U-LOS GLOBOS VAN PARAR? Clara de Prado Vázquez
U-LOS GLOBOS VAN PARAR?
Clara de Prado Vázquez
Octubre 2016
SEDICIONES
Microcreáticas
POEMAS. DISEÑOS. NARRACIONES. PROTOTIPOS. FOTOS.
INVENCIONES. UTOPÍAS. VIDEOCLICK.
Donación para el proyecto EDUCREAte.
Reinvéntate. Tú protagonista. educreate.iacat.com
http://educreate.iacat.com / [email protected]
2ª Edición. Santiago de Compostela. Octubre 2016
© Clara de Prado Vázquez
Edita: Asociación Educreate.IACAT-CI
Santiago de Compostela
http://educreate.iacat.com / [email protected]
El precio simbólico de éste libro va destinado enteramente al desarrollo e
investigación en creatividad, dentro del proyecto Educrea(te), para reInventar la
educación por sus protagonista
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
5
U-los globos van parar?
Clara de Prado
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
6
INDICE
I. ¿QUERES SABER ONDE VAN OS GLOBOS CANDO
FUXEN?
II. A FANTÁSTICA INVITACIÓN DO SEÑOR GLOBEIRO
III. NA CASA DO SEÑOR GLOBEIRO
IV. HISTORIA DO GLOBO FAQUIR
V. A CANCIÓN DO GLOBO LUNAR
VI. A CUESTIÓN
VII. A MAÑÁ SEGUINTE
VIII. O TRATO
IX. O PROBLEMA DO HELIO
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
7
Cando un neno
deixa fuxir un globo
escapa unha ilusión, fuxe
un soño. A corda esbarra pola man
como un pesadelo,
e os ollos seguen ao balón
ata perdelo
pero
a
mente
comeza
a
pensar:
¿U-LOS GLOBOS VAN PARAR? Se queredes aprender a voar,
velai a historia que vos vou contar.
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
8
I. ¿QUERES SABER ONDE VAN OS GLOBOS CANDO
FUXEN?
As redondas cúpulas da Coruña, a cidade onde vivía, lémbranme
constantemente á maxia circular dos globos. Foi pensando nunha desas
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
9
construcións ovoides que rematan os elegantes edificios cando, aos dez
anos, coñecín ao artífice do meu futuro.
Non tiña moitas cousas. Máis ben, non tiña cousas, digamos, usuales,
comúns. No peirao do porto, (eu durmía nun vello barco oxidado), podía
contemplar polas noites desde o ollo de boi as tellas douradas das cúpulas.
Gardaba o meu semáforo, un casco de buzo, unha caixa de música, tres
libros e uns patíns, uns flamantes patíns a reacción regalo dun mariñeiro
finés cos que percorría a cidade a 50 km/h.
Debo dicir que podía facer o que me dera a gana, xogar, bailar ou poñer
roupa rara. Pero para pagar o aluguer do barco onde durmía debía vender
panos de papel aos condutores. Seguro que vistes algunha vez a rapaces
que venden panos de papel nos semáforos. Pois ben, eu era un deles.
Un día, no que todo parecía normal, agarrei os meus patíns e fixen o
percorrido habitual pola cidade. Primeiro pasei como un raio pola pastelería
da señora María, que me cedía amablemente o almorzo. Segundo, percorrín
a rúa do cinema a ver que puñan. Terceiro, xoguei ás agachadas cun garda
urbán e quinto parei diante da fonte dos peixes do Paseo. ¡Como gostaba de
ve-los peixes!.
Cheguei por fin ao meu semáforo. Os demais rapaces tiñan máis
experiencia ca min á hora de cheirar o perigo, que tiña forma de gardiá
urbán. Pois ben, ese día, despois de vender uns cantos panos, o semáforo
púxose en vermello. Subitamente, os rapaces anunciaron que se achegaba o
garda. Co semáforo en laranxa, a rúa parecía un formigueiro destruído por
un xigante. Eu, gracias aos meus queridos patíns, puxen pés en polvorosa e,
co disco xa en verde, non se me volveu ver por alí.
