Oxén,logo mal pluralizado.
Pode referirse a un lugar onde había moita xente de Xufres, en Porto do Son.
Montes-Muralla-Treito-Monte do Couto-Alto do Salto Ladrón-Pedra Cabalada-Castro Foxacos
Ríos-Rego do Treito-Rego do Muíño do Conde/Río Cubelas-Rego de Batán / Rego de Pousada/ Rego de Contrés
Lenda de Pozo BastónA lenda conta que un mouro se achegou a un mozo do Araño que estaba que estaba facendo o
servizo militar en África e lle preguntou de onde era. Ó responderlle que do Araño, o mouro propúxolle un trato, o que el desesaxe a cambio de rescatar a súas fillas; o soldado aceptou e o mouro deulle tres bolos de pan que tiña que tirar no Pozo Bastón.
Cando voltou, pasou primeiro pola casa, e, nun descoido, a súa muller comeu unha rebanda dun deles, pero aínda que o soldado a reprendeu, o mal estaba feito.
Ó chegar ó Pozo Bastón, botou un dos bolos e saíu unha moza dunha fermosura impresionante e o mesmo aconteceu co segundo bolo; pero co terceiro, o que cortara a muller, a moza que debería saír estaba sen unha perna e non podía por si mesma e, ó intentar axudala as dúas irmás, caeron canda ela, polo que aínda seguen alí entre os cachóns de auga batida.
Ortofoto0120A-0208
1ºCova da besta
2ºGatañeira
3ºCascalleiras
4ºVeiga da Fonte
5ºFrancuín
6ºMaxide
7ºRevoltiña
8ºAsinal
9ºXesteira
Ortofoto0120A-0207
1ºVeiga de Traba 12ºEsqueiro
2ºMangarela 13ºRedondo
3ºAgro de Chenlo 14ºCuntín
4ºO Castriño 15ºCuncatro/Curcusa
5ºPardiñas 16ºChancas
6ºPozo das Nébodas 17ºNoaidos
7ºLabuseiros 18ºO Carballo
8ºLamosas 19ºCubelos/Escubelas
9ºBergando/Vergando20ºA Balada
10ºAgros Vellos 21ºAgro do Chuchumelo
11ºO Rosín/O Rocín 22ºChouza/Chousa
AsadosAsados é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Em 2013 contaba con 1.423 habitantes (681 homes e 742 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación (aldeas):-Asadelos -A Atalaia -Burés -A Castiñeiriña
-A Devesa -O Laxido -Lustres -A Mámoa
-A Marquesa -Monte Grande -Outeiro -A Revolta
-Santa Lucía -Somoza -Suigrexa -Vilanustre
-Vilas
AsadelosTen relación con Asados, e a terminación elos indica que se creou máis tarde que Asados, aínda que tamén pode vir do latín arsatum (queimas que se realizan no monte).
AtalaiaPode referirse ó lugar no que existía un edificio onde se colocaba un vixía ou un edificio alto con boa vista.
LustresPode referirse ó nome da persoa que o fundou.
Deriva do latín, do prefixo sub (parte inferior) e o substantivo montia (monte).
O prefixo su en latín significa abaixo, polo tanto ese topónimo refírese a un lugar situado na parte inferior dun lugar onde hai unha igrexa.
Formación a partir do latín Villa co significado de posesión agrícola medieval ou unha vila altomedieval e o nome de persoa que sería o propieterio ou fundador.
Somoza Suigrexa Villanustre
Montes-Pelotiño-Lioira
Ríos-Rego de Burés-Rego do Pazo/Río de Pedre
IsornaIsorna é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rianxo. En 2013 contaba con 666 habitantes (320 homes e 346 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación:
-Isorna
-Quintáns
-Regueiro
-Sestelo
-A Vacariza
IsornaEstá relacionado ou co nome Sextus ou co numeral sextus.
SesteloÉ a suma de dous termos hidronómicos: iso(río nas linguas prerromanas) e orna(co significado parello).
Montes-Quintáns-Monte Cean-Catadoiro
Ríos-Rego da Lagarteira-Rego dos Campiños
LeiroLeiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. No 2013 contaba con 1.019 habitantes (516 mulleres e 503 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación:
-Abuín -Brión -Cabanas -A Igrexa
-Meiquiz -Or -Palleiro -A Pedreira
-Rañó -Rial
AbuínProcede da vila de Avolini,co significado de posesión agrícola medieval ou unha vila altomedieval de Avolinius, quen sería o propietario ou o fundador.
RañóPénsase que é variante de Rañoa, que ten relación con rañar e raña, co cal sería un lugar con vexetación roída ou un prado moi pacido, aínda que tamén podería ser o rápido dun río.
Montes-Monte da Pena-Cabanas
RíosRío da Grenla-Rego de Rial
Lenda da Aldea MalditaNa parroquia de Leiro, en Abuín, dise que se atopa un tesouro entre as pedras e a maleza, aínda que se rumorea que está maldito xa que o suposto feitizo acabou cunha aldea enteira.
