Todas as persoas temos DEREITO a ser ben tratadas.
ISTO SIGNIFICA QUE…
1.-NINGUÉN pode pegarnos, nin darnos empurróns, nin facernos dano
fisicamente.
2.-NINGUÉN pode ameazarnos, nin insultarnos.
3.-NINGUÉN pode burlarse nin rirse de nós.
4.-NINGUÉN debe difundir rumores sobre
algún de nós.
5.-NINGUÉN pode excluírnos do grupo, nin
impedirnos que xoguemos con outros compañeiros.
QUE PODES FACER SE TE ENCONTRAS NUNHA SITUACIÓN DE
MALTRATO?
1. Intenta manter a calma. Se berras ou
choras podes empeorar a situación. Se ven
que te molestan
vano repetir para “divertirse”.
2.-Non respondas da mesma forma: pegar
ou responder con insultos complica a situación. Non respondas como el ou
ela espera. Utiliza a imaxinación.
3.- Abandona o lugar. A miúdo a mellor
solución é escapar da situación e buscar a
axuda dun adulto.
Isto non é unha cobardía, é actuar con
intelixencia.
4.-Fálao con
alguén. Explícallo ao teu mestre/a ou a un
adulto. Non se pode calar.
Denunciar unha destas situacións non
é “chivarse”. É defender un dereito
fundamental.
QUE PASA COS NENOS E NENAS MALTRATADOS? A miúdo están tristes, séntense mal,
moitas
veces pensan que teñen a culpa do que
lles pasa.
Pero nós sabemos que non a teñen; moitas
veces espertan a envexa dos demais.
Se coñecedes algún neno ou nena nestas
circunstancias tedes que apoialo.
E COS NENOS/AS QUE FAN DANO AOS DEMAIS?
Debedes recordar que:
Non o fan porque sexan malos; queren
controlar os demais porque non se
senten ben consigo mesmos
Cando lle fan dano a outra persoa
poden sentirse valentes e fortes, pero é
moi probable que no fondo teñan medo
e que se sintan inseguros.
Se coñecedes algún neno ou nena que
fai estas cousas, non o apoiedes ni lle
riades as “gracias”.
RECORDADE:
Os pasos que debedes
seguir ante unha situación de
maltrato son:
Na escola aprendemos lingua, matemáticas e outras cousas
moi importantes, pero a máis importante é a de aprender a
vivir e traballar xuntos.
(Dinamización da convivencia)