Corrín pola cidade ata encontrarme nunha zona que apenas coñecía. As
rúas altas e desiguais dos mariñeiros, coas casas baixas e o cimento tallado
en forma de ondas marinas, cheo de buratos. Non había ninguén ao redor, e
por fin parei a descansar. Respiraba aceleradamente, case non podía pensar
pola conxestión, e apoieime nunha esquina. Alí sentado, saquei os patíns
para descansar. Caíame a sombra do tellado da casa de parede branca, que
me guarecía do sol picante dese día.
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
10
Pero pronto, quedei abraiado pola imaxe que tiña diante. Agacheime un
pouquiño detrás da esquina e abrín os ollos como rodas. Alí preto había un
rapaz, un rapaz finiño vestido de xeito estrano, con roupas mesturadas de
distintas épocas. Unha cara de joker sorrinte misturada coa elegancia dun
cabaleiro inglés. Traía un carriño verde, como de metal, non demasiado
grande pero que lle sobrepasaba dez centímetros de altura. Moi pronto, ao
xeito do frautista de Hamelin os nenos agolpáronse ao seu redor. O rapaz
abriu unha comporta do carriño e suavemente alongou a man. Un a un,
comezou a sacar os globos máis incribles que se poidan imaxinar. ¡Estaba
ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba
vendo. Os globos eran un ben escaso había tempo, xa que repentinamente
os globos fuxían das mans dos nenos e non volvían máis.
Eu tiña vistos moi poucos. O primeiro tiña forma de avión e un
ooooohhhhhh percorreu o grupo de nenos. Este globo levouno un dos
rapaces da primeira fila. O segundo era un globo parlanchín. En canto saíu
non parou de falar e parlotear cunha voz aguda.
Despois sacou un globo tarta, un globo de terciopelo, un globo musical, un
globo robótico, outro de cristal, un de xeo, un globo nube, un globo
pantalla de cine, outro de chocolate... Así ata que non quedou neno sen
globo. Menos eu, que fiquei petrificado ante este despliegue marabilloso.
Non me atrevín a saír da miña esquina.
Pero entón, cando todos os nenos comezaban a marchar, o globo avión
acendeu as súas hélices e se escapou. Os nenos gritaban ¡por alí, por alí!
sinalando ao globo fuxitivo. Rapidamente, subín por unha cañeira ata o
tellado da casa máis baixa. O globo dirixíase cara min e dun salto izas!
atrapei o globo pola puntiña da corda. Os nenos aplaudiron o meu rescate,
pero o señor globeiro xa non estaba alí. Devolvínlle o globo ao seu dono,
puxen os meus patins e volvín pouco a pouco cara o peirao.
Entón comecei a pensar e a dar voltas sobre a unha importante cuestión: se
o deixase fuxir, ¿onde iría o globo? ¿Cal é o destino final cando fuxen das
mans dos nenos? O globo sepárase da man e marcha cara arriba, como un
tren que se vai lentamente ou unha lembranza difuminada no cerebro. Os
ollos buscan a luminosidade circular do plástico etéreo, fráxil como as ás
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
11
da bolboreta. A luz do globo contra o sol. O globo racha un cacho de
nube... E o globo desaparece.
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
12
O lusco e fusco envolvía a cidade como un paquete de regalo e eu estaba
preto do porto. O latexo do mar, brillante como a bola de purpurina dunha
discoteca acompañaba o ritmo do meu corazón, aínda vacilante despois da
miña aventura.
Camiñando coa cabeza baixa polas rúas molladas do porto, unha luz
palpebrante como o intermitente dun coche chamoume a atención. Un vulto
de luz verde que se acendía e se apagaba estaba atado a unha farola.
Achegueime un pouco e ¡en efecto! puiden comprobar claramente que era
un globo, un fantástico globo máxico e verde como a kriptonita.
Achegueime máis e vin unhas letras sobre o globo. Con certa dificultade,
porque non ía á escola, puiden ver algo así:
¿QUERES SABER ONDE VAN OS GLOBOS CANDO FUXEN?
DESÁTAME
Así que non mo pensei demasiado, desatei o globo e a emoción!, o globo
tirou de min con tanta forza que os meus pés se separaron do chan nun
instante. Nese momento sentinme como nunca, lixeiro de problemas, feliz.
