Download pdf - Tradición oral

Transcript
Page 1: Tradición oral

ESTIMADAS FAMILIAS:

Ao longo dos meses de novembro e

decembro faremos unha celebración

no Centro relacionada coa TRADICIÓN

ORAL. Son esas historias que se

transmiten de “boca en boca” pero que

moitas veces non quedan recollidas por escrito en ningún

sitio. Trátase dunha maneira de preservar un legado, a

vida dos pobos e da xente e de poder transmitila ás novas

xeracións para que non queden esquecidas.. Propoñemos

que veñades contar aos rapaces/as os coñecementos que

teñades sobre as labores agrícolas: a sementeira, a

recolleita, espazos arquitectónicos que servían para

almacenar os froitos, os costumes, cantigas, refráns,

xogos que se facían etc…

Estaremos encantados de recibirvos no Centro. Se

desexades participar tan so tedes que entregar estes datos

ao titor/a

NOME DO ALUMNO/A_____________________________________________

NOME DA PERSOA QUE VIRÁ CONTAR______________________________

NÚMERO DE TFNO_______________________________________________