Torre de Babel / Meteora
Ana Hermida Ruibal
O establecemento dos repertorios culturais e literarios
Doutoramento en Tradución (bienio 2001-2003)
Universidade de Vigo
Torre de Babel
1. Torre de Babel
1.1. Torre de Babel: Localización A «Torre de Babel» é o
nome da construción mencionada no libro do Xénese 11, 1-9.
A súa hipotética localización sería en Xinar (Babilonia, en Oriente Medio), onde os hebreos imaxinan que empezou a vivir o home; de alí viñeron seus antecesores.
1.2. Torre de Babel: Xénese
«Toda a terra falaba unha soa lingua e usaba as mesmas palabras. Ó emigraren os homes desde o oriente, encontráronse nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse alí». (Xénese 11, 1-2).
1.2. Torre de Babel: Xénese «Dixéronse uns ós outros:
—“Imos facer ladrillos e cocelos no lume”. O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento. E nisto propuxeron: —“Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome sonado, para non nos perder pola ancha face da terra”.» (Xénese 11, 3-4).
1.2. Torre de Babel: Xénese «Baixou o Señor para ve-
la cidade e a torre que os homes construían, e pensou: —“Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se empeza facendo isto, ninguén podería privalos desde agora de faceren o que lles veña á cabeza». (Xénese 11, 6).
1.2. Torre de Babel: Xénese
«Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros». (Xénese 11, 6).
1.2. Torre de Babel: Xénese
«O Señor espallounos de alí por toda a terra, e deixaron de construí-la cidade». (Xénese, 11, 8).
1.2. Torre de Babel: Xénese
«A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra». (Xénese, 11, 9).
1.3. Torre de Babel: Mito Segundo nos conta a
sagrada Biblia no Antigo Testamento (Xénese 11, 1-9), os descendentes de Noé, a medida que crecían en número, víronse forzados a vivir cada vez a máis distancia dos seus fogares patriarcais.
1.3. Torre de Babel: Mito
Por iso, intentaron construír unha torre para gabear ata o ceo, o que provocou a ira divina. Como castigo, o propio Iahvé creou a confusión de linguas que existe hoxe en día no mundo.
1.4. Torre de Babel: A tradución
Segundo este mito, antes da Torre de Babel non eran necesarias as traducións.
Meteora
2. Meteora
2.1. Meteora: Localización
Meteora sitúase no centro de Grecia, na provincia de Trikala, a escasos quilómetros da vila de Kalambaka (ou Kalampaka)...
2.1. Meteora: Localización
... ó lado do val de Tesalia, á beira do río Pinios (ou Peneios).
2.2. Meteora: Os rochedos
En Meteora existen, coma se o tempo non pasase, rochedos xigantes que saen impoñentes, case verticais, cada un separado do outro...
2.2. Meteora: Os rochedos
... e que sosteñen, nos seus peñascos, misteriosos mosteiros.
2.2. Meteora: Os rochedos
Preto dun milleiro de altísimas rochas, que ó lonxe semellan un bosque de pedra, xorden fronte a fronte, creando un sentimento de medo e éxtase e convidando á reflexión.
2.2. Meteora: Os rochedos
Meteora significa precisamente «suspendido no aire». Vintecatro mosteiros poboan estes enormes rochedos, como se de niños de aguia se tratasen.
2.2. Meteora: Os rochedos
2.2. Meteora: Os rochedos
2.2. Meteora: Os rochedos
2.2. Meteora: Os rochedos
2.2. Meteora: Os rochedos
Os rochedos encóntranse a 300 ou 400 metros de altura sobre a bela chaira de Tesalia.
2.2. Meteora: Os rochedos
No período terciario, hai 50 ou 60 millóns de anos, estas formacións xeolóxicas tiveron orixe na erosión das augas que conformaban unha lagoa salgada que ocupaba a chaira de Tesalia.
2.3. Meteora: Historia
Os primeiros monxes (palabra que vén do grego «monakhós», que significa «solitario») chegaron a Meteora no século XI en busca de paz espiritual, retiro ascético e meditación.
2.3. Meteora: Historia
Durante os primeiros séculos de vivencia en Meteora (séc. XI, XII e XIII), os monxes escalaron estas rochas...
2.3. Meteora: Historia
... viviron coma eremitas en grutas naturais...
2.3. Meteora: Historia
... e pasaron o tempo rezando e meditando.
2.3. Meteora: Historia
Aínda quedan vestixios, testemuñas daqueles tempos, incrustados nas rochas coma lapas.