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
13
II. A FANTÁSTICA INVITACIÓN DO SEÑOR GLOBEIRO
O globo subiu ata rozar os áticos dos edificios, cara arriba, cara arriba.
Pero, nun momento, cambiou de dirección. Tornou á esquerda como nun
barco respondendo a un cambio de timón. En realidade, era un globo con
grande capacidade de manobra, case como un avión.
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
14
Ao lonxe, fun descubrindo un resplandor. Dirixiámonos directamente cara
un brillo circular que recortaba o ceo estrelado e negro. Imaxinádevos a
miña emoción cando ollei as tellas redondas e douradas dunha das cúpulas
máis grandes da cidade. Isto significaba que, como eu xa me imaxinara,
nesas balonísticas habitacións se agachaban cousas realmente
extraordinarias. O globo, tan amable, levoume ata unha pequena fiestra que
se abriu automaticamente unha vez que nos achegamos.
Un primeiro fundido de escuridade e a busca dun lugar para aterrar sen
perigo non me permitiron ver con claridade onde estaba. Pero unha vez a
salvo, erguín a cabeza e contemplei un asombroso espectáculo. A sala
estaba en penumbra, iluminada por unha antiga lámpara de cristal labrado.
Unha habitación enorme, máis grande que vista desde fóra e toda redonda.
o espazo repartíase entre grandes máquinas e unha xigantesca mesa con
planos e debuxos. “¡Benvido ao meu laboratorio de globos!", dixo unha
voz ao fondo. Entón comprendín que todas aquelas máquinas fabricaban os
marabillosos globos que esa mesma mañá vira sacar do carriño do señor
Globeiro. ¡E eu estaba alí!.
O señor Globeiro achegouse cun amplo sorriso ata min e invitoume a
xantar na súa casa. Dixo que coñecía perfectamente a miña mestría
rescatando globos, e que me necesitaba precisamente para iso. Pero
primeiro, ensinoume o seu laboratorio.
O material do que están feitos os globos necesita dun proceso complicado.
Ademáis do plástico, para lograr esa perfecta transparencia debería
mesturalo con ás de bolboreta, tela de araña, cristal ultralixeiro e raios de
luz trenzados en forma de finiños panos. As cores eran moi difíciles de
conseguir. O señor Globeiro viaxaba por todo o mundo para conseguir os
pigmentos naturais. As cores puras e cálidas da India, os rosados de
Venecia, o azul lapislázuli do Exipto, o polvo de diamantes de Suráfrica...
E sobre todo, a parte humana. Para crear un globo era necesario, sobre
todo, ser enxeñoso. Un globo debía ser completamente diferente ao
seguinte globo, e persoal, tan persoal como a propia cor do pelo ou a voz
do fabricante. O señor Globeiro ensinoume a súa última creación. "Isto
parece un globo vulgar- dixo, collendo un globo azul con flores debuxadas-
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
15
pero..." , o señor Globeiro colleu un alfinete. "¡Non o estoupe, dixen eu.
“Verás” e se escoitou un lixeiro estoupido de globo. Unha fragrancia
fantástica percorreu o ambiente, tan intensa e real que tiven que pechar os
ollos. Lembrei unha por unha todas as primaveras da miña vida."¡Voila! O
globo de aire primaveral. Estou fabricando tamén outro de aire outonal e de
verán, pero aínda están nos planos. Ben, xa é hora de ir xantar.
III. NA CASA DO SEÑOR GLOBEIRO
O señor Globeiro non vivía alí, senón nunha grande casa un pouco máis
arriba. "Despois ensinareiche todo isto, pero primeiro es o meu invitado”.
Colleu o seu globo de viaxe, un elegante globo de veludo vermello, e con
cintas de cores, que sostiña unha cadeira de mimbre para poder viaxar
sentado. "Regáloche o globo verde de viaxe. É un globo cunha grande forza
de tracción para voar, que podes usar tamén para deixar mensaxes. Unha
das miñas últimas creacións". ¡Carai, un globo tan especial só para min!.
Sentíame realmente engalanado.
Subimos pouco a pouco ata unha zona de grande concentración nubeica,
que permitía asentar grandes toneladas, segundo me dixo o señor Globeiro.
A pesar de que parezan tan lixeiras desde abaixo, as nubes son capaces de
soportar grandes pesos.