Para chegar a esa aldea, é necesario deixar o coche e adentrarse no bosque, onde se poden ver os restos dunha civilización desaparecida. Ó suposto meigallo ten distintas versións sobre a súa orixe, dende o saqueo do mosteiro de Armenteira, un tesouro oculto (hai una versión sobre una familia particular e outra sobre un presunto pobo nórdico) e un cáliz lanzado por un cura que traería desgracias a quen o recollese.
A realidade foi que no século XV, houbo unha plaga de peste na aldea, polo que a rapidez coa que aniquilaba á poboación foi asociada a un castigo diviño.
RianxoRianxo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. En 2013 contaba con 4.856 habitantes (2.418 homes e 2.438 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación:-A Barraca -O Barral -Bispo Araúxo -O Bosque
-A Carballeira -As Cortes -O Cruceiro -O Pazo
-Rianxiño -Rianxo -Xogo dos Bolos
As CortesOrixinalmente significaba calquera lugar pechado, pero agora ten o significado dun habitáculo para o gando.
Ten dúas posibilidades, a primeira é que sexa máis recente que o Rianxo orixinal e a outra é que se atopase nun lugar máis elevado.
Orixinalmente significaba calquera lugar pechado, pero agora ten o significado dun habitáculo para o gando.
Rianxiño Xogo dos Bolos
Montes-Alto do Corniño
Ríos-Rego do Pazo/Río de Pedre
Lenda do Castelo da LúaA lenda di que, nunha das numerosas guerras da época medieval, un señor encarcerou á filla do seu rival derrotado para acadar un maior beneficio da súa vitoria. Ademais de a ela, tamén encarcerou a un soldado que era o namorado da rapaza, que estaba moi ferido. A rapaza coidou todos os días a todas as horas ó seu namorado ata que un día se recuperou.
A condición dos prisioneiros fixo que un dos vixías sentise compaixón por eles e, unha noite de néboa, levounos por un pasadizo segredo que os levou ata o exterior, deixoulles un bote e os namorados marcharon.
Pero co que non contaron foi con que a néboa se iría e os vixías os puidesen ver, lanzáronlles frechas ata que unha rematou coa vida do soldado, polo que a rapaza tirouse ó río canda el.
O día seguinte, os namorados estaban na orilla do río, polo que o señor do castelo enterrounos no seu castelo e dise que a todas as noites, os raios da lúa iluminan as sepulturas dos namorados.
TaragoñaTaragoña é unha parroquia situada ao norte do concello de Rianxo. No 2013 contaba con 2.252 habitantes (1.174 mulleres e 1.078 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación:-A Burata -O Burato -O Campo da Feira -Campo de Pazos-Cartomil -O Castriño -Chorente -Corques-A Coviña -O Cruceiro -A Cruz -Cuvide-Dorna -Fachán -Fonte Susán -A Igrexa-Iñobre -A Laxe -Monte de Dorna -Moroso-Ourille -Ourolo -Outeiro -Paradela-Pastoriza -Pedriñas -A Senra -Té
CartomilDeriva da vila Cartemiri, é dicir, vila de Cartemiro.
Dorna
Chorente
Fachán
Corques
Fonte Susán
Posiblemente o termo se formase a partir de Florente, fundador de Florentius.
Variante de corcos (palabra empregada en Asturias e Cantabria) co significado de carballo.
Crese que antes chegaba alí o mar e era onde se sacaban as dornas e poñían as redes a secar.
Crese que é variante de Fachal (co significado de abundancial).
Fai referenza a unha fonte situada nun lugar moi elevado, xa que susa significa arriba.
Iñobre Monte de dorna OuroloO sufixo bre significa fortificación, mentres que iño crese que ten que ver coa hidronimia.
Monte que separa Dorna e a praia. Our crese que significa curso da auga.
OurillePode vir de vila Aurilius, co significado de posesión agrícola medieval de Aurilius, quen podería ser o propietario ou o fundador. Outra opción é que veña de or (curso do río) e aurus (ouro).
Montes-Monte Freire-Pedride-Corneta-O Cotón-Outeiro Cerqueiro-Castro Barbudo
Ríos-Rego dos Muíños-Rego do Floxo
ConclusiónPodemos dicir que o concello de Rianxo
ten unha variedade toponímica moi rica, ademais de unhas lendas moi coñecidas en toda Galiza que nos outorgan unha calidade cultural que nos diferenza do resto de Galiza.
FontesLibro “Lendas Galegas de tradición oral”
Libro “Las leyendas tradicionales gallegas”
http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=45&id=1551
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/10/19/0003_7237356.htm
http://www.rianxofala.com/
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html
https://www.cnig.es/
http://www.xunta.es/nomenclator