2.3. Meteora: Historia No século XIV, había
monxes de abondo vivindo nas covas das rochas, o que deu orixe á fundación do mosteiro da Transfiguración (o Gran Meteoro). Nos séculos seguintes fundáronse vinte e tres mosteiros máis, dos cales só seis están habitados actualmente; catro deles poden visitarse.
2.3. Meteora: Historia
As comunidades de monxes ortodoxos que habitaron nos mosteiros recibían o curioso nome de «estilitas», ascetas chamados así por viviren sobre un «stylos» (columna).
2.4. Meteora: Transporte Debido á localización
especial destas construcións, os monxes que habitaban nalgúns mosteiros tiveron que habituarse a viaxar nunha especie de «teleféricos» rudimentarios para saír do mosteiro. Aínda os empregan hoxe en día.
2.4. Meteora: Transporte
2.4. Meteora: Transporte Antigamente os monxes
subían e baixaban en bolsas feitas de rede, axudándose dunha nora que estaba dentro do mosteiro. Hoxe en día só se usan para transportar comida, outros obxectos e algún monxe ancián.
As escaleiras colgantes de corda ou madeira, co tempo, foron substituídas por escaleiras talladas na mesma rocha.
2.4. Meteora: Transporte
2.4. Meteora: Transporte
2.5. Meteora: Imperio Otomano
Cando o imperio bizantino caeu nas mans dos turcos, os sultáns permitiron que estas comunidades relixiosas medrasen.
Os mosteiros illados axudaron a manter vivas as tradicións relixiosas ortodoxas e a cultura helénica durante a Idade Media e a ocupación otomana (1453-1829).
2.6. Meteora: Sublevación Nacional
No século XVIII, Meteora converteuse nun centro de acollida dos gregos que escapaban dos señores feudais otomanos e dos klephts, guerreiros rebeldes que fustrigaron os turcos e participaron na loita pola independencia no século XIX.
Meteora tivo un papel moi importante durante a Sublevación Nacional de 1821.
2.7. Meteora: Interiores Os mosteiros gardan
preciosos frescos, tesouros eclesiásticos, bibliotecas con valiosos manuscritos e iconas exquisitas; estes son excelentes exemplos da arte bizantina e posbizantina.
No mosteiro da Transfiguración, o comedor transformouse nun museo.
2.8. Meteora: Filosofía
Este verso reza: Aqueles que pensan nas cousas de arriba
non pensan nas cousas de abaixo.
2.9. Meteora: O paraíso
Cando se para nestes mosteiros illados e se mira a chaira de Tesalia aló embaixo, enténdese por que os eremitas escolleron esta paraxe para servir a Deus e achegarse a el.
3. Torre de Babel / Meteora
¿Existe algunha analoxía entre o mito da torre de Babel e
Meteora?
Torre de Babel Meteora
Torre de Babel Meteora
3.1. Torre de Babel Meteora
A verticalidade: aínda que para fins diferentes, tanto a torre de Babel coma Meteora buscan a verticalidade: chegar ó ceo.
3.1. Torre de Babel Meteora Segundo o libro do
Xénese (11, 3), a torre de Babel foi construída para que os descendentes de Noé non se perdesen pola ancha face da terra; ademais, fálase tamén da ambición humana de conquista-lo ceo.
Os monxes ortodoxos querían chegar ó ceu para estaren máis preto de Deus.
A paisaxe de Meteora proporcionáballes moita paz para se sentiren máis próximos do Señor (física e psiquicamente).
3.2. Torre de Babel Meteora
O papel das escaleiras e as cordas
3.2. Torre de Babel Meteora
3.2. Torre de Babel Meteora
3.2. Torre de Babel Meteora No exterior da torre de
Babel había unha escaleira espiral exterior ó edificio que ía percorrendo toda a torre.
Para acceder ós mosteiros de Meteora, normalmente hai que subir escaleiras. Ata hai un século, as escaleiras eran de madeira e de corda (eran colgantes).
3.3. Torre de Babel Meteora
Reduto de persoas
3.3. Torre de Babel Meteora A torre de Babel foi
un reduto dos descendentes de Noé. Quixéronse agrupar, para vivir nunha mesma torre e non estaren espallados pola Terra.
Meteora foi e é un reduto de monxes ortodoxos gregos en busca de paz espiritual, meditación e estar preto de Deus. Ó agrupárense, fundaron ata vinte e catro mosteiros.
4. Conclusións
A pesar de seren mundos totalmente diferentes, vemos que a torre de Babel e Meteora teñen algúns puntos en común.
Con este pequeno traballo, espérase que esta colección de imaxes permita reflectir sobre diversos aspectos destes dous mundos dentro do repertorio cultural ó que pertencen.
Torre de Babel / Meteora
FIN