A casa do señor Globeiro era enorme. E o máis grande era o seu xardín.
Estaba cheo de xente. "Estos hospedes fixéronse a mesma pregunta ca ti. E
un día, xa cansos, agarraron un globo a ver onde ía. Unha comprobación
sinxela". O señor Globeiro presentoume a un tal Don Quixote, que levaba
posta unha estrana armadura, algo oxidada, desde logo polo paso do tempo.
Tamén me presentou a un francés, perdido segundo puiden comprobar máis
tarde, cando pilotaba o seu avión, o señor Saint-Exupery. E a unha señora
cunha escoba, que tamén voaba, e se paseaba de cando en vez por alí.
Dentro da casa, o material dos mobles (segundo me explicou o señor
Globeiro) era transparente e de cores, unha versión endurecida do mesmo
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
16
material co que fabricaba os globos. Para perfecciónalo, pensei, tiveron que
estalar moitos sillóns.
Para xantar, o señor Globeiro puña unha comida transparente, especie de
xelatina, de todos os sabores e redonda. Polo visto, era unha cociña sinxela
e deliciosa, especialidade que unicamente se pode atopar na súa casa.
O señor Globeiro levoume ata unha grande porta. "Aquí-dixo- gardo unha
colección única. A mellor colección de globos do mundo". Ordenados en
furnas cadradas de cristal, había globos históricos. Por exemplo, o globo do
antigo emperador da China, o primeiro globo do mundo, o globo máis
pequeno, o máis forte, o globo con máis cores, o globo de diamantes, o
globo invisible, un que pertenceu a Leonardo da Vinci, o globo múltiple, o
invisible, o máis fráxil...e o globo faquir, que non estala se o pinchan.
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
17
IV. HISTORIA DO GLOBO FAQUIR
"Para conquerir esta colección, aparte dos globos que herdei, debo viaxar a
través do mundo cada certo tempo. Hai uns anos, chegou ata min a noticia
da existencia dun globo faquir, un globo fantástico capaz de soportar as
pinchaduras dos alfinetes sen estoupar.
Cheguei á India acompañado de mosquitos e calor, e coa miña maleta de
mostras na man, baixei do meu globo ata o poboado de Gakaiam. Era un
poboado de casas brancas e baixiñas, con rúas como regueiros de area e
polvo. Recibiume unha comitiva especial, a banda e os nenos, cos seus
vistosos traxes tinguidos de amarelo, vermello ou azul. O faquir Draxe, un
home vello con longa barba violeta, saudoume ao xeito hindú. Era o dono
do globo faquir. El mesmo fabricara ao globo violeta para durmir xunto a el
na cama de pinchos. Agora que o señor faquir ía rematar os seus días,
quería que o globo quedara en boas mans. Por iso me escrebera pedíndome
que recollera ao seu globo.
Pregunteille ao faquir cal era o segredo do seu globo, cómo foi quen de
construír un globo capaz de soportar os máis puntiagudos cravos. E isto foi
o que me contou. "Cando eu era pequeno, quedei atrapado na boca dun
dragón. O dragón, de tanto comer peixe, tiña a boca chea de espiñas, pero
como tiña a pel tan dura, non notaba a dor. Despois dunha semana, o
dragón, que ía morrer, regaloume a súa pel, por terlle limpado a boca. E
coa súa pel violeta fixen este globo. Pero tamén aprendín do dragón a
aguantar, sen doerme, o tacto dos pinchos e as espiñas. Agora, para que o
globo marche contigo, deberás tinxirte a pel de violeta, como o dragón".
Despois dun tempo, quedoume o pelo desta cor. E así conseguín traer
comigo ao globo faquir
Saímos da grande sala e o señor Globeiro pechou a porta cunha chave
grande e dourada.
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
18
V. A CANCIÓN DO GLOBO LUNAR
No xardín celebrábase un aniversario. Os estranos hospedes do señor
Globeiro repartían doces e refrescos, cantando e bailando sen parar. Unha
muller, vestida ao xeito do século pasado, achegouse a min, presentouse
como escritora e fíxome unha reverencia. Eu contesteille do mesmo xeito.
Entón, comezou a recitarme o motivo da celebración, a canción do globo
lunar.
Son as doce,
e a lúa non sae hoxe.
Alguén cometeu un roubo,
pensando que o astro era un globo;
e a noite quedou escura
sen a súa prateada armadura.
Ao señor Globeiro acudimos,
¡sen el estabamos perdidos!.
E o arquitecto dos globos,
o mestre das esferas,
deseñou un planeta
máis luminoso que as estrelas,
con escamas de peixes
e luz de vagalumes.
Finalmente,
Inflamos o satélite
con contos e helio;
por iso sen historias
non durmen os nenos.
Pasaba o día na casa do señor Globeiro, e eu desexaba cada vez máis ficar
alí e non baixar á Terra.
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
19
VI. A CUESTIÓN
"Señor Globeiro, ¿podo facerlle unha pregunta?. Agora sei a onde fuxen os
globos, pero ¿por que fuxen?". E foi así que o señor Globeiro me relatou o
problema que o rondaba e faloume por primeira vez do señor Paragüeiro,
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
20
ou de "Malagüeiro" (dito cun ton de voz desagradable), como el o
chamaba.
As mans dos nenos están repartidas e ocupadas entre o señor dos Chupa-
chups, o dos remuíños de vento, o señor algodoeiro (de zucre) e eu, o señor
Globeiro. Pero non quedan mans para o señor Malagüeiro, xa que os nenos
prefiren o sol ou unha ducha de choiva natural a cargar todo o ano co
paraugas, o que é un auténtico fastidio. O señor de Malagüeiro, decidiu
entón provocar uns segundos de amnesia na man que suxeita os globos para
tela desocupada. Pero iso non é o peor. O peor é que comezou a roubarme
os globos fuxidos cunhas enormes redes caza bolboretas e agora os ten
retidos no ceo. Por iso preciso que os rescates, rapaz.
Nese instante mirou profundamente para min, esperando unha resposta
miña. Eu non estaba, seguro de poder facelo, pero o meu orgullo
empurroume unha resposta: estou disposto.
VII. A MAÑÁ SEGUINTE
O rescate debía ser pacífico, causando os menores danos posibles. Os
globos son moi fráxiles e sería espantoso que todos explotasen como
pompas de xabón. O señor Globeiro ofreceume unha flota de globos avión
e un globo tesouro que me axudara a rachar a rede xigantesca que os retiña.
Todos os convidados do señor Globeiro, coas súas estranas vestimentas
estaban no xardín para facerme unha solemne despedida. "Rapaz, o mundo
dos globos estarache eternamente agradecido pola túa valentía. Por favor,
¡ten coidado!".
A flota de avión globos xirouse cara ao seu destino. Eu estaba
perfectamente amarrado e subido ao máis grande. Non tivemos que subir
demasiado para ver unha terrible e á vez fantástica visión. Unha rede tan
grande como un país, extendida en forma de nube, amarraba un milleiro, un
millón de milleiros de globos. E había de todas as cores, tamaños e formas.
Parece que todos os globos fuxidos do mundo estiveran capturados como
pedras preciosas nun puño.
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
21
Xa nos achegábamos á cuadrícula da rede cando un contraataque de
obxectos negros e alongados se tiraba directamente cara nós, como escuras
frechas nunha película de Robin Hood. As armas do señor de Malagüeiro
eran paraugas, paraugas de punta afiada que empezaron a estalar globos sen
ton nin son. Rápido! ¡Rachade a rede!.
O globo tesouro fixo un voo a ras que en segundos abriu unha grande fenda
por onde fuxiron os globos. Eu agarrei a rede por un extremo, mentres os
globos a suxeitaban enlazando os seus fíos aos extremos da trenza
enrellada. "¡Poñédea de pé! ¡Un, dous. . . tres! Erguemos a rede e os
paraugas quedaron prendidos irremediablemente nos buratos da tela.
¡Conseguirámolo!
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
22
Ao fin, os globos eran libres, patrimonio de todos e de ninguén. E, de
súbito, os globos, nun acto contra a gravidade, comezaron a baixar
lentamente e, aínda que non mo creades, parecían sorrimos. Nunca vira
cousa igual, Os globos baixaban e baixaban, retornaban á Terra, ás mans
dos seus amigos. O ceo estaba cuberto de bolas transparentes, lucernarios
coreados, plástico celestial. Desde os países, os nenos miraron abraiados ao
ceo e viron como regresaban os seus soños fuxidos.
Os globos máxicos volveron voando cara abaixo ata a man dun meniño na
muralla China, dunha rapaciña esquimo ou do sorrinte neno de Atenas.
Desde a neve nas altas montañas ata o deserto viron a baixada dos globos, e
tamén ían parar ás mans dos adultos, daqueles que perderán algunha vez o
seu globo." ¡Mira, este era o meu globo prateado de 1956! ¿Lembras?"
dicían, e non podían deixar de rir abraiados.
VIII. O TRATO
Voltei a casa do señor Globeiro e fun acollido como un heroi. A grande
recepción que me despediu seguía alí aplaudindo fortemente a miña
chegada. O señor Globeiro apertoume as mans, e felicitoume
entusiasmadamente. Fíxose unha festa no meu honor durante todo o día. Xa
anoitecía cando o señor Globeiro levoume aparte e contoume que tiña unha
idea que tratar co señor Malagüeiro. Así que mandou unha mensaxe no
globo ata a cúpula do señor Malagueiro. Eu tiña curiosidade de saber como
era o señor de Malagüeiro e onde traballaba, así que me agarrei da corda
do globo ante o asombro do señor Globeiro. A cúpula era de pizarra e tiña
un enorme pararraios. Desde unha pequena fiestra puiden ver a maquinaria
de fabricación de paraugas do señor de Malagüeiro. O señor Paragüeiro
tiña o pelo empapado e o abrigo constantemente húmido. E vin que todos
os seus paraugas eran iguais, e negros. Entón ocurriuseme pensar que se
fixese paraugas distintos, orixinais, a todos nos gustaría máis levar as mans
ocupadas cun artefacto tan chamativo. O señor de Malagüeiro atrapou o
globo cunha das súas redes cazavolvoretas. Leu a mensaxe, soltou o globo
que eu agarrei para volver, e baixou as escaleiras do seu edificio.
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
23
O globo levoume entón ao laboratorio do señor Globeiro, na cúpula
dourada, e deixoume a carón del. "¡Ah! Xa estás aquí. ¿Comprendes agora
o problema do Paragüeiro? Se o que facemos é igual e rutineiro,
convertémonos nunha especie de ladróns de ilusións e a nosa alma se
encolle como unha momia vella. Ensinareiche os meus planos para un novo
globo."
Ao pouco tempo chamaron á porta. Alí estaba o señor de Malagüeiro, con
expresión enfadada. "¡Como te atreviches neno a...!". "Un momento", dixo
o señor Globeiro, "eu encargueille que liberase os globos, Paragüeiro,
porque os globos do mundo son responsabilidade miña". O Paragüeiro
rosmou un pouco e calmouse de xeito malhumorado. Eu, achegueime e
díxenlle o que pensaba sobre os seus paraugas porque en realidade tiña algo
de pena por el. "Os seus paraugas son bos, quizá os de mellor fabricación
do mundo. Pero déixese levar un pouco pola súa intuición e construír
paraugas únicos, paraugas dos que a xente nunca soñou. Paraugas con fío
musical, paraugas resplandecentes, paraugas que se abran cando lles
chames, ¡vostede pode fabricar o que queira!". E o señor Globeiro engadiu:
"Eiquí a miña proposta. Construír globo- paraugas que pesen pouco, sexan
de vistosas cores e transparentes para ver o ceo, divertidos e facilmente
reciclables. ¡Ensinareiche os planos! O señor Globeiro mostroulle uns
complicados debuxos sobre papel cuadriculado e con cifras ás marxes. O
señor de Malagueiro dubidou. "¿Que gaño eu con isto?". E o señor
Globeiro respondeulle, "un posto na man das persoas". O Paragüeiro
recoñeceu que tiña razón. Os seus paraugas serían mellor aceptados se de
feito lles botase un pouco de imaxinación. Pechouse o trato felizmente, e o
señor Paragüeiro converteuse no artífice de paraugas máis orixinal do
mundo. De feito, hoxe en día poden atoparse os seus paraugas por todas
partes, aínda que son pezas moi valiosas, pezas que deberían estar no
museo.
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
24
IX. PROBLEMA DO HELIO
Tra-la vitoria do noso rescate, o señor Globeiro apareceu un pouco
preocupado. Coa mirada fixa para o chan e paseando continuamente, o
señor Globeiro explicoume que as reservas de helio non estaban o
suficiente cheas. "Terei que ir a por helio como sexa, e esa é unha tarefa
complicada. o helio que eu emprego non é o que se ve nas bombonas das
feiras, senón a respiración da balea xigante que descansa debaixo do porto.
A balea durme desde hai séculos e eu aproveito o seu alento para os meus
globos. Pero se esperta a balea I adeus! toda a cidade afundida polo
movemento do seu corpo."
O señor globeiro púxose o traxe para bucear e introduciuse dentro dun dos
seu globos acuáticos. Baixou ata que o vimos afundir no mar pretiño do
peirao. Levaba un enorme tubo para trasladar o helio ata o seu laboratorio.
Pasaron cinco minutos e vimos como se enchía o tubo. Dez minutos, e
igual. Pero de súbito, o globo rebentou e o vimos desinflarse polo aire,
dando voltas e tumbos. Rapidamente, eu baixei no meu globo verde,
Deixoume no barco oxidado, agarrei o meu casco de buzo e corrín cara
onde estaba o señor Globeiro baixo o mar. Contei ata tres e lanceime á auga
tranquila do porto. Descendín ata que os meus pes touparon cun cume
resbaloso e negro, a pel da balea que subía e baixaba placidamente.
Busquei o burato da branquea pola que solta o chorriño de auga. ¡Eureka!
Alí estaba o tubo, e nadando cara arriba, algo mareado, o señor Globeiro. O
tubo estaba desencaixado. Collín o extremo e volvín a metelo no burato da
balea. Subín buceando ata a superficie da man do señor Globeiro, quen
respiraba con dificultade. Unha vez a salvo, escoitamos os aplausos desde o
xardín do Globeiro, onde os seus hospedes respiraban aliviados gracias á
nosa feliz recuperación.
Despois de almacenar todo o helio, o señor Globeiro sorria agradecido.
Rodeado da súa maquinaria e dos seus globos, parecía un rei. Xogamos
toda a tarde no xardín á chave e xa coa luz mortecina do solpor, o señor
Globeiro entregoume a chave do seu museo. "Eiquí vai a miña invitación
para que fiques coidando dos globos".
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
25
Se queredes saber o resto da historia co señor Globeiro, deberedes esperar a
que se enchan libros e libros de aventuras. Despois do rescate dos globos,
O señor Globeiro, co seu peculiar e optimista sentido da vida invitoume a
ficar con el como hospede e axudante. Ao longo da miña vida fun
aprendendo os segredos da fabricación de globos e teño inventados cen
diferentes modelos. Pero agora mesmo, adícome a viaxar no meu globo
contando esta historia a todo o que algunha vez se preguntou "¿onde van os
globos?".
GLOBOOOOOOOSSSSSSSSSSSSSS
GLOBOOOOOSS
GLOBOOO
GLOBO
GLOB
GLO
GL
G
GL
GLO
GLOB
ooooOoooo
ooooooooOoooooooo
oooooooooooooOooooooooooooo
U-los globos van parar?
Clara de Prado
©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])
26
Frei Rosendo Salvado, nº 13, 1ºportal, 7º B, Edificio Zafiro.
C.P. 15701- Santiago de Compostela - A Coruña - España.
[email protected] – http://educreate.iacat.com
©Educreate.IACAT-CI
Asoc. Educreate.IACAT-CI
Educreate.IACAT-CI es una institución iberoamericana sin ánimo de
lucro dedicada a la formación, investigación y desarrollo avanzado de la
Creatividad Aplicada Total y de la Creación Integral en todos los ámbitos
y por todas las personas y profesionales.
Sus actividades y programas de formación y de difusión se desarrollan de
modo presencial y on line.
Se autofinancia con las aportaciones de sus clientes y miembros.
Educreate.IACAT-CI está formada por una red iberoamericana de socios
colaboradores: doctores, masters, expertos y empresas del mundo de la
creatividad, en cuya dirección científica se encuentra el Dr. David de
Prado.